Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa da sementeira (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2015 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Gala do Fiadeiro en Vigo

O Fiadeiro presenta a gala “Esta Noite Hai Unha Fía” que nesta a súa oitava edición chámase “NAS CATRO ESQUINAS”.

Un espectátulo no que se poñen de manifesto as diferenzas e as similitudes nas festas populares ao longo dos catro puntos cardinais da xeografía galega. Máis de sesenta persoas con dez vestiarios tradicionais diferentes, nunha amálgama de música e baile tradicional recuperados en diferentes comarcas galegas.

Día: Sábado 25 de abril
Lugar: Teatro Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 13)

Hora: 20.30
Prezo: Entre 5,00 e 9,00 euros (comisións de servinova a parte)

As entradas se poden mercar polas seguintes vías:
- Chamando ó 902 504 500
- En www.servinova.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2015 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festival infantil de baile e música tradicional (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2015 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu en Beade (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2015 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Presentacións do novo disco de Riobó
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2015 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Participantes no Azaloira (Bandeira-Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-04-2015 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do concurso Tequexetéldere
Resultados das categorías da XI Ed. do Concurso de Baile Tradicional de Tequexetéldere

Categoría A (Ata os 10 anos)
1.- Os Xeitosos de Trazo
2.- Ultreia
3.- D de Cantigas e Agarimos

Categoría B (de 10 a 12 anos)
1.- O Muiño da Retorta de A Ponte Vella
2.- Grupo C de Cantigas e Agarimos
3.- Fortín da Pomba

Categoría C (de 12 a 16 anos)
1.- Os Xeitosos de Trazo
2.- Tras do Eo da A Ponte Vella
3.- B de Cantigas e Agarimos

Categoría D (máis de 16 anos)
1.- Grupo A de Cantigas e Agarimos
2.- Grupo B de Ultreia
3.- A Burga de A Ponte Vella

A todas as agrupacións moitas grazas pola vosa participación.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-04-2015 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana

Segunda feira 20 (Luns)

Terza feira 21 (Martes)

Corta feira 22 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 23 (Xoves)

Sexta feira 24 (Venres)
• Contradanza e Lena Andrea Ullrich no De Catro a Catro (Vigo) ás 21:00
• Sés no Teatro Principal (Pontevedra)
• Orquestra Os Modernos na Casa da Cultura de Barbadás ás 20.30
• Cantos de Taberna en Pontevedra
• Foliada Ven respirar en Ourense
• Foliada de Melide

Sábado 25
• Festival tradicional infantil no Ágora (A Coruña) ás 17:30
• Os Cempés, TNT e Ultraqans na Festa da Sementeira do Millo (Matamá-Vigo)
• Ruxe Ruxe e Milladoiro nas Festas de San Marcos (Noia)
• Gala O Fiadeiro no Teatro Afundación de Vigo
• Serán no torreiro da capela de Chaín (Ponte Caldelas)
• Serán en Guillade (Ponteareas)
• Serán da Aña Urbana (Pontevedra)
• Foliada de Melide
• VII SERÁN do Patrocinio (Rianxo)

Domingo 26
• Foliada de Melide
• Memorial Nazario González "Moxenas" en Valadares (Vigo): Zurrumalla, Xarabal ás 19:30
• Sés nas Festas de San Marcos (Noia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2015 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Samarúas en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2015 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
IV Foliada Varacuncas (Santa Baia-Rodeiro)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-04-2015 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
Xa está chegando a VII Ruada en Cabaleiros e ven coa forza toda!

A máis sonada da redonda!

Non vos esquezades de reservar o día,que adispois veñen os choros.

Engraxade os zocos, ou levade os tenis a botarlle unha goma nova....que ademáis este ano temos pista do trinque!!

Festa na Pontepedra, en Cabaleiros

Festa, A Nosa!!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-04-2015 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da pandeireta (Cerceda)
Sábado 18 de abril 2015 nas ENCROBAS (Cerceda, A Coruña)

Programa
- Ás 14:30h: Xantar de confraternidade
- A partir das 18:00h.: Actuación dos grupos

Organiza: Asociación de Mulleres Rurais A XUNGUEIRA DAS ENCROBAS

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2015 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
II Memorial Henrique Otero (Vigo)
Os vindeiros 14 e 17 de Abril de 2015 celebraranse en Vigo os actos do II Memorial Henrique Otero.

O martes 14 de Abril ás 19.00 horas terá lugar o I SIMPOSIO SOBRE A VIDA E A OBRA DO MESTRE HENRIQUE OTERO na BIBLIOTECA do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIGO. (R/FELIPE PRÓSPERI).

Os contidos do Somposio serán os seguintes:

- Datos inéditos do catálogo de obras do mestre Otero por Xaime Estévez Vila (alumno de Henrique Otero e profesor de gaita no conservatorio superior 1983-1988)

- Henrique Otero nos Cruceiros por Mª Xosé López (primeira alumna de gaita en rematar os estudos impartidos por Henrique Otero)

- As clases no conservatorio de Vigo Por Rosario Guerrero (alumna de Henrique Otero e profesora de gaita no Conservatorio de A Guarda)

- Vintecinco anos co mestre Henrique, por Juan Pena (Alumno de Henrique Otero)

- Mesa redonda: Vivencias có mestre Otero (Breogán de Moaña,Noitarega, Manuel Solla (Cruceiros), Raigames ).

Posteriormente, o venres 17 de Abril, ás 19.30 horas terá lugar o Concerto Homenaxe, este realizarase no Conservatorio Superior de Música de Vigo sito na rúa Manuel Olivié 23 - O Castro - Vigo.

No concerto poderase gozar de actuacións como as de:

- Beatriz Riobó (soprano), Isidro Vidal (gaita) e Alejo Amoedo (piano) que interpretarán: Oración do Gaiteiro.(1979)

- Jorge Gándara (gaita), Lois Prado (gaita) e Isidro Vidal (gaita) interpretarán: Variacións sobre as muiñeiras nº1, 2 e 3 (Isidro Vidal)

- Xiana Teixeiro (gaita) e Lois Prado (tambor) interpretarán: Jota e Pasodobre.(repertorio de Manuel Viqueira)

- Agrupación Breogán de Moaña interpretarán: Muiñeira Breogán.(1986); Ribeirana e Moañesa.(1999); O pasar por Coruxo.(1972)

- Noitarega interpretarán: De Vigo a Santiago.(1964); Muiñeiras d'Os Campaneiros (R. Os Campaneiros de Vilagarcía); Pasodobre do Cañoto / Samba Querida ( R. do Rique O Salueiro)

- Carmiña Álvarez e Luís Caruncho interpretarán: Foliada da Peneda.(2003)

- Juan Pena interpretará: Ana (introdución).Alborada.(1982); O vello gaiteiro (Muiñeira).(1992); O gaiteiro retroncón(Jota).(1993)

- Os Carunchos interpretarán: Muiñeira Póstuma a Ricardo Portela.(1992); Lembranzas do gaiteiro (1969); Muiñeira da fonte. (1970).

- Abóbriga interpretarán: Muiñeira de Monteboi.(2012); Das Cruces a Toiriz (Ramon Soto); Foliada dos Catro Camiños (2007)

- Raigames interpretarán: Lumieira.(1981); Xota de Riveira.(1966); Marcha Celta.(1986)

E para rematar soarán en conxunto as pezas: Ventosiño (1970) e a Muiñeira do Lagares (1980)


Non faltedes!! A entrada é de balde ata completar o aforo!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2015 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Gala de Traspés e Xarabel en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2015 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso Traspés (Vigo)
1. Neste concurso poderán participar grupos de asociacións sen ánimo de lucro

2. Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.

3. Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.

4. Cada participantente non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

8. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado.

1. A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante

2. As categorías determinaranse pola media de idade dos compoñentes, e ningún deles poderá superar o límite da categoría en máis de dous anos.

3. A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).

XURADO
1. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
· Autenticidade da peza
· Dificultade da mesma
· Afinación e interpretación

2. O xurado poderá descualificar a calquera intérprete que non atinxa as bases e/ou normas do concurso.

3. O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio no eido do folclore tradicional, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

4. O xurado terá a liberdade de esixir o DNI ou libro de familia.

5. O xurado estará nomeado e elixido pola Asociación Cultural Traspés.

PREMIOS
1. Os premios serán os seguintes:

Categorías A, B:
1ºtrofeo e 300€
2ºtrofeo e 150€
3ºtrofeo
Accésit de vestiario en cada categoría

Categoría C:
1º trofeo e 1000€
2º trofeo e 500€
3º trofeo e 250€
Accésit de vestiario:150€

INSCRICIÓN
1. O prazo de inscrición rematará o día 26 de abril. Para inscribirse débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao correo elctrónico traspes@traspes.com

2. A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.

DATA

1. O concurso terá lugar o 10 de maio no auditorio do teatro Afundación Vigo

2.Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

3.A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico ou carta.

4.O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.

5.Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-04-2015 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Curso avanzado de pandeireta (Vilagarcía de Arousa)
A asociación Pésdebarro realiza un Curso de Técnicas avanzadas de pandeireta galega para o domingo, 19 de abril no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Este curso está organizado pola Asociación Pesdebarro e será impartido por Luis Prego.

Serán seis horas nas que os participantes aprenderán as bases técnicas deste instrumento, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais, a contextualización histórica.

Desenrolo teórico:

1. A pandeireta como elemento fundamental no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.

2. Tipoloxía e organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.

3. Función e rítmica.

4. Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos polo profesor do curso ao longo de toda a xeografía galega, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar a pandeireta, atendendo ás variantes locais.

Desenrolo práctico:

1. Posturas para coller a pandeireta. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancada: a man aberta, ca palma, co puño…

2. Ritmos básicos de muiñeira.

3. Ritmos básicos de Jota.

4. Ritmos básicos de agarrado.

5. Toques a man cambiada.

6. Toques a dúas mans.

7. Prácticas de canto.

Profesor: Luís Prego.

Estudoso e investigador do folclore galego, autor dos libros “Para cantar e bailar” e “ Xogos musicais”, así como de diversos artigos sobre a música e o baile tradicional en revistas e publicacións especializadas. Na actualidade imparte clases de baile, gaita, requinta, acordeón, percusión tradicional e canto en varios concellos da Provincia de Pontevedra.

O prezo de matrícula é de 15 euros para as persoas socias e de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro ata o 11 de abril, a partir desa data ata o 19 de abril o custe será de 20 € para soci@s e 25 € para non soci@s.

As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 692646068 ou no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com .

E as prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-04-2015 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
VI Curso de Música Tradicional Galega e Conxunto Folc (Barreiros)
www.musica.fingoi.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-04-2015 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 13 (Luns)

Terza feira 14 (Martes)
• II Memorial Henrique Otero (Vigo)

Corta feira 15 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 16 (Xoves)

Sexta feira 17 (Venres)
• II Memorial Henrique Otero (Vigo)
• Terbutalina na Casa Tomada (A Coruña)
• Pelepau no Café Central (Tui)

Sábado 18
• Treixadura no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Alba María no Multiusos da Xunqueira (Redondela)
• Ruxe-Ruxe e Biribirlockena sala Capitol (Compostela)
• Sés no Auditorio Hernán Naval (Ribadeo)
• Terbutalina no Liceo Mutante (Pontevedra)
• Traspés e Xarabal no Cine Salesianos (Vigo) ás 21.00
• IV Foliada Varacuncas en Santa Baia (Rodeiro)
• Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
• Ruada de Cabaleiros (Tordoia)

Domingo 19
• Memorial Nazario González "Moxenas" en Valadares (Vigo): Folk de coiro, Caxade ás 19:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2015 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Rústica en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2015 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 9 de abril
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)


Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Jose Codesido
22h30 . Colexiata do Sar
23h15 . Alvariza
24h00 . Ultreia
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante


Entrada 3€
Máis información
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2015 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán en Laias (Cenlle)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-04-2015 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés en Bandeira (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2015 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
A Roda en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2015 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Davide Salvado en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2015 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
XX Xantar Gaiteiro (Teo)
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XX Xantar Gaiteiro.

Será o vindeiro Domingo 12 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña.


Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos un xantar con música, baile e moita festa !!!

Este ano ademáis, é a XX edición do Xantar, polo que non pode faltar ninguén!! Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despois do xantar.

Para asistir ao XX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 7 de Abril, indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán.

DATA XANTAR: 12 Abril 2015 - 14.30 horas

LUGAR : Restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña

MENÚ : Cocido, Filloas,Orellas, Auga, Viño, refrescos, café e chupito

PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.


MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS secretaria@gaiteirosgalegos.com

Teléfono 986 847 074 / 982 229 966

Agardamos a túa participación!!!!!


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2015 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 6 (Luns)

Terza feira 7 (Martes)
• Rüstica no Teatro Principal (Compostela) ás 20:30

Corta feira 8 (Mércores)

Quinta feira 9 (Xoves)
• Guadi Galego no Casa do Saber (Lugo)
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sexta feira 10 (Venres)
• Serán de Beirán en Matamá (Vigo)

Sábado 11
• Coanhadeira na Arca da Noe (Vilar de Santos)
• Os Cempés no C. C. Vista Alegre da Bandeira (Silleda)
• Narf no Var con Uve (Moaña) ás 22:30
• Familia Caamagno na Sala Buddha (Sarria)
• Superoito e Berri Txarrak na sala Capitol (Compostela)
• Treixadura no Pazo da cultura de Pontevedra
• Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
• Serán de Fozara (Ponteareas)
• I Serán de Laias (Cenlle-Ourense) no Centro Sociocultural de Laias

Domingo 12
• XX Xantar Gaiteiro en Teo (A Coruña)
• Festa folc en San Miguel de Sarandón (Vedra): Os Carunchos, a Requinta da Laxeira e Os Cuchufellos ás 18:00
• Memorial Nazario González "Moxenas" en Valadares (Vigo): Maghúa, Servando&Contradança ás 19:30
• A Roda no Auditorio da Xunqueira (Redondela) ás 20:00
• Davide Salvado na Clave (Monterroso) ás 20.30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2015 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Sor (O Barqueiro)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-04-2015 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-04-2015 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-04-2015 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de libro-CD en Monforte de Lemos
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 01-04-2015 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
XI Encontro internnacional da zanfoña (Rianxo)
Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XI edición consolidado como un referente internacional no seu ámbito.

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sobre o instrumento de toda Galicia.

Sesións didácticas nas escolas do concello, divulgación do instrumento por medio da publicación de vídeos 10º aniversario, curso para especialistas de interpretación con Tobie Miller, virtuosa e referente mundial no prolífico repertorio barroco para zanfona, sesión de baile comisariado por Óscar Fernández e outros zanfonistas galegos e a presentación da últimas investigacións de Pablo Quintana sobre o pioneiro Amadeo Goyanes, discípulo de Faustino Santalices, conforman a programación da Zona da Zanfona para este ano en Rianxo.

Logo de dez anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval” a territorios compartidos por estéticas posmodernas (drone, acusmática, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora, improvisación, performance, o loop,…) que conviven coa música popular e universal, coa música coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos días.

Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alumnado e luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial para o instrumento.

Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid,…

Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ZdZ 2015
03/04/2015

19:30 Presentación "Amadeo Goyanes"
Auditorio de Rianxo

03/04/2015
20:30 Concerto ZdZ'15
Auditorio de Rianxo

04/04/2015
22:30 Baile Assalto ZdZ'15
Liceo Marítimo Rianxeiro, Rianxo

05/04/2015
11:00 Curso de zanfona: Tobie Miller
Auditorio de Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2015 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Semana Santa en Cariño
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2015 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2015 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer