Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Descarga ao vivo Cuba-Galiza co Xornal de Galicia
Desde o sábado 22 ao domingo 30 de maio poderase mercar o CD-DVD da DESCARGA AO VIVO nos quioscos ao prezo especial de 11,75 € xunto ao diario Xornal de Galicia do día correspondente.

O disco e o DVD ‘Descarga ao vivo. Cuba-Galiza’ amosa as relacións musicais entre a illa e a nosa terra

Cuba e Galicia bailan ao son dunha mesma sensibilidade a pesar da distancia que o Charco abre entre estas dúas terras irmás. Esa separación atlántica non impide que as notas dun país resoen no outro. A mestizaxe e a fusión de décadas entre ambas as dúas realidades musicais recóllense nunha iniciativa conxunta da Central Folque e o Instituto Superior de Arte de Cuba que deu lugar o disco e o DVD Descarga ao vivo
Cuba-Galiza, que a partir do sábado 22 de maio distribuirase con Xornal de Galicia.
Ese álbum recolle o mellor de catro concertos realizados por sobranceiros músicos galegos e cubanos. O primeiro deles foi o realizado en febreiro de 2009 no Teatro Mella da Habana e os seguintes reproducíronse en Galicia.

No disco que agora chega con Xornal, as muiñeiras galegas, a rumba cubana, o folk ou o danzón mestúranse grazas a participación de diversos músicos de ambos os dous lados do Atlántico. Por unha banda, os galegos Pedro Pascual, Xabier Díaz e Marcos Teira e , pola outra, o cubano Alejandro Vargas asinan un proxecto polo que a música galega nacida en Cuba por fin chegou a Galicia.

Na orixe desta iniciativa de fusión está a investigación de Ramón Pinheiro, quen viviu seis meses en Cuba para realizar unha radiografía das interrelacións entre a música da illa e a galega. “Ao finalizar a investigación vimos que había que plasmar todas esas relacións en música. Comezou así a colaboración que desembocou nos concertos”, sinala Ramón Pinheiro. Así naceron os concertos de Descarga ao vivo, que agora os lectores de Xornal poderán gozar na súa casa a partir do sábado 22 de maio por un prezo de 11,75 euros.

As relacións da música da nosa terra e a da illa agromou coa chegada dos emigrantes. “A presenza en Cuba dos galegos comezou no século XIX, sobre todo na parte occidental da illa e nas zonas urbanas. A partir de 1850, os galegos comezan a organizarse e inician unha estrutura coa que teñen presenza nos ámbitos burgueses”, sinala Pinheiro. Dese xeito, a influencia social dos galegos en Cuba foi en aumento. “Organizábanse todos os domingos romarías galegas nas que participan formacións cubanas que incluían repertorio galego e os quintetos de gaitas convértense en moi coñecidos”, lembra Pinheiro.

A gran fusión entre ambas as dúas sensibilidades produciuse nas primeiras décadas do século XX. “A gran hibridación deuse entre 1925 e 1935. Non obstante, a partir de 1936, co comezo da Guerra en España, a música vólvese ultraespañolista e todo o galego transfórmase en español. E xa coa Revolución Cubana, a música galega identifícase co colonialismo e só se fomentan os sons propios da illa”, sinala Pinheiro. Pero grazas o Descarga ao vivo da Central Folque, esa mestizaxe volve a Galicia nun disco imprescindible.

Descarga aquí o primeiro sinxelo en formato mp3.



www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
A Polo Ghit 2010: buscando a canción do verán
1. Poderán participar no concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas de creación propia que teñan a letra en galego.
As cancións serán de tema libre pero valorarase que vaian orientadas a ser un ghit estival.


2. As pezas deberán cumprir un mínimo de calidade musical e acústica. No que lle toca á calidade contamos coa vosa creatividade. Para a cousa técnica, pedímosvos que as gravacións se presenten ao concurso ou ben nun CD audio ou ben nun arquivo de son en formato MP3 cun bitrate mínimo de 256 kbps. Opcional e recomendábel é o envío dun vídeo coa gravación do tema, xa que en principio temos en proxecto a posibilidade de facermos algo especial nese formato que, de callar, vos anunciaremos no seu momento.

3. Os participantes tamén deberedes enviar un pequeno texto describindo o tema, a letra e especificando os intérpretes que participan na canción. E unha última cousiña: unha imaxe, do propio grupo ou solista, que caviledes representativa.

4. A peza debe enviarse á sede de Vieiros, e recordámosvos que temos novo enderezo postal: Rúa de San Pedro, 94 - 15703 Santiago de Compostela. Tamén poderán enviarse por correo electrónico a apologhit@vieiros.com. O prazo para recibir cancións está aberto desde xa mesmo e a data límite para facernos chegar as pezas será o 25 de xuño.

5. As cancións participantes iranse publicando na web do concurso por orde de chegada e terán ampla difusión na portada de Vieiros. Os participantes ceden as súas obras baixo licenza Creative Commons que permite a libre descarga, copia e distribución na rede e as obras derivadas, reservándose o dereito comercial.

6. Na anterior edición, os nosos informáticos vixiaron ao máximo o control da votación dos internautas para que non houbese irregularidades. Mais hai que recoñecelo, non hai sistema infalíbel. Por ese motivo, e respondendo ás vosas queixas e suxestións, mudamos o sistema de elección dos finalistas.

7. A votación dos internautas servirá para escoller o que chamaremos "ghit da semana". Cada semana poñeranse os contadores de votos a cero e ao cabo de sete días, destacaremos o ghit máis votado. Isto será independente da elección do gañador final, que nesta ocasión será escollido en exclusiva polo xurado.

8. O xurado estará formado por un conxunto de persoeiros de recoñecido prestixio no eido musical galego. Logo de que o 25 de xuño remate o prazo de recepción de temas tócalle xa que logo ao xurado iniciar as deliberacións. Escollerán cinco finalistas e destes, un gañador final: o ghit do verán 2010. O 9 de xullo Vieiros anunciara a decisión do xurado.

9. O premio fundamental de 'A Polo Ghit' cremos que é común e compartido por todos os grupos: A participación nunha iniciativa que serve para promocionar a actividade e a creatividade das bandas e solistas do país. Alentar a promoción dos músicos galegos o máximo posíbel é o que nos move. Así e todo, non descartamos que poida haber a maiores outro tipo de premio, nomeadamente algunha forma de concerto colectivo. De daren froito as xestións iniciadas ao respecto, será anunciado no seu momento.

10. A web oficial do 'A Polo Ghit 2010' estará operativa desde o 1 de maio. As situacións non previstas nestas bases serán resoltas coa máxima axilidade posíbel pola organización de A Polo Ghit. Os concursantes, coa súa participación, comprométense a aceptar estas bases.

Bases

Web A Polo Ghit 2010
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2010 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
A Radio Galega tenta sen éxito apropiarse de A Polo Ghit
Vieiros promove en solitario "A Polo Ghit 2010" e pedirá o amparo ao Consello de Administración da CRTVG.

Ao fío da actualidade relacionada con 'A Polo Ghit', desde Vieiros cremos necesario facer as seguintes aclaracións:


1. No ano 2006 Vieiros deseña o proxecto 'A Polo Ghit'. A idea é clara: impulsar, difundir e amplificar a voz creativa das bandas musicais do país por medio dun certame do que saíse a "canción galega do verán".

2. Coa iniciativa na man, Vieiros proponlle á Radio Galega colaborar no proxecto. Houbo receptividade desde o comezo. Eran tempos nos que a propia emisora pública abría espazos exclusivos na súa grella para a promoción da música galega.

3. A efectos prácticos, esa colaboración implicou que Vieiros asumise todo o custo da infraestrutura web do proxecto. Malia que se chegou ao acordo de explotación comercial compartida do concurso, quedando responsabilizada a CRTVG destes traballos, Vieiros en ningún momento recibiu nunca nada pola infraestrutura e o traballo fornecido polo noso xornal para a iniciativa 'A Polo Ghit'.

4. Desde o comezo estabelécese que alén de nas páxinas de Vieiros as cancións participantes serán difundidas a través de programas da Radio Galega e da TVG, fixándose tamén como condición que as obras queden baixo licenza Creative Commons, de feito que máis aló do propio Vieiros e da CRTVG as pezas poidan descargarse, copiarse e distribuírse libremente na rede acadando así o máximo de difusión posíbel a través de calquera espazo e medio de comunicación.

5. No verán de 2009, e estando en curso a edición de A Polo Ghit dese ano, prodúcense cambios na dirección da CRTVG. Nos primeiros contactos ao respecto, exprésaselle a Vieiros a vontade de seguir apostando polo concurso, toda vez que demostrara ser un éxito de participación e público.

6. No mes de outubro, Vieiros recibe notificación da Oficina de Patentes e Marcas de que alguén está tratando de rexistrar a marca 'A Polo Ghit'. Consultado o asunto, o intento de rexistro resulta ser froito da dirección da CRTVG, pero "A Polo Ghit" é unha marca previamente rexistrada por Vieiros. Non llo conceden, e preguntados ao respecto, desde a Radio Galega, atribúen a un erro burocrático o acontecido argüíndo que ignoraban que se tratase dunha iniciativa orixinaria de Vieiros e non da Radio Galega e asegurando que, de levarse a cabo, o concurso se celebraría co formato habitual en colaboración con Vieiros.

7. En meses posteriores e sen mediar novas comunicacións, a CRTVG intenta rexistrar outras marcas: " O Ghit do verán", "O Ghit é noso", etc. Vieiros decide deixar de oporse a estes rexistros, xa que cada recurso leva custos asociados.

8. Chegado o momento do lanzamento de 'A Polo Ghit 2010', a Radio Galega expresa a súa negativa a seguir apoiando o certame musical e achaca a un esquecemento non ter respostado antes a Vieiros.

9. Logo de recibir a negativa en firme da propia dirección da emisora pública, Vieiros decide que 'A Polo Ghit' non pode morrer e moito menos no ano que cumpre o seu quinto aniversario. Por moitos motivos, os fundamentais xa expresados na información publicada este luns: é necesario que os medios do país manteñan fiestras abertas á creatividade musical que abrolla forte en Galiza.

10. Paradoxalmente, horas despois do anuncio de Vieiros de que 'A Polo Ghit' non morrerá, a CRTVG enviaba aos medios un comunicado onde anunciaba a posta en marcha dun concurso para "a busca da canción do verán" baixo o título 'Vasacarnota'.

11. Vieiros asume que en calquera momento unha relación entre dúas empresas para levar adiante una iniciativa, pode romperse ou anularse, mais tamén, que o que non pode facer unha delas, máis aínda sendo un medio de titularidade pública, é apropiarse dunha idea que non lle pertence e sobre a que non ten dereitos, aínda que pola imposibilidade de rexistrar o formato, sexan apenas morais. Por ese motivo Vieiros solicitará amparo ao Consello de Administración da CRTVG.

12. Seguiremos adiante e en solitario con 'A polo Ghit', porque é de todos e todas, dos grupos, da xente que votou, dos que descargaron e comentaron, e tamén de Vieiros, que para iso o promoveu. A rede é unha canle idónea para a promoción e a divulgación do talento dos músicos galegos. Desde aquí poñeremos a nosa faragulla para a libre difusión e distribución da nosa música. En internet flúe libre o poder, a imaxinación e a inventiva dos artistas. Que sexa por moitos anos. A Polo Ghit!

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2010 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 24(luns)

Terza feira 25 (Martes)
• Loretta Martin no Pub Ultramarinos (Compostela)

Corta feira 26 (Mércores)
• Milladoiro en Compostela

Quinta feira 27 (Xoves)
• Coanhadeira na Casa das Crechas (Compostela)
• Transilvanians na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 28 (Venres)
• Fía na roca no Auditorio de Valga (Pontevedra)
• Som do Galpón no Trocolo (A Coruña)
• Guezos no Tarabela (Lalín)
• Skacha na Iguana Club (Vigo)
• Capitan Furilo na sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
• Esquíos na sala Jazzmin, O Carballiño
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Foliada Ven Respirar no café Ollo Ledo (Ourense)
• Noites de Tasca no bar-restaurante Casa Vella, en Abellá - Frades.

Sábado 29
• Recambios Tucho no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Guezos na Praza de San Marcial (Ourense)
• Serán de Coto (O Carballal-Vigo)

Domingo 30
• Chotokoeu en Cambre
• Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2010 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados IX Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía

1ºpremio: A.C. Traspés
2ºpremio: Grupo A de Cantigas e Agarimos
3º premio: C.C. A Ponte Vella

Premio do público: C.C. A Ponte Vella
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-05-2010 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo para a Tradescola (Lugo)
A partir de hoxe está aberto o período de reserva de prazas na TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Este centro, situado na cidade de Lugo, é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional.

A TRADESCOLA conta actualmente con 200 alumnos matriculados e con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

A reserva de prazas na Tradescola permanecerá aberta ata o día 15 de xuño.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4- Lugo), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Na escola poden inscribirse persoas de tódalas idades (nenos a partir de 7 anos), para niveles de iniciación ou perfeccionamento.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-05-2010 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo
A Asociación Cultural Vista Alegre, nun encontro mantido na noite do martes, decidiu aprazar ata despois do verán a quinta edición do certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo que estaba previsto este domingo, 23 de maio.

Segundo indican desde a organización, decidiron suspender a cita do domingo e trasladala a novas fectas «debido a que non se reuniu un mínimo de participantes».
Actualmente as datas que se barallan para a súa celebración sitúanse entre finais de setembro ou principios de outubro deste ano. O certame reparía un total de 2.700 euros en premios.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2010 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 21 (Venres)
• Nordestin@s no Couto (Ponteceso)
• Ovay (Henrique Peón) no Teatro Municipal de Tui
• Coanhadeira no Café Auriense (Ourense)
• Som do Galpón no Zona Cero (Caldas de Reis)
• Guezos na Casa de tus sueños (Verín)
• Ataque Escampe na Carballeira de Sta. Minia (Brión)
• Esquíos na sala Badulake, Ordes
• Homenaxe á Sra. Carmen con Uxía, Malvela, Rodrigo Romaní e Celso Sanmartín no Auditorio do Pazo da Cultura, Pontevedra (21:00 h)
• Foliada galego-portuguesa na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Ruada "Vai de Troula" en Ordes

Sábado 22
• Mamá Cabra no Centro Social Sagrada Familia, A Coruña
• II Xornadas de Baile Tradicional (Compostela)
• Emilio Cao no Verbum (Vigo) ás 22:00
• Emilio José na Fundación CaixaGalicia (A Coruña) ás 21:00
• Leilía e Uxía no Auditorio Municipal de Rianxo ás 21:00
• Som do Galpón na Sala The Star (Carral)
• Guezos no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Luar na Lubre en Ponteceso
• Sonoro Maxín en Ponteceso ás 23:00 na Casa dos Veciños
• XVII Festival de Cerceda: Nao, O Leo e Arremacaghoná, Selecta in Helicopta, Frcasados de antemano, 12 labirinto,...
• Muimenta Rock (Muimenta-Lugo): Zenzar, Ruxe-Ruxe, Garcia MC, ...
• VII Festival Manguelo Folk Orazo (A Estrada): Xuntanza de Regatos, Requinta da Laxeira, Alvariza, Korrontzi e Os Trés Trebóns
• Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
• Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
• Serán do Gaiteiriño (Aldán- Cangas do Morrazo) no adro da Capela de San Amaro ADIADO

Domingo 23
• II Encontro de Escolas Adultas no Local Social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Sebe – Cacheiras) ás 17:30
• IX Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía ás 19:30
• XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina no Teatro Rosalía de Castro, A Coruña ás 16:00
• V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo en Bandeira (Silleda) ás 17:30 Adiado
• Raigañas, As Cantareiras de Ardebullo e Susana Seivane en Ponteceso na Carpa das Letras ás 18:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2010 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
22 de Maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
- Serán do Gaiteiriño (Aldán- Cangas do Morrazo) no adro da Capela de San Amaro Adiado

29 de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)

30 de Maio
-Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)

5 de xuño
- Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)
- Serán no Alto do Viso-Redondela (Carretera que sobe A Peneda)

11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)

12 de xuño
- Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autopista)
- Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
- Serán do mar de Baiona

20 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

3 de xullo
- Serán das Meghallas en Pereiras (Mos)

7 de agosto
- Serán en Valadares (Vigo) no monte dos pozos
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-05-2010 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de Escolas Adultas (Cacheiras-Teo)
Estimados amigos:

O vindeiro Domingo 23 de Maio de 2010 ás 5 e media da tarde terá lugar, no Local Social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Sebe s/n – Cacheiras), o II ENCONTRO DE ESCOLAS ADULTAS.

Nesta edición
participan as escolas das seguintes Asociacións da comarca:
-S.R. San Xoán de Calo (Teo)
-IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela.
-Riscadeiras de Laraño (Santiago de Compostela)
-A.C. Pena Maior de Marrozos (Santiago de Compostela)
-Xirandaina (Santiago de Compostela)
-A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Ademáis, dos grupos anteriores, contaremos coa actuación especial de:
-As Pandereteiras de Zobra (Lalín)
-Gaiteiro José Turnes (Santa Comba).


Un saudo e gracias pola vosa colaboracion.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2010 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada Vai de troula en Ordes

O vindeiro venres 21 de maio no Campo da Feira de Ordes, a partir das nove da noite a Asociación Cultural "Camiño Real" de Poulo-Ordes, organizaremos a Iª RUADA "VAI DE TROULA", coa colaboración do Concello de Ordes, que nos facilita a carpa, os palcos, a megafonía e as sillas para @s asistentes máis maiores, pois esperamos que os demais participedes activamente con nós, cantando, bailando e trouleando ata que o corpo aguante. Tamén agradecemos a colaboración de diferentes establecementos hosteleiros do Campo da Feira coas súas aportacións para os carteis desta festa tradicional galega.

Pero o agradecemento maior vai para todolos grupos, pandereteiras, gaiteiros, que van colaborar con nós nesta Iª Ruada "Vai de Troula" e na que en principio participarían grupos da bisbarra de Ordes, pero tivemos que abrir a Ruada a outros grupos de outras bisbarras da provincia da Coruña, a data de hoxe temos confirmados os seguintes grupos:

De Ordes:
"Pelexos" de Santa Cruz de Montaos, "Os Viqueiras" de Ordes, "Embruxo" de Leira, "Flor da Maquía" de Poulo e "Camiño Real" de Poulo.
De Trazo:
Pandereteiras "Xentiña de Trazo", "Xeitosos" de Trazo e "Faíscas" de Trazo.
De Tordoia:
"Brisas do Quenllo" da Pontraga e Pandereteiras "Bouba".
De Cerceda:
"San Martiño" de Cerceda e Pandereteiras de Cerceda.
De Oroso:
"Buxos Verdes" de Senra, "Lembranzas do Tambre" de Sigüeiro e "Néboas".
De Frades:
Grupo de Aiazo, "Os Reiceiros" da Ponte Carreira e Grupo de Gaitas. "
Maghúa" da Coruña.
Grupo de Teixeiro.
Grileiros de Donas de Marantes e A Gracia de Santiago de Compostela.
Están pendentes de confirmar: Veciños de Leira, Grupo de Mercurín, Pandereteiras: de Anxeriz, de Bardans, de Encrobas. Grupo de Cabaleiros. Acordeón de Teixeiro e outros...

Esperamos que todala xente da bisbarra xe achegue a carpa da Iª Ruada "Vai de Troula" da A.C. "Camiño Real" de Poulo, e veña con gañas de festa, de cantar, e bailar, e troulear con todos nós...a festa está asegurada, haberá carpa, bar, venta de rifas para sortear diversos agasallos cedidos por varias asociacións e entidades colaboradoras e a entrada é de balde.

Teremos unhas uchas para quen queira aportar donativos para enviar a través da Cruz Vermella a Haití e Chile, para axudar as súas xentes e que poidan voltar a vida de novo e loitar por un futuro millor para todos eles. Non o esquezades o vindeiro venres 21 de maio, co motivo do Día das Letras Galegas, a partir das nove da noite no Campo da Feira de Ordes terá lugar a Iª RUADA "VAI DE TROULA" da Asociación Cultural "Camiño Real" de Poulo.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-05-2010 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada galego-portuguesa en Compostela
Celebraçom de clausura da interesantissima exposiçom que nos acompanhou este mes no Pichel.
Contaremos com o seu autor: Napoleão Gonçalves Ribeiro


Napoleão Gonçalves Ribeiro é membro da APEDGF (Associação Portuguesa para o Estudo e Divulgação da Gaita de Foles) e desenvolve a sua actividade musical no Grupo de Gaiteiros da Ponte Velha, de Santo Tirso, do qual é membro fundador. Tem-se dedicado à investigação de vários instrumentos tradicionais do Entre-Douro-e-Minho, entre os quais a Gaita-de-fole, numa região que, apesar de possuir uma enorme tradição gaiteira, parece ainda não ter originado grandes atenções relativas ao seu estudo. Tem recolhido todo o tipo de histórias e músicas relacionadas com os "Zés-P'reiras" do Minho, assim como iconografia e documentação histórica relacionadas com a Gaita-de-fole. Desde 2000 que, juntamente com o luthier Carlos Carneiro e de uma forma amadora, tem construído vários instrumentos de arco medievais, Rabecas Chuleiras e Violas de Amor. Foi membro refundador da Tuna de Sequeirô, onde funciona uma escola de música tradicional. É antropólogo no gabinete do património cultural da Câmara Municipal da Trofa.

“Zés-P`reiras no Entre Douro e Minho” é uma exposição itinerante da Associação Portuguesa para o Estudo e Divulgação da Gaita-de-fole que descreve pormenorizadamente o fenómeno dos “zés-pereiras”, os gaiteiros desta região do litoral do Norte português, através dum conjunto de fontes iconográficas reunidas por vários amantes do instrumento em Portugal.
Desta fazem parte vários cartazes de tamanho que revelam ao público os principais contornos do fenómeno: distribuição geográfica, trajes, a história e o funcionamento dos instrumentos assim como as festividades onde os zés-pereiras costumam tocar, abordando a eterna dicotomia entre o sagrado e o profano.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-05-2010 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe á Sra. Carmen
Cantantes e artistas homenaxearán a Señora Carmen

O Auditorio do Pazo da Cultura acollerá o venres, 21 de maio, a homenaxe a Señora Carmen, considerada como un 'tesouro vivo da música tradicional galega'. No acto participarán entre outros artistas Uxía, Rodrigo Romaní ou Malvela, agrupación á que pertence esta cantareira de 84 anos.

A Señora Carmen é a máis carismática das voces de Malvela, o grupo de mulleres cantoras de Sanguiñeda (Mos) que nos últimos anos está a colleitar un enorme éxito dentro e fóra de Galiza coa súa reinterpretación dos cantos tradicionais galegos en xeral e do Val da Louriña en particular.

A nivel particular a Señora Carmen publicou a finais de 2007 o seu debut discográfico en solitario Na flor dos meus anos, no que contou con colaboradores como a cantante portuguesa Dulce Pontes ou o gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Na homenaxe do día 21 de maio presentarase unha edición de luxo en formato digipack deste traballo no que se inclúen ademais das doce cancións tradicionais interpretadas pola Señor Carmen, un documental sobre a súa vida e un libreto no que o escritor Fran Alonso amosa o lado máis humano da cantareira.

O Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o venres, 21 de maio, a partires das 21h00 a homenaxe na que participarán artistas convidados como Uxía, Rodrigo Romaní (Milladoiro, Lizgairo) ou Malvela. O acto contará coa actuación do contacontos Celso Sanmartín como fío condutor do espectáculo e, en canto á formación musical, sobre o escenario estarán os instrumentistas habituais de Malvela, aos que se sumará Serxio Sales ao teclado.

O apartado audiovisual desempeñará tamén un destacado papel, con pezas de vídeo creadas ad hoc –como entrevistas cos colaboradores–, e recortes da vida da Señora Carmen en formato fotográfico, cos que se creará un collage que lle proporcionará unidade, dinamismo e contidos ao espectáculo.

As entradas poden adquirirse xa na web de Caixanova a un prezo de 10 €, o unas billeteiras do Auditorio do Pazo da Cultura no mesmo día da actuación a partires das 20h00

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2010 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Manguelo Folk (Orazo- A Estrada)

Un ano máis, a Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo – A Estrada, organizamos este Festival de primavera. A música tradicional en todas as súas expresións e a protagonista.

Este ano 15 grupos farannos desfrutar dende primeira hora da mañá ata o amencer.

Contaremos, coma de cote, con artesáns, exposición de debuxos, zona de acampada e aparcadoiros gratuíto e o campo estará cuberto cunha gran capa. Teremos tamén polbo, churrasco e bocatas a prezos populares.

E como estamos no Manguelo as copas son do máis económicas.

Vinde a desfrutar do Manguelo Folk !!!


Actuacións:

-De 17:00 a 18:00h XUNTANZA DOS REGATOS

-de 18:15 a 18:30h LILAILA

-de 18:30 a 19:15h A CARBALLEIRA DE CERCIO

-de 19:15 a 20:05h PETER PUNK

-de 20:05 a 20:35h Ó SON DA FERVENZA

-de 20:35 a 21:35h CANTIGAS DA TERRA

-de 21:35 a 22:05h TRIOLIRO REGUEIFEIROS

-de 22:05 a 22:35h CÉ ORQUESTRA PANTASMA ( HOME ORQUESTRA) .


-Ás 23:00h Entrega de premios do concurso de debuxo

-de 23:00 a 23:20h XUNTANZA DOS REGATOS

-de 23:35 a 00:35h REQUINTA DA LAXEIRA

-de 00:50 a 01:50h ALVARIZA

-de 02:05 a 03:05h KORRONTZI

-de 03:20 OS TRES TREBÓNS


-Durante os tempos mortos animarán OS LARPEIROS, CÉ ORQUESTRA PANTASMA, TRIOLIRO REGUEIFEIROS

Durante a mañá as charangas : BB+ e Antaruxa percorrerán todos os lugares da parroquia .
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festiletras 2010 (O Couto-Ponteceso)

www.festiletras.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Muimenta Rock (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Festival de Cerceda
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas de Baile Tradicional (Compostela)
Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo de inscrición para as II Xornadas de Baile Tradicional que se celebrarán o sábado 22 de Maio no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n).

Estas xornadas naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.

PROGRAMA
MAÑÁ
10:00 h – Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.
10:15 h - PRESENTACIÓN DE PUBLICACIÓNS: “ Así fan os Bailadores” Xabier Iglesias - “Bailaben” Edith Cotilla e Gustavo Couto.
11:15 h - 1º OBRADOIRO: Xabier Iglesias, “ Xogos tradicionais bailados”.
12:30 h - 2º OBRADOIRO: Luis Prego. “Muiñeiras”

TARDE
16:00 h - MESA REDONDA: “Situación actual e futuro do baile tradicional en Galicia” .Serxio Cobos, Luis Prego, Gustavo Couto. Moderador: Pablo Díaz.
17:15 h - 3º OBRADOIRO: Serxio Cobos. “Xotas”
18:30 h - DESCANSO
19:00 h - 4º OBRADOIRO: Pablo Díaz: “Os bailes agarrados”.
20:15 h - CONCLUSIÓNS E PECHE DAS XORNADAS.
21:30 SERÁN: Festa aberta a todos e todas as participantes nas xornadas e outros convidados para tocar e bailar.

Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 20 de maio a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de secretaria@gaiteirosgalegos.com

A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados.

Forma de pago para non socios: Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto Xornadas de baile tradicional 22 de maio 2010 e o nome completo da persoa.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2010 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo
Terá lugar o dia 23 de maio de 2010 ás 17:30 da tarde no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

1º premio: 1500 euros (concello de silleda)
2º premio: 700 euros
3º premio: 500 euros (frigorificos bandeira s.l.)

As bases poderan ser solicitadas na asociación cultural Vista Alegre de Bandeira
R/ vista alegre nº16
36570. Bandeira - Pontevedra
Tlf: 986 585550
Asocvistalegre@terra.es

Todolos participantes recibirán un diploma acreditativo da súa participacion.

Organiza: asociacion cultural Vista Alegre
Colaboran: concello de Silleda e Caixanova

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
O gaiteiro de Castelo en Alalá

Hoxe, xoves, día 20/05/2010

No noso afán por percorrer o mundo buscando música e músicos de raíz, Alalá atópao hoxe nas terras do Incio onde vive un gaiteiro moi coñecido, Rubén González, todo unha institución de palletas en Galicia, que, con 85 anos, é un home moi querido, con moito enxeño, xeneroso e que loitou moito por conseguir o seu ansiado soño, o de ser gaiteiro.

A primeira gaita mercouna por tres pesos, cartos que gañou facendo zocos. Si, este home tamén foi zoqueiro e ferreiro, traballou na fragua mais de trinta anos facendo coitelos, fouciños... e os coitelos probábaos el mesmo porque foi matachín. Toda a ferramenta que facía ía vendela sobre todo á feira do Incio e non se conformou porque tamén traballou na mina de magnesio. Pero o que nunca hai que esquecer é que Rubén foi e segue a ser dos mellores gaiteiros do Incio.

Unha das cousas que lle produce máis orgullo é que xunto coa súa Victoria sacaron a familia adiante e criaron os tres fillos, un dos cales, Antonio, o único varón, continúa en Lugo co oficio de facer palletas que herdou do pai, a quen admira profundamente. Rubén contaranos como se poden facer tantas cousas e facelas ben; como se poden aprender tantos oficios, construír as ferramentas para as palletas, facer o mazo da forxa.... onde pasa oito horas e outras tantas na mina...e despois a tocar!. Hai corpo que resista isto? Pois nós descubrimos que si, con Rubén.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 20-05-2010 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumbá presenta novo disco

Lamatumbá presenta hoxe na Sala Capitol de Compostela o seu novo disco, un traballo autoproducido, máis "espido" e "inmediato", unha nova viaxe polas músicas de festa

"Nós pediamos Lume (para que saíse o sol), e agora, se os Pink Floyd foron quen de ver a cara escura da lúa, nós imos viaxar á procura das rexións máis tropicais do astro rei. Se os Jefferson mudaron o seu Airplane por unha Starship, nós reformamos a nosa embarcación para convertela nun foguete de verbena intercósmica. E se Os Resentidos foran quen de se decatar de que os marcianos eran galegos (ou talvez de que os galegos somos marcianos, que non che é a mesma historia...), nós imos mandar ao noso propio camaleón Higinio vestido de astronau- ta para inspeccionar como anda a cousa por alá arriba". Lamatumbá presenta na súa web con palabras coma estas o seu novo disco, A Órbita da Banda Hipnótica, que hoxe soará en directo nun concerto do grupo na Sala Capitol de Santiago, a partir das 21.30 horas.

Desta volta non foi, como nos anteriores discos, Paraugas Universal (Pai-Música, 2007) e Lume (para que saia o sol) (Falcatruada, 2005) co apoio de produtores como Segundo Grandío ou Kaki Arkarazo. A banda autoproduciu o seu novo traballo, e o resultado é un CD se cadra "más espido", máis "inmediato", comenta Pedro Feijoo, o baixista. "Non tiñamos límites de tempo, nin de espazo. Isto deunos unha liberdade enorme. Pechabámonos horas no estudio... e non hai ningún tema que baixe das 120 pistas de audio. Nos anteriores, eran entre 64 e 80 pistas...", engadiu.

"Tamén nos din que este é un disco máis guitarreiro, máis rockeiro... aínda que nós non nos decatamos tanto diso", comentou.

A Órbita da Banda Hipnótica ten, en efecto, algo de rock. Como na parte final do tema que lle dá nome ao disco. Pero tamén é un pouco ska, un pouco reggae..., na liña da banda de mesturar estilos. Unha tendencia que se cadra Lamatumbá apontoou coa súa recente xira por toda Galiza, España, Portugal e Francia. "O de tocar tantos paos é inevitable. Somos nove, e por onde imos tocando, imos contaxiándonos do que nos gusta. Por exemplo, Logo chega o día" -o primeiro tema do disco, do que se pode ver o videoclip en www.lamatumba.com-, "xurdiu un pouco tras un concerto en Berlín, no que todo o mundo bailaba, a un ritmo constante...", lembrou.

O novo traballo de Lamatumbá contén outras cancións -ata un total de quince- como unha versión de Muller, de Fuxan os Ventos; Esta noite, unha rancheira sobre desa- mor e borracheira que evolúe cara ao ska, ou O ritmo da pedra branca, chiscadela aos Percutores de Seixalvo, que acompañarán hoxe a banda no seu concerto.

Deste xeito, segue a festa, os ritmos de verbena, con Lamatumbá, pero tamén "algún que outro burato negro de carraxe" sobre o que segue indo mal, tal como apunta a banda no seu myspace. "Tendo en conta todo o que está a caer, que un día chegas ao traballo e resulta que sabes que xa non tes traballo, que é imposible pagar o alugueiro e ter casa propia xa impensable... sería hipócrita pola nosa banda cantar que é todo moi bonito. Nós abrimos a boca para dicir o que pensamos, pero facémolo mantendo o sorriso, e tentanto provocar un sorriso en quen escoita. Por exemplo, Muller é todo un berro sobre o respecto á parella, ou Ata cando fala do momento de crispación que vivimos, que parece que non podemos falar tranquilamente porque alguén salta... Desde a primeira canción, se te fixas, todo vai por aí...", sostivo.

Así, o disco é unha "viaxe nova" da banda polos distintos paos da música. Por iso a idea da órbita, o deseño da páxina web cos nove integrantes do grupo vestidos de astronautas...


CONCERTOS "Moitos grupos estano pasando mal"

Lamatumbá comezou a súa andaina no ano 1998, e desde entón viviu varias mudanzas na súa formación. "É normal, é difícil que se manteña tanta xente durante tanto tempo", reflexiona Pedro, que asumiu ademais o rol de coordinador da produción do disco, gravado nos estudios Muu! de Vigo. "É certo o que dis de que cando comezamos non había moita xente que fixera o que faciamos nós. Había a quen lle gustaba, e quen nos chamaba de todo. Dicíannos que para as verbenas xa estaba Ana Kiro, ou as orquestras... Comezouse a encadrarnos no folk porque Ángel empezou a tocar a gaita, daquela o sector máis purista dicía que non faciamos folk, que é algo que nós non pretendiamos... Agora atopamos xente pola rúa cantando as nosas cancións, enchemos nos concertos...", lembra. E hai outros grupos que fan música de festa en galego, como Banda Potemkim...

"Nós temos sorte. Notamos a "crise", pero temos concertos. Pero moitos grupos estano pasando mal. Dicían que o Xacobeo ía ser a repanocha para todos, pero resulta que non hai cartos para isto, contrátase moito menos aos grupos para o verán, os concellos están a agardar...", salientou.

www.galiciahoxe.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2010 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumba no Festival Queremos Galego
Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 20-05-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Novo DVD de Xosé Manuel Budiño

BUDIÑO-NEW ALBUM-MAY 2010 from Xosé Manuel Budiño on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2010 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Terza feira 18 (Martes)
• Documental sobre Antón Corral no Conservatorio Superior de Música (Vigo) ás 11:30
• Os Carunchos no CEIP "Outeiro das Penas" (Cesantes-Redondela)
• Mini e Mero no Couto (Ponteceso)

Corta feira 19 (Mércores)
• Esquíos e Pito de Pikasso na sala Capitol, Compostela
• Roberto Sobrado no Pub Ultramarinos (Compostela)
• Mini concerto presentación "Projecto de Foles" ás 19:30 no Conservatorio Sup. de Música de Vigo
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 20 (Xoves)
• Lamatumbá na sala Capitol, Compostela
• Berroguetto no auditorio Gustavo Freire (Lugo)

Sexta feira 21 (Venres)
• Nordestin@s no Couto (Ponteceso)
• Ovay (Henrique Peón) no Teatro Municipal de Tui
• Coanhadeira no Café Auriense (Ourense)
• Som do Galpón no Zona Cero (Caldas de Reis)
• Guezos na Casa de tus sueños (Verín)
• Ataque Escampe na Carballeira de Sta. Minia (Brión)
• Esquíos na sala Badulake, Ordes
• Homenaxe á Sra. Carmen con Uxía, Malvela, Rodrigo Romaní e Celso Sanmartín no Auditorio do Pazo da Cultura, Pontevedra (21:00 h)

Sábado 22
• Mamá Cabra no Centro Social Sagrada Familia, A Coruña
• II Xornadas de Baile Tradicional (Compostela)
• Emilio Cao no Verbum (Vigo) ás 22:00
• Leilía no Auditorio Municipal de Rianxo
• Som do Galpón na Sala The Star (Carral)
• Guezos no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Luar na Lubre en Ponteceso
• Sonoro Maxín en Ponteceso ás 23:00 na Casa dos Veciños
• XVII Festival de Cerceda: Nao, O Leo e Arremacaghoná, Selecta in Helicopta, Frcasados de antemano, 12 labirinto,...
• Muimenta Rock (Muimenta-Lugo): Zenzar, Ruxe-Ruxe, Garcia MC, ...
• VII Festival Manguelo Folk Orazo (A Estrada): Xuntanza de Regatos, Requinta da Laxeira, Alvariza, Korrontzi e Os Trés Trebóns
• Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
• Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
• Serán do Gaiteiriño (Aldán- Cangas do Morrazo) no adro da Capela de San Amaro

Domingo 23
• II Encontro de Escolas Adultas no Local Social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Sebe – Cacheiras)
• IX Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía
• XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina no Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
• V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo en Bandeira (Silleda)
• Raigañas, As Cantareiras de Ardebullo e Susana Seivane en Ponteceso na Carpa das Letras ás 18:00
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2010 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Documental: Antón Corral, mestre dos mestres
O martes 18 de Maio, ás 11:30, será presentado o documental "Antón Corral, Mestre dos mestres"(Vol.2 O músico), producido e realizado por Xurxo Fernández e Diego Mariño.

Finalizará cun coloquio aberto no que se contará coa presenza de Antón Corral.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-05-2010 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cerceda, primeiro pobo galego que se declara 100% libre da SGAE


A vila coruñesa acolle ese sábado, organizado pola Asociacion Lucerna, a XVII edición do seu Festival, este ano adicado a Cultura Libre

CERCEDA VAI SER, O 22 DE MAIO, O PRIMEIRO POBO GALEGO QUE SE DECLARE 100% LIBRE DA SGAE



Maria Yañez, Francisco Alvarellos, Uxio Broullón, Samuel Paris, O Leo i Arremecaghona e Martín Loureiro debaterán e expoñerán as suas teses o redor dos bens culturais de uso común, unha alternativa ás restriccións que impoñen as normas estipuladas nos dereitos de autor tradicionais.

A proxección de curtametraxes feitas con licenzas libres, a gravacion de todas as actividades da xornada para despois volcalas en internet baixo creative commons e a escoita de música allea á Sociedade General de Autores e Editores nos bares e demais locais comerciais da zona completan a xornada, onde tamén terá cabida o Circo de Pulgas para os mais cativos.
Nao, 12Labirinto, Fracasados de Antemano, Leo i Arremecághona e Selecta in Helicopta con Gendebeat, protagonizarán os concertos da noite.

O Festival de Cerceda chega o próximo sábado 22 de maio a sua XVII edición. Organizado pola Asociación Lucerna, e coa colaboración do Concello e da Deputacion, o Campo da Feira da vila coruñesa acollerá durante toda esa xornada e de balde concertos, debates, proxeccións e diversas actividades para maiores e cativos cun común denominador: Promocionar e afondar na Cultura Galega e, para esta quenda, divulgar sobre todo a Cultura Libre. Nun momento no que a ministra Ángeles Gonzalez Sinde e a Sociedade General de Autores e Editores non deixan de xerar polémicas en todo o Estado o redor da maneira de funcionamento e xestión dos dereitos de autor, Lucerna pretende aproveitar o Festival deste ano para converter Cerceda no primeiro pobo galego que se declare, simbolicamente, 100% libre de SGAE, aló menos por un día.

Con este obxectivo, o Festival arrincará cunha mesa redonda pola tarde, as 18:30 horas, sobre os denominados bens culturais de uso común, é dicir, os contidos creativos que non posúen restriccións legais en relación o dereito de uso, redistribución e creación de versións modificadas ou derivadas de terceiros. Para abordar o asunto participarán e contarán as súas experiencias Maria Yañez, ex directora de Vieiros, membro da produtora A Navalla Suiza e promotora de Edicions A Rotonda, editorial que hai xa uns anos publicou na rede o primeiro libro galego baixo creative commons; Francisco Alvarellos e Joaquin Riera, socios da Casa de Musica, un espazo multidisciplinar que, desde Compostela, ofrece asesoramento a locais e grupos sobre lexislación e licenzas; Uxio Broullón, creador da plataforma commonsbaby.com, un podcast sobre musicas distribuidas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga; Samuel Paris, autor do libro Manual da destrucion, editado baixo licenza creative commons; o Leo i Arremecághona, cantautor que distribúe o seu traballo con licenza libre; e Martin Loureiro, membro do grupo cercedense Machina, que sempre apostou por distribuir a sua música libremente e autoxestionar o seu primeiro disco longo, ‘Post-Bravu’. Mais aló do debate en si, a tarde aproveitarase para a proxección audiovisual de curtametraxes que non están suxeitas a SGAE e para facer algunha que outra demostración en directo. Por iso, a pretensión é gravar o festival e volcalo na rede baixo creative commons. Paralelamente, durante toda a xornada, os bares da zona non pincharán ningunha música que estea suxeita a SGAE, toda será libre, igual que a que se poida escoitar noutros locais comerciais do lugar. Todos eles contaran con informacion sobre o feito de que Cerceda se converte nunha Zona de Libre Cultura.

Pero non todo será debate e música. Pensando no disfrute dos máis pequenos e tamén pola tarde, ata Cerceda chegará o Circo de Pulgas. En dous pases, un as 16:30 horas e outro as 18:00, Galician Pulgas Circo amosará o seu peculiar e exclusivo espectáculo circense, coordinado pola fantástico domador Claudio Carruselo.

E xa para pola noite, agarda o forte do Festival. Xusto despois de que se lea o Manifesto que declarará a vila libre da SGAE, a partir das 22:00 horas, e baixo una carpa, por se o tempo non acompañase, mais cultura galega e cultura libre en forma de concerto. Nunha vila referente para o rock galego que viu nacer a tantos grupos musicais o longo do tempo, como Desertores do Arado, Zenzar, Machina, Osiris, Nasser, Sensacha, Shangrila, Presencia Zero ou ata en certa medida A Banda Potemkin, este ano tócalle a quenda de porse sobre o escenario a 12 Labirinto, banda formada no 2007 tamén en Cerceda e con algún que outro integrante moi precoz na música. Da propia Cerceda tamén procede Gendebeat, un pioneiro no mundo do beatbox en Galiza, que a base de rap, reggae e hip hop, e acompañado dos vigueses Selecta in Helicopta, encherán tamén de ritmos xamaiquinos o Campo da Feira ata ben entrada a madrugada, xa que eles serán os encargados de pechar o Festival. Pero antes, actuarán o vigués cantautor punk retranqueiro Leo i Arremecaghona; os coruñeses Fracasados de Antemano, que co seu estilo de pachangueo lúdico-solidario farán festa segura; e os metaleiros Nao, que veñen de sacar disco.

Todo será de balde e haberá unha barra con comida e bebida a prezos populares para non pasar nin fame nin sede xa desde o mediodia. A cita: O vindeiro 22 de maio en Cerceda.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-05-2010 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Antros Pinos (Taragoña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-05-2010 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana das Letras Galegas
Sexta feira 14 (Venres)
• Som do Galpóm no Parque de Castrelos ás 11:00
• Fracasados de antemano en Brens (Cee)
• Festa/concerto no pailebote Neves (Marín) con Alejandro Vargas New Trio e de Marcelo González
• Projecto ['trepia] no auditorio de Cangas ás 22:30
• Zenzar no Pub Gatos (Melide)
• Esquíos na CS A Revolta, Vigo
• Sondeseu no Auditorio de Galicia (Compostela)
• A Sacho, Skalopendra e Maino, terá ás 23:00 na Praza da Peixería, Vilagarcía de Arousa.
• Concerto das letras (Ferrol) no Cantón de Molíns: Fred Martins e Ugia Pedreira, Ataque Escampe, García MC, Arenga, Trapallada
• Concerto das letras en Lavadores (Vigo): Tarambainas, Rebelión do inframundo, o Leo e Arremecaghoná

Sábado 15
• Cristina Pato en Xinzo de Limia (Ourense)
• María do Ceo en Xares-Ourense
• Lamatumbá, Pesdelán e Linho no Cuco na Festa da Marosa, Burela
• Pito de Pikasso no CS A Tarabela (Lalín)
• Concerto pola Lingua na Coruña: Trapallada, Obrint Pas e Fracasados de Antemano no Parque Santa Margarida (A Coruña)
• Concerto pola Lingua en Pontevedra: Second Army, Contra as cordas, Deskartes Band, Royalties, Leo e Arremacaghona
• Treixadura e Faltriqueira en Vilagarcía de Arousa
• Festa do dezessete (Compostela): Tanto Nos Te, Medomedá, Çe Orquestra Pantasma, Os da Ría, Leo e Arremecaghoná.
• Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
• Serán en Borreiros (Gondomar)
• Serán do muiño de Coiro (Cangas do Morrazo)

Domingo 16
• Marta Quintana ás 12:30 no parque de Castrelos (Vigo)
• Os Carunchos en Castrelos (Vigo)
• Coanhadeira no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Lamatumbá na sala Clandestino, Nigrán
• Ruxe-Ruxe, Pito de Pikaso e 504 na sala Capitol (Compostela)
• Serán na discoteca Isabela - Ponteareas (Carretera N-120) a partir das 8 da tarde
• Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella

Segunda feira 17(luns)
• Manifestación en Compostela ás 12:00
• Xaquín Xesteira e a Banda de Música de Castrelo, en Cambados, no Paseo da Calzada ás 12:30 do mediodía
• Mamá Cabra no Edificio Cultural A Senra, Bergondo ás 18:00
• Xaquín Xesteira e a Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, no Auditorio Municipal ás 20:30
• María do Ceo en Baños de molgas-Ourense
• Berroguetto no teatro Jofre (Ferrol)
• Festival O Son en Galego (Porto do Son): Son do Galpóm,...
• Sondeseu no Pazo da Cultura (Narón)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2010 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán en Borreiros (Gondomar)
- Serán do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo)

16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella

22 de Maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
- Serán do Gaiteiriño (Aldán- Cangas do Morrazo) no adro da Capela de San Amaro

29 de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)

30 de Maio
-Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)

5 de xuño
Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)

11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)

12 de xuño
- Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autopista)
- Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
- Serán do mar de Baiona

20 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

7 de agosto
- Serán en Valadares (Vigo) no monte dos pozos

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2010 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación do 17 de maio en Compostela
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2010 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Autobuses para a manifestación do 17 de maio en Compostela
ALLARIZ - A LIMIA

Xinzo de Limia
Allariz

Tlf. 679 453 205 - 679 453 206 - 679 453 207 (Roi Xordo)

O BAIXO MIÑO

9:30.- A Guarda; alameda
9:35.- Pías
9:40.- Goián
9:45.- Tomiño; Praza do Seixo
10:00.- Tui; Corredoira
Tlf. 679 986 290

A BARBANZA

10:00.- Ribeira, Estación de Autobuses
10:15.- A Pobra do Caramiñal, parada de autobuses ao carón da Alameda
10:30.- Boiro, Praza do Concello
10:45.- Rianxo, parada do Porto de Rianxo
Tlf. 638 070 867 ou vazquezcobas@yahoo.es
REGRESO
Ao remate da manifestación

O CARBALLIÑO

10:00.- Ribadavia, fronte ao Castelo
Tlf. 647 983 612
10:30.- O Carballiño, igrexa de Veracruz
Tlfs. 600 876 196 - 616 147 591 - 667 363 267

amesaorcellon.verbasgalegas@gmail.com

REGRESO
17:00
PREZO: 6 €

O CONDADO

9:10.- Mondariz
9:10.- Salvaterra de Miño
9:30.- Ponteareas
9:45.- O Porriño (só se houber algunha persoa anotada)
Tlf. 618 979 437 - queremosgalego.condado@gmail.com (podes remitir un correo electrónico a esta caixa de correo indicando o teu nome, apelidos e localidade onde moras).
REGRESO
Ao remate da manifestación
PREZO: 5 €

A CORUÑA

Tlf. 981 169 293

FERROLTERRA

10:00.- Ares; os autobuses que pon o Concello de Ares sairán da Porta do Sol
Tlf. 981 468 102
REGRESO
Ao remate da manifestación

09:30.- Cabanas, no Areal
Tlfs. 637 971 387
REGRESO
Ás 14:30; xantar campestre en Sigüeiro e volta ás 18:00 para Cabanas
PREZO: 7 €

09:00.- Cedeira; os autobuses que pon a CIG sairán da Praza de Galiza
Tlf. 699 821 073 (Fernando) - 655971748 (Mari Paz)
REGRESO
Ao remate da manifestación

10:00.- Fene, diante do Concello
Tlfs. 981 341 451 (departamento de Cultura)
REGRESO
Ao remate da manifestación

10:00.- Ferrol, local da CIG en Esteiro
Tlfs. 981358750 - 981352676
REGRESO
Ao remate da manifestación

10:00.- Mugardos, diante do Concello
Tlfs. 981 470 338
REGRESO
Ao remate da manifestación

10:00.- Narón, Praza de Galiza
Tlfs. 981 337 700; ext1205, ext1063
REGRESO
Ás 15:00

10:15.- Pontedeume, na parada dos autobuses
Tlfs. 639 623 781 (Manolo)
REGRESO
Ao remate da manifestación

10:00.- As Pontes
Tlfs. 981 451 510 (CIG)
REGRESO
Ao remate da manifestación

10:00.- San Sadurniño, Praza do Concello
Tlfs. 981 490 027 (Concello)
REGRESO
Ao remate da manifestación

LUGO

9:30.- Casa Sindical (Ronda da Muralla)
Tlfs. 982 280 410 - 620 262 807 - 982 225 812

A MARIÑA

09:00.- Ribadeo
09:15.- Barreiros
Riotorto + parada en Meira
Burela
Cervo
Xove
Viveiro
Tlf. 982 140 654

MONFORTE DE LEMOS

09.00.- Casiñas da Compañía.
Pasará e fará paradas en Escairón e Chantada.
Imprescindíbel anotarse previamente no tlf: 982 416 027
(de luns a venres, entre as 17 e as 21 h)

O MORRAZO

10:30.- Marín, porta da Escola Naval
Tlfs. 986 090 488 - 658 044 507 ou queremosgalegomarin@gmail.com
10:30.- Bueu, Praza de Abastos
10:00.- Cangas, estación de autobuses
10:00.- Moaña, desde A Xunqueira
Tlfs. 986 313 414 (Libraría O Pontillón) - 986 302 987 (CIG)
REGRESO
Ao remate da manifestación

MUROS E NOIA

MUROS
•Louro (Parada bus Estanco); 10:00 h.
•Muros (Parada bus, Quiosque Roquiño); 10:10 h.
•Serres (Paca); 10:15 h.
•Abelleira (Hórreo); 10:25 h.
•Tal (Caxuco); 10:30 h.
•Esteiro (Alameda); 10:40 h.

OUTES
•O Freixo (Parada bus liña); 10:50 h.
•Serra (Praza de Galiza, fronte ao campo futebol);11:00 h.

NOIA
•Estacionamento IES Virxe do Mar;11:00h.

PORTO DO SON
•Lonxa vella (Pto. do Son); 10:30 h.
•Parada liña bus (Portosín); 10:45 h.

Anotarse mandando un correo-e cos datos persoais a: queremosgalegomurosnoia@gmail.com

OURENSE

10:30.- Ourense; Parque de San Lázaro
Tlf. 988 238 350

PONTEVEDRA

10:00.- Pavillón dos Deportes de Pontevedra
Tlfs. 681180895 - 986847610 - 986866205
Tamén se pode enviar un correo-e cos datos a:
queremosgalegopontevedra@gmail.com

O SALNÉS

10:30.- Vilagarcía de Arousa, Autoridade Portuaria

10:00.- O Grove, Praza do Corgo

10:30.- Cambados, Praza do Concello
Tlfs. 693 421 476 - 646 881 705 - 659 494 644 - 986 565 059 - 986 505 323
salnes@queremosgalego.org

VALDEORRAS

8:30.- O Barco; Praza do Concello
Tlf. 690 768 295
REGRESO
17:30
* Faranse paradas onde sexa necesario

VERÍN

* Autobús completo

VIGO

09:30h.- Gondomar, con paradas na Ramallosa e Nigrán, sempre que se cubra un mínimo de prazas. Tlf. 986 447 300

10.00.- Mos, Asociación das Pedriñas. Sae un autobús das Pedriñas, sempre que se cubra un mínimo de prazas
Tlf. 669 808 956
REGRESO
Ás 16:00 ou 16:30

Redondela
Tlf. 986 402 842 (Servizo de Normalización Lingüística)
* Data límite para anotarse: 14 de maio pola mañá.

10:00.- Vigo, Local da CIG: Avda. Gregorio Espiño 47 - baixo
Tlf. 986 827 900
REGRESO
Ao remate da manifestación

10:00.- Vigo, comezo da Rúa Venezuela (fronte cine Salesianos).
Tlf. 986 447 300

VILASANTAR

10:30.- Casa do Concello
Tlfs. 981 778 169 - 608 355 855
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Cruceiro de Feáns
Vinde nenos e nenas a Foliadiña ¡¡¡

Os Azoughados toleamos de todo e agora dásenos por andar gravando maquetas, gustarianos que nos acompañarades neste azoughamento supino, hai amigos/as que xa se subiron ó carro, Grileiros e os Maghúa que nos van dar moito que facer JJJ (musicalmente falando).

Esperámosvos a todos e a todas.
Bar O Cruceiro
Igresario de Feás S/N.
Feás-Aranga-Betanzos
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2010 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Ponteareas
Este domingo 16 de maio haberá foliada a partires das 20 horas na sala Isabella, en Ponteareas (na estrada xeral 120 dirección Ourense).
Animádevos!


www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2010 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pola Lingua (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2010 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pola Lingua (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2010 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer