Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha marea humana toma as rúas en defensa da lingua propia

Arredor de 40.000 persoas recuperan o espírito das mobilizacións contra a marea negra do "Prestige" para rexeitar a política lingüística do Partido Popular

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2009 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Contra o mal humor lingüístico
O mal humor é o primeiro estadio da ira. A ira está só un metro e medio antes do odio. O odio é o peor territorio para que xermine a reflexión e a intelixencia. Valla este razoamento para algo que xa comeza a pasar en Galicia respecto á normalización do galego.

Cando os galegofalantes xa estabamos afeitos a practicar unha paciencia activa respecto á aplicación real do plan de normalización, xorden os posicionamentos de Galicia Bilingüe e da nova Xunta no que se refire á revisión de normas xa establecidas como o decreto do galego no ensino. Coincide este episodio da neocrispación, se cadra non por casualidade, cun momento en que o propio galeguismo cultural e, sobre todo, a esquerda nacionalista, comezaban unha práctica política onde a lingua non era centro único e prioritario da súa acción. A política enerxética, a igualdade, o benestar, o territorio ou a vivenda protagonizan tamén o discurso da esquerda galeguista. Iso ten unha lóxica interna incontestable: os mesmos resortes de autoestima e convición democrática que articularon a reivindicación lingüística están na base desoutras inquedanzas civís.

Invócase a liberdade lingüística como principal baluarte dos que se erixen en defensores do castelán presuntamente en perigo en Galicia. Tamén a cordialidade. Non seremos nunca os galegofalantes os que reproduzamos ningún esquema de discriminación e marxinación. Sabemos moito diso porque o temos padecido en carne propia. Porén, é ben posible que por reacción, nunha situación case desesperada, o discurso habitual e tradicional da normalización do galego só contemplase como salvación no futuro unha Galicia monolingüe en galego fronte ao predominio actual do castelán. A estas alturas da historia, o único razoable é imaxinar unha Galicia que non será monolingüe nin en galego nin en castelán. O reto está en que ese futuro non supoña unha perpetuación da secundarización do galego e en que esa cidadanía do futuro sexa competitivamente multilingüe.

Cando un escoita o discurso integrista antigalego de, por exemplo, a COPE e Losantos, detecta que se quere presentar esa pretendida imposición do galego como o problema número un de Galicia. Non é así en absoluto como tampouco o é que o primeiro e único problema dos galegofalantes sexa a normalización. Os que queremos vivir en galego tamén padecemos a crise, o paro, a destrución do territorio, etc. e, en xeral, a dificultade que hai nesta entropía social actual para executar con eficiencia a igualdade. Por iso, os uns e os outros, deberiamos compartir que a única forma de restaurar no posible a igualdade lingüística pasa irreversiblemente por políticas de discriminación positiva a prol do galego no ensino e na administración. Algo que non debería escandalizar a ninguén porque, en todo caso, o decreto do ensino establece só a galeguización do 50% das materias e calquera cidadán pode pedirlle á administración que se dirixa a el, en segunda instancia, en galego. Por encima de todo iso, temos, na práctica, a feliz coincidencia da orixe románica de ambas as linguas que beneficia que non existan problemas maiores de comprensión.

Claro que a ideoloxía tamén xoga o seu papel neste asunto. Os presuntamente aldraxados pola normalización do galego así o deberían aceptar. Eu non teño incoveniente en aceptar que me instalei no galego aos dezaoito anos, ao mesmo tempo que me fixen de esquerdas, republicano e ateo.Aínda que a ideoloxía tamén dá sorpresas: nunca contei eu con estar tan dacordo coa Academia Galega, como neste asunto. Pero en todo caso, nas opcións idiomáticas o que prima é a conciencia e a sensibilidade pola ecoloxía lingüística. Por iso quero que mañá nas rúas de Compostela non sucumbamos ao mal humor que nos queren impoñer. En cada sílaba que falamos, escribimos ou lemos en galego estamos festexando a memoria de milleiros de falantes que preservaron este tesouro sen ningún recoñecemento oficial durante séculos. Todos e todas deberiamos militar felices nesa obviedade da sabedoría popular: o falar non ten cancelas.

Antón Reixa
www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2009 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chamamento da CIG a este 17 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2009 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Loitamos polo dereito a seguir falando das nosas aldeas
No Sindicato Labrego Galego estamos loitando arestora por seguir producindo leite, pero é irrenunciábel seguir muxindo en muxidoras, non en ordeñadoras; e non estamos dispostas a mudar a corte polo establo.

O Sindicato Labrego Galego considera fundamental a participación de toda a cidadanía galega na manifestación a prol da nosa lingua que terá lugar o vindeiro domingo 17 de maio en Santiago de Compostela.

A lingua é un dos nosos sinais de identidade máximo como pobo e temos a obriga e responsabilidade de potencialo, garantindo a conservación deste noso patrimonio tan prezado, tomando con seriedade o deber de trasladarllo ás futuras xeracións.

Aos labregos e labregas deste país correspondeulle grande parte de responsabilidade no mantemento da nosa lingua. Do contacto coa terra ao longo dos séculos xurdiron as verbas para nomear todo o que nos rodea. A nosa xente devanceira tiña un nome para cada cousa, e chamaba cada cousa polo seu nome.

Do mantemento dun medio rural vivo, depende a conservación dunha parte fundamental do noso idioma. Queremos seguir levando as vacas a pacer, indo apañar castañas, aciñar nas patacas, ensilar, debullar e levar a abeberar o gando á fonte.

No Sindicato Labrego Galego estamos loitando arestora por seguir producindo leite, pero é irrenunciábel seguir muxindo en muxidoras, non en ordeñadoras; e non estamos dispostas a mudar a corte polo establo.

No Sindicato Labrego Galego partimos de que un pobo só pode respectar as culturas dos demais se é quen de respectar a identidade propia, é por iso que ao orgullo de ser labregas e labregos produtoras e produtores de alimentos engadímoslle o feito de selo en galego.

Atopámonos nun momento no que a nosa lingua, ao igual que as nosas posibilidades de futuro, están fortemente ameazadas. O modelo neoliberal alienante e simplificador ataca na riqueza da multiculturalidade, na propia existencia dos recursos naturais e na biodiversidade, nos dereitos sociais e humanos.

Nós, as labregas e labregos da Galiza, procuramos un outro modelo, baseado no respecto ás persoas e á súa identidade.

Os argumentos empregados polos sectores que atacan o galego son absolutamente falsos e só se explican dende a concepción que teñen, mesmo sendo galegos de nacemento, de que todo o que é da Nosa Terra ten menor valor e que o progreso vén de fóra.

Esta idea da Galiza como colonia fai que unha vez e outra descubramos nestes sectores como prioridade a defensa de intereses foráneos, e o esquecemento total dos intereses económicos, sociais e culturais da Galiza.

Rexeitamos ademais as mensaxes insultantemente demagóxicas que levamos aturando nestes últimos meses. O galego é a única lingua na Galiza que está experimentando un alarmante retroceso no número de falantes, así como unha perigosísima contaminación por parte do castelán e unha significativa perda na súa riqueza de vocabulario, asociada á perda de aspectos intrínsecos da nosa cultura.

Preocúpannos todas as mensaxes que están saíndo publicamente e que atacan á nosa lingua, e agardamos que a clase política que está hoxe no Goberno estea á altura de non dinamitar por cuestións partidarias un ben patrimonial do pobo galego.

Dende o SLG animamos a todas as persoas a que fagan da defensa da nosa lingua unha cuestión fundamenta na súa vida, todos os días, a ser universais falando das nosas aldeas, e para iso cómpre que loitemos xuntas e xuntos, todo o noso pobo, por manter as nosas aldeas, e a nosa lingua.

www.sindicatolabrego.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2009 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana das letras galegas
Sexta feira 15 (Venres)
• Transilvanians na sala Karma de Pontevedra
• A Tuna Rastafari no Liceum (O Porriño)
• Som do Galpóm en Padrón
• Ultraquans na Pastoriza (Lugo)
• Chotokoeu no Instituto Someso (A Coruña)
• Os John Deeres no Pub Chelsea de Cuntis
• Ataque Escampe no Pub D´Antón (Laracha)
• Guezos no Pub Aljama (Ribadavia)
• Rasa Loba no Forum Celticum (Culleredo)
• Marful no Couto (Ponteceso)
• Foula, A Banda das Crechas e Tiruleque na Foliada do Norte da Festa da Marosa (Burela)

Sábado 16
• Galegoz, Clan Maragato e Luar na Lubre na Festa da Marosa (Burela)
• Taru e os Paxaros Coiro e Bob Da Rage Sense no Berbés (Vigo)
• Skarnio, Som do Galpón e Ataque Escampe no Recinto Feiral de Pontevedra ás 20:00
• O Sonoro Maxín, Chámalle Xis! e Berri Txarrak na Coruña no Festival das Letras Galegas no Parque de Santa Margarida
• Kogito na Artabria (Ferrol)
• Zenzar na Casa das Atochas (A Coruña)
• Guezos no Café Grandola (Ourense)
• Capitán Furilo no Pub Vagalume (Salvaterra)
• Duplo Son na Fundación Luis Seoane (A Coruña)
• Emilio Cao na illa de San Simón ás 19:00
• Os John Deeres no Pub Excalibur de Chantada
• A Quenlla e A Quadrilha en Ponteceso
• Quempallou, Magnifique Band de Homes sen Medo, The Royalties e Projeto Mourente na Alameda de Compostela ás 20:00
• Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
• I Serán da Lingua ás 20:00 no Campo de Pasos, Taragoña (Rianxo)
• Serán no campo de futbol de Sobrada
• Serán na praza da Veiguiña de Marín

Domingo 17
• Manifestación Día das letras galegas en Compostela ás 12:00
• IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña
• Grupo Nos Sobradelo e A Quenlla no auditorio de Vilagarcia de Arousa ás 18:00
• SondeSeu no Pazo da Cultura de Narón ás 19:00
• Ataque Escampe no Aturuxo (Bueu)
• Malvela en Ponteceso
• Can de Palleiro na praza do Calvario do Rosal ás 19:00
• Uxía no Multiusos das Pozas, en Mos ás 19:30
• Os Croquetas e Tear de Llerena na Romaría das letras no Parque de castrelos (Vigo)
• Leilía en Laracha ás 21:00 na Praza do Concello

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Serán no campo de futbol de Sobrada
-Serán na praza da Veiguiña de Marín
-I Serán da Lingua no Campo de Pasos, Taragoña (Rianxo)

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo
-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo).
-Serán na Asoc. Veciños do Freixo (Vigo)

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio

Sábado 13 de xuño
-Serán no casino de Xesta - A Lama

Sábado 20 de xuño
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama

Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)

11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-05-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Calar a boca de Conde Roa non ten prezo. A Gentalha xa ten elevador

Nom só conseguimos fazer o primeiro pagamento do elevador dentro do prazo exigido; graças à vossa colaboraçom temos já praticamente todo o dinheiro necessário para o pagar.

Este exercício de solidariedade sem precedentes comoveu-nos enormemente. A generosidade, diligência e apoios recebidos polos centos de pessoas e colectivos que nos apoiárom nestes 3 dias merece a nossa mais sincera gratitude.

O nosso projecto e o nosso centro social estám agora mais fortes que nunca. Entre todas e todos vamos calar conde roa e todos os fascistas que queiram acabar connosco. Por trás deste movimento há umha naçom que teima em continuar viva.

Vemo-nos na festa do 17.
Obrigadas. Obrigados

http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
O 17 de maio a Compostela

O GALEGO,
A NOSA COLUMNA VERTEBRAL
IDIOMA QUE NOS UNE!


O vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela producirase unha manifestación histórica en defensa da lingua que nos une como galegas e como galegos. Para reivindicarmos o dereito básico a podermos vivir no noso idioma propio, o cal debe ser garantido polos poderes públicos.


Vemos con preocupación como o PP, desde a Xunta de Galiza, pretende desmantelar puntos básicos da oficialidade do galego, como o amparo xurídico en aspectos tan fundamentais como o ensino. Levar a cabo medidas de ataque contra o galego supón un perigo de confrontación indesexábel e de fractura social, ademais de ir contra acordos unánimes do Parlamento e vulnerar o espírito e a letra do artigo 5 do Estatuto de Autonomía, que sinala o galego como lingua propia de Galiza e a obriga dos poderes públicos de potenciala nos diferentes ámbitos.

Nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de “imposición del gallego”, presentando, con cinismo, o mundo ao revés. A realidade do día a día e todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe de finais de 2008 que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o sistema educativo, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación.

Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en galego.

Perante a necesidade de respostas por parte da sociedade galega, animamos a:

* Participar nos actos de mobilización en defensa da nosa lingua, cuxa vindeira cita máis importante é a manifestación nacional convocada para o 17 de maio ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela. Sairán autobuses desde diferentes puntos de Galiza.


Informáte neste web e no teléfono 981 56 38 85.

* Apoiar o “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego”, que se pode apoiar a través de internet. Infórmate no web da Mesa.

* Secundar as campañas e iniciativas da Mesa pola Normalización Lingüística. Infórmate no web da Mesa.


www.amesanl.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Movendonos polo galego a Compostela
Previsión por comarcas de autocarros manifestación 17 de maio 2009

Baixo Miño
986 61 04 65
Sae un bus da Guarda que fará paradas en Tamuxe, Tomiño e en Tui (na Corredoira)

Val Miñor
986 447 300 (BNG comarca Vigo)
O bus sairá de Gondomar e pasará pola Ramallosa, Nigrán e Baiona.

Vigo
986 82 79 00 (Saída de Gregorio Espino CIG)
986 447 300 (Saída dos Salesianos)
O Concello pon outro autobus con saída dende o Pazo de Castrelos (sen reserva previa)

Redondela
986 400 300 (centraliña Concello; anotarse en Participación Cidadá)
Infórmase do punto de saída e do horario no Concello.

O Morrazo
986 313 414 ou 981 563 885
09.45h, saída de Bueu (Centro Social do Mar); 10h, saída da estación de buses de Cangas; 10’15, saída da Xunqueira (Moaña)

O Morrazo (Marín)
986.890448 / 664.398328, ou ben por e-mail en culturamarin@yahoo.es
(Concellaría de Cultura)
No concello informarán do horario e punto de saída

Pontevedra
986 866 205 ou 986 852 950
Saída ás 11h desde a alameda.

O Salnés
Anotarse no Concello de Vilagarcía (Dpto. Normalización Lgca): 986 51 26 00
No Concello informarán do horario e punto de saída

Barbanza
981 835 207
Saída ás 10 da estación de autobuses de Ribeira. Paradas na Praza Maior (A Pobra), Praza do Concello (Boiro) e parada do autobús de Rianxo

Bergantiños
649 421 255
Autocarro desde A Laracha e Carballo (sairá ás 10h da Praza do Concello en ambos os casos)

A Coruña
981 169 293
(local da CIG)
Xa informan do horario e punto de saída

Ferrol
981 36 40 58
690 30 72 45

981 35 87 50 (directo - Ferrol)

671508162
618298839(directo - Fene)
Un bus directo de Ferrol ás 10 dende o local comarcal da CIG en Ferrol, que volve ás 14.30.

Outro que sairá ás 10.00 da Praza de Galiza (diante do Teatro Jofre) con parada na gasolineira da AP-9, no Polígono de Vilar do Colo (Fene) e na parada de buses de Fene. Marchará unha hora despois de rematada a manifestación.

O directo de Fene sairá da casa do concello de Fene ás 10 e voltará ao remate da manifestación.

As Pontes
618 11 54 30
O bus sairá ás 10 da Praza do Concello. A xente de Pontedeume vai nese bus, agardando na parada de buses de Pontedeume. Regresará ás 5.

Ortegal
699 821 073
655 971 748
981 481 409
O autobús que sae de Cedeira farao ás 9.15 e para ás nove e media en Valdoviño, na Porta do Sol (fronte á Casa do Concello), logo marcha ás 5 de Compostela.

A Mariña
982 140 654 /
982 561 541-Viveiro)
982 129 593-Ribadeo
982 581 861-Burela
Haberá servizo de buses para todas as localidades onde haxa xente que o precisar (cómpre reservar previamente)

Lugo
620 565 712
ou 982 280 410
Os buses sairán ás 10 da mañá da Rolda da Muralla (diante dos locais sindicais) e parará na área de servizo da A-6 en Guitiriz, ás 10.15.

Monforte
981 563 885 (local da Mesa)
Saída ás 09.45 do Campo da Compañía de Monforte (As Casiñas): pasará ás 10.15 por Escairón (gasolineira) e ás 10.30 por Chantada (parará diante do PAC-Urxencias)

Valdeorras
690 76 82 95
Sairá ás 8.00, desde diante da Casa do Concello do Barco. Paradas na Rúa (diante do Concello, en Vilamartín (na parada de buses da estrada xeral) e en Quiroga (pola 08.30) na parada de autobuses habitual da vila.

Ourense
988 238 350
ou 988 391 481
(cómpre anotarse antes do día 14)
Ás 10 da mañá da parada do Parque de San Lázaro

O Ribeiro- O Carballiño
A xente interesada ten que chamar e anotarse no teléfono 988 27 47 34 (entre as 18 e as 20.30) ou no correo amesaorcellon.verbas@galegas.eu
Sairá de Ribadavia e pasará polo Carballiño

Deza
As persoas interesadas en anotarse teñen que chamar ao teléfono 659 139 434

Costa da Morte
As persoas interesadas en se anotaren teñen que chamar ao local da CIG en Cee (981 74 52 66)

Condado
As persoas interesadas deben chamar ao teléfono 986 644 026

Muros-Noia
667 461 928
981 842 022
Sairá de Porto do Son, do Paseo Marítimo, frente á sede do BNG, ás 10:30 horas. En Noia, sairá da rúa Pedra Sartaña, fronte á Casa da Xuventude, ás 10:50 horas.

Celanova - Baixa Limia
As persoas interesadas deben chamar ao teléfono 646 578 405

A Limia
988 440 156
Informan no tfno do horario e punto de saída do bus

Verín
Anotarse no tfn.
988 590 021
Informan no tfno do horario e punto de saída do bus

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración en Barcelona
Concentración 17 de Maio Barcelona, nas Ramblas diante do Centro Galego o Domingo, 17 de Maio ás 12:00


Apoian:
-Centro Galego de Barcelona
-Nunca Máis de Catalunya
-Filoloxía Galega, Universitat de Barcelona
-Lectorado de Galego, Universitat Autònoma de Barcelona
-Furafollas Agrupación Teatral
-FDG Cultural
-Asociación Xoán de Requeixo
-Revolta Global
-Proxecto Galauda
-Rede.cat
-Foro cívico galego de Barcelona
-Espazos radiofónicos galegos en Catalunya

Os galegos e galegas residentes nos Països Catalans queremos manifestar o noso apoio á marcha en defensa da igualdade de dereitos para o galego que terá lugar en Santiago de Compostela o 17 de maio ás 12h, e expresar o noso desacordo co anuncio do novo goberno do PP de desmantelar os puntos básicos da oficialidade do galego.

Á parte, tamén denunciamos que nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de imposición do galego, presentando, con cinismo, o mundo ao revés.

Todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o ensino, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación.

Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente o galego.

Por todo isto, instamos aos galegos e galegas residentes nos Països Catalans e ao conxunto de toda a sociedade catalá a se manifestar o vindeiro 17 de maio ás 12h nas Rambles nº31, diante do Centro Galego de Barcelona.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-05-2009 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-05-2009 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do dezasete
PROGRAMA DA FESTA DO 17 (Que se fai o 16)

Sábado 16 de maio
No passeio central da Alameda de Compostela


Manhá:

- 11h00: Ruada

- 12h00: Concentraçom: “ A RAG é um fraude, por um dia das letras popular”. No Toural

- 13h00: Presentaçom Festa e Sessom Vermú.

- 14h00: Jantar Popular.: churrasco, polvo, pam, cafe e sobremesa 18€ (há que reservar no pichel, ou mandando mail)


Tarde:

- 17h00: Jogos Populares e Aberto de Bilharda.

- 18h00: obradoiros de jogos bailados com Luis Prego e globofléxia com Nilsom Leite

- 18h30: ruada

- 19h00: mostra de pandeireta com a escola de Brincadeira e posterior foliada



Noite:

- A partir das 20h Concertos:
* Magnifique Band de Homes sen Medo
* Quempalhou
* The Royalties
* Projeto Mourente



Durante todo o dia haverá exposiçons de Banda Desenhada em galego e do que é a Gentalha e o que fazemos.

http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes
VIII Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes


Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos.
O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova.



Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc.


A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional.





















www.raigame.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Marosa en Burela
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-05-2009 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de música e baile tradicional en Catalunya

IX CONCURSO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN CATALUNYA

Domingo 17 de maio no Auditori de Cornellà

09:45 H Presentación


Bandas:
Centro Galego – Barcelona
Cova Da Serpe - Barcelona
Toxos E Xestas – Barcelona
Irmandade A Nosa Galiza - Mollet
Agarimos – Badalona
Casa Galega – Hospitalet

Baile 1ª Parte:
Tahúme – A Coruña
Agarimos – Badalona
Xiradela – A Coruña
Cova Da Serpe - Barcelona
A Nosa Galiza – Xenebra
Irmandade A Nosa Galiza - Mollet
Toxos E Xestas – Barcelona
Casa Galega - Hospitalet

Descanso De 11:50 H A 12:00 H (10 Minutos)

Solistas:
Airiños Da Nosa Galicia – Sta Coloma
Agarimos – Badalona
Centro Galego – Barcelona
Cova Da Serpe - Barcelona
Rosalía De Castro – Cornellà
Irmandade A Nosa Galiza - Mollet
Toxos E Xestas – Barcelona
Casa Galega – Hospitalet

Cantareiras/Os:
Centro Galego – Barcelona
Grialia - Vigo
Maghúa – A Coruña
Casa De Galicia – Andorra
Tarambainas – Vigo
Agarimos – Badalona
Tahúme – A Coruña
Cova Da Serpe - Barcelona
Aleivosía – Rianxo
Irmandade A Nosa Galiza - Mollet
Meniñas – Vigo
Casa Galega – Hospitalet
Xiradela – A Coruña

Descanso De 14:13 H A 14:30 H (15 Minutos)

Cuartetos / Quintetos:
Airiños Da Nosa Galicia – Sta Coloma
Agarimos – Badalona
Centro Galego – Barcelona
Cova Da Serpe - Barcelona
Rosalía De Castro – Cornellà
Irmandade A Nosa Galiza - Mollet
A Nosa Galiza – Xenebra
Casa Galega – Hospitalet
Toxos E Xestas – Barcelona

Baile 2ª Parte:
Tahúme – A Coruña
Agarimos – Badalona
Xiradela – A Coruña
Cova Da Serpe - Barcelona
A Nosa Galiza – Xenebra
Irmandade A Nosa Galiza - Mollet
Toxos E Xestas – Barcelona
Casa Galega – Hospitales

Hora Prevista Final Do Concurso: 17h

A Federación Convidará A Xantar A Tódolos participantes. Para Acompañantes E Público En Xeral Estará Aberta A Cafetería Do Auditori.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-05-2009 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Queren pechar a Gentalha do Pichel (Compostela)

Como sabedes, há meses que o conde Roa (PP) mantém umha cruzada para fechar os nosso centro social.

Um último passo separa-nos de ter todos os papéis do local em regra: habilitar um elevador para discapacitados/as. O custo é de 10.000 €, mas só temos um mês para o lograr. O primeiro pagamento da máquina, aliás, deverá ser feito nesta mesma semana (5000€).


Este é o prazo que nos dá a Cámara Municipal para solucionarmos os problemas de acesibilidade; se nom o cumprirmos, o Pichel será clausurado.

No local já estám disponíveis os bonos de ajuda; também disponibilizamos um número de conta de Caixa Galicia: 2091 0316 92 3000223595
(Devedes pôr no conceito "achega para o elevador")

Que o Pichel continue aberto custa 10.000 €, mas calar a boca do conde Roa nom tem preço!!

http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2009 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto das letras galegas en Pontevedra

Concerto adicado as Letras Galegas

Xoves, 14 de Maio
as 21:00h - Pazo da Cultura de Pontevedra


-Banda de música de Pontevedra
-Sociedade Musical de Pontevedra

Director titular: Juan Lois Diéguez

Concerto en colaboración:
-Grupo folk "Laghareu"
-Tanxedoras



Entrada libre ata completar aforo



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2009 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Avelino Pousa Antelo
Homenaxe a Avelino Pousa Antelo

O Teatro Principal de Compostela acolle hoxe xoves 14 de maio ás 20:00 unha homenaxe polo seu 95 aniversario ao intelectual e xornalista galego Avelino Pousa Antelo coa presentación do libro / dvd 'Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo'. No acto intervirán amais do propio homenaxeado, Mini e Mero, David Otero e Xan Leira.

Avelino Pousa Antelo (Arzón, 1914), tamén coñecido polo pseudónimo de Lucho do peto, é un intelectual e xornalista galego, presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vogal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.

Como xornalista, foi colaborador nos anos 30 La Voz de Barcala órgano da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira, e publicou centos de artigos en distintas publicacións sobre temas agrarios e cooperativos, ademais de sobre temas políticos. Estudou durante seis anos na Universidade Pontificia Compostela, logo Maxisterio tamén en Santiago, dous cursos de Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza.

En 1936 fixo propaganda do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 como afiliado ás Mocidades Galeguistas e logo da Guerra Civil desenvolveu un intenso labor agrarista e cooperativista en Galiza. En 1955 trasladouse a Orotava (Tenerife) onde traballou como mestre e como Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabildo Insular. Tras un breve regresou a Galiza en 1960 para traballar como técnico de SEMISA, empresa produtora de sementes, volveu trasladarse ese mesmo ano, agora a Zaragoza, para dirixir unha empresa gandeira (AIVESA).

Como froito do seu labor de promoción agraria en prensa, en 1963 foi galardoado co Premio Ramón Mourente de temas agrarios e en 1964 co premio Luís Sánchez Harguindey polo mesmo motivo. En 1970 regresou a Galiza para traballar como mestre en Pontecesures até a súa xubilación en xaneiro de 1983.


Avelino Pousa Antelo tocando con A Quenlla
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2009 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Censura na nova Consellaría de Educación da Xunta de Galicia


Xa empezan...

A primeira imaxe mandárona quitar do portal de Educación da Xunta (www.edu.xunta.es) aos 10 minutos de poñela, sustituindoa pola segunda.

Hai que negar a evidencia, ao galego perseguírono, e agora anulan a realidade.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2009 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Record de visitas do blog Malmequer
Este luns o blog Malmequer volveu superar o seu record de visitantes. Os datos foron de caseque 1.800 páxinas consultadas e 988 visitantes, todo isto nun só día.

Graciñas aos que colaborades remitindo a información para que entre todos poidamos facer unha páxina interesante de consulta.

Saudiños a tod@s


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Resultados completos do XX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina celebrado o domingo 10 de maio no Teatro do Colexo Calvo Sotelo de A Coruña

Na modalidade de PANDEIRETA:

CATEGORÍA A (ata nove anos inclusive)
1º premio - QUINTÁN da AMPA do CEIP de Mondego, Sada
2º premio - CANTARUXEIRAS da A.C. Donaire
3º premio - CHUCHAMEL da A.C. Xacarandaina

CATEGORÍA B (de 10 a 13 anos inclusive)
1º premio - MAIOLA da A.C. Virxe da Saleta, Silván
2º premio - C da EdM Cantigas e Agarimos
3º premio - A da A.C. A Ponte Vella, Teo

CATEGORÍA C (de 14 a 17 anos inclusive)
1º premio - TAÍN da A.C. Adro, Baio
2º premio - AXEITADIÑAS da A.C. Donaire
3º premio - B da EdM Cantigas e Agarimos

CATEGORÍA D (dende 18 anos en adiante)
1º premio - PANDERETEIRAS DOS MUIÑOS DE OLVEIRA
2º premio - VELAÍ VEN da A.C. Donaire
3º premio - LAGHARTEIRAS de Vigo

Na modalidade de CUARTETOS, QUINTETOS E SEXTETOS, os premiados foron:

CATEGORÍA B (de 14 a 17 anos inclusive)
1º premio - ZALOIRA da A. Tremiñado, Ponteareas
2º premio - OS REBORDECHAOS da AdMeDT Queiroa, Sada
3º premio - OS CHANEIROS de Marín

CATEGORÍA C (de 18 anos en adiante)
1º premio - COMAREA de A Coruña
2º premio - O FACHO DE MAEDA de Ortigueira
3º premio - LEIXAPREN de Ponteareas

Os Muiños de Oliveira: Gañadoras na categoría D de Pandeireteiras
Comentarios (61) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-05-2009 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Arranca o cuarto A Polo Ghit!
Ábrese o prazo de recepción de candidaturas ao concurso musical organizado por Vieiros e a Radio Galega.

Este sábado ábrese o prazo de recepción de candidaturas para a cuarta edición de A Polo Ghit, o concurso que procura a canción galega do verán. Os grupos e solistas que queiran participar no concurso organizado por Vieiros e a Radio Galega poden enviar as súas cancións aos dous medios.

Lembramos que os temas teñen que ser orixinais, a letra debe estar en galego e teñen que ter as características típicas dunha canción do verán. Haberanse de mandar en formato MP3 aos enderezos electrónicos apologhit@vieiros.com e apologhit@crtvg.es, ou ben en formato físico por correo tradicional a Extrarradio, Radio Galega, San Marcos, 15820 Santiago de Compostela e mais a Vieiros, Rúa do Pombal, 43, soto, 15705 Santiago de Compostela.

Os arquivos ou discos terán que ir acompañados dos datos dos participantes, un breve texto descritivo, a letra da canción e fotografías da banda ou solista. Nas próximas semanas publicaranse as bases desta edición de A Polo Ghit, activarase a web do concurso e comezarán a publicarse nela e a soar no programa Extrarradio da Radio Galega as primeiras candidaturas recibidas.

Catro anos de andaina
Na anterior edición de A Polo Ghit participaron 82 cancións. Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags, foi a gañadora, e representou a Galiza no festival de linguas minorizadas Liet Lavlut, que se desenvolveu en Laponia no mes de outubro pasado. Biocultivos, de Sacha na Horta, foi a primeira clasificada na edición de 2007 e In the ocean de Pulpiño Viascón, gañou o primeiro certame, en 2006.

www.vieiros.com

apologhit08
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-cd co Xornal Galicia-Hoxe

O CICLO DO ANO ve a luz este xoves 14 de maio, entrega co GALICIA HOXE dun libro cd

A asociación A Regionalista publica en colaboración co xornal Galicia Hoxe un traballo de campo entregado en formato libro-cd co devandito diario e que pretende ser un pequeno tributo a toda a xente anónima que fai posible -a través do recordo- a recuperación de todo tipo de manifestacións culturais de raíz galega coma bailes, música, traxes, instrumentos, cantigas…

Xunto a isto pretendemos dar a coñecer costumes propios do noso pobo –ás veces do máis curioso como o tocar dos trebóns en Vilariño de Conso para avisar da chegada do recadador de impostos-, curiosidades que moitos de nós descoñeciamos e que non desexamos esmorezan no maxín duns poucos ou no caixón dalgún escritorio.

Queremos que vostedes participen con nós -a través destas páxinas- da experiencia vivida no seu día e se decaten da riqueza do patrimonio inmaterial da nosa terra que está a desaparecer.

En sete episodios percorremos as catro provincias galegas destacando en cada unha delas vivencias de carácter etnográfico que xiran en torno ao ciclo do ano. A nosa cultura está marcada por celebracións -moitas veces de orixe pagá- que marcaban o transcorrer anual en tempos pasados. No noso estudo escollemos -nun traballo que podería ser inabarcable de non poñer limitacións- momentos claves do ano no quefacer diario do nosos ancestros, desde decembro coas vivencias do Nadal, pasando polo Entroido, a Semana Santa, os Maios, as añas (ciclo do millo), a seitura e finalmente a Tasca do liño no inverno. Unha viaxe circular que comeza e remata nos meses inverníos.

As tres persoas que realizamos este proxecto desexamos que nos acompañen de “recollida”, termo empregado para viaxes e traballos como os que aquí presentamos, por estes sete episodios que pretenden dar conta dunha pequena mostra do que foi a vida do noso pobo, e da que desafortunadamente cada vez hai menos rastro

www.aregionalista.es
Comentarios (9) - Categoría: Discos - Publicado o 14-05-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
'O BERCE DAS PALLETAS', XA Á VENDA PARA SOCIOS DA AGG
O novo traballo editorial da Asociación de Gaiteiros Galegos, 'O berce das palletas', xa está dispoñible para socios cun prezo reducido de 5 € + gastos de envio.

Pode conseguir este libro solicitándoo a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com, ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén existe a opción de mercalo directamente na oficina da AGG situada na rúa Alfonso XIII, 7 en Pontevedra, ou na Tradescola (Pintor Corredoira, 4) en Lugo.

'O berce das palletas' é un método de construción de palletas e pallóns para gaita de fol elaborado por Xoan Ramón Marín Martínez; unha obra que contribuirá a que os gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será entón doado manexala e adaptala ás propias necesidades tímbricas e de afinación.

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos agardase que esta nova publicación sexa de gran utilidade e contribúa a afastar do esquecemento outro anaco do coñecemento tradicional.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (5) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-05-2009 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Kogito





www.myspace.com/kogito
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-05-2009 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Pepe Vaamonde
Pepe Vaamonde Grupo vén de lanzar o seu terceiro disco. Co nome de Introterra, o conxunto presentou a semana pasada cun concerto en directo no Fórum Metropolitano as pezas incluídas no novo traballo.

–Como tantos outros colegas deberon recurrir a autoproducirse este disco.


–É algo que non nos preocupa. Realmente o disco é unha ferramenta que se emprega para poder realizar logo os concertos.No futuron on desbotamos realizar un máster ben feito e pasarllo a unha discográfica.

– Este xa é o seu terceiro traballo. Consideran que están nun momento importante para saber por onde irá o futuro da banda?

–Coa terceira obra o que pretendes é afianzarte, pero temos claro que non imos vivir profesionalmente da banda e a xente gáñase a vida co ensin. Este é un proxecto para realizarse artisticamente. Fomos gravar a Madrid para ter unha calidade técnica máxima e aproveitando que o técnico é irmán do guitarrista. Quédanos consolidarnos fóra da nosaterra porque é en Galicia onde temos contratadas ameirandepartedas actuacións. O espectáculo que levamos agora en directo está pensado para tocar en festivais de fóra.

–Nesta ocasión emprega moito máis a frauta que en anteriores obras. A que é debido?

–Coincide coa miña evolución e ultimamente dediqueime máis a este instrumento, que aporta unha sonoridade que está moi ben. Nótase máis traballo que noutrora neses temas de frauta.

–A personalidade da banda incide nas composicións propias, asinadas por vostede, mais sen esquecer nunca o pouso galego presente nas pezas tradicionais.


–Esa ligazón co folclore da terra está máis presente ca nunca nesta obra, daí o título escollido de Introterra, onde existen variacións de ritmos comomuiñeiras ou alalás. Pretendimos afondar máis na esencia e abrimos a porta ao contemporáneo nosarranxos deses temas. Logo pretendemos facer melodías que poidan soar na escoita tanto de autor como tradicionais. Gústanos darlle unha volta máis á música de raíz.

–Volven introducir pezas cantadas. Unha está interpretada por cantareirase dúas por Chisco,que é a voz do trío Lizgairo. Como valoraron que tamén fose o cantante dunha banda importante, malia vir de facer o seu debut o ano pasado?

–Pois a verdade é que o escoitei cantar cos Lizgairo e das opcións que tiñamos era a que máis nos convencía e a el gustoulle moito a nosa proposta. Queremos levalo a todos os concertos que nos sexa posible. O público adoita reparar máis nos temas cantados e pode ser partícipe neles e nesta obra era evidente que tamén debiamos contar cunhas cantareiras como representantes da terra no apartado musical. Entre elas está María Vidal, que xa cantara en dous temas do noso anterior traballo. Nesas pezas realiza un traballo fundamental Pipo, o guitarrista da banda.

–É infrecuente escoitar instrumentos de metal no folk galego e introducen trompetas en Monte Pindo .Pensa que pode ser unha alternativa para o futuro?

–A colaboración pareceume fantástica e estou convencido que se vai repetir. Decidimos meter varias trompetas na peza e creo que lle aporta unha cor diferente e poderío ao tema. Empastamoibene sería interesante contar cunha sección de metais, pero nos directos resulta case inviable porque dispararía o prezo das actuacións.

–O tema Dúas olladas, só con piano e gaita, que podería funcionar como un bonus track por ser tan diferente ao resto, pode interpretarse como unha reivindicación gaiteira?

–Existía a posibilidade de contar cun piano no estudo e non a desaproveitamos. Quería que o piano non fose un mero acompañante da gaita e que tivésemos un diálogo musical ao contar co mesmo peso. Indubidablemente que isto significa levar a gaita a outros planos, soando a xeito de sonata clásica.

–No aspecto compositivo as posibilidades para un músico son infindas, pero no plano puramente da interpretación un gaiteiro do nivel de vostede ten realmente cousas que aprender?

–Na composiciónos límites están sempre no músico. En canto á interpretación creo que estamos limitados polo repertorio e no folclore xa está todo moi andado e non hai moito por onde ir. Ou componse algo máis ou necesítanse instrumento que refresquen. Neste caso eu escollín o piano e o toque de música clásica. Ha ioutras vías por onde traballar e eu agora estou tamén bastante centrado na construción de instrumentos.

–Traballou con Lis Latas para eliminar o problema da afinación nas gaitas.

–E agora a gaita pode estar afinada a calquera temperatura, eliminando así o verdadeiro gran problema para os gaiteiros. Agora podemos afinar con maior facilidade que outros instrumentos musicais. Déronnos o primeiro premio de Artesanía de Galicia precisamente por esa obra e creo que deixamos algo importante para a música traballando dende outro eido diferente, pero necesario.

–Ás veces dá a sensación de que o solista, que é vostede, está moi por riba da banda. Como xestionan o equilibrio musical necesario para tentar axustar ao máximo posible esta situación?

–Igual cando ti es o líder do proxecto é normal que tires máis do carro e deas o callo en todo momento, pero aspezas arránxanseentre todos e os músicos están implicados no proxecto. As decisións son democráticas, aínda que se respecta a miña autoridade moral como solista e teño a última palabra.

–En que lles contribui gañarun PREMIO OPINIÓN?

–Foi co primeiro álbum e veu ben para reafirmarse no proxecto. Sirve para que soes un pouco máis, pero non axuda a vender discos.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2009 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Blog Malmequer Premio de Bronce RdL'09

Xa sabiades que o blog Malmequer foi seleccionado pola Organización dos V Premios RdL’09 da Facultade de CC.SS. e da Comunicación da Universidade de Vigo para competir nunha das sete categorías (neste caso Blogs e páxinas literarias) establecidas nesta edición.

Pois despois dun fin de semana de votación on-line, e tras quedar en terceiro lugar de entre os dez finalistas, Malmequer será acreditado co Premio de Bronce RdL'09 consistente no distintivo dixitalizado característico desta iniciativa: o g arroba de cor bronce.

http://resacadasletras.blogspot.com

P.D.: Graciñas a todos os que tivestes a iniciativa de votar por este blog
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2009 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cántigas da Terra no Alalá

Hoxe, martes, día 12/05/2009

O "Alalá" de hoxe únese á historia de Cántigas da Terra (1916), que se empeza a contar hai case un século, na cidade da Coruña, e dende aquela leva ensinando e divulgando a música tradicional ininterrompidamente, cunha traxectoria longa e interesante que nos fai revivir non só a música senón tamén a cultura e a lingua galegas.

Esta noite falaremos con xente que coñece moi ben Cántigas e que sabe como conseguir que este traballo perdure ao longo dos anos, como por exemplo o gran músico Emilio Corral que ten noventa e nove anos e estivo nos comezos do coro; Geranio Torreiro (presidente honorífico); César Concheiro ou Xosé Carlos Ponte.

Falarannos dunha das xoias, o seu arquivo, dos máis importantes de Galicia, e saberemos, da man dos máis novos, que ten de especial este grupo para esta xeración.

Vinte e catro discos publicados, viaxes por innumerables países do estranxeiro, galardóns, medallas e premios avalan a ilusión de todos os que pasaron pola rúa San Juan nalgún momento da súa vida.


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 12-05-2009 08:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a Semana das Letrs Galegas
Segunda feira 11 (Luns)

Terza feira 12 (Martes)

Corta feira 13 (Mércores)

Quinta feira 14 (Xoves)
• Kogito na Sala Nasa (Compostela)
• Tanxedoras no Pazo da Cultura de Pontevedra
• A Quenlla en Compostela (Homenaxe a Pousa Antelo)

Sexta feira 15 (Venres)
• Transilvanians na sala Karma de Pontevedra
• A Tuna Rastafari no Liceum (O Porriño)
• Som do Galpóm en Padrón
• Chotokoeu no Instituto Someso (A Coruña)
• Os John Deeres no Pub Chelsea de Cuntis
• Ataque Escampe no Pun D´Antón (Laracha)
• Guezos no Pun Aljama (Ribadavia)
• Rasa Loba no Forum Celticum (Culleredo)
• Marful no Couto (Ponteceso)
• Foula, A Banda das Crechas e Tiruleque na Foliada do Norte da Festa da Marosa (Burela)

Sábado 16
• Galegoz, Clan Maragato e Luar na Lubre na Festa da Marosa (Burela)
• Taru e os Paxaros Coiro e Bob Da Rage Sense no Berbés (Vigo)
• Skarnio, Som do Galpón e Ataque Escampe no Recinto Feiral de Pontevedra ás 20:00
• O Sonoro Maxín, Chámalle Xis! e Berri Txarrak na Coruña no Festival das Letras Galegas no Parque de Santa Margarida
• Kogito na Artabria (Ferrol)
• Zenzar na Casa das Atochas (A Coruña)
• Guezos no Café Grandola (Ourense)
• Duplo Son na Fundación Luis Seoane (A Coruña)
• Emilio Cao na illa de San Simón ás 19:00
• Os John Deeres no Pub Excalibur de Chantada
• A Quenlla en Ponteceso
• Quempallou, Magnifique Band de Homes sen Medo, The Royalties e Projeto Mourente na Alameda de Compostela ás 20:00
• Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
• I Serán da Lingua ás 20:00 no Campo de Pasos, Taragoña (Rianxo)
• Serán no campo de futbol de Sobrada
• Serán na praza da Veiguiña de Marín

Domingo 17
• Manifestación Día das letras galegas en Compostela ás 12:00
• IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña
• Grupo Nos Sobradelo no auditorio de Vilagarcia de arousa ás 18:00
• Son de seu no Pazo da Cultura de Narón ás 20:00
• A Quenlla en Vilagarcía de Arousa
• Ataque Escampe no Aturuxo (Bueu)
• Malvela en Ponteceso
• Os Croquetas e Tear de Llerena na Romaría das letras no Parque de castrelos (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2009 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de notación de baile con Janos Fügedi

Estes luns e martes terá un lugar a parte do monográfico de danza correspondente ao mestre húngaro Janos Fügedi que en catro sesións fará unha aproximación moi detallada á Cinetografía, ou notación de baile.

Un curso no que os participantes poderán aprender a sistematizar os pasos do baile tradicional e a escribilos dun xeito estandarizado, universal e aplicábel a calquera danza patrimonial.

Aínda quedan prazas libres por se alguén quixera inscribirse. Por mail en info@folque.com ou no teléfono +34 881 031 829.

Este son os detalles do curso:

Data: 11 e 12 maio (16 h)
Horario: 10 a 14 h e 16 a 20 h
Lugar: Salón Teatro


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2009 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Blog Malmequer seleccionado para os premios RdL´09

O Blog de Malmequer foi seleccionada pola Organización dos V Premios RdL’09 da Facultade de CC.SS. e da Comunicación da Universidade de Vigo para competir nunha das sete categorías (neste caso Blogs e páxinas literarias) establecidas nesta edición.

As votacións en liña estarán abertas a todos os internautas no blog resacadasletras.blogspot.com ata as doce da medianoite do día 10 de maio así que xa sabedes, quen queira pode votar, a Malmequer ou a calquera dos outros participantes.

Para nós xa é un orgullo ter sido seleccionados, e con iso chégalle ben... iso si, se por casualidade gañamos tampouco íamos enfandarnos...

Grazas aos organizadores por fixarse neste blog e contar connosco

Votacións: http://resacadasletras.blogspot.com/
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
• Victor Aneiros na Sala Capitol (Compostela)
• Pepe Vaamonde Grupo en Compostela
• Skacha no pun Havana 20 (Vigo)
• A Tuna Rastafari no Auriense (Ourense)
• Guezos na sala Clan (Xinzo de Limia)
• Os Cuchufellos en Vilachá, Pobra de Brollón
• Chotokoeu na sala Sete Flores (O Carballiño)
• O Sonoro Maxín no Incio
• Som do Galpóm na Praza Central de Fene
• Zurrumalla na Taberna Vai de Vi (Vigo) ás 23:00
• Estalotada no Sande e Concheiros (Compostela)
• Ven Respirar en Ourense no Café-Bar Don Gaetano

Sábado 9
• Guezos en Allariz ADIADO
• Ataque Escampe no Jazzmin (O Carballiño)
• Chotokoeu no Bar de Juan (Anoeta) de Vigo
• O Sonoro Maxín, Os Tres Trebóns, O Leo e Arremecaghona e Dakídarria en Salceda de Caselas na Festa Trececatorzeadora
• Som do Galpóm en Silleda
• Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Astuias
• "Noite Nova" con Xacarandaina, Donaire, Iar,Arestora, Cantigas da Terra,... polas rúas da Coruña ás 20:00
• Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
• Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
• Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).
• Serán en Vincios no adro de Santa Mariña

Domingo 10
• Festa dos Maios no Casco Vello de Vigo
• Presentación do novo disco dos Carunchos na Praza da Constitución de Vigo
• XX Concurso de música tradicional Xacarandaina
• Buxos Verdes e Lembranzas na praza de Alexandre Bóveda de Sigueiro
• Som do Galpóm no Auriense (Ourense)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer