Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bastards on parade e The Mahones en Vigo


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2012 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Moaña prepara o Intercéltico do Morrazo
Moaña salva o Intercéltico un ano máis pero reduce o seu custo e duración
O orzamento non excederá os 20.000 euros e haberá dous días de concertos


O Festival Intercéltico de Moaña, que hai non moitos anos era un evento referente de Galiza no mundo da música tradicional e de raíz do chamado Mundo Celta, pende dun fío desde hai tempo. Os distintos gobernos municipais resístense a deixar perder o festival folk que se celebra ininterrompidamente desde hai máis tempo en toda a comunidade, superando neste aspecto mesmo ao famoso Festival de Ortigueira. No verán que se aveciña a Concellaría de Cultura garante a súa continuidade, aínda que tampouco escapará aos axustes económicos. Para empezar, a redución de orzamento implica, necesariamente unha redución de xornadas de concertos. Se o ano pasado houbo catro días de actuacións, nesta ocasión redúcense a dúas, un formato que tivera en anos anteriores.

Celebrarase o último fin de semana de xullo e o cartel aínda está por determinar, pero a intención é que o orzamento non supere, e se pode ser nin alcance, os 20.000 euros. O que supón unha diminución polo menos dun terzo con respecto ao investimento de hai un ano. A titular de Cultura, Colomba López, explica que se financiará con fondos propios e con axudas da Deputación, no caso de que sexan concedidas. O ano pasado o organismo provincial outorgou 15.000 euros para actividades culturais.

O ano pasado foi determinante a subvención da Xunta a través da Axencia Galega de Industrias Culturais, pero nesta ocasión López espera non ter que recorrer á administración autonómica "pois para justificar a axuda teriamos que gastar, polo menos, 50.000 euros entre o Intercéltico e o programa de teatro Circuítos Teatrais", o que poría en perigo o resto de actividades culturais, pois o orzamento de todo o departamento rolda os 50.000 euros para todo o ano.

Sexa como for, o que garante a edil é que o evento celebrarase e que terá lugar no Palco da Música, como nas últimas edicións.

Os axustes en cultura, sen esa axuda da Xunta, obrigarán tamén a reducir o custo dos Circuítos Teatrais, que adoitan levar unha representación do mellor teatro galego a Moaña durante o mes de outubro.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-05-2012 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Arquivo sonoro dunha conferencia de Mini e Mero sobre música tradicional galega
Conferencia-concerto de Mini e Mero, un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Min... i) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla.

É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini).

O arquivo sonoro froito deste labor, e composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que ha estar dispoñible no web do museo. No campo educativo son autores de diversos libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario.

Ir a descargar
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Os Resentidos en Ourense
Os Resentidos preparan o seu concerto de regreso, o sábado en Ourense

O cuartel xeral de Festicultores en Conxo, nos arredores de Santiago, parece unha romaría. É aínda máis difícil largarse que aparcar. Ou esperas quenda ou preguntas un a un de quen é o familiar, importaríalle mover o vermello, que cun pouco xa saio, e así sucesivamente.
A pelo, sen megafonía. Desde o portón da leira óese cantar a Xurxo Souto un refrán:?Esquinas de amor urxente, tatuaxes e tacóns altos... Máis preto distínguese tamén o fío de voz de Antón Reixa: Ai, que ten o chinés de Vigo?. Hai unha ducia de músicos repartíndose o osíxeno do local. Soa Cumbia chinesa e na porta esperan Xosé Manuel Pereiro e Tonhito de Poi. Aínda non se van. Tócalles entrar nun intre.

Os Resentidos foron cinco, en distintas épocas e aliñacións. Só Javier Soto, Rubén Losada e Reixa aceptaron o desafío: xuntarse de novo para tocar o vindeiro sábado en Expourense. Hai 30 anos da ocorrencia e volven para promocionar A tribo toda baila, o disco de tributo que lle dedicou unha vintena de bandas galegas. A Xavier Debesa non lle apetecía, din que lle van a botar de menos, e Alberto Torrado tampouco puido sumarse ao núcleo duro. Soto descúlpao: Vive en Madrid e está moi leado, pero aparecerá nalgunhas cancións.

Reixa dicía que estaba fodido pero non era para tanto: respondeu moi ben desde o principio, chancea Losada nunha pausa do ensaio. Nunca fun un gran cantante, responde o outro, por alusións. O único que podo garantir é que agora non canto peor. Outra cousa é como me aguante o corpo, poden chegar a ser dúas horas de directo. Tras anos de relación fraternal pero descontinua, desde marzo vólvense a ver as caras polo menos un par de veces á semana.

Foron cinco pero só Losada, Soto e Reixa aceptaron o desafío
Xuran que o seu non é un regreso. Nin nos fomos pola pasta nin volvemos pola pasta, repiten. O de Ourense non será o seu último concerto este ano, pero tampouco haberá outro tan concorrido. A banda multiplicouse. Recupera vellos aliados, como Xavier Camba, e recruta un combo de novos resentidos. Son Rafa Fernández, Manu Paino, Anxo Graña, Roberto Sobrado, Pablo Vidal e Álex Salgueiro. Unha anécdota elocuente: O outro día debatían apaixonadamente a estrutura dun tema mentres nós tres falabamos das nosas próstatas no outro extremo do local.

A tropa de invitados vai ser aínda máis numerosa, de aí a romaría. Estarán Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo, de Os Diplomáticos, e Xosé Manuel Pereiro, de Radio Océano. Tamén Tonhito de Poi, líder de Heredeiros dá Crus, e dous de Sinistro Total, Julián Hernández e Miguel Costas. De De Elas irán Luís Tosar e Piti Sanz, e de Luar na Lubre, Bieito Romeu. Completan Uxía Senlle, Xosé Manuel Budiño e María Xosé Silvar, vocalista de Sés. Carlos Branco fará de chofer e abrirán o serán dúas das bandas enroladas no tributo: Novidades Carminha e O Sonoro Maxín.

Uns debaten sobre un tema mentres outros falan á beira das súas próstatas
?Como non toco ningún instrumento nin canto ben, volvinme a ocupar do repertorio para xustificar o salario, explica Reixa. Repasaremos case todos os discos, desde Vigo capital Lisboa (1984) até Están aquí (1993), ademais de dous temas que estaban no recompilatorio Delikatessen (1991): Economía sumerxida, que era unha versión de Eddy Grant, e a sintonía do programa Sitio distinto. Primeiro as cancións máis definitorias do que foron Os Resentidos, incluída Galicia caníbal, daquela as máis rotundamente pop, despois as hiphoperas e ao final o tropical.

Hai unanimidade no trío: o mellor disco foi o primeiro. Sobre todo pola aventura de facelo, di Losada. Gravárono en 1984 en Lisboa. GASA, o que logo sería o seu selo durante 10 anos, puxera 200.000 pesetas. Criamos que ía ser o último, por iso aparecemos todos nos créditos. Polo si ou polo non. De coña, puxémonos Expósito como primeiro apelido, e algún crítico creu que eramos irmáns, lembra Reixa. Creo que o peor foi o terceiro, Música doméstica (1987). Había moita presión despois do éxito de Galicia caníbal. O resto asente.

Aquel sinxelo de Fai un sol de carallo (1986) foi unha marca de vendas. O primeiro e o último da banda. O outro día estiven nun local en San Sebastián e picárona dúas veces, di Soto, hai que recoñecer que era un hit. Os colegas de Reixa na SGAE, engade, tamén o lembran: Miguel Ríos, Rosendo Mercado, os de Duncan Dhu. Fóra de Galicia arrasou. Aínda os persegue hoxe en día, aínda que o disco favorito da crítica fose outro. Se a xente escoitase o Jei (1991) nun bar de showgirls en Nova York, como fixen eu, con tipos metendo dólares nas tangas, entendería que o máis emblemático non sempre é o mellor.

Aínda non saben se lles influíu David Byrne ou foi ao revés. Losada insiste en que a liña de baixo de Minusválida atopouna despois, e non antes, nunha canción de Talking Heads, e Reixa asegura que eles chegaron primeiro á cousa tropical. Admiten a Cabaret Voltaire, Derribos Arias, Brian Eno e Devo como animais de compañía na primeira época, pero para tótem, o de Reixa: Gardo como un tesouro unhas declaracións de Robert Wyatt, o de Soft Machine, ao que sempre seguín. Dicía que na música española interesábanlle sobre todo dúas cousas: a rumba e Os Resentidos?.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2012 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Pregón musicado no Muíño de Fausto
O mestre gaiteiro moañés Xavier Blanco, ao xeito do pregoeiro tradicional, protagonizou o acto central da festa en Coiro

"Escoiten señores/ mulleres e todos/ víndeme a escoitar/ traio moitos contos./ Veño de moi lexos/ da terra da xesta/ dende hai moitos anos/ coñezo esta festa".

Precedida dos sons da gaitela e a golpe de cantiga iniciou, onte, Xavier Blanco o pregón das Xornadas Culturais XXIII Festa do Muíño, que organiza a asociación Cacarexo a carón do río Bouzós. O investigador moañés repasou a importancia histórica, económica e lúdico-social destas construccións con cantares aos que el mesmo lle puxo música con vasoiras, cribas de pel de ovella, tellas ou dedais como instrumentos.

Nun marco "ideal para as relacións entre os nenos, maiores, avós, veciños e forasteiros", e cun auditorio atento ao que contaba e cantaba, Blanco repasou os vínculos dos muíños co folclore tradicional e apuntou que seguramente a muiñeira reproduza en danza o movemento circular da moa, e o que é máis seguro, "o seu ronroneo serviu de acompañamento para moitas coplas e bailes que entretiñan ás persoas nas longas xornadas de espera" mentres o muíño non remataba a moenda: "Ron, ron, ron, ron/ esta noite fun ao muíño/ nin moín nin muiñei/ perdín a cinta do pelo/ iso foi o que gañei./ Cagha estribor postinera/ rabiosa aleghre de chanza/ con esta nosa rondaina/ has de bailar unha dansa".

Entre sons e cantigas, o pregoeiro tivo tempo de destacar o labor de Cacarexo para manter vivas as tradicións e transmitir de pais a fillos o que legaron os devanceiros, mentres milleiros de muíños esmorecen no resto do país. "Ver pois esta paisaxe natural, chea de vexetación autóctona, ver esta construcción en pedra tan fermosa, ver como a xente se achega ata aquí para conectar cos seus arraigos..., é a moitos de nós evocar e sentir o sacrificio dos nosos avós e avoas" para transformar a materia prima en pan. Tamén explicou as diferenzas entre os muíños de maquía (propiedade do muiñeiro, que cobraba cunha parte da moenda) e os de herdeiros ou comunais, onde as moendas se facían por tandas.

"No sobrado dábase moito a tertulia, a literatura, os contos..." e no tremiñado onde caía a fariña nunca faltaban a vasoira e o cazo, que Xavier Blanco tamén utilizou onte como instrumentos para acompañar outra copla: "Moendo, moe que moe, moendo/ moe que moe, unha mañán de xiada/ moendo, moe que moe, moendo/ moe que moe, esa si que é muiñada./ O muíño do meu pai/ ai, eu ben lle sei o tempero/ cando está alto, baixalo/ ai, cando está baixo, erguelo", completou, entre os aplausos do público.

Logo, este investigador e home orquestra falou das muiñadas como festa por excelencia a carón do muíño cando os herdeiros se xuntaban para arranxalo. "Existía a broma de repenicar cos dedos nunha tella mentras se facían os traballos de asentado e arranxo do tellado", explicou o pregoeiro antes de reproducir aquela escena e tamén de facer soar a gaita, previa ao disfrute da botifora, o xantar con empanada de fariña de millo, migas con ovos ou bolos en couro como preámbulo da troula.

Ingredientes todos eles que tampouco faltaron onte a carón do Muíño de Fausto, cos postos de venda de productos da terra e centenares de persoas compartindo a tradición. As gaitas de Tromentelo ("¡basta xa!, non pode haber unha festa en Galiza donde non haxa unha gaita!", acababa de reivindicar Xavier Blanco) amenizaron o xantar, e a música tradicional de Sons do Muíño e Abaladoiro, a transición ao solpor.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2012 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de baile Azaloira (A Bandeira)
O grupo de Teo conquista por cuarto ano consecutivo o certame de baile tradicional
A agrupación A Ponte Vella, de Reis, en Teo, revalida o seu primeiro posto, por cuarto ano consecutivo, no concurso de baile tradicional galego Azaloira, que celebrou onte na Bandeira a súa décimo segunda edición. O colectivo coruñés recibiu de mans da alcaldesa, Paula Fernández Pena, 1.500 euros como premio e o trofeo que o acredita, unha vez máis, como campión dun certame con sobrada e recoñecida importancia no panorama musical galego.

O segundo posto foi para o grupo Donaire, da Coruña, que levou a casa o trofeo e os 800 euros doados polos comerciantes e empresarios da localidade e entregados por Carmen Brey no nome de todos eles.

Por último, en terceiro lugar, situouse a formación da Asociación Cultural Traspés, procedente de Vigo. A agrupación, que xa na anterior edición conseguiu o segundo premio, recibiu de mans da presidenta de Fortín dá Pomba, colectivo anfitrión e organizador do certame, Josefa Ferreiro, os seus 500 euros correspondentes.

O xurado estivo composto polos bailadores e mestres de baile tradicional galego Gustavo Couto, Marica Diz e Mari Regueira, así como polo edil de Cultura e Turismo, Matías Rodríguez da Torre, que actuou de secretario, con voz, pero sen voto. Os profesionais destacaron o "altísimo nivel" do cinco grupos participantes, había sete inscritos, pero dous non asistiron, o que complicou a deliberación. "Todos bailaron moi limpo, e todos introduciron algún elemento sorpresivo nos seus espectáculos", explican fontes da organización.

O éxito non só demostrouse sobre o escenario, senón tamén nas butacas. O concurso foi presenciado por máis de 700 persoas que abarrotaron o auditorio Manuel Dopazo, enchendo o medio milleiro de asentos dispoñibles e obrigando por centos de asistentes a ter que presenciar de pé as actuacións. Esta décimo segunda foi, sen dúbida, unha das edicións máis concorridas. "Estamos desbordados", admiten integrantes de Fortín da Pomba, a agrupación encargada de abrir o certame, aínda que fóra de competición.

O tres grupos da escola quentaron motores escenificando tres pezas ás que seguiu a actuación dos maiores, que bailaron Xota e Muiñeira de Ancares. Acto seguido, iniciouse o concurso, con dúas roldas de sete minutos para cada grupo. Comezou Donaire e seguiron a formación folk de Marín Trébebe, terceira o ano pasado; A Ponte Vella; Malveiras, de Vilagarcía; e Traspés, de Vigo. A última hora caeron do cartel dous grupos: Os Xeitosos de Trazo, que non acudiron debido a que un dos seus bailadores principais atópase convalecente pola rotura dun nocello; e Arroases da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, de Vigo, por un problema familiar dun dos seus integrantes.

Actuación de Vales Mahía

O fin de festa puxérono unha actuación máis de Fortín da Pomba, que bailou a Xota e Muiñeira de Gorís, e a interpretación do coro Vales Mahía da Bandeira, que se animou a entoar o Quer que lle quer acompañado da música de Fortín. Entre o público, en representación do goberno local, estiveron os xa citados Fernández Pena e da Torre e o concelleiro de Medio Rural, Antonio Couso.

www.farodevigo.es
Comentarios (33) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 7 (Luns)

Terza feira 8 (Martes)
• Colectivo Zeca Afonso no Pub Ultramarinos (Compostela)
• Sérgio Tannus, Sandra Diéguez e Narf no campus de Ourense

Corta feira 9 (Mércores)
• Roi Casal no Pub Garigolo (Compostela) ás 22:00
• Aline Frazão e Terra Morena no campus de Ourense
• The Mahones e Bastards on Parade na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Foliada no Bar Rúa (Rúa de San Pedro - Compostela)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 10 (Xoves)
• Andarilhos no campus de Ourense
• Festival Terra da fraternidade (Galiza a Zeca Afonso): Joao Afonso, Uxía, Chévere, Ugia e Fred Martins, Guadi, Xabier e Guillerme Fernández, Sés, Ico e Xurxo Souto,... no auditorio de Galiza (Compostela)

Sexta feira 11 (Venres)
• O Sonoro Maxín no Clavicémbalo (Lugo)
• Raiba no Sama Sama (Vilagarcía de Arousa)
• The Turre´s Bando no Liceum (O Porriño)

Sábado 12
• Festival infantil de baile e música tradicional "O berce de Donaire" no Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30
• Festival aniversario Os Resentidos: Os Resentidos e convidados, O Sonoro maxín, Novedades Carmiña en ExpoOurense (Ourense)
• Festival Pedras Miúdas de Lires (Cee): Pardal na Rúa, Tombalobos orquestra e a Banda da Balbina
• Moxenas Musical Galego no Auditorio de Bembrive (Vigo)
• Zenzar na Iguana Club (Vigo)
• V Festival trezecatorce (Salceda de Caselas): Terbutalina, Marxe Esquerda e Vendetta
• Pablo Carpintero, A Requinta de Xián, Pandemeigas,.. no Serán pan con pan de A Poboanza (Parada de Amoeiro)
• Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
• Serán do Coto (Carballal-Vigo)
• Serán en Borreiros (Gondomar) no centro cultural.
• Ruada de Catoira
• Serán de San Sebastián (O Porriño)
• Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)

Domingo 13
• Fiandola na Festa dos Maios do Casco Vello (Vigo)
• Os Cempés na Praza das Coles, Melide (A Coruña)as 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2012 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Português Perto (Ourense)


II Festival Português Perto. Aquelas nossas músicas.

Organizado pela Vicerreitoria do Campus de Ourense- Universidade de Vigo com a colaboração da Pró- Academia Galega da Língua Portuguesa (Pró- AGLP) e Associaçom Galega da Língua (AGAL).


As atividades são abertas a todo o público. Os ateliês vão ser na Ludoteca do Edifício de Faculdades e os concertos na Sala Emilia Pardo Bazán no Edifício de Faculdades (Edifício de Ferro)


Pessoas e realidades que falam a nossa língua com diferentes musicalidades, cores, sabores e formas.
Vamos fazer uma viagem pela língua portuguesa e a sua música.
Vem com nós! Redescobre a Galiza através do Brasil, Ángola, Portugal...


7 de maio
20h30- Conta-contos -Carlos Blanco (Galiza)

8 de maio
19h00- Ateliê percussão galega vs percussão brasileira com Sérgio Tannus (Brasil) e Sandra Diéguez (Galiza).
20h30- Concerto de Narf (Galiza)

9 de maio
19h00- Ateliê Cacimbo com Aline Frazão (Angola)
20h30- Concerto de Terra Morena (Galiza)

10 de maio
20h30- Concerto dos Andarilhos (Portugal)

Entrada grátis em todas as atividades.

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-05-2012 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Terra da Fraternidade (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-05-2012 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 4 (Venres)
• Sés no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
• Os Tres Trebóns na Cova Céltica (A Coruña)
• Marful na Fábrica de Sargadelos (Cervo) ás 20:30
• Uxía no Garufa (A Coruña)
• Joao Afonso e Fred Martins no Liceum (O Porriño)
• Guezos no Auriense (Ourense)
• Keltoi, Tiro na Testa, Bastards on parade na sala Coliseo (Pontedeume)
• O Sonoro Maxín na sala 600 (Melide)
• Collón de Lola, Ultreia e Os Cuchufellos na Festa da Lamprea de Arbo ás 23:00
• Noite de tasca no Restaurante "O Panadeiro" de Cerceda

Sábado 5
• Orquestra Os Modernos, Carapaus, Tanto Nos Ten e Cantos de taberna dos Armadanzas no CSC de Laraño (Compostela) ás 21:30
• Quempallou na Festa do Muiño de Coiro, Cangas
• Joao Afonso e Fred Martins no Clavicémbalo (Lugo)
• Dios Ke Te Crew no pub D´Antón (Laracha)
• Riobó no Liceum (O Porriño)
• Zenzar na Sala Josfer (Meson do vento-Ordes)
• O Sonoro Maxín na Fábrica de Chocolate(Vigo)
• Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
• Serán de Boborás, no colexio

Domingo 6
• XII Concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda)
• Cantares de cegos por Luís Caruncho e Carlos do Viso ás 13:00 e ás 19:00 na Festa da lamprea de Arbo
• João Afonso & Fred Martins no Aturuxo (Bueu)
• Treixadura no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
5 maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán de Boborás, no colexio

12 maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán do Coto (Carballal-Vigo)
- Serán en Borreiros (Gondomar) no centro cultural.
- Ruada de Catoira
- Serán de San Sebastián (O Porriño)
- Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)

19 maio
- Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
- Serán en Chaín (Gondomar) no C. C. A Merced

26 maio
- VII Serán Mar de Rianxo
- Serán en Arcade (Soutomaior) a carón da estación de tren
- Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)

27 maio
- Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

2 xuño
- Serán do Remuiño (Paraños)
- Serán de Traspés na Alameda de Sárdoma (Vigo)
- V Serán á Beira do Mar de Baiona

9 xuño
- III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa

16 xuño
- Serán no adro da capela de Chaín (Pontecaldelas)
- Serán da “Noite da Moura” en Rebordechán (Crecente)
- Serán en Atios (O Porriño) ao carón do campo de futbol do Carballo

17 xuño
- Serán do Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-05-2012 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Boborás
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-05-2012 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Cerceda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Tra-Laraño en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-05-2012 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Zenzar
Presentación de “Vaise Armar”
DATA: Sábado, 5 de Maio de 2012
LUGAR: Sala Josfer (Ordes – A Coruña)
HORA: 23:00
PREZO: Anticipada: 6 € ou 10 € con cd TAQUILLA: 8 € ou 12 € con cd.


ENTRADAS ANTICIPADAS: Cerceda (A Taberna, Mestura), Carral (Lume E Ferro), Ordes (Nuada), Carballo (A Reserva) e Laracha (Pub D’Antón)

VENTA ONLINE ANTICIPADA: ATRAPALO.COM (http://www.atrapalo.com/entradas/zenzar-vaise-armar_e59678/)

O décimo disco de Zënzar fala da "necesidade dunha revolta"

Zënzar, unha das bandas máis veteranas do rock en galego, presenta o seu novo traballo "Vaise Armar" o 5 de maio de 2012 na Sala Josfer, en Mesón do Vento. Unha auténtica festa musical da comarca con Sterko, Familia Caamagno e Mou, dos Dios ke te Crew, de pinchadiscos (DKTC).

Zenzar define "Vaise Armar" como "un traballo con letras que falan da corrupción, do estado do malestar e da necesidade dunha re-volta social". No disco colaboran Pablo da Lama (frauta e gaita), X M Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Vituco Ruxe (voz) Mario Túzaro-Invivo (voz) e moitos máis.

Zënzar naceu en 1987 e ten na rúa nove traballos, o último un DVD ao vivo. A banda está formada por Xosé Bocixa, Mario Grela, Paco Cerdeira, X. A. Tabeaio e Manolo García.



www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 04-05-2012 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura na Coruña


O vindeiro domingo 6 de maio ás 20:00 h Treixadura presentará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”.

Este concerto enmárcase nunha xira de inverno/primavera que xa os levou ao Auditorio Mar de Vigo (Vigo), o Auditorio do Pazo da Cultura (Pontevedra) e o Auditorio Municipal de Vilagarcía. Actualmente está pechando concertos para unha xira de verán por toda a xeografía galega.Treixadura é sinónimo de música tradicional. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común.

Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.“Esa si que é muiñada”. (Treixadura, 2011) É un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural..
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Zeca Afonso en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Cervo
Marful apura os últimos concertos da Xira Surreal e sobe ao norte, ao templo referencial da industria galega : a Fábrica de Sargadelos.

Venres 4 de maio, ás 20:30h na Fábrica de Sargadelos (Cervo)


Marful entra no templo da arte fabril galega: a Fábrica de Sargadelos. A Fábrica poderá visitarse durante a mañá (até as 14h).

A presenza musical de Marful comezará ás 20:30h en punto e rematará ás 22h.
Ao remate, artistas e público poderán degustar unhas tapas en Cervo, ofrecidas pola S.D. Cervo-Sargadelos e a Asociación Cultural Airiños do Xunco, preludio da Festa do Porco que terá lugar ao día seguinte.
Esta actividade é posíbel grazas á colaboración do Concello de Cervo, a Fábrica de Sargadelos e grazas ao público.
Aforo limitado (40 persoas). Entrada 15 euros. Reserva de entradas no Concello de Cervo ou aquí
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
XII Concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda)
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-05-2012 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Festa do Muiño (Coiro-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do viño de Vilachá
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto Mareante na Cova Céltica (A Coruña)
O vindeiro venres A Cova Céltica, rúa do Orzán, celebrará a condición da Coruña como gran capital da lingua galega. Unha festa, ás dez da noite, protagonizada polos Vicentes de Elviña (gaiteiros residentes) e polo conxunto Tres Trebóns.

Mareante é un adxectivo que se aplica á persoa que navega, isto é, mariñeiros e navegantes. Poderosos gremios os dos mareantes. A Coruña é cidade deles.

O vindeiro venres 4 de maio A Cova Céltica, na coruñesa rúa do Orzán, celebrará a condición da cidade herculina como gran capital da lingua galega. Unha festa, ás dez da noite, protagonizada polos Vicentes de Elviña ( gaiteiros residentes ) e polo conxunto Tres Trebóns, comandados polo polifacético e comprometido coa lingua e coa súa cidade Xurxo Souto. Previamente, ás nove da noite, realizarase unha ofrenda diante do monumento a Curros Enríquez.

Aquel artista que, diante da persecución do bispo de Ourense, atopou na Coruña luz e agarimo, até se converter para os nosos maiores no poeta por excelencia da cidade. De seguido, en homenaxe ao historiador Santiago Daviña, os gaiteiros Pedro Villarino e Brais Maceiras,o lóstrego de Elviña, interpretarán a Danza do Antigo Gremio de Mareantes diante do Pórtico de San Andrés.

O Gremio de Mareantes foi a agrupación máis importante da Coruña medieval. As súas ordenanzas incluían o mandato de que corenta mariñeiros novos bailasen a danza de espadas o día do seu patrón. Esta tradición -xunto cos arquivos do gremio- perdeuse cando o pirata Drake queimou a igrexa e o hospital dos mariñeiros, a igrexa de San Andrés.

O historiador Santiago Daviña atopou á fin unha copia das Ordenanzas do Antigo Gremio do Mar. Foi en plena Meseta, no Arquivo Xeral da Armada, en Viso del Marqués (Ciudad Real). Un documento que se cría perdido dende o incendio de 1589, e que don Santiago recuperou, pouco antes do seu pasamento, para maior gloria da cidade
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Disturbio Rock (Pontedeume)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-05-2012 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Sarela (Compostela)
SERÁNS DO SARELA

Xoves 3 de maio (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile tradicional
22h30 . Lagharteiras
23h15 . Pandeiromus
24h00 . TNT
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!


Máis información
www.seransencompostela.orgseranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-05-2012 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Unha gaita no país da cumbia
O músico moañés Xosé Manuel Budiño mostrará a música de raíz galega esta semana no principal teatro da capital de Colombia

Por primeira vez os cidadáns de Bogotá, a capital de Colombia, poderán gozar de música galega de raíz interpretada por un moañés. O virtuoso da gaita Xosé Manuel Budiño partiu onte mesmo cara a esta cidade onde celebrará unha xira de tres concertos que a recado espertan o interese pola cultura galega nun país no que a comunidade de emigrantes chegados desde este recuncho do continente europeo non é excesivamente notable.

As dúas primeiras actuacións serán mañá e pasado no Teatro Maior de Bogotá, que pasa por ser o principal palco de espectáculos do país. "Actuei varias veces en Arxentina, Uruguai ou México, onde toquei hai cinco meses ao aire libre ante 30.000 persoas, pero nunca ou fixen en Colombia", explicaba onte o músico.

Espera atoparse a un público cálido e sinala que no outro lado do Atlántico "perciben as nosas músicas como algo exótico e teñen moi boa acollida". Ao longo das súas actuacións, que se enmarcan nun ciclo de músicas do mundo, mesturará os ritmos máis tradicionais coa música electrónica e repasará os temas do seu último disco, titulado "Volta". Pero tamén lembrará pezas do catro álbums anteriores.

Xa ten programadas actuacións en distintos puntos de Galicia, do resto do Estado e na Bretaña francesa para o verán. A finais de ano iniciará unha nova xira internacional con outra viaxe a Latinoamérica

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2012 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do Proxecto Runas (Ortigueira 2012)
Harmonica Creams, Alén de Ancos, Avelaíña e Rastrexos Project, finalistas do "Proxecto Runas 2012", protagonizarán a primeira noite de concertos do Festival Ortigueira

Xa se coñecen as bandas que inaugurarán, no marco do “Proxecto Runas”, de promoción de grupos noveis, o Festival do Mundo Celta 2012. As formacións seleccionadas, que competirán en directo por coarse no cartel do próximo ano, son: Harmonica Creams, Alén de Ancos e, empatados a puntos na terceira posición, Avelaíña e Rastrexos Project. Por primeira vez na historia do concurso, chega á final unha banda xaponesa que deberá medir forzas con tres galegas.

A elección, segundo estaba previsto, foi responsabilidade compartida entre os internautas e un xurado especializado, integrado polo director da Escola de Gaitas de Ortigueira, Rodrigo López; o profesor de música tradicional e gaiteiro, Juan Barcón; o axente musical, Marcos Vales e o técnico de Cultura de Ortigueira, Manel López. A comunidade de visitantes da web oficial, que rexistrou preto de 15.000 votos, foi o quinto membro deste particular tribunal.

Os finalistas- Harmonica Creams (Xapón, 2009), Alén de Ancos (Galicia, 2007), Avelaíña (Galicia, 2001) e Rastrexos Project (Galicia, 2011)- representan distintas formas de entender o folk, aínda que todos eles comparten a súa aposta decidida pola fusión.

Mestizaxe musical
O Escenario Estrella Galicia permitirá a noite do xoves 12 de xullo descubrir as posibilidades da mestizaxe de xéneros e músicas de raíz de medio mundo, característica definitoria das propostas artísticas do cuarteto nipón Harmonica Creams (autor do álbum “Analyse de toucher”) e de Rastrexos Project. Con todo, a bandeira do folk fusión é enarborada tamén polos ferroláns Alén de Ancos e pola banda máis veterana do concurso, Avelaíña ("Proxecto”, "Xan e Sabela", "Traditium" e "Ciclo").

Estas catro bandas folk emerxentes abrirán o XXVIII Festival internacional do Mundo Celta, que se celebra do 12 ao 15 de xullo, organizado polo Concello de Ortigueira co patrocinio de Estrela Galicia, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia. A mellor delas, segundo un xurado que se atopará entre o público asistente aos concertos, converterase na primeira formación confirmada do cartel do próximo ano e embolsarase 3.000 euros.

Programación 2012
Aos poucos comeza a completarse o quebracabezas do Festival Ortigueira 2012. O nome das catro bandas do concurso de grupos emerxentes súmase ao dos escoceses The Rua Macmillan band, o dos andaluces Stolen Notes, gañadores do Proxecto Runas 2011 e, como é tradición, a Escola de Gaitas de Ortigueira.

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-05-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Voltan Os Resentidos nun concerto homenaxe

Sábado 12 de maio
Expourense (Ourense)


Xa están aquí. Volven Os Resentidos, na súa voz e na de outros, volven como mostra de que nunca marcharan, de que a semente que deixaron: pop en galego, de calidade, comprometido (é dicir, que falaba do presente) e non autocompracente, agromou en ducias de bandas galegas, que percorreron o camiño aberto e que agora recrean, interpretan e actualizan 19 cancións, levándoas ao terreo de cada quen, que Os Resentidos lle daban a todo.

"Aquí non hai herdanza como lousa, senón músicas a contrapelo, memoria histórica, cruzamento de encrucilladas", salienta Daniel Salgado nun texto que acompaña A tribo toda baila, un álbum dobre formado por 19 versións realizadas por bandas galegas actuais (de The Homens a Ruxe-Ruxe, pasando por Emilio José ou El Puto Coke) e as correspondentes orixinais de Resentidos. Un anticipo do concerto de homenaxe aos 30 anos de música feliz da banda que o sábado 12 de maio terá lugar en Ourense, con tres dos cinco resentidos orixinais e a participación de moitos convidados.

Un regreso que, de todos os xeitos, non terá continuidade. Antón Reixa confirmou que “en ningún caso vai haber un retorno estable de Resentidos, non imos prolongar esta situación”. Disco e concerto, apenas, nun ano no que tamén poderemos asistir a un musical sobre os temas da banda, seguindo o ronsel aberto por Abba, Mecano ou Sabina. Reixa confesou estar sorprendido pola homenaxe pois “vivimos nun país taciturno, onde os recoñecementos non son habituais” e pola vixencia dos seus temas nas bandas actuais: “sempre pensei que Os Resentidos non tivéramos ningunha influencia posterior”.

Reixa: “sempre pensei que Os Resentidos non tivéramos ningunha influencia posterior”
Reixa salientou que “nos anos oitenta eramos o único grupo de pop-rock que utilizaba de forma habitual o galego, e agora afortunadamente hai un cento de grupos que o fan”, aínda que recoñeceu que “nos anos oitenta os grupos de pop tiñámolo moi fácil, porque formábamos parte dunha novidade sociolóxica, pero os grupos actuais non gozan desa atención". En calquera caso, sinalou que aínda que “dende os anos noventa e agora mesmo faise en Galicia música moito mellor que a que nós facíamos, con conceptos máis vivos, máis renovadores, e cunha orixinalidade absoluta" esta creatividade ás veces non se ve pola "falta dunha industria musical propia en Galicia".

A boa música ten “ironía, ritmo bailable e alegría ante a catástrofe"
“Apetecíanos ver como se podían actualizar e reinterpretar as cancións de Resentidos, para nós un grupo pioneiro e que lexitima a todos os grupos que despois fixeron pop en galego”
O álbum, que se poñerá á venda o 8 de maio, naceu como proxecto en 2009, nun momento no que viñan de facerse dous discos de tributo a Andrés Dobarro e Diplomáticos. Un grupo de xente, comezando por Miguel Mosqueira, e tamén Marcos Payno, Daniel Salgado, Samuel Solleiro e Roberto Sobrado, advertiron a necesidade de facer o mesmo con Resentidos, “o grupo paradigmático e referencial do pop galego”, segundo Mosqueira. “Apetecíanos ver como se podían actualizar e reinterpretar as cancións de Resentidos, para nós un grupo pioneiro e que lexitima a todos os grupos que despois fixeron pop en galego”, di Mosqueira, que salienta a “grande influencia que tiveron non só nas bandas que se expresan en galego, senón tamén nos grupos galegos que cantan en castelán”, que se percibe no gusto pola autoparodia e a ironía ao respecto da propia identidade que caracteriza moitos artistas do país, comezando por Tony Lomba ou Novedades Carminha.

Antón Reixa salienta que “fomos un grupo prolífico, compuxemos máis de cen cancións, pero había unha pequena frustración relacionada co esencialismo do noso líder natural, Alberto Torrado, que tiña unha tendencia conceptual a dicir que as cancións só podían ter unha forma, tanto para ser gravadas como para tocar en público. Estes vinte grupos quítanlle a razón”. As 19 bandas que participaron no disco “escolleron temas menos coñecidos, seguramente porque os máis coñecidos están xa moi trillados e arriscábaste a entrar en comparacións desagradables”, sinala Mosqueira, que salienta o carácter autoorganizado e alternativo do disco.

Os responsables do álbum salientan que a escolma de grupos participantes reflicte a propia “eclecticidade” dos Resentidos e sinalan que as bandas escolleron con autonomía os temas que querían versionar -moitas veces non os máis coñecidos-, levándoos ao seu terreo. “Ao igual que as cancións dos Resentidos eran imprevisibles e nelas podía pasar calquera cousa, neste disco intentouse iso”, salienta Miguel Mosqueira. O guitarrista de Ataque Escampe sinalou na rolda de prensa de presentación do disco que a música que é realmente grande debe ter “ironía, ritmo bailable e alegría ante a catástrofe”, características que para el están condensadas no título, A tribo toda baila e en toda a discografía da banda liderada por Antón Reixa.

"Os Resentidos espreguizan o campo do posíbel e transforman materiais vangardistas en consignas agit-prop, en palabras de orde para un hedonismo non amnésico, en música", escribe Daniel Salgado
Foron sete discos, máis dun cento de cancións que sumaban o texto autoparódico e a poesía de vangarda para as clases populares coa música que nese momento anticipaba o futuro en Europa sen pasar por Madrid (Talking Heads, Devo, Cabaret Voltaire, The Residentz). "Os Resentidos espreguizan o campo do posíbel e transforman materiais vangardistas en consignas agit-prop, en palabras de orde para un hedonismo non amnésico, en música", continúa Salgado, que salienta que "Un dos relatos máis agudos de como a nación sioux asumiu a autonomía e renunciou, maioritariamente, a ser ceibe e socialista estea rexistrado nos sete elepés dos Resentidos" e conclúe "A reconversión industrial é a paisaxe resentida (...) Eran os oitenta e estabamos en guerra e, daquela, precisabamos unha estratexia bélica".

http://praza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2012 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a Eugenio de Freaza (Toutón)

Hoxe temos que lamentar unha grande perda para todos os amantes da cultura tradicional. Finou o grande Eugenio de Freaza (Toutón).

Bo bailador e mellor persoa, dos bos e xenerosos da cultura tradicional.
Está no tanatorio de Ponteareas, (o que queda na estrada que vai a Mondariz).
Todos os que disfrutamos con el nos Seráns botaremolo en falla e non esqueceremos o que el ensinou.

O SEÑOR DON EUGENIO RIAL RIAL
(O Bailarín do Serán)
Que faleceu o día 1 de Maio de 2012 aos 75 anos de edade

A Asistencia á conducción do cadáver que terá lugar o XOVES día 3 ás SEIS MENOS CUARTO da TARDE dende a sala nº 3 do TANATORIO SAN MIGUEL DE PONTEAREAS á Igrexa Parroquial SANTA MARIA DE AS NEVES TRASPIELAS (FORNELOS DE MONTES) para a celebración dos funerais de Corpo Presente e seguidamente procederase á inhumación dos seus restos mortais no cemiterio de dita feligresía, favores polos que lles anticipan as máis expresivas grazas.

FOGAR FUNERARIO: Tanatorio San Miguel Sala Nº 3 Ponteareas

FREAZA, TRASPÌELAS, FORNELOS DE MONTES A 1 DE MAIO DE 2012

NOTA.- Sairá un autobús ás CATRO MENOS CUARTO desde XUNQUEIRAS pasando por MOSCOSO, CALVOS, OITAVEN, FORNELOS, SAN VICENTE, TRASPIELAS, SAN MAURO, FREAZA, A RUA, MOURELLE, GARGAMALA, FESTIN E TOUTON ao tanatorio para o acompañamento e volta ao finalizar o sepelio.

Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 01-05-2012 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Terza feira 1 (Martes)

Corta feira 2 (Mércores)
• Agustín Sánchez e Farrapos de ghaita no Auditorio do Conservatorio Profesional Xan Viaño as 20:30 (Caranza - Ferrol)
• Joao Afonso e Fred Martins no Pub Ultramarinos (Compostela)
• Foliada no Bar Rúa (Rúa de San Pedro - Compostela)

Quinta feira 3 (Xoves)
• Joao Afonso e Fred Martins no Auriense (Ourense)
• Lobalú na sede da Sgae en Compostela ás 21:00
• Serán no Sarela (Compostela)

Sexta feira 4 (Venres)
• Sés no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
• Os Tres Trebóns na Cova Céltica (A Coruña)
• Marful na Fábrica de Sargadelos (Cervo) ás 20:30
• Uxía no Garufa (A Coruña)
• Joao Afonso e Fred Martins no Liceum (O Porriño)
• Guezos no Auriense (Ourense)
• Keltoi, Tiro na Testa, Bastards on parade na sala Coliseo (Pontedeume)
• O Sonoro Maxín na sala 600 (Melide)
• Collón de Lola, Ultreia e Os Cuchufellos na Festa da Lamprea de Arbo ás 23:00
• Noite de tasca no Restaurante "O Panadeiro" de Cerceda

Sábado 5
• Orquestra Os Modernos, Carapaus, Tanto Nos Ten e Cantos de taberna dos Armadanzas no CSC de Laraño (Compostela) ás 21:30
• Quempallou na Festa do Muiño de Coiro, Cangas
• Joao Afonso e Fred Martins no Clavicémbalo (Lugo)
• Dios Ke Te Crew no pub D´Antón (Laracha)
• Riobó no Liceum (O Porriño)
• Zenzar na Sala Josfer (Meson do vento-Ordes)
• O Sonoro Maxín na Fábrica de Chocolate(Vigo)
• Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
• Serán de Boborás, no colexio

Domingo 6
• XII Concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda)
• Cantares de cegos por Luís Caruncho e Carlos do Viso ás 13:00 e ás 19:00 na Festa da lamprea de Arbo
• João Afonso & Fred Martins no Aturuxo (Bueu)
• Treixadura no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-05-2012 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Sánchez e Farrapos de Gaita en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-05-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Joao Afonso e Fred Martins en xira galega
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-05-2012 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer