Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán en Compostela

Seráns en Compostela
Xoves 4 de abril


A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Javier Magariños (A Ponte Vella)
22h30 . A Ponte Vella
23h15 . Pena Maior de Marrozos
24h00 . A Requinta da Laxeira
01h00 . Foliada


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-04-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Ouvirmos lanza o libro "Historia da música en Galicia"
Dende Ouvirmos lanzan á venda a Historia da Música en Galicia cunha oferta especial do 25% de desconto só até o 15 de abril. O libro e dous CD’s pódense mercar por 44 euros (gastos de envío incluídos).

En palabras de Pilar Alén “non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical”.

Esta obra permite ao lector achegarse cronoloxicamente á música feita no noso país a través de:

•440 páxinas
•27 cadros e esquemas explicativos
•Máis de 150 fotografías
•2 CD’s
•27 temas musicais, dous deles inéditos
•Máis de dúas horas de música

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 04-04-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Carunchos

Os Carunchos presentan o seu quinto disco "Ti que?".

Temas que na súa maioría son de composición propia e que falan de temas de actualidade. Os Carunchos despertan en “Ti que?” o seu lado máis reivindicativo para falar sobre a violencia de xénero, a contaminación do mar, o conflito en Oriente Medio ou as diferenzas entre ricos e pobres. Todo isto nun álbum que eles mesmos califican como o máis plural de todos os seus traballos, “tanto en timbres, como en instrumentos e composicións”.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-04-2013 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xose Manuel Budiño
BUDIÑO é un artista atípico, un músico co seu “sotaque”, un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons mais contemporáneos.

BUDIÑO ten publicado ate o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA mais este último que fai o número seis, SOTAQUE.
As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso.

BUDIÑO fórmase na Escola de Gaitas Semente Nova deMoaña e na Universidade Popular deVigo. Mais tarde atopa o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie o la Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros.

"SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-04-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
GZMUSICATV - Episodio 1
O programa 1 de GZmúsica TV emitiuse o venres 15 de marzo ás 24:00h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming na rede. Nel falouse da presentación do "Ritmo Serbio" de Terbutalina, do novo disco da Compañía do Ruído, do décimo aniversario de Abretedeorellas.com e fomos tamén de concertos. Fomos até o Salason de Cangas para falar e ver os Bastards on Parade e tamén até a DiscoTasca de Redondela, para entrevistar e ver un chisco os aragoneses Prau. Rematamos cun tema de Wöyza, gravado ao vivo no concerto que deu no Kingston Club de Vigo.


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 04-04-2013 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
GZMUSICATV - Piloto
O programa piloto de GZmúsica TV emitiuse o 8 de marzo ás 24:00h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming na rede. Nel falouse do Disco Tributo aos Zënzar, do novo disco de Rebeliom do Inframundo, A Sorpresa, do Cantalingua e do disco ao vivo dos Esquíos. Entrevistamos os Vacalouras e vimos un par de temas do seu concerto no furancho do Colectivo Malaherba de Matamá, Vigo. Tivemos a sorte de pechar o noso piloto co novo videoclip de Dakidarría, Terra.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 04-04-2013 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Carro


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 04-04-2013 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Zarapelos de Vigo contra Bailadores do Torreiro


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 04-04-2013 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
ALL DUFF: Workshop de Adufe en Ponte de Lima (Portugal)


“Do adufe tradicional ao Mediterrâneo”

AL-DUFF é um projecto do percussionista Rui Silva, no âmbito do seu trabalho de investigação sobre a tradição oral do toque, canto e construção do adufe da região de Idanha-a-Nova, religando-o aos frame drums mediterrânicos através das técnicas performativas e da exploração do seu potencial sonoro e musical no universo da Percussão Histórica e da Música Antiga.

O workshop só se realizará com um mínimo de dez inscritos.

A inscrição pressupõe o preenchimento de uma ficha de inscrição (http://goo.gl/LlH2f) bem como o pagamento de:

-7,50euros para sócios CAL (desde que que tenha as cotas regularizas),

-10,00euros para o público em geral.

A inscrição só é efectiva após o envio do comprovativo da transferência para o mail da CAL (cal4990@gmail.com).

As inscrições terminam dia 4 de Abril.

O Adufe, instrumento tradicional de percussão, pandeiro quadrado português, é o centro deste workshop. O ponto de partida é a Tradição: introduziremos as cantigas e o toque do adufe da região de Idanha-a-Nova, tocando e cantando em grupo; identificaremos as particularidades desta prática, os grupos e as personalidades mais relevantes. Abordaremos igualmente o processo construtivo artesanal: como se constrói um adufe, que materiais se utilizam e quais os termos usados para as diferentes partes que compõem o adufe; referindo alguns artesãos, destacaremos as diferenças entre si.

Daqui partimos para uma perspectiva inovadora, onde o Adufe é visto como um frame drum mediterrânico, religando-o à sua família através da adaptação e exploração de novas técnicas performativas, ritmos, músicas, culturas e contextos.

AL-DUFF (que deu origem ao termo Adufe) era a expressão utilizada, a partir das invasões árabes e durante a Idade Média, para definir frame drums: redondos, quadrados, com ou sem soalhas, maiores, mais pequenos…A abordagem proposta visa despertar o interesse das novas gerações para um instrumento ainda por conhecer, tocar, explorar e desfrutar, favorecendo e potenciando a sua performance, lançando bases para a sua renovação e divulgação séc. XXI adentro.

Neste workshop o trabalho será realizado em grupo, proporcionando interacção entre os participantes e o desenvolvimento de competências sociais. Os exercícios a realizar estimulam a coordenação e independência motoras, sentido rítmico e de pulsação, musicalidade, boa disposição, comunicação e partilha. O sistema rítmico silábico a utilizar durante o workshop não requer conhecimentos musicais prévios, sendo transversal e acessível a vários níveis etários e de formação/educação.

Conteúdos programáticos:

1. A Tradição:
1. 1. Contextualização: localização geográfica, artesãos, adufeiras, grupos representativos, principais romarias.
1. 2. Abordagem organológica: nomes das partes que compõem um adufe; como se constrói; materiais usados; protótipos AL-DUFF

2. Os frame drums mediterrânicos: história, rituais de cura e fertilidade, os instrumentos dos vários países, a prática de tocar em grupo.
2. 1. Adufando: toque e cantar tradicional
2. 2. Al-duff: exploração do instrumento fora do contexto tradicional (ritmos, técnicas e contextos mediterrânicos.)

Notas biográficas:

RUI SILVA, 1984, Coimbra. Concluiu a sua licenciatura em Percussão na ESMAE com Miquel Bernat e Manuel Campos, terminando o curso em 2009, com a classificação de 19valores. Conheceu os Frame Drums através de Glen Velez e decidiu dedicar-se ao seu estudo e à sua execução no âmbito da Música Antiga e da Música do Mundo.
Em Maio de 2010, esteve no Festival Tamburi Mundi na Turquia para estudar com David Kuckhermann, Murat Coskun, Katharina Dustmann, Erçin Kocaimamoglu, Gaffari Almaz e Mohsen Taherzadeh. Em 2011, aprendeu com Zohar Fresco no Labyrinth Musical Workshop, Houdetsi – Creta.
É percussionista do Ensemble Sete Lágrimas e do Touli Ensemble, projectos inovadores na música antiga em Portugal, e de Contracorrente (produção D´Orfeu, sobre música de intervenção do mundo).

Em 2012, concluiu, com nota máxima (10) o Master en Interpretacion de Musica Antigua – Percusion Histórica, na ESMUC (Barcelona, Espanha), tendo sido aluno de Pedro Estevan.
Actualmente, dando seguimento à sua tese de mestrado, desenvolve uma linha de investigação em torno do Adufe, pandeiro quadrado português, religando-o aos frame drums mediterrânicos através das técnicas performativas.

Máis información:

http://cal.pontedelima.com
Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 03-04-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Finou José Iglesias ´Melitón´,
Morre José Iglesias ´Melitón´, pandereteiro excepcional e vigués distinguido en 1995
Natural de Sárdoma foi un dos precursores do novo movemento de gaiteiros e bailadores desde mediados dos anos 50


José Iglesias Nieto, coñecido popularmente por "Melitón", mestre que devolveu o folclore galego ao lugar que lle correspondía, faleceu onte á idade de 89 anos na súa parroquia de San Pedro de Sárdoma, berce de incansables pandeireteiros e gaiteiros.

Iglesias Nieto non só traballou de forma infatigable pola recuperación das melodías populares durante toda a súa vida, senón que tamén foi mestre de mestres, como Wenceslao Cabezas "Polo", tal e como se recolle nas páxinas de FARO DE VIGO en 1995, ano en que a corporación municipal outórgalle o galardón de vigués distinguido, "tras máis de medio século entregado á arte".

Desde que en 1956 fundase o grupo Ventos das Cíes, a vida de "Melitón" non se concibe sen unha pandeireta eternamente unida á súa man "eu non sei cal é o segredo. Cólloa coa man dereita, poño os dedos na pelica, e ala, a sacarlle ritmo e a que vibren as ferriñas", di con humildade.

Era unha pericia, unha arte, que lle levou a ser recoñecido en toda Galicia. "Que si hai arte? Pois, seguro. Pero o que máis hai é afección entrega, desexo de facer ben o que un sente. E é que isto do folclore ou se leva dentro ou non hai modo de expresalo".

E sabía como expresar esa música que levaba dentro e que mamara desde o berce cando nas reunións familiares a súa avóa "tocaba a pandeireta e bailaba. Estupendamente".

"Melitón" foise acompañado dos seus seres queridos e será soterrado hoxe ás catro e media da tarde no cemiterio da parroquia de Sárdoma (Vigo).

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2013 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
`Xogos musicais´: novo libro de Luis Prego
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 03-04-2013 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
Estes días está a chegar ás librerías de todo o país, o libro-CD-DVD, ‘De roda en roda. Músicas e danzas do mundo’, da autoría de tres persoas que levan moito tempo dedicándose ao mundo da danza como son Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil.

O libro propón unha viaxe arredor do mundo a través das súas músicas e das súas danzas, ofrecendo unha escolma de 21 pezas tradicionais de diversas partes do planeta, cada unha co seu son orixinal. Gravadas no CD con instrumentos propios dos seus países de orixe, son explicadas dun xeito doado no libro e mostradas no DVD para que ninguén quede sen bailar.

O libro, xa que logo, é tamén unha guía e una viaxe xeográfica para quen queira aprender a rodar, a ir en roda, da man dos bailadores e bailadoras que, polo mundo adiante, inventaron pasos cos que lles sorrir á vida.


Polo de agora, imos abrindo o baile con esta pequena mostra desta danza escocesa.



Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 03-04-2013 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Feito na casa: Revista dixital de Cultura Tradicional

Descarga o seu primeiro número de abril
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 03-04-2013 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Serán nas Angustias (Nigrán)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-04-2013 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Rodrigo Romaní na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2013 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina e Familia Caamagno en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2013 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Pradairo en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2013 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Fest Noz en Vigo con Son Bretoned
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2013 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 1 (Luns)

Terza feira 2 (Martes)
• Tejedor na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Corta feira 3 (Mércores)

Quinta feira 4 (Xoves)
• Narf con Marcos Teira na Casa do Saber do Campus de Lugo
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sexta feira 5 (Venres)
• Fest Noz con Son Bretoned na Curuxa (Vigo)
• Rodrigo Romaní no Teatro Principal de A Estrada
• Xabarín Club con Collón de Lola na Sala Super 8 (Ferrol)
• Terbutalina e Familia Caamagno no Clavicembalo (Lugo)
• Noite de Tasca en Poulo (Ordes)
• Foliada Ven Respirar en Ourense
• Seràn de Beirán en Matamá (Vigo)
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 6
• Festa da Gaita e Cantos de Taberna en Arzúa
• Os Terribles de Donas na praza do Berbés de Vigo ás 21:30
• aCadaCanto no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros) ás 20,30
• Pradairo no Teatro Principal (Compostela)
• Loretta Martin no Garufa (A Coruña)
• Nao no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Serán de Fozara, Ponteareas
• Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
• Serán no adro das festas das Angustias (Nigrán)

Domingo 7
• Mel de Meiga na praza do Berbés de Vigo ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-04-2013 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Beirán (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-04-2013 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Venres, 5 de abril / 22:30 h.

Agardamos que veñades a disfrutar de boa música e baile galego con tod@s os compañeiros de sempre na sala dende as 22.30 horas.

As foliadas de SalaSon repitense todos os meses, agardámosvos.


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-04-2013 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Fozara (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-04-2013 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Poulo (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-04-2013 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da gaita e Cantos de Taberna (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-04-2013 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Monográficos na Celtral Folque (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-04-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
IX Encontro Internacional de Zanfona (Rianxo)
IX ENCONTRO INTERNACIONAL DE ZANFONA

Cercando a Zona da Zanfona 2013


Os vindeiros 18 a 21 de abril aCentral Folque organiza o IX encontro internacional de zanfona co apoio do Concello de Rianxo. A Zona da Zanfona é un espazo común para especialistas e afeizoados á música arredor deste instrumento co denominador común da contemporaneidade. A falta de anunciar todo o programa nos vindeiros días, adiantamos que o mestre internacional austríaco Matthias Loibner , especialista en música barroca e iniciador de novas tendencias para a zanfona será o encargado do concerto solista o venres 19 de abril e do curso intensivo de práctica instrumental o sábado 20 e domingo 21. Máis info en breve...

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-04-2013 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Concurso de Música Tradiconal Xiradela (Arteixo)
XIV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDERETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 14 de Abril de 2013 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada os seguintes correos electrónicos antes do 5 de abril de 2013:
xiradela@yahoo.es
correo@xiradela.es
Non se admitirán inscricións por teléfono.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 14 de Abril de 2013.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 650 14 56 08 (mañá) / 675 52 75 43 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
correo@xiradela.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-04-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso - Selección de gaiteiros solistas para o trofeo Maccrimon de Lorient
"Concurso - Selección de gaiteiros solistas para o trofeo Maccrimon de Lorient"

Terá lugar o 21 de abril de 2013 no Auditorio da Ramallosa (Teo) ás 17:00 horas.

Esta iniciativa ten como obxecto seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXVIII Trofeo McCrimmon de Gaita que se celebrará o 3 de agosto de 2013 durante o Festival Inteceltique de Lorient.

O concurso non ten dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

Na selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano e unha peza do repertorio bretón (que se adxuntan coas bases ). Cada participante, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

Máis información no facebook da Delegación galega do festival

Dirixido:
Poderán participar todos os gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

Lugar de solicitude:
A inscrición debe dirixirse ó seguinte enderezo:

Delegación Galega do Festival Intercéltico de Lorient

Apartado de correos 17
Cacheiras, 15883
Teo. A Coruña

Prazo:
Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente cuberta e acompañada do currículum e un cd de audio antes do 5 de abril de 2013

Bases para os gaiteiros que desexen participar neste concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-04-2013 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer