Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá continuará na tempada 2009-2010
O programa Alalá confirma a continuación para a próxima tempada, que será a quinta.

Agradecemos a todo o público o apoio ó programa, que permitirá que sigamos traballando na divulgación da música tradicional e a cultura galegas.
Durante esta 4ª tempada a audiencia media do programa foi un 18,6 % en horarios de máxima audiencia, a mellor media por tempada rexistrada polo programa dende que empezou. Gracias a todos.
Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 30-06-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá coas Dignas del querer

Hoxe, martes, día 30/06/2009

Nunha noite de reencontros con xente e música, "Alalá" achégase a Ponte Caldelas para estar con algunhas coñecidas nosas: as pandereteiras "Dignas do Querer"; elas e eles porque incorporaron algunha figura masculina.


Están encantadas porque acaban de cumprir un pequeno soño: gravar un disco! Que foi algo que non esquecerán nunca. Non paran, alá onde as chaman van, tanto é así que chegaron ata Bruxelas; como elas din, "o que non fixemos de novas estámolo a facer agora".

Aproveitando que "Alalá" está nesta zona de Ponte Caldelas falará tamén da emigración que aquí foi preferentemente cara ao Brasil. Estes galegos que marcharon levaron a música e os oficios con eles, un dos máis importantes era o da cantería. Falarán cun canteiro, amigo das mozas do grupo e recuperará o "verbo" deste gremio, a xerga que empregaban e que só eles entendían. Que mágoa que hoxe xa non se saiba!


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 30-06-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso da Escola de Música Tradicional de Lugo
O día 30 de Xuño a partir das 20 h, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as actividades que porán peche ao curso 08/09 da Escola de Música Tradicional de Lugo


O vindeiro día 30 de Xuño a partir das 20 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 22 h. realizarase unha cea-festa á que asistirá o alumnado, docentes e convidados.

A TRADESCOLA contou durante este curso con 150 alumnos matriculados, unha cifra importante tendo en conta que este é o primeiro ano de funcionamento do proxecto. O equipo docente estivo formado por 9 mestres de recoñecido prestixio no eido da música tradicional, que impartiron as aulas das distintas especialidades. Son Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa ?Caruncho?, Marisa Da Pereira, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Uxia Cribeiro, Xela Conde, Xose Lois Romero Cajigal.

Cabe mencionar que para o vindeiro curso 2009-2010 xa hai unha reserva de prazas para a Tradescola á que se apuntaron preto de 200 alumnos e alumnas.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Resumo da Segunda Asembleia
Resumo da Segunda Asembleia do 27 de Junho em Compostela.
(Gentalha do Pichel 27-06-09)


Acordamos na 2ª Asembleia Aberta da música galega, celebrada no centro social da Gentalha do Pichel em Compostela:

1- Reafirmar-nos no MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.
Contra a censura e a marxinación da música galega, que está actualmente en www.komunikando.net. Informa Cholo que actualmente temos sobre 4000 apoios ao manifesto recollidos na sua páxina, e que se non está actualizada é simplesmente por falta de tempo para xestionar esa cantidade de información.

2- Solicitará-se a recollida de todo tipo de apoios a ese manifesto, tal e como se acordou na 1ª asembleia, e para a que se criaron os respectivos grupos de traballo. O traballo de recollida en papel debe de escomenzar a principios do verán xa para repartir os grupos nos festivais. Esta semana farei un deseño do papel de recollida de sintauras para que cada un imprima, fotocópie, reparta e recolla os papeis cos apoios

3- Criar unha imaxe de ?marca? que serva pra identificar á Asembleia en actos públicos, ben no cabezallo das follas a asinar, ben en faixas que se poidan colocar nos concertos, etc... para que a sociedade tea unha referéncia visual das nosas reivindicacións.

4- Asistir a xuntanza de Músicos ao Vivo que se vai celebrar o 5 de xullo no Auditório de Galiza en Compostela as 17:00 horas. Á Asembleia acudiu Xacobe en nome desta asociación para informa-nos disto. Chéga-se ao conclusión por parte de vários membros da Asembleia que a atomización do noso sector é totalmente negativa. Traballar, logo, xuntos para acadar o mesmo obxectivo é fundamental, de aí que cantos mais acudamos a esa xuntanza, mellor, xa que ter várias orgaizacións paralelas funcionando é duplicar os esforzos e dividir á metade os posíveis resultados.

5- O mesmo dia 5 de xullo, aproveitando a presenza da xente en Compostela, acordamos convocar unha xuntanza (aberta) da comisión de Rádio as 20:00 no local da Gentalha do Pichel. Dados os evidentes problemas que ten a xente para acudir regularmente ás xuntanzas, criar unha ferramenta na rede, onde poder coordinar-nos, é vital. A importáncia dunha rádio na rede, ademais de ser ferramenta orgaizativa, tamén será un referente permanente, que quede para o servizo da música galega, facéndo-nos así independentes de coxunturas políticas. A rádio, pois, será tamén de contidos abertos e relacionados, obviamente, coa música galega.

Resumindo, para o próximo domingo dia 5 de xullo, traede ideas para argallar o logotipo e un nome para a rádio.

Dar as grazas publicamente á xente de www.komunikando.net, e animar-vos a seguir empregando o foro desta páxina para poder seguir coordinando-nos.

Em Compostela, 27 de junho de 2009
http://komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2009 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Asociación Galega de Músicos ao Vivo

O Domingo 5 de xullo, está convocada unha asamblea da Asociación Galega de Músicos ao Vivo que se vai celebrar no Auditório de Galiza en Compostela as 17:00 horas., e o mesmo dia 5 de xullo, aproveitando a presenza da xente en Compostela, acordamos convocar unha xuntanza (aberta) da comisión de Rádio as 20:00 no local da Gentalha do Pichel.

A Asociación Galega de Músicos ao Vivo nace co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos que a levan a cabo.

Músicos ao vivo non é:

- Non é para escolas de música, para bares, programadores, etc..
- Non é unha axencia de management para os asociados, un medio de facturar os bolos.
- Non é unha forma de sacar tallada.
- Non é unha asociación só para músicos profesionais.
- Non é unha asociación só para músicos afeccionados.
- Non é unha asociación exclusiva dun só estilo ou ámbito musical.
- Non é para montar festivais de música onde toquen os grupos dos asociados.
- Non é un medio para que os políticos se colguen medallas á nosa costa.

Músicos ao vivo é:

- É única e exclusivamente para músicos que tocan en directo.
- É un lugar de encontro, de intercambio de información.
- É unha forma de unir forzas.
- É un xeito de facernos escoitar como colectivo.
- É unha asociación para músicos profesionais e afeccionados.
- É unha asociación de músicos para os músicos

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2009 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto: Non sen o noso nome!
Os Chichisos, con enderezo en Rúa Riestra 6, 36001 Pontevedra, con CIF G36555191, e inscritos no Rexistro de asociacións da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co número2007/010692-1.

Como cada ano cando chega o verán, a nosa terra énchese de festas e romarías, e con elas o son das gaitas volve soar por camiños, corredoiras, adros, prazas e rueiros. Non hai acto festivo que se digne de selo que non conte co seu respectivo grupo de gaiteiros. E como cado ano, volveremos presenciar exemplos de tratos indignos, de menosprezos e de fallas de respecto cara a aqueles que son depositarios e transmisores da nosa música máis tradicional e auténtica, contra aqueles valedores da música da alma do pobo galego. Por iso, como cada ano, cómpre lembra-lo chamamento pola dignidade dos gaiteiros que o grupo de música tradicional Os Chichisos fixo no seu día. Así que velaí vai ese chamamento gaiteiro: que rule, que se difunda, que sirva para algo e lembrade Non sen o noso nome!!


Os Chichisos FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE DOS GAITEIROS E DOS MÚSICOS TRADICIONAIS:


¡ NON SEN O NOSO NOME !


Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma.
Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen.

Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros.

Rematemos co anonimato no país das gaitas. Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparece-lo dos gaiteiros; e se non, non tocamos.

Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como ?actuará un grupo de gaitas?, ?haberá animación musical?, ?tocarán uns gaiteiros? ou ?haberá música de gaitas?. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome.

Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON.

NON sen o respecto que merece todo músico tradicional.

NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música.

NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra.

NON tocaremos se non figuramos no cartel. Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo:

¡ NON SEN O NOSO NOME !


chichisos@yahoo.es / tlno 687412072
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 29 (Luns)

Terza feira 30 (Martes)
? Kogito en Vigo
? Pepa & Davide + Madame Cell no pub Ultramarinos (Compostela)

Corta feira 1 (Mércores)

Quinta feira 2 (Xoves)
? O Sonoro Maxín no Lola de Ribadavia

Sexta feira 3 (Venres)
? Nicra Rock: Banda Potemkin, Os Trasnos de Moscoso, Marmota Phil, Kaña D?herbas en Negreira
? Revoltosa Rock (Montaos-Ordes): Ataque Escampe, Dixebra, Kastomä, Los Kebraos e Electróxeno.
? Rapa das Bestas de Sabucedo: Som do Galpóm, Os Tres Trebóns e Os Chiquilicuatres
? XII Músicas na noite (Teo): Medomedá, RuxeRuxe e Galegoz
? O leo i Arremecaghoná no Aturuxo de Boiro
? O Sonoro Maxín na Saña Clan de Xinzo de Limia

Sábado 4
? O Sonoro Maxín en Seixalbo
? Ardentía no Grove ás 19:00
? Ardentía en Pontesampaio ás 22:30
? Labazada no Pub O Foso de Santa Comba
? Sem Resposta no C.S. Revira (Pontevedra)
? Cristina Pato en Fene, Barallobre
? Suso Vaamonde e Pedro Lamas en Xinzo de Limia
? Snatch no Excalibur (Chantada)
? XII Músicas na noite (Teo): Leilía Band, Alvariza e Fía na Roca
? Ruote nas Festas de Boiro
? Mostra das Culturas (Boiro): Projecto Trepia, Cartell 70, Taru e Os Paxaros Coiro, CHamalle Xis,...
? Asalto ao Castelo (Vimianzo): Duplo Son, Ophiusa, The Turre´s Band
? Festival do río Castro (Narahío): Pesdelán, Os Tres Trebóns e Ultraqáns
? Festa Rachada da Baña: A requinta da Laxeira, Armadanzas, Os Campantes
? Gala Queiroa "O noso ritmo"ás 21:00 no auditorio da Casa da cultura Pintor Lloréns de Sada
? IV Romaría da Conrobla na área recreativa da piscina municipal de Boimorto.
? Serán no "Muiño da Regueira" na Balsa (Matamá-Vigo)
? I Serán de Rande, debeixo da Ponte de Rande
? Festa fin de curso A.V.C. Casco vello de Vigo na Praza do Berbés

Domingo 5
? Ruada da Rapa (sabucedo-A Estrada)
? Ataque Escampe no Aturuxo de Boiro
? Os Chiquilicuatres en Caldas de Reis
? Pesdelán nas Festas de Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
"FOLIADA" NO SALASON

Venres 26 de xuño ás 23:30 h
Entrada de balde


Unha vez remate o concerto da charanga de Lembranzas
seguiremos a festa coa Foliada.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-06-2009 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 26 (Venres)
? Fin de curso na e-trad (Vigo) ás 18:00
? Festival Made in Galiza (A Coruña): Banda Potemkin, Dandy Fever, Nao, O Sonoro Maxín, Som do Galpóm,... CENSURADO
? Esquios, John Deeres, Kambotes nas Festas da Estrada
? Chotokoeu e Os Friscollosno Pub Buny de Quiroga (Ourense)
? Lamatumbá e Turre´s Band en Seixalbo (Ourense)
? Festas do Barrio de San Pedro (Compostela): Cuchufellos, Galegoz e Fracasados de antemano
? Foliada no salason (Cangas do Morrazo)
? Noites de Tasca en Ordes

Sábado 27
? Festival Made in Galiza (A Coruña): Skarnio, Skacha, Galegoz, Taru e Os Paxaros Coiro, ... CENSURADO
? A Tuna Rastafari, Som do Galpóm e Leite de Nai en Ourense na Praza da Estreal ás 22:00
? Balakandra en Malpica
? Noise Project na Festa da Xuventude de Valga
? The Turre´s Band en Ponteceso
? Folk ein Rio (A Santaia-Touro): O Rancho da escola de Río Tinto, A Esmorga de Beseño, Acasdú, Reviravolta, A Requinta de Xián
? Feira de 1906 en Sarria: Susana Seivane, Leilía, Tirulque e Tanto Nos Ten (TNT)
? Serán do Fiadeiro (Vigo)

Domingo 28
? Fred Morrison en Ribadeo
? Festa do Bosque en Carballo: Tonhito de Poi e Rasa Loba
? Narf na Casa das Crechas (Compostela)
? Tanto Nos Ten en Sanxenxo
? Mutenrohi e Cristina Pato na Praza Maior de Ourense
? Banda Municipal da Coruña e Susana Seivane no Parque Europa (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 27 de xuño
-Ruada en Cerdedo ADIADO
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 4 de xullo
-Serán no casino de Xesta - A Lama ADIADO
-Serán no "Muiño da Regueira" na Balsa (Matamá-Vigo)
-I Serán de Rande, debeixo da Ponte de Rande

Sábado 11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Foliada en Cela (Bueu) no Adro da Igrexa

Mércores 5 de agosto
-III Foliada do Grupo de Bailes Populares ?IAR? na Praza de Pablo Iglesias da Coruña

5 de setembro
-III serán no parque do tamuxe en Pías- O Rosal
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-06-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 1 de maio
Vai de baile do 1 de maio de 2009

Os Metezocas (Carballo) vs Os Rondeiros dos Castros

Concurso


Xurado
Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 26-06-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 8 de maio
Vai de baile do 8 de maio de 2009

Os Metezocas (Carballo) vs Os Rondeiros dos Castros

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 26-06-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de O Fiadeiro (Vigo)
Estimados amigos:

Comprácenos comunicarvos que o 27 de Xuño celebraremos un ano máis o noso serán fin de curso, evento no que cada ano poñemos máis ilusión en vista da aceptación acadada entre o público, e que este ano chega á súa décima edición.

A festa fin de curso, e o serán, que celebramos o ano pasado foi un éxito gracias a vosa colaboración. Gustaríamos contar de novo coa vosa presencia, tanto no escenario coma na pista, botando outras tantas repichocas. ¡Así que dádevos por convidados!

Un agarimoso e folclórico saúdo.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-06-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
I aniversario Noites de Tasca
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-06-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de 1908 en Sarria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Susana Seivane na Coruña
A Banda Municipal e Susana Seivane pechan o primeiro ano de andaina do ciclo Forumfolk cun concerto extraordinario no Parque Europa

O domingo 28 de xuño ás 20 horas terá lugar o concerto extraordinario e gratuito da Banda Municipal con Susana Seivane no Parque Europa onde interpretarán un repertorio de música galega para banda e gaita.

É o broche de ouro a un ano de concertos no Forum adicados a música tradicional e ao folk, unha iniciativa da concellaría de cultura que contou non só co apoio dos músicos do país e coas asociacións de música tradicional da cidade, senón que estáse a consolidar como unha proposta novedosa no ámbito galego, convirtindo o Forum nun dos poucos espazos cunha oferta de música galega estable ao longo do ano e referente deste tipo de concerto. A colaboración de Susana Seivane coa Banda Municipal está sendo moi proveitosa e ambas partes coinciden en destacar a fermosura do repertorio e o ben que encaixa a gaita coa banda.

O programa do concerto do domingo é:

(*)Non Chores Sabeliña (Escolma) ...................................... G. Freire
(**)Noites de lúa na praia ..........................E. Campos/ X.. L. Represas
(**)Fantasía Popular ..................................E. Campos/ X.. L. Represas
1. Balada
2. Danza do millo novo
(*)Danza Galega no. 1 ...................................................... R. Dorado
(*)La Leyenda del Beso (Intermedio)............................. Soutullo/ Vert
(**)Rumba para Susi................................... E. Campos/ X.. L. Represas
(**)Alborada Galega....................................... P. Veiga/ X.. L. Represas
(**)Cascarexa (Muiñeira)............................ E. Campos/ X.. L. Represas

(*) Banda
(**) Banda e Susana Seivane


Neste primero ano de Forumfolk actuaron no Forum os grupos Lizgairo, Lulavai, Sobre Rodas, Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xabier Díaz, Grupo de zanfonas de Cántigas da Terra, Arrás, Grupo de Pandereteiras de Donaire e Ophiusa. Ademáis fixéronse dous concertos participativos: Cantos de Reis e a Foliada de Antroido coa participación das asociacións de música tradicional da cidade e o público en xeral. O balance de ciclo é moi bo, polo que o ciclo formará parte da programación regular do Forum Metropolitano.

O ciclo Forumfolk continuará en setembro cunha nova proposta de concertos de música tradicional e folk, estreas de proxectos, presentacións de discos e rematará cun concerto participativo no auditorio do Forum adicado aos cantos de reis, que como o ano pasado, contará coa participación das asociacións de música tradicional da cidade.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2009 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festas do Barrio de San Pedro (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festa en Santaia (Touro)
Foliada organizada pola Aociación Cultural As Sobeiras do Ulla que se vai facer na area recreativa A Santaia, no concello
de Touro (a uns 20 km de Compostela).:

sábado 27 de xuño

14.00 Concerto da Banda Municipal Isabel II de Touro
14.30 Xantar campestre (polbo e churrasco)
Contaremos cunha exposición de artesanía, na que se demostrará como se fan traballos de alfareiría, coiro, instrumentos musicais, etc.
Haberá xogos populares e tradicionais (chave, zancos, trompo, billarda, etc. ) e competición de carreiras de sacos e de zancos

18.30 FOLK IN RIO
- O Rancho da escola de Río Tinto (Oporto-Portugal)
- A Esmorga de Beseño (Touro)
- ACASDÚ (Touro)
- Reviravolta (Lardeiros-O Pino)
- A Requinta de Xián (Lestedo-Boqueixón)


21.30 Sardiñada gratis para todos os asistentes
Organiza Asociación Cultural ?As sobreiras do Ulla?

Situación en googlemaps:
http://maps.google.es/maps
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso na e--trad (Vigo)
Xa non queda nada para a celebración do primeiro festival de fin de curso da e-Trad.
Será o venres 26 das 18 ás 21 horas no patio da escola.


Os eventos sucederánse como segue:

- De 18 a 19h escoitaremos @s alumn@s das diferentes especialidades instrumentais. A mostra rematará coa actuación do conxunto instrumental de 2º curso.

-De 19 a 21h o palco estará aberto a todos os músicos que desexen subirse e facer danzar aos que queden do outro lado. Neste tempo será ofrecida unha merendiña para a cal se agradecerán todas as achegas.

Se tedes ganas de escoitar, tocar ou bailar e botar unhas risas, quedades citad@s no patio da escola. Agardámosvos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
II Campionato de Futbolín (Ourense)
Sábado 27 de xuño:
Concerto de peche do Campionato ás 22:00 na Praza da Estrela de Ourense:

- Son do Galpom,
- La tuna Rastafari,
- Leite de Nai
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festival V de Valarés (Ponteceso)

www.convdevalares.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-06-2009 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Convocada a 2ª Asemblea
A música galega segue a resistir...

Houbo um cambio de plans de última hora, e mudou o lugar de encontro acordado na anterior asamblea, a data segue a ser o Sábado 27 de Xunho e a hora também é a mesma, às 12:30hs.
O que cambiou foi o lugar, que agora é na Gentalha do Pichel, Compostela.


Na asemblea, falarase das posibles reivindicazons e a forma que terán, e de como vam as propostas feitas na anterior asemblea, etc.

Quant@s mais melhor!!!!

Podes seguir as actas no ForoKomunika .

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2009 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Presentacións do Berce das Palletas
Hoxe xoves 25 de xuño, ás 19:00 horas, preséntase no Auditorio da e-Trad en Vigo, a publicación O BERCE DAS PALLETAS: Método de construción de palletas e pallóns.

Construíndolle a alma á gaita: 'O Berce das Palletas'. A Asociación de Gaiteiros Galegos edita un manual sobre a construción de palletas e pallóns, baseado nos coñecementos de famosos artesáns.

A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) presentou este luns no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o libro O Berce das Palletas, do prolífico artística e profesional Xoán Ramón Marín e que edita o propio colectivo.

Marín, membro da Xunta Directiva da AGG, formou parte dos grupos Xaramugo e Pallamallada, e é autor dos estudos etnográficos Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa e As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro. Tamén salienta a súa faceta como colaborador e debuxante no Museo do Pobo Galego.

O Berce das Palletas, segundo el mesmo explicou, é un manual sobre a construción de palletas e pallóns para gaita galega, que escribiu e ilustrou baseándose principalmente nos coñecementos adquiridos a través do xa finado palleteiro Herme e doutros famosos artesáns e publicacións sobre a materia.

A presentación do traballo ao público, xa á venda nas librarías, está prevista para esta quinta feira ás 19.00 horas no Auditorio da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), e para o venres ás 20.30 horas no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. O autor falará do traballo e contestará ás preguntas dos asistentes.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto Presentación CD Vozes Novas na sala Nasa
O joves 25 de Junho de 2009, na Sala Nasa de Compostela, preséntase às 21:30hs o CD editado polo NOVAS DA GALIZA e no que colabora Komunikando, elaborando um CD de temas inéditos de umhas 15 bandas galegas como: Ataque Escampe, GalegoZ, O Leo, Sacha na Horta, Festicultores, O Sonoro Maxín, Dios Ke Te Crew, A Compañia do Ruído, Xurxo Souto, NAO, Skárnio ou Novedades Carminha. (A participaçom com temas inéditos ou versions sem publicar está garantida na maioria dos casos).

As entradas para o concerto, serám de 8? anticipada (O Pichel, A Reixa, Gong e web da Nasa) e 10? taquilha.

No concerto estarám, Sacha na Horta, Ataque Escampe e Arremecághona's Produçións, com a intervençom de O Leo de Matamá e En-Riquinho.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-06-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
O xoves 25 de xuño celebrarase a presentación pública do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade en Santiago de Compostela.

O APOI xorde como consecuencia da evolución do programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007. Un arquivo destas características, público e accesible e que dá conta da autoría das achegas que se incorporan, pasará desde o Museo a ser un arquivo do pobo galego que teña a ben participar nel. Neste momento xa está accesible un avance do traballo realizado na páxina web que ha ser o aloxamento do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade.

Na reunión, que se celebrará no Museo do Pobo Galego o xoves 25 de xuño ás 18:00h, as persoas responsables do desenvolvemento do proxecto, desde os compiladores que fixeron as primeiras contribucións, Mini Rivas e Mero Iglesias, ata os informáticos de AmaroukStudio, xunto aos técnicos de Sons da Vila que se ocupan da dixitalización e Sergio de la Ossa, responsable das transcricións, estarán a disposición dos asistentes para responder a todas as cuestións que poidan resultar de interese.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2009 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc Festas de Ourense


www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Noite Meiga no Casco vello de Vigo
Martes 23 de xuño na Praza do Berbés

Ás 22:30 Pasarúas polo Casco vello das Bruxas e Cabróns con fachos e música.
Ás 23:45 Representación do Akelarre.
Ás 24:00 Queima da Fogueira. Música, Sangría e Baño purificador.


E Música Tradicional cos Meigallos de Lavadores
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas de San Xoan en Pontevedra
SAN XOÁN: HERBAS e RITUAIS

Día martes 23 de xuño do 2009.
Lugar As Grades - Ponte da Condesa - Río Tomeza ? Pontevedra


? 18:00 h Paseo para a identificación das herbas de San Xoán, a cargo de Amancio Castro, Profesor de Ciencias Naturales e Educación Ambiental.

? 20:00 h Elementos e prácticas relacionadas co San Xoán unha ringleira de tradición a cargo de Ana Acuña, Filóloga e profesora da Universidade de Vigo

mais información no teléfono: 676 842 942

Organiza: Vai polo río


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Xaime Estévez no Alalá

Hoxe, martes, día 23/06/2009

Eran os anos 70 da música galega cando o protagonista desta noite do programa "Alalá", Xaime Estévez, iniciouse nela e dende os primeiros anos a súa carreira como músico, docente e investigador foi meteórica: con só 18 anos foi o segundo mestre de gaita de conservatorio da historia de Galicia. Máis tarde nos 90 fundou o seu propio conservatorio en Vigo, publicou numerosos estudos e en 2006 doutorouse con esta tese: "As gravacións da música galega dende 1975 ata 2000".


As cifras do traballo deste músico tradúcense en case 500 e 10.000 temas, unha recompilación grazas á cal podemos coñecer as tendencias da música galega durante eses anos: Os discos de fins dos setenta de "Fuxan os Ventos" ou "Milladoiro"; o pop galego tamén nos 70 do grupo "Los Tamara"; grandes éxitos como o de Andrés do Barro; solistas moi comerciais e coñecidos como Juan Pardo ou Ana Kiro; a movida dos 80 cos "Resentidos" de Antón Reixa e o famoso "Galicia Caníbal" ou o rock bravú dos 90 dos "Diplomáticos de Montealto", etc. Nas case tres mil horas de traballo que Xaime empregou na tese hai de todo, unha clasificación de material gravado coa finalidade de facer valer un dos máis grandes patrimonios culturais: a música.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 23-06-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Efectos na cultura do cambio na xunta
Pero tampouco lles gusta a música?
A Radio Galega pecha o único programa de grupos propios que se podía oír na comunidade: 'Aberto por reformas'

O multirradiado e comercial Bruce Springsteen borrou da grella da Radio Galega a Som do Galpom, Machina, Kogito e todos aqueles grupos que están a protagonizar a eclosión de música emerxente que vive o país. O músico norteamericano foi a bandeira que ondeou simbolicamente o pasado 2 de xuño para deixar ben ás claras o cambio de rumbo de Aberto por Reformas.


A mensaxe foi contundente e directa: música comercial de fóra para os novos tempos. Xusto López Carril, o novo locutor do espazo, encargouse de presentalo como un ?programa musical de transición? argallado ao redor dunha ?aproximación subxectiva á música? que ?probabelmente vostedes non compartan?.

A filosofía que a nova directiva da Radio Galega lle imprimiu a un programa tan emblemático e de referencia para a música feita en Galiza como Aberto por reformas fixo saltar todas as alarmas dentro do sector da música e avivou a incerteza que o eido da cultura atravesa dende o cambio de goberno. Músicos, discográficas, salas, revistas especializadas, asociacións profesionais, tendas de disco e centros sociais xa se sumaron ao Manifesto básico pola defensa da RTVG elaborado tras coñecerse a decisión do ente público ?contra a censura e a marxinación da música galega?. Está aloxado na páxina web komunikando.net dende o pasado luns e en dúas semanas superou as 2.000 sinaturas.


É unha das iniciativas coas que o sector está a manifestar a súa preocupación pola decisión de desposuír de identidade o programa, unha medida ?política? que temen sexa só a punta do iceberg dunha liña de actuación encamiñada a arredar o galego e a música feita en Galiza dos espazos públicos, tanto na CRTVG como das programacións que dependen directamente da Xunta.

Noel Feáns, responsábel do netable A regueifa, un dos principais catalizadores da música emerxente na rede nestes momentos, cualifica de ?ilegal? a nova liña iniciada na radio pública, por ir ?en contra da propia lei de CRTVG?, que no seu artigo 16 recolle que a programación debe estar orientada á promoción da cultura e da lingua galega.

?Agora mesmo a radio está orfa de propostas?, sinala. ?Topámonos ante un PP revolucionario no que á orde legal se refire. As leis que non lles gustan pretenden cambialas e as que non poden mudar, porque necesitan de consenso ou son demasiado complexas, simplemente as incumpren?. Feáns cualifica de ?perverso? que se manteña a sintonía e o nome do programa e enmarca a medida dentro da ?amabilidade deste novo feixismo?, que ?quere dar a imaxe de continuidade pero que cambia radicalmente a esencia?.

O programa dirixido por Xurxo Souto abriu hai tres anos, e por vez primeira na radio pública, unha fiestra diaria, de luns a venres, á música emerxente do país con independencia do xénero. Durante este tempo, polos micrófonos do programa pasaron centos de bandas noveis para presentar discos e proxectos, e se lle concedeu protagonismo tamén a discográficas, asociacións profesionais, salas ao vivo, estudios de gravación e outros axentes que estaban a marcar a actualidade da escena emerxente.

Músicos e asociacións profesionais coinciden en destacar que o problema de fondo non radica na destitución de Xurxo Souto nin na supresión dun programa concreto da grella, por ter a dirección da radio competencias para artellar a súa propia programación, senón a redución de horas dedicadas á música galega.

Para Gonzalo Grela, músico de Machina esta ?decisión política? non só lle vai afectar aos intérpretes, ?tamén vai ter consecuencias nas organizacións profesionais e nas salas?. ?É unha mágoa,? comenta ?algúns debían de pensar que o programa era unha canteira de nacionalistas galegos abertzales, cando, o que realmente conseguiu foi achegar a radio ao público e dar a coñecer moitas bandas?.

En opinión de Noel Feáns, pola contra, ?para a música galega vai ser un mudanza pequena porque nos últimos anos colleu unha forza e unha vida propia que non necesitan de ningunha plataforma para sobrevivir?. ?Unha cousa é que nos quiten un medio de expresión máis e outra que consigan acabar cos grupos. Hoxe en día temos internet, que a fin de contas é a vía principal de difusión?.

Os músicos reúnense na Asemblea Aberta

Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse ?contra a censura e a marxinación da música galega?.

A súa principal reivindicación é conseguir que ?a sociedade teña un espazo na radio pública no que escoitar a música que se fai no país?. No seu primeiro encontro, a Asemblea Aberta acordou traballar nun plan de accións reivindicativo, no que se está a barallar a recollida de firmas para poñer en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular e abrir novas vías de expresión a través da internet.

Pola súa banda, os interlocutores da Radio Galega comunicáronlle a A Nosa Terra que tanto o futuro de Aberto por reformas como a programación en xeral ?está en estudo? e que a nova dirección ?non ten unha decisión tomada? ao respecto da política que se vai seguir no referido á música galega.

Crear público, materia pendente en Galiza

Unha das grandes materias pendentes da música en galego, segundo apunta Brais de Esteban, membro de Som do Galpom, é facer público. Existen dúas formas neste sentido: ?tocar ao vivo e ter espazo na radio pública?. Neste último senso, o papel de Aberto por reformas, ao seu ver, foi ?clave?.

?As estadísticas demostran que en Galiza hai máis grupos que no resto das comunidades, por diante mesmo de Cataluña?, comenta Brais de Esteban. No terreo da escena emerxente, só en Nsaio, o programa, agora tamén en suspenso, promovido pola anterior Consellaría de Benestar a través de Xuventude que tiña entre as súas principais finalidades habilitar locais de ensaio, están adscritos máis de 360 grupos noveis. ?Debemos ser ambiciosos e pensar en exportar porque a música aquí cumpre condicións para ser primeira industria?.

Dende o colectivo hip hop Dios ke te crew cualifican o papel do programa como ?unha dose de autoestima, de coñecemento, de dinamización, de difusión e tamén de liberdade sen censuras?. Como radio pública que é ?a Radio Galega non debe excluír a diversidade cultural deste país na programación diaria?.

A Asociación Galega de Fonografistas, AGAFONO, a través de Fasero, responsábel de Zouma Records, mostrou tamén a súa preocupación por que ?se lle quiten espazos a música galega, que sempre tivo moi pouco protagonismo, incluso na última lexislatura? pero mantense á espera de reunirse coa xunta directiva da Radio Galega para poder tomar medidas nun sentido ou noutro.l

Máis de 2.000 sinaturas en quince días
A reacción ao cambio de rumbo de Aberto por reformas non se fixo agardar entre os músicos. Uns días despois de que Xusto López Carril encetase unha nova xeira do programa colgouse en internet (en komunikando.net), un manifesto redactado polos propios músicos baixo o lema ?contra a censura e a marxinación da música galega?.

Apelando ao cumprimento do artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG, e diante da eliminación do que consideran ?un programa plural, aberto á cidadanía?, ?cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua?, referente ademais de ?modernidade? e ?motor de normalidade lingüística cotiá? o manifesto entende que esta medida ?supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galicia están a realizar contra a lingua e a cultura?.

Denuncia ademais esta ?agresión contra un dos vehículos de comunicación do movemento de Rexurdimento Musical que as novas xeracións estamos a protagonizar? e esixe que se ?restabeleza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral?.

Como explica Bocixa, un dos asinantes do manifesto, ?nestes catro anos conseguise o logro de que a música galega se tivese en conta, algo que nunca antes pasara?. Na actual programación ?aínda restan algúns pequenos espazos nos que se lle dá cabida a música galega, entre eles os presentados por Belén Regueira e Vituco (Ruxe Ruxe), pero non nos conformamos con iso. Non queremos perder esa hora diaria de música galega?.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Emilio José
ENTREVISTA: EMILIO JOSÉ Autor de 'Chorando apréndese'
"Na discográfica dixeron '¿en gallego?, ¿qué es, un disco folk?"


En Emilio José confluían os vórtices de Apeiron, a gran promesa do indie peninsular en 2002. O único disco que rexistraron, Todo sigue intacto, valeulles parabéns de crítica e público. Antes do prometido retorno da banda, Emilio José aparece con Chorando apréndese, dobre elepé de sinfonismo lo-fi e dadaísmo de combate, cantado en galego e editado por Foehn. Un manifesto en defensa da "causa ourensanista" onde entran Ismael Rego, Prokofiev e os Love de Forever Changes: "Música de aldea".

Pregunta. Autodefina Chorando apréndese.
Resposta. É coller o que me gusta da música antiga, Beach Boys, Lesley Gore, e facer cancións sen complicarme a vida. Logo doulles as voltas: ninguén pode xa soportar un retrouso repetido moitas veces.

P. E unha etiqueta?
R. Rock&roll en sentido amplo.

P. Que cara puxeron na discográfica barcelonesa cando entregou a gravación?
R. 'Pero cómo, ¿en gallego?, ¿qué es, un disco de folk?'. Mesmo me insinuaron que fixese unha versión en castelán. Iso e o da política non o tomaron moi ben, porque en Foehn son de esquerdas, claro, pero apolíticos... Ao final, aceptárono.

P. Canto hai de ironía nesa política do disco?
R. Fago música dende unha aldea de Ourense e alí os catro anos do bipartito non se notaron. E desenvolvín a teoría da independencia ourensá, na que xa acreditaba antes. Eu asinaría agora por Baltar nunha caste de Principado de Mónaco [ri]...

P. Fala de marxinación.
R. Si, tamén na música. Se Ataque Escampe fosen de Barcelona... Ou se Joe Crepúsculo fose de Salvaterra, quedábase aí toda a vida.

P. O segundo cedé céntrase no íntimo.
R. Esas cancións, que non son da causa ourensanista, non ían entrar. Empeñáronse os da discográfica. As letras son esa cousa blandengue [sorrí] que non abunda en galego, non tiña referencias... Pero sempre escribo cancións de amor.

P. Que vantaxes ten a autoprodución?
R. Facer o que queiras, mesmo no deseño, que é unha homenaxe aos cedés de música clásica dos 90. E cos medios actuais podes facer un son espectacular na casa. Mérito foi o de Phil Spector ou de Marvin Gaye, non hai máis que copialos. Eu quixen desvestirme do pouco que sei e soar como quero.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Preinscrición na E-Trad de Vigo

CONVOCADA A PREINSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO DO CURSO 2009-2010

Prazos e datas

Períodos de inscrición:

Por Internet: do 15 de Xuño ao 9 de Setembro.
Presencialmente: Na secretaría da e-Trad, rúa García Barbón, 5. 36201 Vigo

Do 15 ao 30 de xuño de 2009 en horario de 16 a 19 horas.
Do 1 ao 31 de xullo de 2009 en horario de 11 a 14 horas.
Do 1 ao 11 de setembro de 2009 en horario de 11 a 14 horas.
Probas acceso: do 14 ao 18 de setembro de 2009 (ambos inclusive)

Publicación de listas: 21 de setembro de 2009

Formalización da matrícula: Do 22 a 25 de setembro de 2009 (ambos inclusive)

Comezo do Curso: 28 de setembro de 2009

www.e-trad.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Guadi Galego

Logo de partipar en diferentes proxectos conxuntos, a cedeirense Guadi Galego fai o seu debut como solista con Benzón, aínda que cun traballo xestionado de xeito moi colectivo, posto que é unha obra na que os arranxos foron realizados por Germán Díaz, os irmáns Pedro e Pablo Pascual, Odaiko, Xabier Díaz, Pedro Lamas e Guillermo Fernádez.

O título do álbum ?é un hiperenxebrismo que antigamente se empregaba para dar un agradecemento o máis espiritual posible?, sinala Galego.

?Os músicos onde fan diñeiro é nos concertos e vostede non vai presentar este álbum en directo e realiza unha autoedición na que colaboran bastantes colegas. Resúltalle moi arriscado economicamente asumir esta obra?
?Si, realmente é unha barbaridade e existe un risco claro, pero cuns traballos xa gañei diñeiro e con outros non, mais neses casos gañas a outro nivel e en satisfacción persoal.

? Contou con arranxistas diferentes para cada peza. Como foi o método de traballo con eles?
?Pasáballes a peza e o arranxo era totalmente libre. Interesábame plasmar a pluralidade musical e se puidese contar co dobre de arranxistas non dubidaría en contar con eles.

?Porque escolleu en concreto á xente que participa en Benzón?
?Algúns por afinidade e outros por curiosidade de saber o que farían e por iso dinlles total liberdade, aínda que logo algún co que teño menos trato persoal me explicaba por mail o concepto e o espírito da peza. Eu quixen salientar o papel importante dos arranxistas e ademais valorar o alto nivel do que gozan na nosa terra.

?Malia esas fundamentais colaboracións externas que podían dispersar o ton creativo, creo que no disco está bastante presente a Guadi coñecida por formar parte de Berrogüetto, Espido e Nordestin@s. Vostede que opina?
?Iso era o complicado. Eu escollín os temas e malia participación de tanta xente o resultado debía ter un toque persoal e que non fose todo como un pegote. Todos os arranxistas, cadaquén coa sua liña musical, creo que teñen certo punto en común. Eu quería un disco acústico porque teño claro que é nesa sonoridade onde agora me sinto ben.

?No futuro podería haber a posibilidade de realizar un álbum cun estilo afastado da raíz galega ou o pouso do folclore é algo irrenunciable?
?Son o que son como artista porque veño de onde veño e iso nótase no xeito de compoñer. Benzón pretende mesturar a tradición coa música de autor, sen que exista un choque grande entre elas, dende unha perspectiva contemporánea. Respecto ao futuro, xa se verá.

- Ao longo destes anos foi atopando o seu estilo como cantante, arredando esas inseguridades de cando comezaba. Sente que iso é algo fundamental para logo poder transmitir ben ao público?
?Como sucede na vida, vas madurando e interesanche cousas ás que antes non facías caso. Nun principio sabías por onde podías ir e non facías algo para o que non te vías preparada, pero co paso dos anos comprobas que existen cousas que pensabas non poder facer e que logo as realizas.

? Nos últimos tempos vostede é outros colegas abriron un vieiro novo na música galega. Como valora esta achega dentro do conxunto da música de raíz feita en Galicia?
?Penso que achegamos un pouco de realidade á música e provocamos un avance sen prexuízos, isto é importante, no que cadaquén vai evolucionando cara a terreos nos que se sinte cómodo. Co meu novo disco pretendo reflectir que existen diferentes vías para abordar a música de autor e cría que era unha obra complicada, pero o público semellou gustar dos moitos sons que aparecen e van descobrindo novidades a cada escoita. Creo que é unha obra que pode gustar aos seareiros do folk e aos que non o son, aínda que eu considero que o folk pode gustar a todo o mundo, mais o temos etiquetado como música para minorías.

?Xa tiña algunhas pezas para elaborar un novo disco de Espido. Ten data de saída?
?Eu quero facer outro disco que teña unha onda un chisco diferente ao primeiro. Guillermo Fernández e eu xa estamos a traballar pero non sabemos cando sairá á rúa.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Vilagarcía do O Berce das Palletas
O método de construción de palletas e pallóns, con textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín, xa se atopa á venda nas librerías do país.

O luns día 22 de xuño ás 12:00 h, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, celebrarase a rolda de prensa de presentación do libro ?O Berce das Palletas?.


Este traballo, con textos e ilustración de Xoán Ramón Marín, enmarcase dentro da liña de difusión e posta en valor da tradición cultural galega na que traballa a Asociación de Gaiteiros Galegos.
A dito acto asistirán Xoán Ramón Marín, autor do traballo e membro da Xunta Directiva da AGG; Cándido Meixide, en representación da distribuidora Arnoia; e Xosé Castro Ratón, concelleiro de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Por outra banda, está prevista a presentación do traballo o xoves 25 de Xuño ás 19:00 h no Auditorio da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), situado no número 5 da Rúa García Barbón, en Vigo, e o venres 26 de Xuño ás 20:30 no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

En ambos actos haberá exemplares do libro á venda e contarase coa presenza do autor e representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos, para falar do traballo e contestar ás preguntas dos asistentes.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 22-06-2009 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 22 (Luns)
? Ophiusa no Forum Metropolitano (A Coruña)

Terza feira 23 (Martes)
? Noite Meiga do Casco Vello (Vigo)
? Gaiteiros Xarín e Eoas en Sarria
? Tanto Nos Ten (TNT) en Cuntis
? Tonhito de Poi e Rasa Loba en Vista Alegre (Compostela)

Corta feira 24 (Mércores)
? Lúa de Fouce na Fábrica de chocolate (Vigo)
? Festival Folc Festas da Estrada: Susana Seivane, Linho do Cuco, Pé de Boi, Regato de Matamulleres
? Festival Folc Festas de Ourense: Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño e Guezos

Quinta feira 25 (Xoves)
? Luar na Lubre no Auditorio de Ourense
? Leilía en Compostela
? Festival Vozes Novas na sala Nasa (Compostela): Sacha na Horta,...
? Festas do Barrio de San Pedro (Compostela): Tiruleque, Ruote e Tanxedoras do Pandeiro

Sexta feira 26 (Venres)
? Festival Made in Galiza (A Coruña): Banda Potemkin, Dandy Fever, Nao, O Sonoro Maxín, Som do Galpóm,... CENSURADO
? Lamatumbá en Seixalbo (Ourense)
? Festas do Barrio de San Pedro (Compostela): Cuchufellos, Galegoz e Fracasados de antemano
? Noites de Tasca en Ordes

Sábado 27
? Festival Made in Galiza (A Coruña): Skarnio, Skacha, Galegoz, Taru e Os Paxaros Coiro, ... CENSURADO
? A Tuna Rastafari, Som do Galpóm e Leite de Nai en Ourense na Praza da Estreal ás 22:00
? Balakandra en Malpica
? Feira de 1906 en Sarria: Susana Seivane, Leilía, Tirulque e Tanto Nos Ten (TNT)
? Serán do Fiadeiro (Vigo)

Domingo 28
? Fred Morrison en Ribadeo
? Festa do Bosque en Carballo: Tonhito de Poi e Rasa Loba
? Narf na Casa das Crechas (Compostela)
? Tanto Nos Ten en Sanxenxo
? Mutenrohi e Cristina Pato na Praza Maior de Ourense
? Banda Municipal da Coruña e Susana Seivane no Parque Europa (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2009 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0