Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Seguen os festivais de verán
18 xuño: Festival pola Memoria Histórica. Aranga (A Coruña)
- Zenzar, Os Tres Trebóns, A Quenlla

18 xuño: V FestiFolk en San Xoán Piñeiro (Mugardos)
- Tiruleque, Muxarega, Estmaba que viñeras,...

19 xuño: Folk in Río (Touro)
- Tanto Nos Ten, Çe Orquestra pantasma e Bombos S. Tiago

23-24-25 xuño: Derrame Rock (Ourense)
- Boikot, Rastreros, Ruxe-Ruxe, Os Tres Trebóns,...
-Def Con Dos, Lamatumbá, Molotov, M-Clan, Dakidarria, ...
-Los Suaves, Siniestro Total, Dixebra, Dios Ke Te Crew, Soziedad Alcoholika,...

25 xuño: II Festival da Cultura proletaria (Cangas do Morrazo)
- Skarnio, La Tarrancha, Das Kapital, Chacarrandaina,...

Xullo


1 xullo: Festival Arde Rande (Chapela-Redondela)
- Kogito, Bloquinho da Salgueira, Foxy Freire,...

1-2 xullo: Música na noite (Calo-Teo)
- Ataque Escampe, Galegoz, Novedades Carmiña, Medomedá
- Banda De Gaitas S.R. Calo, Os Estalotes, Bellon Maceiras Quinteto, Mercedes Peón, Ulträqäns

1-2 xullo: Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- Os irmandiños de Vincios, Os Terribles de Donas, A Requinta da Laxeira
- Ruxe-Ruxe, Skunk DF, Os Podridos, Medomedá

2 xullo: Festival Vai chorar a Cangas (Cangas do Morrazo)
- Skakeo, Kogito, Bastards on Parade, A Tuna Rastafari

2 xullo: Festival Asalto ao castelo de Vimianzo
- Chiculate, Berroguetto, Funky Style Brass,...

7 ao 10 xullo: XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
- Riveira (Chile), Stolen Notes (Andalucía), Ulträqäns (Galiza), Skerryvore (Escocia)
- The Urban Folk Quartet, ...
- The Crass, The Elders, Searson, David Pasquet, Luar na Lubre, ...

16 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza-Lugo)
- Habelas Hainas, Malandrómeda, Zenzar, Tanghana Show

22 xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro)
- Kogito, El último ke zierre, Bytheface, Yuno,...

23 xullo: Festival Sargadelos Fusión (Cervo)
- Falperrys,...

24 e 25 xullo: Festigal (Compostela)

29-30 xullo: IV Festival Antros Pinos (Taragoña-Rianxo)
- Ruxe-Ruxe, Ultraqans, Che Sudaka, ...

30 xullo: Festixeve (Pontevedra)
- Ultraqans,...

Agosto


5 agosto: Lugnasad (Bretoña)
- Ultraqans,...

6 e 7 agosto: Festival de Pardiñas (Guitiriz)

12 agosto: Barqueirock (O Barqueiro)
- Zenzar, Raiba, ...

12-13 agosto: Brincadeira (Ordes)
- Europe, Ruxe-Ruxe, Kastomá, Obús, Dios Ke te Crew,...

20 agosto: Asalto ao castelo de Moeche
- Leilía,...

20 agosto: Festival de Vilariño (O Hío - Cangas do Morrazo)
- Bastards on parade,...

20-21 agosto: Festival Ponte Louco (Castro Caldelas)
- Os Tres Trebóns, Magnifique Band, El Pau, Çe Orquestra Pantasma

27 agosto: Festival do rio Belelle
Neda (A Coruña)

- Ultraqans,...

27 agosto: Festival da Lúa Meiga
O Viso (Redondela)

- Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta da Laxeira


Setembro


3 setembro: Festival da Poesía do Condado
(Salvaterra de Miño)

- Ultraqans,...

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Herville
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Vai de Roda 2011





































































VI Serán Mar de Rianxo de Vai de Roda. Sábado 18 de xuño

Información sobre os obradoiros e o Seranciño.
Toda a información e os formulario de inscrición na nosa páxina: www.vaideroda.org

Obradoiro de técnicas de empalletado e afinación de gaita.
Impartido por: Emilio Lois.
Horario: de 16 a 18 horas.
Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de gaita.
- Levar gaita.
- Levar unha navalla ben afiada.
- Levar unha palleta.

Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 €.

O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita.
Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña.

Obradoiro de canto e percusión tradicional. Técnicas de pandeiro no sur de Galicia
Impartido por: Luís Prego
Horario: de 16 a 18 horas
Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar)
Prazas: 20
Prezo: 10 €
Requerimentos:
- Levar pandeiro.

Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.

O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego.
Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro “Para cantar e bailar”, (Ed. Do Cúmio, 2008).

Obradoiro de baile: Bailes da serra do Suído, Edreira Vella
Impartido por: Hipólito e Dosy.
Horario: de 18 a 20 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo (escenario).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de baile.
- Levar calzado de suela branda.

Os profesores: O señor Hipólito e a súa dona Dosy son un dos mellores expoñentes dos bailes que se facían na serra do Suído, e maís concretamente nas parroquias de Couso, Edreira Vella e Abelenda (concello de Avión).
Durante dúas horas, este matrimonio levaranos de viaxe polas ruadas nas que tanto bailaron e mocearon. Bailaremos os tres ritmos da ruada: a muiñeira, a "apurada" ou jota e mailo vals (nome xenérico co que se referían o agarrado).
Aprenderemos as principais caracteristicas dos bailes desta preciosa terra; así coma as particularidades dos puntos que os diferencian doutras comarcas lindeiras.
Todo un luxo para Vai de Roda poder contar con informantes desta categoría.

O Seranciño

Nesta nova edición do Serán de Vai de Roda, quixemos incorporar un "Seranciño". Trátase dun espazo adicado aos meniños no que poden participar todos aqueles rapaces e rapazas que, pertenzan ou non a unha agrupación, queiran pasalo ben cantando, bailando e xogando con rapaces doutros lugares.
O obxectivo deste "Seranciño" é a convivencia a través dos vínculos creados nos xogos, bailes e músicas tradicionais.
Os nosos pequenos poderán subir o escenario a tocar e cantar coa súa agrupación, bailar con outros nenos e nenas, aprender xogos e bailes tradicionais ..... e moitas máis sorpresas.
E como seranciño que é, non ha faltar unha boa merenda.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Popular en Nigrán
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Venrespirar e Venrespiriño

No VENRESPIRIÑO de 20:30 a 21:30 os/as mais pequenos poderán gozar con bailes e xogos tradicionais bailados, guiados por Luis Prego,..., mais tarde VENRESPIRAR (de 22:30 adiante) no seu formato habitual, varios grupos (pandereteiras ADONAIRARE e MUIÑOS DA OLIVEIRA + GOMES-AOFTOU) aportarán a música tradicional e o amigo e bailador-tocador Luis Prego guiará o baile, xa sabedes este é un evento para non perder!!!

Convidade aos/as vosos/as colegas, e aqueles outros/as que teñan pícaros/as para que veñan ao VENRESPIRIÑO.

Saudos bailadeiros!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Viso 2011
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
II Ruada `Vai de Troula´ en Poulo (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Serán IV aniversario sala The Star (Carral)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
1ª Foliada da Lembranza en As Pontes

Organizada pola Asociación de veciños “Veiga da Areosa” do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila.

O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artificial mais grande de España), onde dita asociación, montará unha carpa por se o tempo non nos acompañara, e tamén un “chiringuito” onde a veciñanzas e tamén visitantes, poderán degustar algún alimento e tamén as sardiñas da época regadas con brevaxe espumoso e outros líquidos que nos axudarán a escorrentar as Meigas.

“Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan”

“Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan”

Os grupos farán a partir das 19:00 horas un pasarrúas polo barrio da Casilla para xuntarse todos ás 20:00 horas na Praza e interpretar entre todos unha peza, que podería ser o Antigüo Reino de Galicia. As 20:30 empezaríase coas actuacións no esceario, con duración de 20 minutos por grupo,

Os grupos participantes serán:

Alende
Alfaia
Cana Vella
Escola Municipal
No Cómbaro
O Gaiteiro Freixo
Os Feroces da Galgueira
Os Suplentes
Os Trevillas

http://nocombaro.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada Lembranza en Oza dos Ríos
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Folk in Río 2011
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-06-2011 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Muíño en Taboadelo (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría do Lecer de Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
V Festifolk (Mugardos)
Este sábado día 18 a parroquia mugardesa de San Xoán de Piñeiro vivirá unha xornada intensa coa celebración da V edición do Festifolk, unha cita que une a música tradicional coa artesanía, o deporte tradicional, o circo de rúa e, por suposto, a gastronomía.

Unha pequena comisión composta por tres persoas e varios axudantes porá en marcha unha celebración que, a pesar da crise, segue apostando por dinamizar a parroquia e ser un escaparate das novas bandas de folk da comarca. “Este ano o presuposto está moi axustado –destaca desde a organización Rubén Iglesias–. Ao non seren asociación cultural as axudas chegan do concello de Mugardos, da SCRD San Xoán de Piñeiro e, neste tempo de crise, os grupos non veñen polos cartos. De feito algún dixo que se non podían cobrar tampouco pasaba nada, pero esperemos que cobren”.
Así, cun presuposto que apenas sobrepasa os 6.000 euros a mocedade de San Xoán de Piñeiro levou a cabo un programa moi completo con especial atención na música tradicional galega.

Programación

As actividades na pista municipal comezan ás 9.00 horas cunha feira de artesanía, unha exposición de bonsais e xogos gratuítos para os máis pequenos.
A partir das 14.00 horas haberá un menú a base de churrasco, porco ao espeto e bebidas a un prezo de sete euros.
A partir das 16.00 horas celébrase un aberto de billarda e, ao redor das 18.00 horas, haberá un espectáculo aberto de circo de rúa coa compañía Assircopatas.

A música comezará a soar a partir das 19.00 horas.
Os protagonistas serán o sexteto pontés Feroces da Galgueira; os ferroláns Chiculate; o home orquestra César Freiría ou, o que é o mesmo, Cé Orquestra Pantasma; a banda ferrolá de fol irlandés Boj; Tiruleque de A Coruña; os ponteses Muxarega e, finalmente, o folk rock de Estimaba que Viñeras. Concertos que se desenvolverán baixo unha gran carpa ao abrigo das inclemencias do tempo.

Así mesmo, a entrada ao festival é de balde ao igual que a zona de acampada, con duchas, nas inmediacións do parque municipal. A organización calcula que ao longo do día poderán ser visitados por entre 1.500 e 2.000 persoas, algo máis que o ano pasado, unha tendencia crecente que, aseguran, mantense desde as primeiras edicións do festival mugardés.


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-06-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Armadanzas e a Escola do OCT Ultreia en Compostela
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
A Quenlla na Coruña
O domingo 19 de xuño, ás 19:00 en Portas Ártabras

na Cidade Vella de A Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Andarela (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da memoria histórica en Aranga (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Feira histórica do dezaoito (Cuntis)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Intertascas pola Coruña de Nelson Quinteiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2011 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
I Obradoiro Maghúa de Folclore Galego (A Coruña)
Desde a A.C. Maghúa convidamos-te a participar no Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO.
Orientado ao nível de PERFECCIONAMENTO, constará de catro módulos:


- BAILE GALEGO, impartido por Montse Rivera.
- GAITA GALEGA , impartido por David Bellas.
- PERCUSIÓN TRADICIONAL, Lola Fernández.
- CANTO TRADICIONAL, impartido por Xabier Díaz.


Celebrará-se o dia 25 de xuño de 2011, sábado, no marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, co seguinte horário:

Mañá: 10 a 14 e Tarde: 16 a 20.

Cada módulo terá un custo de 35 euros.

Para mais info, ou para solicitar inscrición (as prazas serán limitadas) podes escrever ao email da asociación (maghua.cantareiros@gmail.com), ou ben poñer-te en contacto co celular 696607342.

Recebe un cordial saúdo,
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-06-2011 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Linho do Cuco na sala Nasa (Compostela)
Xoves 16 de xuño ás 21.30 h.

Bater a música tradicional até enganala. Traicionar a tradición amandoa. Mover os pés e o cerebelo dos ouvintes mais alá dos 5 sentidos. Ser conscentes de ocupar o espazo escénico. Hilvanar sensazons e corpos danzantes. Xogar ao poker coas emocións ocultando farois. Coñecer a natureza galega e regala de música. Compartillar palabras de amor con harmonia e ritmo popular. Viver e beber a música popular rural e urbana nas mellores fontes. Acariñar e respeitar os instrumentos como animais. Buscar o trance antropolóxico e desenmarañar as formas. Mostrar a música con ilusión, degustar o prazer.
Linho do Cuco provocativamente libres, desfrutan tanto coa sua arte que a envexa deixa de ser un pecado capital.

Linho do Cuco é fibra sensível que cobre con música calquer ser. Son ricos en Omega 3 e alimentan o espíritu da festa engalanando tanto o dia como a noite. Linho do Cuco é un grupo impacientemente esperado. Linho do Cuco é un grupo formado por músicos que poderian ser do teu niño, da tua estirpe, do teu planeta.
Texto de Ugia Pedreira

Ademais, participarán como convidados:

Gutier Álvarez: violín e violín trompeta.
Iván García: guitarra flamenca:
Pablo Dalama: Saxo alto e sopranino.
Pedro Pascual: Bouzuki.


8 € | Adiantada (Tenda A Reixa, Gong, Redenasa.tv, Casa das Crechas): 6 €

Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 16-06-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Antón Varela gravará o seu novo disco cunha gaita histórica
O gaiteiro ferrolán Antón Varela reunirase o domingo cos integrantes de Berros do Castro e de Raparigos para gravar un novo disco.

Un disco que levará por título Eirexado, e que aínda que Varela non quere presentar como un proxecto persoal («Non, porque é unha cousa de fotos, feita entre todos...», di) recolle a súa particular visión da música tradicional de Ferrolterra a finais do século XIX e principios do XX. É dicir, fai uns cen anos; ou un pouco máis, se se quere. E para gravar este disco, Varela recuperou unha histórica gaita construída, na primeira metade do século pasado, polos lendarios luthiers de Lago. Uns artesáns cuxas gaitas, comenta Antón, «chegaban, no seu tempo, a todas partes».

«As que se facían daquela en Lago -di Antón Varela- eran unhas gaitas boísimas, que son fáciles de recoñecer polo traballo que levan. E esta coa que vou gravar eu o disco novo tiven a sorte de que veu dar aquí, ao meu taller, e que puiden recuperala». Explica Varela que co seu novo disco quixo render tributo, a través da historia, ao labor duns músicos que «acometeron o obxectivo de darlle á gaita galega unha proxección universal»; e que o fixeron, con Galicia na alma e na súa música, «desde Ferrolterra, o Eume e o Ortegal».

Nas pezas que interpretará xunto aos integrantes de Raparigos e Berros do Castro, Antón Varela manterá vivo o espírito orixinal dunhas composicións nas que a tradición musical galega continúa latexando con forza; pero, iso si, adaptándoas ás posibilidades que hoxe a interpretación ofrece e, por suposto, con este novo traballo seu reivindicará o labor do taller de luthiers de Lago, que como el mesmo apunta fabricou, «ata que desapareceu o derradeiro deles», milleiros de gaitas. Agora, unha desas gaitas volve soar de novo.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Uxía
–Realiza versións de temas moi coñecidos dun xeito ben diferente ao orixinal. Cre que ten sentido unha versión se non aporta algo netamente diferenciado?
–Deber ser diferente, senón non tería sentido e menos cando facemos revisións de temas moi populares. É sempre un reto realizalo e nós neste disco mudamos un pouco as cousas, como cambiar o tempo das pezas, e deunos moito traballo. Cada vez teño máis seguridade no que pretendo facer e non me gusta nada repetirme, aínda que sería máis cómodo.

–Unha parte importante da obra son esas revisións de pezas tradicionais galegas. Como abordaron a súa creación?
–En concreto, A Rianxeira era como un reto persoal. Para min é un tema que merecía unha oportunidade para ofrecer algo diferente. En Brasil chamou moito a atención e alí teñen unha certa distancia cunha canción aquí tan coñecida e iso axuda para recuperar, en certa medida, a súa esencia. Retorcimos a harmonía, tampouco en exceso para non perder o referente, e modificamos a estrutura. Foi á vez complicado e divertido. A versión de Verdegaio, que se canta no noso país en Portugal e Brasil, foi xurdindo segundo elaborabamos o álbum. Ramo Verde pode soar máis semellante ao xa gravado e o Alalá das Mariñas ten un toque nordestino brasileiro e certo atrevemento na segunda parte do tema, onde metimos frautas ao Hermeto Pacual que penso son interesantes. A preprodución consistiu fundamentalmente en tocar moito as cancións e algunhas xa as faciamos en directo.

–Realiza unha versión de Zeca Afonso, un referente, e outra de María Elena Walsh, figura pouco coñecida por estes lares. Foi un xeito de reivindicala?
–Zeca é un referente e xa fixera cousa del na miña andaina e en canto a María Elena Walsh trátase de reivindicar a súa figura e tamén ás miñas raíces, xa que me fai lembrar ao meu tío Pepe de Bos Aires, que cando era cativa enviava vinilos dela e Mercedes Sosa. Por certo, é a primeira vez que interpreto un tema en castelán na miña carreira como solista.

–Esa peza da arxentina fala do canto e o título do disco tamén.
–O fío condutor da obra é a palabra canto, presente na meirande parte dos temas, e o que significa o acto de cantar. Para min é o oficio máis bonito do mundo. A voz é o meu instrumento e nesta ocasión os arranxos están ao seu servizo. É un álbum máis espido, xa que ten menos instrumentación que outros precedentes. Creo que aquí sentimos a voz máis proxima. Neste disco é a primeira vez que a voz gaña o espazo que merece. Unha instrumentación máis complicada fai que a voz perda harmónicos.

–Conta con Sérgio Tannus como media laranxa musical nesta nova aventura discográfica. Como se desenvolven á hora de crear esa parella artística?
–Con Sérgio existe unha complicidade total. Sendo un guitarrista virtuoso soubo estar ao servizo da voz. Levaba moitos anos sendo acompañada polo piano e apetecíame variar, e ademais a guitarra sempre estivo ligada ao canto no que coñecemos, en senso amplo, como canción de autor. Compoñemos xuntos, el fai unha harmonía e eu unha melodía sobre esa harmonía inicial que propuxo e imos desenvolvendo as cancións. Gústanos moito pór musica a poemas.

–Porque foi necesario gravar o álbum en Brasil?
–Foi un pouco casual. Estiven de xira por alí ao redor de dous meses e aproveitei uns días libres que tiña para meterme no estudo, e ademais Sérgio estaba acompañándome nesas actuacións. Dábase unha situación perfecta. Foi a primeira vez que entraba un artista que non fose brasileiro nos estudos de Biscoito Fino. Alí teñen unha experiencia tremenda en gravar guitarra e voz, e coñecendo eu ese labor seu era a sonoridade que a min me gustaba. A voz soa no disco con todas as cores. Por outra banda, gravar lonxe crín que ía axudarme a concentrarme no traballo.

–Que aportou Jaime Alem como produtor?
–É un sabio e ten un ouvido excelente. Gustoulle o que lle levamos e dixo que só ía dirixir un pouco. Fixéronse case todas as tomas á primiera e creo que iso percébese.

–Fálenos dos cantantes que colaboran na obra.
–Con Lenine contactara en Cantos na Maré e veu encantado. Foi quen de darlle a volta á interpretación da canción. Con Socorro Lira xa colaborei no pasado e escribiu unha letra de homenaxe a Galicia que interpretamos como unha conxunción galega e nordestina brasileira. Este disco quere soar a brasilego. Con Fred Martins teño moitas afinidade e apetecíame cantar con el.

–Se estivéramos nos vellos tempos diríamos que Alalás encadeados sería o single ideal para promocionar o traballo.
–O texto déunolo o fillo de Uxío Novoneyra indicando que o pai o fixera para ser cantado, e iso nótase na musicalidade que atesoura. É unha peza con moita forza e alegría. Ten unha sonoridade do sur de Brasil e con toques case paraguaios.

–Moveuse estes anos no ámbito da lusofonía en diversos proxectos. En concreto, que significan Brasil e Portugal na sua vida artística?
–Creo que o futuro da nosa música e lingua pasa por mirar ese horizonte. Aproveitando esas canles a música pode chegar a millóns de persoas. A xira feita por Brasil resultoume moi reveladora e vin que o público sente algo común cando cantas nun idioma que entenden. Alucinan coa música galega e creo que hai un camiño moi interesante por percorrer que vén de comezar a plasmarse en varias colaboracións musicais entre artistas galegos e brasileiros. Para eles resultaba unha artista exótica cando tocaba a pandeireta. Ao longo dos anos escoite unha enorme cantidade de música brasileira, que posúe unha gran variedade e riqueza, e iso sempre deixa un pouso. Por outra banda, Portugal tamén ten unha potencia musical importante, aínda sendo un país máis pequeno.

–Que aprendeu desa estadía no Brasil?
–Por exemplo comprobei que en Brasil adoran aos seus artistas. É algo que poderiamos copiar por aquí. Que conste que non quero que se malinterprete e eu non teño queixa ningunha do meu marabilloso público, pero en xeral noto en falta que non se valore máis aos nosos artistas. Débeselle moito a xente como Emilio Cao, Milladoiro, Luís Emilio Batallán, Pilocha ou Na Lúa e creo que sería de xustiza recoñecer o seu gran labor. Pola variedade e riqueza que temos na actualidade nos escenarios paga moito a pena mergullarse na música do noso país.

–Logo de vinte e cinco anos de andaina, as voces que lle servían como referentes mudaron ou seguen a ser as mesmas que cando principiou a cantar?
–Co tempo fun cambiando de referentes. Gústanme as voces profundas que saen do fondo e non me satisfan as acrobacias vogais. Valoro moito a expresividade e o sentimento do cantante. Se algo aprendín co tempo é que a canción manda e que a peza é a que pide unha ou outra interpretación, que debas estar máis ou menos contida no canto. Iso considéroo sagrado. A experiencia axúdache a saber como debes interpretar unha peza e cando tes un repertorio variado debes axustarte ao que demanda cada canción. Fun aprendendo que a voz é un instrumento moi fráxil e transparente que deixa aparecer as emocións. Tamén resulta importante para min que se entenda ben a letra do que se canta.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2011 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
De volta
Graciñas a Edu por manter o blog estes días de vacacións e desculpade os que remitiron algunha mensaxe e información ao correo de Malmequer que non puido sair publicada.

Lamento que durante estes días teña ocurrido, coma outras veces, comentarios fora de ton en referencia a concursos.
Queremos lembrarvos de novo que este é un blog para xuntar xente, non para dividila, e que o que pretendemos é potenciar o que máis nos gusta da música e do baile galego, dos que tod@s disfrutamos e dos que tod@s deberiamos colaborar na súa vitalidade para seguir disfrutando no futuro.

De volverse a repetir situacións como a de días anteriores veriamonos na obriga de desabilitar os comentarios das novas, co que significaria de perda de participación dos visitantes do blog.

Sería triste chegar a ese extremo...

Un saúdo
Henrique


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Maceda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-06-2011 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 13
• Vaamonde, Lamas & Romero na Casa das Crechas (Santiago de Compostela)

Terza feira 14 (Martes)
• A Minha Embala na Casa das Crechas (Santiago de Compostela)

Corta feira 15 (Mércores)

Quinta feira 16 (Xoves)

Sexta feira 17 (Venres)
• Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
• Venrespiriño en Ourense, a partir das 20:00.
• Venrespirar no Bar Miguel, R/Arcediagos, 11 (Ourense) a partir das 22:30.

Sábado 18
• VI Serán Mar de Rianxo no Campo de Arriba de Rianxo
• Serán de Herbille, no local da A.C.S. Herbille, Cela (Mos), a partir das 22:00
• Foliada de Xacarandaina, Anfiteatro do Parque de Santa Margarita (A Coruña), a partir das 21:00
• Serán Popular nas Angustias (Nigrán), a partires das 20:00.
• I Foliada da Lembranza en As Pontes de García Rodríguez.
• Ruada Lembranza en Oza dos Ríos e homenaxe ao gaiteiro e palleteiro Juan Brea.
• III Serán de Valga, no Campo da Festa de Campaña (Valga).

Domingo 19
• Festival Folk in Rio, en Touro, a partir das 18:00: Bombos S. Tiago + Ce Orquesta Pantasma + Tanto Nos Ten
• Romaría do Lecer de Xacarandaina, Anfiteatro do Parque de Santa Margarita (A Coruña), a partir das 12:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2011 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
A Miña Embala na Casa das Crechas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2011 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
XII Edición do Memorial Ricardo Portela

A fin de semana do 16 e 17 de Xullo de 2011 terá lugar a XII edición do Memorial Ricardo Portela. Trátase dun concurso de gaita que quere render unha merecida homenaxe ao gaiteiro de Viascón, mestre recuperador da forma de interpretar a gaita en toque pechado. O principal obxectivo do certame é promover a música tradicional galega, así como impulsar a formación de novos cuartetos e quintetos. Como ocorreu nas pasadas edicións, o certame se desenvolverá en dúas fases: unha pola mañá, consistente en pasarrúas que dará comezo ás 12 da mañá na praza de Curros Enríquez, ocasión na que o xurado poderá elixir as oito formacións finalistas, e unha final ás 20 horas do serán, na que o mesmo xurado escollerá os tres primeiros premiados, que recibirán premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros.

Asemade haberá o premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e o premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta sexta edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Cómpre dicir que estes dous premios son compatíbeis con calquera dos outros premios en metálico.

Ademais do concurso o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organizará unha mostra de artesáns de instrumentos tradicionais que permanecerá aberta ao público durante toda a fin de semana.

O sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, e o domingo coas actuacións de Noitarega e Pradairo.

Todas as actividades, salvo o pasarrúas que percorrerá todo o casco vello, terán lugar na Praza da Peregrina de Pontevedra.

Percorrido do Pasarrúas

PZA. DE CURROS ENRÍQUEZ - FDEZ. VILLAVERDE – MICHELENA - PZA. DA PEREGRINA – OLIVA – GARCÍA CAMBA – FREI X. DE NAVARETE – SAGASTA – CASTELAO – DANIEL DE LA SOTA – PEREGRINA - PZA. OURENSE – PZA. FERRERÍA – PZA. ESTRELA.

Descarga o cartaz coas bases

Gaiteiros Galegos
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-06-2011 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII FESTIVAL FOCLÓRICO - INFANTIL da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras
O vindeiro Domingo 12 de xuño de 2011 ás 5 e media da tarde terá lugar,
no Local Social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras
(Sebe s/n – Cacheiras - Teo), o XXIII FESTIVAL FOCLÓRICO - INFANTIL. Nesta edición
participan as escolas das seguintes Asociacións:
-S.R San Xoán de Calo (Teo).
-A.C. Donaire (A Coruña).
-A.C. Nós de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
-A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Ana Pérez Casal
Asociación Cultural "Rosalía de Castro" de Cacheiras
Tlf: 981 80 60 91

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-06-2011 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Reunión de Músicos ao Vivo en Vigo


Ola a tod@s,

Despois de algún tempo retomamos as reunións con socios e músicos por diferentes vilas da xeografía galega. Voltamos con algunhas novidades importantes e con ansias de explicar, debater e escoitar diferentes propostas relacionadas co colectivo de músicos en Galicia

O vindeiro xoves, 16 de xuño terá lugar unha reunión en Vigo, no salón de actos do MARCO.
O evento dará comezo ás 17:00h.
Hai moitas e importantes cuestións que tratar, polo que esperamos a vosa asistencia e pedímosvos que divulguedes este anuncio entre os vosos coñecidos músicos. É importante ser cada vez máis para ter forza como colectivo.

Aproveitamos para agradecer ao MARCO a cesión das súas instalacións para esta reunión.
Un saúdo a tod@s,


A Xunta Directiva.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 10 (Venres)
• Festival Millo Verde en Redondela: Marxe Eskerda, Belöp, Terrakota, The Pedro Delgado´s
• Festival DUF 2011 en A Coruña:
10:00 DUF Foro, no Centro Ágora.
17:30 DUF Rúa, na Praza das Conchiñas.
21:30 DUF Noite, no Centro Ágora: Ugia Pedreira e Fred Martins.
• Pito de Pikasso nas festas de San Antón de Espasante (Ortigueira).
• Músicas x Dez. Festival 10º aniversario da AC A Fervenza de Ouzande, Ouzade (A Estrada), 22:30: Narf e The Homens.
• Taghaitaí!!! e as convidadas Guadi Galego e Uxía Senlle, na Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela), ás 22:30.
• III Ciclo de Músicas Inmigradas: Comparsa Urumundo (Uruguay), no Salón de actos da e-Trad ou patio da Escola de Artes e Oficios (dependerá da meteoroloxía), de 18:30 a 20:30.
• Foliada A Rúa de Cuntis, na Praza das Árbores (Cuntis), a partir das 22:00

Sábado 11
• Obradoiro de Treboada, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) ás 11 horas.
• VII Festival Millo Verde en Redondela: Kastomä, Fuel Fandango, A Banda da Balbina, Keko Yoma, Olive Tree Dande.
• Festival 15 aniversario AMI, na Sala Inferno (Vigo): Skárnio e Marxe Eskerda, ás 22:30.
• Festival Briganfolk en Betanzos: Roncarela, Talu Teranga e Xose M. Budiño.
• Festival Rock en Costa no patio do antigo colexio Ramón Cabanillas, Castiñeiriño (Santiago de Compostela): Samesugas, Royalties, L’Uomo di Gomma, The Homens e Redullos, ás 20:30.
• Festival Ou Beade, no Parque Forestal de Beade (Vigo): Os Podridos, Os Vacalouras, Replyca, Saldos Arias, Ke-percussion, Espiritu Moreno.
• Festa x Aniversario do Cineclube de Compostela: Urro, Das Kapital, Malandrómeda, no
C.S. O Pichel (Santiago de Compostela), ás 20:00.
22h00
• Manolo Bacalhau + Foliada no Pub Avante (Santiago de Compostela), ás 22:00.
• I Foliada no Sixto (Vilgarcía de Arousa), ás 21:00
• V Foliada no Antigo Torreiro da festa de Baíña (Baiona) a partir das 22:00
• Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)
• Fuliada en Teo, no Centro Sociocultural A Ramallosa (Teo), a partir das 22:00.
• Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores

Domingo 12
• Festival Briganfolk en Betanzos: dávos troula (Folk), Berros do castro (Folk) e Susana Seivane.
• XXIII FESTIVAL FOCLÓRICO - INFANTIL da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, no seu local social en Cacheiras (Teo), ás 17:30.
• Día da muiñeira en Carballo, ás 17:00, e ao rematar, ás 19:00, Fol de Veneno en concerto. Na praza do Concello.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2011 02:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Ou Beade 2011
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-06-2011 02:32
# Ligazón permanente a este artigo
Fuliada en Teo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-06-2011 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
V Foliada en Baiña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-06-2011 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer