Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Play-Off da Liga Nacional de Billarda (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Gendbeat na Casa do Pobo de Beluso (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pro Casa das Atochas (Pontedeume)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
primeira consecuencia... pecha a sala Nasa (Compostela)
Estimada tripulación:

Onte a cidadanía de Compostela outorgoulle a maioría absoluta no governo municipal a Conde Roa. Este é un feito que vai ter un impacto importante sobre a vida cultural da nosa cidade. E por suposto, supón un punto e a parte para a Nasa.


Os ataques constantes dirixidos contra nós durante os últimos tres anos, baseados en ameazas, insultos e mentiras supuxeron unha dura proba, sobre todo a nível persoal, ao comprobarmos a impunidade coa que un político pode estragar a imaxe e a credibilidade dunha persoas e dunha entidade diante da opinión pública.

Nesta situación, a comandancia da Nasa ten decidido abandoar a primeira liña da acción cultural. Desde hoxe, a nosa presencia fai imposible a continuidade do proxecto Nasa, pois sen a colaboración municipal non ten viabilidade e tampouco ten sentido. Por outro lado, non temos estómago para colaborar no proxecto de cidade de Conde Roa, baseado na descalificación e persecución dunha parte da sociedade compostelán, como vimos de comprobar nos últimos anos.

Porén, consideramos que a proxección de futuro do proxecto cívico e cultural da Nasa non debe depender exclusivamente dos membros desta comandancia. E non o dicimos só polo cansancio acumulado durante estes anos, que é moito, senón porque é o momento de explorar novas fórmulas de xestión cultural máis participativas, nas que a toma de decisións sexa máis colectiva.

Así que, para pensarmos o futuro da Nasa entre toda a xente que forma parte da tripulación, gustaríanos convidarvos a unha sesión de reflexión e debate o próximo sábado 11 de xuño ás 12,00h. Será como unha sesión vermú para intercambiar ideas, facer propostas e pensar en aberto cal é a cultura que queremos para a nosa cidade e como queremos participar nela.

Insistiremos nesta convocatoria ao longo das próximas semanas, tanto para achegarvos temas a discutir como para pedirvos propostas de debate e organización. Contamos coa vosa participación.

E non queremos deixar pasar a oportunidade para agradecervos o voso apoio e acompañamento, sen o que non teriamos chegado ata aquí.

Un forte abrazo,

A Xunta de Comandantes

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Semana post-electoral
Terza feira 24 (Martes)
• The Homens no Ultramarinos (Compostela)

Corta feira 25 (Mércores)
• Pé de boi no café Xesteira(Ourense)

Quinta feira 26 (Xoves)
• Miguel Alonso no Ultramarinos (Compostela)

Sexta feira 27 (Venres)
• Labazada no pub Gatos (Melide)
• K-Raxe na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Raiba na sala The Star (Carral)
• Pito de Pikasso no Badulake (Ordes)
• Sondeseu no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña)
• Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández no Liceum ( O Porriño)
• Foliada Venrespirar (Ourense) no pub Ollo Ledo

Sábado 28
• IV Concurso de gaitas Nazario González `Moxenas´ en Valadares (Vigo)
• Pito de Pikasso no pub Doble Moral(Lugo)
• Raiba na sala Auriense (Ourense)
• Ataque Escampe no pub Gatos (Melide)
• Proxecto Mixtura no Auditorio de Cordeiro concello de Valga ás 20.30
• II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
• Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
• Serán do Coto (Cabral-Vigo)

Domingo 29
• XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina no Coliseum da Coruña
• Real Coro Toxos e Froles no Teatro Jofre (FErrol) ás 19:30 horas
II Encontro de Escolas Adultas (Cacheiras - Teo) ás 18:00
• II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
• II Romaría da Touba do Brión en Vincios (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Van chegando os Encontros de Música Tradicional de Carboeiro
Carboeiro encherase de música e tradicións "pobres" o día 4 con motivo dos "Encontros"

O mosteiro de Carboeiro e a súa contorna vibrarán o próximo día 4 de xuño, sábado, coa duodécima edición dos Encontros de Música Tradicional.

Durante a presentación, que tivo lugar onte no centro cultural Vista Alegre, da Bandeira, a Asociación Intercultural Santa Ferreña destacou que nesta festa "non hai artistas invitados, senón que calquera que vaia pode tocar, botar unhas coplas ou marcarse uns puntos". "Todo isto sae de xente que achega o seu traballo, o seu compromiso coa cultura tradicional", afirma o colectivo.

O programa arrincará, como de costume, coa sesión vermú amenizada por músicos da comarca e bailadores chegados desde Toutón, Zobra, Santa Comba ou Tordoia. Ás 13 horas terá lugar a representación teatral de Ou soño de Prisciliano, a cargo da compañía nada do proxecto Portugaliza, de intercambio xuvenil transfronteirizo no que participan a Casa dá Juventude de Amarante (Portugal), a Asociación Itaca de Compostela, a aula de Teatro Ánxel Casal e a Asociación Brisas do Quenllo da Pontraga.

Será entón cando salga en procesión a pagá Santa Ferreña, acompañada polos cabezudos de Viravolta, seguindo o costume das procesións de Corpus de Santiso e Laro. Antes, haberá unha poxa ao mellor ofertante para decidir os carrexadores. A continuación celebrarase a comida popular, con empanada, carne ao caldeiro e queixo con marmelo, ademais de pan, veu ou auga e café "con pingas", todo iso ao prezo de 12 euros por persoa, igual que hai un ano. A área de acampada mantense xunto ao río Deza.
Xa pola mañá abrirán ao público as exposicións. Baixo o título Prebe probe e coa colaboración de Xavier Blanco (Moaña), Diego dá Molinera, o Museo dá Marioneta e a Casa do Patrón de Doade (Lalín), o Centro Etnográfico de Terra de Montes (Soutelo) e o Museo do Pobo Galego, a mostra abarca "todo o acervo relacionado co enxeño que dá ter poucos medios": Desde instrumentos pobres –da man do gaiteiro Xavier Blanco– ata receitas pobres, a exposición percorre "a inventiva de cando non había diñeiro, pero con catro cosas facíase festa". "Agora que estamos coa palabra crise na boca, cabe lembrar que tempos peores se pasaron, pero os galegos somos expertos en sacar alegría de onde sexa", manifestan.

Tampouco faltará a artesanía en forma de coiro, prata, abelorios ou cerámica, e, xa pola tarde, celebraranse xogos tradicionais para todos as idades. Haberá unha visita guiada ao mosteiro, da man da empresa Tesouros Novos. E Celso Fernández Sanmartín achegará os seus contos, arrincados da tradición oral que leva anos investigando. Xa pola noite celebrarase a habitual foliada, en palabras dos organizadores, "ata que o corpo aguante".

As "santas" de Zobra
As protagonistas do cartel deste ano non forman parte da organización, como viña sendo habitual, senón que son tres pandereteiras de Zobra que nunca faltaron aos Encontros: Celsa, Amparo e Hortensia aparecen lavando coiros nunha fonte e sacando brillo ás ferreñas, a modo de preparativos para a festa. O tres locen auras de Santa Ferreña, porque "encarnan o espírito dos encontros: A tradición viva, o facer a festa desde nós, coas nosas mans, gargantas e corpos".

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2011 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 20 (Venres)
• III Xornadas de Música Tradicional (Balboa - O Bierzo)
• Pito de Pikasso na sala Farándula (Vigo)
• María do Ceo no Auditorio de Cedeira (A Coruña)
• Pé de boi no teatro Principal da Estrada ás 23:00
• Zenzar no Pub Gatos (Melide)

Sábado 21
• III Xornadas de Música Tradicional (Balboa - O Bierzo)
• Obradoiro de Pesdelán en Balboa (O Bierzo)
• Milladoiro en Ponteceso
• Bicarelo en Cela (Mos) ás 20:30
• Xoán Curiel no Clandestino (Nigrán)
• Falperris na sala 600 de Melide
• VIII Manguelo folk (Orazo- A Estrada): Xuntanza dos regatos, Retrouso, Regato de Matamulleres, Quempallou, The Crass, Sacha na Horta...
• Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
• Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar

Domingo 22
• III Xornadas de Música Tradicional (Balboa - O Bierzo)
• Magín Blanco e Iván Prieto “A nena e o grilo”, Pablo Díaz “Tic-Tac” e Mamá Cabra en Pontecesso
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2011 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Bicarelo

Acto: presentación do dúo de zanfonas BICARELO
Lugar: Centro Cultural e Social de Herville (Cela- Mos)
Data: 21 de maio ás 20.30h


"Bicarelo nace sen máis intención cá transmitir o sentimento que a propia terra ofrece, sen aditivos nin conservantes. Formado por Alfonso Cheda e María Xosé López, son dúas zanfonas e dúas voces que traen ao día de hoxe camiños que xa foron andados antano, mais que non por iso están gastados ou exentos de significado: un, o dos cegos e os seus recuperadores, outro, as recolleitas que os Coros Galegos fixeron no rural e as composicións inspiradas nelas. Convencidos da forza da nosa música, convidaranos a facer unha foliada conxunta onde as cantigas da nosa terra sexan as protagonistas"
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2011 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe a Lois Pereiro en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festa-concerto do BNG en Compostela
Hoxe xoves, 19 de maio, terá lugar a "Festa Xove" organizada polo BNG na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Loretta Martin, Balakandra e Guezos serán os grupos que coa súa música amenizarán este acto. Queremos, así, amosar as moitas propostas que en materia xuvenil ten o nacionalismo e tamén a aposta que facemos pola mocidade e a súas potencialidades.

Será a partir das 21:00 horas e a entrada é libre. Non o perdas!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Manguelo Folk (Orazo-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-05-2011 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Democracia real Xa


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Candidatos da música tradicional polo BNG
Como candidatos a alcalde:

No Incio Xose Maceda (Quempallou)
En Catoira Nando Casal (Milladoiro)
En Boimorto Xose Luis Rivas (Mini) de Fuxan os ventos e A Quenlla
En Manzaneda David Rodríguez (Cuchufellos)
......

En listas

En Cambados Xaquín Xesteira (Treixadura)
En Gondomar Benito Lobariñas (Regueifeiro)
No Porriño Xosé Ramón Paz Antón (Na lúa)
......

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
"Non saimos do Lixo" - "As eleccións"

NON SAÍMOS DO LIXO/2.0 cap. 8 "As eleccións" from komunikando tv on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 19-05-2011 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Os Capitán Furilo presentan novo disco
Os capitán Furilo presentan novo disco cunha orixinal Cea-baile o 21 de Maio a partir das 22:00h no restaurante "Cuevas".

Cea, queimada, concerto e sesión de Dj´s por 20 euros.

Entradas á venda (ata o 17 de maio) en A casa da triga, JJ, Vinoteca Eiravella e Blu bar.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-05-2011 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo de cantautores en Beluso (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto do Proxecto Mixtura (Marín)
Desde a A.S.C.TREGHA de Marin imos presentar o Concerto Proxecto Mixtura.

Este sábado as 21.00 h no Centro Multiusos Patio Sur Mercado de Marin,despois de varios meses de traballo realizado por os alumnos do Proxecto Mixtura.
ENTRADA GRATUITA.

Isto todo non seria posible sin a colaboración do Concello de Marin, Concelleria de Cultura,Trebellos do Morrazo e A Ghaita do Avó,,e o noso Mestre FELIPE REA OTERO.

Proxecto mixtura.

A partir do 1 de novembro ponse en marcha no concello de Marín, o chamado Proxecto Mixtura.

O longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos dende sempre e atao de agora loitasen pola dignificación da gaita galega, e a figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: MÚSICO.Na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de gran explandor e na que se recuperaron os seus valores reais , e o seu recoñecemento social nos que están garantidos o seu ensino , e o seu espallamento , mais ala de Galicia.

Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso país isto fai, que estemos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para nosa gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma ; piano,acordeón, trompeta , clarinete,guitarra,tambor e bombo etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

mixtura, é un espazo onde se vai dar cita a música tradicional e a música academica para gaita galega do século XXI, Que polo de agora só tiña cabida en algunhs consevatorios no que se potencia os seus creadores e aos novos interpretes.

Este proxecto quere dar continuidade a unha idea nacida polo ano 1960 no que en marin aparece a primeira academia de gaita , co posterior nacemento de o grupo” os de Marín” os cales foron os primeiros gaiteiros de academia de música, i no cal o seu mestre:D.Francisco Landin Pazos, quixo que a gaita, fose un instrumento o cal a xente e disfrutase do seu son e do seu espectáculo, coma se dun concerto de música clásica se tratar.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso Vogaliza
VOGALIZA é un evento da música tradicional coral galega conformada por dúas partes diferenciadas:

■Concurso de Harmonización Coral
■Concerto Coral de Música Tradicional Galega

****Resultados Vogaliza 2011:****


Reunidos os membros do xurado en Vigo a 16 de maio de 2011 deciden declarar finalistas do concurso Vogaliza edición 2011 a:

* Helena Sousa, coa harmonización coral de – Tanto vay Santa María
* Estefanía Vicente – Abreme la porta
* Xurxo Fernández – O laranxal d’amor
* Juan Daniel Romero – Quer que lle quer
* Olga García – Esta noite ei dir aló
* Arturo Irisarri – Ven bailar Carmiña
* Marta Vázquez – Téñoche un can de palleiro

Asimesmo o xurado decide declarar gañador do concurso Vogaliza 2011 a:

* Xurxo Fernández Fernández, coa harmonización coral de – O laranxal d’ amor

Noraboa a todos os participantes e quedades convidados para a seguinte edición do concurso.

http://vogaliza.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Riobó presenta disco

O vindeiro venres 20 de Maio, Riobó achégase atá FNAC Coruña para presentar cun pequeno concerto acústico, a partires das 19:30, o seu novo traballo discográfico.

Un traballo que baixo un mesmo título nomea a un grupo, un disco, e a unha das mellores violinistas folk do momento, Begoña Riobó. Un “mapa da xeografía das emocións”, como ben di o escritor galego Francisco Castro, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.

Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

Acompañando a Begoña, en “Riobó” atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-05-2011 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de gaitas Nazario González `Moxenas´
Máis información e Bases:
Comentarios (8) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2011 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
`Acrobata´ sae do estudo
O esperado disco do dúo de Fred Martins e Ugia Pedreira, "Acrobata" (sen til), acábase de gravar e pronto está dispoñíbel en formato CD, con deseños do artista gráfico Pablo Giraldez "O Pastor".

Cancións de nova creación para as voces do brasileiro e da galega con colaboracións de luxo nalgún dos temas: Diego Galaz, Pedro e Pablo Pascual, Germán Díaz,... Este disco presentarase con concertos especiais en Santiago, Coruña, Marín, Ferrol, Mondoñedo, Monçao nos vindeiros meses de xuño a agosto.


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-05-2011 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Berros do Castro gravará disco
Berros do Castro convertirá en disco o seu proxecto de recuperación da música local

O amplo proxecto etnográfico e cultural que desde comezo de 2008 está a desenvolver o grupo Berros do Castro de San Sadurniño, “Unha imaxe, unha melodía, un recordo”, está a piques de converterse en disco. A formación de Naraío forma parte da iniciativa “Outra+outra”, un proxecto da Deputación da Coruña e a Fundación Paideia para gravar e editar este ano os traballos dunha decena de grupos e formacións coruñesas de tódolos estilos. Berros do Castro está entre elas.

“O próximo mes entraremos a gravar nos estudios da Fundación Paideia da Coruña –comenta o gaiteiro Bruno Casal–. O proxecto é un cedé con 12 temas de formacións e músicos de Ferrol e comarca desde comezos do século XX en adiante. A obra inclúe pezas de Constantino Bellón, o grupo de Ferrol Aires da Terra, Manuel Prieto, Manuel Vergara, do director do Toxos e Froles, Gumersindo Leira ou de Pío Rodríguez Púa e Saturnino Beceiro. A singularidade do proxecto é que cada peza vai estar tocada coa formación orixinal coa que cada tema foi recollido: ben cun solo de acordeón, ben un dúo de gaita con clarinete, etc., todo moi arqueolóxico. Tamén contaremos coa colaboración do grupo Raparigos nas pezas compostas por Constantino Bellón”.
Outra curiosidade do disco –que ten como nome provisional “Vainos coller a noite”– é que inclúe dúas gravacións históricas de dous músicos tradicionais da comarca de Ferrol. “Trátase dunha peza de gaita rexistrada a finais dos anos 70 por Manuel López Vergara, e un corte de Dionisio Rodríguez, un popular acordeonista de Doso, gravado nos anos 80”, avanza Bruno.

A gravación deste traballo culmina un labor de recuperación de fotografías (máis de 300) realizada por Berros do Castro nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, así como de pezas musicais. Durante este tempo a formación de Naraío realizou concertos didácticos en diferentes entidades comarcais e exposicións coas imaxes recuperadas nestes últimos anos.
Deste xeito, o traballo de recuperación de imaxes e música culmina agora coa gravación dun disco “que homenaxea a tantas melodías e músicos que animaron as festas da comarca”. Berros do Castro son José Rodríguez, acordeón; Ramón Dopico, percusión; Marcos Gómez, percusión; Bruno Casal, gaita; Xosé Luis Loureiro, clarinete, e o veterano Antón Varela á gaitas e á frauta

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
A Idade Media revive no século XXI


Tras máis de tres décadas en escena, Doa volve aos escaparates co disco «A fronda dous cervos», que reconverte aos trobadores medievais a través dos sons contemporáneos.



O gran misterio da historia cultural galega son os trobadores. Nomes como Pero Meogo, Martín Códax ou Airas Nunes convertéronse en míticos, aínda que moi descoñecidos biográficamente falando, debido a que protagonizaron o momento máis importante da historia da cultura galega. Comezou a finais do século XII, prolongouse ata mediados do XIV e mantívose para o futuro baixo o apelativo xeral de lírica medieval galego-portuguesa. Detrás dese título máis ben prosaico ocúltanse case 1.700 cantigas escritas por preto de 150 autores. A pesar de que os programas educativos de literatura abundaron sempre neste legado, frecuentemente esquécese que os creadores deste tesouro eran trobadores, é dicir, cantautores, o que motivaría que as súas cantigas fosen estudadas dentro da historia da música de Galicia.

A reinvención
A finais do século XX, os sucesores modernos dos trobadores decatáronse de que unha dos acenos de identidade da música do país podería construírse a partir das cantigas. Doa foi o grupo que máis claro o tivo ao unir conceptos de estilos de música como o jazz con ese corpus sonoro-poético. O seu debut en 1979 causou sensación nunha escena folk europea que, como pouco, non escoitara nada semellante antes. O disco que os fixo pasar á historia titulábase Ou son dá estrela escura, e aí podíanse escoitar cantigas de Alfonso X o Sabio mesturadas con sons electrónicos, gaitas e instrumentos indios. Trinta e dous anos despois, Doa segue enarborando o facho da experimentación dentro do marco da reinterpretación da lírica medieval cun novo disco de título evocador: A fronda dous cervos. «O título da gravación relaciónase co contido de dous das cantigas que aparecen no álbum, Verdes herbas e Levousa fremosa. Nesta última aparecen os cervos que serven como simboloxía do amor e o erotismo, ao que se une tamén o sentido da natureza como algo idílico e fantasioso», explica Xoán Piñón, un dos membros do grupo.

A partitura enigmática
Doa mergullou en documentos como o Códice Calixtino para atopar xoias como Sancti Iacobi, un tema que engade ao misterio propio da época unha partitura que actualmente é un dos grandes misterios da historia musical. «Está escrita nun sistema denominado Lorena, que parece ser inventado na Idade Media polos monxes benedictinos do mosteiro francés de Vézelay. Estivemos un par de meses realizando a reinterpretación e a transcrición desta melodía. É como descifrar un quebracabezas, xa que ademais a partitura está pensada para ser interpretada como un canto gregoriano», sinala Xoán Piñón.

Outra das composicións máis impactantes do disco leva o título do Maroot. «Pode considerarse a primeira canción feminista da historia. Maroot era un personaxe que se dedicaba a secuestrar mozas, e o tema conta como finalmente morre e 12 mozas bailan ao redor do seu cadáver», sinala Piñón. Outra mostra da modernidade dos creadores medievais é a cantiga Porque non mundo minguou a verdade de Airas Nunes, que os membros de Doa tamén cualifican como nova e non dubidan en sinalar como «a primeira canción protesta da historia». Este tema non requiriu o complicado traballo de investigación de Sancti Iacobi, xa que a canción xa fora musicada a finais dos 70 por Xosé Quintas Canella. «A letra é unha crítica social desapiadada, que se realiza a través dun protagonista que intenta atopar en que lugar do mundo está a verdade», explica Piñón sobre unha composición que podería describir moitos aspectos da sociedade actual.
Na formación deste grupo próximo ás catro décadas de existencia, dúas incorporacións destacan sobre os catro discos que conforman a discografía anterior de Doa. Un é Óscar Fernández, zanfonista que toca coa banda desde o 2006 e cuxa carreira, desenvolvida en combos de tanta calidade como Os Cempés ou Bonovo, converteuno nun dos músicos fundamentais do folk galego do século XXI. Outra cara nova é Susana de Lorenzo, cantante de longa experiencia que se moveu en territorios tan distintos como o rock ou a música clásica. Entre os tres restantes membros de Doa, ademais do amentado Piñón -que se ocupa do laúde e as guitarras eléctrica e acústica-, aparecen Bernardo Martínez, que se ocupou da produción e dirección musical do álbum, ademais de tocar teclados e percusións, e Xaquín Branco, un dos gaiteiros máis creativos da historia do folk galego, que ademais tocou oboe e frautas.

Son os tres veteranos dunha formación que deu os seus primeiros pasos en 1977, cando Martínez e Piñón empezan a reunirse para tocar xuntos. Deciden chamarse Doa (agasallo, en galego), porque a música da banda esperaba ser un premio para os oíntes. Desde o principio a experimentación foi o seu norte. Esa actitude provocou que as críticas especializadas sempre fosen por diante dun recoñecemento público que adoitaba chegarlles anos despois de publicar os seus discos, cando por fin a escena comprendía o obxectivo artístico que perseguían.
O tratamento contemporáneo de clásicos da cultura como as cantigas de Alfonso X provocou que os estudiosos máis ortodoxos reprochásenlles a forma de abordar ese tesouro literario. «Nós poderiamos responderlles que eles tampouco trataban ben esas obras, porque realmente non sabían como se interpretaban na época medieval. Doa sempre interpretou esa clase de composicións coma se fosen contemporáneas», explica Piñón.

Foto, cine, música
A pesar deste contundente compromiso artístico, Doa atopouse con seguidores famosos como o cantautor Víctor Manuel, que foi o produtor do seu segundo álbum, Polaridade (1986), e que ata interpretou unha das cancións do disco. Xoán Piñón relata a forma en que o soado artista acabou colaborando coa banda: «No meu labor como fotógrafo traballara na película Divinas palabras, que el producira. El xa coñecía o noso primeiro disco, Ou son dá estrela escura, e entón ocorréulleme chamalo para que nos producise». Foi outro dos fitos discográficos dun combo que só editou cinco discos en 34 anos. Por iso é polo que a chegada aos escaparates da fronda dous cervos sexa unha extraordinaria noticia para a música do país.

O primeiro disco de Doa significou tal salto na música galega que a escena tardou case un lustro en comprender que se atopaba ante unha das gravacións fundamentais da historia do país. A proposta deste traballo aínda sorprende agora aos oíntes que non a coñecen.
A demostración de que o norte artístico de Doa pasa por non repetirse. A pesar de que a produción corre a cargo dun cantautor tan convencional como Víctor Manuel, a banda coruñesa colócase de novo na vangarda da época cun álbum que podería ser etiquetaxe como folk progresivo.

Instrumentos como o vibráfono de man do percusionista Carlos Castro colocan a outro nivel sónico temas procedentes de recompilacións de cancións tradicionais como o Cancionero de Casto Sampedro. Doa introduce no seu repertorio melodías procedentes doutras tradicións, como a portuguesa ou a alemá.

Dezaseis anos de silencio discográfico conducen a Doa ás súas orixes medievais. Arboretum supón o regreso ás paisaxes acústicas dunha banda que combina cancións de raíz tradicional con cantigas medievais. Supuxo a recuperación para o directo dun grupo que desde entón non parou de tocar.

O novo disco de Doa supón un novo tour de force artístico dun grupo que continúa loitando por demostrar que a tradición medieval galaico-portuguesa é un tesouro que pode tratarse musicalmente no século XXI. Ata as letras dos trobadores medievais teñen unha lectura na sociedade actual.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista Bieito Romero (Luar na lubre)
A xira de 'Solsticio', o novo traballo de Luar na Lubre, chegou a Galicia esta fin de semana. O álbum indaga nun camiño que a banda explorara xa en 'Espiral' ou 'Hai un paraíso': a lírica medieval galego-portuguesa. Ese tesouro patrimonial aínda non recoñecido na nosa música todo o que merece. Bieito Romero debulla nesta entrevista o cerne do disco, así como algunhas das claves da traxectoria de Luar na Lubre.

Xa levades uns cantos concertos da xira de 'Solsticio'...
E os que quedan. En Galicia os de Vigo e A Coruña son os primeiros. A idea é celebrar os 25 anos de Luar na Lubre en lugares escollidos por toda a Península. Nos concertos recuperamos un pouco o espírito de 'Ao Vivo', que era unha retrospectiva polos nosos temas máis emblemáticos. E a iso engadímoslle a presentación de 'Solsticio'.

Xa nos discos 'Espiral' (2002) e 'Hai un paraíso' (2004), había Cantigas de Santa María. A zanfona hai moito que vos acompaña... A música medieval sempre estivo aí, na vosa traxectoria. Non si?
Si. Tamén 'O son do ar', que é un dos nosos temas máis coñecidos, é de inspiración medieval. Temos unha influencia moi grande da música medieval. Pero 'Solsticio' é un disco centrado na lírica galego-portuguesa: nas Cantigas de Santa María e nas de Martín Códax, principalmente.

Xuntades, no mesmo tema, cancións populares galegas con pezas medievais. A muiñeira de Poio con 'Mia irmana fermosa' de Martín Códax, por exemplo... E moitos cambios no medio dos temas: máis lento, máis rápido...
Sempre nos gustou xuntar melodías diferentes que harmonicamente casan ben. 'O son do ar', por exemplo, ten tres partes. É algo que nos gusta facer, a modo de suite. Neste disco quixemos xuntar a música tradicional profana coa música, podemos chamarlle, máis 'culta', relixiosa. O dos cambios xa estaba por exemplo en 'Camiños da fin da terra'. Iso dálles dinamismo ós temas.

O son é dun Luar na Lubre moi recoñecible nalgúns temas, e non tanto noutros. Por exemplo, o vals-muiñeira de 'Doentes', ou esa guitarra eléctrica de 'Trasmontana', as dúas compostas por ti.
O de 'Doentes' é un caso especial, porque é un tema composto para a película do mesmo título, de Gustavo Balza. Cando compós para unha película traballas en función das imaxes... Creo que ademais fai o disco máis, non sei como dicilo, entretido, levadeiro, variado... 'Trasmontana' é como a música dun 'baile agarrado' antigo. Se a tocásemos só con tambor e bombo, soaría a verbena de aldea, sobre todo da zona sur, de Ourense... Pero engadímoslle guitarra eléctrica e programacións, unha percusión como a dunha batería... É un tema un pouco transgresor, si. Hai que ter en conta, ademais, que temos un guitarrista que vén do heavy metal... Para nós non hai problema por esas mesturas. Se hai que achegar un tema ó jazz, ó latino.... non pasa nada. A cuestión, cando se fai fusión, é non caer no chabacano. Facer algo con fundamento, con seriedade. Se queres fusionar rock e folk, tes que saber de rock e de folk...

Tamén volvedes facer algo que xa fixestes máis veces: versións de temas tradicionais. Neste disco, 'A Carolina, ou 'Ven bailar Carmiña'.
Si, como fixeramos con 'Pousa' ou con 'Camariñas'. So pezas tan populares, tan por dicilo así 'queimadas', pois todo o mundo as coñece e as quere, que parece que quedaron relegadas á taberna e que ninguén se atreve a facer outras versións. A 'Ven bailar Carmiña' mudámoslle o tempo, facéndoa máis lenta. Facer unha nova versión de pezas coma esta é tamén un xeito de darlles prestixio. Sempre, claro, sen faltarlles ó respecto, tratando de melloralas.

As Cantigas de Santa María son moitas. Como fixestes a escolma? Doa acaban de facer tamén un novo disco con elas.
Son 450 cantigas. Moitas xa as coñeciamos. O proceso foi ir escoitando unha a unha, e escoller as melodías máis axeitadas, máis adaptables ó noso estilo. Foi moito traballo, e moi bonito. O certo é que a música medieval galega é máis tocada en Italia, Alemaña ou Francia que aquí. A primeiros dos 80, antes de Luar na Lubre, fun a Sicilia e vin que estaban tocando cantigas de Santa María... Daquela, aquí pouco máis había que aquel primeiro disco de Doa. Neste disco temos 'A miña amiga' de Xosé Quintas, que é unha auténtica xoia. Por Europa hai grupos de folk-metal que teñen moito éxito e tocan cantigas medievais nosas... É un patrimonio moi rico, este que temos, e parece que teñen que vir os de fóra para que nos decatemos.

'Solsticio' parece que pecha unha etapa de Luar na Lubre... Algo terá que ver co 'Plenilunio' do 1997... De onde vén o título? O culto ó sol é un tema que estivo xa antes nos vosos discos. Din que Mike Oldfield vos chamou xa no 1996 'o grupo do sol'.
Non pecha, senón que abre unha nova vía. Veu precedido por 'Ao Vivo', o álbum gravado en directo, con dobre CD e DVD. O sol xa estaba, si, por exemplo no noso disco 'Ara solis'. O culto ó sol foi importante en Galicia -só que hai que lembrar o trisquel- e en todo o mundo. E o cristianismo converteu a celebración do solsticio de verán e de inverno no San Xoán e o Nadal. Do mesmo xeito que este disco xunta a música profana coa relixiosa.

'Trasmontana' ou 'Camiño do norte' transmiten a alegría dos galegos, un pobo bailador... Este é un aspecto que estaba tamén presente nos anteriores discos.
É ese substrato céltico atlántico, que ten esa dimensión festiva. Por un lado temos a melancolía, a humidade... e por outro esa tendencia a celebralo todo, a facer festas e máis festas. A música, o baile, son un xeito de humanizarnos, son fábricas de humanidade, nun tempo de sociedades que se deshumanizan.

En relación co anterior, Luar na Lubre sempre reivindicou a identidade galega, a nosa cultura. Nalgúns temas, de xeito máis directo: "o que esquece as súas raíces perde a súa identidade", di 'Nau', de 'Cabo do mundo'. Ou 'Terra'. Ou a versión de 'O meu país' en 'Hai un paraíso'. 'Saudade' falaba dos galegos que descubriron a súa propia identidade na emigración e no exilio. É esa reivindicación, se cadra, unha das claves do éxito do grupo tras 25 anos?
Ben, do que se trata é de tentar ser coherentes co que facemos. E ser coherentes é facer a música en galego, por exemplo. Somos parte dunha cultura que se enfronta a unha situación na que case todo é adverso. E creo que coa nosa música temos que reflectir o que somos. Se somos algo, é porque temos unha cultura, un idioma, unha idiosincrasia. Nós demos concertos por 25 países do mundo, e canto máis viaxamos máis nos decatamos do que temos. Os galegos, que moitas veces nos avergoñamos do que somos, non nos decatamos de que outros, tendo moito menos ca nós, están cómodos co que son. Aquí temos aínda unha falta de autoestima moi grande. O idioma esmorece, a tradición oral desaparece... Nun mundo que se pretende global, e os medios de comunicación incentivan isto, as pautas que se impoñen son as de quen ten máis poder, polo que o noso idioma leva as de perder, e non por ser máis pobres. Porque o que temos son sociedades deshumanizadas, nas que todo é correr, o diñeiro e o curto prazo. Non temos conciencia, por exemplo, de que temos que coidar a natureza, e pensar non só en nós senón nos nosos fillos... Pero non temos que ser derrotistas, pois isto pode cambiar.

Tedes a colaboración de Miro Casabella en 'Quantas sabedes', unha cantiga de Martín Códax. E outras moitas achegas: Diana Navarro, Xulia Cea, Pat Kilbride...
Sempre buscamos colaboradores que nos tocasen o corazón e a alma. Pablo Milanés, Ismael Serrano, Luz Casal... Miro é un deles. Ademais é unha persoa que defendeu moito a nosa cultura nuns tempos moi difíciles, e non se lle deu o recoñecemento que merece. É un dos activistas que nos deron a liberdade que temos. Xa fixeramos 'O meu país', e agora fai neste disco esta cantiga. El sabe moito disto, xa desde que estivo en Doa. Para nós é un mestre... Diana é unha profesional moi grande, e Pat un vello coñecido da música celta, ademais do primeiro irlandés en cantar en galego.

Sempre tivestes unha relación especial coa música irlandesa. E tamén Portugal é importante na vosa traxectoria. Tedes moitos concertos en Portugal...
Non sabemos o que tocaban os celtas, e xa sabes que o do celtismo é un tema polémico... Pero sentímonos cómodos na música celta: seguimos os pasos de grupos irlandeses ou bretóns... E con Portugal, aínda que tocamos alí menos do que quixeramos, sempre tivemos moita relación, claro. A nosa cantante, que lle dá un punto perfecto ás cantigas, é de Lisboa. Foi moi importante para nós Zeca Afonso, 'Tu gitana' é de Xosé Afonso...

Coa vosa versión do 'Romance de don Gaiferos' lembrades a Faustino Santalices...
Faustino recuperou a zanfona, e moita música tradicional. Había daquela un baleiro tremendo, pois non existía máis que os grupos folclóricos, sobre todo os vencellados ó réxime. A nosa versión é moi libre e particular.

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto, galardoado pola Mellor Canción en Galego
Berrogüetto recibiu o Premio á Mellor Canción en Galego na gala celebrada en Madrid da 15º Edición dos Premios da Música pola súa canción Alalá da Noite. É a primeira ocasión na que Berrogüetto recibe este premio, sendo finalistas en 2001 e 2006 polos discos Hepta e 10.0, respectivamente.

Os músicos galegos agradeceron o galardón "que casualmente coincide cos quince anos de vida do grupo e desta Academia. Queremos agradecer en primeiro lugar aos membros da academia que confiaron o seu voto ao Alalá da noite. Quixeramos agradecer tamén, a amizade e colaboración de Manuel Rivas que co seu poema desencadeou o aliñamento de planetas que levou á creación desta canción, perpetrada en primeira instancia polos nosos compañeiros de grupo, hoxe ausentes, Quico Comesaña e Xabier Díaz.

O grupo agradeceu o premio "a todos eses músicos anónimos que conformaron e conforman unha parte fundamental do noso patrimonio: aquel que pon música ao territorio, aos ciclos do ano, e nos agasalla cunha diversidade musical e cultural neste país da que podemos e debemos gozar".

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2011 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a ponte do Día das letras galegas
Luns 16
• Mamá Cabra no multiusos das pOzas (Mos) ás 19:00
• O Coro Tradicional Cantares do Brión ás 20:00 no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Vigo
• Foliada Homenaxe a Pepe Temprano en Betanzos
• Saltonocribo no Clavicémbalo (Lugo)
• Fracasados de antemano no Mardigras (A Coruña)
• Pablo Seoane Grupo na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
• The Homens na Estrada
• Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz en Ponteceso ás 23:00
• Cuchufellos no local social A Rebusca (Manzaneda)
• Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)

Terza feira 17 (Martes)
• Mobilización expansiva contra os ataques ao galego
• Sondeseu no Auditorio de Narón
• Romaría Raigame (Vilanova dos Infantes)
• Roi casal no Teatro Jofre (Ferrol) ás 20:30
• Som do Galpóm en San sadurniño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Mobilización en defensa da nosa lingua
Este 17 de maio non quedes na casa: mobilización expansiva en defensa da lingua que nos une


Prezadas/os amigas/os,

A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama a toda a sociedade galega a seguirse mobilizando en defensa da nosa lingua e da nosa cultura propias este vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, desta volta mediante a metodoloxía da "mobilización expansiva": concentracións simultáneas no maior número posíbel de localidades galegas, e tamén no exterior.


Hai razóns máis que de sobra para seguir facendo do Día das Letras Galegas unha xornada reivindicativa e de mobilización social, demostrando que temos unha lingua e unha cultura viva e con futuro, non unha "cultura en lata" nin unha peza de museo para mirar para ela unha vez no ano e o resto agredila ou ignorala.


En dous anos que leva no goberno, Alberto Núñez Feijóo aínda non tomou nin a primeira medida en favor do galego. Moi polo contrario, a súa política é de desprotexer aínda máis o galego, de negar os nosos dereitos lingüísticos no ensino, na administración, nos medios de comunicación ou na xustiza. Paralelamente, descende ou desaparece o apoio aos creadores e iniciativas culturais de todo tipo coa escusa da crise económica. Con todo, si que parece haber cartos para traer cultura de fóra mentres se despreza e ignora a de aquí.


Debido á proximidade das eleccións municipais, este ano non haberá manifestación nacional en Compostela, como nos últimos anos, mais a Plataforma Queremos Galego chámanos a non quedar na casa. Como? Participando da "mobilización expansiva" e simultánea que están a preparar en ducias de localidades de todo o país para o 17 de maio ás 12 da mañá. O lema non pode ser máis rotundo: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO.

www.queremosgalego.org





A Coruña: 12 da mañá, Obelisco (Cantón Grande)

A Estrada: 13 horas, Praza do Concello

A Guarda: 12 da mañá, Auditorio de San Bieito

Allariz: 12 da mañá, Praza Maior

Ares: 12 da mañá, Praza do Concello

Arteixo: 12 da mañá, anfiteatro do Paseo Fluvial

As Pontes: 12 da mañá, Praza de América

Barcelona: 19 horas, Centro Galego de Barcelona (Rambla)

Barreiros: 18 horas, escolas de Celeiro de Mariñaos

Belfast: 16 horas, Culturlann, Falls Road (oeste de Belfast)

Betanzos: 12 da mañá, palco da música do Cantón

Boiro: desde as 11.30, romaría popular na finca do Pazo de Goiáns

Bos Aires: 12 da mañá (hora arxentina), Praza Castelao (Bernardo de Irigoyen e Independencia)

Bruxelas: 19 horas, Place de Luxembourg, fronte ao Parlamento europeo

Cambados: 12 da mañá, Alameda (xunto á estatua de Cabanillas)

Cambre: 12 da mañá, Vila Florentina (Cecebre)

Carballo: 12 da mañá, Paseo do Anllóns

Carral: 12 da mañá, Monumento aos Mártires

Cedeira: 12 da mañá, Praza da Reitoral da Vila Vella

Celanova: 12 da mañá, Vilanova dos Infantes

Culleredo: 12 da mañá, Praza de Europa (O Burgo)

Fene: 12 da mañá, local do Pote (Maniños)

Ferrol: 12 da mañá, Praza do Himno Galego (Esteiro)

Florencia: 18.30, Piazza Senioria

Lalín: 12 da mañá, Praza da Igrexa

Lugo: 12 da mañá, Rúa da Raíña (fronte ao Hotel Méndez Núñez)

Madrid: 12 da mañá, Parque Breogán (zona Avenida de Bonn), xunto á estatua de Castelao

Marín: 12 da mañá, na Alameda

Monforte de Lemos: 12 da mañá, Praza de Santa Clara

Narón: 12 da mañá, Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal

Nigrán: 11.30 da mañá, Parque da Ramallosa

Nova York: 17 horas, Battery Park (fronte á estatua da Liberdade)

O Barco de Valdeorras: 12 da mañá, pasarela peonil do Salgueiral

O Carballiño: 12 da mañá, Praza Maior

Oleiros: 12 da mañá, Praza do Emigrante (Porto de Santa Cruz)

Oroso: 12 da mañá, Praza de Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro)

Ourense: 12 da mañá, Xardíns do P. Feixóo

Oxford: 17 horas (hora inglesa), xunto a Carfax Tower

Padrón: 12 da mañá, Paseo do Espolón (xunto á estatua de Rosalía)

Palas de Rei: 12 da mañá, Praza do Concello

Pontedeume: 11.30 da mañá, Praza do Concello

Pontevedra: 12 da mañá, Praza da Peregrina

Redondela: 12 da mañá, Praza do Concello

Ribadavia: 12 da mañá, Praza Maior

Ribeira: 12.30 da mañá, Rúa de Galiza

Sada: 12 da mañá, Praza dos Irmáns Suárez Picallo

Salceda de Caselas: 12 da mañá, Praza do Concello

San Sadurniño: 12 da mañá, Praza do Concello

Santiago de Compostela: 11.30, Porta Faxeira

Soutomaior: 12 da mañá, Alameda de Talorrío (Arcade)

Valdoviño: 12 da mañá, Praza da Casa da Cultura

Verín: 12 da mañá, Praza Maior

Vigo: 11.30, Praza da Princesa

Xenebra: 20 horas, Asociación S.C.D.R Galaica, 18, Chemin de la Caroline, Petit-Lancy

Xinzo de Limia: 12.30 da mañá, Praza Maior (ou Praza de San Roque)





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2011 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)
O dia 16 de maio Serán das letras en Sobrada – Tomiño a partires das 22:00 h.

Organiza Treboeiros da Muimenta

Interesados en actuar gaiteiros, padereteiros, etc. Tlf. 666278393 / 618717179

Saudos a todos
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-05-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada homenaxe a Pepe Temprano (Betanzos)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-05-2011 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro poético por Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría Raigame (Vilanova dos Infantes)
O sabor das vellas romarías galegas

A celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes, como un elemento máis do potencial turístico-cutural que oferta Celanova dentro do programa “Celanova, un paseo pola historia de Galicia” que pretende dar a coñecer os momentos máis importantes da historia de Galicia a través dun curto percorrido xeográfico, pero dun gran salto a través da historia, como son o múndo castrexo de Castromao, a etapa alto-medieval de San Miguel a riqueza baixo-medieval de Vilanova dos Infantes, o esplendor do barroco do Mosteiro de San Rosendo e o rexurdimento da lingua galega da Casa dos Poetas.

A Romaría Etnográfica Raigame, consolídase dende o ano 2002 coa súa primeira edición, na que se comenzou a crear un certame festivo artesanal no que se pretende destacar as singularidades e características que conserva o pobo de Vilanova dos Infantes.

As numerosas actividades das que se poden disfrutar abranguen actividades de teatro e títeres, música, e ambientación polas rúas. Os participantes que cada ano acoden a romería deleintan ós visitantes con bailes populares, xogos, contacontos e artesanía. Raigame conta cunha serie de concursos de fotografía, traballos literarios e investigación etnográfica.

Tamén podemos encontrar numerosas exposicións de todolos ámbitos da cultura galega.

www.romariaraigame.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Romaría Raigame (Vilanova dos Infantes)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais de verán
Chega o bo tempo e comezamos a compilar os festivais de verán na Galiza

Maio


14 maio: Festival Noite Folk (Pontecesures)
- Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Guadi Galego e Lusco Fusco

14 maio: Festa da Lingua (A Coruña)
- Ondas Martenot, Os Tres Trebóns e Skacha

14 maio: Barricas Folk Rock Festival (Corneira - A Baña)
- Labazada, Maghúa, Maianas, Verdegaio,...

14 maio: Festa 13-14 (Salceda de Caselas)
- A Compañía do ruido, Os Podridos,...

14 maio: Festival San Cidre no adro de San Pedro (Cangas do Morrazo)
- Quempallou, Guintervan e Xemántica

14 maio: Festa do dezassete (Compostela)
- Pel de pau, Os Carunchos, Ixion, Ataque Escampe, ...

14 maio: III Noite Irmandiña de Seixalbo (Ourense)
- Som do Galpóm, Espido, Rubio galego, Bongo Botrako...

15 maio: Festival Folkardente (Vedra)
- Pandereteiras Silandeira, A Requinta da Laxeira, Pé de Boi e Som do Galpom

21 maio: VIII Manguelo folk (Orazo- A Estrada)
- Xuntanza dos regatos, Retrouso, Regato de Matamulleres, Quempallou, The Crass, Sacha na Horta...

Xuño


11 xuño: Rock en Costa (Castiñeiriño - Compostela)
- Samesugas, Royalties, L’Uomo di Gomma, The Homens e Redullos

11-12 xuño: Festival Briganfolk (Betanzos)
- Susana Seivane, Xose Manuel Budiño, ...

18 xuño: Festival pola Memoria Histórica. Aranga (A Coruña)
- Zenzar,...

23-24-25 xuño: Derrame Rock (Ourense)
- Boikot, Rastreros, Ruxe-Ruxe, Os Tres Trebóns,...
-Def Con Dos, Lamatumbá, Molotov, M-Clan, Dakidarria, ...
-Los Suaves, Siniestro Total, Dixebra, Dios Ke Te Crew, Soziedad Alcoholika,...

Xullo


1 xullo: Festival Arde Rande (Chapela-Redondela)
- Kogito,...

1-2 xullo: Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- Os Podridos, Medomedá

2 xullo: Festival Música na noite (Calo-Teo)
- Ultraqans, BellónMaceiras Quinteto, ...

2 xullo: Festival Vai chorar a Cangas (Cangas do Morrazo)
- Skakeo, Kogito, Bastards on Parade, A Tuna Rastafari

-7 ao 10 xullo: XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
- Grass, The Elders,...

22 xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro)
- Kogito,...

23 xullo: Festival Sargadelos Fusión (Cervo)
- Falperrys,...

30 xullo: Festixeve (Pontevedra)
- Ultraqans,...

Agosto


5 agosto: Lugnasad (Bretoña)
- Ultraqans,...

12 agosto Barqueirock (O Barqueiro)
- Zenzar, Raiba, ...

12-13 agosto: Brincadeira (Ordes)
- Europe, Ruxe-Ruxe, Kastomá, Obús, Dios Ke te Crew,...

20 agosto: Asalto ao castelo de Moeche
- Leilía,...

27 agosto: Festival do rio Belelle
Neda (A Coruña)

- Ultraqans,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2011 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Festa pola lingua (A Coruña)
“O galego medra contigo!”: concerto de Ondas Martenot, Os Tres Trebóns e Skacha

Sábado 14
Parque de Santa Margarida
21:00
Entrada libre até completar capacidade.


Dentro da campaña "O galego medra contigo!", organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, concerto de Ondas Martenot (en homenaxe a Lois Pereiro), Os Tres Trebóns e Skacha.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-05-2011 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folkardente (Vedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-05-2011 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer