Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manu Chao abrirá a súa xira mundial en Galiza
Monforte os días 16 e 17 de maio, Ourense 21 de maio, A Coruña 23 de maio, e A Estrada 24 de maio.

Manu Chao abrirá a súa xira mundial en Galiza, con cinco concertos nos que estará acompañado pola Radio Bemba Sound System. A xira Tombolatour comezará oficialmente en xuño en Francia, e servirá para presentar La Radiolina, o seu último álbum, en 23 países de toda Europa.

En Monforte, onde abrirá a súa xira, Manu Chao estará acompañado por seu pai, Ramón Chao, que o 16 de maio ofrecerá unha conferencia na Casa da Cultura do concello, prosentado por Xosé Manuel Pereiro. O dobre concerto celebrarase no campo de terra do colexio dos Escolapios, cun aforo limitado a 1.300 persoas para cada un dos pases e entradas a 15 euros. Manu Chao actuou o verán pasado en Vigo.



www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2008 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Arxentina
Hoxe, luns, día 05/05/2008

Cando os galegos emigraron a Arxentina non só levaron dous brazos para traballar. Levaron con eles toda unha maneira de vivir, de divertirse e toda a música da súa terra. Xa no barco soaban as gaitas para animar as longas xornadas de travesía, e, unha vez cruzado o Atlántico, a música galega colleu vida propia. Houbo cancións que se mantiveron en Arxentina mentres se esquecían en Galicia, nas composicións novas mesturáronse os ritmos galegos cos aires do tango e co paso das xeracións a música galega foi evolucionando para dar lugar a distintas formacións e repertorios.

Durante décadas máis de medio millón de persoas embarcou en Vigo cara a Bos Aires, que se converteu na cidade do mundo onde vivían máis galegos, por diante da Coruña e de Vigo. Os nosos paisanos tiveron un peso importantísimo no desenvolvemento de Arxentina como país e na modernización de Galicia e a música galega tivo tamén unha enorme presenza nos distintos momentos da historia bonaerense; a mesma Rianxeira compúxose na outra beira do mar.

Para guiarnos por esta ampla e descoñecida parte da música tradicional galega no contexto da emigración arxentina contamos neste Alalá coa axuda dun mozo que sabe moitísimo de todo isto: Norberto Pablo Cirio. Un antropólogo e musicólogo que ademais toca a gaita, que toca cos Lucenses, unha das dúas "regionales" que aínda seguen en activo das setenta que chegou a haber.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2008 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
III Certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo
A Asociación Cultural Vista Alegre organiza o III certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo, para o cal xa está aberto o prazo de inscricións.

Ata o día 2 de maio puideron presentar os gaiteiros que así o desexaron cubrindo un breve formulario e enviándoo ao enderezo que ven no mesmo.

O certame celebrarase o día 11 de maio cun premio para o gañador que ascende a 1.500 euros, haberá 700 euros para o segundo clasificado e 500 euros para o terceiro.

Asimesmo, darase un premio especial de 750 euros para aquel autor que interprete, coa maior aproximación ó estilo de Dopazo, unha das obras recopiladas no disco titulado “Manuel Dopazo, Crónicas Porteñas” editado por Ouvirmos e o Consello da Cultura Galega (Arquivo sonoro de Galicia). Este premio é compatible cos outros tres.

Para máis información sobre o concurso e descargar o formulario de inscrición preme no seguinte enlace.

Bases Certame

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-05-2008 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
Programa dos Maios en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2008 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
E continuan os Seráns
Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-III Serán do Mar de Rianxo
-Serán en Valadares (Vigo)
-Serán-Muiñada no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas)

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Redondela (Alameda)

Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)
-Serán do Carballal (Vigo)
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced

Sábado 31 de maio
-II Serán As Angustias (As Angustias-Nigrán)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 21 de xuño
-Serán de Vincios (Gondomar)

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-05-2008 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile (25/04/08)
Vai de baile del 25 de abril de 2008

Os Alborada de Cabral VS Os Festixeiros de Culleredo

Concurso




Xurado


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 02-05-2008 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer