Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerto da Banda Crebinsky na Casa das Crechas
Será unha versión reducida da Banda xurdida do filme ‘Os Crebinsky’, que presentará o seu disco ‘Jet lag’.

Este martes 23 o pub As Crechas, de Santiago de Compostela, acolle un concerto da versión reducida da Banda Crebinsky (Crebinsky 5), unha pequena orquestra popular fuxida do filme ‘Os Crebinsky’, dirixido polo tamén músico Enrique Otero.


As súas músicas naceron como banda sonora e, dado o seu éxito, convertéronse nunha banda estable que percorre rúas e escenarios. "É Unha historia ben interesante. Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificuldades", apuntan desde As Crechas. En todo caso a súa pode ser a "música popular dun país inexistente".

Ampla bagaxe musical

Os integrantes da Banda Crebinsky teñen unha ampla bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das súas experiencias e estilos persoais, desde o folk ao jazz, rock, musica clásica ou experimental. Outro dos aspectos nos que se reflicte a diversidade que caracteriza a este proxecto son as linguas das letras dos seus temas: galego, ruso, castelán, francés e italiano.

Os compoñentes de Crebinsky son Pablo Pérez (composicións e contrabaixo), Vadin Yukhnévich (voz e baián), Fernando Abreu (clarinete e voz), Enrique Otero ( teclados e voz), Carlos Castro (marimba e percusións), Pablo Rega (guitarra e voz), Xacobe Lamas (violín) e Miguel Queixas (batería).


www.galiciaconfidencial.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2013 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 22 (Luns)

Terza feira 23 (Martes)
• Banda Crebinsky na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Corta feira 24 (Mércores)
• Tributo a Zeca Afonso no teatro Municipal de Tui ás 21:00
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Quinta feira 25 (Xoves)
• Roi Casal nas Festas de San Marcos de Noia
• Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal (Compostela)
• Sérgio Tannus na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
• García MC no Avante (Compostela)

Sexta feira 26 (Venres)
• Xistra no Furancho da Balsa (Vigo)
• Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal (Ourense)
• Cantos de Taberna en Pontevedra
• Foliada no Racimo (Vigo)
• Foliada en Couso (A Estrada)
• Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 27
• Festival infantil de música e baile tradicional na A. V. Cabeiro (Redondela) ás 18:00
• Guezos no Garufa (A Coruña)
• Habelas Hainas e Foliada no Avante (Compostela)
• Concerto solidario por un Sahara libre (Silleda): Ruxe Ruxe, Zenzar, Tiro na Testa, Skarmento e Kambotes
• II Festa da Sementeira (Matamá-Vigo): A Gaita Compaña, Cuchufellos
• Festa da pandeireta (As Encrobas - Cerceda)
• Aña Urbana 2013 (Pontevedra)
• Serán de Guillade (Ponteareas)
• Ruada no casino do Seixido (A Lama)
• VII Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás)
• IX Foliada de Melide: Vaamonde, Lamas & Romero e Pelepau
• Serán no C.C. Alba de Torneiros (O Porriño)

Domingo 28
• II Festa da Sementeira (Matamá-Vigo)
• IX Foliada de Melide: Sés
• Orfeón Mariñeiro do Berbés no Auditorio C.C Novacaixagalicia de Vigo ás 19:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2013 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada


O Centro Cultural A Ponte Vella de Pontevea, no veciño municipio coruñés de Teo, foi o gran triunfador no IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada -organizado por Tequexetéldere co apoio do Concello e da Fundación Cultural da Estrada- ao lograr 5 dos 14 premios que se disputaban no certame.

De feito, os distintos grupos de baile cos que concorreu ás 4 categorías establecidas -A para bailaríns de até 10 anos, B para os de entre 10 e 12 anos, C para os de 12 a 16 anos e D para os de máis de 16 anos- coparon un primeiro premio, un segundo e un terceiro así como os dous accésits por vestiario e acompañamento establecidos para as categorías A e B.

En concreto, o grupo A Telleira do Centro Cultural A Telleira logrou o primeiro premio da categoría A pola súa interpretación da Muiñeira de Forcarei. A prata foi para a Asociación Airiños de San Xulián, de Marín, que bailaron a Xota da Fonsagrada. En terceira posición clasificouse o grupo C da Escola de Muñeira Cantigas e Agarimos, de Santiago, pola súa Xota e Muñeira de Vilamaior.

Unha bailarina cega

Cabe destacar que nesta categoría competiu por segundo ano consecutivo unha nena cega co grupo Pícaros da Asociación Cultural Donaire da Coruña. O xurado e os expertos en baile que sabían que participaba esta bailarina cega sorprendéronse gratamente polo seu bo facer e pola súa integración no grupo propiciada polos seus compañeiros.

Na categoría B, proclamouse vencedor absoluto o grupo B da Asociación Cultural Armadanzas de Laraño co seu Canto e Xota de Baroña. En segundo lugar clasificouse O Muiño dá Retorta do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo coa Muiñeira de Barro de Arén. O bronce foi para Sete Ferreñas da Asociación Vai de Roda de Rianxo pola súa interpretación da Xota en Lordelo.

O primeiro clasificado na categoría A -A Telleira da Ponte Vella de Teo- gañou, así mesmo, o accésit por mellor grupo de acompañamento musical dos niveis A e B. O segundo na categoría B -O Muiño da Retorta da Ponte Vella de Teo- logrou o accésit por mellor vestiario das categorías A e B.

Xa no nivel C, venceu Nove Ferreñas da Asociación Vai de Roda de Rianxo pola súa interpretación da Romaría na Barcala. En segundo lugar clasificouse a Asociación Cultural Seixebra de Moraña, coa Muiñeira e Maneo de Bardáns. O bronce foi para Tras do Eo do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, que interpretou Pola Vila de Vilaver.

Na categoría D, proclamouse campioa a Asociación Cultural Nós de Sobradelo interpretando a Xota e Muiñeira de Valo. En segundo posto quedou a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo co seu Muiñeira das Pozacas. A Asociación Cultural Airiños de San Xulián de Marín logrou clasificarse terceira coa súa interpretación da Xota e Muñeira de Trazo.

Pola súa banda, a Asociación Cultural Mar de Arousa -que bailou Muiñeira e Xota de Anxeriz- logrou o accésit de mellor vestiario dos niveis C e D en tanto que A Burga do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo lograba o accésit ao mellor corpo de acompañamento musical.

O IX Concurso Tequexetéldere desenvolveuse cun gran éxito de participación de grupos e público. Un total de 31 agrupacións de baile e música tradicional de toda Galicia déronse cita no evento que, precisamente por este poder de convocatoria, tivo cambiar o Teatro Principal pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. O recinto feiral reuniu pola mañá a máis de 500 persoas, maioritariamente pais e familiares dos nenos que competían nas categorías A e B. Xa pola tarde tamén se rozou o medio milleiro de espectadores, ávidos por gozar do saber facer dos bailadores dos niveis C e D.

O grupo anfitrión, o estradense Tequexetéldere, bailou fóra de concurso. O seu grupo D bailou a Muñeira de Cordeiro (Valga) e o C, a Muñeira de Grixoa (Vimianzo) pola mañá, momento no que os gaiteiros da formación tamén interpretaron Chegaches Lola. Xa pola tarde, Tequexetéldere interpretou Ruada de Rodís (Cerceda) e Xota e Moliñeira de Ancares. Os seus pandereteiras interpretaron a Xota e Muñeira de Grixoa.

Integraban o xurado a exbailadora de Xacarandaina (A Coruña) Chus Uzal; o ex director de Cantigas e Agarimos e de Fortín da Pomba de Bandeira, Carlos Xosé Vidal; e o integrante do grupo de baile Colexiata do Sar de Santiago, Carlos Pardo.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2013 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do concurso – selección para o “Trofeo Maccrimmon” 2013
Resultado do concurso – selección para o “Trofeo Maccrimmon” 2013 celebrado o domingo 21 de Abril:
1º Xesús Rodriguez Callejón.
2º Jesús Sánchez Ascariz.
3º Ismael García del Río.
4º Lois Prado Fernández.

NORABOA A TODOS!!!

Gracias a tódolos concursantes polo voso traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2013 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XIV Concurso de Música Tradicional da A.X.Xiradela
Resultados do XIV Concurso de Música Tradicional da A.X.Xiradela celebrado este pasado domingo 14 de abril en Arteixo.

CATEGORÍA A

1º PREMIO : "QUINTÁN" da A.N.P.A. do C.E.I.P. Mondego
2º PREMIO : "TARABELIÑOS" da A.C. Donaire
3º PREMIO : "LARETAS" da A.C.F. Tarambainas

Premio ó millor vestiario : "LARETAS" da A.C.F. Tarambainas

CATEGORÍA B

1º PREMIO : "PEDRESQUEIRA" da A.C. Adro de Baio
2º PREMIO : "TITIRITEIRAS" da A.C.F. Tarambainas
3º PREMIO : "GRUPO B" da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras

Premio ó millor vestiario: "TITIRITEIRAS" da A.C.F. Tarambainas

CATEGORÍA C

1º PREMIO : "LANZALÍA" da A.C. O Castro
2º PREMIO : "MENIÑAS" da A.C.F. Tarambainas
3º PREMIO : "GRUPO C" da E.M. Cantigas e Agarimos

Premio ó millor vestiario: "MENIÑAS" da A.C.F. Tarambainas

CATEGORÍA D

1º PREMIO : "LILAINA" da A.C. O Castro
2º PREMIO : "LAGHARTEIRAS" da A.C.F. As Lagharteiras
3º PREMIO : "TRÉBEDE"

Premio ó millor vestiario: "GRUPO A" da E.M. Cantigas e Agarimos
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-04-2013 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Matemática danzada

FINALIDADE DA FORMACIÓN
Achegar ferramentas e estratexias no ámbito da danza tradicional, danza creativa, expresión dramática e rítmica para que o profesorado consiga que os cativos, desde cedo, aprendan a gozar coas matemáticas.

PÚBLICO Ó QUE VAI DIRIXIDO
Formación destinada a profesores de 1º e 2º ciclo de Primaria, público interesado na danza, nas matemáticas e na didáctica.

OBXECTIVOS
- Resolver problemas de forma imaxinativa e creativa, evitando a frustración.
- Apoiar as operacións lóxicas elementais non só na linguaxe gráfica senón tamén na linguaxe corporal.
- Desenvolver estratexias persoais e colectivas para solucionar problemas e asumir unha actitude crítica ante os resultados.

DURACIÓN: 10 horas

CANDO: Venres 10 de maio de 18 a 21 h, e sábado 11 de maio de 11 a 14 h e de 16 a 20h.

PREZO: 35 € por persoa.

NÚMERO DE PRAZAS: 25.

ONDE: Casa Común Marisa Mirás de Calo, Teo, A Coruña (no Local de Ensaio de Calo, primeiro andar). Para ver o mapa pincha aquí

INSCRICIÓN
Reserva a túa praza chamando ao 981 807 642 (de luns a venres, de 10:30 a 14h) ou en producions@merlobranco.com. O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.

MATERIAL A ENTREGAR Ó ALUMNADO
Manual con teoría e descrición de exercicios e danzas e vídeos coas gravacións das actividades realizadas durante a formación.
Se queres invitar aos teus amig@s a este evento pincha aquí

IMPARTE: Mercedes Prieto
Licenciouse en Santiago de Compostela en Química no ano 1995.
No ano 2005 licenciouse en Danza na Facultade de Motricidade Humana en Lisboa, onde colaborou na pos-graduación de Danza en contextos educativos e no Programa Peso.

Colaborou coa Facultade de Teatro e Cinema de Lisboa na formación dos docentes do programa extraescolar das escolas primarias.
Traballou na escola Superior de Educación de Beja como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de Infantil e Primaria na área da danza.

Foi directora e coordinadora pedagóxica na Associação PédeXumbo, asociación para a defensa e divulgación da música e danza tradicional.
Colabora co CEFORE na formación de profesores e realiza obradoiros de danza para todas as idades en diversos eventos e institucións.
Autora de dúas publicacións de danza Zampadanzas e Na punta do pé.

Coreógrafa e intérprete na peza Olladas da danza creada para o Museo do Pobo Galego.
Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.
Actualmente investiga a forma no eido da educación a través das Artes, en concreto na forma de ensinar as matemáticas bailando
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-04-2013 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas e danzas do mundo para bebés

FORMACIÓN
Nina-nana eì a palabra que se lle daì en Italia aos arrolos e cantigas de berce.
Desde que nacemos estamos predispostos e espertos para o coñecemento. Cando se cantan arrolos para adormecer ou calmar ó bebeì, esas melodías e sons, acompañados de movementos ritmados, que foron inventados hai moitas xeracións, son o primeiro contacto do bebeì coa música e a danza.

Nun dúo, cada bailarín ten que ser sensible ao movemento da súa parella. Ambos teñen que sentir seguridade e confianza, sendo conscientes un do outro. O mesmo acontece na relación nai/pai -bebeì. De forma natural ambos concentran a súa atención neste momento relacional, interactuando de forma maìis intuitiva e plena. A danza transforma o movemento, encheìndoo de expresión simbólica e emocional. Estamos así a promover a creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebeì, proporcionaìndolle unha identidade dentro da sociedade que o estaì acollendo.

A forma na que en Galicia adormecemos ós bebeìs diverxe da doutras culturas. Por exemplo, no Xapón dan palmadiñas nas costas e no Vietnam abanan suavemente as hamacas de rede. Nalgunhas tradicións africanas eì común abrazar e balancear fortemente, cun ritmo raìpido, para tranquilizar os bebeìs cando choran.

FINALIDADE DA FORMACIÓN
A nosa proposta consiste en facer un pequeno percorrido polas doces melodías que tranquilizan os nenos de diferentes culturas. Oír e cantar, facendo os movementos que nos relacionan co noso bebeì e cos outros bebeìs do mundo, que transmiten un amor infinito e que teñen como mellor alimento o afecto.

PÚBLICO Ó QUE VAI DIRIXIDO
Bebeìs de 0 a 8 meses, pais, nais e embarazadas.

OBXECTIVOS
Promover a creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebeì, proporcionaìndolle unha identidade dentro da sociedade que o estaì acollendo.

DURACIÓN: 1 hora

CANDO: Domingo 12 de maio, a escoller, de 11 a 19 h.

PREZO: 5 € por persoa.

ONDE: Casa Común Marisa Miraìs de Calo, Teo, A Coruña (no Local de Ensaio de Calo, primeiro andar). Para ver o mapa pincha aquí

INSCRICIÓN
Reserva a túa praza chamando ao 981 807 642 (de luns a venres, de 10:30 a 14h) ou en producions@merlobranco.com. O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.

EQUIPAMENTO
É importante levar roupa confortable, que non oprima o ventre e calcetíns ou medias con antiderrapante.
Se queres invitar aos teus amig@s a este evento pincha aquí

IMPARTE: Mercedes Prieto
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-04-2013 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso Son Rias Baixas
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2013 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 19 (Venres)
• Final do concurso de maquetas Millo Verde (Redondela)
• Milladoiro no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
• Sergio Tannus no Liceum (O Porriño)

Sábado 20
• Radio Cos no c.C. Agora (A Coruña)
• Guintervan en Lourido (Soutomaior)
• Nao na Sala Aturuxo (Bueu)
• Marta Quintana ás 23:00 no Hotel Bahía de Vigo
• Pandereteiras Os Muiños de Oliveira no Var con Uve de Moaña ás 22:30
• Guezos no Cachán Clube (Compostela)
• Aires do Deza no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
• Alboroque na AVV Nosa Terra de Pereiras (Mos)
• Festival Antrospinos Miudo (Rianxo): Os Tres Trebóns, Ultraqans, Familia Caamagno
• II Foliada Varacuncas (Santa Baia-Rodeiro)
• Serán na Casa cultural Santo Estebo de Cumiar (Ponteareas)
• Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
• Serán do Patrocinio (Rianxo)

Domingo 21
• Concurso-Selección de gaiteiros para o trofeo MacCrimmon do Festival Interceltique de Lorient no Auditorio de Ramallosa (Teo)
• IX Concurso de baile tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
• I Encontro de baile e música tradicional para escolas de adultos O Fiadeiro ás 18:00 na EOI (Vigo)
• Pradairo no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 19:30
• Zurrumalla no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2013 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento de D. Henrique Otero Covelo
Hoxe temos que lamentar a trsite perda de Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como a el mesmo lle gustaría que o lembrasen. Foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca.

Foi o mellor expoñente da tradición artística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Baixo o seu maxisterio foron recoñecidos por primeira vez os estudos oficiais de gaita galega polo MEC en 1977.

A concesión da Medalla Constantino Bellón e a gravación dun disco monográfico, foron un xusto recoñecemento a esta traxectoria tan intensa e fructífera para a cultura galega.

Dende a AGG lamentamos fondamente esta gran perda.

A capela ardente quedará instalada no Tanatorio Vigo Memorial a partir de hoxe venres, ás 17:30 horas.

O velorio sera na sala 1 e 2 do tanatorio Vigo memorial, a partires das 17:30. Misa e incineración, mañá as 17:00.

www.gaiteirosgalegos.com



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-04-2013 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Obradorio de pandeiros en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-04-2013 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Moxenas Musical Galego en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2013 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2013 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os Muiños de Oliveira en moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2013 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Xogos Musicais" no Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2013 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Galegos da Música

Como moit@s de vós xa saberedes, neste ano 2013, Músicos ao Vivo convocará por primeira vez os Premios Galegos da Música.


O obxectivo fundamental destes premios é dotar de visibilidade á realidade musical galega, e poñer en valor todo o potencial e creatividade que posúe este sector. Como anticipo, adiantamos que a convocatoria irá destinada a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo neste ano 2013. Entendemos por proxectos musicais galegos a grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia, ou realizados fora de Galicia, pero por músicos galeg@s. A inscrición para estar nominad@ aos Premios será libre e gratuíta.

Os premios corresponderanse con 11 Categorías: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile. Así mesmo, convocaremos un Premio Honorífico a toda a carreira, que se outorgará a unha figura dentro da Música Galega, cuxa traxectoria artística e profesional constitúa un referente para as futuras xeracións.

A través do proceso de votación “on line” e privado, @s soci@s de Músicos ao Vivo elixirán en primeira instancia aos 3 finalistas de cada categoría e, a continuación, nunha nova rolda de votacións, a@s 11 premiad@s.

A celebración da Gala e entrega de Premios será en Decembro de 2013, e pese ó longo treito que queda por andar, queremos dende a Xunta Directiva convidar a tódol@s soci@s a sentirse parte do proceso. Ademais das canles habituais de comunicación, propoñémonos establecer novas vías de comunicación e participación. Os Premios Galegos da Música son de tod@s nós, e de nós depende que sexa un éxito e unha excelente oportunidade para o noso sector. Participemos!!

www.musicosaovivo.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2013 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
"Repichoqueiros da Coruña" contra "Xestelos do Monte"


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 17-04-2013 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Os Rastreros
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 17-04-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Radio Cos na Coruña
RADIO COS PRESENTA "RADIO COS"

PRESENTACION A MEDIOS E AMIGOS
MARTES 16 DE ABRIL

20 HORAS
A REPICHOCA
Rua Orillamar, 13
A CORUÑA
--------------------------------------
RADIO COS EN CONCERTO
SABADO 20 DE ABRIL

21 HORAS
AUDITORIO "Centro Socio Cultural AGORA"
Rua Ronda de Outeiro, 296
A CORUÑA

A VENDA A PARTIR DO 16 DE ABRIL NAS MELLORES TENDAS E PLATAFORMAS DIXITAIS

Escoita o primeiro single "SETE CUNCAS" no SPOTIFY
Merca "SETE CUNCAS" no ITUNES
Escoita"SETE CUNCAS" no YOUTUBE

RADIO COS, uns pandeireteiros de sona que fixeron evoluír a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.

Vai para xa nove anos que RADIO COS leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de 24 estudos tonais para Gaita de fol (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 16-04-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Patrocinio (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-04-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada Varacuncas (Santa Baia-Rodeiro)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-04-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
IX Encontro internacional de zanfona (Rianxo)
IX ENCONTRO INTERNACIONAL DE ZANFONA

Zona da Zanfona 2013


En Rianxo é o IX Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, onde cada ano, aCentral Folque achega os mellores intérpretes e compositores para amosar a súa arte e impartir cursos prácticos para os especialistas deste instrumento milenario que está a rexurdir cunha forza consolidada nos últimos 10 anos e dos que este encontro é a cita máis importante do ano nesta periferia de Europa. O mestre convidado deste ano é o austríaco Matthias Loibner. Ademais deste recoñecido artísta ZdZ presenta o traballo ao redor do instrumento de Germán Díaz+Alejandro Vargas, o luthier César Loureiro Sobral e a rapsoda Sther Carrodeguas. Concertos, obradoiros, curso intensivo, sesión nas escolas,convivio, reflexión... todo isto é máis é a Zona da Zanfona.

PROGRAMA

xoves, 18 de abril

Sesión didáctica para Escolares
Rapsodiado: obradoiro para performers da palabra e da zanfona

venres, 19 de abril

Concerto ZdZ

sábado, 20 de abril

Curso ZdZ
Palco aberto

domingo, 21 de abril

Curso ZdZ
Lab ZdZ

Máis detalles, inscricións e info en: http://folque.com/produccion.php?txt=arbore_web97&txt_pai=arbore_web13
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Guintervan en Lourido (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Antrospinos Miudo 2013 (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-04-2013 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de maquetas Millo Verde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-04-2013 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Pradairo na Coruña

Pradairo leva ao Forum Metropolinato o mellor do folque actual o vindeiro día 21 de abril

Os dez integrantes do grupo de música tradicional Pradairo chegan á Coruña para interpretar os seus mellores temas e algúns inéditos. Será unha oportunidade única para gozar da mellor posta en escena destes artistas na que poder achegarnos a un sorprendente estilo para os nosos ritmos. Logo de actuaren o pasado día 5 no Luar e o 6 no Teatro Principal compostelán, o grupo chega con toda a enerxía á cidade herculina.

As voces, o acordeón, as gaitas, o saxofón, as percusións de man e a compoñente que só Pradairo sabe dar aos nosos temas tradicionais encherán as táboas do Forum Metropolitano o vindeiro día 21 de abril ás 19:30 do serán. As entradas poden mercarse xa desde 7 € a través deste link de Servinovahttp://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/otras-musicas/2229-concierto-de-pradairo.html

Este concerto non ofrecerá exclusivamente pezas do seu segundo traballo, 'Pateado', senón que consitirá nunha mestura dos seus mellores temas tanto dese disco coma do primeiro da formación 'Aliaxe', así como outros inéditos e forma parte da pequena xira que o grupo galego de música tradicional puxo en marcha a pasada semana cunha actución no Luar da TVG e outra no Teatro Principal de Compostela o pasado día 6.

Unha decena de talento

Pradairo nace no outono de 2006 co obxectivo de levar adiante un proxecto musical que achegase un valor engadido ao traballo de recollida de pezas tradicionais galegas das últimas décadas. Ao pouco de se constituír, en 2007, gaña o certame de música folque de Radio Obradoiro. Logo viñeron dous discos, 'Aliaxe', en 2008, e 'Pateado' en 2011. Ademais, participaron no concurso Loïc Raison de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient acadando a segunda posición.

Un total de dez cantareiras, cantareiros, gaiteiros, percusionistas e acordeonistas compoñen Pradairo. Persoas todas elas vencelladas á música tradicional galega durante máis de vinte anos, logran ofrecer un produto cultural fresco e actual sen perder de vista nosa música de raíz.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro de baile e música tradicional para escolas de adultos O Fiadeiro (Vigo)

I Encontro de baile e música tradicional para escolas de adultos O Fiadeiro. Celébrase na Escola Oficial de Idiomas o domingo 21 de abril ás 18 horas.

Actuarán:

- Pandereteiras Ghandainas da AVV Nosa Terra de Alcabre

- Grupo de gaitas Cans de Palleiro da SCDR Helios de Bembrive

- Escola de baile tradicional O Casco Vello da AVV do Casco Vello

- Escola de pandeireta Arroases da ACF O Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Zurrumalla en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Alboroque en Mos
Sábado 2O de abril ás 21:3O h.
Local Social “Os Castros”
AVV Nosa Terra de Pereiras (Mos)

Nace da inquedanza musical dalgúns d@s alumn@s da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo (e-Trad) cunha particular formación de instrumentos acústicos galegos. Este novo grupo de música folk agasalla a quen o escoite cun singular repertorio que vai do estilo máis tradicional ao contemporáneo, de pezas musicais de aquí e acolá e mesmo de creacións propias.

Arpa: Susana Vázquez
Requinta: Tere Rodríguez
Percusión: Marilú Campos
Zanfonas: Kiti Caldas, Helene Soret e Rebeca Carrera
Gaitas: Ana Pereira, Carlos Braz e Vero Bacelo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2013 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento de D. Emilio Corral
Esta pasada fin de semana finou D. Emilio Corral Vázquez aos 103 anos de idade. Este gaiteiro era toda unha institución no mundo do folclore e da música galega en xeral. Formou parte de agrupacións tan míticas e heteroxéneas como Cantigas da Terra, Aturuxo, Follas Novas ou a Banda Municipal da Coruña, entre outras moitas.

Foi un dos primeiros gaiteiros con formación musical, o que lle permitiu usar partituras nunha época na que a gaita apenas se consideraba un instrumento.

Gañador do Festival de LLangollen (Reino Unido) no ano 56 e no 86, en 1964 recibe o título de Gaiteiro Maior do Reino de Galiza pola RAG, e no 1968 A Medalla Marcial del Adalid...

Á súa incineración, que foi onte, acudiron numerosos amigos e amantes da música tradicional, onde fixeron soar a música da Muiñeira da Cabana, A Marcha do Antigo Reino de Galiza e o Alalá de Padrón.

Dende a AGG lamentamos fondamente esta gran perda.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2013 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
... e unha nova vida no mundo tradicional, parabéns!
Fiz, o fillo de Susana Seivane e Xesús Ferreiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2013 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana

Segunda feira 15 (Luns)

Terza feira 16 (Martes)
• Presentación de 24 estudos tonais para Gaita de fol (Vigo)
• Radio Cos na repichoca (A Coruña)

Corta feira 17 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Quinta feira 18 (Xoves)
• Moxenas Musical Galego no Teatro Vidal Bolaño da Universidade de Vigo ás 18:30
• Sés no C.C Torrente Ballester de Ferrol ás 21:00

Sexta feira 19 (Venres)
• Final do concurso de maquetas Millo Verde (Redondela)
• Milladoiro no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
• Sergio Tannus no Liceum (O Porriño)

Sábado 20
• Radio Cos no c.C. Agora (A Coruña)
• Guintervan en Lourido (Soutomaior)
• Nao na Sala Aturuxo (Bueu)
• Festival Antrospinos Miudo (Rianxo): Os Tres Trebóns, Ultraqans, Familia Caamagno
• II Foliada Varacuncas (Santa Baia-Rodeiro)
• Serán na Casa cultural Santo Estebo de Cumiar (Ponteareas)
• Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
• Serán do Patrocinio (Rianxo)

Domingo 21
• Concurso-Selección de gaiteiros para o trofeo MacCrimmon do Festival Interceltique de Lorient no Auditorio de Ramallosa (Teo)
• IX Concurso de baile tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
• Zurrumalla no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2013 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de baile tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2013 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer