Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso de baile tradicional Tequexetéldere
O teatro Principal da Estrada acollerá este domingo a quinta edición do concurso de baile tradicional organizado pola agrupación municipal Tequexetéldere. A cita será ás 17.00 horas e a entrada ao espectáculo custará 2,5 euros por persoa.

O director de Tequexetéldere, Bernardo Díaz Grueiro, fixo onte un chamamento ao público estradense para que apoie o certame, ao que está prevista tamén a asistencia de decenas de persoas de fóra do municipio acompañando aos grupos participantes.

No concurso tomarán parte un total de 25 agrupacións de diversas localidades galegas. Haberá grupos de Miño, Arteixo, A Coruña, Santiago, Silleda ou Teo, entre outros.

O certame organizarase en catro categorías, segundo as idades dos participantes. A categoría A estará destinada aos bailadores de ata 9 anos de idade. A B engloba aos grupos con integrantes de ata 12 anos e a C ás agrupacións nas que non se superen os 16 anos de idade. A categoría superior é a D, para bailadores de 16 anos en diante.

As actuacións serán avaliadas por un xurado integrado por tres expertos en baile tradicional: dous da Coruña e un de Santiago de Compostela.

A organización estableceu tres premios por categoría que serán entregados ao final do certame. Os dous primeiros de cada apartado terán dotación económica e o terceiro recibirá un trofeo. Na categoría máis alta, a D, o primeiro premio está dotado con 300 euros e o segundo con 200.

Mellor vestiario
Así mesmo, estableceranse tres accésits para o mellor vestiario, o mellor grupo de acompañamento e o mellor colectivo tradicional. Estes tres premios tamén estarán dotados con trofeos.
A agrupación anfitrioa, Tequexetéldere, participará no espectáculo, pero unicamente con exhibicións de baile fóra de concurso en cada unha das categorías.

La voz de Galicia
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 22 (Venres)
• Bonovo na Praza do Toural (Compostela) ás 23:00
• Dandy Fever no Pub D´Antón (Laracha)
• Chamalle Xis! en Riazor (A Coruña)
• Os Trasnos de Moscoso no Auriense (Ourense)
• III Manguelo Mestizo (Orazo): Galegoz, Triquel, Os Jonhy Deeres
• Estalotada na Gentalha do Pichel

Sábado 23
• VIII Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía no Auditorio ás 19:30
• Balandraka no Pub Clandestino (Nigrán)
• Covalblú no Café Autano (Outes)
• O Leo i Arremecaghoná e Vichelocrego na Sala Mogay de Chantada
• Ataque Escampe, Mencer Vermello e Kimuru na Sala Doble Moral de Lugo
• Os John Deeres no Pub Ardora do Porto do Son
• Kogito na Sala Karma (Pontevedra)
• Esquios no CS Aguilhoar de Xinzo de Limia
• A Tuna Rastafari no Vagalume (Salvaterra do Miño)
• Lamatumbá no Festival de Cans (O Porriño)
• O Sonoro Maxín no Jazzmin (O Carballiño)
• Manguelo Folk de Orazo (A Estrada): Regatos de matamulleres, Os Carunchos, Ardentía e Pradairo
• IV Serán Mar de Rianxo
• Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
• III Serán do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo) ADIADO
• Serán na Asoc. Veciños do Freixo (Vigo)

Domingo 24
• V Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere ás 17:00 no Teatro Principal da Estrada.
• IV Concurso de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo en Bandeira (Silleda) ás 18:30
• Emilio Cao no Museo Arqueolóxico de Ourense ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo
-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo). ADIADO
-Serán na Asoc. Veciños do Freixo (Vigo)

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
-3º Seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo)
-Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)

Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio

Sábado 13 de xuño
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama

Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos

Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)

11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Serán no casino de Xesta - A Lama
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2009 02:10
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da Festa da Reconquista de Vigo

Xa sabemos que foi hai xa un mes e pico, mais de cando en vez seguimos a subir fotos das nosas aventuras...

Fotos da Festa da Reconquista de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 02:03
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos deste pasado Venrespirar

Ola a todos, xa están colgadas na páxina da Asociación, as fotos deste pasado Venrespirar no Don Gaetano:

http://aoftou.spaces.live.com/

Un saúdo a todos
Gonzalo Abelairas
http://club.telepolis.com/gabelairas/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 01:58
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 3 de abril
Vai de baile do 3 de abril de 2009

Os Bugalleiros (Ames) vs Os Rondeiros dos Castros

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 22-05-2009 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán Mar de Rianxo
Estes son os datos que precisamos dos grupos que queirades participar no Serán. Facédenolos chegar ben ao noso correo vaiderodarianxo@gmail.com ou por medio dunha chamada ao 654697768

www.vaideroda.org

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2009 01:46
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o III Serán do Gaiteiriño


Por mor da prevision de choiva que dan para este sábado, o Serán do Gaiteiriño que ía ter lugar na parroquia de Aldán (Cangas do Morrazo) adiase para o vindeiro 6 de xuño.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2009 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía

GRUPOS PARTICIPANTES E ORDEN DE ACTUACIÓN

CATEGORIA II MENORES 15 ANOS:
1. GRUPO “B” DA A. C. TEQUEXETELDERE - A ESTRADA
2. CASA GALEGA DE HOSPITALET- BARCELONA 3.BAILADORES DO TORREIRO A.C.DONAIRE- A CORUÑA 4.GRUPO “A” OS XEITOSO-TRAZO

CATEGORIA I MAIORES DE 15 ANOS:
1. DONAIRE-A CORUÑA
2 CASA GALEGA HOSPITALET - BARCELONA
3.CENTRO CULTURAL A PONTE VELLA-REIS TEO
4.OS XEITOSOS-TRAZO
5.FORTIN DA POMBA- BANDEIRA
6.GRUPO LEDICIAS - VIGO
7. COLEXIATA DO SAR - SANTIAGO

BASES VIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA 2009

Poderán participar todos todo tipo de agrupacións ata un máximo de 5 en cada categoría e que cumpran os seguintes requisitos:

- Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requieran outro tipo de formación). Se non se cubre o cupo na categoría “II” poderán participar grupos que non sexan mixtos (polo que podedes inscribilos ).

- Cada asociación só poderá participar con un grupo en cada unha das categorías .

- Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.

- Deberán posuír grupo de acompañamento (en directo).

- Irán ataviados con traxe tradicional (baile e acompañamento).

- A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo (uns días antes)

- Cada grupo disporá dunha única intervención cunha duración máxima de 6 minutos.

- Haberá un pequeno pasarrúas antes do comenzo do concurso.

- O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.

- O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.

- Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores/as, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento.

Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.

A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso. A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.

O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.

O concurso celebrarase o SÁBADO 23 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS NO AUDITORIO.

PREMIOS CATEGORIA “I”: (A PARTIR DE 15 ANOS)


Primeiro 900 € e trofeo
Segundo 350 € e diploma
Terceiro 250 diploma
Premio do Público

PREMIOS CATEGORIA “II”:(MENORES DE 15 ANOS)

Primeiro 300 € e trofeo
Segundo 150 € e diploma
Terceiro diploma

Máis información:
www.malveiras.com
Comentarios (73) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-05-2009 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
IV CONCURSO DE GAITEIROS MANUEL DOPAZO
IV CONCURSO DE GAITEIROS MANUEL DOPAZO

DATAS:

24 DE MAIO DO 2009 as 18:30 horas

PREMIOS:
1er premio: 1500 euros
2º premio: 700 euros
3er premio: 500 euros


As bases poderán ser solicitadas na Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira:
Rúa Vista Alegre nº 16 36570 Bandeira - Pontevedra
Tlf: 986 585 550

e-mail: asocvistaalegre@terra.es

Tódolos participantes recibirán un diploma acreditativo pola súa participación.

BASES:

PRIMEIRA
Poderán tomar parte tódolos gaiteiros solistas que o desexen, establecéndose unha única categoría.

SEGUNDA
Os gaiteiros que desexen participar no IV CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS “MANUEL DOPAZO” deberán enviar o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN cuberto (ORIXINAL ASINADO) á Asociación Cultural Vista Alegre, R/ Vista Alegre nº 16, 36570 – A BANDEIRA (Pontevedra), antes do día 16 de Maio, ou remitilo por fax ó número 986 58 55 50, ou enderezo electrónico: asocvistalegre@terra.es

O impreso de solicitude, orixinal asinado, para participar no Certame, deberá ser entregado polo participante á organización, ainda que antes se enviara por fax ou correo electrónico.

O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.

TERCEIRA
As gaitas deberán ser galegas de organoloxía tradicional e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.

CUARTA
O estilo e carácter da(s) peza(s) a interpretar, serán necesariamente galegos, tanto de tipo tradicional como de autor galego contemporáneo.

A duración da(s) interpretación(s) non rebasará os 6 minutos en total (incluida a afinación).
É obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.
A orde de participación no Certame, será a mesma que o número de inscrición.

QUINTA
Establécense tres premios, cunha dotación de:

1º. Clasificado: 1.500 € e Diploma (Concello de Silleda)
2º. Clasificado: 700 € e Diploma
3º. Clasificado: 500 € e Diploma

SEXTA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do IV Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, expresividade na interpretación, dificultade de execución e orixinalidade no arranxo e/ou composición das pezas a interpretar. Ditos apartados serán avaliados independentemente por cada membro do xurado cun máximo de dez puntos cada un, de xeito que cada concursante poderá acadar un máximo de 40 puntos por cada membro. A suma das puntuacións de cada compoñente do xurado, outorgará a avaliación final de cada gaiteiro participante.

O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

SÉTIMA
Ó remate do certame, tódolos participantes interpretarán xuntos o Hino Galego, e para isto deberán empregar gaitas na afinación de do e a 440 Hz. Ó final destas bases acompáñase partitura do Hino Galego a interpretar.

OITAVA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 16 DE MAIO DE 2009

Para consultar calquera dúbida, chamar ós teléfonos:

986 58 55 50 (de 16 a 22 h.)
699 41 85 14

PEZA A INTERPRETAR Ó REMATE DO CONCURSO:
HINO GALEGO

www.vigofolk.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-05-2009 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Manguelo 2009 (Orazo)
www.cotomanguelo.aestrada.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-05-2009 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
Andar primeiro de río
Presentación do libro "Andar primeiro de río – inmateriais do río dos gafos"
Día: venres 22 de maio
Hora: 20.30 h
Lugar: café moderno - caixa galicia - Pontevedra


Programa:

Actuación do gaiteiro: Pablo “Feiticeiro”
intervención de:
O Lola Dopico, concelleira do concello de pontevedra
O Gonzalo Sancho, presidente de vaipolorío
O Pablo Carro e Carmen Acuña, informantes de toponimia
O Carlos Solla, autor do libro
actuación do gaiteiro: pablo “feiticeiro”
remate coa degustación dun viño galego
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto en Chantada
O Sábado 23 de Maio, às 23:30hs., em Chantada, na Sala Mogay, estarán actuando num concerto organizado pola Asociación Cultural "O Castanhazo", O Leo i Arremecaghoná mais o grupo Vichelocrego.

A entrada será de 3€.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada da Lingua na Limia
O vindeiro sábado día 23 de Maio decorrerá no Centro Social da Aguilhaoar unha xornada da língua coa colaboración dos alunos do I.E.S Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, na cal se analisará coas raparigas e rapazes que acodan a situación do galego entre a mocidade, cais son as expectativas de futuro e como enfrentar un proceso mesmo de regaleguización. Tamén haberá tempo para a comida e para a festa coa actuación do grupo os Esquios.

PROGRAMA

18H30 Proxección do documentario:
‘LINGUAS CRUZADAS’

19H30 Charla-coloquio:
“A situacion do galego na mocidade”

20H00 Acto a carrego da mocidade
estudantil da Limia

21H00 Cea para os asistentes

22H30 Concerto:
‘ESQUIOS’

http://agal-gz.org/blogues/index.php/aguilhoar
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada Na Defensa do Parque Rosalía (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Música no Festival de Cans (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cé Orquestra Pantasma no Festival de Títeres de Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2009 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
As 'Benzóns' de Guadi Galego
A voz de Berrogüetto, de Espido, de Nordestinas..., publica 'Benzón', un álbum variado con colaboracións de Leilía, Abe Rábade ou Quim Fariña.

Uxía Senlle exerceu de madriña, presentando canda a Guillermo Fernández o primeiro disco en solitario da cantante e gaiteira de Cedeira: "Estamos de festa", dixo Uxía, "cada vez que un disco galego sae á rúa debe ser un motivo de satisfacción; necesitamos referentes, cancións para legar aos cativos e cativas que van vir, porque a música segue sendo fundamental para que un idioma perviva".

Son dez cancións: Acordes/ Madama/ Muiñeira de Concha de Luneda/ Dama/ Muiñeira da luz de Baldaio/ Norte do alén I e II/ Canto / Xota do 9 de abril/ París - La Habana/ Imende - Portos/ Ruada, con estilos moi diferentes, dende os máis achegados ao folk, até os arranxados en clave de jazz ou de pop. Para Guillermo Fernández, que se novo acompaña á cantante de Cedeira nun proxecto, "esta multiplicidade estilística está resolta pola unidade que lle dá a voz de Guadi".

A propia Guadi Galego asegura que "quería facer unha revisión das melodías tradicionais que a min me impactan", unha idea na que recunca Uxía, ao salientar que o álbum hai "moito respecto á música tradicional e á literatura popular". Galego sinala, ademais, que Benzón "non ten que ver con Espido, nin con Nordestinas, nin cos discos que saquei con Berroguüetto, pero todos teñen o mesmo xerme, que é a música popular". Benzón contou con numerosas colaboracións de músicos do país, destacando as letras emprestadas por Uxía Senlle, Ugía Pedreira, Manolo Maseda ou Rosa Bugallo, e as achegas musicais de Leilía, Abe Rábade, Santi e Uxía Cribeiro, Quim Fariña, Marcos Vázquez, Suso Iglesias, Sergio Sieiro, Xacobe Martínez Antelo e Leandro Delltell.

Texto de presentación do disco, por Uxía Senlle
Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca. Cativa e seduce polo fondo sentimento que lle imprime á súa música, pola intensidade coa que di cada sílaba como se quixera salvarnos do medo e da dor. Emotiva e fráxil, serena que serpea nos nosos corazóns, os pés nus nunha terra que ama e que fai máis nosa cando ela a viste co seu canto. O tempo se cadra, para de vez, e déixanos beber a amizade nunha taberna ao norte do alén. BENZÓN, Guadi, en nome do futuro alentador que nos brindas a nós e aos que virán. Viva a terra que pisas!

www.vieiros.com

Na nova orixinal de Vieiros podes escoitar varias cancións do disco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2009 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de traxes Tradicionais en Ferrol
A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, dentro das actividades do ano 2009, está a organizar una MOSTRA DE TRAXES TRADICIONAIS.

Quixemos facela dun xeito diferente, non pechala nunha sá de exposicións , senón nun lugar aberto a todo o mundo: Nos Escaparates dos Comercios do Barrio da Magdalena de Ferrol.

Grazas a colaboura da ACOFF: Centro Comercial Aberto A Magdalena de Ferrol, e có apoio e patrocinio do Concello de Ferrol (Cultura e Participación Cidadá), fixemos posible esta Mostra de Traxes, dende o día 11 , ampliada ata o 29 do mes de maio .

Nestes escaparates do Centro de Ferrol, temos a posibilidade de ver distintas pezas e traxes, tanto de cotío coma de garda, saias e refaixos, xustillos e chaleques, mantóns e manteletas, zocos e zapatos, que poden dar unha boa idea da variedade e riqueza do Traxe Galego.

Son 21 comercios do Barrio da Magdalena, abertos a todos, con Rutas Guiadas para colectivos: colexios ou Asociacións, que poden solicitado no e-mail afcterrameiga@telefonica.net, ou tamén no móvil 616-940.390

Si tedes interés podedes ver unha pequena mostra no link de Picasa (Mostra Aberta de Traxes).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2009 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración pola apertura do albergue para indixentes de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2009 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Crema de Gaita hoxe en Vigo

O grupo O grupo Folk Crema de Gaita tocará en Vigo este mércores 20 de Maio.

O lugar elexido é un dos locais máis coñecidos da noite viguesa: La Fábrica de Chocolate Club (r/ Roxelio Abalde, 22). O concerto comezará ás 22 horas e ten unha entrada única de 3 euros.
 
Agardámosvos!!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2009 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Lugares surrealistas para unha bandeira galega... nacionalista
Ultimamente podemos ver bandeiras galegas "estreleiras" en situacións non habituais...

No programa Fama a bailar... e ademais, vai e gaña a coreografía coa bandeira nacionalista galega... nin feito aposta. (minuto 3:48)



Nun concerto de El Canto del Loco



Na final de Eurovisión deste ano (minuto 3:35)

Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 20-05-2009 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cristobal Prieto, artesán de gaitas
Un veciño de Cangas fabrica e deseña gaitas de xeito artesanal

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2009 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
O Maio da música galega

O selo Falcatruada quere unirse á grande festa da cultura galega e ofrece, durante todo este mes de maio, unha oferta especial cun desconto especial de ata o 25%* nas seguintes referencias:

SOM DO GALPÓM: Em Terra de Ninguém
LIZGAIRO: Diacronías
2uS: Só Son Sons
ABE RÁBADE, GUADI GALEGO, ANXO ANGUEIRA: Rosalía 21
XOSE MANUEL BUDIÑO: Home
NARF: Tótem
Nordestin@s:(ABE RÁBADE, GUADI GALEGO, UGIA PEDREIRA)
XOSE LOIS ROMERO: Engado – Música para Nova Galega de Danza
LAMATUMBÁ: Lume... para que saia o sol
VVAA: 120 Capadores
Homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto
VVAA:Manifesto Dobarrista
Disco Tributo a Andrés do Barro
VVAA:Gallaecian Metal Compilation
LORETTA MARTIN: Paraíso Distante
SEVIGNY: Melalcoholic
SILVIA PENIDE: Desafinante Crónica
THE HOMENS:Tres (digipack) Tres (vinilo 12”)

Agardamos que esta oferta sexa do voso interese, e quedamos á vosa disposición para solventar calquera dúbida que teñades.

Unha aperta,
A equipa de Lonxa Cultural (info@lonxacultural.com)

* O desconto obtense sumando ao teu desconto habitual de cliente, un desconto adicional ata que sumen un 25%
* Pedido mínimo de 15 unidades, sen opción de devolución, debe facerse referencia a "oferta maio Falcatruada" á hora de facer o pedido
* Oferta válida ata o 31 de maio

www.lonxacultural.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2009 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Aberta a contratación 2009 de Dios Ke te Crew

Despois da exitosa xira posterior ao primeiro L.P. conxunto do Colectivo “Xénese”, os de Ordes anuncian ke editarán un adianto do seu esperado segundo disco antes do verán.

Polo tanto estarán nos escenarios a partir do 1º de Xuño deste 2009.



www.myspace.com/diosketecrew

www.diosketecrew.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2009 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Fanny+Alexander
FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)

Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma.


Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

www.aregueifanetlabel.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc na Rúa en Compostela

xoves 21 de maio

FOLC NA RÚA (mañá)

12.00
ARMADANZAS Praza das Praterías,
CANTIGAS E AGARIMOS Praza do Toural
COLEXIATA DO SAR Alameda

12.30
COLEXIATA DO SAR Praza das Praterías,
ARMADANZAS Praza do Toural,
CANTIGAS E AGARIMOS Alameda
ULTREIA Carballerira de Santa Susana

13.15
CANTIGAS E AGARIMOS Praza das Praterías
COLEXIATA DO SAR Praza do Toural,
ARMADANZAS Alameda
ULTREIA Carballerira de Santa Susana

14.00 ULTREIA Carballerira de Santa Susana

FOLC NA RÚA (tarde)

18.00
COLEXIATA DO SAR Praza das Praterías,
CANTIGAS E AGARIMOS Praza do Toural
BRINCADEIRA Alameda

18.45
BRINCADEIRA Praza das Praterías,
COLEXIATA DO SAR Praza do Toural
CANTIGAS E AGARIMOS Alameda

19.15
CANTIGAS E AGARIMOS Praza das Praterías
BRINCADEIRA Praza do Toural
COLEXIATA DO SAR Alameda

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do IX Concurso de Entidades Galegas en Catalunya

IX CONCURSO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN CATALUNYA

A organización do IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Catalunya quere felicitar a todos os premiados.
Tamén quere agradecer a todos os participantes que fixeran fácil o noso labor organizativo en todo momento."

www.fegalcat.org

PREMIOS


SOLISTAS
1º Premio 500€: TOXOS E XESTAS DE BARCELONA
2º Premio 250€: AIRIÑOS DA NOSA GALICIA DE SANTA COLOMA (BARCELONA)
3º Premio 125€: COVA DA SERPE DE BARCELONA

CUARTETOS E QUINTETOS
1º Premio 800€: CASA GALEGA DE L’HOSPITALET
2º Premio 400€: TOXOS E XESTAS DE BARCELONA
3º Premio 200€: A NOS AGALIZA DE XENEBRA (SUIZA)

BANDAS
1º Premio 2.000€: TOXOS E XESTAS DE BARCELONA
2º Premio 1.000€: CASA GALEGA DE L’HOSPITALET
3º Premio 500€: COVA DA SERPE DE BARCELONA

CANTAREIRAS/OS
1º Premio 800€: GRIALIA DE VIGO
2º Premio 400€: XIRADELA DE ARTEIXO (A CORUÑA)
3º Premio 200€: ALEIVOSÍA DE RIANXO


BAILE
1º Premio 2.000€: COVA DA SERPE DE BARCELONA
2º Premio 1.000€: TOXOS E XESTAS DE BARCELONA
3º Premio 500€: XIRADELA DE ARTEIXO (A CORUÑA)
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Música tradicional na Guinda (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2009 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
D. Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón no Alalá

Hoxe, martes día 19/05/2009 ás 21:50

O Gaiteiro de Viascón, con quen estará o "Alalá" desta noite, non só foi un dos mellores gaiteiros da historia, senón o gran defensor da música tradicional galega na segunda parte do século XX.


El foi quen de unir todos os gaiteiros da época nos anos 60 e 70 para reivindicar a dignidade que merece o gaiteiro, porque durante moitos anos foi tratado como músico menor; chamarlle a alguén "gaiteiro ou gaiteiriño" chegou a ser apelativo de desprezo cara a unha persoa. As comisións de festas ou incluso o público non sempre foron respectuosos cos gaiteiros, así que Ricardo Portela destacou pola súa loita para reivindicar a figura do gaiteiro, sendo un dos precursores do festival de Ortigueira ou da Asociación de Gaiteiros Galegos.

A influencia musical de Ricardo Portela en grandes músicos de hoxe podémola ver no selo do toque pechado de Anxo Pintos ou Carlos Núñez, que eran parte da primeira banda "Xarabal" de Vigo da que o mestre Portela era padriño honorífico. A súa morte en 1992 foi un dos acontecementos máis tristes da nosa música no século pasado e a todas as homenaxes que se lle fixeron en vida engadíuselle a concesión da Medalla de Galicia en 1992, ou os sucesivos memoriais que se celebran na súa honra. Neste capítulo achegarémonos á figura dun dos gaiteiros máis importantes da historia de Galicia: Ricardo Portela, "O Gaiteiro de Viascón"
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 19-05-2009 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Quique Péon prepara o primeiro só de danza galega
O bailarín Quique Peón pon en escena o primeiro só da danza galega
«Ovay» fai un percorrido de movementos e melodías dos catro puntos cardinales de Galicia


A estrea será o vindeiro 30 de xuño no Salón Teatro compostelán, pero estes días Quique Peón está testando con ensaios abertos Ovay, o que será o seu primeiro espectáculo da compañía homónima que creou e que é o primeiro só dun bailarín de danza galega. Este espectáculo de cincuenta minutos de duración, coproducido polo Centro Coreográfico Galego, é unha coreografía de Peón como único danzante e coa única compañía no escenario dos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde.

«É a primeira vez que un bailarín tradicional fai un só. Por exemplo, no flamenco xa hai moita bagaxe», comenta Peón, que apunta que o que pretendeu é facer cunha expresión tradicional un espectáculo actual no que se mestura danza, música e teatro. Este investigador, intérprete e docente defende a profesionalización do sector e o recoñecemento á figura do bailarín, cuxas individualidades quedan solapadas polas propostas impulsadas ata o momento onde o grupo se impón como conxunto. Unha aposta en solitario encima do escenario, que xa tocara ao aceptar unha proposta de Marful para bailar nos seus concertos.

Con melodías e movementos tradicionais, este artista -cuxa actividade profesional estivo ligada á investigación etnográfica en Galicia- está máis próximo visualmente á danza contemporánea que ao baile folclórico. Ovay está articulado en catro pezas diferenciadas, o que xera un cambio de ritmo tanto no vestiario, música como nos pasos. Henrique Peón explica que representa catro elementos triplos, por unha banda os catro puntos cardinales da existencia, con catro estacións da vida e catro elementos da nosa alma.

«O leste é a nenez, ou principio de todo; o sur é o feminino, o norte o masculino e o oeste, a conclusión de todo», explicaba tras un dos ensaios en Oleiros, polos que pasaron xa máis de sesenta persoas e cos que intenta solicitar impresións para perfeccionar a súa proposta. Por alí pasaron amigos e expertos e recoñece que algo variou na posta en escena, da que non permite que transcendan algunha das propostas máis arriscadas. Os puntos cardinais non só marcan o ritmo da expresividade do protagonista, que demostra nesta obra as súas capacidades como cantante, xa sobradamente recoñecidas. A música, composta para esta obra, recolle melodías e danzas de cada unha das provincias, aínda que Peón recoñece unha licenza. Na parte do sur, optou polo movemento da ribeirana, norteño, só porque considera que resulta máis feminino.
Ovay xa ten sinal internacional, xa que ademais da estrea en Santiago, está prevista a presentación na Coruña en setembro, en Bruxelas en novembro, ademais de Manresa e Huesca, polo momento.

Unha reivindicación dunha identidade cultural renovada
«A vida foime levando por este camiño tras colaborar en espectáculos de danza», é a explicación que Peón dá ao salto a unha proposta cun marcado carácter individual e que leva o sobrenome da palabra que utilizan os canteiros para o que «é ousado, o que encara o perigo sen vacilar».

Este bailarín recoñece que coa creación de Quique Peón Cía e deste espectáculo pretende reivindicar unha identidade cultural renovada, na que se mesturan conceptos enxebres con pasos ligados a estilos máis depurados e ata concepcións tradicionalmente contrapostos como pode ser o urbano e o rural ou ata a mestura de xéneros.

A pesar de ser considerado como un coreógrafo especializado en cultura tradicional, non é a primeira vez que aborda a danza contemporánea, xa que fixo labores de asistente coreográfico con Mercé de Rande e formando parte do elenco do Quiosco dás almas perdidas, unha produción do CCG. Estas incursións e Ovay, con todo, non lle impiden continuar co labor na que leva desde 1981, que é dirixir unha das agrupacións máis coñecidas de Galicia, o Grupo de Música e Baile Xacarandaina.

La Voz de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2009 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
´Benzón’ novo disco de Guadi Galego

O mércores 20 de maio ás 12:30h celebrárase a rolda de prensa de presentación do novo disco de Guadi Galego.

Será no restaurante “O DEZASEIS” de Santiago de Compostela e a ela asistirán unha grande representación dos músicos que participaron no disco, entre eles, Uxía e Guillermo Férnandez, que arrouparán a Guadi na presentación do disco.

Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións.

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar.

Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega dende a
súa revolucionaria irrupción.

Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.

Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca.

Cativa e seduce polo fondo sentimento que lle imprime á súa música, pola intensidade coa que di cada sílaba como se quixera salvarnos do medo e da dor. Emotiva e fráxil, serena que serpea nos nosos corazóns, os pés nus nunha terra que ama e que fai máis nosa cando ela a viste co seu canto.

O tempo se cadra, para de vez, e déixanos beber a amizade nunha taberna ao norte do alén.

www.folque.com

www.guadigalego.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-05-2009 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Enerxía para botar fóra
Cinco voces femininas acompañadas de percusión onde tamén brilla un acordeón ou unha gaita.

Autor: Tanxedoras.
Edita: Pai Música.
www.tanxedoras.net


Entre a manchea de propostas que contemplamos no noso panorama das músicas de raíz, de cando en vez recobran protagonismo individualidades e colectivos, que son quen de recordar a orixe de todo canto, desde hai máis de trinta anos, vimos gozando en forma de folk máis ou menos reconvertido. Que sería desta sorte de manifestación evoluída sen o canto ancestral por exemplo das pandereteiras? Por iso procede recibir con ledicia a aparición de Tanxedoras, cinco mulleres que se valen nomeadamente do seu canto, e como outras formacións homónimas fan honor á súa identidade artística acompañándose de pandeiretas, pandeiras, pandeiros… e como complemento a tan diversa percusión as puntuais notas dun acordeón ou dunha gaita. Pero ante todo, o dito: estamos ante un fato convencional de cantoras, que foi quen de pescudar no noso cancioneiro para ofrecernos esta gravación de quince temas, costumistas na súa temática, xa coñecidos parte deles noutras versións rexistradas anteriormente. A novidade viría das variacións que tanto na letra como na música podemos observar a respecto doutras gravacións xa rexistradas, cualidade que confirma un vello axioma: a música tradicional en estado puro, por non existir non se detecta nin sequera nas compilacións de egrexios folcloristas que pescudaron na nosa cultura ancestral, cal corredores de fondo que forneceron de material para ben do noso patrimonio artístico.

E este labor de campo é tamén outra actividade da que poden facer gala Tanxedoras, como proba a propia edición discográfica, ateigada de referencias ás distintas localizacións xeográficas –bisbarras, vilas– das que procede o repertorio peneirado. A pouco que o oínte repare, comprobará que no canto ancestral destas pandereteiras nada é gratuíto, que a espontaneidade sae despois de moito traballo e mesmo investigación. Só así se pode explicar a variedade de contidos rexistrada: ora un aturuxo enérxico que cómpre botar fora da propia cantora, ou ben a máis coidada expresividade lírica de forma melodiosa. O que materializado en títulos citados ao chou, podería ser “Pasodoble de Lourido. Xa me dixo teu pai -que te chame a bailar”, ou “Canto do arrieiro e maneo de Cambre. O cantar do arrieiro é un cantar moi baixiño…” .

Por descontado, Tanxedoras non están viciadas por ningunha escola de canto formalista, polo que as súas voces soan núas, e observando no seu retrato visual a condición de xóvenes intérpretes non podemos menos que celebrar a permanencia deste legado, renovado cronoloxicamente con novas incorporacións. Poderíamos concluír afirmando que volven ou ben que nunca se foron, as pandereteiras. Tan só que tiveron que resignarse a padecer algunha travesía do deserto para dar en reafirmar outro vello dito : “todo o que non é tradición é plaxio”.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2009 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquios
Un ano e pico despois do anterior cd (UN TIPO NORMAL), e despois dun parón provocado por motivos alleos a música, volvemos Esquios á carga co noso terceiro cd, que deixa ben claras as nosas intencións dende o seu título: ECHE O QUE HAI!

Poñendo en práctica a máxima punk DIY(do it yourself, faino ti mesmo), fixemos algo que nos facía moita ilusión: realizar a gravación nos mesmos e cos nosos medios (agás as voces). Dende que decidimos autoproducirnos, pensamos que dado o carácter espontáneo e directo da nosa música e que iamos dispoñer de moito tempo para gravar (non había que pagar estudio), non sería boa cousa extenderse no tema, senón facela gravación da forma máis espontánea e directa posible, por riba de outras consideracións técnicas. Obxetivo cumprido: a música gravouse en dous días, e as voces en dúas horas.

É por iso, que este disco está feito máis co corazón que ca cabeza, dándolle máis importancia a humanidade, o sentimento, a espontaneidade, a diversión que a perfección robótica, a compresión sen límite (do audio) ou a esa absurda guerra da industria musical actual, que a nós parécenos ridícula, de soar co maior volumen posible a calquer precio.

Coma resultas 11 temas cantados en galego máis unha instrumental, nas que poderedes escoitar aires funkys, garaxe, blues-rock, hardcore (todo pasado polo noso tamiz) ata clásicos trallazos punk-rock, con letras as veces divertidas e coñeiras, as veces ca intención de furgar un pouco nalgunhas feridas.

Por iso agardamos que este disco vos guste tanto como a nós, e que acudades a algúns dos concertos que daremos para presentalo, onde a diversión e a festa estará garantizada!!
P.D.: se vos gusta o disco, podedes faceros con el (mellor mercandoo jeje), na vosa tenda favorita."


Esquios son:
Jorge Rodríguez--- Guitarra e coros
Jorge Iglesias--- Batería
Pedro Dono_ Baixo e coros
Migle Castro--- Voces

http://esquios.com

Podes escoitar o disco descargandoo na Regueifa

http://aregueifanetlabel.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-05-2009 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 18 (Luns)

Terza feira 19 (Martes)
• Grupo Os Croquetas no Muiño Vello de Redondela
• Dúo de Arpa (Marta Quintana) e Zanfona (Liliana Carro) na Guinda (Rúa Real de Vigo) ás 21:30

Corta feira 20 (Mércores)
• Sumrrá na Galeríajazz de Vigo
• Tino Baz na Facultade de Ciencias Sociais e Publicidade ás 19:30
• Crema de Gaita na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 21 (Xoves)
• Homenaxe a Zeca Afonso no Verbum de Vigo: Na Virada, Tino Baz, Ana Ribeiro e José Pumaz
• Lamatumbá e Som do Galpóm na Sala Nasa (Compostela)
• A Tuna Rastafari na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Pepe Vaamonde Grupo na Praza de Santa María de Lugo

Sexta feira 22 (Venres)
• Bonovo na Praza do Toural (Compostela)
• Dandy Fever no Pub D´Antón (Laracha)
• Chamalle Xis! en Riazor (A Coruña)
• Os Trasnos de Moscoso no Auriense (Ourense)
• III Manguelo Mestizo (Orazo): Galegoz, Triquel, Os Jonhy Deeres
• Estalotada na Gentalha do Pichel

Sábado 23
• VIII Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía no Auditorio ás 19:30
• Balandraka no Pub Clandestino (Nigrán)
• Covalblú no Café Autano (Outes)
• Kogito na Sala Karma (Pontevedra)
• A Tuna Rastafari no Vagalume (Salvaterra do Miño)
• Lamatumbá no Festival de Cans (O Porriño)
• O Sonoro Maxín no Jazzmin (O Carballiño)
• Kimuru, Ataque Escampe e Mencer Vermello na sala Doble Moral (Horta do Seminário) de Lugo ás 22:30
• Esquíos no C. S. Aguilhoar da Limia ás 22:30
• Manguelo Folk de Orazo (A Estrada): Regatos de matamulleres, Os Carunchos, Ardentía e Pradairo
• IV Serán Mar de Rianxo
• Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
• III Serán do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo)
• Serán na Asoc. Veciños do Freixo (Vigo)

Domingo 24
• IV Concurso de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo en Bandeira (Silleda) ás 18:30
• V Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere na Estrada.
• Emilio Cao en Ourense
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2009 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer