Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 29 (Venres)
? 1º Cachán Clube Festival (Compostela): Esquíos, Pito de Pikasso, Reino animal
? Festival Coro Toxos e Froles (Ferrol)
? Sondeseu no Centro Cultural de Valadares (Vigo) ás 20:30
? Puntada sen Fío no suditorio do CGAC (Compostela) ás 21:00
? Clave de Fado no Liceum de Ourense ás 22:00
? Bouba pandeireteiras na Gentalha de Compostela ás 22:30
? Cantos de Taberna en Pontevedra
? Foliada Venrespirar (Ourense)
? Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 30
? Rock´n´ordes (Ordes)
? Treixadura e Cantigas da Terra na Pza. de Amboaxe (Ferrol)
? Rodrigo Romaní no Var con Uve (San Martiño-Moaña)
? Os Cuchufellos no Roi Xordo en Allariz
? Fiandola no parque do Remeirás (Ameixoada-Moaña) ás 22:00
? Caxade no Liceum (O Porriño)
? IV Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)
? IX Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás - Ourense)
? Ruada en Xende (A Lama)
? Serán en Mandrás (Cea)
? X Serán de Rianxo
? Foliada dos Mouchos (Darbo-Cangas do Morrazo)

Domingo 31
? Donicelas na Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)
? Gala Rumbo a Gaza (Bueu): arf, Uxía, Pandeiromus, Najla Shami,...
? Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
? Ruada en Parada (Silleda)
? Ruada en Loimil (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos Maios (Queimadelos-Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Mandrás (Cea)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
X Serán de Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Parada (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Loimil
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada dos Mouchos (Darbo-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
IX Noite de fiadeiro (Ramirás)
IX NOITE DE FIADEIRO 2015

Un ano máis volta Ramirás a Noite de Fiadeiro, que ao igual que o pasado ano se celebrará o derradeiro Sábado de Maio.

De novo retornaremos ao lugar orixinal onde naceu esta celebración, isto é, o Adro da Igrexa de San Andrés, que servirá como epicentro de todas as actividades.

Neste 2015 cúmprese a IX edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e incluso mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e Bar Gasolinera de Vilavidal; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

www.noitedefiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Coro Toxos e Foroles (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Ven respirar (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2015 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Xornadas de Exaltación das Letras e da Música de Galicia (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
III Festa Amanexa en Dexo (Oleiros)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Fiandola en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Puntada sen Fío en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Clave de Fado en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Bouba en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Romaxe dos 100 anos (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Son de seu en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Sementeira e música en Corzáns (Salvaterra de miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Rock´n´ordes (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-05-2015 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Cachán Clube (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-05-2015 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Rumbo a Gaza (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-05-2015 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Non ao peche de Planeta Furancho
A desaparición do programa Planeta Furancho da grella da Radio Galega está a promover unha intensa mobilización social.

O anuncio de que o vindeiro dia 29 de maio se emitirá a derradeira entrega do espazo, que leva máis de 1.400 emisións, provocou xa o pasado sábado 23 unha concentración diante das portas das instalación da CRTVG en San Marcos. Así, para este xoves 28 de maio convocouse unha concentración de protesta ás 20:30 horas na Compostelá Praza do Toural á que se anima a acudir armados de instrumentos para manifestar o descontento ante a decisión da cadea.

Ademais, está en marcha un grupo de Facebook que recolle as iniciativas e opinións ao abeiro da problemática e circula tamén un manifesto no que se recollen as reivindicacións desta plataforma que, segundo institiu Alex Sevilla, "non é só de músicos, hai moitos seguidores fieis do programa". Pola súa banda, Josito Porto lembrou a necesidade de que as cadeas públicas "que son de todos", presten atención ao panorama musical galego e apuntou a ausencia dun espazo no que as bandas poidan tocar ao vivo e no que se atenda a música actual.

En paralelo a estas mobilizacións, a Asociación de Músicos ao vivo amosou tamén o seu malestar pola desaparición do programa e solicitou unha entrevista coa directiva da CRTVG.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2015 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Carapaus
Trece temas nos que se mesturan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, con composicións de Emilio Lois e letras de Sabela Galbán, Gustavo Couto e Sés, que achega texto e música no Canto de Baltasar. Esta é a proposta do segundo disco dos Carapaus.

O álbum, gravado entre xaneiro e febreiro deste ano no estudio A Ponte, conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira e do gaiteiro Luis O Caruncho que complementan a sonoridade da gaita solista da banda compostelá nada en 2010.



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ith
Temas con guitarras potentes e potentes voces femininas con ecos de rock duro marcan o novo traballo de Ith. A banda de Mesía presenta Forte, o seu primeiro traballo de estudo logo de varias maquetas e un álbum ao vivo.

A continuar a súa aposta polo pop-rock, o grupo achega trece novos temas en galego nos que destaca o traballo vocal de Lucía da Fonte. Canda a ela Gonzalo Suárez, Toxo, Miguel Iglesias e Miguel Folgueira completan o proxecto, que está a desenvolver diferentes concertos de presentación por todo o país.

A vindeira cita será o seis de xuño no I Festival Folk Rock de Grixalba.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ruxe-Ruxe
Un mundo perfecto é o novo disco de Ruxe Ruxe, a banda de Aríns que segue nos escenarios despois de dezanove anos.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Zenzar
Camiñando entre serpes (2015)
O décimo álbum de Zënzar conten once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana.


Son o grupo de rock en galego máis veterano e en activo, por iso cada ano que cumplen é unha celebración para os seus membros?

Nestes últimos anos, están levando a cabo unha evolución lenta pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca os seus sinais de identidade: rock en galego.

Gravado ao vivo nos estudios de Javier Abreu, Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.

Editado e distribuido por: Inquedanzas Sonoras


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquíos
A banda de punk-rock da Estrada esquíos volta con once novos temas no que é o seu oitavo traballo ?A diana somos tod​@​s?.

Videoclip de Esquíos sobre o tema "Aínda miña mente fala" incluído no seu novo disco, "A diana somos tod@s".

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Videosingle adianto do novo disco de Nao
"Venceremos nós", primeiro single do Apocalipse Nao.

Producido, gravado, mesturado e masterizado nos Estudos Pousada Son por Iago Pico e NAO.
Video producido por ZIWA baixo a dirección de Santiago Raimundi. Imaxe: Senén Rouco. Son: Alberto



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 27-05-2015 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Davide Salvado
O 16 de Xuño chega LOBOS o novo disco de DAVIDE SALVADO, unha das voces máis carismáticas da World Music. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na busca de ritmos, coplas e danzas.

LOBOS está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.

LOBOS, está producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), e colaboran músicos do talle de Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrra), entre outros.

Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de World Music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha gran presenza nos medios especializados de todo o mundo e xa comezou a súa carreira internacional con datas confirmadas en festivais e concertos de diferentes países. En febreiro de 2015 editou o disco RÚSTICA (Fol Música 2015), un proxecto compartido xunto a Cristina Pato, Ánxo Pintos e Roberto Comesaña.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Os Chichisos
Coincidindo con maio, mes da vida renovada, e coa festividade de santa Rita, patroa das causas imposibles, Os Chichisos publican o seu traballo discográfico ?Feito na casa?.

Toda unha declaración de intencións de que incluso en tempos escuros para a nosa cultura é posible facer cousas se cremos na nosa capacidade creadora e na vontade de ser donos do noso propio traballo e futuro.

O disco que agora ve a luz foi ideado e creado baixo as premisas da autoxestión integral do proxecto. Por iso a obra foi concibida como un auténtico traballo de artesanía dende o principio ao fin. Un traballo discográfico que recolle dez temas, nove dos cales son composicións propias.
O disco é froito de dous anos de traballo e ilusión, onde as limitacións técnicas suplíronse con cariño, dedicación e a vontade de ofrecer unha obra persoal e artesanal, que conserva a frescura da música ao vivo, das cousas feitas con agarimo na casa e a filosofía contestataria do feito por un mesmo. Un traballo discográfico onde, ademais do labor de composición, os propios músicos dos Chichisos arranxaron, gravaron, editaron, mesturaron e produciron todos os temas que integran o disco. Por último, o deseño e a maquetación da carátula do cd tamén correu a cargo dos membros da banda. De aí o ilustrativo e reivindicativo título da obra: ?Feito na casa?.
Con este traballo sonoro Os Chichisos conmemoran os seus 21 anos de existencia, dende que aquel xa afastado 24 de abril do 1994 fixeran a súa primeira actuación oficial como grupo. É pois o noso humilde e sentido homenaxe a todos os que compartiron con nós estas dúas décadas de alegría, vivencias, aprendizaxe e amor pola música galega.

Que cante o merlo!
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 25 (Luns)

Terza feira 26 (Martes)

Corta feira 27 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 28 (Xoves)

Sexta feira 29 (Venres)
? 1º Cachán Clube Festival (Compostela): Esquíos, Pito de Pikasso, Reino animal
? Sondeseu no Centro Cultural de Valadares (Vigo) ás 20:30
? Cantos de Taberna en Pontevedra
? Foliada Venrespirar (Ourense)

Sábado 30
? Rodrigo Romaní no Var con Uve (San Martiño-Moaña)
? Fiandola no parque do Remeirás (Ameixoada-Moaña) ás 22:00
? Caxade no Liceum (Ourense)
? IV Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)
? IX Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás - Ourense)
? Ruada en Xende (A Lama)

Domingo 31
? Donicelas na Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)
? Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2015 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0