|
|
|
Presentación do libro ?Pazos de Merexo? na ETRAD (Vigo) |
|
Presentación do libro ?Pazos de Merexo?.
Con Pazos de Merexo, Xurxo Souto e Ramón Pinheiro.
Mércores 6 de maio. 20:30hs
?PAZOS DE MEREXO, O ACORDEÓN DIATÓNICO DA COSTA DA MORTE? é unha cuidada e rigurosa monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acordeón para as novas xeracións.
O libro recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun CD no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclúe unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá ?no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega.
Xurxo Souto e Pedro Pascual, os dous autores do libro, son profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente único e inescusábel para as novas xeración de músicos e afeizoados. Ambos teñen compartido inúmeras horas con Pazos tanto en Merexo como en distintos pontos de Galiza e teñen sido destacados divulgadores entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.
Na presentación intervirán o autor Xurxo Souto e o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro. Como feche está prevista a intervención musical de Pazos de Merexo acompañado dos alumnos de diato da ETRAD e do seu mestre, Carlos Quintá.
A presentación do libro-disco será unha xornada de sincera homenaxe ao maxisterio de Pazos de Merexo da nova xeración de acordeonistas que siguen o seu ronsel.
AUDITORIO MILLADOIRO
Mércores, 6 de maio de 2015, 20:30h
Entrada libre e gratuita ata completar o aforamento
http://e-tradvigo.blogspot.com.es |
|
|
|
XIII Serán en Valadares (Vigo) |
|
 |
|
|
|
III Serán de Cumiar (Ponteares) |
|
 |
|
|
|
III Serán de Cela (Mos) |
|
 |
|
|
|
Baile assalto no Pichel (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Zenzar en Ordes |
|
 |
|
|
|
Maghúa e os Tres trebóns en Santa Crus (Oleiros) |
|
 |
|
|
|
VI Xuntanza folk en Lires (Cee) |
|
 |
|
|
|
Pelepau en Melide |
|
 |
|
|
|
Festa do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo) |
|
Motivado o aplazamento da Festa do Muiño, temos que facer unhas pequenas modificacións no programa.
Sabado - Noite Folk
- CHARANGA TREBEDE
- ZURRUMALLA
Domingo - Tarde de Festa
- TEATRO CADAQUEN (para nen@s)
- DUO TRADICIONAL
- ARDENTIA.
O resto do programa non se modifica. |
|
|
|
III Concurso de pandeireteir@sTraspés (Vigo) |
|
III edición do concurso de pandereteir@s no auditorio do teatro Afundación (Vigo) sito na rúa Marqués de Valladares, en sesión de mañá ás 11 h. para as categorías A (ata 11 anos) e B (de 12 a 16 anos), e de tarde ás 17 h. a categoría C (de 17 anos en adiante). |
|
|
|
Concerto solidario en Uxes (Arteixo) |
|
 |
|
|
|
|
|
|