Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Noite Irmandiña (Seixalbo-Ourense)
A localidade ourensá de Seixalbo acolle o sábado, día 14 de maio, a celebración da III Noite Irmandiña.

O programa de actividades comezará ás 15.00 horas e prolongarase ao longo de toda a xornada con mercadiños, conferencias, presentación de libros e concertos. O programa é o seguinte:

15.00.- Mercado de segunda man nas Canellas.

17.30.- Presentación do libro En castellano no hay problema, do que é autor Carlos Callón. Intervirán o propio Callón e Xosé Lois González, O Carrabouxo.

19.00.- Circo na rúa co grupo AsSircópatas.

21.00.- Espido, Guadi Galego e Guillermo Fernández presentan o seu proxecto en solitario, no Cabildo.

23.30.- Concerto de Som do Galpom, Bongo Botrako, Misturadores da Xingra (DZ + Puntxa), Rubio Galego e Markinhos Live Percusión.

Todas estas actuacións terán lugar no campo da festa, con acceso libre e gratuíto.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-05-2011 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 13 (Venres)
• Zenzar no Correlingua en Ourense ás 12:00
• Concerto homenaxe a Lois Pereiro no Teleclube de Bretoña ás 22:00. Ondas Martenot e convidados
• Pito de Pikasso na Festa da Xuventude (Santa Comba)
• The Homens na Fonsagrada
• Luar na Lubre no teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
• Festival Noite Folk (Pontecesures): Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Guadi Galego e Lusco Fusco, ás 22:00 na plazuela
• Serán con Lume de Carozo no adro de San Pedro (Cangas do Morrazo)

Sábado 14
• Gala "Romaría Raigame" do grupo Castro Floxo no Auditorio Ilduara de Celanova ás 20:30
• Barricas Folk Rock Festival (Corneira - A Baña): Labazada, Maghúa, Maianas, Verdegaio,...
• Festa 13-14 (Salceda de Caselas: A Compañía do ruido, Os Podridos,...
• Ondas Martenot, Os Tres Trebóns e Skacha no Parque de Sta. Margarida - A Coruña
• Festival San Cidre no adro de San Pedro (Cangas do Morrazo): Quempallou, Guintervan e Xemántica
• Festa do dezassete (Compostela) na praza 8 de marzo: Pel de pau, Os Carunchos, Ixion, Ataque Escampe, ...
• III Noite Irmandiña de Seixalbo (Ourense): Som do Galpóm, Espido, Rubio galego, Bongo Botrako...
• Tic-Tac no teatro Jofre (Ferrol) ás 12:00
• Snatch no bar Reconquista (Mosteiro)
• Nhió!, Sés, Skarallaos en Artábria (Ferrol)
• Os Viqueiras na Casa de Cultura de Ordes ás 20:00 h
• The Homens en Catoira
• Xosé Manuel Budiño no auditorio de Cangas do Morrazo ás 22:00
• Guezos no Teatro Principal de Ourense ás 22:00
• Pesdelán na Praza de Pablo Iglesias (O Castrillón - A Coruña) ás 18:00
• Luar na Lubre no C.C. Caixanova (Vigo) con Noitarega, Miro Casabella, Yi Tong e Pat Kilbride ás 20:30
• Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
• Serán no Torreiro da festa das Angustias (Nigrán)
• Serán do Patrocinio (Rianxo)
• Serán de Piñor (Ourense)
• I Serán en Burela

Domingo 15
• I Raxada ghaiteira (Couso-Gondomar)
• Festa da augardente (Vedra): Pandereteiras Silandeira, A Requinta da Laxeira, Pé de Boi e Som do Galpom
• The Homens en Vedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán no Torreiro da festa das Angustias (Nigrán).
- Serán do Patrocinio (Rianxo)
- Serán de Piñor (Ourense)
- I Serán en Burela

16 de maio
- Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) nos baixos do Pavillón de deportes
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)

29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
- Serán do mar (Baiona)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

18 de xuño
- Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)

30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-05-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Patrocinio (Rianxo)

O sábado 14 de Maio celebrarase o III SERÁN DO PATROCINIO organizado pola A.S.C FOGO FATUO de Rianxo.

Arredor das 20:00 no campo de San Xose en Rianxiño comezará a música en directo dos gaiteiros e pandereteiros de Rianxo e arredores e de todo aquel que se anime a subir a un escenario para darlle aos bailadores música para poder bailar. Ademáis durante a noite rifaranse catro Patrocestas e repartirase o arroz con leite propio desta festa.

O domingo 15, os gaiteiros “Imos de Chiquitas” e “Fogo Fatuo” encargaranse da alborada e as 13:00h terá lugar a misa cantada na capela de “San Xosé” de Rianxiño seguida da súa procesión. E como remate da festa, a escola de música e baile “Aleivosía” da nosa asociación amenizarannos cunha fantástica actuación.nel poderán participar tod@s os que lle apeteza bailar, cantar, comer, beber, pasalo ben.


Asociación Sociocultural Fogo Fatuo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-05-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán en Piñor (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-05-2011 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
I Raxada Ghaiteira (Couso - Gondomar)
I Raxada Gaiteira o 15 de maio no Alto de San Antoniño en Couso(Gondomar).

A festa vai durar todo o día e inclue un roteiro polo patrimonio arqueolóxico que temos nos montes de Couso, e como non haberá música tradicional e poderá apuntarse todo aquel que queira (tipo Serán).
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-05-2011 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Festival San Cidre (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-05-2011 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Lua na Lubre na Coruña e Vigo
O grupo Luar na Lubre presentará na Coruña e Vigo o seu último disco, titulado Solsticio.

O primeiro dos concertos será na cidade herculina. O Teatro Colón abrirá as súas portas para recibir o venres 13 de maio a Luar na Lubre. Ao día seguinte, o Centro Cultural de Vigo acollerá a actuación da banda. A hora do concertos será ás 20.30 horas e os seus prezos oscilan entre os 10 e 12 euros.
Pódense adquirir nas billeteiras electrónicas de Novacaixagalicia.

Concerto en Vigo con convidados:

Noitarega, ao carón de Miro Casabella, a chinesa Yi Tong e o escocés Pat Kilbride (Battlefield Band), convidados por LUAR NA LUBRE para o concerto deste sábado 14 de Maio ás 20:30 horas no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.
Billetes á venda en www.servinova.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto-presentación do disco de Os Viqueiras
O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".

Será o sábado día 14 de maio, ás 20:00 h na Casa de Cultura de Ordes.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-05-2011 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico: O violín nas Músicas do século XXI (Vigo)
Monográfico: O violín nas Músicas do século XXI. Alfonso Franco

Venres 13 de maio de 16:00 a 18:30

O violín é coñecido mundialmente pola súa presenza no mundo da música clásica, onde está considerado como o instrumento rey. Sin embargo podemos atopar violinistas na meirande parte dos xéneros musicais existentes, non só na música tradicional sinón tamén nas modernas músicas populares: Folk, Rock, HipHop, ou Dance. Nesta xornada veremos cómo o instrumento máis “culto” foi quen de adaptarse á vangarda musical e crearse un espazo no século XXI.

20 prazas.
Matriculación na oficina da E-Trad (luns a venres de 16 a 19h) ata o 6 de maio de 2011.

Avenida García Barbón 5. 36201 Vigo.
Teléfonos: 986 228 088 e 986 228 087
e-trad@vigo.org

http://e-tradvigo.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Noite folk (Pontecesures)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-05-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Lugo do libro `Cántigas e frores, 60 anos de tradición´
Domingo, 15 de maio
Círculo das Artes de Lugo ás 20:00


Presentación do libro "Cántigas e frores, 60 anos de tradición" escrito por Bruno Villamor Gay (Director Artístico desta asociación). No acto actuará a Banda de Gaitas, unha representación do Grupo de Baile Tradicional e outra do Grupo de Canto Tradicional de Cántigas e Frores, así como se fará a presentación oficial do Coro Galego de Cántigas, que dende o ano 1964 non figuraba no organigrama desta asociación.

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-05-2011 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Acto poético-mariñeiro en Ferrol
Acto marítimo poético de Lefre de Caldereta coa participación de Manuel Rivas e Xurxo Souto.

A medio camiño entre a celebración das Letras Galegas e da reivindicación da cultura mariñeira, a asociación ferrolá Lefre de Caldereta organiza o próximo domingo 15 un paseo marítimo pola ría de Ferrol.


O acto, que comezará a partir das 12.00 horas cando a lancha da ría parta de Curuxeiras, contará coa presenza de artistas e escritores como Manuel Rivas e Xurxo Souto –polo sur do Golfo Ártabro–, e Antón Cortizas, Antón Varela, Guillermo Ferrández, Karlotty, Xosé Leira, María Manuela e Xurxo Varela, entre outros, pola banda norte.

A iniciativa, á que se poden sumar as embarcacións que o desexen, xa se puxo en práctica o pasado ano e contou coa colaboración do Club do Mar, ao que se engadiron diversas embarcacións tradicionais de vela. Nesta oportunidade, a música e a poesía son a cerna do acto xa que os escritores e artistas non só lembrarán a figura de Lois Pereiro, senón que cantarán temas relacionados coa mar e recitarán poesías sobre o tema. Así, a organización repartirá folletos con letras de cancións mariñeiras para levar a cabo esta actividade dun xeito colectivo. O programa de actos continuará no peirao de Curuxeiras tralo regreso das embarcacións participantes.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos presentan novo disco en Ourense
Os ourensáns Guezos editan o seu disco máis comprometido

"Eu quero levar a contraria a todos que pensan que a vida non vale nada. Eu quero mirarlles ós ollos á xente que sofre, que di que non somos nada, que ninguén nos agarda. Quixera pintarlles a cara con cores de vida, co sangue xa derramado en nome de nada..." Contra os "comerciantes de almas e os prestamistas de soños", Guezos rebélanse nas dez cancións do seu novo disco, O histérico latexo, que marca un "punto de inflexión" nos doce anos de traxectoria da banda ourensá. Despois de Oito destinos (2009), a banda deixou pasar dous anos dos que saíu un traballo "máis maduro", cun son contundente no que non renuncian á fusión -folk, rock, bossa, swing, rumba, reggae ou mesmo hip hop- pero con cancións máis comprometidas nas que se rebelan contra as inxustizas e as guerras que asulagan conciencias.

O guitarrista David Quintas, que recalou no grupo xunto co batería Francisco Díaz nos últimos anos, vencella estes cambios a certo cansanzo do grupo de "tocar sempre temas tradicionais". A nova filosofía de Guezos, que reflexa O histérico latexo, é a de traballar "con cancións, sen ter problemas porque saia un swing ou algo máis folk", comenta o guitarrista. Logo de oito meses de gravación, mañá, sábado, os sete compoñentes do grupo volverán a Ourense, a vila que viu nacer o grupo, para estrear o disco no Teatro Principal. O actor Carlos Blanco presentará o concerto no que estarán acompañados por algúns dos artistas que colaboraron no álbum como Xabier Díaz de Berrogüetto; Sergio Zarraeta, Iván Varela e Ángel Gafas de Lamatumbá; e a rapeira viguesa Aíd.

Será, ademais, a primeira ocasión que terán os seguidores do grupo de mercar o seu novo disco. O histérico latexo é o verso dunha das súas cancións, Escoita, pero tamén fai referencia á metamorfose experimentada polo grupo nos últimos anos. "Buscabamos un título sonoro, que non pasara desapercibido e que tamén fixera referencia á paixón e á enerxía que temos en directo, que é onde a banda verdadeiramente se entrega", explica Quintas.

O guitarrista agradece a confianza que lle mostran moitas salas e festivais galegos. "Entregámonos nos directos, somos serios e aseguibles. Temos a sorte de que unha vez que nos coñecen, sempre repetimos", asegura.

Porén, recoñece que as cousas non están fáciles para os grupos galegos. "Temos poucos medios e estamos a anos luz doutros países... a raíz do problema é que o público está acostumado a ir aos concertos sen pagar nada. Iso está provocado polos circuítos culturais que abren portas pero tamén fixeron que a música, a arte ou o teatro se devalúen. Pagamos as consecuencias dos cachés institucionais que pagaban a determinados grupos unhas cantidades desorbitadas mentres outros grupos case nin se autofinancian. A cousa está moi descompensada. Debería potenciarse a aprendizaxe cultural para que a xente entenda que ten que mercar unha entrada para ir a un concerto", comenta. Para tentar amortizar algo dos 10.000 euros que lles custou facer este disco, Guezos porá á venda o disco nos seus concertos e, nuns meses, permitirá a súa descarga a través de portais como A Regueifa.Net ou na súa propia web, www.guezos.com.

EN COMPOSTELA
O día 19 actúan na Sala Capitol

Logo de actuar no Teatro Principal de Ourense, a xira de Guezos continuará o día 19 na Sala Capitol de Santiago, o 10 de xuño, no Café Cultural Auriense de Ourense, un día despois pasará pola Sala Baranda do Barco de Valdeorras e o 30 de xuño, volverá a Compostela, desta volta, á Sala Moon.

A banda –formada por David Quintas (guitarra eléctrica), Modesto Cid (gaita e whistle), Francisco Díaz (batería e percusión), Anxo Fernández (acordeón e teclado), Adrián Beiroa (voz e guitarra acústica), Roberto Reboiro (baixo eléctrico) e Xabier Domínguez (gaita e whistle)– ten compartido escenario con grupos nacionais e internacionais como Mercedes Peón, Susana Seivane, Mercado Negro, Os Cempés, Lamatumbá, Obrint Pas, Dakidarría, Betagarri, La Banda Bassotti, Boikot, Budiño, Kepa Junquera, Berrogüetto ou Ruxe Ruxe. Pero coa banda coa que máis relación teñen a diario é con Lamatumbá. “Compartimos unha casa que fai de local de ensaios e de estudio de gravación. Cando estabamos traballando en ‘O histérico latexo’ pensamos que había temas que quedaban mellor con metais como o saxo ou o clarinete, así que lle pedimos axuda aos compañeiros e eles estiveron encantados de colaborar con nós”, comenta David Quintas.

Para este traballo quixeron fusionar instrumentos tradicionais como a gaita con outros máis modernos como o teclado ou o whistle. Para iso, contaron co asesoramento de profesionais como Tomás Axeitos pero todo o proceso de gravación foi “totalmente artesanal”. De feito, ningunha canción foi retocada despois de grabala. “Non hai artificio nin edición, o son está empastado como se o fixesemos en directo, iso é o que queriamos”, apunta Quintas.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Os Morenos de Lavadores´ en Cangas do Morrazo

O auditorio cangués acollerá este sábado 14 de maio ás 20:30 o acto de presentación do libro Os Morenos de Lavadores, sobre o grupo de gaitas vigués. Intervirán os seus autores, Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo, xunto a un representante da editorial.

Actuará Picuíña, que tocará pezas do mítico grupo recordado no Hío pola súa participación nos entroidos nos anos corenta contratado polas comparsas de Nerga e Pinténs. Entón, rivalizaba cos Campaneiros de Vilagarcía e Airiños do Mar do Hío en repertorio e afinación.
Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-05-2011 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Budiño en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Fran Alonso e Xurxo Souto en Vigo

A libraría LIBROS PARA SOÑAR recibe mañá venres, 13 de maio, ás 18:30 horas, ao escritor vigués Fran Alonso e mais ao músico Xurxo Souto, que van protagonizar o espectáculo poético-musical “O meu gato é un poeta”, dirixido non só a nenos e nenas a partir de 4 anos, senón tamén a público adulto.

Fran Alonso coa súa voz e Xurxo Souto co seu acordeón farán que a poesía se convirta en maxia, música e xogo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folclórico do Salmón (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Espectáculo Romaría Raigame en Celanova

ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME.
Castro-Floxo, Escola Provincial de Danza


O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...

A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo un chamamento a Festa. Así, tratase de transmitir en todo momento a atmosfera lúdica e participativa que cada 17 de Maio se vive en Vilanova dos Infantes.

Lugar: Auditorio Ilduara (Celanova)
Data: Sábado 14 de Maio
Hora: 20:30 h.
Entrada: Gratuíta (Ata completar aforo)


Recordemos que Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.

No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.

Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.


Un adianto do que pode dar de sí este espectáculo vai neste vídeo do Alalá adicado ao Grupo Castro-Floxo no seo da Romaría Raigame fai dúas edicións.



Máis información en:

http://www.ccpxaquinlorenzo.es/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe a Lois Pereiro en Bretoña
Co gallo da celebración das letras galegas adicadas este ano a Lois Pereiro celebrarase o día 13 de maio dende as 10 da noite no Teleclube de Bretoña un concerto homenaxe a Lois onde estarán presentes:

- Antón Losada.
- Xermán dos Escornabois.
- Xurxo Souto.
- Xabier Cordal.
- Richi dos Rastreros.
- García MC.
- Ondas Martenot.
- Antón dos Papaqueixos.
- Fran Amíl dos Tres trebóns.
- Cristina de Sonoro Maxim.
- Leo i Arremecaghona.


Ao longo do acto de carácter lúdico festivo faranse distintas actividades co ánimo de recordar a aportación de Lois a cultura galega.

Por suposto haberá música pero tamén recitario de poemas de Lois, discusións sobre a súa figura…

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2011 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do dezassete o 14 de maio (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-05-2011 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festa Trezecatorzeadora (Salceda de Caselas)
Amigos da festa, da algueirada, da esmorga, da xolda e da troula, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze convídavos o 12-13-14 de maio a súa IV Festa Trezecatorzeadora cun menú cheo de repeniques e trouleos.

Será unha xornada chea de felicidade musical, gastronómica e por suposto festeira. Desde a sesión vermú, o afinar dos instrumentos populares, as tapiñas para que non sente mal o viño até a madrugada, esperámosvos coas vosas ganas de troula e as vosas dotes para bailar funky, skas, reegues, muiñeiras e moito máis!

Apertas e até PRONTO.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-05-2011 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Barricas Folk Rock Festival (Corneira - A Baña)
www.barricasfolkrockfestival.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-05-2011 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Argallando Vento Lois por toda Galiza o 12 de maio

A seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: “quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.

Na web a partir de hoxe habilitamos este espazo para que anotedes as iniciativas de cada localidade, e así organizarmos xente, propostas e esforzos. Xúntase tamén unha proposta de escaleta. As dúbidas ao enderezo oficial loispereiro2011@gmail.com. Ao tempo, o espazo de comentarios desta páxina pode servir para intercambio de información.

PROPOSTA DE ESCALETA VENTO LOIS (12 de maio de 2011)

1. LECTURA DO MANIFESTO LOISISTA:
Loita, furia, humor... Amén!
Vivimos malos tempos para a reflexión e a resistencia neste imperio zombie de Microsoft mental.

¿E de que parte estaba eu? Da parte dos que intenten dalgún xeito non contribuír a que esa roda opresiva e maldita (unha historia da infamia que xa non nos permite ser inxenuos) continúe a xirar eternamente, perpetuando, cun cíclico cambio de papeis de amos ou escravos, a mesma situación ata que a terra estoupe de noxo e perversión, farta de nós.

Se alguén non o sabía xa é que estaba cego: non queremos ter amos.
Pode que xa nos atopemos a poucos metros da nosa extinción, pero o sentido do humor pervivirá sempre, e o sentido crítico deixa un rastro detrás, con mans, sen elas, cos miolos no cranio ou espallados polo chan. Volveremos á terra, e aos outros elementos primordiais. Como dicía Zeca Afonso: “Camaradas de armas dos catro elementos!...”

Agora aínda teño liberdade de opción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua, “porque me peta e quero e dáme a gaña...”. Moitas culturas crúzanse no meu espírito e no meu corazón non hai fronteiras. Ninguén me impediu nunca ser máis crítico e sarcástico co que eu sinto máis meu, propio e herdado.

Se me permite seguir axudando á defensa que non procura dominar nin agredir, seguirá a ser unha loita compartida por min: da tropa dos vencidos. Terra, Lingua, Cultura, Dereito á diferenza. Mente aberta ao mundo... e nada máis.
Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis.

Sempre haberá novas vías para resistir, para opoñernos e non ser submisos, como a estratexia humilde e provocadora de Bartleby, o gris e lúcido escribente de Melville, que para non someterse sen máis ás ordes arbitrarias, dicía simplemente, sen ira, pero teimosamente: “Preferiría non facelo”.
A reflexión, as ideas, a creación ou as palabras. A arte e a cultura é sempre o que me salva da tentación da morte e me anima a reiniciar.

A verdadeira poesía nunca minte, por ferinte que sexa. Quen crea algo sen intencións perversas é inocente da súa posible perversión. Bernhard, Beckett, Cioran, Genet, Celan, Valente, Shopenhauer, Pound, Carver, Poe... tiñan razón, temos razón. E tiñan razón Yeats, Dylan Thomas, Eliot, Joyce, Homero, Dante... temos razón tamén a un tempo, como todos os atormentados ou felices pintores da Beleza e das tebras que cohabitan comigo o meu cerebro, discutindo sen pausa dentro da miña alma...

E a verdade é que “na miña vida nunca vin máis que tolos e enfermos” (Bernhard); que “Morrer é ben doado; vivir é o difícil” (Maiakowski) e tamén que “Vivir é fácil. Arduo sobrevivir ao vivido” (Valente).

O obxectivo ha ser sempre un Universo que se expande.
A dor, a escuridade, o mal tamén existen por nós e contra nós, pero axudan a que a beleza e o pracer sexan aínda máis brillantes. Por iso non debemos evitar, para aforrarnos sufrimento, a parte máis escura en cada cousa, porque produce a lucidez e o horror de seu coñecemento.
Aprender é unha vitoria. Dubidar é unha loita continua, e a Crítica nunca hai que desterrala.
Porque se non hai dogmas nin bandeiras que nos guíen estamos obrigados a escoller as cousas e as ideas máis dignas do noso nivel de ética e de xenerosidade, sen o inxenuo optimismo escarmentado, e sen un pesimismo opaco e ben alimentado que nos deteña e nos permita unha indiferente neutralidade falsa.
Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Amén.

(Escolma de Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, de Lois Pereiro)

2. RECITAL: lectura participativa de poemas de Lois
3. INTERVENCIÓNS: lectura de textos e mensaxes a/sobre lois
4. MÚSICA & OUTROS: cancións en directo ou gravadas, escenificacións, performances…


VENTOS CONFIRMADOS:

MONFORTE: ás 12:00 todos os centros de ensino da vila pararán para realizar lecturas de Lois Pereiro. Ás 20:00 h. no Salón de actos do Centro do Viño terá lugar un recital aberto sobre textos de Lois.

SARRIA: Ás 20:00 h. na Casa da Cultura lectura de poemas de Lois Pereiro.

A CORUÑA: Ás 21:00 h. no Antigo Cárcere Provincial, concerto en homenaxe a Lois de Duplo Son e Loretta Martin. Ás 20:00 h., no FNAC, Chelo Suárez aproveitará a presentación do seu libro As horas rotas para ler poemas seus en homenaxe a Lois.

BETANZOS: A A. C. Eira Vella desenvolverá o acto de homenaxe a Lois. En breve máis información.

FENE: A partir das 20:00 h. no Casino de Perlío haberá un recital VENTO LOIS a cargo dos e das participantes do obradoiro literario que se desenvolve cada venres, desde hai 10 anos, na Biblioteca Municipal (Museo do Humor). Leranse poemas de lois e mais poemas propios na súa homenaxe.

MADRID: Galego en Madrid-Espazo das Linguas Ibéricas (proxecto da Xunta de Galicia, Universidad de Alcalá, Instituto Cervantes ...) organiza un acto que comezará ás 17:00 h. no Instituto Homeopático y Hospital San José (Rúa Eloy Gonzalo 3-5) no que se recitará a Lois Pereiro e a outros poetas galegos, con música galega, cine, comida...

SANTIAGO: A partir das 19:00 h. no Local Sociocultural da Caramoniña, na cima do parque de Bonaval, terá lugar o recital Aclamación a Pereiro, organizado polo Concello de Santiago de Compostela.

BERGONDO: A partir das 20:00 h. no Edificio da Senra, o grupo Eolo Teatro estrea Recitalois, baixo a dirección de Willy Eter.

GONDOMAR: A Asociación Espazo Lectura celebrará unha lectura de poemas de Lois Pereiro ás 20:00 h. na Cafetaría Rañolas (Rúa Otero Pedrayo, 3).

En Vigo Ramón Nicolás ofrécese para participar coa lectura de textos ou para axudar a artellar algún acto na cidade.

En Ferrol, o Ateneo Ferrolán está argallando xa unha homenaxe na cidade para ese día.

Máis vilas incorporadas:
http://loispereiro.blogaliza.org/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2011 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Fase final do Certame Runas do Festival de Ortigueira

O Festival Ortigueira activa o proceso de votacións en liña para elixir que bandas emerxentes debutarán no certame celta del 2011

Os visitantes da web do Festival Ortigueira poden votar aos grupos emerxentes que, na súa opinión, merecen debutar, no certame celta dentro do PROXECTO RUNAS 2011, de promoción de novos talentos da músicas de raíz. Terán, para iso, que elixir de entre as bandas semifinalistas do concurso.

O veredicto dos internautas decidirá, xunto aos votos dun xurado especializado, o nome dos tres grupos actuarán no XXVII Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do 7 ao 10 de xullo.

O público será o quinto membro do xurado, integrado por músicos e representantes de axencias, e nomeado para dirimir que tres bandas non consagradas actuarán no histórico festival organizado polo Concello de Ortigueira.

A organización vén de facer pública, a través da web oficial, a listaxe de bandas semifinalistas da actual edición do Proxecto Runas, a duodécima. Son un total de once grupos os que superaron a primeira fase de selección, de entre a trintena que se presentou ao concurso. E por primeira vez, na lista figuran tres grupos estranxeiros.

Os candidatos son:
- BrennKorzh (Francia),
- Gragal (Comunidad Valenciana),
- Keltiar Aldea (Navarra),
- Riveira (Chile),
- Steetwings (Madrid),
- Brigan (Italia),
- Cerandeo (Extremadura),
- Stolen notes (Andalucía)
- Milesios (Galiza),
- Pé de boi (Galiza),
- Ülträqäns (Galiza).


Desde hoxe e ata o 23 de maio ás 18 horas o apartado reservado ao Proxecto Runas no portal web www.festivaldeortigueira.com permitirá ao visitante escoitar unha mostra dos traballos musicais dos grupos candidatos e apoiar ao seu favorito. A evolución das votacións poderase seguir en directo e o resultado sumarase ao do xurado.

As tres formacións que sumen máis apoios actuarán en Ortigueira na noite do xoves 7 de xullo, no Escenario Estrella Galicia, competindo en directo, ante un xurado por facerse un oco no cartel do ano 2012 e embolsarse 4.000 euros, aos que haberá que engadir a remuneración económica que lles corresponderá por seren finalistas.

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-05-2011 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
III Xornadas de Música Tradicional 2011 (Balboa - O Bierzo)
Entre os días 20, 21 e 22 de maio de 2011 celebraranse na localidade de BALBOA as III Xornadas de Música Tradicional, que como en anos anteriores están dirixidas a ofrecer diferentes cursos especializados nalgún campo da música e as demais artes folklóricas e tradicionais.

Nesta 3ª edición impartiranse:

Taller de gaita galega con Daniel Bellón.
Taller de baile tradicional con Montse Rivera.
Taller de técnica vocal e pandereita con Fco. Javier Feijoo "Chisco".
Taller de Rabel con Xuacu Amieva.


Existe límite de prazas para cada curso e adecuados baixo dous niveis de aprendizaxe.
Nivel 1: Básico-intermedio.
Nivel 2: Intermedio-perfeccionamento

ACTIVIDADES PARA Os DÍAS 20, 21 E 22 DE MAIO.

Durante as III Xornadas actuarán os grupos: No Combarro, Banda de Gaitas Castro Bergidum, Pesdelán (presentando o novo proxecto "Na punta do pé") e a Banda de Gaitas Abelladeira, ademais de ter o escenario aberto para todos os que queiran participar.

Máis información:
http://jornadasmusicatradicional.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-05-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
O entroido de Castro de Laza no Alalá

Hoxe, mércores, día 11/05/2011

Nun lugar de Galicia onde se paraliza o tempo e as tradicións mantéñense desde hai ducias e ducias de anos, o Entroido do Castro, no concello de Laza, estará hoxe o equipo de "Alalá", para vivir e analizar unha festa que, debido ás súas raíces ancestrais, é unha das máis visitadas e agardadas, cun longo programa de actos que dura varias xornadas.

O equipo do programa viviu a xornada do día grande, o domingo, cando se estrea a figura dos Peliqueiros, o día en que corren pola vila movendo as chocas e visitando os veciños, casa por casa, intentando descubrir a figura principal no seu ambiente, correndo con eles a un tempo e preguntándolles aos veciños por todo o que nos chame a atención. Ata hai poucos anos apenas quedaban traxes de peliqueiro porque non había quen os fixese, así que non había máis remedio que alugalos por horas; pero despois volveu á vila Paco, "O Xastre", que foi quen de recuperalos para todos.

No Entroido do Castro soa a música dos gaiteiros, que percorren as rúas tocando pezas dos seus mestres, pois o seu papel foi fundamental desde hai anos para transmitir a tradición.

Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 11-05-2011 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Arrolos de salitre" na Libraría Pedreira (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas musicais `Portugués perto´ (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011
Logo de acadar o apoio institucional do CONCELLO de FERROL e AGADIC CONVOCAMOS de novo o noso Concurso na súa XX edición.
Axuntamos Bases do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011.

Bases

Agradecemos a súa difusión.
Un saúdo.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

www.ateneo-ferrolan.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-05-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Quique Peón
Non ten moito «tempo libre» así entendido e o pouco que ten dedícallo á súa profesión, a pasear cos seus tres cans polo monte, a ir ás foliadas, ao cine, ao teatro e a ver espectáculos de danza

Quique Peón (A Coruña, 1963) adoita pasar o seu tempo libre «traballando coma un campión». Claro que iso non é tan mala cousa se a profesión que un ten é tamén a súa maior afección. Bailarín, coreógrafo, director do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina dende o 1981 e da compañía de danza Quique Peón Cía, entre outras cousas, as horas que pode arrincarlle á súa paixón aprovéitaas para estar cos seus, coa familia, cos amigos. Tamén lle gusta «ir ao monte, facer sendeirismo, andar cos meus cans por aí». Ten tres: Mel, Ghendy (viría de Wendy, pero escrito e pronunciado con gheada) e Pituso.

Ese «por aí» refírese á zona de Oza dos Ríos, onde Quique reside dende hai uns anos. «Nacer nacín na Coruña, son cascarilleiro total, pero a miña casiña de Oza permíteme airearme moito. É como un pequeno ou un grande refuxio. Traballo moito nela. Onde eu vivo hai campo a mazo, ríos e montañas. Ves corzos, xabarís, paxaros de todo tipo». Polo entusiasmo co que fala, parece que Peón é dos que prefiren esa opción: «Para vivir gústame máis o campo, pero tamén son moito de cidade». Por proximidade, anda moito por Betanzos. Síntese «identificado» co lugar e, sinala, «ten un casco histórico moi bonito».

Cando non ten outra obriga, gústalle ir aos seráns ou foliadas que se van facendo e recuperando, dende hai uns anos, por Galicia adiante. Coma a de Cerqueda (Malpica), celebrada hai unhas semanas. «Nelas ves folclore na súa esencia pura. Porque o folclore non é tan só estar nun escenario nin é tan só arte escénico. E nas foliadas gózalo porque si, porque é noso, porque gusta», di. Se pode, vai ver os espectáculos de danza «que veñen á Coruña, incluso a Ferrol, a Santiago ou tamén a Vigo». Interésanlle, ademais, o cine e o teatro.
Con Ovay, de Quique Peón Cía, chegou ata Xordania. Recoñece que cada vez que sae ao escenario con ese espectáculo, o primeiro só de danza tradicional en Galicia, experimenta unha catarse.

Con Xacarandaina achegouse ata Portugal, Francia, Inglaterra, Italia, Alemaña, Austria, Ucraína, Hungría, Eslovaquia, Bos Aires ou Uruguai. El, que se move deste xeito, sen esquecer Madrid, Barcelona, Bilbao, Asturias ou Andalucía, considera que en en Galicia estamos «no curso de iniciación» para valorar o que temos. Música, baile, tradición e tantas riquezas. Queda moito por facer e son moitos tamén os proxectos que Peón ten a día de hoxe. A eles entrégalles moito do seu tempo «libre».
En Xacarandaina andan preparando un novo espectáculo, Galicien Amerika Line, sobre a emigración. Con Quique Peón Cía, logo de Ovay, están metidos de cheo dende hai dous meses na creación de A lenda croa, que tratará as fábulas das mouras, con sete bailaríns sobre o escenario. Con Radio Cos, grupo folk do que forma parte, ten previstas varias viaxes ao estranxeiro, andan preparando repertorio e intentando gravar un disco. A maiores, varías compañías de danza galega preparan o espectáculo Seis de catro, que estrearán en Costa Rica. E Quique anda polo medio. Traballo e afección, todo a un tempo.

O LUGAR

Oza dos Ríos (provincia da Coruña), onde Quique Peón vive dende hai uns anos, está preto da cidade de Betanzos e dentro da comarca deste mesmo nome.

ONDE TOMAR ALGO

Sempre que vaia a Betanzos, di Quique, «tómolle o café» no bar Lodeiro, situado, máis concretamente, «na zona dos soportais». Así que, sexa polo bo que está o produto ou sexa polo bo trato, Peón é un cliente fixo. «E se teño que quedar nalgún punto de Betanzos, sempre quedo aí».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2011 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Bieito Romero (Luar na Lubre)
«É un xogo de palabras rebuscado cuxa tradución aproximada sería 'luar no bosque sacro dos celtas'».
Así explica o multinstrumentista e guía musical de Luar na Lubre, Bieto Romeu, a etimoloxía do nome do grupo que pasa por ser a formación folk máis popular ao sur dos Pireneos desde que o seu álbum 'Plenilunio' (Warner, 97) fose disco de ouro grazas ao tema 'O son do Ar', que logo versionaría Mike Oldfield.


Agora chegan a Bilbao co seu último disco, 'Solsticio', co que abren «un novo ciclo» que coincide coas súas vodas de prata. «Unha sonoridad con novos matices» que conecta as raíces cultas medievais da música galaico-portuguesa con melodías populares do país de Breogán, cantigas, suites, romances, muiñeiras, valses e danzas.

- Luar na Lubre parece oscilar entre a vitalidade de folk tradicional e o refinamiento das novas músicas célticas.
- Sempre traballamos ambas as facetas, mesmo nos nosos traballos máis sosegados. Neste último hai músicas antigas e suites, pero tamén muiñeiras, danzas e algún tema inspirado nos vellos bailes agarrados de pobo. Partimos da tradición acústica para facer algo contemporáneo. Combinamos instrumentos de matices moi diversos: bouzoukis, zanfoñas, bodhran ou gaitas, percusións africanas, guitarras eléctricas e até programacións.

- En 'Solsticio' a tradición levoulles até a música medieval galaica.
- Tras o noso último directo ('Ao Vivo', 09) pódese dicir que abrimos outra etapa que nos leva a buscar novos camiños. A música medieval galega e toda a lírica galaico-portuguesa é un patrimonio moi rico que se usou moito polos grupos de música antiga de Francia ou Alemaña pero moi pouco desde o folk. Ten unha sonoridade potente e rica en matices que nos parecía interesante explorar. Hai unha mestura de cantigas cultas de corte relixioso con temas máis profanos de orixe popular ou xuglaresco, como as cantigas de Martín Codax. A partir de aí, engadimos elementos románticos e poéticos asimilados á nosa maneira.

O tirón xacobeo
- Ten o disco algunha conexión co ano Xacobeo en que foi gravado?

- Non foi ese o motivo, pero forzosamente haina. Todo o disco está conectado co Camiño e Santiago, xa que foron os peregrinos os que levaron a súa música aos códices da catedral. Galicia parece agora un lugar illado nunha esquina de Europa pero toda a lírica medieval demostra que, grazas ao Camiño, foi un foco cultural moi relevante. O galego era unha lingua culta, por iso Alfonso X usábao nas súas obras.

- Carlos Núñez e os Chieftains atoparon conexións celtas en Brasil ou México. Onde están os vestixios máis recónditos?
- Están por todo o mundo. Do norte de Africa a Rusia. Os cimentos da música galega actual parten de Irlanda e Bretaña, culturas musicalmente máis evolucionadas. Nós buscamos moitos finisterres atlánticos e interiorizado o celta dunha maneira abstracta. A conexión vén da emigración, sobre todo a América. Igual que os irlandeses influíron no country, hai tamén conexións galegas coa música americana. Xa dedicamos a ese tema todo un disco ('Saudade', 05). Só en Buenos Aires hai millón e medio de galegos, en Cuba aos españois chámaselles galegos e en Venezuela hai unha danza chamada gaita venezolana. Toda esa historia dos irlandeses en México que buscaron os Chieftans con Ry Cooder no seu ultimo disco está moi ben, pero, máis que irlandeses, o que houbo en México son galegos.

- En 'A miña amiga' canta Diana Navarro, unha artista formada na copla e afastada en principio do universo de folk celta.
- Si, xa participou no noso álbum en directo de 2009 xunto con Pedro Guerra e Ismael Serrano. Ouvímola por vez primeira nos Premios da Música e impresionounos tanto a súa voz que a convidamos a participar no concerto que gravamos na Coruña. Vén da copla pero é unha cantante cunha voz espectacular e moi versátil. Tamén colabora máis xente, como o histórico da música galega Miro Casavella, o teclista e autor de bandas sonoras Nani García e Pat Kilbride, un mestre irlandés da guitarra fincado en Madrid que debe ser o primeiro músico irlandés de folk en canta en galego.

-O éxito dun grupo folk pasa pola renovación?
- Non o teño claro, porque curiosamente os grupos de folk que máis e mellor perpetuáronse foron os máis apegados á tradición. Supoño que hai que atopar un equilibrio: o ancestral pode convivir co moderno.

- Conectan a súa novidade con 'Plenilunio', o disco que lles deu a coñecer en plena eclosión do chamado Novo Folk Galego. Como está agora o panorama?
- Pois está nun gran momento, Toda a xente que se deu a coñecer entón, Carlos Nuñez, Susana Seivane, Merceces Peón, Berrogüetto, Cristina Pato... ha ir evolucionando e xurdiron novas propostas , o que ocorre é a que a atención mediática é menor. E logo está a ditosa crise, que nos afecta a todos. En todo caso, nós non nos podemos queixar.

www.elcorreo.com

O grupo Luar na Lubre presentará a esta semana na Coruña e Vigo o seu último disco, titulado Solsticio.

O primeiro dos concertos será na cidade herculina. O Teatro Colón abrirá as súas portas para recibir o venres 13 de maio a Luar na Lubre. Ao día seguinte, o Centro Cultural de Vigo acollerá a actuación da banda. A hora do concertos será ás 20.30 horas e os seus prezos oscilan entre os 10 e 12 euros.
Pódense adquirir nas billeteiras electrónicas de Novacaixagalicia.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2011 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 9
• Projecto Trepia no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 21:00
• Ophiusa na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Terza feira 10 (Martes)
• Festicultores no Correlingua en Pontevedra ás 12:00
• Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Corta feira 11 (Mércores)
• Zenzar no Correlingua en Lugo ás 12:00
• Conferencia-concerto de Uxía, Aline Frazao e Sergio Tannus no campus universitario de Ourense ás 20:30

Quinta feira 12 (Xoves)
• Actos Vento Lois
• Concerto homenaxe a Lois Pereiro ás 21:00 no Antigo Cárcere Provincial da Coruña: Ulträqäns e Loretta Martin
• Zenzar no Correlingua en Vigo ás 12:00
• Zenzar no Forum Celticum (Culleredo)
• Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins no campus universitario de Ourense ás 20:30

Sexta feira 13 (Venres)
• Zenzar no Correlingua en Ourense ás 12:00
• Concerto homenaxe a Lois Pereiro no Teleclube de Bretoña ás 22:00. Ondas Martenot e convidados
• Pito de Pikasso na Festa da Xuventude (Santa Comba)
• The Homens na Fonsagrada
• Luar na Lubre no teatro Colón (A Coruña)
• Festival Noite Folk (Pontecesures): Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Guadi Galego e Lusco Fusco, ás 22:00 na plazuela
• Serán con Lume de Carozo no adro de San Pedro (Cangas do Morrazo)

Sábado 14
• Gala "Romaría Raigame" do grupo Castro Floxo no Auditorio Ilduara de Celanova ás 20:30
• Barricas Folk Rock Festival (Corneira - A Baña): Labazada, Maghúa, Maianas, Verdegaio,...
• Festa 13-14 (Salceda de Caselas: A Compañía do ruido, Os Podridos,...
• Ondas Martenot, Os Tres Trebóns e Skacha no Parque de Sta. Margarida - A Coruña
• Festival San Cidre no adro de San Pedro (Cangas do Morrazo): Quempallou, Guintervan e Xemántica
• Festa do dezassete (Compostela) na praza 8 de marzo: Pel de pau, Os Carunchos, Ixion, Ataque Escampe, ...
• Tic-Tac no teatro Jofre (Ferrol) ás 12:00
• Snatch no bar Reconquista (Mosteiro)
• Nhió!, Sés, Skarallaos en Artábria (Ferrol)
• Os Viqueiras na Casa de Cultura de Ordes ás 20:00 h
• The Homens en Catoira
• Pesdelán na Praza de Pablo Iglesias (O Castrillón - A Coruña) ás 18:00
• Luar na Lubre no C.C. Caixanova (Vigo)
• Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
• Serán no Torreiro da festa das Angustias (Nigrán)
• Serán do Patrocinio (Rianxo)
• Serán de Piñor (Ourense)
• I Serán en Burela

Domingo 15
• I Raxada ghaiteira (Couso-Gondomar)
• Festa da augardente (Vedra): Pandereteiras Silandeira, A Requinta da Laxeira, Pé de Boi e Som do Galpom
• The Homens en Vedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2011 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 6 (Venres)
• Projecto Trepia no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo ás 22:30
• Obradoiro e Foliada en Laraño: Campantes da Baña, Carapaus e Tanto Nos Ten (TNT)
• Doa no Museo de Belas Artes(A Coruña) ás 18:30
• De Outra margem no Regueifa (Ponteareas)
• Festicultores Troupe no Correlingua (A Estrada)
• Snacth na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Pito de Pikasso no pub a Veliña de Leiro (Rianxo)
• Pé de Boi na sala 600 (Melide)
• Guezos no Auriense (Ourense)
• Noitarega no Liceum (O Porriño)
• Noite de Tasca en Cerceda no resturante O Panadeiro

Sábado 7
• Xornada de bailes agarrados en Pontevedra
• Festa no muiño de Cabanas (Salcedo-Pontevedra)
• Obradoiro de Pesdelán en Lugo
• Saltonocribo na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Pito de Pikasso no pub O Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Festa das Letras Galegas en Narahío (San Sadurniño) con Ondas Martenot e concurso Galeoke
• II Xuntanza Folk en Lires (Cee): Alén de Ancos, Banda Balbina, A crus de baixar,...
• Doa na Igrexa da Peregrina(Pontevedra) ás 20:30
• Roi Casal no Teatro Principal de Ourense ás 21:00
• Piratonafest (Teis-Vigo) no Instituto FP ás 20:00 con Tiro na Testa, Vacalouras, RIF,...
• K-Raxe na Fundaçom Artabria (Ferrol)
• IV Festa da lingua en Carballo no Pazo da cultura ás 21:00 con Marful, Berrobambán,...
• Baile assalto na Praza de Abastos de Marín ás 20:00
• III Festival Cans de Palleiro en Bembrive (Vigo) ás 20:00 con Cans de Palleiro e Tanxedoras.
• I Gala da A.C. Traspés no Auditorio de Beade (Vigo) ás 21:00
• III Serán de Boborás (Ourense)
• Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
• Serán en San Sebastián (O Porriño)
• IX Serán Tromentelo (Coiro-Cangas do Morrazo)

Domingo 8
• Festa dos Maios no Casco Vello (Vigo), cos Irmadiños ás 18:00
• III Caravana Galiza non se vende (Compostela) na sala Nasa (Compostela): Güintervan, Galegoz ás 17:00
• Davide Salvado na praza de abastos de Marín ás 20:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2011 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)
- Serán Tromentelo (Coiro-Cangas do Morrazo)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán no Torreiro da festa das Angustias (Nigrán).
- Serán do Patrocinio (Rianxo)
- Serán de Piñor (Ourense)

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) nos baixos do Pavillón de deportes
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)

29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)

30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-05-2011 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer