Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do Concurso de Música Tradicional (Pandereteiras/os) Cantigas e Agarimos
u>Resultados do Concurso de Música Tradicional (Pandereteiras/os) Cantigas e Agarimos

Celebrado en Compostela este domingo 21 de xuño

CATEGORÍA A: nenos/as ata os 9 anos inclusive
1º "Adro" da AC ADRO DE BAIO
2º "Xolda" DA AVC SAN MIGUEL DE OIA
3º TAHUME

CATEGORÍA B: de 10 a 13 anos
1º "Meniñas" da AVCD LAVADORES
2º "A" DO CC A PONTEVELLA
3º"Rebuldaina" da AX XIRADELA

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos
1º "Axeitadiñas" DA A.C. DONAIRE
2º "Tarambainas" DA AVCD LAVADORES
3º "Fanfurriñas" da ACD GALANÍA DE MUROS

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante
1º "Lilaina" DA AC O CASTRO
2 "Os muiños de oliveira" da AC OS MUIÑOS DE OLIVEIRA
3º "Velaí Ven" DA AC DONAIRE
Comentarios (6) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-06-2009 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda de Pena Molexa (Narón)
20 de Xuño no lugar de Vilasuso, O Val (Narón) a partir das 18:00 h

No lugar de Vilasuso, no Val, está a Pena Molexa. E di unha lenda de orixe precristiá que a tal pena é, en realidade, unha moura petrificada por culpa dun feitizo.

A asociación cultural Zarabanda e o Padroado da Cultura do Concello de Narón celebran a noite do 20 de xuño que ese día se desfai o encantamento e a pedra recupera a forma de fermosa muller de cabelos loiros para ofrecer ao que a vexa quedar con ela ou, se prefire, cos tesouros que agochou no monte

Programa:

18:00 xogos populares e probas de deporte rural.

22:00 Concerto de A Quenlla.

24:00 Aparece a fada no alto da pena, nunha recreación teatral da vella lenda.

24:30 Prendido da lumieira e repichoca de música popular galega

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Perante a suspensión do evento musical “Made in Galiza”
Os dias 26 e 27 de xuño grazas á Concellaria de Cultura do Concello da Coruña, a música galega por vez primeira ía ter un escaparate privilexiado para poder amosar todo o seu esplendor criativo que está a viver dende os últimos 15 anos. Unhas 14 bandas de diversos estilos e procedéncias ían xuntar-se para um acontecimento histórico dentro da música emerxente galega, um dos sectores culturais mais vivos, mais dinámicos, e tamén, curiosamente menos subvencionada de todas as artes que se traballan no país.

Isto sábeo ben a xente que ten mamado palco, que ten feito troulear por concertos e romerias a moita xente, vendo como os grupos de fóra levaban os cachés grandes, facendo um traballo moitas das veces de menor calidade que a xente da casa. Precisamente, a xente da casa, era quen baixaba os cachés colaborando coas organizacións dos eventos para que estes se puideran realizar.

O panorama está a mudar, e a contrastada calidade das criadoras galegas está a causar expectación, grazas a que nos últimos anos se eliminaran as “listas negas” e a censura a todo o que se desmarcara das pautas da grande indústria.

Precisamente, a inmensa maioria (e con moito) das subvencións a eventos musicais veñen da parte dos concellos que contratan grupos “de moda” criados polos mass média estatais, ou orquestras con versión de éxitos do momento. Conste dicer que este tipo de eventos son moi queridos polo público em xeral e responden as suas actuacións com grandes afluencias de xente. Non hai cousa mais respetável, sabémo-lo.

Pero sabemos tamén que a música emerxente galega tamén ten o seu público, cada dia maior, cada vez a xente acode mais aos festivais, seguian o programa de rádio (tristemente eliminado) “Aberto por Reformas”, e que esta xente TAMÉN TEM DEREITO A UNHA PEQUENA AXUDA DOS RESPONSÁVEIS DA CULTURA DO PAÍS. Lugares como Inglaterra, Irlanda, USA, Cuba, Brasil... entendéron-no moi bem, por iso son primeiras poténcias culturais en música contemporánea, principalmente porque non desprezan o seu.

Ao contrário da administración actual da XUNTA, que eliminou TODAS AS AXUDAS AO EVENTO que ía ser celebrado o mes de Xuño na Coruña. Esto, no meu país, e no de todos tamén, só se lle pode chamar así SECTARISMO E AUTO-ÓDIO.

E que non se preocupen os administradores oficiais da cultura deste país, que NÓS, @s músicos galeg@s, non choramos por unha subvención QUE NUNCA TIVEMOS, e que seguiremos a facer festa, e a facer unha indústria cultural potente sen necesidade da sua axuda, xa que levamos así, alegres, toda a vida.


Os organizadores.
www.komunikando.net

Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2009 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 19 (Venres)
• Snatch no Pub Chelsea (Cuntis)
• Javier Constenla no Auriense (Ourense)
• O Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño)
• Luar na Lubre no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30
• Milladoiro Folk (Ames): Roncarela e Pé de boi
• Bruma no Teatro Principal de Compostela ás 21:30
• Dúo Fotosíntese (Luis Caruncho e Alex Alejos) no Vai de Vi (Balaidos-Vigo) ás 23:00

Sábado 20
• Ardentía e Os Carunchos en Vilacoba (Salvaterra do Miño)
• A Quenlla en Narón
• O Sonoro Maxín no Festival FAX (Ourense)
• Capitán Furilo na Nkapilla-Rock, A Capilla, Calo [Teo]
• Bruma no Teatro Principal de Compostela ás 21:30
• Certame de Bandas de Gaitas Tradicionais (Calo)
• Milladoiro Folk (Ames): Banda de Gaitas da A. C. "Os Castros de Ames" e "Tumbalobos Folkorquestra"
• IV Festa da Randulfa en Agolada
• I Festival de Música Río d´area (Camariñas): Cantareiras e Pandereteiras "Caramuxa" de Camelle, Madialeva e Fol de veneno
• III Festifolk de Mugardos: Quempallou, Muxarega, Estimaba que viñeras e Casa da Leiteira
• Festisahara (Salceda de Caselas): Som do Galpóm, Ruxe-Ruxe, Tonhito de Poi e Rasa Loba
• Festa do Muiño de Verducido (Taboadelo-Pontecaldelas): Pé de Boi, A Tuna Rastafari, The Turre´s Band,...
• Serán Noite da moura en Rebordechán (Crecente)
• Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
• Foliada dos fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
• Serán en Pazos de Reis (Tui)
• Romaría do Lecer de Xacarandaina (A Coruña)

Domingo 21
• III Festa da Sementeira en Corzáns (Salvaterra do Miño)
• I Encontro de Escolas Adultas no Local Social da A. C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Sebe)
• Festa do Muiño de Verducido (Taboadelo-Pontecaldelas)
• Esquios nas Festas de Santales (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
-Serán Noite da moura en Rebordechán (Crecente)
-Foliada dos fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
-Serán en Pazos de Reis (Tui)
-Romaría do Lecer de Xacarandaina (A Coruña)

Sábado 27 de xuño
-Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)
-Serán de O Fiadeiro (Vigo)

Sábado 4 de xullo
-Serán no casino de Xesta - A Lama
-Serán no "Muiño da Regueira" na Balsa (Matamá-Vigo)
-I Serán de Rande, debaixo da Ponte de Rande

Sábado 11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Foliada en Cela (Bueu) no Adro da Igrexa

5 de setembro
-III serán no parque do tamuxe en Pías- O Rosal
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-06-2009 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os Festivais de Verán
19-20 xuño: Milladoiro Folc (Milladoiro-Ames)
- Roncarela, Pé de boi
- Banda de Gaitas dea A. C. "Os Castros de Ames" e Tumbalobos Folkorkestra

20 xuño: III Festifolk de Mugardos
- Quempallou, Muxarega, Estimaba que viñeras e Casa da Leiteira

20 xuño: Festisahara (Salceda de CAselas)
- Som do Galpóm, Ruxe-Ruxe, Tonhito de Poi e Rasa Loba

20-21 xuño: Festa do Muiño de Verducido (Taboadelo-Pontecaldelas)
- Pé de Boi, A Tuna Rastafari, The Turre´s Band,...

24 de xuño:Festival Folc Festas de Ourense
- Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño e Guezos

24 de xuño: Festival Folc Festas da Estrada
- Susana Seivane, Linho do Cuco, Pé de Boi, Regato de Matamulleres

26-27-28 xuño: Festival Made in Galiza (A Coruña)
- O Sonoro Maxín, Skarnio, Skacha, Galegoz, Taru e Os Paxaros Coiro, Som do Galpóm,...
CENSURADO

Xullo


3 xullo: Revoltosa Rock (Montaos-Ordes)
- Dixebra, Kastomä, Los Kebraos e Electróxeno.

3 xullo: Rapa das Bestas de Sabucedo
- Som do Galpóm, Os Tres Trebóns e Os Chiquilicuatres

3-4 xullo: XII Músicas na noite (Teo)
- Medomedá, RuxeRuxe e Galegoz
- Leilía Band, Alvariza e Fía na Roca

4 xullo: Mostra das Culturas (Boiro)
- Projecto Trepia, Cartell 70, Taru e Os Paxaros Coiro, CHamalle Xis,...

4 xullo: Asalto ao Castelo (Vimianzo)
- Duplo Son, Ophiusa, ...

4 xullo: Festival do río Castro (Narahío)
- Pesdelán, Os Tres Trebóns e Ultraqáns

4 xullo: Festa Rachada da Baña
- A requinta da Laxeira, Armadanzas, Os Campantes

9 xullo: O Son Benitiño (Moaña)
- O Sonoro Maxín,...

9, 10, 11 e 12 Xullo: Festival de Ortigueira
- Jacky Molard Acoustic Quartet e Final Proxecto Runas'09
- Escola de Gaitas de Ortigueira, Judith Mateo, Susana Seivane e Michael Mcgoldrick Band
- Xose Manuel Budiño, Wolfstone e La Bottine Souriante
- Nova Galega de Danza, SOG e Battlefield Band

17 xullo: Teixeiro Rock
- O Sonoro Maxín, ...

17 xullo Revenidas (Vilaxoán)
- Kogito, Skarface, ...

17 xullo: Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
- Coanhadeira,...

17 xullo: Festival de Callobre (A Estrada)
- Treixadura, Os Carunchos, ...

17-18 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten
Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos

17-18 xullo: Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Skacha, Kogito, ...

18 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
-O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu...

18 xullo: Arreacabo (Celeiro-Viveiro)
- Lamatumbá, Boikot, Betagarri,...

18 de Xullo: I Nordestazo Rock. Malpica.
- Os Tres Trebóns, Ultraquans, ...

19 xullo: Festival folk de Narón
-Lelilía Tradicional e Susana Seivane.

23 xullo: Festa da Dorna (Ribeira)
- Chotokoeu,...

24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo,...

24 xullo: Festival Día da Patria (Compostela)
-Kogito, Som do Galpóm, ...

25 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Galegoz, ...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón,...

Agosto


1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ,...

14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, A Magnifique Band dos homes sen medo, ...

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skarnio, Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño
- Os Carunchos,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...
Comentarios (6) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2009 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
IX Romaría do Lecer
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-06-2009 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pazos de Reis
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-06-2009 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas de San Xoán en Vigo
Recuperación da tradición de recollida e uso das herbas de San Xoán

Invitámosche a participar coa Asociación O Coto na recuperación da tradición das herbas de San Xoán co seguinte programa de actividades:

Sábado 20 de xuño de 2009

10:00-11:00 horas: Exposición de herbas de San Xoán no Salón de Actos do Colexio Público do Carballal (Rúa Lomba, 1-Cabral) con explicacións de propiedades e características a cargo de socios

11:00 horas: Saída polos arredores do colexio e ó monte para recollida de herbas

14:00 horas: Fin da actividade

Máis información: 986487957-676524529


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Muiño do Verdugo (Taboadelo-Pontecaldelas)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festa da Randulfa (Agolada)
O sábado 20 de xuño celebrarase na área recreativa da 'Ponte Vilariño' en Agolada, a IV Festa da Randulfa.

O programa será o seguinte:


18:00 h. Presentación da festa
18:15 h. Recepción dos grupos invitados
18:30 h. Entrega de premios do II Concurso de Espantallos
19:00 h. Representación teatral Rodesindo da Barrosa (Gobernador de Ourense e afinador)
20:00 h. Celsiño (Contacontos)
21:00 h. Merenda de fraternidades
22:30 h. Actuación dos grupos e participantes invitados:
- Lume na Lareira
- O Castelo
- Axóuxere
- Raúl Galego
- Buxaina
- Pau de Buxo
- Bico da Balouta
- Asdúas (Acordeonistas9

E despois, queimada

Reservas merenda chamando ao teléfono 665990868

Organiza A.C. Bico da Balouta
Colabora Concello da Agolada

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
III Festa da Sementeira (Corzáns-Salvaterra)
A Festa dá Sementeira en Corzáns (Salvaterra do Miño) comezará a partir das 11.00 horas da mañá e estará amenizada pola actuación musical de gaiteiros tradicionais.

Haberá, ademais, unha exposición con obxectos antigos, por exemplo, o ‘carro dá vaca’. Para os que non queiran participar ‘activamente’, a organización convida, de todos os xeitos, a acudir a Corzáns "porque haberá sardiñada desde as 12.00 horas".
A ración (inclúe pan de millo), costa 4 euros.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Bruma en Compostela

Os dias 19 e 20 de xuño ás 21.30, a compañia Bruma presentará o seu espectáculo '9 espellos e unha caixa de música' no Teatro Principal de Santiago.

O prezo será de 10 euros para adultos e 5 para menores de 12 anos.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
I ENCONTRO DE ESCOLAS ADULTAS
O vindeiro Domingo 21 de Xuño de 2009 ás 18:00 terá lugar, no Local Social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Sebe s/n – Cacheiras), o I ENCONTRO DE ESCOLAS ADULTAS.

Ademáis das escolas de pandeireta e gaita de adultos desta Asociación, tamén participan as seguintes Asociacións da comarca:

* Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo).

*IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela

*“Riscadeiras” de Laraño (Santiago de Compostela).

*Agrupación Folclórica “Alborada” de Santa Lucía (Santiago de Compostela).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Certame de Bandas de Gaitas Tradicionais (Calo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Festifolk Mugardos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festa dos Fachos

XII FESTA DOS FACHOS no monte da Peneda (Soutomaior-Redondela)

Sábado 20 de xuño de 2009

Gaiteiros, charangas e festeiros, estades todos convidados á foliada, o sábado 20 de xuño a partir das 23h na base da Peneda no Viso (Redondela).

Todos os que traian instrumentos tocaremos acompañando ós fachos ata o alto da Peneda.
Unha vez alí festa rachada con queimada¡¡¡


Tradición recuperada en 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais Redondeláns. É celebración do solsticio de verán, limiar das fogueiras de San Xoán, pero tamén un xeito de reivindicación do monte da Peneda, das pegadas históricas e dos mitos de seu.

Ás once da noite reúnen a tódolos asistentes ó pé deste monte emblemático que se ergue entre terras de Redondela e Soutomaior, na aldea do Viso, e desde alí soben ó cumio portando uns fachos, e formando unha comitiva que se distingue desde tódolos lugares do concello.

Ó chegaren arriba invocan as tradicións e sinais de identidade do lugar; seguidamente, prenden lume a un folión cos fachos e preparan unha queimada reparadora.


A continuación Festa rachada!!



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro Folk (Ames)
Venres 19 de Xuño

21,00h. Gran sardiñada (Pza. da Magdalena)
22,00h. Actuación do grupo de folk-rock de Ares "RONCARELA"
23,00h. Actuación do grupo folc "PE DE BOI"

Sábado 20 de Xuño

21,00h. Gran CHOURIZADA con chourizos á brasa, ao viño e ao inferno. (Pza. da Magdalena).
22,15h. Actuación da Banda de Gaitas da Asociación Cultural "OS CASTROS DE AMES"
23,00h. Actuación de "TUMBALOBOS FOLKORKESTRA".
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festisahara (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Un disco ao vivo para unir as dúas beiras do Atlántico
Manecas Costa e Narf gravan «Aló Irmao» en directo en Compostela

Os concertos son un mar de cables. Están disimulados sobre o escenario, ocupan os espazos residuais das butacas e van gañando terreo nos resíos mortos do teatro. Se o concerto é gravado, o mar ten as ondas máis grandes: hai máis cables, máis mesas con luceciñas e máis pantallas. Así vai ocupando espazo a necesidade da memorización. Ao final das mesas e dos cables hai uns micros e diante deles están Narf e Manecas Costa, tanto monta monta tanto, deixando constancia da harmónica contradición que é Aló Irmao . Músicas contrapostas en combinación íntima.

Manecas Costa e Narf están afeitos a actuar, están afeitos ás guitarras e están afeitos aos públicos dos teatros. Aínda así, un concerto gravado é como un partido de fútbol retransmitido, hai que ter en conta esa circunstancia de que todo queda nidiamente rexistrado e, ao tempo, «hai que procurar esquecer que temos a tecla do rec posta», como explica o responsable da gravación, Toño Vázquez. Hai unha presión engadida para todos, pero o discurso musical é sinxelo e, segundo explica Narf, «o concerto é unha viaxe que parte do que fomos, pasa polo que somos e nos leva cara ao que habemos ser».

Onte completouse no Teatro Principal a dobre gravación do concerto que comeza coas cancións dos conxuntos dos dous músicos e deixa para o final a música de cada un deles. Primeiro vai a confluencia das músicas, esa experimentación de asumir na mesma comunicación as maneiras do pop e da música étnica, os acentos atlánticos galegos e de Guiné Bisau e a singular combinación de guitarras que forman este dúo. Narf explica que a conxunción entre ambos os dous guitarristas está precedida dunha cuestión de «maxia ou de química». «Tocar ben xuntos de xeito inmediato encaixaba e cando empezamos a ensaiar en realidade foi como se tivésemos tocado cen veces, pero esa facilidade non é habitual». Tamén sinala o músico galego que a intención do disco é sinxela, «está baseada nas guitarras e nas palabras».

Para Toño Vázquez, a intención destes dous concertos é conseguir «unha gravación que conserve o ambiente do directo, que aproveite ao público, a relación que hai entre os músicos e os espectadores e que teña ese son máis de conxunto que teñen os discos ao vivo». Vázquez explica que o dispositivo técnico é «un pouco maior que para un concerto normal», pero que a estrutura de funcionamento é a mesma, agás que «recollemos un son e o enviamos a dúas partes, unha a gravar e outra aos espectadores».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Ortigueira
Vaise pechando o programa de actuacións do Festival de Ortigueira 2009

Xoves 9 de xullo
- Final Proxecto Runas'09
- Jacky Molard Acoustic Quartet

venres 10 de xullo
- Fred Morrison
- Escola de Gaitas de Ortigueira
- Susana Seivane
- Michael Mcgoldrick Band
- Judith Mateo

Sábado 11 de xullo
- Xose Manuel Budiño
- La Bottine Souriante
- Wolfstone
- Korrontzi

Domingo 12 de xullo
- Nova Galega de Danza
- The Battlefield Band
- Aran
- SOG


www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2009 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro `O Gaiteiro de Catoira´ en Vigo
Este xoves día 18, ás 19:00h na e-Trad terá lugar a presentación do libro Agustín Lorenzo Loroño, O Gaiteiro de Catoira, escrito polo músico Xosé Ameneiro e publicado por Edicións do Cumio dentro da súa colección multimedia.

Durante a presentación, que terá lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida García Barbón nº 5, estarán o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai; e Cándido Meixide, respondable da Colección Multimedia de Edicións do Cumio.

Ao final do mesmo actuará o grupo Brisas do Río Ulla, que interpretarán as melodías máis coñecidas do gaiteiro.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-06-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Son de Rianxo
Hoxe 18 de xuño, xoves, preséntase no Museo do Pobo Galego (Compostela) o disco "Son de Rianxo".

Este disco gravouse a partires do traballo que o equipo docente e os alumnos do CEIP Brea Segade de Taragoña, realizaron no marco da V edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.

As dezaseis pezas musicais contidas no CD forman parte do repertorio dos vellos gaiteiros da zona. Dous deles, Xosé Figueiras e Ramón Carou, estarán presentes o día 18.

O acto comezará ás 19.30 horas. Ao remate servirase un viño de honra.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza desembarca en Lorient
Na 39ª edición do encontro, que terá o noso país como protagonista, participarán máis de 25 grupos musicais galegos, ademais de diversas mostras.

Galiza será este ano a protagonista do 39 Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, que se vai desenvolver do 31 de xullo ao 9 de agosto. Xa se coñece a programación que se vai desenvolver no pavillón instalado por Turgalicia, e que terá case mil metros cadrados de superficie.

Por unha banda, no pavillón galego amosarase unha imaxe do país "entrañábel, amábel e de calidade" e potenciarase a súa personalidade propia como destino turístico. Así, informarase e difundirase a oferta turística, con especial fincapé no Xacobeo 2010, e haberá degustacións gastronómicas, exhibicións de artesanía e, por suposto, actuacións musicais: 24 espectáculos diferentes ao longo do certame.

Están previstos concertos de:

- Alberto Coya e Alba Gutiérrez,
-Edelmiro Fernández,
-Marta Quintana e a súa banda,
-Bellon&Maceiras Quinteto,
-Fía na Roca,
-Berrogüetto,
-Soas (Rosa Cedrón e Cristina Pato)
-Limagoia,
-Crema de Gaita,
-Espido,
-Pablo Carpintero,
-Anxo Lorenzo Band,
-Emilio Cao,
-Isga Collective,
-Ialma,
-Colectivo Licor Kafé,
-Lulavai,
-Dúo de Arpa Céltica e Violín,
-BoNoVo,
-Faltriqueira,
-Lamatumbá
-Susana Seivane.


A derradeira actuación de cada xornada irá seguida dunha queimada.

Pero non só haberá actividades relacionadas con Galiza no pavillón, pois tamén terá lugar unha noite galega de gala no Grand Théâtre de Lorient coa actuación de Sondeseu e unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago. Así mesmo, a organización do Festival anunciou a contratación de Carlos Núñez, e os concertos, en diferentes espazos, de Sondeseu, Susana Seivane, Xacarandaina, Pradairo, a Agrupación Moxena e a banda de gaitas Airiños de Fene.

www.vieiros.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro dixital con Susana Seivane
A gaiteira charlou cos internautas sobre o seu cuarto traballo: Os soños que volven.

Comezo do encontro

Hola a todos! por aquí ando outra vez, encantada de saudarvos a todos.

Hola Susana: ¿Tienes programado actuar en New York en un futuro proximo?

Tiñamos unha xira preparada para este próximo setembro pero parece que a crise tamén se resinte bastante alí e non sei se iremos. A verdade é que a xira que fixemos no 2002 fora espectacular e estaría encantada de voltar.

O domingo estiven a ver unha feira de artesanía onde expoñianse gaitas fermosísimas de diversos prezos. ¿hay moitas diferencia no son dunha gaita de 9000 euros a unha de 1600 ou e mais un tema de materiais nobres e horas de man de obra?. Graciñas e noraboa polo novo traballo.

pois se é unha gaita Seivane a calidade do instrumento é a mesma tanto se é unha gaita de 9.000 ou 1.600 euros, o que a encarece son os materiais que ti elixas, como o tipo de anelado por exemplo, é máis cara a prata que o metraquilato. Se personalizas o teu propio instrumento con grabados, etc. será máis cara.

Buenos días Susana, enhorabuena por el nuevo trabajo, ya teníamos ganas de que nos regalaras nuevas canciones. ¿Está afectando también la crisis al mundo de la gaita y a la música tradicional?

moitas gracias! A verdade é que non o saquei antes porque tiven afortunadamente moito traballo, non foi pola crise. Pero sí é certo que a crise se nota tamén na música. Hai moitos festivais, por exemplo, ós que lle recortaron o presuposto e outros que directamente van desaparecer, así que esto é unha pena porque xa non é que houbera moitos aquí en Galicia. Esperemos que esta crise desapareza pronto.

Que pensa das bandas de gaitas marciais coma a da Deputación de Ourense?

xa sabedes o que penso! dende a aparición destas formacíóns, tanto a miña familia coma mín, nos posicionamos en contra porque van en detrimento da música tradicional e da nosa cultura posto que non promocionan ó noso, senon unha copia das bandas escocesas e ademáis unha copia mal feita. Os cartos que se están invertindo nestas formacións eu preferiría que se invertira en grupos que sí coidan as nosas raíces para que non se perdan. Quero deixar claro, xa que teño a oportunidade, que os rapaces que integran estas formacións non teñen culpa ningunha, posiblemente só coñezan esa forma de achegarse ó instrumento que lles gusta, a gaita. A culpa é de quen se aproveita deles para o seu beneficio.

Cal é o Alalá do que mais gosta? E muiñeira?

Difícil pregunta para alguén que ama á música tradicional, pero un dos Alalás que máis me gustan é o das Mariñas e a muiñeira... a de Chantada!

Como gosta dixitalizar mais, en aberto ou pechado?

gosto máis en aberto porque foi como aprendín, pero o certo é que tamén utilizo no meu xeito de tocar moitas notas en pechado e encántame escoitar ós gaiteiros que tocan en pechado, paréceme moi puro.

¿Coñécese a data de publicación do teu novo disco?. De ser así, ¿onde poderemos acceder a mercalo?. ¡Graciñas!.

data exacta non hai pero o máis seguro é que a finais da semana que ven xa estea no mercado. A maneira que ides ter de conseguilo é unha sorpresa, así que non podo adiantar nada, pero vai ser un xeito diferente, non vai ser unha distribución convencional e vai estar ó alcance de todos e tamén económicamente. En tempos de crise, creo que hai que axudar para que a xente poida apretarse ó cinturón, eu non quero facer negocio con esto, senon que o que quero é que todos teñades acceso á miña música.

consideras que Pato toca mellor ca ti ou prefires non mollarte opinando? Un saúdo

A verdade é que temos estilos tan diferentes que non sei por que nos seguides comparando. As miñas fontes de aprendizaxe sempre foron moi tradicionais, sempre me fixei nos vellos gaiteiros, no xeito que tiñan de interpretar e ó longo dos anos fun adquirindo o meu propio estilo que din que recorda ó dos vellos gaiteiros. Ela aprendeu a tocar na Real banda de Gaitas de Ourense, unha banda marcial, polo tanto o xeito, a esencia é completamente diferente. Quen o fai mellor? Eso volo deixo a vós ;-)

Hola Susana. A primeira vez que te vin actuar foi nunha cervexería de Ferrol, foi unha cousa creo que expontanea...¿lembraste? hai uns 12 anos

acórdome! efectivamente foi algo espontáneo que xurdíu naquel momento no que fun tomar algo cuns amigos. A verdade é que disfruto moitísimo desas foliadas con amigos, non só nun esceario con mogollón de xente diante, que tamén, pero o outro é moi especial, pásoo moi ben e gústame facelo de vez en cando.

como ves a continuidade da musica tradicional galega? segue tendo oco o noso folclore nos tempos que corren?

Eu véxoa moi ben, con moita saúde. Agora mesmo hai moitísimos grupos que están facendo cousas realmente bonitas e interesantes, cada un no seu estilo. Eu creo que se as autoridades competentes a apoian debidamente, temos música tradicional galega para sempre. Fóra das nosas fronteiras é impresionante o ben recibida que é a nosa música, os guiris alucinan coa gaita e sen ter nada que ver con Galicia, escoitan o noso instrumento e emocionanse, póñenselle os pelos de punta, unha pasada. Eso é que temos algo que nos diferencia, unha cultura propia que non debemos nunca olvidar e sí mimar e coidar como o noso gran tesouro.

¿ Qué se sinte ao ser unha das primeiras gaiteiras da nosa terra ?

Bueno, creo que houbo moitas antes ca mín. Antigamente tamén había gaiteiras o que pasa que non tiveron o recoñecmento debido supoño que por estar nunha sociedade máis machista que a de hoxe en día. Téñenme contado que se había algunha muller nun pobo que tocaba a gaita, tiña que facelo ás agachadas, estaba mal visto, e os veciños dicían da súa casa que estaba "encantada".

Vin fai meses na tua web que pedías fotos antigas para a portada do teu disco. Pareceume moi orixinal que nos faceras partícipes a todos, ¿Cómo xurdiu a idea?.

O disco vaise chamar "Os soños que volven". Os soños son as melodías que eu quería que volveran ós días de hoxe, e estas pezas son as que toco dende sempre, dende os tres anos. Entón é como facer unha viaxe ó pasado, un tanto melancólico quizáis, pero alegre. Entón ó meu amigo Guille ocurríuselle a idea do das fotos, pareceume xenial, e quixen publicalo para que a xente se enterara de que podía poñer o seu grao de area no traballo se lle apetecía. Recibimos moitísimas fotos de xente de moitas partes do mundo, así que xa vos veredes!

¿Agardas mil primaveiras máis para a música galega ou corre o risco de esmorecer como a lengua en debates absurdos?

efectivamente, debates absurdos. Quero mil primaveras para a música, para o noso idioma e para a nosa cultura en xeral. Se non coidamos todo esto, dende que somos pequenos nos colexios, perderemos a nosa identidade como galegos, e se esto nos diferencia doutros pobos que non o teñen, quere dicir que somos privilexiados e que a máxima nosa tería que ser que non se perdera esto baixo ningún concepto. Non estou a favor das imposicións, pero non creo que sexa unha imposición cultivar o teu, o que che fai especial como pobo.

Tu piropo favorito

O piropo máis bonito que me dixeron foi: "galicia é música, ti es Galicia"

escuche dos temas de tu ultimo trabajo y tengo que felicitate pero por favor que haces para estar cada vez mas guapa??? haras muchisimo deporte o tendras entrenado personal o algo asi no??

Moitas gracias, alégrome que che gustaran os temas. Pero ti que es adiviño ou que? pois sí que teño entrenador persoal, antes facía moito deporte e levaba anos que non, así que decidín poñerme as pilas, bueno, tiveno fácil porque é meu mozo quen me entrena ;-). A verdade é que ten un método revolucionario e encóntrome moitísimo mellor. Se se porta ben, igual o levo de xira para que me estire antes de saír ó esceario.;-)

¿Te a propuesto alguna vez interviu salir desnuda en la revista?. De ser asi, ¿aceptarias?

Interviu non, pero outra das coñecidas sí, aínda que non para saír desnuda, pero sí digamos lixeiriña. Por aquel entón non quixen, así que non creo que me apeteza de repente.

Ola Susana. Con cal dos teus catro discos te quedarías?

Como se soe dicir: "Son todos fillos". É como se a unha nai lle preguntas a que fillo quere máis. A verdade é que estou moi orgullosa dos catro, pero este último paréceme unha pasada. Traballeino cós músicos que me acompañan en directo, que xa levan traballando comigo moitos anos e nos entendemos moi ben persoal e musicalmente. E logo tamén tiven colaboracións moi especiais, bueno eso en todos os discos. Neste colaboraron xente como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas, Harry Price... musicazos! E moitos máis. A colaboración máis especial é un latexo, o do meu afillado cando estaba no ventre da miña irmá no sexto mes de xestación.

Como levas o de viaxar tando durante a xira?

Por unha parte moi ben, porque a verdade é que o pasamos xenial todos xuntos, teño un equipo de traballo marabilloso, levámonos todos estupendamente, contámonos as nosas cousas, non sei, temos moita confianza. Rímonos moito xuntos, somos como irmáns e esto é moi importante cando pasas moito tempo con alguén. Logo nos concertos por aí fóra, pasámolo en grande! É impresionante a aceptación que ten a nosa música fora das nosas fronteiras e nos mellores festivais do mundo. Claro que tamén cando as xiras son moi extensas e botas moito tempo sen estar na casa, ou tes moitos concertos seguidos sen descansar, lévase peor, botas de menos á familia, ós amigos, á miña casa, ás miñas cadelas, gatas, etc.. Síntome privilexiada de que o meu traballo sexa a miña paixón dende pequena.

Fáloche dende París. Pensas tocar aquí este ano?

Bonjour! este ano París non toca, pero sí que estaremos facendo dous concertos no Festival Internacional de Lorient, que ademáis este ano está adicado a Galicia. Creo que é a quinta vez que imos a Lorient, e sempre é un pracer volver, é impresionante, síntome moi quedrida polos franceses, a verdade é que nos últimos 5 anos traballamos moito alí, vendemos un montón de discos, máis que aquí porque alí non existe a piratería. Non sei, alí encóntrome coma na casa, de feito Bretaña, que é onde máis tocamos, é moi parecido a Galicia. Así que vémonos en Lorient, au revoir!!

Hola Susana. ¿Que opinas que moitas das festas que teñen lugar no verán non contraten grupos folks cando cada vez ten mais exito festas como a de Ortigueira, Carballeira....?

Pois é algo que non entendo! Penso que hoxe en día hai sitio para todos, orquestas, grupos folk... Hai uns anos levábase bastante o que contratar a unha orquesta, e no descanso meter un grupo folk. A verdade é que nós fixemos varias veces esto e funcionou moi ben porque estás ofertando música para todos os gustos e edades, seguimolo facendo, seguimos tocando nas festas dos pobos ou cidades grandes, pero creo que esto se tería que apoiar moito máis.

Para cuando un concierto con lo mejor del folk gallego: Luar na Lubre, Milladoiro, Pato, Núñez..... y tu claro?

Para cando a maioría dos que citaches, queiran

Hola guapa, sígueslle dando tan bén aos bolos como a gaita? Teño xogado algunha vez a túa beira e dávaslle bastante ben. Bicos. Marcos.

Bueno, aí lle andamos! Fai tempo que non vou, e eso que xa teño zapatos e bola propia! Gústame moito e pronto hei volver porque esta temporada andíven moi liada có novo disco. Tamén hai pouco descubrín o Padel, impresionante o ben que o paso! cando queiras retoche a unha partida de bolos!

Pregunta simpáticamente comprometedora: ¿"Grazas" ou "Graciñas"?. (Saúdos de Gil).

Gracias e graciñas. Non me gusta grazas e non o utilizo. Con estas cousas que se fan tan raras, como non vai dicir a xente maior: Ai, eu non sei falar galego! Normal, na miña casa, nunca se dixo "grazas" e paréceme antinatural dicilo.

Buenos días Susana. ¿Cuáles crees que deben ser las cualidades de un/a gaiteiro/a para destacar sobre el resto?

Como di meu avó, Xosé Manuel Seivane, hai moitos tocadores de gaita pero hai poucos gaiteiros. Eu creo que as cualidades máis importantes que ten que ter un bó gaiteiro é sensibilidade e bó gusto. Sen esto creo que estamos perdidos. Despois a técnica gáñase có tempo, pero có outro tes que nacer.

Bos días gaiteira, ¿cal foi o concerto máis emotivo ou especial da tua carrera e por qué?

esta pregunta é moi difícil porque tiven moitos. A última vez que tocamos en Ortigueira por exemplo, no 2004, fora espectacular. Por certo, este ano presento alí "Os soños que volven", con todos os artistas invitados que participaron no disco, así que quérovos ver a todos alí, será o venres 10. Pero despois hai moitos concertos especiais, o ano pasado por exemplo, no Chao, en Ribeira de Piquín, onde os veciños de toda a vida do meu avó lle fixeron unha homenaxe, houbo actividades durante todo o día, lín eu o pregón pola mañá, e todo esto pechouse cun concerto meu pola noite á beira do río no que tantas veces me bañaba de pequena cando pasaba as vacacións alí, moi especial. Ou cando estando en Chicago, diante de 25.000 persoas, no Grand Park, ó lado do lago Michigan, despois da primeira peza, diríxome ó público para saudalos e escoito das primeiras filas: "viva Cambre, jaiteira". Hai moitas anécdotas que fan que moitos, moitísimos concertos sexan especiais.

¿còmo integras tu parte andaluza en el entorno cultural gallego?

Pois dunha maneira... diferente. Explícome. Eu nacín en Barcelona, meus pais traballaban así que me criaron os meus avós andaluces, aprendín a tocar a gaita estando con eles. Poñíanme cancións de Juanito Valderrama, Manolo Escobar... e eu aprendíaas na gaita. Era unha maneira moi natural de estar entre estes dous mundos. Encántame o flamenco e en varias das miñas pezas hai guiños. Cando me xunto coa miña familia materna, son unha andaluza máis. Síntome moi orgullosa das miñas raíces.

Fin do encontro

Moitas gracias a todos! Xa me despido mandándovos un forte bico, gracias polos vosos ánimos. Espero que disfrutedes moito có meu novo traballo "Os Soños que volven", espérovos nos meus concertos, que este ano estarei moito por Galicia. Moitos bicos!!

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Nova entrevista a Carlos Nuñez
Coincidiron nunha cea. Fraga achegóuselle e díxolle: «Amigo Núñez, non está demostrado iso de que a música celta exista, non está demostrado cientificamente». Él, entón moitísimo máis novo que agora, non tivo reparos en contraatacar. «Presidente, tampouco está demostrado que o Apóstolo Santiago estea enterrado na Catedral de Santiago porque non se sabe se é el ou que é o que hai aí, pero o mito funcionou». Así é Carlos Núñez (Vigo, 1971), un home que o dá todo no que fai, un apaixonado do seu. ¿E que é o seu? ¿Música celta, fusión con flamenco, bandas sonoras, acompañar coa gaita ás orquestras sinfónicas...? O seu novo disco, Alborada do Brasil, demostra que sempre se pode facer o máis difícil aínda.

Todo empezou cun misterioso bisavó...
Desde pequeno sempre escoitei falar da historia do meu bisavó, que morrera asasinado en Brasil por celos amorosos, profesionais... Era músico, como eu. Era un gran misterio familiar que quixen resolver e alá funme. E atopeime cun país que me raptou. Fíxenme brasileiro enseguida. Bo, e atopamos ao meu bisavó, José María Nunes. Fáltannos aínda as últimas probas antropolóxicas, pero é practicamente seguro que é el. E fíxache, está documentado que o ano que chegou a Brasil asinou o gran éxito do entroido dese ano. ¡E soa galego!

En busca dun familiar e regresa cun disco. ¿Como se explica iso?
O país acólleche tan ben, enseguida séntesche tan en casa, atopas tantas similitudes con Galicia que era imposible non acabar facendo un disco. é que alí hai unha Galicia cool. Toda a cultura antiga de Galicia está alí. E tiven unha introductora de excepción, Nélida Piñón, que enseguida me conectou coa jet cultural. Porque Brasil é un país enorme, pero as elites son moi pequenas. Eu tiven sorte de empezar por arriba e enseguida puiden coñecer a Caetano Veloso e aos grandes mestres da música, da política... E é que en Brasil sucede unha cousa, alí todo está conectado. Non hai fronteiras nin entre as músicas nin entre as cousas da vida. eles conectan todo.

Como vostede, que foi buscando conexións da música celta por todo o mundo...
Pois eles son igual. De feito, cando empecei a gravar gustábame porlle o disco á xente que ía coñecendo. Aos taxistas, aos músicos que me presentaban. ¿E sabes que pasou? Que eu fora a Brasil soñando con facer unha mestura da música latina e a música celta, con inventar esa mestura e atopeime con que iso xa existía. Facía 500 anos que iso xa viña facendo alí.

¿Co disco pretende traer eses novos ritmos aquí, volver ser embaixador, pero esta vez de Brasil?
E de Galicia e de España en Brasil. Porque alí o que se coñece de España é o típico, touros, flamenco, Real Madrid e Barcelona. Teñen que saber que aquí hai moito máis. ¿Sabes que ese ritmo que agora está tan de moda alí, o axé que fai Carlinhos Brown, é de orixe galega? E é que a mestura estaba predestinada. Meter a gaita coas percusións e os tambores tan típicos de Bahía foi un pelotazo.

Unha mestura en toda regra, porque ata «brasileizaron» a Rosalía de Castro.
é que me trouxen aos brasileiros a tocar música galega. A Alborada de Rosalía, por exemplo, a min sempre me pareceu un poema tan rítmico que pensei que era como un rap. E esperei anos a ver con quen podía facer iso, cal era a mellor situación e os mellores artistas para facelo. E atopeinos en Brasil: en Fernanda Katai, unha moza que fai indie-pop, e en dj CIA, que é o pentacampeón dos djs en Brasil. Él ata lle meteu sons de paxaros porque lle parecía que Rosalía «cantaba aos paxarinhos». E eu a melodía coa gaita. E Rosalía a ritmo de rap a verdade é que vai como un canón. Estou orgulloso.

¿E non lle dá medo que non se chegue a entender tanta innovación? Porque no disco parece que hai moito máis que música.
Por iso estamos gravando tamén un documental de todo o que fixemos, para que a xente coñeza esa Galicia brasileira. O meu soño é que este disco sexa o primeiro de moitas pontes e que moitos artistas se poidan beneficiar disto da mesma forma que sucedeu coa música celta e o meu primeiro disco e ese bum que fixo que todas as discográficas puxésense á procura e captura de gaiteiros. Pois oxalá que con Brasil pase o mesmo e crese ese imaxinario galaico-brasileiro. E que a xente sexa capaz de ver que efectivamente a música brasileira e a galega teñen unhas conexións bestiais. E o mesmo sucede coa lingua. Todo Brasil, sobre todo o interior, está cheo de «fogueiras» de San Xoán, de «orballo», de «noites de luar» e de «peliqueiros» como os nosos do entroido.

Falaba do bum da música celta dos anos 90. ¿Non cre que se desinflou un pouco esa crenza de que o folk galego íase a comer o mundo? Antes había gaiteiros en todas partes e agora...
¡E menos mal! Eu creo que non é boa tampouco a sobreexposición dun xénero porque se pode queimar.

¿Cre que en Galicia non se valora a cultura celta como se merece?
Onte mesmo preguntábame un xornalista se non vexo que os galegos estamos perdendo a esencia, que Galicia xa non é tanta Galicia, que a mundialización lévanos a perder o noso e que aquí se consome o que se consome en todas partes. Pois non. Iso é a aparencia. O fondo, o substrato, segue estando aí. Calquera galego que pola razón que sexa tense que ir traballar a Bruxelas ou a calquera outro lugar, pois de súpeto renace nel unha forza interior incrible. E iso non pasa en ningunha outra parte do mundo. O galego que viaxa fóra descobre de súpeto o seu interior, igual que lle sucede aos que fan o Camiño de Santiago. Por certo, ¿sabes que o Camiño de Santiago é o primeiro destino turístico internacional dos brasileiros? E non saben onde está Galicia.

Daqueles anos 90 en que todo o relacionado coa música celta soaba a novo ¿que recorda?
Pois o meu primeiro disco foi no ano 1996, A irmandade dás estrelas. E desde entón vendemos un millón de discos, algo impensable para un gaiteiro naquela época. Pero do que estou máis contento, o que recordo quizá con máis agarimo é que revolucionamos un xénero xunto aos que nos levaban a dianteira entón, como Irlanda ou The Chieftains... E teño a sensación de que Galicia, o meu país, a min deume a oportunidade de servirme das súas conexións internacionais para que ese xénero dos celtas non sexa só europeo, que sexa universal. Imaxínache o que é iso...

Cando gravou o seu primeiro disco xa era unha estrela internacional. ¿Quen lle animou?
Foi culpa de Paddy, dos Chieftains. Estar con eles e gravar con Sinead OConnor foi clave para asinar coa discográfica. Se non chega a haber América e os Chieftains non houbese Madrid. Pero as cousas funcionan así en todo o mundo. E logo do celta viño o flamenco, o pop, a música clásica con orquestras, as bandas sonoras... E agora é o mundo latino, un mundo no que, afortunadamente, os galegos temos máis dereitos que ninguén en toda Europa.

E despois do mundo latino ¿xa sabe o que virá?
Quen me coñece sabe que sempre teño algo en mente, pero é verdade que o de Brasil deixoume esgotado. Foron dez anos pensando no proxecto, desde que toquei en Sao Paulo, outros tres anos de preparación e un gravando.

Fai larguísimas xiras internacionais e véselle pouco por Galicia. ¿Por que?
Galicia é a miña casa. Sempre lle reservo o mellor de min.

Nalgunha ocasión criticou ese sistema de concertos gratuítos das festas estivais.
Criticar non. Iso ten que ver coa cultura de cada país e niso Galicia é moi parecida ao sur de Italia. é algo herdado da cultura das festas, do espírito irmandiño, de que todo ten que ser gratis. Pero si é verdade que é importante que a xente valore o que hai. En Barcelona, por exemplo, damos concertos nos que a xente paga ata 50 euros por vernos. E é bonito iso, saber que a xente paga por verche e por escoitar o que fas. Interésalle de verdade.

¿Mantén ese ritmo de 150 concertos ao ano?
Si. Os concertos son a miña vitamina. E o gran reto é non converterme, como din os Chieftains, nun «travelling vegetable», que é para eles algo así como un artista que está de xira e perde a noción do tempo. Eu creo, en cambio, que o bonito é ir aprendendo, ir adestrándoche, coñecendo cada sitio e, por suposto, volver. Claro, a Brasil hei de volver.

Con todo o que fixo e aínda ten unha espinita cravada. ¿Chegará ese soño que confesou de gravar con Paco de Lucía?
é posible. Todo andarase.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2009 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Eliminan Onda Curta na TVG?

Despois de rematar con 'Libro Aberto', a nova directiva do PP eliminará o programa de música e curtametraxes galegos da programación, segundo denuncian os socialistas.

O PSdeG advertiu hoxe da "política anticultural" que, ao seu xuízo, pretende poñer en marcha a nova directiva da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), xa que suprimirá o servizo de Cultura do ente público.

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na comisión da CRTVG, José Luis Méndez Romeu, destacou, ademais, que esta decisión coincide co final da emisión dos programas de literatura 'Libro Aberto' e de curtametraxes e música do país 'Onda Curta'.

Segundo Méndez Romeu, estas circunstancias provocan que o resto da programación cultural se atope nunha situación de "preocupante incerteza", polo que adiantou que nos próximos días presentará unha serie de iniciativas.

Así, preguntará aos membros da nova dirección "como teñen previsto" satisfacer o papel de divulgación da cultura galega que como recordou "corresponde a un medio de comunicación público".

Ademais, demandaralles unha resposta a respecto da continuidade de programas culturais "consolidados na grella da TVG" como 'Miraxes', 'Planeta Cinema' ou 'Alalá'.

Libro Aberto

Por último, o deputado socialista lamentou que se vaia suprimir da grella un programa como 'Libro Aberto', que mantivo 127 emisións durante os catro últimos anos e realizou máis de 200 entrevistas a autores galegos.

Neste sentido, resaltou que obtivo o recoñecemento dos editores galegos (que lle outorgaron o premio 'Fernández del Riego') así como da audiencia, xa que "triplicou en número de espectadores aos programas irmáns doutras canles públicas", concluíu.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2009 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Carta aberta
O noso amigo Edu, grande amante do Festival de Ortigueira e do seu espíritu orixinal, remite esta carta aberta á organización do festival de Ortigueira, ás xentes da vila de Ortigueira e a quen lle poida interesar

Co gallo de que xa queda menos dun mes para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e que aínda non se fixo a presentación, ocorreuseme facer unha nova carta aberta para tratar de que a organización entenda que é necesario por, entre outras medidas, o cobro dunha entrada para o acceso á zona de acampada de Morouzos, logrando así dous obxectivos. Un deles, parar a decadencia do festival que está a levalo á súa desaparición. O outro, tratar de conseguir un público menor en cantidade pero maior en calidade, para lograr así que o Festival de Ortigueira sexa realmente o mellor festival de toda a península Ibérica.

A quen máis lle interesa que o festival non desapareza e que gañe calidade? aos mesmos veciños de Ortigueira, así que a eles, principalmente, vai dirixida:

A todos aqueles interesados pero especialmente aos cidadáns de Ortigueira:

Ano tras ano, por estas datas, o meu corazón vai latindo cada vez máis animado segundo vaise achegando o día en que comece o festival de Ortigueira. É para min algo moi especial poder ir aló a disfrutar dos concertos, das vistas, da festa, da vila, das xentes. Son catro días marabillosos nos que logro esquecer ao resto do mundo.

Máis hai algo que, tamén ano tras ano, vai facendo que agrome en min unha dúbida: si deixar de ir ou non ao festival, porque cada ano que pasa, o festival de Ortigueira vaise parecendo menos a aquela pequena idea que fai xa trinta anos levaron adiante os rapaces da Banda de Gaitas de Ortigueira. E así, este festival, pouco a pouco, é cada vez máis un macrobotellón e unha macrofesta das drogas. Non estou en contra nin do un nin do outro, por mais que eu non probe máis droga que o viño, a cervexa, xa saben, cousas desas, ou algún cigarriño con herba aromática de cando en vez. Non estou en contra de todo o que se fai no festival actual porque cada un é libre de facer ca súa capa un saio, pero iso non quere dicir que me pareza ben o que está a acontecer no festival.

Explícome. Eu considero, que a vista do que é o festival nestes últimos anos e do que xa aconteceu fai vinte tantos anos, que o festival está condenado a deixar de facerse.

Actualmente, segundo a organización van ao festival unhas cen mil persoas. Cantas desas persoas van realmente aos concertos? Botando contas e sendo xeneroso, eu diría que a ver os concertos van unhas corenta mil persoas por día de concerto. Polo tanto… onde están as outras sesenta mil? Pois a maior parte da xente que ven o festival queda na zona de acampada de Morouzos e só pisa o pobo si se lles esgotan as provisións ou a bebida. Morouzos, un lugar público e protexido, énchese de tendas e de chiringuitos onde non deixa de soar a música nin de pasar drogas de todo tipo en todas as noites do festival, como se fora unha macrodiscoteca tecno calquera.
Así tan só unha pequena parte dos cen mil van ao pobo a ver os concertos e a facer gasto nos bares, nos supermercados, nas tendas.

Eu explícolles todo isto porque quero propoñerlles dúas posibilidades do que vai acontecer no festival no futuro e vostedes terán que escoller unha.

Nunha delas as cousas seguen como están. A zona de Morouzos segue a ser unha macrodiscoteca, chea de alcohol, drogas e xente que vai ás carpas onde só poñen música dance ou grandes éxitos pop. As tendas están pegadas unhas ás outras e os rapaces desas tendas, para poder comer algo quente ou para poder ver de noite mentres beben, fan fogueiras, con ramas arrincadas das árbores ou incluso árbores novos enteiros. Segue a haber roubos e problemas. O ano que ven, ou o seguinte, ou mesmo este, haberá unha pelexa grande e morrerán un ou dous rapaces. Batalla campal no piñeiral de Morouzos.
A cousa pode non rematar aí. Imaxinen que no medio da pelexa, ou símplemente por culpa dun borracho, prende lume unha tenda e o lume pasa rapidamente dunha tenda a outra sen control e sen bombeiros que paren rápido a emerxencia, e o lume esténdese por todo o bosque… cantas persoas poderían morrer?
Mentras aos concertos só van as mesmas persoas que ían os anos anteriores, ou menos porque xa non soportan o ambiente de Morouzos e non tendo outra alternativa para aloxarse deciden deixar de ir.

A outra opción que lles plantexo e poñer entrada para poder acampar. Doce, quince, vinte euros por persoa máis outros tantos por tenda. Nesta situación seguramente de cen mil persoas tan só irán ao festival a metade, unhas cincuenta mil, pero todas esas serán persoas que queiran ver os concertos, que vaian á vila a pasear, que fagan gasto nos bares, tendas e restaurantes da vila… Deixaran de ir aqueles aos que o festival ben pouco lles importa, os que pasan catro días borrachísimos ou postos ata arriba de pastillas en Morouzos entre música tecno e que non pisan a vila máis que ó baixar do tren.
Por que agora xa non van familias a acampar como antes? simplemente porque o ambente de Morouzos xa non é familiar!!!

Que prefiren entón, que desapareza o festival e así tamén eses cartos que tan ben lle veñen ás xentes da vila, ou facer que o festival dure outros trinta anos máis poñendo unha entrada, para que só vaia xente interesada nos concertos, na vila de Ortigueira e seguir facendo caixa verán tras verán?

Así que, se prefiren a primeira opción, pois adiante, non teñen que facer nada e todo chegará. Se prefiren a segunda opción, está nas súas mans, xentes de Ortigueira, lograr o cambio, porque a min, un pobre rapaz do sur de Galicia, o alcalde de Ortigueira, a organización do festival, non me coñecen e tanto lles ten a miña opinión. Pero vostedes son persoas que poden protestarlle na porta do fermoso concello que teñen, persoas que eles coñecen, que poden presionalos directamente para que este ano o festival cobre entrada para acampar en Morouzos e que chegue a ser o grandioso festival folk galego tal como o é o festival de Lorient na bretaña francesa. Mobilícense, protesten, falen con quen teñan que falar, únanse para que o festival de Ortigueira non desapareza.

Aínda están a tempo de facer que este ano a organización cobre entrada para acampar!!!


Moitas grazas a TODOS!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2009 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Carlos Nuñez
O gaiteiro vigués máis internacional regresou a súa terra cun novo traballo baixo o brazo, ‘Alborada do Brasil’, onde amosa o resultado de tres anos de investigación na procura da galeguidade no país carioca. A paixón pola música e o amor polos seus antergos danse a man nunha experiencia que Núñez califica como ‘unha viaxe sorprendente e estimulante’.

Cun lixeiro retraso, lixeiramente abafado, pero lucindo un grande sorriso, chegou onte Carlos Núñez a súa entrevista no hotel NH. Semellaba regresar dunha longa viaxe, mentres tiraba nunha pequena maleta con rodas. Eufórico, amosouse impaciente por falar do seu último traballo, ‘Alborada do Brasil’, que sairá ao mercado o vindeiro martes.

Por qué ese título, ‘Alborada do Brasil’?
Foron unhas proféticas palabras ditas polo meu avó: ‘A luz dunha nova alborada nacerá no Brasil’, aínda que el referíase ao seu pai, o meu bisavó, un músico que chegou a Brasil en 1904 e desapareceu sen deixar rastro, é moi posible que o matasen por amores ou por temas profesionais, aínda é un misterio por resolver. Foi a excusa para ir a investigar a Brasil. O trasfondo da viaxe foi o significado que para min tiveron esas palabras, o feito de descubrir a Galicia que hai neste país e a música brasileira de orixe galega, froito da mestura de culturas e sons.

Atopou esa música de fusión que procuraba?
Cando decidín embarcarme nalgo así, non sabía o que me ía a atopar, descoñecía que estaba viaxando ao país coa mellor música do mundo, era o sitio idóneo para gravar o meu disco. Nunca imaxinara a potencia do que atopamos.

E do que aconteceu ao seu bisavó, conqueríu dar coa pista?
Apareceron as súas pegadas, agora só fallan as probas policiais e de ADN. Puiden escoitar as súas composicións e averiguei qeu tivo moito éxito coa peza ‘Maxixe de ferro’, unha versión para o carnaval, escrita no mesmo ano en que chegou. Este tema inclúoo no meu disco, gravado con bandas de música locais, que alí son moi apreciadas. Entendín que o meu bisavó, un músico de banda, viaxará ao país das bandas por excelencia. Foi unha viaxe iniciatica na procura do meu bisavó e da galeguidade do Brasil. Foi divertido e espontáneo.


Hai un tema atribuido a Rosalía de Castro, é real ou lenda?
’Alborada de Rosalía’, foi composta pola poetisa. Hai unha faceta musical de Rosalía pouco coñecida. Tocaba a guitarra, a frauta e a harmónica. Inspirouse nunha melodía dun gaiteiro da súa zona. É un poema co ritmo da gaita e o rap do Brasil resoltou o estilo idóneo para o interpretar.

Este disco tamén conta con colaboracións de luxo.
Tocan case cen músicos neste traballo e amosan os diferentes Brasiles que hai: The Chieftains tocan música nordentina, brasileira con influxo celta; Carlinhos Brown representa o protagonismo dos negros de Bahía; a do interior, a grande reserva de Gallaecia, ond perviven as influencias dos portugueses miñotanos, pero tamén está a influencia dos trovadores urbanos que viven en pisos xunto á praia como Caetano Veloso.

‘Este traballo é unha aposta polo futuro que abre un novo mundo para a música’

Cando programa esta aventura musical e familiar?
Hai dez anos que sentín a chamada de Brasil, pero por entón aínda non estaba preparado. Faltábanme moitas experiencias como a investigación africana ou a flamenca. Agora presento o resultado de tres anos de traballo, contactos e investigación musical.

E un disco caro nunha época de crise?
Seino, foi caro e será imposible de recuperar, pero quen me vai sacar o gustazo? É unha aposta de futuro, penso que pode abrir un novo mundo, igual que no seu momento pasou coa música celta. A relación Galicia-Brasil é marabillosa e será un éxito porque inclúe ese compoñente africano, esencial para que unha son triunfe.

Agora inicia unha xira de promoción, cando estará en Vigo?
Comezamos en xullo por Europa. En Galicia, aínda non temos pechada nengunha data, aínda que é moi probable que estea axiña por aquí. Encantaríame traer a Carlinhos Brown ou algún dos negros de Bahía pola especial relación que teñen cos galegos.

E despois, cal é o seguinte chanzo a dar?
Temos que acabar o vídeo da viaxe que fixemos por Brasil. Temos gravadas 100 horas e faltan outras tantas para contar a esencia da miña experiencia familiar e musical.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2009 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira
"Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoria" é o novo título da colección Multimedia de Cumio, no que se recorda a un dos gaiteiros das Rías Baixas que máis pegada deixaron en grupos posteriores e que foi fundador do grupo Brisas do Río Ulla.

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose –ademais– de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.
Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.

Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.

A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.

www.cumio.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco `Sons da Limia´
PRESENTACION DO LIBRO-DISCO: Os sons da Limia, Música tradicional

Como continuación do proxecto iniciado no ano 2005 presentouse hoxe no Museo da Limia o libro-disco: Os sons da Limia, Música tradicional na que baixo a coordinación do Concello de Vilar de Santos e o Museo da Limia colaboraron distintas institucións de ámbito galego.

No acto estiveron presentes máis dun cento de persoas entre as que estaban numerosos músicos referenciados na obra así como familiares e autoridades.

Na primeira parte do acto tiveron lugar intervencións por parte do Alcalde de Vilar de Santos e Presidente do Padroado do Museo da Limia, os investigadores e autores da obra, os editores da obra e o Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo. Posteriormente os músicos convidados agasallaron aos presentes cunha demostración ao vivo do seu bo facer.

O Alcalde de Vilar de Santos fixo referencia a que esta publicación contribúe a poñer en valor a cultura tradicional de moitos veciños e veciñas da Limia que son transmisores do noso patrimonio cultural inmaterial. Esta nova publicación significa un paso máis e unha aposta clara pola recuperación, conservación e potenciación da nosa identidade cultural e o noso patrimonio e as tradicións da comarca da Limia. Tamén resaltou a importancia de recoller a información para crear un corpus escrito e documental.

Pola súa banda, o representante da editorial Difusora de Letras Artes e Ideas fixo especial fincapé ao importante número de traballos derivados dun primeiro catálogo do ano 2005. Por sinalar algúns, catro especiais de “Alalá” (TVG), dous programas de “Lume na Palleira” (Radio Galega) así como o premio “Recuncho da Palleta” do ano 2005 ao Museo da Limia.

Ademais, un dos autores do traballo, Cástor Castro, destacou a dificultade da escolla dos materiais que aparecen na publicación entre os que se achan distintos ritmos musicais, romances ou cantos de cego, polo abundante número de gravacións dispoñibles na actualidade.

O Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, sinalou a importancia da relación entre universidade e sociedade, que se materializa a través de numerosos convenios con empresas e institucións e traballos como o que hoxe se presentou. Tamén fixo referencia á necesidade de dispor de traballos que valoricen a lingua e cultura galega, como a presente obra, pois a lingua é necesaria para a transmisión da cultura e reciprocamente, a cultura necesita dunha lingua viva para a súa transmisión.

Finalmente o Alcalde anunciou a continuidade da aposta do Concello de Vilar de Santos por este tipo de iniciativas relacionadas co fomento e promoción da nosa cultura, o noso patrimonio e a nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro día da gravación en directo de Aló Irmao
Dúas guitarras e un cento de historias

Martes 16 e mércores 17 de xuño no Teatro Principal de Compostela
Ás 21:00
Entrada de balde até completar aforo


Fran Pérez e Manecas Costas misturan cordas e voces en dúas sesións no Teatro Principal de Santiago. Un viaxou a África na procura de novas sonoridades e o outro visitou Galicia colaborando con outros artista. Un cruce de camiños... Un concerto imperdible

O guineano Manecas Costas xa se convertíu caseque nun galego máis de percorrer tantos escenarios e de colaborar con tantos artistas de aquí. Fran Pérez, alias Narf, fixo a viaxe contraria e viaxou durante un tempo a África aprendendo outras musicalidades co espectáculo Bumba, un proxecto xunto o grupo de percusión Timbila.

Quizais nun cruce de camiños a casualidade propiciou unha frase da que brotou unha amizade e un proxecto. "Un día temos que facer unha canción", comprometéronse. Inconformistas, quixeron máis e por iso se reunirán no Teatro Principal os vindeiros martes e mércores para gravar en vivo un disco que levará por título Aló Irmao, un aceno á facilidade para entenderse en tempos nos que as linguas son postas en dúbidas como vehículos de comunicación e demonizadas como ferramentas de illamento.

Os concertos arrincarán no teatro compostelano ás nove do serán ambos os dous días e a entrada será de balde até completar o aforo.

Fran Pérez é unha rara avis no panorama musical galego, unha figura sen medo á heteroxeneidade nunha escena con escasas aportacións innovadoras. A finais dos oitenta deixouse seducir polo rock en varias bandas compostelás, até que desde a compañía teatral Chévere comezou a compoñer bandas sonoras e músicas para as súas montaxes.

A curiosidade agromou e o seu proxecto en solitario, Narf, sorprendeu pola capacidade para misturar ritmos e influencias sen que estas chirriasen.

Paradoxicamente, o seu compañeiro de viaxe foi o seu competidor nunha das edicións dos premios María Casares na categoría de mellor banda sonora.

O músico de Guinea Bissau é habitual de Galicia. Colaborou en Cantos na Maré con Uxía e acompañadou a Carlos Blanco no espectáculo Humor Negrho, convertíndose nun coñecido de gran parte do público galego.

A mediados dos oitenta o seu virtuosismo e a posta en primeira liña mediática das mal chamadas músicas do mundo situouno á vangarda da exportación musical africana. A súa participación no Festival Decouverte de Radio France International convertíuse no seu festival de Monterrey.

O seu último traballo, Paraiso di gumbe, acústico e eléctrico a un tempo, ilustra o vibrante e seductor ritmo da música guineana.

Os galegos contan coa oportunidade de asistir a un evento que podería converterse nun dos fitos do ano musical galego, unha desas datas que non copan titulares nin convocan centos de xornalistas á procura de acreditacións. Trátase dunha cita coa música e coas historias que un queira escoitar.

www.myspace.com/aloirmao


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2009 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Fanny + Alexander presentan 'Alfaias'
Falamos con Noel Feáns, o 50% de Fanny & Alexander xunto con Efi Arias, sobre o terceiro disco do grupo, 'Alfaias', que segue a 'Finais dos 70, comezos dos 80' (2007) e 'Lusco & Fusco' (2006).

O dúo compostelán presenta un novo traballo editado baixo licenza Creative Commons, que podemos obter en formato físico a traves de A Regueifa Discos, ou descargar en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once temas, percorren o poliédrico pop contemporáneo, dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciaren á actitude experimentadora e a vocación de crear pop en galego.

Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración: Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugrís, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alerbte Momán. Contan tamén coas voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva
Como en anteriores ocasións, Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.

O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).

Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.

Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio).
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xeometrías Máxicas de Galicia
Bieito Romero publica un libro coas xeometrías máxicas dos trisqueles ou rosetones e denuncia o seu abandono

Presentación o día 16 de Xuño de 2009 ás 20.30 horas na Aula Socio Cultural Caixa Galicia de A Coruña (Rúa Médico Rodriguez 2-4)

No acto intervirán Xabier Cordal, Miro Casabella, Xosé Mª Bello, Bieito Ledo e o propio autor.


A xeometría de Galicia é unha liña curva feita cos trazos sinuosos dos ríos, coas lomas dos montes, cos arcos que debuxan centos de calas ao longo da costa, cos serpenteantes carreiros e camiños ou cos vellos carballos envolvidos en si mesmos. Hai outras xeometrías máxicas que evocan o redondo discorrer do sol, os círculos dos castros poboados polos celtas ou os ingrávidos trisqueles que se coaron ata na bandeira da illa de Man, con Galicia, unha das sete nacións celtas.

Centos de devanditos obxectos xeométricos protexen hórreos nos Ancares, coroan igrexas na Estrada, collen forma nos infatigables xiros dos tornos dos oleiros de Buño ou colgan, en cordóns de coiro, do pescozo de calquera mozo no festival irmandiño de Moeche; son pezas cuxas imaxes foron recollidas nos últimos anos por Bieito Romero , coñecido sobre todo como o fundador do grupo de música Luar na Lubre, e que aparecen no libro Xeometrías máxicas de Galicia (Ir Indo); a través de máis de 440 imaxes mostra esta enorme riqueza da simboloxía de Galicia.
«A idea inicial era facer tamén toda a área de influencia do norte de Portugal, non que se refire á cultura castrexa, pero era moi complexo xa que só con Galicia foron moitos vos quilómetros percorridos porque, ademais, lestes obxectos son ás veces pequenos e ata poden pasar inadvertidos», explica Bieito Romero .

«Eu non son especialista pero é unha cousa que desde sempre me chamou a atención», sostén; tiña claro cando se expuxo facer esta publicación que entre os seus obxectivos estaba o de «relacionar toda a cultura castrexa, ou celta, cos seus trísceles e cuadrísceles, esa plástica dá época dous castros, esa forma artesanal de facer figuras solares, todo iso relacionalo coa actualidade porque seguen pervivindo en hórreos, igrexas, camposantos, en casas, en moitos sitios».

Sostén que moitos destes símbolos da cultura castrexa «estaban asociados ao culto do sol, a aparición dá vida, pero co tempo foise perdendo esa simboloxía, aínda que a xente seguiu gravando esas formas, malia non saber de onde viñan». Unha proba diso: «Non hai moito tempo nos hórreos dá zona dúas Ancares vin unha destas figuras que se colocaba para protexer ou froito de dentro, segundo me contou un paisano».
Romero apunta que se trata dunha simboloxía solar «que vén desde tempo inmemorial; moitas destas pezas están feitas en Galicia pero tamén pódense atopar noutros lugares de Europa, sobre todo na área atlántica, que é onde se dá a maior confluencia de formas e estética dás mesmas, supoño que polas relacións a través do mar dás culturas célticas».

Na parte teórica deste libro, «na que falo dás relacións destes obxectos, conto como aparecen tamén en Xapón, en India ou na cultura maia. Eu viños en México nos petróglifos de pedra que teñen alí, pero xo cito iso porque analizar esas relacións sería meterse en moitas fonduras. E levaría a moitos libros».

Para os artesáns
Considera que este traballo «é interesante desde ou punto de vista dous entendidos pero igualmente para un artesán, porque ás veces están copiando formas e figuras irlandesas ou dá India porque lles parecen bonitas e porque non saben que nós temos o mesmo, ás veces menos elaborado porque evolucionou menos, pero nas tallas de pedra hai cousas impresionantes».
Outro dos obxectivos deste libro era «amosar a deixadez con todo isto, porque moitas dás pezas están en museos castrexos, pero a maioría están nun estado lamentable, nun abandono moi grande; non hai protección para elas e por iso penso que ou libro é unha chamada de atención a este tipo de cousas».

A Voz de Galicia
Ghastas Pista




Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer