Entre Soños é unha obra de baile e música tradicional galega de 80 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó (tanto Aida como Xisco compaxinaran a súa laboura de bailaríns coa de cantantes de música tradicional nesta obra), ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Luis Perdiguero (escenografía e iluminación) e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo da Vilarinyo Dance Company).
Deste xeito poderemos ver en escena a figura dunha persoa deitada nunha cama para descansar, como se dunha noite calquera se tratase Pero lonxe de conseguilo é invadido por milleiros de pensamentos, soños e inquietudes. Dentro dos seus soños cobra vida esa valentía por conseguir todo o que se propoña, pero tamén ás súas debilidades, medos e frustracións. Unha loita por alcadar ou dar vida a eses soños que nunca puido ou que nunca se atreveu a levar a cabo, á vez que os medos e inseguridades o invaden dicíndolle que non son máis que soños que desaparecerán cando desperte desa cama?
Esta personaxe deixarase levar por ese trasgo malo que lle di que se lance ao abismo, que sexa valente e que faga o que o corazón lle pida, pero que a súa consciencia lle impide, e ao mesmo tempo loitará e/ou deixarase guiar por esa voz da temperanza, da tranquilidade, esa voz que lle fai ser consciente de que non son máis que soños e non poderán ser máis ca iso. Escenificando deste xeito encrucilladas nas que cada un de nós nos vimos envoltos nalgún momento das nosas vidas. Esas gañas por perseguir os nosos soños e inquietudes e eses medos que nos paralizan e non nos deixan avanzar?
O Venres 27 de abril ás 20:30, Rodrigo Romani estrea na Coruña, no teatro Rosalía de Castro, o seu novo traballo discográfico, 'Fios de ouro no ar', un álbum concebido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da música popular vertebra un producto inconfundiblemente galego. A súa tradución ao directo dá como resultado un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de duas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, na que Rodrigo ten demostrado unha especial capacidade de interpretación.
Rodrigo Romaní (arpa, voz, ocarina e programacións), Bea Martínez (arpa segunda) e Xulia Feixoo (percusións).
Este 21 de abril, sábado, ás 20.30 h no teatro Colón de A Coruña, presentaremos unha nova posta en escena do noso espectáculo "Sete varas, un refaixo".
Unha mostra de vestimenta tradicional na que desfilarán 50 traxes, moitos deles reproducións fidedignas e outros verdadeiras "xoias antigas" da nosa indumentaria que se verán por primeira vez nun escenario.