Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

aCadaCanto presenta o seu disco
O PROXECTO REúNE A GUADI GALEGO, XABIER DíAZ, GUILLERME FERNáNDEZ E XOSé LOIS ROMERO

Para mediados deste mes está previsto que chegue ás tendas aCadaCanto, o novo proxecto musical que aúne o talento de Guadi Galego e Xabier Díaz (voz), Guillerme Fernández (guitarra) e Xosé Lois Romero (acordeón).


O proxecto presenta trece temas, na súa maior parte orixinais, que se combinan con pegadas da música tradicional. Os dous primeiros singles do disco, Teu nome por mar e terra e Desafío están dispoñibles na rede. O disco está editado baixo o selo Músicas de Salitre.

O proxecto preséntase como unha iniciativa puntual, “trátase dun proxecto efémero, somos conscientes de que a nosa colaboración se limitará no tempo polos nosos outros traballos. Tocaremos en directo, faremos xira por teatros pero chegará un día no que nos despidamos para, quen sabe, quizais nalgún momento volver a atoparnos", lembran os compoñentes na presentación da iniciativa.

Os primeiros concertos de presentación serán o 8 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e mais o 13 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.





Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés presentan o seu novo álbum Tentemozo

O luns 28 de maio ás 19.00 horas na Casa das Crechas de Compostela, Os Cempés presentan o seu novo álbum Tentemozo.
Será un acto para medios de comunicación e amigos no cal a banda vai tocar un par de temas en formato acústico.

Xa podes escoitar o álbum en Spotify ou en itunes, a partires do 29 de maio estará dispoñible nas mellores tendas de música.

Toda a información deste novo traballo pincha en: FOL MUSICA

OS CEMPÉS voltan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto oficial.

A banda se reinventa de novo con TENTEMOZO, nunha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos.

TENTEMOZO é o quinto álbum desta banda das terras do Ferrol, e ó mesmo que aconteceu cos seus discos anteriores, neste Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.

Este álbum é posíbel grazas o financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda. Cada un deles está nomeado no libreto do álbum.

O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. A dirección artística e coordinación xeral foi de Oscar Fernández.

O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, todos eles rexistrados do xeito máis fidedigno posible, sempre baixo a mestría e implicación no proxecto de Tomás Ageitos, técnico e gurú do Estudio A Ponte, en Compostela.

Música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
XII Foliada e Romaría do Lecer (A Coruña)
Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina celebrará a súa XII edición do Foliada e Romaría do Lecer.

Gustaríanos que o celebrarades con nós. Será o sábado día 16 de xuño no anfiteatro do parque de Santa Margarida na Coruña.
Este ano tiñamos pensado facer unha foliada infantil a partires das 18h no mesmo lugar. Poderán participar grupos (tanto pandereteir@s, coma gaiteir@s) con nenos ata 16 anos.Os grupos da mesma Asociación, entidade, colexo…actuarán na mesma quenda.

Únicamente teredes que mandar un mail a info@xacarandaina.com co nome da entidade, número de participantes e número de pezas a interpretar. Cada grupo terá como máximo 30 minutos no esceario e deberá presentar as pezas a interpretar.

Para a foliada de maiores, a partir das 21 horas, terá que facerse o mesmo proceso: mail co nome da entidade, número de pezas a interpretar e número de componentes.
O tempo será o mesmo, 30 minutos por entidade.

En ambalas dúas foliadas, infantil e maiores, actuarán en primeiro lugar os grupos da A. C. Xacarandaina.

Teredes ata o día 11 de Xuño para inscribirvos. Animádevos!!! Un saúdoAsociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Ortigueira prohibe as carpas «dance» no Festival Celta
O Concello de Ortigueira prohibe as carpas «dance», lumes e postos ambulantes na acampada do Festival Celta

O pleno do Concello de Ortigueira aprobou unha ordenanza reguladora dos servizos relacionados co Festival Celta, para «evitar riscos ou molestias aos folkies» na acampada do piñeiral de Morouzos, que terá lugar do 12 ao 15 de xullo.

O texto establece medidas para previr posibles riscos de seguridade, contra a saúde pública ou para o espazo dunar, con medidas para «acabar con actividades» como as carpas dance, lumes no piñeiral ou a venda ambulante en puntos non autorizados.

A ordenanza aprobada permitirá impedir o paso a «calquera que porte maquinaria como xeradores, ferros de cociña, cociñas de gas, bombonas, aparellos de música potentes, altofalantes ou amplificadores, posibilitando a súa incautación».


Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-05-2012 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Petisco Musical nas Crechas (Compostela)

Coincidindo co 25 aniversario da Casa das Crechas -o domingo celebrouse cun magnífico concerto de Eliseo Parra- este martes 22 de maio, aCentral Folque organiza un novo Petisco Musical, unha dieta acústica para bandullos críticos con chourizos de Lalín de primeiro plato e chulas de Soutomaior de postre. Os encargados de servilos serán Carlos Quintá (reelaborando a Marc Perrone via Jean Vigo) e Primordiais (música snob de aldea). Se queres saber a que cheiran estes Petiscos Musicais nas Crechas, podes ver o último vídeo saído do fogón para as Gastrofonías

PETISCOS MUSICAIS. CASA DAS CRECHAS +aCentral Folque.

JEAN VIGO "A PROPOS DE NICE" E CARLOS QUINTÁ + CHOURIZO DE LALÍN

Mais un Petisco Musical, desta volta unha adaptación da partitura de Marc Perrone para a película de Jean Vigo, a súa opera prima (À propos de Nice, 1930) e interpretada ao vivo á vez que se proxecta a película por Carlos Quintá, profesor de acordeón diatónico da Trad-Escola de Vigo e un dos instrumentistas mais interesantes da nova xeración de músicos folque do pais.

PRIMORDIAIS + CHULAS DE SOUTOMAIOR.

Marcelo González (voz e percusións de man), Lu Martíns (harpa e bouzouki).

O que "Primordiais" propón é, precisamente, pechar a billa ou ben abrila de todo. Un todo e un nada nun momento musical. Facer que durante un curto período de tempo e nun contexto no que se está perdendo o dinamismo musical como pode ser a rúa, esa policromía recupérese en calquer lugar enchendo o espazo de ritmos, voces e expresións diferentes. Eles levan a rúa á escena. Veñen desde Soutomaior (Pontevedra interior) con cancións compostas de forte inspiración tradicional e con repertorio da sua comarca, que coñecen ben. Son dous xóvenes músicos que viven en maiúsculas e defenden a vida de aldea, a boa comida da horta (que eles mesmos plantan) e vivir o ciclo do ano a través do clima e das propostas sonoras que este imprime.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre prepara novo disco
En «Mar Maior» o grupo musica por primeira vez textos do «Lebor Gabála»

«Nunha ocasión, cando Ith, nunha clara tarde de inverno, achábase no alto da torre de Beoghan contemplando e observando as catro direccións, pareceulle ver de lonxe unha sombra ou parecido dun país e unha maxestosa illa». Isto di o Lebor Gabála. Libro de las invasións de Irlanda (Trea), un texto no que está inspirado Mar Maior, o novo disco de Luar na Lubre. Publicarase o 6 de xuño, día no que o grupo dará o primeiro de catro concertos seguidos no Círculo de Belas Artes de Madrid. É unha das trece actuacións xa confirmadas.

-¿Por que «Mar Maior»?
-Neste disco afondamos de novo na lírica medieval galaico-portuguesa na que mar Maior era o océano Atlántico, ese Atlántico que nos une a Irlanda. Este disco tamén está inspirado no Lebor Gabála, de onde vén a historia de Breogán, de Ith, de Brath. O que fixemos foi poñer a banda sonora da parte que nos toca os galegos: cando Ith sube á torre de Breogán e descubre Irlanda. Na portada, de Estefanía Domínguez Cagigao, vense os barcos saíndo para Irlanda e a torre como era entonces.

-É o primeiro con nova voz.
- Si, o cambio de voz, con Paula Rey, é novidade. É un disco que fabricamos sobre a marcha. En xaneiro presentamos a Paula co repertorio antigo e en maio está feito o novo disco. Foi unha forma de poñernos a proba a nós mesmos. Para min é o mellor disco de Luar na Lubre por moitos motivos.

-Dos 14 temas, ¿cales destaca?
-O disco ten tres partes. Dentro do Lebor Gabála, é a primeira vez que se musica en Galicia o Poema de Amerguin, cando os fillos de Mil chegaron a Irlanda; é o tema que abre o disco Invocación de Amerguin. Das cantigas destacaría a de Martín Codax, a número dous. E da parte tradicional fixemos unha versión deste tema que gravou Eva Castiñeiras e que recolleu Pablo Quintana no seu momento, que é Ao pasar pola Coruña, unha homenaxe á nosa cidade.

-Quintana é un histórico.
-Deixou a música, pero é unha gran referencia, deixou un traballo moi importante. Gústanos recoñecer o traballo ben feito de xente como o de Quintana, Miro Casavella, Araguas, Emilio Cao, Milladoiro... Eles empezaron coa música celta, pola Galicia de Maeloc. Esa estética callou e marcou unha maneira de facer música que nos serviu para proxectarnos no mundo. Ás veces a gran tara da música galega é que non da saído do país.

-¿Cómo vai a música galega?
-É moi complicado funcionar nun país no que se subvencionou todo e non houbo nunca unha política de futuro. Nunca houbo tan bos músicos e tan boas propostas como agora, pero a música non se vende, pero tampouco se toca. Na música ninguén reivindica nada, non protestamos, somos os caladiños

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2012 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Danzas brancas en Boborás

Cada catro anos, se hai bo tempo, as virxes Santa Isabel e A nosa Señora de Xuvencos bótanse ás rúas de Boborás e paséanse, soportadas cada unha por catro veciños, en distintas direccións ata que se atopan nun punto medio e saúdanse. Onte escampó e as virxes, na imaxe, oficiaron o rito ancestral do cumprimento entre un despregamento de complexos e vistosos bailes incluídos nas danzas brancas procesionais do século XVIII.
Entre as salvas das bombas, o son ancestral, a luz do día e a vistosidade dos traxes caribeños, Boborás festexou a procesión do raro encontro das súas virxes.

www.elpais.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2012 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 21 (Luns)
• Sés no pub Ultramarinos (Compostela)

Terza feira 22 (Martes)
• Primordiais na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 23 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
• Foliada no Bar Rúa (Rúa de San Pedro - Compostela)
• Serán inauguración do Festival de Cans (O Porriño) ás 21.30h no Baixo de Moncho

Quinta feira 24 (Xoves)
• O Sonoro Maxín na sala Moon (Compostela)
• Roberto Sobrado na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Sexta feira 25 (Venres)
• Os Carunchos en Casa Gallardo (Puxeiros.Mos) ás 22:30
• Moxenas Musical Galego no Auditorio do C. C. de Beade (Vigo)
• Crema de gaita no Liceum (O Porriño)
• Lulavai no pub Gatos
• O Sonoro Maxín na sala Mardigras (A Coruña)
• Banda Crebinsky, O Leo e Arremecagoná e Xoel López no Festival de Cans (O Porriño)
• Foliada Ven Respirar (Ourense) na Praza de San Martiño
• Foliada Cantos de taberna en Pontevedra

Sábado 26
• I Encontro Musical Oza 2012 (Oza-A Coruña)
• Loretta Martin na sala 600 (Melide)
• Pentalfa no Liceum (O Porriño)
• O Sonoro Maxín, Sés, Habelas Hainas, Anxo Pintos, Serxio Cés e Aerolineas Federales no Festival de Cans (O Porriño)
• Festival Noite Irmandiña (Seixalvo-Ourense): Tabú, The Turre`s Band, The Teta`s Van, A Compañía do Ruído e Sesión de Puntxica.
• Manguelo Folk (Orazo-A Estrada): Os Carunchos, Xuntanza dos Regatos, Tanto Nos Ten, A Requinta da Laxeira, Ce Orquetra Pantasma
• VII Serán Mar de Rianxo
• Serán en Arcade (Soutomaior) a carón da estación de tren
• Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)

Domingo 27
• XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
• II Raxada Gaiteira (Couso-Gondomar)
• Guezos na Regueifa (Ponteareas)
• Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2012 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

BASES DO CONCURSO
XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Centro Cultural Ágora, A Coruña
27 de Maio de 2012


MODALIDADES:

A) PANDERETEIROS/AS
B) CUARTETOS, QUINTETOS OU SEXTETOS.
C) GAITEIROS SOLISTAS


1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc... nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como tódolos gaiteiros solistas que o desexen.

2. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:

­ Categoría A: ata 9 anos inclusive.
­ Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
­ Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
­ Categoría D: de 18 anos en adiante.

3. A modalidade de cuartetos distribúese en dúas categorías:

- Categoría A: ata 16 anos inclusive.
­ Categoría B: de 17 anos en adiante.

Nas modalidades de pandeireta e cuartetos, a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

4. Na modalidade de gaiteiros solistas establécese unha única categoría sen límite de idade.
As gaitas deberan ser galegas, quedando excluidas as foráneas. O gaiteiro poderá levar un so acompañante (por exemplo, tamboril, caixa, pandeireta ou calquer instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluidos os de material sintético).

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en tódalas modalidades (pandeireta, cuartetos e gaiteiros solistas)


6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago o grupo correspondente.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

­ Autenticidade e dificultade da peza.
­ Afinación e interpretación.
- Expresividade na interpretación.

O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.

O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

8. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. Os premios serán os seguintes en tódalas categorías de tódalas modalidades.

- 1º premio: trofeo e 250 €
- 2º premio: trofeo e 150 €
- 3º premio: trofeo

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco,
outorgarase un único premio. (trofeo e 250 €)

10. O concurso terá lugar o domingo 27 de maio no centro Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n C.P 1510 A Coruña. Está previsto que o concurso se desenvolva ó longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ó concurso vía correo electrónico.

11. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 12 DE MAIO.

12.Pódense realizar as inscripcións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesama forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscripción adxunta por:

- Correo ordinario ó local social: A.C.Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

13. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN POSTERIOR A ESTA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2012 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
• Uxía no Clavicémbalo (Lugo)
• Zenzar na Sala Karma (Pontevedra)
• Kastomá na sala Boulevard (Fisterra)
• Mónica de Nut no Liceum (O Porriño)
• Snatch no pub A Ventana (Laxe)
• Vaamonde, Lamas & Romero coa Banda do Barco de Valdeorras no Barco de Valdeorras

Sábado 19
• Obradoiro de cantos de arrolos con Xabier Díaz e Guadi Galego ás 17:00 na casa dos veciños de Couso (Ponteceso)
• Presentación de Adacanto (Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero e Guadi Galego) ás 23:00 na casa dos veciños de Couso (Ponteceso)
• Xacarandaina no Pavillón Polideportivo Municipal de Melide ás 18:00
• Os Carunchos, Os Vacalouras, Sobre Rodas,... nas festas de San Pedro (Cangas do Morrazo)
• Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño na sala 600 (Melide)
• Primordiais no Cine Teatro de Ribadeo
• Terbutalina na sala A Reserva (Carballo)
• Safari Orquestra na sala Clavicémbalo (Lugo)
• Xoán Eiriz no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 20:30
• Festa-Homenaxe a Juan de Freixo (Vigo:): Os Podridos, O Ciprián e mailo can, KGben, Oxtiax que te pariu,...
• Foliada no Abrente (Arcade-Soutomaior) con Zurrumalla ás 23:30
• Foliada Retrouso de Cela (Bueu)
• Foliada aniversario de Pau de Buxo no campo da festa de Saídres (Silleda)
• Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
• Serán en Chaín (Gondomar) no C. C. A Merced
• Serán en Valga

Domingo 20
• Os Terribles de Donas na Fundación Eduardo Pondal de couso (Ponteceso) ás 16.00
• Coro Tradicional Cantares do Brión no Centro Cultural de Vincios (Gondomar) ás 19:00
• Zenzar no Aturuxo (Bueu)
• Eliseo Parra no teatro Principal (Compostela) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2012 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Valga
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-05-2012 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada X Aniversario ds gaiteiros `Pau de buxo´ en Saídres (Silleda)
http://paodebuxo.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-05-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Retrouso (Cela-Bueu)
FOLIADA RETROUSO 2012

O vindeiro sábado 19 de maio estades todos convidad@s a participar na Foliada Retrouso, que terá lugar a partir das 20:30h. no local sociocultural do Torresino de Cela (Bueu), detrás da Casa da Cultura de Cela.


Vinde tocar e beillar, que algho vai ...haber pra picar!!!

A continuación tendes unha ligazón coa ubicación do lugar e que vos indica a ruta para chegar dende calquera sitio (introducindo outra direción no punto A)

http://maps.google.es/maps?daddr=Ctra+de+Cela%2FPO-1304&hl=es&sll=42.328918%2C-8.761983&sspn=0.010629%2C0.022702&geocode=FSHhhQId6m96_w&t=h&mra=ls&z=16

Máis info no enderezo electrónico retrouso@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-05-2012 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Folc na rúa (Compostela)
Xoves 17 de maio
FOLC NA RÚA


12.00 h.
O Fiadeiro // Praza de Praterías
Cantigas e Agarimos // Travesa de Fonseca
Colexiata do Sar // Praza da Inmaculada
Brincadeira // Praza do Toural

12.30 h.
Colexiata do Sar // Praza de Praterías
Brincadeira // Travesa de Fonseca
Cantigas e Agarimos // Praza da Inmaculada
O Fiadeiro // Praza do Toural

13.15 h.
Cantigas e Agarimos // Praza de Praterías
O Fiadeiro // Travesa de Fonseca
Brincadeira // Praza da Inmaculada
Colexiata do Sar // Praza do Toural

18.00 h.
Colexiata do Sar // Praza de Praterías
O Fiadeiro // Travesa de Fonseca
Brincadeira // Praza da Inmaculada
Cantigas e Agarimos // Praza do Toural

18.45 h.
Brincadeira// Praza de Praterías
Cantigas e Agarimos// Travesa de Fonseca
O Fiadeiro // Praza da Inmaculada
Colexiata do Sar // Praza do Toural

19.15 h.
O Fiadeiro// Praza de Praterías
Colexiata do Sar// Travesa de Fonseca
Cantigas e Agarimos // Praza da Inmaculada
Brincadeira // Praza do Toural
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-05-2012 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Estreo de Proxecto Danza en Lugo
Tráiler do espectáculo "Latexo" de Proxecto Danza.
Estrea oficial o sábado 19 de Maio de 2012 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Zurrumalla en Arcade
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Snatch en Laxe
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar en Pontevedra e Bueu
Zënzar presenta o seu último traballo “Vaise Armar” na Sala Karma de Pontevedra o venres 18 de Maio ás 23:00 e na Sala Aturuxo de Bueu o domingo 20 de Maio ás 21:30 horas.

Tras o éxito da presentación na sala Josfer (Ordes), con máis de 400 persoas, Zënzar presentarán “Vaise Armar” en Pontevedra, Bueu, Boiro, Porriño, Ourense, entre outras localidades, nunha xira que os levará a tocar por salas de todos os recunchos do país e en festivais como o Derrame Rock ou o Brincadeira.

Zënzar na Sala Karma
DATA: Venres, 18 de Maio de 2012
LUGAR: Sala Karma (Pontevedra)
HORA: 23:00 horas
PREZO: 6 €

Zënzar na Sala Aturuxo
DATA: Domingo, 20 de Maio de 2012
LUGAR: Sala Aturuxo (Bueu - Pontevedra)
HORA: 21:30 horas PREZO: 6 €

Podedes descargar neste enlace 3 temas adianto do novo traballo: https://www.sugarsync.com/pf/D7838164_65517284_768522
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival San Cidre (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-05-2012 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Nela e Xistra de Coruxo en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
En galego lingua propia! (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa-Homenaxe a Juan de Freixo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-05-2012 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
I Liorta Folk para solistas de gaita, violín, flauta, zanfoña e acordeón
O 17 de maio o Concello da Pastoriza (Lugo) esta a organizar a Primeira Edición de Liorta Folk para solistas de gaita, violín, flauta, zanfoña e acordeón na Praza da Casa do Concello. Praza de Galicia nº 1.

Este proxecto nace coa intención de poñer a disposición daqueles músic@s folk non profesionais a oportunidade de demostrar a súa capacidade interpretativa e dar a coñecer a súas propias composicións. LIORTA FOLK pretender ser, asemade, un punto de encontro para aquelas persoas que sintan e defendan a música folk, unha oportunidade de compartir experiencias, intercambiar ideas ou establecer lazos con outras xentes que, coma elas, entenden o folk coma estilo de vida.

DINÁMICA DE LIORTA FOLK
O concurso consta de enfrontamentos directos entre dous artistas polo sistema de apertura de actuación a cargo de un deles (elexido ó azar) e resposta d@ contricante. Cada artista interpretara tres pezas dunha duración máxima de 3 minutos cada unha.

É un sistema tremendamente activo , ó estilo dos piques dos rapeiros, onde se pon en xogo a capacidade do artista para respostar cun tema axeitado e o virtuosismo en executar dito tema. Un xurado profesional valorará ambos aspectos e outorgará a victoria ó contricante que considere mais preparado.

O/a artista que resulte gañad@r do seu confrotamento batirase co gañad@r doutro grupo e así sucesivamente ata quedar tan só dous dos participantes que se batirán de igual forma.

A final segue mesmo sistema coa excepción de que as pezas interpretadas neste caso deben ter unha duración mínima de 5 minutos e de 8 minutos máxima.

BASES
1.- poderán participar na primeira edición de Liorta Folk tod@s aqueles músic@s que dominen a interpretación cos seguintes instrumentos: gaita, flauta, violín, zanfoña, acordeón. Tanto profesionais coma amateur.

2.-O/A participante debe enviar une-mail o seguinte correo carlosriveirab@yahoo.es antes do 10 de maio onde incluirá nome, idade, lugar de procedencia instumento co que concursará, teléfono de contacto.

3.-Os temas poden ser propios ou revisións musicais de outros temas folk xa editados. Admitense adaptacións de temas pertecentes a outros xéneros sempre e cando ditas adaptacións teñan un cáracter folklorico.

4.-A organización de Liorta Folk reservase o dereito de gravar e difundir polos distintos medios audiovisuais o evento.

PREMIOS
O gañad@r do Liorta folk será galardonad@ có trofeo LIORTEIR@ DO MIÑO e un premio en metálico de 1000 euros.

Teléfono de contacto: 608078259


www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-05-2012 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Quodlibet en cangas do Morrazo
Venres 18 de maio ás 21.00 horas

Auditorio municipal de Cangas do Morrazo
Entrada de balde


Este concerto forma parte da xira que estamos dando polos auditorios de galiza co noso expectáculo, PROXECTO MIXTURA. Un concerto no que se mixtura o clasico e o tradicional, dando paso tamen a música de autor contemporáneo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
XI Romaría Etnográfica Raigame (Vilanova dos Infantes)
www.romariaraigame.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Premiados na XI gala dos premios folk de LA OPINIÓN
Uxía, Doa e Assembly Point gañan os premios LA OPINIÓN de música folk, que este ano honran a carreira de Fuxan os Ventos

É tradición mais é futuro, é todo o que o tempo poida darlle. A música galega reinvéntase e, con ela, os compases herdados do pasado, aquelas melodías que algún día sonaron e que volven respirar o aire que deixaron atrás, pero noutros corpos, noutros foles e, en ocasións, en instrumentos alleos, chegados de alén do mar.

A undécima gala dos premios folk de LA OPINIÓN, que se celebrou onte, no teatro Rosalía de Castro, honrou o pasado, co galardón a unha carreira senlleira ao grupo Fuxan os Ventos, pero tamén ao futuro, coa distinción a Assembly Point pola súa canción Jumping Bits. Uxía recibiu a de mellor artista, e a formación Doa, a de mellor traballo discográfico por A fonda dos cervos.

Houbo muiñeiras, houbo lembranzas para os que xa non están, como o gaiteiro Moxenas ou coma Manuel María que, como dixo Xoán Piñon, de Doa, ao recoller o premio de mellor disco, "estará escoitando, alá onde estea" e houbo tamén un lugar para a loita, para a reivindicación, para a lembranza e para os temas que, cando Fuxan os Ventos comezou a cantar eran actualidade e tamén o son agora. "Falo do idioma e do trato que está a sufrir ultimamente", explicou Antón Castro, de Fuxan, onte, cando agradeceu que o xurado dos premios LA OPINIÓN lle concedese unha distinción por máis de 40 anos de andaina, de escenario en escenario, de Galicia e de Europa, dun lugar a outro, co activismo por bandeira.

Pasado e futuro, unha porta que se pecha e deixa a música tradicional tal e como foi recollida, intacta, inmutábel, e outra que se abre, que deixa que todo o aprendido dos devanceiros se mesture co adquirido, con outras linguas, con outros instrumentos, con outras formas de sentir e de transmitir.

As actuacións musicais que precederon á entrega dos premios foron máis neste camiño, no da fusión e da goma de borrar, esa, a que esvae fronteiras e atopa o equilibrio en forma de melodía bailábel, de ilusión que une mundos distintos.

A conxunción da arpa de Rodrigo Romaní coa gaita de Susana Seivane; a unión da guitarra e da voz afeita a cantar en inglés de Lucía Rolle -exvocalista de Sevigny- e o acordeón de Xosé Lois Romero; e a voz do cantautor Fran Pérez, Narf, que rescatou uns fragmentos da obra de Castelao, Sempre en Galiza, foron os protagonistas das actuacións previas á entrega dos premios que, por primeira vez, foron revelados no transcurso da gala. Todos, agás o de Fuxan os Ventos, o da Andaina Senlleira, que xa fora publicado con antelación.

"A música é un ben do noso país e nós temos o deber e a honra de espallala por todo o mundo", dixo Xoán Piñón, de Doa, que onte impúxose aos discos de Assembly Point, de Talabarte e de Vaamonde, Lamas e Romero.

O director xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o xefe territorial da Consellería de Educación e Cultura, Indalecio Cabana, a concelleira de Cultura, Ana Fernández, o edil de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, a vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín, así como membros da oposición ao Goberno local, o xerente de LA OPINIÓN, Luis Gómez, e a directora, Carmen Merelas, e Ana Lago, en representación de Gadisa, participaron nesta gala na que o xornal honra a todos os galegos que fan música de raíz, que pescudan na evolución das melodías e compoñen futuro.

Os encargados de pechar a gala desta edición foron os membros da formación Moxenas Musical Galego, que tocaron unha versión de San Benito e tamén a composición A saída da Coronilla. Son músicos de entre once e 23 anos, interpretan repertorio tradicional, aínda que deixan paso a instrumentos como o teclado, o violín e a percusión africana para darlle un aire diferente ás partituras que esconden os cancioneiros populares. "Son máis de 25 anos cantando, 25 anos no oficio máis fermoso do mundo, e cantando na miña lingua", dixo Uxía, ao subir ao escenario e agradecer o seu premio a mellor artista, un galardón ao que estaban nominados tamén Óscar Fernández, Xoán Piñón e Begoña Riobó. "Outros 25 anos estarei enriba dos escenarios e espero cantar en cada recuncho deste país", dixo onte a vocalista de Mos.

O xornalista Alfonso Hermida, o encargado de conducir a gala, foi introducindo textos de autores que foron homenaxeados en anteriores edicións das Letras Galegas e así, entre versos de Rosalía, a muiñeira de Alén, a polca na fonte da Falperra, as letras de Xosé Manuel Pintos rematou o acto, cos acordes do Himno do Antergo Reino de Galiza.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2012 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación polo galego en Compostela
Autobuses manifestación 17 de maio 2012

Pola lingua que nos une. Paremos os ataques contra o galego.

17 de maio. 12 horas. Alameda de Santiago de Compostela.


Servizo de Autobuses:

FERROL
Saída de Ferrol (CIG) ás 10 h.

Saída de San Sadurniño (fronte ao concello) ás 09:45 h.
Saída de Narón (fronte ao concello) ás 10 h.
Faranse paradas en diversos sitios:
Fene (diante do Gadis) ás 10:05 h.
Gasolineira de Vilar do Colo ás 10:10 h.
Pontedeume (rotonda) ás 10:15 h.

Contacto para os autobues: Ana Vérez 689 39 28 61

LUGO
Saída ás 10 hs de diante do edificio sindical (Ronda da Muralla). Para apuntarse, chamar á CIG (982 225 812) ou ao BNG (982 280 410)

A CORUÑA
Saída da Praza da Palloza ás 10.30 da mañá. Cómpre anotarse previamente chamando ao local comarcal da CIG (981169293) da Coruña antes do 16 de maio ás 11 da mañá. A viaxe terá un prezo simbólico de 2 € por persoa para axudar a sufragar os gastos dos buses.

CEE
Saída da Estación de Autobuses ás 10 hs da mañá. Para anotarse (ata o martes 15) pódese facer directamente no local da CIG en horario de 17 a 21 hs, ou ben chamar ao 981 745 266.

CARBALLO
Saída do Pazo da Cultura ás 10:30 hs. Para anotarse (ata o luns 14 a mediodía) chamar ao 653 618 955. Organiza o transporte a Asociación Cultural Lumieira, haberá un prezo simbólico de 3 € para axudar a sufragar os gastos do autobús.

OURENSE
Se queres anotarte ao transporte desde Ourense chama ao 988 238 350, antes do mércores 16 ás 13 hs.

VIGO
Saen autobuses desde a Sede da CIG (Avd. Gregorio Espino 47) ás 10 da mañá e regresan ao remate da manifestación. Para reservar praza tes até o mércores 16 ás 14horas, no telefono 986827900.

O SALNÉS
Saídas:
O GROBE: As 10:30 da Praza do Corgo
CAMBADOS: As 10:45 de diante do concello
VILAGARCÍA: As 11:00 de diante da casa do mar
Podense apuntar todos aqueles que queiran nos Teléfonos 986565059 - 986505323
ou ao email: salnes@queremosgalego.org. O Prazo para apuntarse remata o Mercores 16 as 20:00h.



Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
XI Premios Opinión de música folk (A Coruña)
Esta noite vivirase unha gala especial, no teatro Rosalía de Castro ás 20.30, na historia dos PREMIOS OPINIÓN. Nesta undécima edición mudouse a estrutura dos galardóns. Anteriormente salientábanse os tres mellores discos do ano e a partir de agora pasan a recoñecerse ao mellor disco, canción orixinal e artista máis sobranceiro, coñecéndose os vencedores no decurso da cerimonia. Por ese motivo a gala de entrega adiantou a súa celebración ao mes de maio.

O programa musical para a noite festiva do folk galego comeza co recital que ofrecerá o dúo composto por Susana Seivane e Rodrigo Romaní. Será a primeira vez que os músicos realicen un pequeno concerto formal nun teatro.

Despois será o momento de entregar o V PREMIO OPINIÓN Andaina Senlleira ao grupo Fuxan Os ventos, un referente na historia da música galega.

Logo aparecerá no escenario Narf coa súa guitarra para pór en escena dúas pezas novas no seu repertorio. Realizará unha canción que ten letra dun poema escrito polo seu pai e un tema baseado nun texto de Castelao, nomeadamente da súa obra Sempre en Galiza.

Continuará o espectáculo co dúo formado por Lucía Rolle e Xosé Lois Romero, que interpretarán dúas pezas enriba do escenario. Un deles será unha versión da Danza do mar namorado, canción do grupo Na Lúa con texto de Xosé María Álvarez Cáccamo. O outro tema será unha composición da cantautora. Os encargados de pechar a noite musical serán os compoñentes da orquestra viguesa Moxenas Musical Galego, dirixida por Xosé Oliveira, compoñente do grupo Noitarega, formada por trinta e cinco músicos novos, cunhas idades que abranguen dende os doce aos vinte e catro anos. Interpretarán na súa actuación pezas de Ernesto Campos feitas para a banda.

O presentador será o xornalista Alfonso Hermida, coñecido polo seu labor como presentador do Telexornal na Televisión de Galicia, quen xa exercera de mestre de cerimonias na gala celebrada o terceiro ano de vida dos galardóns.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou en Vigo
Mércores 16 de Maio de 2012
Lugar: La Fábrica de Chocolate
Horario: 22:00h
Prezo: 6 euros


Con máis de doce anos de traxectoria artística, Quempallou é unha das bandas máis representativas do folk en Galiza, levando a festa por bandeira en cada concerto, pero sen esquecer unha clara mensaxe de compromiso social.

Eles fan música de raíz desde un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras, tendo sempre claro as súas orixes, pero mirando cara adiante en todo momento. Claro reflexo son os seus traballos discográficos, nos que se observa unha constante evolución musical, coa que conseguiron un son propio e característico. Desde aquel primeiro "Quempallou" e a música tradicional como base, pasando por "Estremonías" e a forza da palabra, chegando a "Polo aire", cunha importante madurez musical, composicións
propias e coidados arranxos.

Agora presentan o seu novo e agardado traballo discografico "Vellas Novas", que cunha estética baseada no mundo do xornalismo, contén composicións propias e tradicionais ao máis xenuíno estilo Quempallou. "Vellas Novas" é un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan desde a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco mantén unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas e sobre todo a voz.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos en Baiona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
A Banda das Crechas na Illa de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
A Compañía do Ruído en Bueu
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Sés en Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Berra en galego (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer