Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIII Encontro Millo Corvo (Meiro-Bueu)
XIII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

A Asociación Cultural de Meiro (Bueu) organiza o XIII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO, festa declarada de INTERÉS TURÍSTICO DE GALICIA no ano 2009.
As datas de celebración desta edición son os días 2 e 3 de abril.


Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que celebra nesta edición o seu décimo terceiro ano.

- SÁBADO 2 DE ABRIL

ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
Festival PAN DE MILLO
Actuacións de escolas de gaita, pandeireta e baile tradicional

- DOMINGO 3 DE ABRIL

XIII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
o 11:00 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón
o 12:45 - Actuación musical

o Pola tarde: actuacións musicais, charla-coloquio, obradoiros infantís, etc.

o DURANTE TODO O DÍA:

- ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
- Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
- Talleres e obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo.
- Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro, Bueu).
- Proxección de vídeo "Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición".
- Proxección memorando de actividades.
- Exposición etnográfica.

www.meirocorvo.org

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro Abeleira (Zamáns-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Actuacións no furancho Malaherba (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición de Achegarte (A Coruña)

25 concertos de 25 bandas e solistas, 15 representacións de artes teatrais, 6 representacións de danza, 24 obradoiros, presentacións de obras editoriais, ilustracións, maxia, cinema para os máis pequenos, espazos de debate con moitos dos artistas máis representativos da nosa cultura, espazos vertebrados de acción cultural… MÁIS DE 114 NOMES compoñen o programa de Achegarte 2011 os días 2 e 3 de Abril no Palexco.

Programa completo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Budiño no Liceum (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Transilvanians
VENRES 1 DE ABRIL (LA IGUANA CLUB, VIGO) 00:00h. 5€ ou 10€ con CD

PRESENTACIÓN DE "VAMPIRE LOVER", NOVO DISCO DE TRANSILVANIANS.


Transilvanians presenta o seu primeiro longa duración despois de unha discografía de un EP de catro cancións no ano 2006 e un Single de duas editado o pasado ano polo selo madrileño Liquidator Music.

O novo traballo chamase "Vampire Lover", e o compoñen seis pezas de composición propia e outras catro versións habituais nas suas incendiarias actuacións.

Neste disco podese apreciar o gusto da banda pola música xamaicana e o soul dos anos sesenta. Cancións executadas con respeto e rigurosa elegancia, atmósferas tenebrosas, ritmos hipnóticos, cancións de amores sanguinolentos, esencia jazzy e moito groove.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
II Curso de Música Tradicional Galega (Sarria)

Os próximos días 1, 2 e 3 de abril de 2011 celebrarase na Granxa de Barreiros o segundo curso de Música Tradicional Galega. O curso constará de distintos obradoiros que mostrarán unha visión completa da nosa Música Tradicional.


O II Curso de Música Tradicional Galega será impartido por Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijóo "Chisco", contando tamén coa colaboración de Sito Carracedo.

DESCARGA DO FOLLETO INFORMATIVO

O OBXETIVO do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do Folclore Galego.
Por unha banda realizaranse aulas específicas de cada instrumento, cunha finalidade de mellora individual e de montaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros onde poderán participar e asistir todos os alumnos do curso.

O curso está DESTINADO A xoves a partir de 12 anos e adultos en xeral, músicos, mestres de educación musical, profesionais da Música e da Danza e Teatro, etc.

O Curso de Música Tradicional terá tres APARTADOS ou especialidades:

1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.
2º Aulas de percusión galega e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.
3º Aulas de baile e canto tradicional e Obradoiros relacionados co folclore.

A INSCRICIÓN poderá facerse a través da folla de inscrición que figura no folleto.

Máis información, na Secretaría do Centro de Música Fingoi:
telf: 982 221 630 mail: secretaria@centromusicafingoi.com

http://fingoi.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-04-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de Pandeiro e Pandeira (Perfeccionamento)
MONOGRÁFICO DE PANDEIRO E PANDEIRA (PERFECCIONAMENTO)

Aberto prazo de inscrición
Duración dun único día, CINCO horas
Día: 02/04/11 (Sábado)
Hora: de 16.00 a 21.00
Lugar: Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo)


Prezo socio: 35,00 euros
Prezo non socio: 38,00 euros
Prazas limitadas
Monitor: Carlos Álvarez

Podes anotarte nos teléfonos: 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

Con traballo de recuperación, investigación e catalogación de músicas, cantares, instrumentos e danzas tradicionais (Galicia) dende o ano 1997 ata a actualidade. Recibiu clase dos mestres: Xita Pena, Cándido Pena, Javier Feijoó (Chisco) entre outros. Participou nos cursos de "Metodoloxía e catalogación de recollida de campo en música tradicional" impartido por Dorothé Schubarth e "Música sen fronteiras Galicia e Norte de Portugal", así coma outros cursos impartidos por mestres como: Ernesto Campos, Eliseo Parra, Mercedes Peón, etc.

Impartiu clases a agrupacións como Pandereteiras Lilaila, Pandereteiras de Soutomaior, Pandereteiras Malmequer, Pandereteiras Veña que Vai e pandereteiros de O Fiadeiro. Actualmente dirixe as Pandereteiras As Lagharteiras e Lembranzas da Ría e é membro dos pandereteiros de O Fiadeiro.

http://www.ofiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-04-2011 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea de Músicos ao Vivo en Compostela
O vindeiro domingo día 3 de abril terá lugar unha nova asemblea da asociación Músicos ao Vivo.

A reunión estará aberta aos socios e a todos os músicos de Galicia (solistas, grupos, orquestras, bandas...)e nela trataranse temas de especial importancia para a marcha da asociación e do colectivo de músicos galegos:
- Previsións de futuro
- Liña de actuación da asociación
- Estado de contas e presuposto para o 2011
- Reelección da Xunta Directiva / votación de novas candidaturas
- Accións e actividades programadas

Tamén trataremos as decisións adoptadas pola Xunta Directiva e os acordos adoptados nas reunións con institucións públicas e privadas.

A xuntanza estará aberta para que tod@s os músicos poidan expor as súas inquietudes e propostas.

O acto terá lugar no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17 horas (Sala Circular).

Quedamos a vosa disposición neste correo electrónico ou no teléfono que aparece na firma.

PD: Aproveitamos para recordarvos, tamén, que o día anterior, o sabado 2 de abril, estaremos na Coruña impartindo un obradoiro sobre "CONTRATACIÓN DE MÚSICOS EN ESPECTÁCULOS".
Máis información sobre este obradoiro aquí.

Visítanos en www.musicosaovivo.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer