Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere
Resultados do VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere celebrado este domingo 29 de abril no Teatro Principal da Estrada.

Categoría A. Ata os 9 anos:
1º Premio: "A Telleira" do C.C. A Ponte Vella
2º Premio: "D" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: "Tarabeliños" da Asociación Cultural Donaire

Categoria B, de 9 a 12 anos:
1º Premio: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "B" da Asociación Cultural Os Trazantes e Tenorio

Accésits Categoría A e B
Mellor grupo de acompañamento: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
Mellor vestiario: "O #blgtk08#Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella

Categoria C, de 12 a 16 anos:
1º Premio: "9 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "A" da Asociación Os Xeitosos de Trazo

Categoria D, máis de 16 anos:
1º Premio: Grupo de Baile Tradicional Tahúme
2º Premio: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: Asociación Cultural Mar de Arousa de Bamio

Accésits Categoría C e D
Mellor grupo de acompañamento: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Mellor vestiario: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-04-2012 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival benéfico Folk con Lola en Cecebre (Cambre)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-04-2012 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
? Terbutalina na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Zenzar no pub Gatos (Melide) ás 00:00
? Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño na sala 600 (Melide) Adiado
? Uxía no Liceum (O Porriño) ás 22:30
? Os Carunchos no C.S. Abrente (Arcade-Redondela)
? Marful no Museo do Mar (Vigo) ás 21:00
? Quempallou na Cova Céltica (A Coruña)
? Festival Vitaminas para o galego na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:00
? Foliada Ven Respirar no Ollo Ledo (Ourense)
? Foliada Cantos de Taberna (Pontevedra)

Sábado 28
? Pilocha no Roixordo (Allariz)
? A Quenlla en Carral ás 22:00
? Sés no Pub Ferlós (Bertamiráns) ás 23.30
? Lulavai no Aturuxo (Bueu) ás 22:30
? Homenaxe a Zeca Afonso en Salvaterra de Miño, con Leo e Arremecaghoná e De outra margem
? Taghaitaí!! na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:30
? Terbutalina na Fábrica de Chocolate(Vigo)
? Ardentía na Festa do Sementeira (Matamá-Vigo)
? Quempallou na sala Super 8 (Ferrol)
? Kastomá e Chícharo Psicótico na sala A Reserva (Carballo)
? O Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Pepe Vaamonde Grupo e Ce Orquestra Pantasma en Melide
? VIII Foliada de Melide
? Noite de Fiadeiro (Ramirás)
? Serán en Guillade(Ponteareas)
? VI Serán de Angudes (Crecente)
? Serán do Patrocinio (Rianxo)

Domingo 29
? VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada) ás 11:00 e ás 17:00
? Os Terribles de Donas en sesión vermu no Pazo da Escola (Mañufe-Gondomar)
? Marta Quintana no bar Botella (Bouzas-Vigo) ás 13:00
? Os Catro Quintos e Cé Orquestra Pantasma na Festa do Sementeira (Matamá-Vigo)
? VIII Foliada de Melide
? O Sonoro Maxín no Aturuxo (Bueu) ás 21:00

Segunda feira 30 (Luns)
? Festival Folk con Lola: Maghúa, Gaiteiros de Cecebre, Axeitadiñas, Maianas, Xiradela, Xacarandaina, ... no teatro da Xuventude en Cecebre (Cambre) ás 20:00
? Sés no Clavicémbalo (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
28 abril
- Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Malveiras no Salón de actos da Sociedade Cultural Gato Negro de Carril (Vilagarcía de Arousa) Adiado
- Serán en Guillade(Ponteareas)
- VI Serán de Angudes (Crecente)
- Serán do Patrocinio (Rianxo)

5 maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán de Boborás, no colexio

12 maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán do Coto (Carballal-Vigo)
- Serán en Borreiros (Gondomar) no centro cultural.
- Ruada de Catoira

19 maio
- Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
- Serán en Chaín (Gondomar) no C. C. A Merced

26 maio
- VII Serán Mar de Rianxo
- Serán en Arcade (Soutomaior) a carón da estación de tren
- Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)

27 maio
- Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

2 xuño
- Serán do Remuiño (Paraños)
- Serán de Traspés na Alameda de Sárdoma (Vigo)
- V Serán á Beira do Mar de Baiona

9 xuño
- III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa

16 xuño
- Serán no adro da capela de Chaín (Pontecaldelas)
- Serán da ?Noite da Moura? en Rebordechán (Crecente)
- Serán en Atios (O Porriño) ao carón do campo de futbol do Carballo

17 xuño
- Serán do Viso (Redondela)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Guillade (Ponteareas)
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Angudes (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Patrocinio (Rianxiño-Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Ven Respirar no Ollo Ledo (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
VI Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada polo Colectivo Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense e da La Caixa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Neste 2012 cúmprese a VI edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.

Deste xeito, o vindeiro 28 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, a oferta é variada con unha mostra de produtos artesáns con máis de 30 postos; animación, teatro, xogos, obradoiros, exposicións, xigantes e cabezudos? A principal novidade desta edición é o cambio de ubicación, pasando de ser na Praza de San Andrés, a ser na explanada da parte alta do Pobo; un lugar máis amplo e con máis comodidades. Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web

www.noitedefiadeiro.com .

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.
Nesta nota axúntase o cartaz que nesta edición foi realizado polo ilustrador ourensán Fiz Soto e maquetado polo arquitecto Jose Diz. Para calquera suxestión ou pregunta o teléfono de contacto é o 639 908 005 (Alexandre), ou ben no correo rebulir@hotmail.com.

Sen máis, despedimos con un enlace ao seguinte vídeo e convidándovos a vir o vindeiro Sábado ata Ramirás. O noso agradecemento por adiantado.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Programación VIII Foliada de Melide
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna na Foliada de Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Sementeira do millo (Matamá - Vigo)
O Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA está a organizar para a última fin de semana deste mes de abril(28,29 de Abril) a FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 2012 que se celebrará na parroquia viguesa de Matamá no lugar do muiño da Regueira e onde haberán multiples actividades para nen@s e maiores: xogos, música, charlas, mostra etnográfica, muiñada, labranza, postos de artesania e agricultura ecolóxica...

O sábado podes participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO (anotate: colectivomalaherba@gmail.com // ou chamando o 651 73 90 90)
e xa o domingo podes asistir vestido de labrego e participar na LABRANZA TRADICIONAL e despois quedar por un módico prezo (carne o caldeiro +pan + viño=6 euros)para o XANTAR POPULAR (fai a tua reserva telf. 651 73 90 90// ou en colectivomalaherba@gmail.com).

Ven a pasalo ben!!!. Estás convidad@!!!!

PROGRAMACIÓN DA FESTA:
Sábado 28 abril


-15h. APERTURA DA IV MOSTRA ETNOGRÁFICA DE MATAMÁ

-16h. OLIMPIADAS DO CAMPO (+ info en facebook colectivo malaherba. Anótate e participa: colectivomalaherba@gmail.com)

-19h. PALESTRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA:

- A horta autosuficiente (por Jacobo Ojea da horta do Cadaval)
- Viticultura natural (método Masanobu Fukuoka)
- As variedades do millo galego(a cargo dun investigador da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC)

-22h. Monólogo de CÁNDIDO PAZÓ

-23h. ARDENTÍA folc

-0h. MUIÑADA NOCTURNA

Domingo 29 abril

- 10.30 Saída do CARRO DOS BOIS dende a igrexa de Matamá ata o muiño da Regueira.

-11h. LABRANZA TRADICIONAL cunha parella de bois. Asiste vestid@ de labreg@!!!!

-12h. OS CATRO QUINTOS folc

-14h. XANTAR POPULAR. carne o caldeiro+pan+viño=6 euros.( Fai a túa reserva en colectivomalaherba@gmail.com ou no telf 651 73 90 90)

-16h. CE ORQUESTRA PANTASMA

-17h. SEMENTEIRA DO MILLO a cargo d@s nen@s asistentes a festa.
haberán POSTOS DE ARTESANIA e de PRODUCTOS ECOLÓXICOS... e o domingo POLBO A FEIRA!
+ INFO EN FACEBOOK COLECTIVO MALAHERBA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Vigo

A súa voz poderosa xunto ao resto de Marful amarra esta noite no Museo do Mar de Vigo para presentar o seu Xira Surreal

Renovarse ou falecer. Ante os tempos de crises, Marful tívoo claro: cambiar o chip. A volta de porca foi bautizada de forma singular, Xira Surreal, e preséntase coma se tratásese dun barco nunha travesía por monumentos e lugares especiais da xeografía galega. O Mosteiro de Carboeiro, a primeira fábrica de conservas da Illa de Arousa en ocasións anteriores; e o Museo do Mar de Vigo, esta noite, a partir dás 21.00 horas, son algúns deses espazos máxicos nos que soarán os temas do primeiro e segundo disco deste grupo galego nunha xira de ilusión.

Para Pedreira e os seus compañeiros, a xira finalizará o 1 de xullo, un tour que decidiron reinventar e enchelo de elementos surreales para facer fronte ao baleiro dunha época máis que difíci: "Neste ano non que vos grupos galegos profesionais están nunha situación de ter que tocar máis fóra que aquí pola situación do país, de crise de valores que deixa de lado á cultura cando é uns dous motores máis importantes de face ou futuro".

Ugia xustifica a elección do museo vigués (o concerto aquí custa 15 euros, entrada no despacho de billetes) onde se unirán varias paixóns da banda: arquitectura, alimentación e música. "Unindo estas paixóns nosas, fixemos unha listaxe de lugares que nos gustan, interesantes polo seu patrimonio, pola súa memoria... e un deles é o Museo do Mar. Estaba a pasar o tempo e non tocabamos en Vigo cando escribimos unha canción adicada exclusivamente a esta cidade en Manual de sedución. O Museo do Mar de Vigo lembra todo a memoria dá vida e cultura mariñeira, mira para as Cíes, é un espazo ó que de vez en cando vou, sobre todo, á taberna que hai alí".

A Taberna O Croque que practicamente surfea sobre o son do mar será a que acolla un encontro-degustación co público e os artistas ao remate do show, ofrecendo produtos gourmet co patrocinio de Conservas de Cambados.

Pero antes de regalar un obsequio ao estómago, serán os oídos os que reciban unha achega xenerosa de música que convidará o baile. "Tentaremos que sexa un concerto o máis libre posible", aclaraba Pedreira, que xa pensa nun próximo disco cuxos temas comezaron a preparar pero que tardará meses en ser editado.


www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Marful no Museo do mar (Vigo)
Marful navega moitos mares e abrennos para a canteira de músicos galegos. A veces dorna, a veces veleiro, agora buque e despois conserveiro, deses galegos pioneiros que inventaron o conxelado a bordo.
O paquebote Marful chega ao porto máis importante das costas europeas: VIGO.
Cidade bordeada polo mar, da que non sobresaen torres senón guindastres dos asteleiros do porto.


Cidade de almas perdidas, universais e lobos de mar. Cidade da que Marful "vuelve" no "Manual de Sedución". E con unha canción adicada a esta cidade DE VIGO VUELVO. Partitura atopada nun coleccionista en Pau( Franza) á que Ugia lle puxo letra. Carlos Oroza, o Universal, o Lobo de Mar, as Cies, O mais palá, o Sereo, as patatillas...un auténtico himno vigués para este novo século. http://www.goear.com/listen/ccf58a8/de-vigo-vuelvo-marful

Venres 27 de abril ás 21h. Entradas á venda aquí

O lugar non pode ser máis singular: a antiga lonxa de Vigo que se conserva íntegra no Museo do Mar. Alí será onde Marful ofreza a súa presenza musical, tocando o mellor dos seus dous discos. Ao rematar o público está convidado a un convivio cos artistas arredor dunhas conservas gourmet, ofrecidas por Conservas de Cambados. Será na taberna "O Croque" (no propio Museo).

Unha noite para desfrutar en potencia das vistas do Museo, o olfato do Mar, a música de Marful, o gusto das Conservas e o contacto do resto dos Asistentes, porque o espazo é Íntimo e o Aforo limitado.

A entrada para esta presenza musical é de 15 euros. As entradas poden mercarse no propio Museo.
Tamén poden reservarse na web de Marful: www.marful.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Vitaminas para o galego (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-04-2012 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Quenlla na homenaxe aos Mártires de Carral
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do 25 de abril, o 28 na Gentalha (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Zeca Afonso en Salvaterra de Miño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Segue a xira do Sonoro Maxín

Comeza a xira de presentación de "A Onda Sonora (Chega do Interior)"
O Porriño -Sábado 28 de Abril. Bar Liceum - 23:30
Bueu - Domingo 29 de Abril. Sala Aturuxo - 21:30


Xira presentación do seu 1º disco "A Onda Sonora (Chega do interior)"

Máis información da banda e da xira na web www.osonoromaxin.com ou en www.culturactiva.orgO Sonoro Maxín volve aos escenarios o próximo mes de abril, presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio chamado ?A onda sonora (chega do interior)?, producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.

DATAS XIRA PRESENTACIÓN:

14 e 15 de abril ? Café Cultural Auriense (ourense)

21 e 22 de abril ? Xira Itinerante polos barrios de Ourense

28 de abril ? Bar Liceum (Porriño)

29 de abril ? Sala Aturuxo (Bueu)

4 de maio ? Sala 600 (Melide)

5 de maio ? Fábrica de Chocolate (Vigo)

11 de maio ? Pub Clavicémbalo (Lugo)

24 de maio ? Sala Moon (Compostela)

25 de maio ? Sala Mardi Gras (A Coruña)

3 de xuño ? Sala A Regueifa (Ponteareas)

*Ademáis a banda ten confirmada a súa presencia no concerto homenaxe aos Resentidos (12 de maio) e na vindeira edición do Derrame Rock (15, 16 e 17 de Xuño), así como aparicións en tv, radios, etc.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Kastomá e Chicharo Psicótico en Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar en Melide
Cando queda pouco mais dunha semán para a presentación oficial do séptimo traballo discográfico de ZENZAR, o grupo fará unha escala no PUB GATOS de Melide, un templo do rock con 15 anos de historia.
Será este venres 27 de abril ás 00,00h.


Será un concerto onde se escoitarán novas pezas do ?Vaise Armar?, título do novo traballo da banda, e un repaso pola discografía de Zenzar, o que servirá para ir engrasando a maquinaría para gran festa do rockanroll, que pretendemos sexa o 5 de maio na Sala Josfer onde se presentará oficialmente, concerto ao que seguirán outras datas xa confirmadas.

Toda a info sobre xira e disco en: www.zenzar.info

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere
O vindeiro 29 de abril Tequexetéldere organizara a 8ª Edición do Concurso de Baile Tradicional.
Máis info en www.tequexeteldere.aestrada.com

Trinta agrupacións de toda Galicia participarán este vindeiro domingo día 29 de abril, no Teatro Principal da Estrada, na VIII Edición do Concurso de Baile Tradicional que organizamos dende Tequexetéldere.

Tal e como se explica nas bases do concurso, este se fará en horario de mañán (a partir das 11 hs) e tarde (a partir das 17 hs). A taquilla para a retirada das entradas estará aberta 30 minutos antes do comezo do certame.

Debido o pouco aforo do Teatro Principal da Estrada, arredor de 370 butacas, recomendamos se poñan en contacto coas directivas das súas asociacións ou agrupacións para reservar entradas, xa que é a única maneira de poder facer reserva das mesmas, (so se fará reserva por grupo, non a nivel individual), e estas deberán ser retiradas e abonadas na taquilla do Teatro unha hora antes do comezo do certame, senon serán postas a venda.

Cada entrada ten un prezo de 3 euros, non hai descontos por grupos, nin familias numerosas, nin por vir de moi lonxe, e só será valida para unha xornada, ou de mañán ou de tarde, esto quere dicir que si se quere ir pola mañán e pola tarde o custe das entradas será de 6 euros, e tal e como se dixo anteriormente sen desconto algún.

Aquí vos deixamos as bases do concurso.

Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o VIII Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 9 anos.
-Categoría B: de 9 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.
Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....
Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos ).
Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
O concurso celebrarase o Domingo 29 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 22 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data).

A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).
O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.
A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

Establecerase a seguinte cuantía de premios:

Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 ?)
-Segundo premio (120 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría C:
-Primeiro premio (180 ?)
-Segundo premio (150 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría D:
-Primeiro premio (240 ?)
-Segundo premio (180 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.
Comentarios (14) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-04-2012 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnica vogal no canto tradiciona​l na Pobra de Brollón
A Tradescola impartirá un curso de técnica vogal no canto tradiciona​l na Pobra de Brollón

Esta mañá tivo lugar a presentación da vindeira actividade que desenvolverá a Tradescola: un curso de técnica vogal no canto tradicional que impartirá Begoña Lourenzo e que terá lugar o vindeiro día 29 de abril na Casa da Cultura da Pobra de Brollón. O curso desenvolverase entre as 10 da mañá e as 2 da tarde e xa conta con 30 persoas inscritas, que é o número máximo de prazas.

Á presentación asistiron o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, o alcalde e o concelleiro de Cultura da Pobra de Brollón, Xosé Lois Maceda e Ricardo Rodicio, e a coordinadora da Tradescola, Mónica Fernández.

Este tipo de actividades que organiza a Tradescola fóra da súa sede en Lugo, van no camiño incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego en todas as comarcas lucenses e, en concreto, a actividade que se vai desenvolver na Pobra de Brollón trátase dun curso de técnica vogal no canto tradicional, impartido por Begoña Lorenzo, no que os asistentes poderán aprender exercicios de técnica vogal para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, aplicando posteriormente todos estes recursos e coñecementos en pezas do repertorio tradicional.

Este curso está englobado no conxunto de actividades que a Tradescola organiza ao longo do ano a maiores das clases semanais que imparte en Lugo; actividades como cursiños monográficos, charlas, exposicións, concertos, e outras xornadas de promoción da música tradicional, organízanse co obxectivo de ofrecer formación a todas as persoas interesadas na cultura tradicional e poder colaborar con asociacións de todas as comarcas lucenses. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo (a escola está situada no Complexo Residencial Xuvenil LUG II, na Rúa Pintor Corredoira Nº 4), trasládase a través de diversas accións formativas ás distintas comarcas da provincia. Esta escola está servindo como motor para realizar distintas actividades que poidan servir para potenciar, difundir e normalizar a nosa música tradicional.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de percusión tradicional (Melide)
A AGG, na súa pretensión de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, organiza o vindeiro sábado 28 de abril como ven sendo habitual, coincidindo coa Foliada de Melide, un seminario que ao igual que as últimas edicións que espertaron un grande interese, versará sobre percusión tradicional.

Os instrumentos de percusión moitas veces quedan relegados aun segundo plano, nembargantes a música tradicional galega é moi rica nesta tipoloxía de instrumentos, que complementan á melodía principal e que teñen a súa propia partitura e a súa propia melodía.

Con este seminario, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere incidir e poñer en valor este aspecto da nosa música, contando nesta ocasión con dous recoñecidos especialistas como son Xavier Blanco e Xaquín Xesteira.

Xavier Blanco comeza a tocar a gaita con 8 anos, é músico, investigador e mestre de gaita, experto en instrumentos pobres ten editados varios traballos.

Xaquín Xesteira empeza a súa andaina na Sociedade Cultural de Cambados, recibiu clases de Nando Casal e Carlos Núñez e forma parte dos grupos Treixadura e Sondeseu.

Con este seminario preténdese crear un punto de encontro e formación para todas as persoas interesadas na música tradicional galega e en especial na percusión, achegando a cultura tradicional a toda a poboación.

Prégase aos partipantes que aporten instrumentos.

Para formalizar a inscripción hai que enviar o impreso que se pode descargar aquí debidamente cumprimentado a Asociación de Gaiteiros Galegos por correo ordinario, Lugar de Quintán 3, 36121 Viascón - Cotobade, Pontevedra; ou por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com

O prazo de inscrición rematará o 26 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

O programa para o Seminario de Percusión que se celbrará o vindeiro día 28 de abril no Edicficio Multiusos de Melide será o seguinte:

- Mañá 11 horas: "Os instrumentos pobres na tradición galega". Xavier Blanco

- Tarde 17 horas: Sesión práctica. Xaquín Xesteira

Prégase aos participantes que aporten instrumentos

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de empalletado e afinación (A Guarda)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de Danzas do mundo en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Bailes europeos no Museo do Pobo Galego (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Riobó no Salón Teatro de Santiago de Compostela

O grupo vén de presentar o seu primeiro videoclip e xa prepara a xira de verán

Este xoves 26 de abril Riobó actuará no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, presentando os temas do seu homónimo traballo discográfico, o primeiro da banda, publicado en 2011 por Zouma Records.


Un concerto no que Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Fernando Barroso e Fernando Pérez amosarán o seu bo facer sobre a música tradicional galega, cun formato acústico e ben coidado, no que destaca a sensibilidade interpretativa destes fantásticos músicos.
O grupo realizará unha nova parada o vindeiro 5 de maio para actuar no Bar liceum, en O Porriño. Mentres se suman novas datas para a xira do próximo verán, xa está confirmada a presencia de Riobó no Nottingham Riverside Festival, en Inglaterra, e no Scottish Weekend que se celebra en Bélxica a primeiros de Setembro.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Videos do concurso de pandereiteiras Xiradela
2º premio categoría A no concurso de pandereteiras da AX Xiradela (Arteixo 2012)
"Laretas" da ACF Tarambainas. Jota, ribeirana e agharrado de Aboal (Mondariz)


2º premio categoría C no concurso de pandereteiras da AX Xiradela (Arteixo 2012)
"Meniñas" da ACF Tarambainas. Canto, empuñada e maneo de Anxeriz (Tordoia)


Ganadoras do 3º premio da categoría C
Farraxeira


1º premio da categoría D
Grupo de pandereteiras Lilaina, da A.C. O´ Castro de Miño, Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes).


2º premio cat D no concurso de pandereteiras da AX Xiradela en Arteixo
Lagharteiras canto, pateado e muiñeira de Torea (Muros)

Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-04-2012 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Agustín Sánchez na Tradescola (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2012 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Redondela da Guía didáctica de instrumentos galegos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2012 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Mesa redonda de Rock Bravú no C.S. Gomes Gaioso (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2012 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Terza feira 24 (Martes)

Corta feira 25 (Mércores)
? Agustín Sánchez na Tradescola (Lugo)
? Foliada no bar Rúa (San Pedro-Compostela) ás 23:00
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 26 (Xoves)
? Riobó no Salón Teatro (Compostela)

Sexta feira 27 (Venres)
? Terbutalina na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Zenzar no pub Gatos (Melide)
? Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño na sala 600 (Melide)
? Uxía no Liceum (O Porriño)
? Quempallou na Cova Cética (A Coruña)
? Foliada Ven Respirar no Ollo Ledo (Ourense)
? Foliada Cantos de Taberna (Pontevedra)

Sábado 28
? Pilocha no Roixordo (Allariz)
? Lulavai no Aturuxo (Bueu)
? Taghaitaí!! na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Ardentía na Festa do Sementeira (Matamá-Vigo)
? Quempallou na sala Super 8 (Ferrol)
? Kastomá e Chícharo Psicótico na sala A Reserva (Carballo)
? O Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño)
? VIII Foliada de Melide
? Noite de Fiadeiro (Ramirás)
? Serán en Guillade(Ponteareas)
? VI Serán de Angudes (Crecente)
? Serán do Patrocinio (Rianxo)

Domingo 29
? VIII Foliada de Melide
? O Sonoro Maxín no Aturuxo (Bueu)
? VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2012 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0