Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Repichoca (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-05-2010 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Aña urbana en Pontevedra
Un ano mais a A.C. Trépia convoca a todos os seus sócios a participar na IV Anha Urbana o vindeiro 8 de Maio de 2010, de 11:00 a 13:30h.

O programa de actividades é o seguinte:

– Durante os meses de marzo e abril, obradoiros para a anha (obradoiro de baile, toque de leghóns e cantar da anha).
– No própio dia, actuacións polas prazas do casco vello de Ponte Vedra.
– A partir das 13:30, pincho para todos os participantes a cargo da Asociación (nunha
praza inda por determinar).

As novidades para este ano son:
– Ensaios grupais de todas as aulas-obradoiro da asociación.
– Solicitude de colaboración à Concellaria de Xuventude de Pontevedra para a colocación de tarimas nas prazas e, se é posíbel, de toma eléctrica nas mesmas para a execución da anha con bases de música electrónica

– NOVIDADE!!!: Visto o tratamento recibido por parte da asesoria técnica de cultura do concello de Pontevedra, decidimos ampliar a anha urbana de xeito que poidan participar nela asociacións e agrupacións culturais de todo Galiza.

Asi as cousas, fará-se unha campaña de convite via e-mail e via Facebook co obxectivo de inzar Pontevedra esa mañán de participantes no evento. Unión fai forza, e se somos muitos, para outro ano non han tomar tan à lixeira as nosas propostas. Polo tanto, animamos-vos a contactar con canto grupo de música tradicional conozades para convidá-los à Anha Urbana 2010.

Fará-se, nese sentido, un formulário para inscrición de participantes con tres modalidades (participante individual, participante colectivo e adhesións-apoiantes ao evento-)
– Gravación do evento con cámaras HD para a posterior edición e publicación dun vídeo divulgativo en internet.

Mais info:
www.trepia.org
info@trepia.org
trepja@gmail.com
635543822

Este ano a convocatória é aberta a calquer agrupación ou entidade que desexe participar, en sinal de protesta polo boicot ao que é sometida a nosa asociación por parte da asesoria técnica do concello de Pontevedra.

Asi pois, o obxectivo é acadar o maior número de participantes posíbel nas seguintes modalidades:

-Participación individual
: calquera se pode inscribir nos obradoiros que terán lugar durante os meses de marzo e abril (inscricións e información en trepja@gmail.com)

-Participación colectiva: calquera agrupación que se anime a participar tocando e/ou bailando as suas añas polas prazas da cidade (info e inscricións en trepja@gmail.com ou no facebook de trépia)

-Adhesión à iniciativa: Agrupacións ou colectivos que, non podendo participar de facto no evento, desexen adherir-se à iniciativa en sinal de apoio. Estes participantes enviarán os seus logótipos a trepja@gmail.com para seren impresos nas publicidades do evento (carteis, panfletos, etc.) de xeito gratuito. Trata-se de demostrar publicamente que a nosa cultura tradicional non é cousa de "catro gatos" pirados que tocan os sachos, senón que hai muita xente en todo o país adicando-se a recuperar e manter a nosa música tradicional (inda que en Pontevedra xa non queden mais agrupacións grazas ao desartellamento paulatino do tecido asociativo que outrora tivo esta cidade adicado a este tipo de actividades -mais de 8 agrupacións culturais ou folclóricas no 2000, apenas 3 en funcionamento hoxe en dia-).
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Carpenta (A Coruña)
O día 7 de maio celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, esta vez, a edición XXXII.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

ANIMÉDEVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festival O Berce de Donaire
Este ano a Asociación Cultural Donaire cumpre 10 anos e con motivo do seu aniversario vai realizar unha serie de actos.

O primeiro destes actos vai ser un festival infantil de música e baile tradicional. Este festival vaise chámase O Berce de Donaire e contará coa participación das seguintes asociacións:


A.C. Donaire (A Coruña)
A.C. Xacarandaina (A Coruña)
A.X. Xiradela (Arteixo)
A.F. O Arco da Vella (San Miguel de Reinante)

Este festival vaise celebrar o próximo domingo día 9 de maio no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30.

Venta de entradas:
Taquilla central, Praza de Ourense: de luns a Venres de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h.
Taquilla Forum: A Partires dunha hora antes ó concerto.

Televenta: 902 504 500
Venda electrónica: https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Orcellón Fala e Canta (O Carballiño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Rubén González López en Lugo
Rubén González López, gaiteiro e fabricante de palletas de O Incio, será homenaxeado o vindeiro 9 de maio na cidade de Lugo.

Esta homenaxe, que está organizada pola Asociación Cultural Cántigas e Frores, contará coas actuacións da Banda de Gaitas de "Cántigas e Frores", os gaiteiros Bruno Villamor, Juan Parga, Pepe Vaamonde e Gaiteiros do Incio.

O acto terá lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo o día 9 de Maio ás 20.00 Horas.


Rubén González dedicase dende fai 40 anos á fabricación de palletas, moitas das cales foron exportadas a outros países. O seu traballo a favor da música tradicional valeulle varios premios, como o ‘Constatino Bellón, Gaita de Ouro’.

Rubén González foi ferreiro, zoqueiro, traballador en Magnesitas durante 24 anos e mesmo enterrador, e compaxinou todos estes traballos coa defensa permanente da cultura galega.

Foi neto dun membro da banda de Noceda (O Incio) de principios do século XIX, e iniciouse moi novo no mundo da música. Foi gaiteiro en Entrimo (Ourense), en Noceda e co grupo ‘Os Agarimos’.

A día de hoxe non renuncia a seguir tocando e preparando as mesmas palletas que alcanzaron sona mundial.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Trececatorzeadora 2010 (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festas Populares de Compostela

Festas Populares compostelanas en maio, organizadas polo movemento asociativo.

7 de Maio
21h30
teatro: “CAMARADA K”, DE TEATRE DEL MAR
ORGANIZA SALA NASA
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

8 de Maio
(todo o dia)
FEIRA DA PRIMAVERA
ORGANIZA Asociación de Comerciantes de S. Pedro
RUA DE SAN PEDRO
13h00
ruada e jantar popular
pola rua Quiroga Palácios até o Centro Social (Quiroga Palácios, 42)
ORGANIZA C.S. HENRIQUETA OUTEIRO
Saída do Seminário Menor
cshenriquetaouteiro.agal-gz.org
17h00
Obradoiro de Confección e Inciación ás "Pelotas Malabares"
de 17.00h a 19.00h
ORGANIZA A.C. A MANTIXOLA
Parque de Belvís, na Zafona.
17h30
Roteiro literário sobre Scórpio, de Carvalho Calero
Guiado por Ernesto Vázquez Souza (Doutor em Filologia Galego-portuguesa e especialista em
"Scórpio" )
ORGANIZA Clube de Leitura da biblioteca Anna Politkovskaya
Saída do C.S O Pichel
20h00
Roteiro urbano: As mentiras do Apóstolo
percurso por lugares emblemáticos sobre o mito do apóstolo Santiago
ORGANIZA A Gentalha do Pichel
Saída da Rua de Jerusalém
gentalha.agal-gz.org
21h30
teatro: “CAMARADA K”, DE TEATRE DEL MAR
ORGANIZA SALA NASA
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

9 de Maio
10h30
Roteiro de Bicicleta a Tápia
Saída desde a entrada do Campus Sul (Políticas) e jantar em Tápia. Regresso polas 18h00. Levar
bocata
ORGANIZA AMAL (Agrupaçom de Montanha Augas Limpas)
aguaslimpas.blogspot.com
11h00
Almorzo na rua con viandas das de antes
Levar taza de almorzo, un pratiño, algo con que encher a taza e o prato...
ORGANIZA ALMORZOS NA RUA (almorzosnarua@gmail.com)
RUA SANTA CLARA
20h00
teatro: “CAMARADA K”, DE TEATRE DEL MAR
ORGANIZA SALA NASA
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

11 de Maio
18h30
ROTEIRO “Coñece a cidade natural”
Percurso pola xeoloxía e a bioloxía de Compostela
ORGANIZA ADEGA
SAÍDA DA PRAZA DO PAN (Cervantes)
adega.info
21h30
CIRCO BASTARDO: “QUI QUO QUA”, DE PORQUESI PRODUCTIONS
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

12 de Maio
17h30
Roteiro Normalizador polas ruas do Campus Sul da USC.
Com música tradicional.
ORGANIZA Agir
SAÍDA DO IES GELMIRES I
www.agir-galiza.org
21h30
CICLO DE CINEMA E TRABALLO
Proxección: Humano, demasiado humano (Louis Malle / René Vautier, Francia, 1974, VOSG,
75')
ORGANIZA CINECLUBE DE COMPOSTELA
C.S. O PICHEL (santa clara, 21)
cineclubedecompostela.blogaliza.org
21h30
CIRCO BASTARDO: “QUI QUO QUA”, DE PORQUESI PRODUCTIONS
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

13 de Maio
12h00
Obradoiro Graffiteiro e Xornada de Xogos Friquis
14h00 Xantar na horta e continuación dos obradoiros
ORGANIZA Asociación Cultural e Xuvenil ITACA
Local da Federación ITACA (Rúa do Pombal 18)
www.itacafederacion.org/
22h00
CONCERTO: Piano Bar
ORGANIZA “AS DUAS”
BAR AS DUAS (Oliveira, 3)
barasduas.wordpress.com

14 de Maio
21h30
Concerto “GALIZA EM PUNK”
Tiro na testa, Skarmento, Golpe de estado
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

15 de Maio
(todo o dia)
Festa do Dezassete
(jogos, dança, palestras e concertos nocturnos)
ORGANIZA A Gentalha do Pichel
NAS RUAS DA ZONA VELHA DE COMPOSTELA
gentalha.agal-gz.org
11h00
MERCADO DE TROCO
ORGANIZA VERDEGAIA
PORTA DO CAMINHO
www.verdegaia.org
17h00
Obradoiro de Confección e Iniciación ós "Paos Chinos"
de 17.00h a 19.00h
ORGANIZA A.C. A MANTIXOLA
Parque de Belvís, na Zafona.
17h00
Exibiçom de Esgrima antiga
ORGANIZA ESCEA
PRAÇA DAS ÁNIMAS
www.ceibes.org/scea
21h30
Concerto “GALIZA EM PUNK”
Afonía, Vondäniken, Post Mortem
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

16 de Maio
21h30
FESTA HORTERA
ORGANIZA Rádio Kalimera
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
www.akalimera.org

18 de Maio
21h00
CONCURSO “PLANETA NH”
ORGANIZA AGAL
BAR NOSFERATU (casas reais, 18)
pglingua.org
22h30
Concerto de Fred Martins
ORGANIZA Casa das Crechas
CASA DAS CRECHAS, Vía Sacra, nº 3
www.casadascrechas.com

19 de Maio
19h30
PALESTRA "Consumo responsábel: que podemos fazer?”
Encontro para a creación dun grupo de consumo en Compostela
ORGANIZA COOPERATIVA EIRADO
C.S. O PICHEL (santa clara, 21)
www.eirado.org
21h30
CICLO DE CINEMA E TRABALLO
Proxección: A entrevista de traballo (Die Bewerbung, Harun Farocki, Alemaña, 1996, VOSG, 59')
ORGANIZA CINECLUBE DE COMPOSTELA
C.S. O PICHEL (santa clara, 21)
cineclubedecompostela.blogaliza.org
22h30
Foliada das Crechas
ORGANIZA Casa das Crechas
CASA DAS CRECHAS, Vía Sacra, nº 3
www.casadascrechas.com
23h00
Noite de música galego-portuguesa
e EXPOSIÇOM PERMANENTE DE CARTAZES POLÍTICOS
ORGANIZA Pub Avante
AVANTE (Cantom de San Bieito, 4)

20 de Maio
20h00
Presentación da novela de Carlos Meixide 'Primavera'
(cuarto número da colección 'O Lapis do Taberneiro')
ORGANIZA Café Bar 13
CAFÉ BAR 13 (rua santa clara, 13)
21h30
II CONCERTO HOMENAXE AO LUTHIER COMPOSTELANO PABLO SEOANE (NOTHINK, DIA
DE FURIA e YIDORAH)
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com
22h00
CONCERTO: Martín Zapata
ORGANIZA “AS DUAS”
BAR AS DUAS (Oliveira, 3)
barasduas.wordpress.com
22h30
CONCERTO: Leo i Arremecághona!
ORGANIZA “MALAS PÉCORAS”
BAR MALAS PÉCORAS (Algália de Baixo, 7)

21 de Maio
21h30
TEATRO: “A DERRADEIRA FILA” de TEATRO ENSALLE
ORGANIZA SALA NASA
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com
22h00
ESTALOTADA
ORGANIZA OS ESTALOTES
BAIRRO DE SAR (bares Mañoso e Marmolo)
22h30
foliada galego-portuguesa
clausura da exposiçom “os zés pereiras”, com o autor Napoleao Gonçalves
ORGANIZA A.C FOLLAS NOVAS e A GENTALHA DO PICHEL
C.S. O PICHEL (Santa clara 21)

22 de Maio
14h30
JANTAR TEMÁTICO DE PATACAS NOVAS
ORGANIZA A GENTALHA DO PICHEL
C.S. O PICHEL (santa clara, 21)
gentalha.agal-gz.org
16h30
Lembrando o bairro: Os Jogos Populares
conversa com vizinh@s sobre os jogos tradicionais + jogos populares no estacionamento
ORGANIZA A.VV. As Marias
NO BAR LEIS (Basquinhos 17)
17h00
Obradoiro de Confección e Iniciación ás "Cariocas"
de 17.00h a 19.00h
ORGANIZA A.C. A MANTIXOLA
Parque de Belvís, na Zafona.
21h00
Festa Feminista
ORGANIZA Rede Feminista Galega
BAR AS DUAS (Oliveira, 3)
redefeministagalega.blogaliza.org
21h00
Jantar interassociativo
Máximo aforo 40 pessoas. Todas as participantes tenhem que levar comida ou bebida.
ORGANIZA TROITA ARMADA
LOCAL DA FEDERACIÓN ITACA (Pombal, 18)
21h30
TEATRO: “A DERRADEIRA FILA” de TEATRO ENSALLE
ORGANIZA SALA NASA
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com

23 de Maio
20h00
TEATRO: “A DERRADEIRA FILA” de TEATRO ENSALLE
ORGANIZA SALA NASA
SALA NASA (Rua de San Lourenzo 51 – 53)
consultar prezos en www.salanasa.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto nas I Xornadas da Mocidade Independentista (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2010 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro Serán da tempada na sala Nasa (Compostela)
O vindeiro xoves, 6 de maio temos o último SERÁN da SALA NASA antes do descanso do verán.

Continuamos coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns”que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. Impartido nesta ocasión por Manuel Cebeiro
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h.

Os grupos que van poñer música son:
1. Os Republicanos
2. Alvariza
3. A Arreixeira

E TI POS O BAILE


Patrocinado pola Concellería de Cultura
de Santiago de Compostela.
Grazas por difundirdes esta información; agardámosvos.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-05-2010 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Susana Seivane no Alalá

Hoxe, xoves, día 06/05/2010

Esta noite, "Alalá" achégase aos soños dunha muller bandeira da música e dos sons galegos, Susana Seivane, pertencente a unha das estirpes gaiteiras de maior prestixio, para falar con ela da súa traxectoria musical, da vida, das sensacións, das súas afeccións e dos soños que volven e dos que virán.


Pero para poder sobrevivir e traballar para que a música tradicional permanecera no tempo, Seivane tivo que ir adaptándose, pois un dos grandes cambios foi mudar o papel da muller, que antes tocaba pandeiretas, latas, pandeiras... pero non era habitual que unha muller tocase a gaita. Hoxe a situación é outra grazas ao traballo destas novas gaiteiras, que conseguiron facer "falar a gaita" con tanto éxito coma os homes.

A protagonista de hoxe é unha muller gaiteira que triunfa en todo o mundo; que empezou a tocar con 3 anos, influenciada polo avó e o pai, que cando a levaban a algún concerto ou festival soñaba con que algún día ela subiría tamén a un escenario. O soño cumpriuse e impresionounos a todos, agora co cuarto disco, "Os soños que volven", en que rescata aqueles temas que aprendera de nena, temas vellos pero que soan a futuro e que suxiren momentos e lugares especiais na súa vida. Susana amosa a súa cara máis sensible, familiar, divertida e apaixonada con todo o que fai.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 06-05-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento de Feeixa, improvisación con gaita e electrónica
Acábase de publicar a acción sonora realizada a finais de 2009 en Vigo de Feeixa, nome da improvisación que levaron a cabo Xedh (Miguel A. García) desde Bilbao máis Berio desde a Fonsagrada no Lab Alg-a -contedores de Valladares, o pasado 9 de decembro do 2009, dentro do evento Accións sonoras no Lab Alg-a. Trátase dunha acción de nove minutos onde Xedh manipula electrónica e Berio unha gaita galega. Un traballo complementado co deseño gráfico de María Viñas.

Podes descargar os arquivos dixitais de balde desde o netlabel de alg-a.

Recomendamos primeiramente a escoita -e lectura das notas en cada tema- do primeiro traballo neste eido de Berio: "Fola ", unha investigación sonora sobre a gaita galega.

Trátase dunha testemuña sonora do que estes dous artistas do son fixeron naquel día de decembro nos contenedores do Laboratorio de alg-a. Unha proposta baseada na execución en directa sobre a gaita e a manipulación a tempo real do son que emite ruidista e baseado nas altas frecuencias da palleta e nas baixas do pallón nos roncos, ruidista e sen silencios.

Se non estades afeitos á Arte Sonora, quizais deberiades escoitar e ler aos pioneiros de posguerra: Pierre Schaeffer, Pierre Henry, Karlheinz Stockhausen, John Cage, Luigi Nono, Luciano Berio,...

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 06-05-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Na presentación do libro ´Os Instrumentos musicais na tradición galega´
Avalado co premio Losada Diéguez que vén de recibir, presentouse no edificio Sexto do Museo de Pontevedra o libro Os instrumentos musicais na tradición galega, que é resultado dun longo traballo de investigación ao abeiro do Proxecto Ronsel. Trátase dunha escolma de 144 instrumentos da historia musical galega, en 500 páxinas e con máis de 1.000 fotografías e ilustracións, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio inmaterial. O seu autor, Pablo Carpintero, defíneo como “unha reunión do concepto galego do que é música e do que é un instrumento musical”. Como exemplo, ofreceu un concerto didáctico no que repasou a historia da gaita de fol.

Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega"

Avalado co premio Losada Diéguez na modalidade de investigación e ensaio que vén de recibir, presentouse no edificio Sexto do Museo de Pontevedra o libro Os instrumentos musicais na tradición galega, que é resultado dun longo traballo de investigación ao abeiro do Proxecto Ronsel. Trátase dunha escolma de 144 instrumentos da historia musical galega, coa explicación da súa orixe, os pasos para a súa confección e o xeito de tocalos, en 500 páxinas e con máis de 1.000 fotografías e ilustracións. O seu autor, Pablo Carpintero, defíneo como “unha reunión do concepto galego do que é música e do que é un instrumento musical”. Remarca neste senso que en Galicia sobreviviron instrumentos dos que no resto de Europa só hai constancia nas escavacións arqueolóxicas.
Iván Area, coordinador do Proxecto Ronsel e Vicerreitor de Relacións Institucionais, sinalou que este libro foi posible grazas a precedentes como a obra de Castro Sampedro, que puxeron en valor o patrimonio inmaterial galego. “Este volume é unha obra colectiva, froito dun longo proceso de transmisión, que conta co aval da Unesco”, engadiu nese senso.
O acto de presentación estivo presidido por Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, que cualificou o libro como “unha xoia, unha publicación única no seu xénero e que supón un feito de xustiza histórica coa recuperación da nosa memoria musical”.

Obra de referencia na investigación musical interdisciplinar
Iván Area destacou como un dos aspectos máis interesantes do libro a análise que fai do instrumentario galego a partir das teorías evolutivas en voga na bioloxía. “É un exemplo de traballo interdisciplinar que vincula música e bioloxía”, subliñou. Destacou tamén a limpeza dos deseños realizados polo debuxante Xoán Ramón Marín, “que eliminou o superfluo e que permiten ter unha idea da escala dos instrumentos”. Afirmou que o libro xa se converteu nunha obra de referencia e que “axiña poderemos entrar nunha librería e pedir o Carpintero, igual que pedimos o Castro Sampedro”.
Pola súa parte, Pablo Carpintero quixo salientar a importancia documental do volume, dende a achega lingüística pola variedade de nomes de instrumentos que recolle, ata as cancións, os músicos históricos ou o tipo de formacións. “Se o libro contribúe a que unha persoa intente confeccionar un instrumento coas súas instrucións xa me dou por satisfeito”, sinalou o autor, que quixo subliñar a importancia dos nenos na conservación do instrumentario.

Concerto didáctico sobre a historia da gaita de fol
A presentación do libro rematou cun concerto didáctico centrado na orixe e evolución da gaita de fol. O numeroso público, que desbordou as expectativas de Pablo Carpintero, seguiu con atención as súas explicacións e puido escoitar de preto como soan as gaitas feitas con palla, as primeiras gaitas feitas con vinchas de porco ou modelos do século XIX de Galicia e Portugal.
O autor anunciou tamén que, desde que saíron do prelo en xaneiro, xa practicamente se esgotaron todos os exemplares da primeira edición porque o volume leva meses liderando as listas de libros de non ficción máis vendidos en Galicia. Por este motivo, xa se está preparando a segunda edición, que incluirá novas achegas.

http://duvi.uvigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 06-05-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novo proxecto de Maite Dono e Baldo Martínez
O novo disco de Maite Dono e Baldo Martínez xurde arredor da figura de Uxío Novoneyra, que este ano é o autor a quen se lle dedican as Letras Galegas. Con Sons-Nús, ambos artistas súmanse a esta homenaxe.

Sons-nús
maite dono & baldo martínezSons-nús, é un dúo no que a voz de Maite Dono e o contrabaixo de Baldo Martínez reúnense a partir do Jazz, o folklore, e a libre improvisación, dando lugar a un peculiar proxecto sonoro e interpretativo; onde versatilidade e nondefinición xogan un papel importante á hora de falar deste proxecto. A voz cantada ou falada (utilizando a poesía como vía: Uxío Novoneyra, a propia Dono, etc.) pode viaxar do coñecido ó descoñecido, e o contrabaixo, tamén nesa viaxe de risco, perfila música e expresión de todo o conxunto.

Sons-nús xurde a partir da idea de traballar nun proxecto máis intimista, dando maior liberdade á creatividade; despois de ter compartido os dous proxectos que os achegaron estilísticamente, como é o caso máis recente do PROJECTO MIÑO, onde a partir do folklore e cunha linguaxe de jazz contemporáneo conséguese un novo espazo creativo.
Este traballo une a dúas grandes figuras da música, que van madurando a súa relación artística ao seu paso por distintos festivais de todo o mundo.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-05-2010 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-disco 'Cores do Atlántico' arrinca unha nova ollada das cantigas de amigo

Socorro Lira, Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso ou Teresa Paiva. Son parte das voces do proxecto que neste mes das Letras será presentado na illa de San Simón.

Un agasallo literario musical sae á luz este maio coordinado por Socorro Lira e amadriñado pola asociación Ponte nas Ondas. Será un CD con 15 cantigas de amigo musicadas e interpretadas por artistas galegos, portugueses, africanos e brasileiros. Entre outros: Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso, Teresa Paiva... Unha iniciativa que procura fornecer dunha ollada novidosa ás cantigas de amigo que poida servir de transmisión ás novas xeracións deste patrimonio cultural.

Cores do Atlántico trae á actualidade a poesía composta, musicada, cantada e bailada por mulleres que viviron antes e durante a Idade-Media, en Europa, "devolvendo á lira desas creadoras, os seus significados máis lexítimos: erotismo, sensualidade, autonomia, iniciativa amorosa, reverencia á natureza máxica, referenciando o traballo que era a circunstancia na cal ese facer artístico se daba colectivamente, servindo o canto, ao ritmo dos traballos efectuados e da danza". Así o explican desde PAI Música, encargados de desenvolver o proxecto.

O traballo inclúe ademais un libro onde Ria Lemaire, especialista en literatura medieval da universidade de Poitiers, fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-05-2010 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Master class de música tradicional
A AGADIC organiza un novo ciclo de tres master class e música tradicional, que serán impartidas polos mestres Eliseo Parra, David Mayoral e Carlos Beceiro en distintas datas de maio e xuño na Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) de Santiago de Compostela.
Na segunda edición desta iniciativa pedagóxica, abordaranse contidos como distintos aspectos da percusión en relación co baile popular e afondarase en instrumentos como a guitarra, o bouzouki e a mandolina:

CURSOS
"A necesidade de cantar"
Mestre: Eliseo Parra

Datas e horario: 26 de maio de 17.00 a 21.00 h e 27 de maio de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

"Percusións do Mediterráneo"
Mestre: David Mayoral

Datas e horario: 26 de maio, de 17.00 a 21.00 h, e 27 de maio, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

"Curso de guitarra, bouzouki e mandolina"
Mestre: Carlos Beceiro

Datas e horario: 4 de xuño, de 17.00 a 21.00 h, e 5 de xuño, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Cada master class ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos, que deberán achegar os seus propios instrumentos.
O prezo da matrícula é de 50 euros.
A inscrición debe formalizarse a través da páxina web http://www.masterclassdemusicatradicional.info/, onde tamén se ofrece máis información sobre os contidos das clases.

Saúdos da AGADIC
Axencia Galega das Industrais Culturais
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-05-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Xira presentación do novo disco de Esquíos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2010 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Contaxiosa vivacidade
Anotouno un dos seus integrantes con esa sorna tan característica (chamémoslle retranca) que se estila por terras galaicas: "Congratúlanos presentarlles a Sondeseu, a mellor orquestra de folk en toda a Península... ademais da única". Algún responsable cultural das administracións municipais e autonómicas debería morrerse da envexa e seguir o exemplo, pero intuímos que non caerá esa breva. E sairemos perdendo todos, porque esta orquestra nada da escola de música tradicional de Vigo constitúe unha das experiencias sonoras máis vivificantes, contaxiosas e alentadoras que pisaron a capital. Sen ínfulas: só cunhas ganas descomunais de transmitir paixón.

Son máis de 40 instrumentistas, pero esquezan as feituras clásicas da orquestra: aquí cortan a pana as zanfonas, arpas célticas, gaitas, violíns, requintas, buzukis e unha amplísima nómina de pandereteiras. Falamos, en efecto, dunha agrupación na que a idade media non alcanza o cuarto de século, pero que sobre o escenario do Price espallou talento a esgalla.

A orquestra non só rozou a súa terceira e máis brillante criatura discográfica, Barlovento, senón que convidou os bailaríns de O Fiadeiro, tan brillantes e bisoños como eles, a que se marcasen uns agarrados.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2010 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk na sala Capitol (Compostela)
A Compostelana Sala Capitol acollera o hoxe martes 4 de maio un concerto de música galega que nos achega a tres dos mellores grupos de música tradicional do momento.

Polo escenario, e a partires das 21h pasarán, en primeiro lugar, os recentemente gañadores do concurso de cantos de taberna que se celebrou en Melide o pasado 24 de Abril. Estamos a falar de A Requinta da Laxeira, quen tamén nos presentan o seu primeiro traballo discográfico “Vai de Baranda”. Logo será o momento do que foi grupo revelación o pasado ano no eido da música tradicional; Tanto nos Ten (TNT). E para pechar a noite subirán ás táboas os membros do grupo Quempallou, que seguen “Polo aire” co seu último traballo de homónimo título.

Unha noite que promete moita festa, e ben podería valer como primeiro contacto coa tempada de festivais, que como cada ano, se levan a cabo pola nosa xeografía nos meses de verán.
As entradas para o concerto xa están á venda nos locais de Santiago: O Calpe, Casa das Crechas, Discos Gong e A Reixa. O prezo de venda anticipada é de 8 €, e de 10€ en taquilla.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro ´Instrumentos musicais na Tradición galega" en Pontevedra
Mañá mércores 5 de maio de 2010 ás 20.00 h terá lugar, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, o acto de presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" de Pablo Carpintero Arias con deseños de Xoán Ramón Marín Martínez editado por Difusora de Letras Artes e Ideas no marco das iniciativas desenvolvidas polo proxecto Ronsel. Esta obra vén de recibir o premio Antón Losada Diéguez na modalidade de investigación e ensaio.

Ademais, poderemos gozar cun breve concerto didáctico do autor, Pablo Carpintero quen dedicará arredor de 30 minutos a explicar a orixe e a evolución da gaita de fol en Galicia. Poderemos escoitar algunhas gaitas sen fol como os clarinetes sinxelos e duplos, empregados polos nenos no camiño de aprendizaxe cara á gaita de fol, uns instrumentos moi semellantes aos empregados no antigo exipto. Tamén poderemos escoitar o son dos óboes duplos similares ás tibias romanas e aulòs gregos. Dentro xa das gaitas de fol, Carpintero fará soar instrumentos de lingüeta sinxela como as gaitas de cana e sabugueiro ou a rosca do Baixo Miño. En canto ás gaitas de fol propiamente ditas, escoitaremos varios instrumentos antigos, de morfoloxías diferentes en canto ao número de bordóns, procedentes de varias zonas de Galicia e tamén poderemos escoitar a reprodución, feita polo autor, dunha das gaitas de Perfecto Feijoo conservadas no Museo de Pontevedra.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2010 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 3(luns)
• Machina na Praza do Obradoiro (Compostela) ás 12:00

Terza feira 4 (Martes)
• Machina na Praza Maior (Ourense) ás 12:00
• A Requinta da Laxeira, Tanto Nos Ten e Quempallou na Sala Capitol (Compostela)

Corta feira 5 (Mércores)
• Machina no Cantón (Ribadeo) ás 12:00
• Som do Galpón na Praza do pobo de Betanzos
• Marxe Esquerda na sala Moon (Compostela)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 6 (Xoves)
• Machina na Praza do Campo da Feira (A Estrada) ás 12:00
• Ophiusa na Sala Clavicémbalo de Lugo
• Os Jonh Deeres na sala Moon (Compostela)
• Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 7 (Venres)
• Machina na Praza de Armas (Ferrol) ás 12:00
• Pito de Pikasso na sala Ola Green (A Coruña)
• The Homens no Pub Gatos (Melide)
• O Sonoro Maxín na Sala Clan, Xinzo de Limia
• Zënzar na ala A Reserva, Carvalho
• Noite de Carpentana adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña

Sábado 8
• Mamá Cabra na Biblioteca de Elviña, A Coruña ás 17:30
• Residuos radiactivas (palleiro punki) no Merlego (Compostela)
• Sonoro Maxín na sala Clan (Xinzo de Limia)
• Esquios, Zenzar,... na sala Farándula, Vigo
• Cantareiras "Cordenaia" no Pub O Muíño de Cervo
• Brandelia no Centro Sociocultural de Conxo (Compostela) ás 22:00
• Sem Resposta e Rojo 2 no Artabria (Ferrol)
• Ophiusa no Bar Liceum do Porriño
• Berroguetto e convidados no Auditorio Municipal de Tui
• Nova Galega de Danza no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo ás 22:30
• Festa TrezeCatorzeadora (Salceda de Caselas): Banda Potemkin, Cé Orquestra Pantasma, Cromática Pistona, Funk'n Bastards, Dj Aligator
• IV Anha Urbana en Pontevedra
• VII Repichoca nas Pontes
• III Ruada de Catoira
• V Serán do Mar de Rianxo
• Serán do Freixo (Valadares-Vigo)
• Serán de San Benito (O Porriño) a carón da Capela de S. Benito
• Serán do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo)

Domingo 9
• Festa dos Maios na Praza da Constitución de Vigo
• Sondeseu no teatro Principal de Pontevedra
• Foliada solidaria no Adro de San Amaro (Aldán-Cangas do Morrazo)
• Festival Infantil O Berce de • Donaire no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30
• Tanto nos Ten na Praza da Constitución (Vigo)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2010 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Quique Peón actúa a partir de hoxe en Xordania co seu espectáculo «Ovay»
Ovay, o espectáculo debut da compañía de danza de Quique Peón, levará a cabo unha serie de representacións esta próxima semana en Xordania.
A xira realízase en virtude dun acordo acadado co Instituto Cervantes e os seus centros asociados no reino hachemí.

O artista galego desenvolverá en total tres funcións; a primeira de elas, hoxe, no Free Theatre Festival de Amman. As seguintes serán o día 5 e 6 no Centro Cultural Rey Abdullah II de Zarqa e no Gran Teatro da Universidade da capital, respectivamente.

Quique Peón, que interpreta en solitario esta peza de danza, estará acompañado pola música de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, que interpretarán con gaita, acordeón, zanfona, requinta e outros instrumentos de percusión. Ovay é unha montaxe con evocacións ao baile tradicional galego e con formas da danza contemporánea. O espectáculo foi coproducido no pasado 2009 pola compañía de Peón e realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2010 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VI Concurso de Baile tradicional Tequexeteldere (A Estrada)

VI Concurso de Baile tradicional Tequexeteldere (A Estrada)

CATEGORÍA A:
1º premio: O Muíño da Retorta do C.C. A Ponte Vella.
2º premio: Sete Ferreñas da AMBT Vai de Roda.
3º premio: Donairiño da AC Donaire.

CATEGORÍA B:
1º premio:Grupo "C" de Cantigas e Agarimos.
2º premio: Nove Ferreñas da AMBT Vai de Roda.
3º premio: Tras do Eo do C.C. A Ponte Vella.

CATEGORÍA D:
1º premio: C.C. A Ponte Vella.
2º premio: Grupo "C" da AC Xeitosos de Trazo.
3º premio: Repenicoque da AX Xiradela.

Mellor Acompañamento: AC Donaire.
Mellor Vestiario: Xeitosos de Trazo.
Mellor Colectivo Tradicional: C.C. A Ponte Vella.


www.teque.aestrada.com
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-05-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer