Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E continúan os Seráns
Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)
-Serán do Carballal (Vigo)

Sábado 31 de maio
-II Serán As Angustias (As Angustias-Nigrán)
-Serán en Paraños (Covelo)

Sábado 7 de xuño
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 21 de xuño
-Serán de Vincios (Gondomar)

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)

Sábado 6 de setembro
-II Serán dos Callos en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-05-2008 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos subidas

Subidas novas fotos das aventuras de Malmequer...

Desta vez:

-Serán do Gaiteirinho (Aldán)

-Día das Letras Galegas no Casco Vello

-Concerto-Festa con Marta Quintana en Mos


Aparte temos máis simpáticas fotos do día das Letras Galegas e do concerto con Marta Quintana no Blog de Iria


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía
Comentarios (47) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-05-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Carballal
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-05-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Manguelo 2008

www.cotomanguelo.aestrada.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-05-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
X Aniversario da Escola de Música Tradicional da Baña
O vindeiro 23 e 24 de maio celebrase o X Aniversario da Escola de Música Tradicional da Baña co seguinte programa:

Venres ás 21:00 h. na Casa da Cultura de San Vicente, a Baña:

Obradoiro de regueifas con Benito Lobariñas e Josiño ( o Xordo e o Caco).
Concerto didáctico con Pablo Carpintero.

Sábado ás 20:30 na Praza do Concello de San Vicente:

Grupo de Gaiteiros "Os Pequenos da Baña".
Escola de Baile Tradicional da Baña.
Charanga Os Campantes da Baña.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Sábado 24 de Maio
Pateada: Mezio IV. Vilela de Lages (Portugal)


Saída nº 82

Volvemos ao Mezío, subiremos á branda da Seida e logo baixaremos a Vilela de Lages

A pateada será bonita e longa, moi ‘sendeirista’, así que non vaiades con presa. Á noite os que lles apeteza podemos cear no Soajo.

Saída:
Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,00.

Percorrido: En forma de 9

Duración aproximada: 9 horas

Lugares de Interese:
Monumentos megalíticos, bosques de árbores exóticas, aldeas de montaña, brandas, pozas, arquitectura tradicional. Visita ao Soajo, a 3 Qm, moi recomendable.

Dificultade:
Media (pola lonxitude, non pola dureza do terreo)

Saúdos
Congostra

congostra@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 23-05-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polos foxos de Chan de Anduriña (Sabaxáns-Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 23-05-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
A Ría non se vende

25 DE MAIO DE 2008, As 12:00 na Praza da Estrela
MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DA RÍA DE VIGO


A rede de colectivos A RIA NON SE VENDE, composta por diversas asociacións que cobren coas súas actividades todo o perímetro da ría viguesa e integrada ao tempo na rede nacional GALIZA NON SE VENDE, entende que son moitas as razóns para convocar esta manifestación en defensa do patrimonio natural, social, económico e cultural da Ría de Vigo.

En primeiro lugar debemos valorar a situación actual produto de políticas destrutivas por parte das diferentes administracións: recheos, contaminación, depuración ineficaz, alteración das correntes mariñas e destrución dos recursos pesqueiros e marisqueiros, urbanismo salvaxe e destrución da paisaxe, portos deportivos privatizadores, unha Autoridade Portuaria caótica e depredadora, desprezo pola identidade e patrimonio cultural...

Fronte a isto, A RIA NON SE VENDE defende:
A preservación da Ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural.
A defensa da explotación pesqueira e marisqueira fronte á especulación urbanística e industrial, apostando polo mantemento dos máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da Ría de Vigo.
A eliminación da contaminación actual mediante a aplicación de medidas racionais de separación de pluviais, control de vertidos, xunto á utilización de sistemas de depuración de demostrada eficacia e non contaminantes.
A paralización inmediata dos proxectos de recheos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo e o levantamento dos infrautilizados.
O punto final para a instalación de máis portos deportivos na ría, así como reclamar a aplicación da lei nos xa existentes.
A consideración efectiva da Ría de Vigo como un ben público de disfrute colectivo, mediante a conservación da súa paisaxe e forma de vida, fronte a destrución da natureza a mans de intereses políticos e particulares.


Por todo isto, cremos compartir razóns e esperanzas con toda a veciñanza que vivimos nesta Ría de Vigo, non queremos malvivir baixo unha faixa de cemento, merda e iates de luxo. E polo tanto convidamos a todos os sectores sociais que sintan súa a defensa da Ría de Vigo, a participar na MANIFESTACIÓN DO 25 DE MAIO ás 12:00 h. dende a Praza da Estrela até Bouzas.


A RÍA NON SE VENDE
Vigo, 19 de maio de 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Os Chichisos no Eicho de dar queridiña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto para cans en Cangas

O Auditorio Municipal de Cangas acolle este venres 23 de maio ás 22.30 horas CANCERTO: I Concerto para cans a favor da Protectora de Animais do Morrazo.

O Concerto estará presentado por "Codia e Miolo" e contará coa presenza de Tromentelo, Sachadiço, Xavier Branco e Os Carunchos. O prezo da entrada é de 4 euros e toda a recadación será a beneficio da protectora. As entradas poderanse comprar na mesma despacho de billetes do auditorio.

Durante o concerto proxectaranse varios vídeos para dar a coñecer o labor que vén desenvolvendo a protectora e os voluntarios. Tamén haberá sorteos entre os asistentes ao concerto. Durante a entrada e a saída do concerto instalaría unha caseta informativa para aclarar calquera dúbida que puidese xurdir, informar sobre os distintos xeitos de colaborar coa protectora (facéndose socios, apadriñando un can, sendo voluntario. etc.) e dar información sobre a esterilización. Tamén estarán á venda produtos da protectora: camisetas, bolsas e chapas
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Blanco en Baiona este sábado
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Aturuxos na Festa do Viño de Belesar
A terceira edición da Feira do Viño de Belesar, organizada por seis adegas encadradas na denominación de orixe Ribeira Sacra, celebrarase nesta localidade do Saviñao entre o 24 e o 25 do próximo mes de maio

O día 25, a partir das catro e media da tarde, celebrarase unha nova edición dun certame de aturuxos que que xa formara parte do programa da feira do ano pasado. Con esta iniciativa preténdese recrear o costume tradicional dos veciños das marxes deste tramo do Miño, que adoitaban comunicarse a berros dunha beira a outra.

Esta tradición estaba moi arraigada na zona na que rabudos -mote co que os chantadinos denominaban aos que vivían no Saviñao e Terra de Lemos- e papeiros -denominación coa que eran coñecidos os vendimiadores de Chantada- comparaban a potencia e duración das súas voces a beiras do río.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Samesugas e The Homens en Compostela
Dous grupos do Castiñeiriño, Samesugas e The Homens, serán os encargados de presentar nunha festa o próximo sábado 24 o festival Rock en Costa 2008. A presentación levarase a cabo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Aproveitando esta festa previa ao Rock en Costa, Samesugas e The Homens presentarán o EP compartido que veñen de editar os selos Lixo Urbano e Crack! Records, no que, ademais de incluír cancións novas, se versionean mutuamente.

O concerto, con entrada de balde, empezará ás nove da noite.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival de Cans

O V Festival de Cans

Cans e Cannes volven compartir o protagonismo cinematográfico do mes de maio. A Costa Azul e o Val do río Louro volven competir por acaparar a atención dos focos. Pero a oferta que o Festival de Cans prepara para a súa quinta edición os días 21, 22, 23 e 24 de maio nesta parroquia do Porriño será difícil de igualar. O festival audiovisual galego máis popular e interxeracional volve á carga con máis salas, máis curtas, máis longametraxes, máis música, e sempre co maior protagonismo para o cine galego.

Os elementos icónicos do festival seguen aí un ano máis: os alpendres, galpóns e adegas que se converten en salas, a tropa de chimpibuses para transportar aos espectadores, as alfombras vermellas (e azuis) espalladas polos carreiros, moita música de sonoridade diversa e espírito festeiro e a hospitalidade de sona universal dos veciños e veciñas de Cans.

Espalladas por Cans atópanse as dez salas nas que se van proxectar as curtas deste ano: tres alpendres, dúas adegas, dous baixos, unha vella casa abandonada, unha antiga lareira e un galpón convertiranse por unha tarde en inmellorables salas de cine. De novo veremos algunhas das mellores curtametraxes galegas dos últimos anos, xunto con esas curtas inclasificables que alcumamos como “frikis”. Este ano temos ademais unha “Sala Multiusos” nas que proxectaremos propostas con linguaxes e narrativas novidosas. No baixo de Moncho proxectaremos longas e documentais e por primeira vez unha selección de pezas chegadas desde un festival convidado, o Shoot-Me Film Festival de A Haia (Holanda). No quinto ano en Cans, máis cine ca nunca!

O Festival de Cans toma por completo a aldea: o torreiro da festa, xunto á igrexa parroquial, é o punto de encontro, o lugar onde ten lugar a entrega de premios e poderemos gozar da música de Miguel Costas & La Banda Turca, Cuchufellos e Tony Lomba e Elio dos Santos. Polos camiños de Cans oiremos a Os Veraneantes, Os Terribles de Tomiño e a Banda de Música do Porriño. E estreamos un novo espazo da parroquia intervida: Víctor Coyote fará concertos acústicos na primeira edición da “Canastro Experience”.

O Festival exténdese ademais á vila do Porriño, na que ao longo de maio se desenvolve un ciclo de cine, e onde o xoves 22 estreará a longametraxe “Cartas italianas”. A proxección-coloquio de “Periféricos” e o concurso de videoclips completarán unha xornada que se pechará coa sesión dj a cargo do mítico locutor de Radio3 Jesús Ordovás. Tamén no Porriño viviremos durante dúas fins de semana a Festa do Cine organizada pola asociación de bares Espacio Noite.

O festival organízao a Asociación Cultural Arela, formada por xente nova do Porriño e Mos, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato. Ademais dos diferentes patrocinadores e colaboradores, é moi importante o apoio dos veciños. Eles ceden as “salas” de proxección e poñen a disposición do público os seus chimpibuses, pequenos tractores que resultan o medio de transporte público idóneo para o festival.

Curtas a concurso
Na categoría de curtas de ficción participan: Palíndromo (Eva Quintas Froufe), O hospital (Iván Seoane), Avalancha (Coté Soler), Da man da raíña vermella (Omar Rabuñal e Miguel Corujo), Perversa Lola (Sonia Méndez), Babies for Gina (Lara A. Serodio), Van de Sobra. Toda unha personaxe (José Angel Regueiro), Sálvame (Javier Veiga), Auga (Xosé Antón Perozo Ozo), Rosita e Jacinto (Alber Ponte), Cores (Jairo Iglesias) e Formularios truculentos (José Luis Díaz).

Mentres, no apartado de curtas de animación optan ao premio Man (Juan Carlos Abraldes), A revolta dos mouses (David Gen), 1977 (Peque Varela), Leo (Fernando Cortizo), Don Señor e o home do soño (Nacho Abia) e O bufón e a infanta (Juan Galiñanes).

O que vai pasar en Cans


Mércores 21:
Día d@s Veciñ@s de Cans

21:30 (Baixo do Bar Moncho) Reestrea da curta "Río de Sombras" (1988), de Daniel Domínguez e protagonizada, entre outros, por Teté Delgado, Raúl Francés, Uxía e Alberto Comesaña. Coa presenza dos protagonistas.

22:30 h. Estrea da curta documental "Do soño ao esquecemento. O túnel do tranvía de Mondariz a Vigo".

Xoves 22

19:00 h. Proxección do documental "Periféricos". Coloquio coa presenza de Jesús Ordovás, Miguel Costas, Bibiano Morón e os directores.

21:00 h. Estrea mundial da longametraxe "Cartas italianas", de Mario Iglesias. Coa presenza do director e os protagonistas.

23:00 h. Concurso de Videoclips. Conducido por Miguel Fernández, presentador de Miraxes (TVG).
00:00 h. (Pub Chimenea) Sesión musical con Jesús Ordovás

Venres 23

16:15 h. Canastro Experience: Performance musical de Víctor Coyote: "Ruído baixiño" (haberá un segundo pase ás 18.30)

16:30 h. Día Mundial do Orgullo Friki: Estrea do filme gore "Maldito bastardo", de Javi Camino.
19:00 h. Proxección Anywhere Cinema: Selección de curtas do Shoot-Me Film Festival

20:15 h. Estrea mundial do documental "Fin da viaxe infinita", de Iván López Gimeno.

22:00 h. Estrea do videoclip "Biocultivos", de Sacha na Horta, gañador do concurso "A polo ghit 2007". Entrega de premios do Concurso de Videoclips do festival. Proxección dos clips gañadores.

23:00 h. Entrega dos chimpíns de prata a unha veciño e unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival: Alicia Sánchez e Miguel de Lira. Entrega do premio de honra Pedigree'08 a Chete Lera.

23:30 h. Concerto de Miguel Costas & La Banda Turca, presentando o disco "Baja el pantalón"

Sábado 24
12:00 h. Coloquio na Leira con Juanma Najo Ulloa, presentado por Manuel Manquiña e Julián Hernández.

16:30 h. Inicio das proxeccións nas salas a concurso, no "Jalpón friki" e nas "Sala Mulitusos".

19:30 h. Actuación de Cuchufellos, música festeira desde Manzaneda.

23:00 h. Entrega de premios

23:30 h. Concerto fin de festa con Tony Lomba & Elio dos Santos: homenaxe a Eurovisión con convidados sorpresa.

www.festivaldecans.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Videoentrevista con Lamatumbá
ANT TV falou con Lamatumbá sobre o seu novo disco e o futuro desta formación ourensá chea de vida.



www.anosaterra.org


Que pasou hoxe pola mañá en Compostela??

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2008 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
A debilidade da industrial musical na Galiza
Excesiva dependencia da administración e escasa especialización. Autogestión no relativo a produción, edición ou management, e problemas para diferenciar a oferta nun mercado saturado. Estas son algunhas das debilidades da industria musical en Galiza, segundo avanza un estudo realizado pola consultora e-burbulla para o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

Os artistas galegos realizaron en 2006 unha media de 33 concertos, cunhas vendas de 2.424 discos, lixeiramente por encima do limiar que permite recuperar gastos de gravación e promoción. A facturación por grupo situouse en 72.681 euros, fronte aos 380.000 que ingresaron as empresas do sector. Excluíndo do cómputo á de maior volume, a media apenas alcanzaría os 160.000.

Son datos de partida desta primeira foto fixa do sector, que ofrece un mapa aproximativo de artistas, empresas e mercado, con 32 entrevistas personalizadas. Identificáronse 911 grupos e solistas de música popular; sobre unha selección de 53, conseguíronse respostas non exhaustivas de 45, entre eles as principais marcas da música galega. O rastrexo das empresas musicais, primeira prospección deste tipo en Galicia, atopou 200, incluídos bares con programación musical estable. As 134 que contestaron suman 238 socios e 735 traballadores. O 59% alterna o traballo con actividades extramusicales, o que reflicte a falta de especialización produtiva do sector.

O 40% das empresas dedícase exclusivamente á música en directo, un 20% á música gravada e un 38% compaxina ambas. Organización de concertos e venda de discos, orientados sobre todo aos artistas galegos e para consumo interno, concentran máis da metade dos ingresos. O 81% nunca se asomaron ao estranxeiro, e só dous prestan servizos de distribución dixital. Entre os sinais diarios que delatan "inmadurez sectorial, ou polo menos debilidade financeira", está o escaso peso, apenas o 30%, dos concertos remunerados en función de despacho de billetes. É dicir, compartindo risco cos artistas. A dedicación a tempo completo dos músicos, salvo excepcións, vese limitada pola incerteza das contratacións, a falta de cobertura social e o axustado dos cachés.

As cifras da música en directo, de seu esperanzadoras a pesar da dispersión dos festivais, retratan o escaso hábito de pago por asistencia a concertos. Ás 4.572 actuacións de 2005, un 3,6% do total en España, asistiron case 1.400.000 espectadores, un 5,69% da porcentaxe estatal. Con todo, a recadación en Galicia representa un 2,65% do total español no mesmo ano, porcentaxe inferior ao peso de Galicia en número de concertos e, sobre todo, de espectadores. En 2005, o 87% das actuacións foron gratuítas e máis da metade -o 8% do total español-, subvencionadas. Un 68,5% foron financiadas por concellos. É dicir, en Galicia subvenciónase máis do dobre que en España, tendo en conta o número de actuacións en directo.

"É mellor dar 100 concertos por 3.000 euros que 20 por 10.000", resume Xavier Alonso, da Asociación Galega de Empresarios Musicais. A AGEM, que naceu fai un ano con vinte asociados, aposta por "mellorar a formación e confiar no traballo dos empresarios galegos". "O estudo é ambicioso e, xa que logo, moi inclusivo. Compútanse empresas moi sólidas e outras que responden a necesidades de autoemprego". Das marxes provisionais do estudo quedan fose as orquestras. "A metade da facturación do sector provén dese mundo", apunta Miguel Martín. Para o director do Igaem, que prevé completar este informe cun estudo pormenorizado por áreas de negocio, "as empresas xa están empezando a percibir que o diñeiro está na venda de contidos, antes que nos soportes".

En clave estratéxica, propiciar unha maior imbricación da música no tecido social, así como no propio, será un dos retos estruturais que deberá consensuar a industria galega. Os seus principais clientes hoxe, como subliñan os empresarios consultados por e-burbulla, seguen sendo "as administracións públicas e as fundacións das caixas".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2008 01:59
# Ligazón permanente a este artigo
Xa en macha o Runas 2008 do Festival de Ortigueira
Participa no Proxecto Runas'08

O Festival Ortigueira converterase un ano máis en plataforma de promoción para os novos creadores da música de raíz. A través do Proxecto Runas'08 convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk da Península. As oito mellores bandas debutarán no escenario de tarde e competirán por compartir palco cos cabezas de cartel do 2009.

Como participar?

7 de xuño. É a data límite para que as formacións noveis ou non consolidadas envíen en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com), os seus tres mellores temas. A selección será crucial. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de colleita propia, deberán incluír un breve dossier e unha foto da banda aspirante.

Música instrumental, música cantada... o único que se require é que sexa folk. Os grupos, cun máximo de dez integrantes, deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración e non poderán ter máis de dous álbums publicados.

A dirección do Festival realizará unha primeira selección. A segunda- a cargo dun xurado de críticos e dos visitantes da web oficial- determinará cales son as 8 bandas finalistas que debutarán no Escenario Runas as tardes do 12 e 13 de xullo. Finalmente, os votos do público asistente aos concertos decidirá o grupo que saltará en 2009 ao Escenario principal e embolsará 3.000 euros.

Alternativa de tarde

A cita folk ortegana, recupera no seu 30 aniversario o Escenario Runas. O Festival, organizado polo Concello de Ortigueira e a Consellería de Innovación e Industria, a través do Xacobeo, devolve aos noveis o seu espazo propio en horario diurno, tras a incursión nocturna do pasado ano. O Proxecto Runas retoma así a súa fórmula orixinal, que nas súas oito edicións anteriores, serviu para darun pulo a bandas como La Bruja gata, Rare folk, Daniel Bellón & Diego Maceiras ou Xochilmica.

www.festivaldeortigueira.com

Bases do Runas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2008 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
Pontevedra en Música
A Deputación de Pontevedra, sensible á urxencia da recuperación do noso patrimonio sonoro, creou en 2003, dentro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, un espazo para a recompilación, conservación e difusión das gravacións sonoras galegas éditas e inéditas en calquera soporte realizadas en Galicia e mais as realizadas fóra do noso territorio que estean relacionadas coa nosa cultura.

A través desta iniciativa a Deputación de Pontevedra pretende reunir toda a documentación sonora galega que sexa posible tendo en conta a música, a palabra, os sons naturais e outros que tamén nos rodean contribuíndo a que o noso contorno se conforme como unha paisaxe sonora única con identidade de seu. A documentación sonora reunida supera hoxe os 5.000 rexistros que están a disposición do cidadán para consultar, investigar e para outros usos que non teñan carácter comercial.

Co fin de fomentar e dinamizar este arquivo sonoro galego o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra creou unha nova liña editorial dedicada á difusión do noso patrimonio sonoro, que ve a luz con esta primeira publicación referida á música da nosa provincia realizada coa colaboración da editorial Edicións do Cumio.

Este CD contén unha selección das diferentes agrupacións e estilos musicais que forman parte da realidade musical actual da nosa provincia presentada nos seguintes bloques: gaiteiros solistas, grupos de gaitas, bandas de gaitas, pandeireteiras, grupos de música tradicional, grupos de música folc, masas corais, bandas de música e canción galega. Entre os artistas e grupos seleccionados figuran Iván Costa, Álvaro Novegil, Oscar Ibáñez, Os Terribles, Os Alegres, Noitarega, Manxadoira, Xarabal, Xistra de Coruxo, Ardentía, Pai da Cana, O Fiadeiro, Revenidas, Trompos ós Pés, Crema de Gaita, Liorna, Coral Casablanca, Coral Virxe da Renda, Banda Orquestra da Mancomunidade de Vigo, Banda Artística de Merza, María Montana e Miguel Martínez.

Esta publicación contribúe á potenciación dos nosos artistas e á difusión da súa música, en definitiva a nosa música.

O traballo que aquí presentamos non é máis que outra mostra do compromiso permanente que a Deputación de Pontevedra ten coa nosa cultura, neste caso coa música da nosa provincia, iniciativa que se suma ós múltiples traballos musicais que dende esta institución se veñen apoiando nos últimos anos.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2008 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Ponte nas Ondas
"Ponte ao meu lado"

"Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas", velaquí unha fermosa peza que pon na rede Ponte nas ondas!

Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués. Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas!

"Na celebración das Letras Galegas, o cerne do noso patrimonio inmaterial, a lingua, érguese como a bandeira do achegamento e da convivencia. Unha lingua compartida na que galegos e portugueses vivimos o noso día día. Nela creamos os nosos mellores tesouros intanxíbeis. Nela soñamos o mundo e nela aprendemos a amar a falar. A lingua que nos xunta e nos achega a unha grande comunidade de falantes espallados por todo mundo. Este patrimonio, sustentado na lingua, debe ter o máximo recoñecemento internacional. Reclamamos que os poderes políticos inscriban o patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, tal como foi recomendado pola propia Unesco"


Aquí a letra completa:

PONTE DO MEU LADO

A ponte serve para atravessar
A ponte serve para ligar
a terra que a água desuniu
os dois lados do mesmo rio,
A ponte serve para nos juntar

A língua serve para falar
A língua serve para beijar
Quem nos fala ao coração
E nos segura a mão
A língua serve para nos juntar

Refrão:

Ponte deste lado,
A ponte que me leva aí
Põe-te ao meu lado
E fico pertinho de ti



www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 22-05-2008 01:45
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumbá: Inicio de xira en Compostela este xoves

Este xoves día 22 de Maio en Santiago de Compostela a partires das 12:00 h, Lamatumbá presentará o seu novo traballo discográfico "Paraugas universal" (PAI-Música 2008), cun concerto "sorpresa" na rúa, concretamente na Praza de Cervantes da mencionada cidade.

Nesta presentación, a banda ourensá repasará en direto as cancións que compoñen o seu disco e ademais haberá pasarúas, con zancudos, malabaristas e outras sorpresas máis.

Nese mesmo día e pola noite a partires das 21:30 h. na Sala Capitol de Santiago, Lamatumbá comezará a súa nova xira de concertos, xira que durará aproximadamente ano e medio e que os levará por toda a xeografía española. O prezo da entrada é de 10 € en taquilla e 8 € anticipada

XOVES 22 MAIO
SALA CAPITOL Santiago de Compostela - 22:30h


Prezo entradas
adiantada 8€
taquilla 10€

Puntos de venda
Discos GONG (Santiago D.C.)
A Reixa Tenda (Santiago D.C.)
www.caixagalicia.es (tel. 902434443)





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2008 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Cultura Tradicional en Lugo

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2008 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Novas sobre a Xira galega de Manu Chao


Hoxe en Ourense uns teloneiros de luxo para Manu Chao... Sonoro Maxín.
A que se vai montar ... no Café Xesteira ás 22:00
Aforo: 1.100 personas (15€)




E na Coruña:

Manu Chao ateigará o recinto coruñés do Coliseum este venres 23 de maio, posto que sen case promoción xa se venderon máis de 6.000 entradas para o concerto, polo que quedan nas billeteiras apenas 1.500, a un prezo de 15 euros.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2008 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
Monforte en pleno Chaos
Manu Chao comeza nova xira mundial en Monforte, onde coincidiu co seu pai

Fai dez anos, os dous Chaos, o músico Manu Chao, e o seu pai o xornalista e escritor Ramón Chao, quedaran na Galicia das súas orixes como final, ou quizais como principio, dunha viaxe iniciático común que fixeron por separado, en moto. Coincidiron en Monforte, no que empezou como a presentación da revista Bravú, seguiu como un concerto improvisado na terraza dun bar e acabou cunha sesión multitudinaria de regueifa nun restaurante. Este fin de semana coincidiron de novo. O pai dando unha conferencia e o fillo, obviamente, un concerto. O inicio ou o arrequecemento da xira Tombolatour, que continuará esta semana en Ourense e A Coruña, e oficialmente empezará en xuño en Francia, para seguir polo resto do mundo.

Ramón a Manu: "Tráioche unha carta de Danielle Mitterrand sobre a Amazonia"
A 'culpa' do pleno de Chaos en Monforte foi da Asociación Salvador Allende e de Jorge Calviño, algo así como o eterno roadie do líder da desaparecida Man Negra. "Manu quería facer unha xira previa, e finalmente decidiu aproveitar para reforzar a súa relación con Galicia", asegura Xosé Ledo, un dos organizadores.

"Primeiro ía ser en Ferreira de Pantón, pero finalmente o Concello de Monforte enrolouse". A vinda de Ramón fíxose ao abrigo do programa Conversas con... da Dirección Xeral de Xuventude. Ramón Chao contou ao público que abarrotaba o venres o auditorio da Casa dá Cultura os seus avatares coa censura (desde as emisións radiofónicas en galego en Radio France á revista Triunfo), cos seus paisanos de Vilalba (Manuel Fraga e Rouco Varela) ou a contradición de que se acuse ao goberno venezolano de censor cando o 80% dos medios son críticos con Chávez.

O escritor, nomeado polo goberno francés das Artes e as Letras en 1991, terminou reprochando cariñosamente ao público as súas intervencións de apoio, "porque o outro día en Lugo contradixéronme moito, que é o que me gusta".

O encontro con Manu debería ser esa mesma noite, no primeiro concerto con Radio Bemba, pero houbo que suspendelo por unha lesión de xeonllo do guitarrista, Madjid Fahen. Así que o encontro é nun restaurante, fronte a fronte, nunha mesa que reuniu á banda, ao alcalde da cidade, Severino Rodríguez (BNG); á editora de Ramón, Alicerce Algarra; a Carruxo, un panadeiro que nos anos 70 distribuía na súa furgoneta, ademais de moletes, o último de Bowie, Lou Reed, Neil Young,... "Téñoche que dar unha carta de Danielle Mitterrand para ti sobre a Amazonia", coméntalle o pai (ao que a viúva do que foi presidente francés fixo membro do consello de administración da súa fundación France Libertés). "Xa, dar a Aitzi [o seu responsable de prensa] e darama", responde o fillo, á vez que fai unha chiscadela cómplice: "Acaba de dimitir a ministra brasileira responsable da Amazonia e non se eu...". "Bo, vámonos, que estes señores terán que falar das súas cousas", rinse ambos ao unísono. Era a frase crave de Felisa, a nai de Manu, para desfacer as reunións que se prolongaban en demasía.

"Eu trato de desviarlle cousas, de protexelo", asegura Ramón, que como acode moito máis localizable que o seu fillo, asume o papel de pararraios de multitude de peticións e recados. É xa sábado, nos prolegómenos do concerto da Radio Bemba Sound System, e no camión-camerino, resgardados do chuvieiro que cae inmisericorde, Ramón Chao responde por enésima vez á pregunta sobre como leva ser o pai de Manu. "Como o vou a levar. Cando Manu empezou a subir, eu subín con el. Nalgún programa de televisión presentáronme como 'o fillo de Manu'. Nunha ocasión, Manu comentoulle a Felisa, a súa nai, que non era certo que a súa fama axudoume a min", asegura Chao pai, que achega a receita para a educación filial: "Sempre hai que deixarlles que sigan o seu camiño, pero iso si, fíxenlles estudar música".

No interior do camión, un fisioterapeuta chamado Fernando, que non quere aclarar se veu pola súa conta ou foi chamado, traballa na perna de Madjid, tombado no chan sobre unha toalla. Á beira, baixo a carpa montada no campo de fútbol de terra de Colexio da Compañía, se apretujan 2.600 persoas (polo menos, porque Manu dará a orde de que se abran as portas logo da terceira canción, para que entren todos os que se apiñan no exterior). Tres horas despois músicos e público chorrean suor e entusiasmo. Manu, que estivo todo o tempo saltando, cunha bandeira estreleira anudada á cintura, báixase e abrázase a Ramón. "Bo, estes señores terán que falar das súas cousas".

www.elpais.com

O concerto de Manu Chao en Monforte resultou todo un éxito. Nada influíu a lesión de Madjid, o guitarrista de Radio Bemba, que obrigou a cancelar a actuación organizado nun principio para o venres. Case 3.000 persoas, chegadas de todas partes de Galicia, e ata de lugares tan remotos como Sevilla ou o Pais Vasco, abarrotaron a carpa colocada no campo de area do Colexio dos Escolapios para ver a este artista de fama mundial. Pero quizá non haxa que esperar moito para velo de novo actuando na cidade.
Segundo Carlos Rouco, presidente da asociación Salvador Allende e verdadeiro responsable xunto con José Manuel Ledo Casebio de que o rei da mestizaxe actuase na cidade, «Manu foise encantado coa xente e a zona. é máis, comentou que se todo vai ben, volvería actuar en Monforte dentro de dous anos, coincidindo co Xacobeo» O concerto, ademais, podería ser gratuíto. Nesta ocasión, aínda que a actuación foi de pago, o artista ordenou aos membros da organización abrir as portas do recinto onde se celebraba o concerto do pasado sábado a partir da terceira canción e non cobrou pola súa actuación. Segundo Rouco, «Manu non cobro nin un só dos 200.000 euros que ten de caché».

Da venda de entradas, unhas 2.800, obtivéronse algo máis de 42.000 euros. Este diñeiro utilizouse para pagar ao equipo e ao grupo de músicos que acompaña a Chao en todos os seus concertos. O Concello de Monforte correu con todos os gastos de loxística desde o aluguer da carpa ou a seguridade privada ata a maquinaria ou o material necesario para preparar o campo de area.

Pero o cantante non só veu tocar. Pasou todo o fin de semana na zona. Aloxouse xunto co seu pai e os membros de Radio Bemba Sound System na Casa dos Muros, unha vivenda de labranza do século XVIII reconvertida a establecemento de turismo rural na aldea de Paderne, en Pantón. Esa foi a base desde a que se desprazou a Monforte, coñeceu os seus arredores, algún que outro recuncho da Ribeira Sacra e ata a ver o partido do Ferreira CF contra o SD Chantada, no que o equipo local xogábase a permanencia na categoría. Chao tiña intención de fotografarse ao final do encontro cos xogadores como mostra de apoio, pero a súa axenda impediullo. Quizais dentro de dous anos teña unha nova oportunidade.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2008 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
Formadores colaboradores para seminarios fóra de Galicia
Publicado no DOG de 20 de maio de 2008

Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.

O modelo de solicitude estará dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com.

Bases:
Artigo 1º.-Obxecto.
Esta convocatoria ten por obxecto a elaboración da lista de formadores colaboradores para impartir seminarios promovidos pola Secretaría Xeral de Emigración, fóra de Galicia.

Artigo 2º.-Clasificación das actividades formativas.
1. Cada un dos formadores inscribirase, segundo a súa especialización e os seus coñecementos, nunha ou varias actividades das relacionadas a continuación:

a) Folclore tradicional galego: baile, gaita, percusión, pandeireta, canto, outros instrumentos do folclore galego novidosos (frauta, requintas...).

2. A Secretaría Xeral de Emigración poderá modificar, en calquera momento, a clasificación de actividades formativas, de acordo coa planificación dos programas formativos que aprobe, co diagnóstico das necesidades formativas ou coas demandas reais de formación específica dos seus destinatarios.

Artigo 3º.-Áreas xeográficas de realización de actividades formativas.
Os formadores poderán inscribirse nunha ou varias áreas xeográficas. As áreas e países onde se realizarán os cursos, en función das convocatorias da Secretaría Xeral de Emigración, serán os seguintes:

-España.
-Europa: Alemaña, Bélxica, Francia, Países Baixos, Portugal, Principado de Andorra, Reino Unido e Suíza.

-América: Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Estados Unidos, México, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.


Artigo 4º.-Candidatos.
Poderán solicitar a súa inscrición como formador as persoas que posúan unha titulación e/ou experiencia profesional, competencia pedagóxica na/s área/s formativa/s, e reúnan os seguintes requisitos:

1. Para os formadores que se inscriban nas actividades de folclore:
-Estar en posesión da titulación oficial ou acreditar coñecementos suficientes que garantan de maneira fidedigna un alto grao de cualificación nas materias das cales aspiran a ser formadores.

-Experiencia profesional: posuír experiencia profesional nas materias que se van impartir, tales como dirixir ou ser membro de grupos de baile, bandas de música.

-Experiencia docente acreditada en organismos públicos ou privados.

Artigo 5º.-Procedemento de inscrición e recursos.
1. Para inscribirse nesta lista, os interesados deberán presentar modelo de solicitude normalizada que figura como anexo a esta resolución que se poderá obter na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración: www.galiciaaberta.com.

Estas solicitudes deben presentarse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xunto coa solicitude, presentarase un curriculum vitae e acreditación documental en orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:

-Titulacións oficiais relacionadas coa especialidade en que solicitan a inscrición.

-Experiencia profesional.
-Experiencia docente.
-Formación complementaria.
-Calquera outro mérito que o solicitante desexe facer constar.

2. Prazo de inscrición:
Poderase solicitar a inscrición nesta lista de formadores no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Bases Completas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2008 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea de alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo
Tras o reiterado imcumprimento dende o Concello de Vigo da apertura dos cursos do Conservatorio Folc da Escola de Artes e Oficios (Univeridade Popular) de Vigo, retomanse as mobilizacións polo que

Convocase Asemblea de Alumnos este mércores 21 de maio ás 19:00 nas dependencias da Escola de Artes e Oficios.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento discográfico de Lizgairo
Lizgairo é unha palabra galega que designa unha persoa con mente áxil i enxeñosa. Musicalmente falando, Lizgairo é unha concepción orixinal e criativa que nace de conxugar as melodías da tradición oral coas posibilidades acústicas de tres instrumentos tan pouco usuais coma a arpa, a zanfona e o bozouqui, pero co garante dun trío de persoeiros referenciais na música galega contemporánea:

Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica), fundador e integrante de Milladoiro, grupo co que firmou dezaséis discos; Anxo Pintos (zanfona e violín), compoñente e fundador de Berrogüetto, sen dúbida a formación galega máis recoñecida e premiada en Europa; e Xosé Liz (bozouqui e guitarra acústica), fundador e membro de Beladona, Entretrastes…

O trío Lizgairo ofrécenos un repertorio moi delicado, acústico e instrumental de once cancións baseadas en temas tradicionais con algunha achega propia que xorde de xeito espontáneo froito da profisionalidade e do talento dos seus integrantes.

En definitiva, Diacronías é unha volta de torca á música popular dende unha prespectiva acústica que emprega recursos harmónicos e melódicos nunca escoitados até o de agora...

Á venda a partires do 3 de xuño coa discográfica Falcatruada.



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2008 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Jazz Fussion de 2us.
2uS lese DouS. Simple. Porque son dous músicos.

Dous instrumentos reflectidos o un no outro coma nun espello. Dúas procedenzas diferentes converxendo nun mesmo punto: visións diferentes pero complementarias. Unha doble personalidade de son acústico i eléctrico, temas ceibes e outros máis melódicos e elaborados.

Porque a aventura de Fernando Abreu (clarinete, membro do cuarteto Caramuxo e colaborador, entre outros, de Mercedes Peón, Sete Saias, Batuko Tabanca…), e Pablo Carrera (guitarra eléctrica en Dr. Harapos) adiántasenos con toda unha declaración de intencións:

en “Só Son Sons” non hai que tratar de buscar razóns teorícas, senón deixarse levar pola sonoridade e disfrutar a música dun xeito máis sensorial e menos intelectual. Música instrumental con amplas influenzas do jazz, do funk, da música contemporánea, do world music...

2uS achéganos unha fórmula musical moi achegada ao conceito actual de jazz europeo: hai improvisación, pero tamén elementos e influenzas do amplo espectro de estilos musicais que comparten ambos músicos.


Presentación do disco o 24 de maio no Teatro Ensalle de Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2008 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Innovar ou morrer... Projectotrepja

Dança + música tradi-elektro + audiovisual

www.myspace.com/projectotrepja


estrea mundial:

7 junho, 21:00h, Praça de Mugartegui de PonteVedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2008 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Projecto Mourente
PROJECTO MOURENTE - Kara.o.ke (2008)

Tras o inesperado sucesso do seu primeiro álbum "Baixo os eucaliptos", volta o Projecto Mourente com um novo trabalho mais meditado que, como novidade, também será editado em suporte físico pola Regueifa Discos.

Com "Kara.o.ke", o projecto abre-se à participaçom de várias persoas seguindo os princípios que se marcáram nos seus inícios: fazer pop electrónico na casa como passa-tempo. Baixo este lema acompanham a Carlos Valcárcel Martin Wu (The Homens) e Noel Feáns (Fanny & Alexander) tocando guitarras, Xan Vázquez nos coros e Yolanda Valcárcel como voz adicional no projecto. Nos novos temas pode-se apreciar uma certa influência rock, especialmenete em "Controla-te" ou "Cobro em B", ainda que as referências principais de Projecto Mourente continuam sendo bandas míticas do electropop europeu como Bronski Beat, Pet Shop Boys ou Erasure, ou hispánico como Fangoria, Astrud ou mesmo OBK.

Os novos temas venhem acompanhados, ademais, dos remixes de Cable, Fanny & Alexander e Colectivo Oruga e de uma versom do hit de The Homens "Non podo máis". As letras deste segundo álbum profundam na ironia e na retranca de "Baixo os Eucaliptos" e o próprio título "Kara.o.ke" constitui, de facto, um jogo de palavras no que o escárnio do alheio se torna autocrítica.

www.aregueifa.net



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2008 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xosé Constenla
Xosé Constenla presenta o seu segundo disco con temas unidos por un sentimento de entusiasmo

"Olladas dun entusiasta" (Setestrelo Editora) constitúe o segundo traballo discográfico do cantautor compostelán Xosé Constenla, despois de “Quen fixo berrar ao silencio” (autoedita, 2005).

Este álbum de 13 composicións propias é unha produción do propio Xosé Constenla en colaboración con Ramón Feáns (arranxos e dirección musical) para o selo de nova creación Setestrelo Editora. Gravado e misturado nos estudios PINK de O Milladoiro (Ames) conta con moitas colaboracións, entre as que destaca a presenza do cantautor madrileño Javier Bergia. Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, baixo e programacións), Paulo Gacio(frauta traveseira e saxo soprano), Paco Nogueiras (acordeón) e Javier Rodríguez (teclados) foron os músicos que gravaron os distintos instrumentos que aparecen no traballo.

O cantautor Xosé Constenla presentará no Ultramarinos de Compostela o xoves 22 de maio a partir das 21 horas o seu segundo traballo titulado 'Olladas dun entusiasta'b>

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2008 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
OM/OFF: Mestura Hindu-Folc galego
OM/OFF é unha banda de música de fusión onde se combina pop, jazz, música clásica hindú e Folk galego clasificándose dentro dun estilo chamado neo-etno-electrónica hinducéltica que se integra na chamada World music.

Formado por Vikas Tripathi (Varanasi, India 1979) famoso músico hindú e destacado intérprete en España co seu instrumento: a Táboa; posúe unha escola de música tradicional hindú en Varanasi e tocou con Toki Masa, Manuel D?Oliveira, Ganga Noa e Cuchús Pimentel entre outros dando concertos en Xapón, México, etc.

Paco Serén (Vigo 1969) membro do grupo Os Piratas deu concertos en Europa e América, é músico, compositor, toca teclados, guitarras e sitar, produtor e realizador audiovisual.

Pablo Álvarez (Vigo 1968) membro do grupo Os Piratas deu concertos en Europa e América, é músico e inventor e toca o santour, a guitarra española e o arpa celta.

Viki Tripathi (Varanasi, India 1979) cantante, gravou a súa voz para Om/Off en varias cidades da India durante a estancia dos músicos nese país. Nun afán por unir ambas as culturas, a celta e a hindú, e buscando así mesmo as raíces tradicionais da música hindú Om/Off desprázase a Varanasi, India no outono de 2007 para profundar nas orixes musicais de Vikas e para que Paco e Pablo poidan recibir formación nos seus respectivos instrumentos: o sitar e o santour. Durante a súa estancia na India graváronse pistas de diversos músicos hindús nas cidades de Varanasi, Puskar e Nova Deli e realizáronse igualmente varios concertos na rexión do Rajastán.

Posteriormente uniuse Anxo Lorenzo (Moaña 1974) quen pertence a unha nova xeración de músicos que non atopan barreiras á hora de experimentar coa música tradicional e contemporánea e ten a habilidade de facer unha mestura perfecta de ambas en novas melodías e ritmos vibrantes e frescos. Anxo logrou fusionar o son natural da gaita cunha ampla variedade de estilos musicais alternativos como: Rock, Pop, Jazz, Flamenco, Chill out, Hip-Hop, electronic... convertendo a gaita nun instrumento vangardista sen abandonar as súas raíces celtas (frauta e gaita).

Pouco despois e compondo xa a formación definitiva uniuse tamén Xose Liz (Vigo 1974). É multi-instrumentista e toca a Requinta Galega, Frauta Travesera, Frauta Irlandesa, Tin e Low Whistle, Gaita Galega, Bouzouki e Guitarra Acústica. É profesor de Requinta Galega no Conservatorio Tradicional da ?Escola de Artes e Oficios de Vigo?. Fundou os grupos Salterium, Beladona e ARAN. Actualmente colabora cos grupos: Beladona, Alfolíes, Ardentía, Pancho Álvarez Grupo, e ARAN, ademais de tocar con músicos e grupos como Faltriqueira ,Uxía Senlle ou Rodrigo Romaní.

Esta fusión de música clásica hindú outorgada polo sitar, o santoor e a táboa, xunto coas programacións electrónicas, o bouzuki e a arte dun dos mellores gaiteiros de España, mestura de forma única nos seus concertos os ragas e mantras coas melodías tradicionais galegas e hindús Ofrécese así no seu show unha experiencia musical insólita combinando música meditativa e ritmos ancestrais celtas e hindús desde unha perspectiva actual e nova.

www.profile.myspace.com

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2008 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais de Verán na Galiza 2008
Chega o bo tempo e comezan a chegar as novas dos festivais de verán.

Iremos actualizando a listaxe deles para saber en todo momento o que se move na Galiza dos festivais.

A ligazón permanente estará no menú da esquerda:

"Calendario de Festivais de Verán na Galiza"

MAIO

Festa da Marosa Burela (Lugo)
16 e 17 de maio
Kepa Junkera, Bonovo, Manecas Costa, Sobre Rodas, Os Estoupacaldeiros, Banda Potenkim, Os Zarambeques, Sonoro Maxín,...

17 maio: Festival da Lingua na Coruña
Pablo Díaz, Chámalle Xis!, Loretta Martin, Transilvanians e Skárnio

17 maio: Festa do Dezassete en Compostela: The Homens, Sacha na Horta e Ataque Escampe


Festival Cotomanguelo-En Orazo-A Estrada
23 maio: The Homens, Banda Potemkin, Son do Galpom
24 maio: Mutenrohi, Lume e Quempallou


XUÑO

6 xuño: Festival Ponte nas Ondas (Vigo)
Luar na Lubre (Galiza), Vozes da Rádio (Portugal), Socorro Lira (Brasil) e Avelino González

7 Xuño: Encontros de Carboeiro (Silleda)

21 xuño: Festisahara 08 (Salceda de Caselas)
A Banda de Poi, Kogito, The Turres Band...

21 xuño: II Festival folc de A Gallada en San Xoan de Piñeiros (Mugardos)
Os Xotas, Os Boinantes, Serralhe-aí!! e Ruxe-Ruxe.

XULLO

4-5 xullo: Festa da Baña

5 xullo: Festival Asalto ao Castelo de Vimianzo
Xua!,...

12 xullo: Festival Folc de Callobre (A Estrada)
Briganthya, Serralhe-aí!!,...

10, 11, 12 e 13 de xullo: Festival de Ortigueira
Sondeseu,...

18 xullo: Festival Milladoiro Folc
Crema de gaita,...

18 e 19 de xullo, Festival Revenidas (Vilaxoan de arousa)
Ataque Escampe, Som do galpóm, ...

19 xullo: Festival Serra de queixa
Som do galpóm, Os Chiquilicuatres, Kumpania algazarra, Tumbuctú, ...

19 xullo: Festival da Chaira (Pastoriza)
Som do Galpóm, Coanhadeira, ...

20 Xullo: Festival Folc de Narón
Faltriqueira, Milladoiro, Four men and a dog

24 xullo: Festa da Fraga nas Pontes
Gwendal,...

27 xullo: Festixebe
Os Chiquilicuatres,...

AGOSTO

1, 2, 3 agosto: Festival Galaicofolia, Castro de San Lourenço (Esposende-Portugal)
Fía na Roca,...

1, 2 agosto: 9º Festival Intercéltico de Sendim (Portugal)
Luar na Lubre,...

2 agosto: Ponte Louco de Castro Caldelas
Cuchufellos,...

2 agosto: Festival Folc de negreira
Coanhadeira,...

2 agosto: Festival da Carballeira en Zas
Wolfstone, Luar na Lubre, Fia na Roca,...

2 agosto: Festival de Pardiñas
Zenzar,...

15 agosto: Vigofolc
Gwendal, Emir Kusturica e a No Smoking Orquestra,...

16 agosto: Festival de Vilariño
Serralle-aí!!, Budiño e Sonoro Maxín

22-23 agosto: Festival Irmandiño de Moeche

30-31 agosto: Festival Lua Meiga (O Viso-Redondela)

5 setembro: Festival da Poesia en Salvaterra
Ataque Escampe,...
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2008 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Malmequer con Marta Quintana


A través do blog de Iria podemos xa ter constancia da colaboración de Malmequer no concerto do grupo de Marta Quintana este sábado pasado en Mos.

Que boa mañá no Casco Vello, que boa tarde preparando a actuación e que bo final xa na noite co concerto e a festa posterior.

Poder disfrutar de tan bos momentos coa xentiña de Malmequer non ten prezo...
Rapaces, que sexa por moitos anos!!!

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2008 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VI Certame de Gaiteiros Solistas da Estrada

Resultados do VI Certame de Gaiteiros Solistas da Estrada

1º.- Pablo Devigo (Castro Caldelas), 1.000 euros e Diploma
2º.- Adriana Rivas (Pontecesures), 600 euros e Diploma
3º.- Pedro Álvarez (Nigrán), 300 euros e Diploma
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer