Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Finalistas do concurso – selección para o “Trofeo Maccrimmon” 2013
Os finalistas do concurso – selección para o “Trofeo Maccrimmon” 2013 son:
Por orde alfabética:

- Erick Corrente Espinosa.
- Eliot Dios Martínez.
- Ismael García del Río.
- Sergio Gómez Martínez.
- Miguel Neira Aneiros.
- Lois Prado Fernández.
- Antonio Rodríguez Bustabad.
- Jesús Rodríguez Callejón
- Jesús Sánchez Ascariz.
- Isidro Vidal Gallardo.

A todos, moitas gracias por presentarse, e quedades citados para o próximo domingo 21 de Abril, as 15:30 (hora límite) para firmar a acta do concurso.

Moita sorte a todos.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2013 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos folc en Pontevedra

A asociación Cultural Polavila de Pontevedra programa dende o próximo 16 de Abril ata o 19 de Xullo unhas aulas de iniciación ou perfeccionamento de diferentes instrumentos e baile tradicional.

As aulas están dirixidas a calquer persoa maior de 16 anos que se queira achegar ata a Casa Cultural de Marcón entre as 20:30 e 22:30. Os mestres son de primeiro nivel, entre os que destacan nomes como o de Samuel Souto (bouzuki), Miguel Fraguas (gaita, toque pechado) ou Franc Gorriz (Percusión Peninsular) entre outros.
Agardamos que sexan do agrado de todo o mundo

Achégate ao folc dunha maneira amena, coñecendo varios intrumentos e o baile tradicional.
Se tes máis de 16 anos e sintes algunha curiosidade polo mundo musical ou o folclore, ou queres ampliar os teus coñecementos e experiencias neste eido, podes participar nestes cursos que celebraremos na Casa da Cultura de Marcón, sempre entre 20,30 e 22,30 h.
Cada curso ten un prezo de 20€

Zanfona
Impartidas polo mestre Iván Costa, membro da Orquesta Son de Seu, Taghaitai,
Trobasons. Organoloxía do instrumento. A zanfona na Historia da Música. Repertorio
antigo. Recursos sonoros do instrumento. A zanfona contemporánea. Repertorio
moderno. Posibilidades interpretativas do instrumento. A zanfona en Europa.
Repertorio foraneo. Días 16, 26 e 30 de Abril.

Gaita toque pechado
Impartidas polo mestre Miguel Fraguas, membro da Orquestra Son de Seu, Banda
Baile Asalto, Lajhareu, Trobasons. Técnicas do toque pechado, exercizos de articulación,
repertorio do Mestre Ricardo Portela. O semipechado coma linguaxe, anación,
ornamentación e recursos a traballar. Días 19 e 26 de Abril, e 14 e 21 de Maio.

Bouzuki e cordas
Impartidas polo mestre Samuel Souto Macia integrante da Orquesta Son de Seu,
Banda Baile Asalto, Ardentía entre outros. A este obradoiro poden asistir todos os
músicos de diferentes instrumentos de corda, guitarra, bouzuki, mandolina etc.
Patrons ritmicos, introducción a harmonía folk, Punteo. 28 de Maio, 4 e 11 de Xuño.

Técnica vocal
Impartidas pola Mestra Lola Fernandez, compoñente de grupos coma, Taghaitai,
Lajhareu ou Trobasons entre outros. Técnica Vocal, exercizos harmónicos, repertorio
tradicional e Polifonías. 25 de Xuño ao 2, 9 e 16 de Xullo.

Baile tradicional. Coma un valse
Impartidas polo Mestre Miguel Mariño, integrante de Grupos como Polavila entre
outros. Primeiros pasos, postura corporal, diferentes tecnicas no baile, análise dunha
recollida, montaxe dun par de bailes. Días 28 de Xuño e 5, 12 e 19 de Xullo.

Percusión peninsular
Impartidas polo Mestre Franc Gorriz, compoñente de grupos coma Banda Baile Asalto,
Trobasons ou excompoñente de Coetus. Técnicas de Pandeiro Cadrado, arranxo
percutivo, montaxe emsamble de percusións, toca na casa, almeriz, tixola, culleres. Os
días 7 de Maio e 18 de Xuño.

+ info:
polavila.ac@facebook.com
anamoledocorrea@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-04-2013 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Mouriscados (Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2013 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Angudes (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2013 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
Un ano máis xúntase a xente beiladora e tocadora da redonda de Tordoia para pasar unha noite ben adevertida, xa saberedes que máis festeir@s e rumbantes nos hai!!

A organización corre da man da Asociación Cultural Brisas do Quenllo da Pontraga, pero precisamos colaboración pois, tal como o palleiro non se fai sen palla, a festa non se fai sen xente festeira.
Queremos, logo, contar con todas e todos vós para facer, entre tod@s, unha festa do melloriño. Vide bailar, cantar, tocar, beberlle un algo ou "parmar" un pouco.

O 13 de abril(a partir das 21:30) é o dia grande da festa, na Pontepedra, mesmo no corazón de Tordoia, na Sala Calviño, ó abrigo, non vaia ser que nos colla a auga por sorpresa.


*Haberá sitio onde durmir.
**Para máis info neste correo mirmamente: brisasdoquenllo@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2013 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Video promoción Ruada Cabaleiros 2013
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 12-04-2013 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Virandeira presenta disco en Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Intertasca e cantos de taberna en Caión (Laracha)

INTERTASCA
FOLIADAS E CANTOS DE TABERNA NAS TASCAS DE CAION

Domingo 17 de Abril 2013 en Caion, concello da Laracha, A Coruña


12.45 a 14.00 OBRADOIROS de Gaita, Baile, Cantos de Taberna, Percusion, Acordeon diatónico e cromatico. A cargo da comunidade docente da Escola de Musica e baile tradicional XURDE

Serxio Nunez Martinez. Gaita, Cantos de Taberna e Percusion

Alex Fente Balsa. Acordeon cromatico

Alberte Nunez Martinez. Acordeon diatonico

Brni Frecha Arufe. Baile

16.00 PROCESION INTERTASQUEIRA cantando, tocan e bailando polas tascas de Caion e cos grupos

TRIALLE DO AIRE

OS CALIVERAS DE CAION
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2013 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc en Vedra
Na XXXIII Exaltación do Viño da Ulla (Vedra)

Domingo 14 de Abril 2013 en Sarandón (Vedra)ás 18:00

- O Sonoro Maxín
- Ulträqäns
- A Requinta da laxeira
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-04-2013 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
3 Estralos en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Os Minhotos no Pacior (Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Nao en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Nao en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina e Familia Caamagno en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Cinema silencioso con música ao vivo en Pontevedra
NOTICIARIO FOLK 1932
CINEMA SILENCIOSO CON MÚSICA AO VIVO


aCentral Folque presenta a reestrea do Noticiero Folk nº1 (1932) da compañía cinematográfica Folk de Pontevedra nunha velada no Teatro Principal de PonteVedra onde a proxección do filme resgatado recentemente dos realizadores Enrique e Ramón Barreiro será apresentada ao público no mesmo espazo no que fora estreada hai 81 anos. A proxección será acompañada pola música ao vivo composta expresamente para ocasión por Comisa Bal, duo de violino-trompeta e acordeón integrado por Gutier Álvarez e Javier Sexto.

Completa a programación a proxección de A proposito de Nice (1930) de Jean Vigo na que as imaxes contarán com a adaptación de Carlos Quintá (acordeón diatónico) dunha partitura creada expresamente para o filme por Marc Perrone.

Sábado 13 de abril. 21 h. Entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 1º aniversario Gzmusica.com en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Compostela do Festival Antrospinos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Galegote 2013 en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-04-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Concurso de Música Tradiconal Xiradela (Arteixo)
XIV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA 2013

O concurso celebrarase o día 14 de abril no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.


Contarase con dúas sesións:
Ás 11:30 da mañá para as categorías A e C
Ás 17:00 da tarde para as categorías B e D



CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

1. “Escola de Pandeireta do CEIP do Hío: Cantar, Jota, ribeirana e dous pasos de Toutón (Mondariz)
2. “Cantaruxeiros” da AC Donaire: Mazurca de Corcoesto e Muiñeira de Requesende (Corcoesto e Golmar – Cabana de Bergantiños e A Laracha)
3. “Morazón” da AMDT Queiroa: Muiñeira e pasodoble de Barro de Arén (Cerdedo)
4. “Laretas” da ACF Tarambainas: Jota e ribeirana de Sabaxáns (Mondariz
5. “Artabria” do Grupo de Bailes Populares IAR: Jota e muiñeira de Pigarzos (A Lama)
6. “Tarabeliños” da AC Donaire: Canto de arrieiro, pasodoble e punteada de Reparada (Salto – Vimianzo)
7. “A” de Soalleira – Dorrón: Xota e muiñeira de Barro de Arén (Cerdedo)
8. “Garatuxiñas”: Cantar e pasodoble de Santa Sabiña, Muiñeira de Nétoma (Santa Comba)
9. “Quintán” da ANPA do CEIP Mondego: Jota e Ribeirana de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
10. “Vagalume” da AC Donaire: Pasodoble e Muiñeira de Bardáns (Tordoia)

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

1. “Flor de Mouriscados”: Canto de agradecento, xota e muiñeira de San Xoan de Mouriscados (Mondariz)
2. “Rebuldeiras” da AC Donaire: Canto, mazurca e jota de Negreira de Vilamaior (Santa Comba)
3. “Lanzalía” da AC O Castro: Ruada de Beariz (Beariz)
4. AC Seixebra: Jota, muiñeira e agarrado de Lira (Salvaterra de Miño)
5. “Fervellasverzas”: Cantar de Río Frío, Mazurca de Queimadelos e Jota de Gargamala (Mondariz)
6. “Grupo A” da AC Rosalía de Castro de Cacheiras: Rondas, Jota e muiñeira de Mangoeiro (Avión)
7. “Meniñas” da ACF Tarambainas: Canto, Jota e Muliñeira de Candín (Candín)
8. “Grupo B” da EM Cantigas e Agarimos: Valse, Muiñeira e Xota de Abotal (Mondariz)

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

1. “As Ferriñas Bravas” da ACF O Fiadeiro: Serán en Pazos de Borbén (Pazos de Borbén)
2. “Areliñas” da SR Calo: Maneo, Muiñeira e Pasodoble de San Román (A Laracha)
3. “Pedresqueira” da AC Adro de Baio: Cantareas de Berdillo (Carballo)
4. “Asociación Xirandaina”: Canto, muiñeira e jota de Toutón (Mondariz)
5. “A” de Soalleira-Dorrón: Serán de Pazos (Pazos de Borbén)
6. “Lina e Lola” do Morrazo: Canto e agarrado de Suertes e jota e moliñeira de Pereda de Ancares (Candín)
7. “Grupo B” da AC Rosalía de Castro de Cacheiras: Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
8. “Titiriteiras” da ACF Tarambainas: Canto, Jota e ribeirana da Ermida (Pazos de Borbén)
9. “Pipiriteiras” da AC Donaire: Jota, muiñeira e rumba de San Salvador de Padreiro (Santa Comba)
10. “Cirro” da AMDT Queiroa: Serán en Traspielas (Fornelos de Montes)


CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

1. “Névedas” da AC Arume de Verdillo: Pandeiretada de Brandoñas (Anxeriz, Tordoia)
2. AC Seixebra: jota e ribeirana de Freaza (Fornelos de Montes)
3. Pandereteiras da AC Rosalía de Castro de Cacheiras: Ronda da Mezquita, jota de Bande e Muiñeira de Vilaseca (Trasmirás)
4. “Grupo A” da EM Cantigas e Agarimos: Canto, Xota, muiñeira e pasodoble de San Salvador (Santa Comba)
5. “Lilaina” da AC O Castro: Serán de Seixedos (Covelo)
6. “Barallocas” da AC O Amanexo: Danza, Jota e Muiñeira de Fetós (San Mamede-Carnota)
7. “Aldomir” Asociación Cultural “A Mamoa” de Luou: Jota e Muiñeira de Liñares (Avión)
8. “Feiticeiras”: Jota, ribeirana e dos pasos de As Cortellas (Ponteareas)
9. “Farraxeira” da Agrupación Folclórica San Lourenzo de Agualada: Pandeiretada de San Martiño de Meanos (Zas)
10. “Lagharteiras”: Canto, Pateado e regueifa de Abelleira (Muros)
11. “Trébede”: Xota e muiñeira de Vilanova de Tenorio (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Acadacanto en Ferrol
aCadaCanto é póquer formado por Xabier Díaz -produtor e actual cantante de Berrogüetto-, Guillerme Fernández –guitarrista de Berrogüetto e Espido-, Xosé Lois Romero -reputado acordeonista e percusionista, fundador do selo Músicas de Salitre xunto a Xabier Díaz-, e Guadi Galego –unha das mejores voces de Galicia e anterior cantante de Berrogüetto e Nordestin@s-.

Este xoves 11 de abril ás 21h aCadaCanto visita Noites na Capela no Torrente Ballester.

Entradas dispoñibles en http://www.ferrol.es/axendacultural

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2013 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Pandeiromus en Compostela
O Pub Ultramarinos acolle hoxe ás 22.30 h. o espectáculo de Pandeiromus.

Pandeiromus é un grupo de música tradicional nacido en Santiago no ano 1992. Composto nas súas diferentes etapas por un grupo de 3 a 7 membros, adicados á investigación e interpretación de música galega de tradición oral, tentando recoller o repertorio masculino existente.

Coa experiencia de case 20 anos participando en foliadas, seráns, festas e festivais, Pandeiromus propón neste novo espectáculo un repertorio exclusivo para baile tradicional galego chamado “Pica na Pedra”. Muñeiras, jotas, maneos, valses, pasodobles, mazurcas, interpretados con pandeiretas, cunchas, latas, sachos, tambores, bombos, gaitas, ou acordeón … Estes son os ritmos que se propoñen neste espectáculo que ten por obxecto que os pés do espectador piquen na pedra do chan.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2013 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Primordiais, Roda que roda
Primordiais, Roda que roda
Gravado ao vivo en Agosto de 2012 no Muiño de Salcedo (Pontevedra)
Marcelo do Bode. Voz
Luís Martínez. Harpa


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-04-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Video do 97 con Os Carunchos e Anamoura
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-04-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Episodio 3 de GZmúsica TV
O Episodio 3 de GZmúsica TV emitiuse o venres 29 de marzo ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse da folkoteca galega, ollamos como foi o concerto de presentación do Tributo aos Zënzar e entrevistamos a dúas integrantes de Sacha na Horta. Ollamos tamén un vídeo d@s propi@s Sacha na Horta, Busco amante galego-falante e outro dos Ruxe Ruxe, Rock do país.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-04-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Episodio 2 de GZmúsica TV
O Episodio 2 de GZmúsica TV emitiuse o venres 22 de marzo ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse da Caravana de Emerxencias, con entrevista a parte dos Chotokoeu e Skarnivals, tratamos o novo disco dos Heredeiros da Crus e do Festival Reperkusión 2013. Ollamos tamén un vídeo dos Guezos e outro de Medomedá e Deví.



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-04-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Novo videoclip de Nao
Nao-Heroes da Resistencia

Tema extraído do álbum Cancións de Amor e Liberdade 2013.
Gravado nos Estudios Mafia (Carballiño) por Óscar Fernández (Chichi) e producido por Raúl Muradás.
Videclip a cargo da productora Ziwa en febreiro de 2013 nos Concellos Forcarei e Ribeira.


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-04-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Peneireiros da ría de Vigo contra Triquilleiros de Santiago


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 10-04-2013 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Gala na Coruña a favor da Asociación Parkinson Galicia
Hoxe martes actuación benéfica para Asociación de Parkinson (con Carlos Blanco, Sés e Xabier Diaz)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2013 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros folk, entre a escolla e a extinción

Os festivais de música celta e popular na Galiza teñen que se decantar por dirixirse a un público minoritario ou reformular a súa condición


Imaxinan unha horda de gaiteir@s invadindo un festival de música techno do tipo de Monegros? Que dirían @s amantes da electrónica vendo o seu 'ecosistema' defenestrado por uns viles usurpadores? Malia o surrealismo desta imaxe a situación vólvese real en termos inversos.

O festival de Ortigueira, un dos máis concorridos de Europa de entre os que renden homenaxe á música tradicional das distintas nacións celtas, tivo de asumir duras medidas para cortar a marea de asistentes alleos ao mundo folk. En ocasións, chegáronse a superar os 100.000, cifra desorbitada para unha pequena vila mariñeira de arredor de 6.500 habitantes. Na pasada edición, decidiuse facer fronte as múltiples carpas de música electrónica que ateigaban as inmediacións da famosa praia de Morouzos, habilitadas como zona de acampada, por permaneceren abertas as 24 horas dos catro días que dura o festival.


Deste xeito, a 28º edición do festival estableceu fortes controis policiais nos accesos ao cámping. Tal e como relata o seu coordinador Alberto Balboa,“a idea era impedir a entrada ás grandes estruturas, tanto destinadas á música como a venda ambulante”, malia recoñecer que “así tamén se prexudicaron pequenos comerciantes” coma os habituais artesáns. “O problema non é que a xente se busque a vida, senón que se estaba a perder a esencia tradicional do encontro por mor dunha xente desvinculada co ambiente, que o único que busca é a troula”, lamenta. Para a organización está claro: é preferible un público reducido e especializado que un masivo mais desinteresado no movemento folky.

Con todo, outras eivas minaron a proxección e o nome dun encontro que, en tempos, puidera presumir de botarlle un pulso ao Lorient da Bretaña. Unha das máis rechamantes, a baixada de calidade musical, con apostas mediocres coma o caso dos Celtas Cortos. “Esta elección fíxose para facer un aceno á nosa vila, Ortigueira sempre apostou polos conxuntos estranxeiros que foran difíciles de ver noutros certames; non imos gastar os cartos en traer grupos da Galiza que se subiron á parra cuns prezos excesivos”, defende Balboa. Co cartaz a piques de se pechar, o coordinador recoñece, no entanto, que haberá presenza galega na vindeira edición, inda que se reducirá a dúas bandas da terra ao longo das catro quendas de concertos.

Paraísos selectos, máis aló da música ao vivo
Malia Ortigueira ser o festival de música folk máis antigo do país, o que conta con máis edicións ao lombo é o de Pardiñas en Guitiriz, sendo que o primeiro tivera de se interromper cinco anos nos noventa por desordes públicos. Non entanto, tal e como explica Alfonso Branco, coordinador da asociación cultural Xermolos, promotora do encontro, “Pardiñas procura, alén da música ao vivo, achegar unha vertente pedagóxica, ofrecendo unha plataforma para compartir a creación das artes ”.


Así, aos concertos, súmanse unha mostra de instrumentos tradicionais de man da Asociación de Gaiteiros Galegos, obradoiros de música e danza tradicional e mesmo un escenario destinado aos músicos espontáneos. Segundo Alfonso Branco, este festival que data do ano 1987, foi concibido en plena Transición como forma de “reivindicación das festas e romaxes de sempre, e en definitiva, da cultura propia fronte outras músicas invasoras promovidas dende o poder”. “A clave para protexer esta autenticidade é o mantemento dun público selecto e fiel que permite establecer unha estreita convivencia entre os músicos asistentes”, explica o organizador dun encontro que mesmo chamou a atención das universidades en materia de investigación.

Outro dos máis veteranos é a cita musical, cultural e histórica de Moeche na comarca de Ferrol. Amais da música en directo, un dos seus atractivos é a representación do asalto ao castelo que, no século século XV protagonizaran os Irmandiños contra o señor de Andrade.

Tirando cara a costa, a fabulosa zona do Hío en Cangas do Morrazo, acolle dende hai 14 anos o Festa Folc na praia de Vilariño. Impulsado pola asociación cultural O Gato, o encontro ten por finalidade “xuntar as novas e as vellas xeracións co espírito dos tempos pasados”, en palabras do seu presidente Roberto González, no marco dunha semana cultural absolutamente autoxestionada. “A nosa premisa é que o 95% dos grupos sexan galegos e que canten en galego, porque tamén queremos aproveitar para defender a nosa lingua”, manifesta Daniel Lavesedo, membro da asociación. Canto ao público, o cangués recoñece que “é preferible unha asistenicia moderada”. “Para celebrar o noso décimo aniversario, trouxemos grupos como Berrogüeto que lograron arrastrar case 10.000 persoas; ficamos desbordados pola masificación, tanto pola falta de espazo coma en relación ao traballo da asociación ”, explica.


Tamén o Manguelo Folk naceu do traballo dun reducido grupo de veciñ@s da parroquia de Orazo, na Estrada. A piques de cumprir o seu décimo aniversario, a asociación impulsora Coto Manguelo tivo de prescindir pagar aos músicos para manter vivo o certame ante a falta de apoio institucional. “As subvencións do concello poucas veces son destinadas a asuntos culturais, no entanto, hai que se quedar cos logros conseguidos; é un hito que unha aldea de 400 veciños conseguira traer conxuntos tan potentes” coma Quempallou ou Sacha na Horta, comenta o seu antigo presidente Luis Rando.
Alén das estritas fronteiras políticas do país, nas fermosas paisaxes dos Ancares leoneses, celébrase en dúas edicións anuais, coincidentes co magosto e a noite de San Xoán, os encontros de música folk de Balboa. Nunhas pallozas, a cita do outono, e a carón das ruínas dun torreón de pedra, a do segundo solsticio do ano, os encontros combinan os concertos coa interpretación dos espontáneos, nunha cerimonia que consegue facer viaxar no tempo aos seus asistentes.
Por todo isto, as asociacións e institucións organizadoras deberían de reformularse os seus obxectivos prioritarios: Ou ben poñer por diante o beneficio económico, prevalecendo a lóxica de canta máis xente mellor, ou tentar de salvagardar ese espírito diferenciador fronte as modas maioritarias que tentan colonizar espazos que por cultura e historia non lles pertencen

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2013 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Comea a semana

Segunda feira 8 (Luns)

Terza feira 9 (Martes)
• Proxecto Sapoconcho na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Corta feira 10 (Mércores)

Quinta feira 11 (Xoves)
• Acadacanto no C.C Torrente Ballester de Ferrol
• Galegote Rock na sala Karma (Pontevedra)

Sexta feira 12 (Venres)
• Nao no Pub Gatos Melide
• Terbutalina, Martelo e Foxy Freire na sala Karma (Pontevedra)

Sábado 13
• Virandeira Folk no Auditorio do C. C. Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30
• Festa 1º Aniversario GZmúsica: Zënzar, O Sonoro Maxín no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Nao no Torreiro da Festa (Vigo)
• Terbutalina e Familia Caamagno na Fábrica de Chocolate(Vigo)
• Ataque Escampe e Fervellasverzas na sala Karma (Pontevedra)
• Serán de Mouriscados (Mondariz)
• Serán na Biblioteca de Freixo (Vigo)
• Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
• Serán de Angudes (Crecente)

Domingo 14
• XIV Concurso de Música Tradicional (Arteixo)
• Tres Estralos no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2013 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Rock en galego? ao vivo no Galegote de Pontevedra

Só para bandas en galego. Esa é unha das características do Galegote Rok que comeza hoxe día 5 coa festa de presentación organizada polo Concello de Pontevedra. O neno Elliot e Os amigos dos músicos abrirán o cartaz do festival na sala Karma.

Que o rock en galego está batendo abonda só con ver as propostas que se fan oco nun panorama musical con grandes problemas de distribución e no que as bandas que cantan na nosa lingua teñen serias dificultades para atopar salas de calidade onde atoparse co seu público. En Pontevedra, animado pola Concellería de Normalización Lingüística, bota a andar hoxe día 5 o Galegote Rock, un festival que ten como un dos seu principios programar aos grupos que empregan a nosa lingua para o rock.

A festa de presentación será o venres 5 de abril na Sala Karma con O neno Elliot e Os amigos dos músicos e os concertos que compoñen o cartaz desenvolveranse o xoves 11, o venres 12 e o sábado 13. Para o xoves, Pequeno Karma, Roger de Flor e O Marqués das Vinñas ofrecerán un concerto de balde na sala Karma. O día seguinte, venres, Terbutalina, Martelo e Foxy Freire compartirán escenario antes de que na seguinte xornada, o sábado 13, Ataque Escampe e Fervellasverzas poñan fin ao programa do Galegote Rock. Os prezos son baixos tamén para promover a difusión dos grupos de rock galego e así, o abono para a festa de presentación e os concertos é de 12 euros, 8 só para os concertos e 6 o abono por día. A venda anticipada de entradas realizase en La Casa Winchester, Rei Zentolo, Pequeño Karma e www.entradasgo.com ou www.ticketea.com

A Concellaría de Normalización Lingüística, que dirixeo nacionalista Demetrio Gómez quere con esta iniciativa "achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais de ámbito local que cantan na nosa lingua".

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Pelepau en Tui
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Nao na Illa de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2013 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer