Nos dias 5 e 6 de maio realiza-se o Curso de Técnicas de Gaita Galega con Dani Bellón un dos mellores executantes e profesores de gaita da actualidade.
Excelente oportunidade de aquisición de novos coñecementos e currículo didáctico.
Inscricións limitadas, pré-inscrición até ao dia 27 de abril para o e-mail: escolamtgcc@gmail.com
Local: Ginásio Clube de Corroios
Precio por participante, 50?. Aberto a todos os níveis!
Festival Antrospinos comprácese en comunicar a nova edición do concurso Teloneiros FAP 2012, unha oportunidade única para todos aqueles músicos que están a comezar a súa carreira artística e buscan un lugar no que promocionarse.
O Festival que se celebrará desta volta en Taragoña (Rianxo) os días 27 e 28 de xullo acollerá outro ano máis o escenario Carballo no que se darán cita na tarde do sábado, despois da Matraquillada, os concertos máis vibrantes, rompedores e enerxizantes, os interpretados polos dous grupos gañadores do concurso Teloneiros 2012!
Se es galeg@, tes un grupo de música ou es cantautor/a e desexas promocionarte, non o dubides, preséntate ao noso concurso enviando un correo-e ao enderezo festivalantrospinos@gmail.com co teu nome completo, nome do grupo, breve descrición do estilo musical e un vídeo para podermos ver a túa graza sobre o escenario.
Só con isto entrarás a formar parte dos concursantes de Teloneiros. Os dous grupos gañadores serán informados na segunda semana de xuño, poñéndonos en contacto con eles a través do mesmo correo-e.
O premio será formar parte do Escenario Carballo ademais do aboamento dunha cantidade por desprazamentos.
O concurso ponse en marcha a partir de hoxe, 18 de abril de 2012, e remata o 5 de xuño ás 00.00 h. A partir deste intre non se recollerán máis propostas.
Apúntate, estamos ansiosos por recibir as túas mostras de talento!
Saúde e festa,
Equipo FAP
Asociación Cultural Festival Antrospinos
Despois de tres anos de non parar, por cuarto ano consecutivo chega a sonada, a esperada...
Ruada de Cabaleiros (Ruada da Pontepedra para os mais localistas).
A organización corre da man da Asociación Cultural Brisas do Quenllo da Pontraga, pero precisamos colaboración pois, tal como o palleiro non se fai sen palla, a festa non se fai sen bos festeiros.
Queremos, logo, contar con todas e todos vós para facer, entre todos, unha festa do melloriño. Con cantador@s, tocador@s, beilador@s...
O 21 de abril é o dia grande da festa, na Pontepedra, mesmo no corazón de Tordoia, na Sala Calviño, ó abrigo, non vaia ser que nos colla a auga por sorpresa.
Déixate guiar pola xente máis veterana e achégate ata a festa, boa onde as haxa:
*Haberá sitio onde durmir
**Para +info: brisasdoquenllo@gmail.com
Asociación Cultural
Brisas do Quenllo
A Pontraga - Tordoia
?Volta a volta?, este é o tema para o 2012 na Zona da Zanfona, VIII Encontro Internacional, unha cita que tivo en Narón as súas primeiras edicións e que este ano desembarca en Rianxo entre o 20 e o 22 de abril para ofrecer as mellores maneiras sobre este "sintetizador medieval" nunha renovación do instrumento que en Galicia na última década está a experimentar unha progresión xeométrica en canto a número de afeizoados e calidade interpretrativa. Cos mestres convidados Patrick Bouffard e Gilles Chabenat desde Francia, esta é a cita máis importante do ano sobre a zanfona en todo o Estado.
PROGRAMA Día 1. Venres 20 abril
19 h ? 20 h Presentación pública do Encontro: ?A zanfona na rúa?
Intervención musical nunha praza con zanfonistas tocando espontáneamente
21.00 h - Concerto en palco
?Tour a Tour?. Gilles Chabenat+Patrick Bouffard
Día 2. Sábado 21 abril
10 h - 19.30h Curso de práctica instrumental con Gilles Chabenat e Patrick Bouffard
22 h - Palco aberto no cámping de Rianxo
Día 3. Domingo 22 abril
10.30 h-14.30 h: Curso con con Gilles Chabenat e Patrick Bouffard. Sesión matutina
20 de abril de 2012
22:00 h
Lugar: A Escondida, Espasante
Prezo: 5 ?
A música de Narf na Escondida de Espasante, condimentada cun "Guiso de verdiñas con bacallau e outros peixiños", receita de Marina Oural para este segundo petisco musical.
Tras varios anos de viaxes e experiencias de intercambio con artistas de países como Brasil, Mozambique, Reino Unido, Portugal, Cabo Verde ou Guiné Bissau, Fran Pérez ?Narf? foi construíndo un repertorio que, partindo do Galego, foise ampliando grazas ao intercambio con outros creadores deses países, xerando un pequeno ámbito de convivencia entre linguas que nalguDs casos comparten a mesma orixe, e noutros a mesma paixón pola palabra cantada.
Poemas e letras, que van dende os grandes poetas, coma o noso Castelao, ou o Mozambicano José Craveirinha, pasando polo portugués Luis de Camoes, ata outros autores contemporáneos como Xelís de Toro (Galiza), Johnny Lays ( UK), ou Sonia Sountuane (Mozambique) conforman o repertorio . Ademais doutras pezas escritas polo propio Narf en colaboración con artistas como Manecas Costa (Guiné-Bissau) .
Neste concerto, de formato intimista, escoitaremos por tanto, cantar en Galego, en Portugués, en linguas de orixe Bantú como Shangana ou Machopi, e tamén en Inglés escrito nalgún caso por galegos. Todas e cada unha das cancións que compoñen este repertorio teñen unha historia detrás relacionada ca viaxe, co encontro e ca ? Lingua Viaxeira? , incansable e curiosa. E todas, tamén, responden á forte identidade dun artista aventureiro pero cun estilo propio xa consolidado e moi persoal.
Fran Pérez ?Narf? participou en importantes festivais internacionais, como o Mercado Cultural de Salvador da Bahía, (Brasil), varias edicións do Festival D´Agosto en Maputo (Mozambique), WOMEX, London City Festival ( UK), BAFIM (Buenos Aires, Arxentina), Festival de Mindelo (Cabo Verde) ou Cantos na Maré en Pontevedra. Tamén presentou os seus concertos noutras cidades como São Paulo, Niteroi, Brighton, Varsovia, Newcastle, Barcelona, Lisboa, Ostersund, Katmandú ou Nova Delhi. Recentemente o disco ?Aló Irmao?, un traballo conxunto co Guineense Manecas Costa, acadou o nº 1 das listas da emisora RDP AFRICA, que emite para todos os países da Lusofonía.
XIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.
3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 22 de Abril de 2012 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 9 de Abril de 2012. Poderanse enviar tamén os seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es A folla de inscripción poderá descargarse dende a páxina web da asociación: www.xiradela.es
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.
13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 22 de Abril de 2012.
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 620 18 77 74 (tarde) / 650 14 56 08 (mañá)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Pancho Álvarez, unha figura singular do folk galego, formado na cidade, volve a ser actualidade co seu novo disco 'Sonche Atlántico' que saíu onte a venda e que ser presenta hoxe oficialmente en Santiago.
Pancho Álvarez ten, dende onte novo disco no mercado.Nace no Porriño e comeza a tocar a guitarra aos dez anos cos seus irmáns. Nos 80 forma parte de Na Lúa, agrupación na que estará 15 anos. Na seguinte década estrénase en Matto Congrio e no Grupo 3. En 1995 inicia a súa colaboración con Carlos Núñez, acompáñandoo nas súas xiras internacionais. En solitario ten 'Florencio, O cego dos Vilares' (1998) ; 'Nas cordas' (2001), 'Sólidos Galicianos' (2003) e este ano, 'Sonche Atlántico'. Do seu novo traballo, no que colaborou Suso de Toro e Antón Reixa, falou para este medio.
Hai quen ve neste disco a procura de novos camiños expresivos.
Xordíu con ánimo de compartir experiencias creativas no mundo da música. Fago un percorrido polo Atlántico: nesta beira e na outra, tentando sintetizar as referencias que me chegan e emulando o son galego para o transformar nalgo propio.
Mestura temas de autor con cantigas populares. Cal é o criterio de combinación?
Escollo ritmos e melodías galegas a partir das influencias atlánticas. Busco esa convivencia do son tradicional coa música do noso tempo, dosificando cada aportación.
América, a Europa celta... son pobos moi diferentes, que aportación común fai o Atlántico nestas terras?
En Galicia, dende a Idade de Bronce ata a época celta, o Atlántico tivo unha influencia moi marcada. No outro lado, a partir do Descubrimento, o movemento migratorio a través do océano que xerou os estilos musicais de onde xurdiron as músicas actuais.
Neste novo traballo en solitario, que queda do Pancho Álvarez de Na Lúa ou Matto Congrio, dous dos grupos máis singulares do panorama galego?
Xa levo bastantes anos co mesmo obxectivo, de reinterpretar a tradición coa linguaxe musical actual. Apréciase ao longo de toda a miña traxectoria. No futuro pode variar no seu grado, pero non na intención.
Este é o seu disco de madurez. Cre que coincide cunha idade de ouro do folc galego?
En Galicia cumprimos a maioría de idade na xestión dos recursos culturais, e en concreto na música. Os músicos galegos están en plena evolución e por distintos camiños.
Terza feira 17 (Martes)
? Quempallou na Casa das Crechas (Compostela)
Corta feira 18 (Mércores)
? Sés no pub Sonar (Compostela)
? Foliada no bar Rúa (San Pedro-Compostela) ás 23:00
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 19 (Xoves)
Sexta feira 20 (Venres)
? Dios Ke Te Crew no Liceum (O Porriño)
? Ith no pub Gatos (Melide)
? Vaamonde, Lamas & Romero no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña)
? Sés no Bule bar (Fisterra)
? Quempallou no Auriense(Ourense)
? Foliada na Cova Céltica (A Coruña)
Sábado 21
? Encontro de pandereteir@s Galiza-Asturies en Corcubión
? Raiba no Roixordo (Allariz)
? Os Cuchufellos na sala Baranda do Barco de Valdeorras
? Treixadura no auditorio de Vilagarcía de Arousa
? X aniversario de Varacuncas en Santa Baia (Rodeiro)
? Serán en Laxoso (Pontecaldelas) no torreiro da festa
? Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
? IV Serán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)na Casa da Cultura
Domingo 22
? XIII Concurso de Música Tradicional de grupos de Pandereteiras Xiradela en Arteixo
? Ardentía e Fiandola no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30
É para nós un pracer convidarvos á presentación aos medios que fará o grupo Quempallou, mañá, 17 de Abril, a partires das 12:00 h na Casa de Xantar O Dezaseis -Rúa de San Pedro, Santiago de Compostela- do seu novo traballo discográfico "Vellas Novas".
Ademais de falar do novo disco, o grupo presenta unha edición exclusiva e única do Xornal Quempallou, que cunha tirada de 5000 exemplares, que serán distribuídos nos concertos que ofrece estos días o grupo, conta coa colaboración de comunicadores e xornalistas como Emilio Españadero, Óscar Losada, Mar Barros, Xurxo Souto, Dani Lavesedo, Uxía Senlle e moitos outros.
Agardámosvos para poder compartir xuntos estas Vellas Novas, e como non, moita música en directo!!!
Próximos concertos de Quempallou:
- 17 de abril 22:30 Casa das Crechas - Santiago de Compostela
- 20 de abril 21:30 Auriense - Ourense
- 27 de abril 19:30 FNAC A Coruña
- 27 de abril 22:00 Cova Céltica - A Coruña
- 28 de abril 22:30 Sala Super 8 - Ferrol
- l5 de maio Festa do Muiño de Coiro - Cangas
- 14 de maio Teatro Principal de Pontevedra
- 16 de maio 22:00 Fábrica de Chocolate - Vigo
Hoxe temos que informar dunha triste nova, no día de hoxe faleceu Amelia Martínez (Meli), a muller de D. Henrique Otero Covelo.
Dende a AGG queremos achegarlle o noso máis sentido pesar á familia e amigos, e dunha forma especial a D. Henrique, membro destacado e ben querido do colectivo da música tradicional.
A capela ardente estará, a partir de hoxe venres, no tanatorio VIGOMEMORIAL, na Avda. da Ponte 106 Bembrive - Vigo (Subida Vigo Puxeiros,salida 663 - Universidade).
Mañá día 14 ás 18.00 horas terá lugar unha misa na capela do tanatorio, e ao finalizar esta, terá lugar a cremación.
Asimesmo, informamos tamén que o luns día 16 ás 19.00 horas terá lugar a misa de funeral na Igrexa de Santa Cristina de Lavadores (Vigo).
Poucos sitios quedan nos Ancares nos que non tocara ?O Coea?, un dos acordeonistas máis queridos e exitosos da montaña lucense. Chámanlle ?O Coea?, porque Justo naceu no lugar de Coea, parroquia de Castañoso (Navia de Suarna), pegado ó río Navia, nun tramo en que marca o límite entre Lugo e Asturias: Navia de Suarna e A Fonsagrada por unha parte e Ibias p...or outra.
Aos 17 anos comezou co acordeón, cun instrumento que lle tocou nunha rifa. Era un instrumento xa de tipo piano pero que tiña pouco máis dunha oitava. Con ese instrumento fixo xa os seus primeiros pinitos ("Doce cascabeles", Campanera", etc) e segundo progresaba foi mercando instrumentos máis perfeccionados.
O Coea ten un saco de anécdotas que contar sobre as súas experiencias tocando en festas e celebraciois da zona que se da en chamar montaña de Lugo. Na zona dos Ancares case non lle queda lugar no que tocara, por esta razón ten un repertorio moi extenso, forxado a poder de experiencia, de tomar nota o que lle gusta á xente, de estar atento a cales son as pezas de moda.
Justo non ten formación académica, fixo por aprender dos que consideraba que sabían máis e foi aplicando esas observacións para si mesmo e está afeito a ser a estrela dos bailes.
Emisión sábado 14 de abril de 2012 // As 19.00 h. se cadra
Sexta feira 13 (Venres)
? As Lagharteiras no C. S. Abrente (Arcade-Soutomaior) ás 23:30
? V Concurso de maquetas Millo Verde na feira do gando de Redondela
? O Sonoro Maxín no Auriense (Ourense)
? Ardentía na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:30
? Keltoi e Skarmento na sala 600 (Melide)
? Zënzar na Sala F&K Clube (As Pontes)
? Sés na cea da república (A Coruña)
? Habelas Hainas no café Aljama(Ribadavia) ás 22:30
? Quempallou no Liceum (O Porriño)
? Serán en Beirán (Matamá-Vigo)
Sábado 14
? Xacarandaina no Pazo da Cultura de Narón ás 20:00
? Festival contra a Incinedadora (O Irixo): A Quenlla, Ce Orquestra Pantasma, Ataque Esmpae, Zenzar,...
? Bruce MacGregor e Neil Pearlman en Xustáns (Pontecaldelas)
? O Sonoro Maxín no Auriense (Ourense)
? Machina, Kastomá, O Leo e Arremecaghoná en Cerceda
? Dios Ke Te Crew na sala 600 (Melide)
? Os Tridentes no pub Triskel (Redondela) ás 21:00
? Malvela no Liceum (O Porriño)
? Terbutalina no Salasón (Cangas do Morrazo)
? iLalelo! (Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño) no Ber Queira en Cerdido ás 23:00
? Quempallou no Aturuxo (Bueu)
? Aña Urbana en Pontevedra
? Serán de Fozara (Ponteareas)
? Serán en San Cibrán (Gondomar) no torreiro da festa
Domingo 15
? Cantigas e Agarimos en Palas de Rei ás 20:00
? A Requinta da Laxeira e Ce Orqestra Pantasma na XXXII Exaltación do Viño da Ulla (Vedra)
? Tarde Solidaria en Ramallosa (Teo) ás 18:00. Mamoa de Luou, A Pontevella, Alvariza,...
14 abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)
- Serán urbano en Pontevedra
- Serán en San Cibrán (Gondomar) no torreiro da festa
21 abril
- Serán en Laxoso (Pontecaldelas) no torreiro da festa
- Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
- IV Serán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)na Casa da Cultura
28 abril
- Noite de Fiadeiro (Ramirás) - Serán de Malveiras no Salón de actos da Sociedade Cultural Gato Negro de Carril (Vilagarcía de Arousa) Adiado
- Serán en Guillade(Ponteareas)
- VI Serán de Angudes (Crecente)
- Serán do Patrocinio (Rianxo)
5 maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán de Boborás, no colexio
12 maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán do Coto (Carballal-Vigo)
- Serán en Borreiros (Gondomar) no centro cultural.
19 maio
- Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
- Serán en Chaín (Gondomar) no C. C. A Merced
26 maio
- VII Serán Mar de Rianxo
- Serán en Arcade (Soutomaior) a carón da estación de tren
- Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)
2 xuño
- Serán do Remuiño (Paraños)
- Serán de Traspés na Alameda de Sárdoma (Vigo)
- V Serán á Beira do Mar de Baiona
9 xuño
- III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa
16 xuño
- Serán no adro da capela de Chaín (Pontecaldelas)
- Serán da ?Noite da Moura? en Rebordechán (Crecente)
A A.C. Trépia convoca un ano mais a Aña Urbana: un encontro de música e baile tradicional artellada en torno á aña, que ten como obxectivo achegar a novos contextos a cultura tradicional e ofrecer aos participantes unha xornada na que intercambiar coñecimentos e experiencias arredor do seu traballo.
Neste enlace podedes consultar o programa completo e as modalidades de inscrición -que estará aberta até o vindeiro 31 de marzo-.
Poden participar todas as agrupacións, colectivos, grupos ou escolas de calquer nivel; en calquer dos apartados do programa (roteiro, actuacións e/ou serán); e, de xeito individual, calquer persoa que desexe achegar-se aos obradoiros prévios organizados pola A.C. Trépia ou ás aulas abertas incluidas no programa para o día 14 de Abril.
Este ano, ademais, organizaremos unha feira-mostra de artesanía e agricultura ecolóxica; alén do ciclo de conferéncias anexo ás actividades, no que nesta xeira será apresentado o libro "Manüele ...de pandeireta e canto tradicional" (Vol.1: Serán), de Xandre Outeiro -da man de Edicións Intermitentes-; e algunha que outra sorpresa que temos reservada...
Recibide un saúdo, agradecendo-vos por adiantado a difusión desta convocatória e agardando ver-vos a todos nesta VIII Aña Urbana.
Sachos ao lombo!
Bruce MacGregor (Inverness) é un dos mellores fiddlers de Escocia; lider da band...a "Blazin Fiddles" e responsable do programa máis prestixioso da BBC escocesa especializado en folk.
(Boston) é unha estrela emerxente no mundo do folk americano ; ademais de estar especializado en acompañamento de fiddlers lidera tamén a súa propia banda coa que xira de unha punta á outra de USA.
Veñen a Galicia para impartir obradoiros de Fiddle, Mandolina e Piano. O Sábado 14 darán un único concerto en Xustáns.
Non esperedes ao final que xa sabedes que o aforo é limitado e sempre se esgota.
O vindeiro 15 de abril ás 18:00 h celebrarase na Ramallosa unha Tarde Solidaria.
Participarán: - A MAMOA DE LUOU
- A PONTEVELLA DE REIS
- ROSALIA DE CASTRO DE CACHEIRAS
- GERMÁN V. SONEIRA (Gaiteiro dos Irmáns Lamas)
- A.C RECREATIVA DE CALO
- ALVARIZA
A entrada custará 2 ?, e todo o recadado irá destinado para a Asociación de Pais de Personas con Discapacidade Intelectual de Teo (ASPAMITE).
Ademáis de disfrutar de boa música estaredes contribuíndo cunha boa causa! NON FALTEDES!!!
....
O Grupo de Música e Baile Xacarandaina estrea novo espectáculo "GALIZIEN AMERIKA LINIE" o sábado 14 de abril no Pazo da Cultura de Narón.
Este novo espectáculo «Galizien Amerika linie», que se estrea dentro do programa ?Danza 3? en convenio coa Agadic, conta con corenta artistas en escena para a elaboración da espectacular gala que acaban de producir.
Este novo espectáculo de Xacarandaina pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: aemigración. De todos é sabido que os galegos fomos un pobo emigrante, pero aínda que nos toca a todos de preto, non somos o suficientemente conscientes do drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron para coa súa terra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, desde a distancia.
Con tal propósito Xacarandaina acaba de producir un espectáculo no que se mestura a propia actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, audiovisual, mesturando así o arte tradicional coas novas tecnoloxías, facendo de «Galicien Amerika linie» algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos enGalicia.
O evento terá lugar o sábado 14 de abril, ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Narón previa compra de entrada na billetería do propio Pazo o prezo xeral de 9,00? e de precio reducido a 5,00? (teléfono 981 10 28 97). Mencionar tamén que este espectáculo ten prevista unha actuación máis, o sábado 19 de maio no Pavillón Municipal de Melide.
LELA unha Gala de... CANTIGAS E AGARIMOS
Ciclo Danza 3
Domingo 15 de abril de 2012 ás 20h
Praza da Ulloa, Palas de Rei (Lugo), XXI Feira do Queixo Arzúa-Ulloa
Entrada: de balde.
Organiza: Agadic, Concello de Palas de Rei
Produce: merlo branco producións
A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.
Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representacioìn, foìra de Ameìrica, da obra de Castelao.
Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.
O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo Loìpez Veiga, puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.
A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluiìa entre outras, a peza Serenata de Boticarios, máis coñecida co título de Lela.
No ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupacioìn e cumplíanse 50 anos daquela primeira representacioìn foìra de Ameìrica da obra de Castelao, Cantigas e Agarimos presentou a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, no seu diìa, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega.
Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.
Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...
Presentación de "Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres"
14 de abril de 2012 en Taramundi
O sábado 14 de abril, ás 12:30 horas, a Casa de Cultura de Taramundi será esceario da presentación do libro-disco "Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres", publicado por Editorial Canela.
A obra aporta un estudo pormenorizado da música de tradición oral no concello de Taramundi, baseándose principalmente na figura do gaiteiro Nela de Bres. O cedé de agasallo que ven xunto co libro conten 24 temas, algúns inéditos. O libro é obra de Pablo Quintana López, Juanjo Fernández, Vicente Ansola e Florencio Rodríguez, entre outros.
Trala presentación levaráse a cabo unha espicha en Os Teixois e ao longo da tarde todos os asistentes poderán disfrutar dunha foliada improvisada.
A estrea mundial de "Os vellos non deben de namorarse" celebrouse o 14 de agosto de 1941 no teatro Mayo da capital arxentina. O elenco de actores estaba composto por emigrantes galegos formados teatralmente na emigración.
Tiveron que pasar vinte anos dende aquela estrea en Bos Aires para que a obra puidese ser estreada en Galicia. Ata 1961 non se conseguiu.
Foi o grupo de teatro de "Cantigas e Agarimos", dirixido por D. Rodolfo López-Veiga e con arranxos musicais de D. Rosendo Mato Hermida, que an puxo en escena na Praza da Quintana, a noite do 25 de xullo de 1961.
A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, coa colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia, a Xunta de Galicia e a Biblioteca Pública Ánxel Casal realizarán un acto de homenaxe a todas as persóas que fixeron posible a celebración daquel evento tan importante para a cultura galega.
O evento, que leva por título "Grazas Mil", terá lugar o día 13 de abril ás 20h, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, en Santiago de Compostela.
Paralelamente levarase a cabo unha exposición coa mesma temática que estará aberta ó público desde o 10 ata o 30 de abril.
O 14 de abril de 2012 Patrick Molard ofrecerá, da man da Banda de gaitas Castro Bergidum e a Asociación Cultural Abelladeira de Ponferrada, unha conferencia baixo o título
"A MÚSICA TRADICIONAL EN BRETAÑA". Lugar: Balboa. Casa das Xentes. Hora: 19.00 horas. Prezo da conferencia: 5?
Concerto:
Entrada Libre. 22.30 horas: Banda de gaitas Castro Bergidum
23.15 horas: Banda de gaitas Abelladeira
00.00 horas: Patrick Molard en concerto. Colaborando Carlos Fernández "O gaiteru do Rebollal"
O gaiteiro Patrick Molard, un dos grandes especialistas de gaita escocesa no mundo, estará da man da Banda de gaitas Castro Bergidum e a Asociación Cultural Abelladeira na localidade berciana de Balboa o día 14 de abril.
Patrick Molard inicia os seus estudos de gaita en 1965 en Saint Malo logrando gran prestixio ao formar parte do grupo de Alan Stivell. O gaiteiro é un das figuras máis destacadas do rexurdimento da música bretoa integrando grupos como Satanazet, Gwendal, Ogham, Molard Trio ou Pennou Skoulm. Con Dan Ar Bras logra máis exitos baixo un magnífico dúo de gaita e guitarra. Durante tres anos consecutivos gaña o Trofeo Macallan no Festival Intercéltico de Lorient (1980, 1981, 1982). Desde 1993 forma parte do colectivo Mestres Solistas Europeos de Gaita, compartindo escenario con outros grandes solistas como Carlos Núñez, Micheal Ou´Brien, Xosé Manuel Budiño, James Ou´Brien-Moran, Rory Campbell, Fred Morrison ou Anxo Pintos, entre outros.
Por outra banda Patrick Molard vén traballando dentro do mundo do ensino da música tradicional. Durante varios anos dirixe a "ECOLE DE MUSIQUE TRADITIONELLE DE KARAEZ" (FINISTÉRE, BRETAÑA), posuidor do "DIPLÔME D'ETAT DE MUSIQUE TRADITIONELLE" concédelle un grao especial como profesor. Así mesmo, imparte cursos de gaita escocesa, bretoa e irlandesa, ao mesmo tempo que participa en numerosos seminarios dentro e fóra de Europa.
Patrick Molard posúe unha compilación excepcional de música de gaita escocesa, irlandesa e bretoa. De igual maneira a súa actividade artística articúlase ao rededor da música destes países incluíndo Galicia e Asturias, nutrindo o seu repertorio de temas tanto tradicionais como de autor.