Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán do coello (Lourido-Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-05-2011 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Boborás (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-05-2011 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
IX Serán no Muiño de Fausto (Coiro - Cangas do Morrazo)
Sábado 7 de maio
a partir das 21:00


Logo dun fin de semána de música, e para poñer fin cada ano ás Xornadas Culturais Festa do Muíño, a Banda de Gaitas Tromentelo organiza un serán.

No serán facilítase un palco e unha megafonía onde calquera que o desexe, ben sexa só ou en grupo, poderá deleitar coas súas pezas os bailaríns que a se achegan ano a ano ó Serán Tromentelo. A peculiaridade deste serán é que a parte da música tradiccional e do baile, tamén se organizan concursos e se ofrece comida tradiccional. Xeralmente fanse conscursos tanto de pequenos como de maiores da "desbulla" do millo, os gañadores obséquianse con agasallos tradiccionais.

Logo deste consurso a directiva de Tromentelo ten preparada para todos "Papas de Fariña Triga". Todo de balde. E o mellor é a posibilidade de beber bo viño, acompañado de ovos da casa cun chourizo.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-05-2011 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de San Sebastián (O Porriño)
O Serán de San Benito (O Porriño) deste sábado trastaladase a San Sebastián, un pouco máis abaixo. Enfronte da panadería Chichina.

A hora segue sendo a mesma.
Os grupos seguen sendo os mesmos
as gañas seguen sendo as mesmas
esperamos que todos o pasemos moi ben, esta vez en San Sebastian.

Organizan: Pandereteiras "Cheira a ghato", "Os Zoqueiros" e "Fonteliño"
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-05-2011 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca en Cerceda e Final do Concurso de Aturuxos
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-05-2011 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro e Foliada en Laraño
A partir das 18:30, aprenderemos a construír instrumentos tradicionais, con vexetais que podemos atopar na beira dos ríos, obradoiro impartido por Pablo Carpintero.

E a partir das 9:30 a festa está garantizada cos grupos:

- Campantes da Baña
- Carapaus
- Tanto Nos Ten (TNT)


E na cantina prezos anti crise

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Baile assalto en Marín
Lugar: Praza de Abastos. Marín
Prezo: de balde
7 de maio de 2011 20:00 h - 22:00 h


Tarde de baile e música popular na Praza de Abastos de Marín con Pedro Pascual, Carlos Quintá e Benxamín Otero e Marcelo González coma guía de baile. Este baile está dentro das actividades para dinamizar o renovado espazo multiusos.

O Baile Assalto é unha festa aberta nun local urbano que consiste nun encontro non competitivo para bailar coa música popular. Música ao vivo con grupos de música tradicional: acordeóns, violíns, percusión, zanfona, gaitas,... que interpretan ritmos bailabeis soltos (jotas, muiñeiras) e agarrados (valses, polcas, mazurkas,chotis,...) da música galega con incursións en ritmos europeos (an dro, bourrée,...).

Unha boa festa para músicos, bailaríns e “miróns” que poden participar desde a barra do bolinche desfrutando do baile dos demais.
De seguido, varios grupos de músicos interpretarán diferentes pezas e os temas estarán guiado por unha persoa que anuncia os ritmos e que guia o baile.

Trátase dunha excusa para divertirse rememorando as festas nas que os nosos avós “quedaban” para bailar.

http://xironsa.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Festa dos Maios (Casco Vello - Vigo)
Este ano celebramos a XXIX edición da Festa dos Maios. Unha das súas características máis positivas é a participación interxeneracional da cidadanía. Avós, pais e cativos

Ao igual que en anos pasados celebrarémola Festa dos Maios na praza da Constitución, consonte co seguinte programa:

Venres, 6 de maio
20.00 Ensaio xeral na praza da Constitución

Sábado, 7 de maio
16.30 Pola tarde, saída para a recollida de flores, fiúncho, etc polo campo, e o seu posterior atado e preparación no local

Domingo, 8 de maio
08:00 Comezo da confección do Maio do Casco Vello
10:30 Apertura do mercado (mel, pan, coiro, flores...)
11:30 Obradoiro de alfarería
12:00 Contacontos

18:00 Representación da Festa dramatizada dos Maios e a continuación, concerto do grupo tradicional Os Irmandiños

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Gala `De Serán en Romaría´ (Vigo)
O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL TRASPÉS PRESENTA "DE SERÁN EN ROMARÍA"

Sábado 7 de maio de 2011 ás 21h
Auditorio do Centro Sociocultural de Beade,(Vigo)


O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore.

Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile, as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega
por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín.

Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas, coidando meticulosamente todos os detalles (indumentaria, xoería, repertorio, etc)

Unha tarde de sol, sentado na sombra que hai ao pé da porta da súa adega, cun cigarro na boca e un vaso de viño na man, Manolo de Toutón recorda a súa mocidade, percorrendo Galicia co seu tambor para acompañar ao seu tío Serafín, “o gaiteiro do Condado”.

Tocaban en tódalas festas do Condado, pero iso a Serafín non lle chegaba, así, xunto co seu sobriño, marchou por Galicia adiante a tocar en toda festa na que eran contratados.

Foi así como Manoliño, con tan só 16 anos, comezou a súa andaina por toda Galicia
descubrindo as distintas formas de divertirse que tiña a xente daquel tempo; gozando de Polavilas, Romarías, Entroidos, Bailes e Seráns entre outras festas; pasando a súa vida... de Serán en Romaría.

Fundado a finais do ano 2009 en Vigo por un grupo de amigos cunha importante traxectoria no eido do mundo tradicional, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés ten como finalidade amosar ao público a nosa realidade cultural
a través dos traballos de recollida de campo na que abarcamos toda a etnografía da nosa comunidade, intentando non desvirtuar ningún dos seus detalles.

Así, na posta en escena, podemos apreciar a forma de vida dunha época determinada, con información contrastada e coidando meticulósamente tódolos seus detalles tales como a indumentaria, a xoiería, os bailes, as músicas, os cantares, os instrumentos... propios da época e do lugar que estamos interpretando.
Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Pojecto Trepia en Cangas do Morrazo
Projecto ['trepia] presenta "...de infinitum" no auditorio municipal de Cangas, o vindeiro venres 6 de maio ás 22:30h.

"...de infinitum" é un espectáculo de música, danza e videoproxeccións, dunha hora de duración no que a danza e a música tradicional galega evolucionan e se adaptan ao século XXI. Nel, once mozos trasladan a tradición galega aos novos tempos engadindo bases electrónicas e videoproxeccións, pero mantendo sempre ...o espírito das pezas que recollen da nosa tradición.

É un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a propia cosmovisión do grupo: son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite...
O repertorio tradicional mestúrase xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo. A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da propia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas.
Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.

Lugar: Auditorio de Cangas
Data: venres 6 de maio
Hora: 22:30h.
Entrada: 8 euros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de bailes agarrados (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-05-2011 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
II Xuntanza Folk en Lires (Cee)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-05-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Cans de palleiro (Bembrive-Vigo)
FESTIVAL CANS DE PALLEIRO
Sábado 7 de maio do 2011 no "CENTRO CULTURAL HELIOS DE BEMBRIVE".


De 10:00h. ate as 17:00h. curso de empalletado e afinación impartido por CUBERO. (xa non hai prazas)

A partir das 20:00h. actuacións do grupo de gaitas tradicional "CANS DE PALLEIRO" e do grupo de música tradicional "TANXEDORAS". (entrada libre)

Como chegar ó Centro Cultural Helios de Bembrive:
http://maps.google.es/maps
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festa da lingua en Carballo
Sábado 7 de maio.
Pazo da Cultura de Carballo ás 21:00


A entrada a este espectáculo é de balde, mais débese recoller convite nos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos colaboradores ou reservar no teléfono 981 704 304, entre o 2 e o 6 de maio, en horario de 11.00 a 14.00 horas.

Cada persoa pode recoller un máximo de 4 entradas. As reservas poderanse recoller no despacho de billetes do Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo o mesmo sábado 7 de 19.30 a 20.30 horas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa no muiño de Cabanas (Salcedo-Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas en Narahío (San Sadurniño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Celta en Santa Comba
"Come, bebe, baila e.... go­za como celta". Ese é o lle­ma da III Festa Celta de Santa Comba que esta fin de semana transformará o campo da feira nun au­téntico poboado castrexo.

As autoridades e o des­tacamento de guerreiros celtas acompañarán ma­ñá, ás 13.00 horas, o pregoeiro oficial, que este ano será o profesor Xosé Amancio Liñares Giraut. Pola tarde, a partir das oito, comezarán a ser­virse manxares como por­co celta, carne de tenreira galega á pedra, e polbo á feira, todo iso regado con viño e cervexa de barril.

Xa caída a noite, ás once, comezará o desfi­lle de fachós, que irá guia­do polo destacamento de cabalería celta, ó que se­guirán, fadas, guerreiros, druídas, trasnos e tamén músicos. Na rotonda do pobo revivirase a len­da de Santa Comba, re­creándose a conversión da Corda bruxa en Corda santa.

A velada conclui­rá cunha gran fogueira, queimada e o tradicional conxuro, animado con música folk e celta. O poboado castrexo con­tinuará aberto o domingo, e ó longo da fin de semana sucederanse animacións e espectáculos para todas as idades.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
III Caravana Galiza non se vende (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Piratonafest (Teis-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-05-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro Serán da tempada na Nasa (Compostela)
SERÁNS DA NASA
Xoves 5 de maio (21:30h)
Sala Nasa (Rúa de San Lourenzo nº 51, Compostela)


Aí vén o maio e con el o último serán da tempada!
Os grupos que non viñeron este ano, poden cubrir o formulario na nosa páxina web para o vindeiro curso.

Quen vén tocar esta noite?
21h30 . Obradoiro a cargo de María José (Cantigas e Agarimos)
22h15 . Cantigas e Agarimos
23h00 . Ultreia
23h45 . Quarteto+Bouba


Máis información
www.seransencompostela.orgseranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-05-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Antón `Papaqueixos´ (Ultraqans)
Antom Díaz leva desde 1994 nos cenários, quando debutou com 'Os Papaqueixos', formaçom musical na qual continuou até a dissoluçom em 2001. Polivalente e dinámico, continuou a fazer música com outras formaçons e projetos, às vezes em vários a um tempo, com galegos e outros lusófonos, mas nom só.

Com o angolano Alberto Mvundi fundou a 'Turma Angolo-Galega'. Em 2002, em parceria com Xurxo Souto e Fran Amil, montárom Os 3 Trebóns, banda na qual ainda está e que comparte com as suas responsabilidades para Ulträqäns —grupo criado em 2007— ou projetos como 'Ondas Martenot' —com Leo F. Campos, Cristina Asenjo e Fran Amil— ou a banda 'Tic Tac' de Pablo Díaz, focada para o público infantil.

Precisamente som os Ulträqäns notícia nos últimos dias, pois recentemente apresentárom o seu primeiro disco, quase quatro anos depois de começarem a tocar juntos. Com motivo disso conversámos com Antom, e a seguir oferecemos a entrevista que resultou, na qual repassamos a trajetória do grupo, expetativas e algumhas consideraçons sobre as licenças de ediçom e o conceito de música galega.

Maria Espantoso: Antom, qual é o eixo temático deste vosso primeiro disco?
Antom Díaz: Eixo? Arde-lhe o eixo!! Polo demais, podemos dizer que mais do que um núcleo rígido e unidimensional, o que temos os Ulträqäns no disco que acabamos de autoeditar é um chimpim de três rodas motorizado e de alta velocidade. A roda central ou diretriz é o repertório tradicional galego, mas também celta e muito mais balcánico. De facto, o germolo desta banda foi um grupo de danças do mundo que se chamava “Deixa que Xa!”, em que militávamos Aarón [Bouzón] e mais eu. Esta agrupaçom trabalhava um repertório de danças do mundo, especialmente do leste e do norte da Europa.

Depois incorporárom-se decontado Fran Amil, como nom!, à bateria, e Tino Vilaro à guitarra, dous velhos amigos do rock and roll corunhês. A finais de 2009 entrou a equipa ultraqánida o acordeonista Tomás Sáiz, diretamente chegado de Cuenca. Cada um deles achegou ao grupo a sua maneira de fazer as cousas.

As outras duas rodas do chimpim, as motrizes, som a estribor o punk-bravu —rabudo e irreverente— e a babor o rock progressivo, o jazz e a paranoia psicodélica —para isso apoioamo-nos no sintetizador EWI 4000 ou «pirulo infernal para gerar subidons»—. Agora já temos o nosso veículo a motor disposto a cruzar os torreiros da festa de riba a baixo do país e do resto do universo!

ME: Que diferença há com experiências anteriores?
AD: Os Ulträqäns recolhem, em certo modo, o testemunho dos velhos Papaqueixos num jeito de entender a música. A chave do assunto é carecer de preconceitos musicais, misturar tudo sem pudor com a ledícia que nos dá a incosciência e conservar um chisco de rebeldia sem esquecer a tradiçom.
Os Papaqueixos morrêrom novos como todos os bons rockeiros, assim que alguém tinha que continuar na senda do punk-folque galaico. Eis a nossa missom neste cacho de planeta!

ME: Quais som as vossas expetativas com este disco?
AD: Em realidade nom há expetativas, já que o mundo da música é completamente impredizível. Muitos bons projetos ficam à beira do caminho apenas polo motivo de nom estarem no lugar adequado no momento justo. Portanto, o grupo nasceu sem qualquer tipo de pretensons, exceto a de nos divertirmos.

O primeiro ano de existência tocámos em muitas festas, de maneira que a gente tem um conceito nosso distinto do que somos agora. Começamos o choio montando umha banda 101% instrumental, por exemplo, e a dia de hoje a metade do repertório do direto já é cantado. Também incorporamos nova instrumentaçom, como a de Tomás ao acordeom, que lhe deu um pulo definitivo à nossa música, deixando respirar um bocadinho mais ao noso frauta [Aarón], que o homem rematava os concertos quase anaerobicamente. E decidimos apostar pola velocidade musical, polo que o contrabaixo foi perdendo protagonismo, cedendo-lho ao baixo elétrico.

Estreia a 25 de abril
ME: E o disco foi estreado a 25 de abril. Figestes algo de particular?

AD: Erguer-se pola manhá cedo e ir choiar… que a música nom dá para viver… ainda que sim para beber [risos]. De todos modos, a nossa triste realidade de 'entre semana' nom resta glamou aos nossos diretos da campanha primavera-verao, que cada atuaçom dos Ulträqäns é como se fosse a primeira... e a derradeira.

ME: Algum significado especial para vós 25 de abril?
AD: Tínhamos pensado tirar o disco 'sim ou sim' antes do verao, polo que 25 de abril era umha boa data, fazendo a chamada 'Revolução dos Chcoos', rememorando a 'Revolução dos Cravos'. O choco, ou mecano-choco, é a nossa mascote, que sai na capa do disco. Acho que temos que evitar discriminaçom e reivindicarmos também os nossos irmaos os invertebrados... nem tudo vai ser espinha dorsal, bem serve umha cuncha calcárea!

Seja como for, na minha humilde e irrelevante opiniom, 25 de abril nom deixa de ser um bonito símbolo poético do que pudo ser e nom foi: a ditadura dos militares de antes foi substituída pola ditadura dos economistas de agora...

ME: Quais vam ser as próximas apresentaçons do disco?
AD: Continuando com a teima de antes, cada concerto vai ser um lançamento do disco até chegar o próximo trabalho! Entre a crise negra que estamos a suportar e as eleiçons, a contrataçom está-se a fechar muito tarde. Contudo, podo dizer, de memória, que este ano montamos festa em Marim, Corunha, Porrinho, Maceda, Cela Nova, Padrom, Calo (Teu), Mugardos, Bretonha (Pastoriça), Baralhovre (Fene)...

ME: Que valorizaçom se pode fazer do tempo que leva Ulträqäns?
AD: Mais positiva nom pode ser! O grupo montamo-lo em 2007 aproveitando que eu estava de baixa laboral por culpa de que os meus ligamentos nom pudéron agüentar os passes de baile a que foram submetidos diante do palco da orquestra na festa das Sam Lucas de Mondonhedo.

Esse momento de paz e de reflexom, portanto de aborrecimento, levou-me a mercar um contrabaixo elétrico fabricado na China comunista. Em base a isso, juntei-me com o resto da banda e argalhamos um repertório punk-folque para tocar nas festas do verao, nada mais. Mas a cousa foi tomando jeito e medrando aos poucos, assim que nom tivemos mais remédio que gravar disco, autoeditá-lo e preparar um plano de dominaçom mundial que nos leve cara à festa e a cafurnada massiva!!

Multidom de projetos

ME: Tu, particularmente, andas também noutros projetos musicais… como dás feito com tanta atividade?

AD: Pois nom sei como vou dar feito, porque no tempo livre tenho que trabalhar! Mas é algo ao qual nom vou renunciar, pois, como dixem, da música rock na Galiza nom se poe viver, assim que polo menos imo-lo passar bem. Com 'Os 3 Trebóns' já fazemos nove anos desde que nos juntamos para gravar o hino do Correlíngua, sem qualquer expetativa tampouco... e aqui estamos, sempre que houver alguém com ánimo de festa. Ademais, é um luxo compartir cenário com uns fenómenos totais como som 'Os Homes sen Medo' ou os amigos do 'Jarbanzo Negro', que também se unem às nossas festas.

Com a banda 'Tic Tac' de Pablo Díaz podo dizer o mesmo: a gente que a forma som uns auténticos craques, o repertório composto por Pablo é lindo de tocar e ainda, como grupo e horário infantil, sempre o tenho mais doado para compaginar com o horário de adultos. É umha satisfaçom ver os pícaros bailar e desfrutar com música do País!

Também estamos com grande intensidade noutro projeto que formámos uns amigos, 'Ondas Martenot', um grupo de inspiraçom loispereirística que ideamos para celebrar à nossa maneira o ano das letras galegas longe da pompa institucional. Porque os poetas ou som do povo ou nom som. E Lois fluía versos que quadrárom muito bem com o nosso modo de perceber as cousas, porque era um púnki. Com esta história estamos a fazer umha gira polo País que começou na Coruña e pasa por Compostela, Porrinho, Maceda de Trives, Lugo, Sam Sadurninho, Pastoriça, Ourense, Monforte...

E tampouco podo esquecer a 'anarco-charanga' dos 'Veraneantes', aquelada pola grande orquestra da montanha galega, 'Os Cuchufellos'.

Licenças
ME: Sob que licença está editado o disco?

AD: Creative Commons, abofé. E nom há alternativa, salvo que sejas Loquillo, Siniestro Total ou Ramoncín. O mercado e mercadejo da música nom se fijo para os músicos que vivemos ao dia, é um outro mundo que nom nos interessa. O que nom pode ser é que a gente que gere os teus dereitos inteletuais nom seja outra cousa que umha restra de mafiosos. O que nom pode ser é que para editares o teu próprio disco, tanto se és umha banda pequena ou nom, tenhs de pagar umha 'mordida' à SGAE porque sim e só se encarregam de tomar nota dos 'artistas' grandes com direito a voto que fam pressom para levarem a água ao seu moinho.

Depois, organizas um festival ou um ato público e aparecem os seus empregados a modo de extorsionadores reclamando umha percentagem da arrecadaçom, mesmo que seja um festival benéfico! Copyright ou SGAE, é algo do qual devemos fugir sem contemplaçons.

O que é a música galega?
ME: Apenas umha reflexom final. Vós fazeis música galega e em galego. Acaso pode havê-la galega e em espanhol?

AD: Alegra-me que me fagas essa pergunta [risos]. Do mesmo modo que há um 'sistema literário galego', nom sei o motivo polo qual teríamos de renunciar a um 'sistema musical galego'. Resumindo, para mim, a música galega é a música feita em galego, um código de expressom feito na língua própria da Galiza. E quando digo língua non me refiro apenas às letras das cançons nem moito menos, mas ao jeito de se comunicar e de interagir. Quando apresenta o grupo, quando fás umha entrevista, quando escreves textos relacionados… nom som factos irrelevantes em absoluto.

Acaso a moinheira de Chantada nom é unha peça universal, mas galega ao mesmo tempo? Deixaria de ser umha peça galega polo facto de nom ter letra e ser instrumental? Deixaria de ser galega porque a toque um intérprete argentino? Ponhamos outro caso, umha versom dos Beatles é música galega porque a toque um tipo de Coristanco? O pop británico tocado por alguém da Fonsagrada deixa de ser pop británico?

De todos modos, o verdadeiro problema da música galega atual é outro. Comento-o agora porque me amola muito ler nos meios tipo La Voz de Galicia parvadas como que a cultura galega está subvencionada e burrices similares: a imensa maioria dos grupos galegos, por nom dizer o 100%, nom vírom nunca um euro como subvençom.

Nas festas galegas, que som muitas e grandes, mesmo que seja numha freguesia ou aldeia pequecha, sempre haverá lugar para as orquestras, cousa que me parece muito bem, pois sou-vos bem amigo da verbena e tenho muitos amigos e camaradas que tocam nas orquestras. Os orçamentos dedicados às orquestras som 20 ou 30 veces mais grandes que os quartos dedicados a um típico festival galego com grupos de rock ou folque, por mui importante que seja este festival. E mesmo assim, verbenas há milhares e festivais só uns poucos.

É do que gosta a gente? Parece-me muito bem, mas muito desse dinheiro sai também das contas públicas e dedicam-se a financiar festas caríssimas com um repertório em que é excluída a música galega. E mesmo assim, a SGAE arrecada muito dinheiro quando as orquestras se dedicam a reproduzir —digo reproduzir e nom tocar, porque muitas é o que fazem, em playback, e nom som poucas precisamente— os êxitos supervendas das radiofórmulas espanholas. Eis o triste panorama —e nom é um jogo de palavras— da música galega.

Remato com umha pequena anedota. A última vez que estivem na zona norte de Nafarroa, nas festas de umha pequena localidade, o pessoal dizia: «às 11 vai tocar a orquestra». Esperando ver o típico show pailám que temos na Galiza, essa orquestra era um grupo de rock com trikitrixa que fijo bailar em roda todo o povo, de crianças a velhas de cem anos. E tivem sá inveja...

http://pglingua.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2011 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Casa das Crechas (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2011 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Programación do Liceum (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Doa presenta o novo disco
O grupo Doa salva do esquecemento o seu disco inédito ‘A fronda dos cervos’
O traballo discográfico inclúe un total de dez cancións baseadas en pezas da lírica galego-portuguesa


A formación galega Doa presentou onte en Santiago A fronda dos cervos, o seu novo disco. Este traballo, o quinto de estudio dunha longa traxectoria que se iniciou en 1978, reúne un total de dez temas entre versións de pezas da lírica galego-portuguesa pertencentes ao Códice Calixtino, ás Cantigas de Santa María ou ao cancioneiro de Martín Códax. “É un disco respectuoso. Empréganse instrumentos eléctricos, pero tamén tradicionais. Neste disco non hai harmonizacións contemporáneas nin achegamentos ao rock ou o jazz; é un álbum de música antiga. Non están eses achegamentos a eses xéneros que realizamos noutros discos”, explicou para Xornal Xoán Piñón, un dos fundadores do grupo.

Este novo disco chega, dalgún xeito, con case cinco anos de atraso. En 2005, Doa emprendeu unha xira con Rosa Cedrón baixo o título Cantigalia. Naquel momento, xuntáranse a que fora a voz de Luar na Lubre, o zanfonista Óscar Fernández e Bernardo Martínez, Xoán Piñón e Xaquín Blanco –tres dos integrantes orixinais de Doa– para ofrecer unha serie de concertos. Cedrón e Doa decidiron entón gravar un disco, chamado A fronda dos cervos, cos temas que foran interpretando ao longo desa xira. Non obstante, o álbum quedou gardado no caixón. “O disco chegouse a gravar, pero xamais se editou. Por diversos problemas técnicos, non puido saír. Logo Rosa continuou a súa liña artística e quedou todo parado”, lembra Xoán Piñón.

Non obstante, os compoñentes do grupo quixeron publicar este disco, levase o que levase. “Quixémolo levar até ao final, aínda que levase anos. Había que conseguir que se divulgase, xa que era unha mágoa que quedase aí”, explica Piñón. Finalmente, encontraron a distribución en Fol Musica.

Unha nova voz
Un elemento que tivo que ver moito coa recuperación deste proxecto musical de Doa foi a aparición de Susana de Lorenzo, que se converte na voz de Doa. “Ela daba o perfil para recuperar o disco. Tiñamos que buscar unha persoa que, como Susana, compartise o espírito deste grupo ecléctico”, di Piñón.

Ese “espírito” do grupo ten que ver coa formación de todos os integrantes que pasaron por Doa. Os membros deste grupo son intérpretes que non se limitan a un único xénero e que teñen un amplo coñecemento musical. “Doa non é un grupo de folk ortodoxo. Por iso fai falla unha bagaxe como a de Susana, que pasou moitos anos tocando nun grupo de rock”, lembra Piñón.

O disco que chega agora ás tendas comparte os mesmos temas que o seu antecesor de 2006. Cambia a voz de Cedrón pola de Susana de Lorenzo, pero tamén hai outras transformacións. Modifícanse os arranxos e realizáronse versións actualizadas aos gustos actuais do grupo.

Ademais, o libreto que acompaña o libro incorpora outros valores, como é un poema titulado precisamente A fronda dos cervos, da escritora Eva Veiga, que se converte no limiar do disco. “Para nós é o tema número once do disco”, explica Piñón. Por outra banda, tamén se inclúe un pequeno estudo crítico da lírica galego-portuguesa de Federico Pérez. “É un estudo crítico sobre a atmosfera na que naceron cada unha das pezas no idioma galego-portugués que se atopan no disco”, apunta Piñón.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto solidario en Compostela
Será na Sala Nasa, hoxe mércores 4 de Maio, às 21:30.

Ali estarán Quempallou, The Homens, García MC. A “ordem e o progresso” correrán por conta de Carlos Blanco. E os benefícios serán para a II Flotilla da Liberdade, que en breve zarpará Rumbo a Gaza. Con 15 buques e centos de cooperantes de mais de 50 países, Galiza entre eles. Con axuda para a castigada populación da Faixa. Coa intención de furar o bloqueo, cruel e ilegal, a que a ten submetida Israel.

Co teu apoio.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-05-2011 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Pablo Díaz en Bueu
CONCERTO DE TIC-TAC (Pablo Díaz)
Mércores 4 de maio de 2011 ás 12h,

Praza do Concello, Bueu (Pontevedra)


Froito dunha incesante actividade musical e vital, o multiinstrumentista e cantante galego Pablo Díaz, agasállanos por fin co séu primeiro traballo discográfico en solitario: Tic-Tac.

Un disco para nenos grandes e pequenos. Con bases da música pop, rock, tradicional galega e moitas máis, Pablo Díaz embarca ós cativos nunha aventura fascinante: espertan ca canción do Tic-Tac, bailan co Rock do Porco Celta, viven mil contos que van arrolando a imaxinación.

O libro-disco, publicado pola editorial Kalandraka, conta coas ilustración de Marc Taeger e un sinfín de colaboracións: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote...

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2011 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 4.000 mozos percorren Santiago en defensa do galego
Máis de 4.000 mozos percorreron as rúas de Santiago de Compostela na edición deste ano de Correlingua, a carreira de reivindicación da lingua galega que se celebra en 15 concellos galegos e na que se prevé unha asistencia total de 45.000 persoas de 400 centros educativos nos diferentes actos que se celebrarán.

Co lema En galego sempre somos, os mozos puxeron de manifesto a “importancia da lingua como mellor vehículo de expresión” da “identidade colectiva”. Nesta ocasión, o manifesto foi elaborado polo alumnado do IES Agra de Leborís, de A Laracha, e foi lido por dous alumnos do IES Xelmírez I de Santiago.

A participación no acto en defensa do galego incrementouse este ano nuns 5.000 mozos con respecto ao ano pasado, segundo indicaron os organizadores do evento. Durante a rolda de prensa para presentar esta edición, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, declarou que o evento está dirixido aos mozos que compoñen a “xeración máis desgaleguizada” da historia. Por outra parte, Callón “lamentou” a ausencia da Xunta neste evento, e sinalou que o Executivo autonómico “non está en ningún acto pola defensa do idioma”.

CONCERTO DE ZENZAR E MAXIA
O acto final do Correlingua, que tivo lugar na praza do Obradoiro, concluíu coa actuación da banda de rock galega Zenzar e cun espectáculo do mago Martín.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2011 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 2

Terza feira 3 (Martes)

Corta feira 4 (Mércores)
• Tic-Tac en Bueu
• Doa en Santo Domingo de Bonabal (Compostela) ás 18:00
• Concerto solidario na NASA (Santiago de Compostela) con Garcia MC, Quempallou, The Homens e Carlos Blanco

Quinta feira 5 (Xoves)
• Sés no Ultramarinos (Compostela)
• Tic-Tac en Ferrol
• Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 6 (Venres)
• Projecto Trepia no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo ás 22:30
• Doa no Museo de Belas Artes(A Coruña) ás 18:30
• De Outra margem no Regueifa (Ponteareas)
• Pé de Boi na sala 600 (Melide)
• Guezos no Auriense (Ourense)
• Noitarega no Liceum (O Porriño)
• Noite de Tasca en Cerceda

Sábado 7
• Xornada de bailes agrrados en Pontevedra
• Obradoiro de Pesdelán en Lugo
• Doa na Igrexa da Peregrina(Pontevedra) ás 20:30
• I Gala da A.C. Traspés no Auditorio de Beade (Vigo) ás 21:00
• III Serán de Boborás (Ourense)
• Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
• Serán en San Benito (O Porriño)
• Serán Tromentelo (Coiro-Cangas do Morrazo)

Domingo 8
• Festa dos Maios no Casco Vello (Vigo)
• Güintervan na Sala Nasa (santiago de Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-05-2011 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

1º PREMIO: A Ponte Vella
2º PREMIO: Traspés
3º PREMIO: Trébede

Mellor Vestiario: Os Xeitosos de Trazo
Mellor Acompañamento: Traspés


Noraboa ao premiados

A Ponte Vella venceu no concurso de baile Azaloira
O auditorio da Bandeira estivo abarrotado na undécima cita do certame que organiza Fortín da Pomba


A Ponte Vella, de Reis en Teo, reverdeceu onte de novo os seus loureiros no concurso de baile tradicional Azaloira, en Bandeira. Alzouse por cuarta vez co primeiro premio, dotado economicamente con 1.500 euros. A segunda praza foi para Traspés, de Vigo ,800 euros, mentres Trébede, de Marín, que acudía por primeira vez, situouse en terceira posición, con 500 euros de premio.

O galardón ao mellor vestiario foi para Os Xeitosos, de Trazo, mentres Traspés gañou tamén a distinción ao mellor acompañamento, ambas as categorías dotadas con 150 euros.

Josefa Ferreiro, presidenta de Fortín da Pomba, grupo organizador do concurso, destacaba onte a gran resposta de público que abarrotou o auditorio Manuel Dopazo de Bandeira: o aforamento quedou de novo pequeno e foi necesario colocar cadeiras supletorias para intentar dar cabida ao numeroso público.

Os grupos eloxiaron a organización do certame, que abriu a actuación dos máis pequenos da escola de Fortín da Pomba. Tras as actuacións dos cinco grupos concursantes, dúas pezas en cada caso, e durante a deliberación do xurado, actuou Fortín da Pomba.


Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados I Concurso de gaita solista Concello de Vigo
1º premio - Pedro Álvarez
2º premio - Cristian Silva
3º premio - Lois Prado


Noraboa aos premiados

Comentarios (10) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Premios III Concurso de Cantos de Taberna de Melide

III Concurso de Cantos de Taberna de Melide.

O grupo de cantos de Taberna A Ghaita do Avó da A.S.C.Tregha de Marin conseguiu o 1º premio entre 15 grupos que participaban no concurso,despois de cantar en 10 Tabernas nas cales o Taberneiro era o que puña a puntuación..

Os grupos que participaron no concurso dos Cantos de Taberna de Melide

1ºPremio..A GHAITA DO AVÓ Marin
2ºPremio OS TRAPEIROS DE Melide
3º Premio RONDALLA MORAIMA DE Arzúa


AXÓUXERE (Melide)
BINGO BIRÓN (Toques)
GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso)
FIADEIRA (Antas de Ulla)
OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada)
SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
REVIRAVOLTA (O Pino)
ALÉN DO MAR (Bergondo)
O TRASNO (Santiago)
A FERRIÑA FURTIVA (Redondela)
AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
A CASA DA TROULA (Rekalde)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Presentacións do novo disco de Doa

DOA presenta nestas semanas o seu último traballo discográfico, A fronda dos cervos, un álbume de dez pezas musicais que nos transportan á Idade Media.

O disco de DOA non é, no entanto, un remedo dos sons daqueles tempos, agás nos temas nos que a propia música está baseada nas pautas de textos antigos, caso das Cantigas de Santa María, de Afonso X de Borgoña ou o Códice Calixtino; pola contra, nas creacións de Bernardo Martínez, Xoán Piñón e Xosé Quintas Canella hai unha busca de apreixar o espírito medieval, adubalo co propio imaxinario que aquela época ten para os galegos, desde o punto histórico e musical e ofrecérllelo aos ouvintes do século XXI cunha frescura clásica que afianza o seu poder na evocación de paisaxes e sentimentos propios do propio ideario do cancioneiro galego-portugués.

Nesa tarefa de cinxir o actual co antigo fai moito a voz de Susana de Lorenzo, que se modula á perfección para captar os diferentes escenarios que se debuxaban nas cantigas que lle serven de letra en cada interpretación.

DOA actualiza principalmente cantigas de amigo, as máis sonadas: o canto de Mendiño á illa de San Simón; a visión do mar de Vigo de Martín Códax; a agarda sensual das mulleres de Pero Meogo, o escarnio elegante de Airas Nunes e o amor ideal que Xohán García de Guillade explica na cantiga Estes meus ollos.

A fronda dos cervos é unha viaxe ao esplendor da cultura galega a través dos soños e da poesía. Non é casual que a introdución que acompaña o cd estea asinada por Eva Veiga, cunha precisa análise do que significa para o lector-ouvinte de hoxe en día mergullarse nos misterios do amor, do desexo, da liberación, todos elementos que simbolizaba o cervo na literatura galega medieval.

É que neste disco ten moito interese o continente. No libreto inclúese unha sucinta pero completa descrición do tempo literario e histórico que nos devolve A fronda dos cervos, escrito por Frederico Pérez. E as imaxes que acompañan o cd gardan esa maxia que inspirou aquelas letras, neste mesmo espazo, hai tantos séculos: a brétema borrando as abas dos montes, os carballos pouco a pouco tomando folla, os prados, as vereas, as sebes... a natureza ordenada en estrofas.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-05-2011 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer