Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán en Angudes (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-04-2011 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación especial en Vigo de Noitarega

O vindeiro sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, o grupo de música tradicional Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu último traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus máis de 21 anos de carreira.

Formado en 1989, Noitarega está considerado como un dos máis relevantes grupos da música tradicional galega, tendo ofrecido actuacións tanto por todo o territorio español (Expo 92 de Sevilla, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, Festival Internacional de Mérida, Teatro Caixanova de Vigo, etc) como en diversos países como Portugal, Francia ou os Estados Unidos, compartindo esceario con artistas da talla de Luar na Lubre, Berrogüetto ou Susana Seivane, entre outros.

Para esta presentación, Noitarega contará con 16 convidados de luxo: Susana Seivane, Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Roberto Comesaña (Cristina Pato), O Fiadeiro (con Miguel Souto, María Prieto, Carmen Pérez e Berto Costas), Pandeireteiras Grialia (Laura Vila, Patri Sobreira e Sara Abalde), Coral Lago (Gaideón), a mezzosoprano Nuria Lorenzo (directora do Coro Universitario de Vigo) e Silvia Costas.
Sen dúbida, unha cita ineludible para os amantes e seguidores da música tradicional galega.

As entradas, a un prezo único de 5 €, xa están dispoñibles de xeito anticipado no site: http://www.laboleteria.es

Myspace:
http://www.myspace.com/noitarega
Tráiler promocional "XXI":


Vídeo clip "Muiñeiras":

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Trioliro na Casa dos Druidas (Vilaboa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2011 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Circio en concerto no Salasón (Cangas do Morrazo)
CIRCIO EN CONCERTO

Circio é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.

Nesta ocasión os Músicos da Compañía ofrecerán un concerto da música do espectáculo "Baile de Soños", o domingo 10 de abril ás 20:30 horas no Salasón.

Prezo da entrada: 5€

Dirección artísitica: MANUEL COBAS
Dirección musical: SERXIO COBOS
Músicos: Laura Puga, Marcos Saburido, Alba Malvido, Patricia López, Serxio Cobos, Cristina Sánchez.

Colaboracións: Tania Ameneiro, Beatriz Díaz, Romina Bastón, Miguel Sotelo, Manuel Cobas


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2011 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
III Xornadas de Baile Tradicional Compostela)
Un ano máis e logo do éxito acadado nas anteriores edicións, a Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as III Xornadas de Baile Tradicional, xornadas que naceron fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Serán o vindeiro sábado 9 de Abril no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátimas/n Compostela)


As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.

Nesta ocasión contaremos cos seguintes obradoiros:

- “Improvisación de puntos da zona sur da provincia de Pontevedra”.
- “ Técnicas de improvisación para xota”
- “ Técnicas de improvisación para muiñeiras”-
- Bailes Agarrados

Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 8 de Abril a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de secretaria@gaiteirosgalegos.com

A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados.

PROGRAMA

MAÑÁ
10:15 h - Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.

10.30 h –1º OBRADOIRO: Luis Prego – “Improvisación de puntos da zona sur da provincia de Pontevedra”.

12:00 h - 2º OBRADOIRO: Manuel Cobas – “ Técnicas de improvisación para xota”

TARDE
16:00 h - 3º OBRADOIRO: Francisco J. Feijoo, “ Chisco”- “ Técnicas de improvisación para muiñeiras”

17:30 h – Presentación do traballo “Na punta do pé “ de Pesdelán

18:00 h - 4º OBRADOIRO: Xabier Iglesias – Bailes agarrados.

19:30 h - PECHE DAS XORNADAS.


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-04-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico: As frautas traveseiras de madeira (Vigo)
Monográfico: As frautas traveseiras de madeira na música de tradición oral. Xosé Liz

8 de abril de 2011
17h a 20h (3h)
Aulas da e-Trad
20 prazas
teórico
Último día de matriculación o 1 de abril 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)

Percorrido dende o Renacemento ate os nosos días da frautas traveseiras europeas. A chegada da requinta da Ulla, orixe e evolución.

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 3h

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-04-2011 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
XII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
GRUPOS DE PANDERETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 10 de Abril de 2011 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 28 de Marzo de 2011. Poderanse enviar tamén os seguinte correo electrónico:
xiradela@yahoo.es

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 10 de Abril de 2011.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 620 18 77 74 (tarde) / 650 14 56 08 (mañá) / 675 52 75 43 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-04-2011 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Noite da Irmandade (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-04-2011 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Rebumbinho (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-04-2011 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala Nasa (Compostela)
SERÁNS DA NASA

Xoves 7 de abril (21:00h)
Sala Nasa (Rúa de San Lourenzo nº 51, Compostela)


Chegou a primavera e para celebralo imos botarlle unhas bailas!

Quen vén tocar esta noite?
21h00 . Obradoiro a cargo de Mario Ferreira
22h15 . Arreixeira
23h00 . Campantes da Baña
23h45 . Brincadeira

Máis información

www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela

Como sempre foron... Serán!

Asociación Cultural Seráns en Compostela
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
660 093 349
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-04-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Pé de boi
Presentación aos medios do novo Disco "SomosNós".

A ésta daráselle continuación cunha serie de concertos de presentación en difrentes salas e teatros da Comunidade.

Agardámosvos este xoves 7 de abril a tod@s na Sala de prensa de NovaCaixaGalega (antiga Caixa Galicia).
R/ Nova nº 30-32. Santiago de Compostela.

A presentación dará comezo ás 17:30h da tarde

Nesta falaremos de:

- O novo Disco da banda "SomosNós"
- As colaboracións no disco
- O novo Videoclip do grupo
- Xira de Concertos de presentación
- A nova páxina web
- Concurso "Relatos Hertzianos"

Na presentación acompañarannos tamén algún d@s músic@s que colaboraron con nós neste proxecto Discográfico. Entre eles: Guadi Galego, Juan Collazo, Uxía Pedreira, CONVERSOS (Böel & Luc Copin), Susinho Agrelo,...







Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-04-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Aló Irmao pecha xira en Vigo
Aló Irmao remata hoxe xoves unha xira de oito concertos en seis salas de Galicia. O dúo formado por Fran Pérez Narf (Galicia) e Manecas Costa (Guinea Bissau) interpretarán os temas do seu álbum Aló Irmao! e novas composicións nacidas da viaxe en decembro a Guiné Bissau, o país natal de Manecas.

Logo de Lalín, a Casa das Crechas de Santiago por tres días: 13, 14 e 15 de marzo, o Café Auriense (Ourense), o 17 no Clavicémbalo (Lugo), o 18 no Garufa (A Coruña) e o sábado 19 no Liceum (O Porriño) a xira pecharase cun concerto especial este xoves 7 de abril no Auditorio Municipal de Vigo ás 20:00.

A canción Aló Irmao que abre o disco homónimo, chegou o verán pasado ao número 1 da RDP África, a emisora pública portuguesa para os países lusófonos. Este éxito en Portugal e África abriulle a Aló Irmao as portas para presentar o seu proxecto en Guiné Bissau, a terra natal de Manecas Costa. No mes de decembro Narf e Manecas Costa actuaron en directo en varias salas de Bissau, onde tamén mantiveron encontros con autoridades do país africano, como o primeiro ministro, Carlos Gomes Júnior, ou o director de UNICEF en Guinea Bissau, Geoff Wiffin, co que estudaron a posta en marcha dun proxecto de colaboración de Aló Irmao con esta entidade.

A viaxe a Guiné supuxo un novo impulso para o proxecto. Alí Narf e Manecas comezaron a experimentar con novas composicións que agora presentan en directo e que poderían ser a semente dos seus próximos discos conxuntos.



www.aloirmao.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-04-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xose Manuel Budiño na Casa das Crechas (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-04-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición e presentación da V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
O Vindeiro Sábado día 9, as 12.30 h. da mañá terá lugar o acto de apertura da Exposición "Unha Fiestra a Noutrora. Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca" no Salón de Actos do Centro cultural de O Picouto (Ramirás-Ourense). Esta mostra está coordinada por Sandra González Sousa e consta de máis de 60 instantáneas con data anterior a 1980.

Co fin de traer ao presente pequenos anacos do pasado, tamén contaremos con diferentes apeiros de labranza e obxectos de carácter etnográfico que ambientarán a sala de exposicións.

Neste acto tamén se fará a presentación aos medios e ao público en xeral do Cartaz (elaborado pola ilustradora Arousá Nuria Díaz) e o programa da V Noite de Fiadeiro, que se celebrará en Vilavidal durante a xornada do 30 de Abril. De xeito simultáneo publicaranse na páxina web habilitada para esta edición, e que se sinala a continuación.

Para máis información poden consultar as páxinas.
www.noitedefiadeiro.com
www.rebulir.blogspot.com
ou ben nos teléfonos 639 908 005 (Alexandre) ou 667 35 57 34 (Sandra-coordinadora exposición)

Ao final do acto todos os presentes serán convidados a un viño galego e uns petiscos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-04-2011 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Agrumar (e-trad) no certame Novo Son
O grupo AGRUMAR formado por alumnos de 4º curso do grao mestre da e-Trad, preséntanse ao certame "Novo Son" da Radio Galega

Os alumnos de 4º curso do itinerario mestre da e-Trad veñen de se presentar ao 1º Certame de Músicas Emerxentes "Novo Son" convocado pola Radio Galega. Samuel Soto (Voz e Bouzouqui), Marta Quintana, Bea Martínez, Inés Lorenzo (Harpas), Teresa Gómez (Zanfona) e Javier Garaloces (Requinta), participan na categoría de Músicas do Mundo coa "Pandeirada de Trasalva".

Premede aquí para escoitala.

A pandeirada foi arranxada, gravada e mesturada por todos eles no tempo das asignaturas de "Conxunto Instrumental" e de "Gravación e Sonorización". Xa está aberto o periodo de votación on line, se vos parece merecedora do voso clique.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-04-2011 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de regueifa e concerto de Espido
Hoxe, mércores, pola tarde o mundo da música tradicional, do pop e do hip-hop fusionaranse no CUVI.

No marco das Xornadas sobre a música e o audiovisual galegos que organiza a Asociación Trabalingua, a tarde do mércores estará cargada de música, de tradición e de modernidade.

Ás 16.00 os regueifeiros Bieito Lobariñas e Pinto d'Herbón da Asociación ORAL levarán a todos os asistentes ao mundo da improvisación oral en verso, a regueifa, a través dun obradoiro-actuación. Estarán acompañados de Aíd (Aida Alonso Iglesias, estudante da Uvigo, e popular rapeira de Valladares-Vigo).

A tarde rematará co concerto de Guadi Galego (voz) e Guillerme Fernández (guitarra) que traerán o proxecto ESPIDO á Universidade de Vigo. ESPIDO, unha caste de fusión por roce melódico-armónico de dous músicos, unha mestura de creatividade que da lugar a un traballo, como o seu nome suxire, que se ispe de abalorios: tan só unha guitarra e unha voz dan forma a dez temas de composición propia, e dúas adaptacións tradicionais.

O obradoiro e o concerto serán na sala I do Edificio Miralles. A entrada será de balde (terán prioridade os incritos nas Xornadas).

Mércores 6 de abril

16:00 Obradoiro de regueifa: Bieito Lobariñas, Pinto d'Herbón, Aíd
17.45 Concerto: Guadi Galego e Guillerme Fernández (ESPIDO)
LUGAR: Sala I do Edificio Miralles. CUVI

ORGANIZA: Asociación Trabalingua
COLABORAN: Universidade de Vigo (Extesnión Universitaria) e Concello de Vigo (Concellería de Xuventude e Igualdade)

Programa Completo

MÉRCORES 6 DE ABRIL. Mañá 9-14

9:00 – 9:50 Analizar o momento actual da música galega, difusión da oferta musical para a mocidade que existe na actualidade.

-Vituco (Ruxe Ruxe) de Planeta Furancho (Radio Galega).

9:50 –10:45 Os artistas contan a súa experiencia á hora de gravar as súas cancións, ensaiar, sacar a súa música a rúa. O estado do musical dende a perspectiva do artista.

-Uxia Senlle e Natxo Kogito

10:45 – 11:00 Proxección e presentación do videoclip "Galego" de El Puto Coke.
11:00 – 11:30 Proxección dun vídeo de komunikando.tv
11:30 – 11:45 GALEOKE, A música que levas dentro.
11:45 – 12:00 Descanso
12:00 – 12:30 Os festivais como axentes dinamizadores da música galega

-Alfonso Blanco Torrado: organizador do festival de Pardiñas (Guitiriz)
.
12:30 – 14:00 Reflexionar sobre porque a oferta actual musical para a mocidade non é suficientemente visíbel, forte e estábel. Os axentes que están un chanzo por riba do artista: os promotores e produtores musicais.

-Daniel Fernández (O toxo rabudo)
-Komunikando.net (Denís Mutante)
-Debate, preguntas entre os asistentes e os tres últimos poñentes.

MÉRCORES 6 DE ABRIL. TARDE
16:00 - 17:30 Obradoiro de regueifa
Obradoiro de regueifa con dous regueifeiros da asociación Oral (Bieito Lobariñas e Pinto d'Herbón) e con Aíd (Aida Alonso Iglesias, estudante da Uvigo, e popular rapeira de Valladares).
17:40 – 19:00 Concerto.
Concerto de Guadi Galego e Guillermo Fernández (ESPIDO)

XOVES 7 DE ABRIL. Mañá (9-14)
Conclusión e peche das Xornadas.

9:00 – 11.45 Conclusións audiovisual, feche, debate
-Antón Reixa: produtor e editor
-Xosé Manuel Olveira (Pico): presidente ADG
-Martín Pawley (crítico de cine)

11:45 – 12:00 Descanso
12:00 – 13:45 Conclusións música, feche, debate
-Xurxo Souto
-Ovidio Rodeiro, director xeral de Xuventude e Voluntariado
-Xabier Alonso (xerente da Fundación Illa de San Simón), en nome de AGADIC.

13:45 – 14:00 Clausura das Xornadas:
-Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria
-Representante da Asociación Trabalingua

http://trabalingua.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2011 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
A vitalidade de Sondeseu quere conquistar Vilagarcía
A orquestra folk promete «moita alegría» para a actuación que ofrecerá este sábado, a partir das nove, no auditorio

Sondeseu é, como onte explicaba un dos seus integrantes, Xaquín Xesteira, o froito dunha experiencia didáctica que comezou hai dez anos e que hoxe xa está asentada e con tres traballos discográficos no seu haber. O terceiro deles, que leva por título Barlovento, será o que centre a programación do concerto que este sábado a formación ofrecerá no auditorio de Vilagarcía a partir das nove da noite. A actuación inclúese na programación conxunta que desenvolven o Concello de Vilagarcía e Novacaixagalicia.

As entradas xa están á venda para quen desexe mercalas de xeito anticipado. Pódese facer a través da páxina web www.servinova.es ou chamando ao número de teléfono 902 504 500. Tamén se poderán adquirir o mesmo día da actuación na billeteira do auditorio a partir das sete da tarde. Os prezos son de oito euros na zona A, seis na zona B e tres na zona C do patio de butacas.

Sondeseu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. Con corenta músicos sobre o escenario, o seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados polos responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Naceu no ano 2001 a partir do antigo departamento de música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, hoxe Escola municipal de música folk e tradicional. Foi concebida como unha experiencia singular que persegue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade.

Nos seus concertos interpretan «muiñeiras, xotas, pasodobles,... todo con moita alegría». Trátase dunha «celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana».

A orquestra está dirixida por Rodrigo Romaní, director tamén da sección de arpas; Anxo Pintos é o director da sección de zanfonas e presidente da Fundación Sondeseu; Xosé Liz, coordinador das seccións de requinta e bouzouki; Alfonso Franco, responsable da área de violíns; Francisco Javier Feijoo, Chisco, director da sección de canto; e Xaquín Xesteira, director das seccións de percusión e gaitas.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2011 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ultraqans
Na Galiza sen ánimo de ofender a ninguén, cando falamos de orixinalidade na música, case a collóns temos que falar desta banda de vellos foraxidos curtidos en centos de batallas(non so musicais, canto mal fixo o alcol nesta xuventude) en diferentes bandas; bandas que non vou nomear, e se non sabedes cales son, buscade un pouco, preocuparvos de saber que non o vou facer eu todo.

Co galo da gravación do seu novo traballo, puxenme en contacto con eles por medio do correo electrónico, non por que tivera medo de atoparme con eles en persoa, senón por que coma dí miña avoa: “nunca se sabe”. Bueno, deixome de lerias e quedades co críptico mensaxe que agachan as verbas(e a música) dos Ulträqäns, deixovos cos máis qäns entre os máis qäns, cunha banda chea de talento instrumental e que conta co baixista con máis técnica e menos pelo da Galiza, quedades cos pais do psicofolq!!

P.- En primeiro lugar e para quen non vos coñeza quen formades Ultraqäns? Contade un pouco a vosa historia e miragres.
Ulträqäns ante todo somos un grupo hospitalario. Quero dicer. Feito nun hospital. Os ligamentos anteriores cruzados do xeonllo dereito do Antón teñen a culpa de todo. Foron esnaquizados diante do palco da orquestra “Costa Oeste” nas festas das San Lucas de Mondoñedo. Despois da operación e na pertinente baixa laboral, decidiu mercar un contrabaixo eléctrico fabricado na China comunista. Despois atopou a Aarón, que tocaba a frauta cunha man reconstruida despois de ficar tronzada en mil anacos nun accidente de tránsito precisamente na porta do mesmo hospital. E como moito non tiñan que facer, gastaron o tempo en chamar aos colegas e montar a banda.

Penso que deberiamos estar patrocinados por unha ortopédia ou algo así.

P.- Cal é a intención ó montar a banda? Que queredes transmitir coa vosa música?
A intención é ben clara, practicar sesións de rehabilitación, terápia ocupacional, desenvolvimento das articulacións, sincronización de movimentos, etc.

Coa nosa música só queremos transmitir unha mensaxe paz, amor e esperanza para os tolleitos.

P.- Hai xente que vai de duro, outros van de jebis, e vos ides de ser “moi qäns”, por que sodes tan “qans”? Tendes moi bó olfato, mordedes moito, tendes malas pulgas ou é máis ben no sentido peiorativo do termo? Por que ese nome?
O can é evidentemente un animal superior. Lambe as feridas e cúra-as. Que lle pregunten a San Roque. Ademais, é quen de levar un pequeno barrilete pendurado do pescozo repleto de brandi, licor café e menciñas diversas. Ademais, cando estamos maliños (non sei porque) levamos un colar de plástico ao redor do pescozo en forma de funil, supoño que para que non nos manquemos ou algo así.

Polo demais, podes andar a catro patas en pelotas, defecar e fornicar na rua con total naturalidade diante das forzas de orde pública.

P.- Simplificando moito e rendindonos as etiquetas, que vos considerades, uns punkis tocando folk, ou uns folkis tocando punk?
Eu penso que a contestación á pregunta é…. mmm…. mmmm ……mmmmm…. WOUF!! WOUF!!!

Hai algo mais punki que unha foliada gaiteira brava a altas horas despois de 7 garrafas de LK?

P.-Que novidades poderemos escoitar no voso novo traballo? Que nos podedes contar del? Quen o vai editar?
A verdade é que somos un grupo en constante terápia metamórfica. O que escomenzou sendo unha história para tocar nos festivais veraniegos do ano 2008, cunhas versións do folclore tradicional balcánico e “celta” aceleradas e con arranxos moi simples, fumos de vagar pero sen pausar, evoluindo. Primeiro escomenzamos con temas cantados. A día de hoxe case a metade do repertório é cantado. Despois fichamos a Tomás co acordeón, e ese reforzo propulsounos logaritmicamente cara o planeta onde fabrican a caña de herbas e o paroxismo.

Tras 3 anos de tocar nun sitio e noutro, chegamos ao noso primeiro disco “Ulträqäns” (con diérese!!), no que recollemos as nosas paranoias e as nosas teimas. Por certo, penso que chegamos a un son que é inclasificável, unha espécie de folk-punk-progresivo, un chisco herdeiro do que faciamos hai 10 anos cos xa vellos Papaqueixos.

Por certo, editamos o disco nós mesmos. Neste país e neste tempos só nos queda o “fai-no ti mesmo”!!. Todo en Creative Commons e Copyleft, por suposto. E con 0 euros (que no troco son 0 pesetas, 0 escudos e 0 sextércios) de subvención.

Recomendo á grande masa a sua compra compulsiva!!

P.- Por que música instrumental, por pureza musical, preguiza a hora de facer as letras ou por que sodes conscientes de que cantades rematadamente mal?(tamén pode ser por outro motivo)
Ha, ha!! Cantamos que te cagas (literalmente). En princípio decidimos facer música instrumental porque éramos uns fodidos talibáns. A música instrumental hai que reivindicala: Mozart facia música intrumental, o gaiteiro de Soutelo facia música intrumental, Ennio Morriconne facia música intrumental, os grandes Pekenikes tamén… Agora seguimos sendo talibáns pero disimulámolo un chisco…

P.- Estades influenzados nalgunha medida polo rock progresivo e de ser así decideme alguns nomes desas bandas ou músicos?
Non só progresivo. As influéncias claras da música dos Ulträqäns seguen esta receita.

Cóllase unha pota exprés, e nela, introducimos a Wheater Report, Fuxan os Ventos, Yes, Kortatu, Bela Bartok, Jeff Beck, Os Diplomáticos de Monte Alto, George Gershwin, La Polla Records, IronMaiden, Cañita Brava (de feito nós temos a honra de ser tamén a sua banda!), Outeiro (un grupo de jazz rock galego dos 80), algo de música de Botswana, Víctor Jara, The Police, Gwendal, uns cantos kalashnikovs, tapa de zorza e de raxo, Leño, Os Rastreros de Chantada, Listz, The Pogues, Pegasus e por suposto Xil Ríos. E todo esto que digo non é de coña.

Por certo, moi importante, para abrir a pota exprés hai que poñer unha válvula e esperar que purgue o vapor a presión (coñezo casos moi curiosos que precisamente remataron en, como non, hospitais…). Pois no noso caso, non. O golpe de presión ten que facer tremer as perniñas de ques deguste semellante prato!

P.- E do jazz que me dicides, escoitase jazz na vosa música, sobre todo nas liñas de Antón, quenes son os vosos referentes nese estilo?
Jaco Pastorius, Paco Jazztorius, e tamén algo de Plastorius.

P.- Creatividade ou técnica musical?? Que pensades que é máis importante??(fora de que o ideal sexa unha mistura das dúas)
O ideal é ter salú e non levar un gholpe! E por suposto, é imprescindível carecer en todo momento de calquera escrúpulo musical!! A día de hoxe está case todo inventado, se non hai atrevemento en argallar unha nova linguaxe musical (toma pedantería!), acabas por facer os mesmos esquemas estandarizados e repetitivos unha e outra vez, unha e outra vez, unha e outra vez…

P.-Como gravades, todos xuntos, por partes e por que o facedes así?
Gravamos como mande o noso sheriff-técnico de son-produto-pastor da xauria que somos. En realidade, chegamos ao estudo con moita ansia… e para ordear todo eso está o xerador de critério Tomás Axeitos. Ben deitamos del!!

P.- Onde gravades o disco e por que? Por que Arturo Vaquero para masterizalo?
Gravamos co noso técnico e nembargantes amigo Tomás Axeitos (Compañía do Ruído, Bonovo, Galegoz, The Homens…) nos estudios “Amil” na Coruña, que é tamén o noso local de ensaio e laboratório harmónico. Masterizamos nos estudios “Abrigueiro” de Friol co grande Arturo Vaquero porque precisamente el é un máster.

Recomendamos a todo músico na Galiza que traballe con calquera destes dous, e non só terá bós resultados, senón que tamén aprenderá moito de música e de producción sonora.

Por certo, para ser un bó profisional non só hai que saber manexar máquinas, cables, micros, potenciómetros… tamén hai que saber tratar á xente e sacar o mellor de cada persoa que se pon no trance de gravar. E estes dous saben moito deso. Farto estou de técnicos arrogantes que fracasan no trato persoal coa xente.

P.- Cal é o voso soporte físico musical preferido? Que pensades da “volta do vinilo”?
O noso soporte musical preferido é o que nos soporte… non! En serio, o noso soporte musical preferido é aquel que tamén serva de comida, por exemplo, un bocata de xamón ou de filetes empanados… Non! En serio… que volta o vinilo???

P.- Considerades que se pode ser unha banda política sen letras? Sodes unha banda política?
Letras temos moitas, temos a U, a Q, a T… polo demais, só podemos dicer que a afirmación central aristotélica encol da política é que o ser humano é un animal político por natureza, esto non significa que o home seguindo a natureza se asocie e viva en comunidade xa que tamén existen moitos animais sociais, significa que organiza a “polis” politicamente, dicta quen exerce o poder e como se exerce. O ser humano se non vive na polis está incompleto, tende a formar unha sociedade politicamente organizada.

Pero nós somos cans, e na Galiza xa sabemos que hai tres tipos de cans, o “can palleiro”, o “cancodrilo” e o “canselleiro”, penso que nós somos dos primeiros, WOUF!

P.- Como vedes a actual escea(ou coma lle queirades chamar) de grupos cantando en galego? Credes que a xente nova percebe e segue a este torrente de creatividade que diria Xurxo Souto?
Moi boa, mellor ca nunca. Non imos citar a ninguén en especial, xa que fariamos unha lista de camaradas e amigos enorme, así que recomendamos que visitedes www.komunikando.net e que lle botedes un ollo!!

Efectivamente, Xurxo fixo un traballo impresionante na sua época do “Aberto por Reformas”, continuado por Vituco Neira na Radio Galega Música. Ese programam abriu as portas da música galega e abriu as orellas da xente ao torrente criativo galego. Lamentávelmente dende o 2009 ese programa a pasaron da emisora principal a unha secundária, ve-se que a alguén non lle interesa en absoluto que todo esto se coñeza…

P.- Esta para Antón, que queda daquel rapaz(que eu coñecín jaja) con pelo que estudiaba en Lugo e tocaba nos Papaqueixos? E para todos, que tendes aprendido, temas técnicos a parte, tras todos estes anos tocando(nas vosas diferentes bandas) sobre a música?
De Antón queda todo menos pelo!! Aprendimos moito: xeografia (de rular por aí!), contabilidade (de estirar os poucos cartos que temos até o infinito), electrotécnia (de pelar e soldar cables!), antropoloxia (de tratar con antropoides).. e sobre todo que a música na Galiza, non sabemos moi ben se dá para viver, pero o que si que dá é para beber!

P.- Dicidime unhas verbas, as menos posibles sobre:
-13th floor elevators: “Matar hippies nas Cies”

- The Ramones: “Matar punkis nas Cies”

-La Polla Records: Evaristo grande craque!

-John Coltrane: “A Love Supreme” (e asua prima)

-Johnny Cash (dadevos conta que tiña nome de banqueiro): Buff moito country and western 

-Alberto Nuñez Feijoo: Buff pouco country pero moito western 

-Obama: Ese é o prémio nóbel da Paz? Por certo, paz en inglés pronuncia-se “pis”

-The Beatles: Paul un pigho. Ringo mola o corte de pelo. George un fumao. John “Matar hippies nas Cies”

-Zënzar: Grandes, enormes, uns clásicos obrigados. Ademais tamén teñen diérese no nome!!

-Kozmic Muffin: Magdalena Cósmica! Moi bós músicos por certo.

P.- Utilizades estupefacientes para estimular a vosa creatividades ou xa a tendes ben “estimulada” de fábrica?
Si, claro, ti non???

P.- Veña “vacas a rúa”..digo..dicide o que queirades…
O LEITE CONTINUA!!!

MUUUUUitos bicos a todo o mundo e gastade os cartos en mercar música galega, hoygan!!

http://rockisome.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Noitarega

O auditorio municipal acollerá o vindeiro sábado un concerto do grupo de música tradicional Noitarega, no que presentarán o seu disco XXI.

-¿Que é XXI?
-Son os anos que levabamos tocando xuntos cando sacamos o disco. Ademais, interésanos facer música tradicional perfectamente adaptada para os ouvidos do século XXI.

-¿É momento de facer balance?
-Si porque durante este tempo mantivemos unha traxectoria de coherencia estética e musical. O disco reflicte tamén algunhas pequenas evolucións que estivemos levando a cabo, elixindo algúns tipos de gaitas diferentes en tonalidades, frautas e incluso gravamos unha peza con gaita e piano.

-¿É unha contradición a intención de renovar o folk?
-É unha necesidade, como para calquera posición estética artística. Hai que darlle saída á creatividade dos músicos. En Galicia temos a sorte de ter moita oferta, dende o máis tradicional até o folk máis renovado. Nós estamos nun punto de equilibrio.

-¿Notaron algunha evolución no público nestes anos?
-É moito máis ecléctico que entón, afortunadamente. Teño alumnos de gaita que levan no MP3 unha peza de Noitarega xunto a un éxito de música pop.

-¿Hai, entón, máis xente formada musicalmente?
-Si, entre todos fixemos un esforzo de normalización musical, que aínda non está rematado pero si moi encamiñado no ensino e nas calidades finais dos produtos nos concertos e nas gravacións. Si hai agora un público máis formado e moito máis aberto, que esixe calidade e un abano máis amplo.

-¿Como foi a vosa experiencia co público de fóra de Galicia?
-Boa. Lembro cando tocamos en Estados Unidos que atopamos un público moi heteroxéneo, pero ao mesmo tempo moita presenza galega, que da a seguridade e a calma de tocar para a xente da túa terra. Comprobamos que o Arco Atlántico interesa moitísimo musical e culturalmente en aquel lugar.

-¿O folk galego ten máis dificultades para tocar en España que no estranxeiro?
-Quizá teña que ver máis con outras concepcións e prexuízos sociolóxicos que coa música. É moi fácil mover un grupo de folclore por España porque hai moitísimos festivais e entre eles funciona moi ben o intercambio. Cando xa falamos de grupos profesionalizados, co seu palco, caché e o seus concerto empeza a ser un pouquiño máis difícil.

-¿Como vai ser o concerto?
-Quixemos contar con moitos dos colaboradores do propio disco e algunhas persoas máis que valoramos persoal e musicalmente. Vai ser un paseo constante de invitados e nós sempre no medio.

-¿Quen estará?
-Van estar Anxo Pintos, Susana Seivane, Luís O Caruncho, Berto Costas, Xaime Estévez, Roberto Comesaña, Silvia Costas, Coral Lago, Pandeireteiras Grialia, Nuria Lorenzo e catro bailaríns de O Fiadeiro.

-Chama a atención a presenza da mezzosoprano Nuria Lorenzo.
-Pois Alborada galega, de Pascual Veiga, é unha melodía moi tocada polos gaiteiros en todos os tempos e polas bandas sinfónicas pero rara vez se ten cantado. Nós gravámola nun arranxo precioso, de Roxelio de Leonardo Bouza. Démonos conta que podería ser unha nota de distinción e unha reivindicación de esa letra, ademais a calidade de Nuria é impresionante.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2011 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Vodas de prata da música celta
Luar na Lubre fai 25 anos sobre os escenarios con 12 discos

Sen lle dar máis voltas, en Galicia soamente cumpriron 25 anos de actividade continua nos escenarios -fóra solistas ou orquestras- Milladoiro e Siniestro Total. Nese olimpo das vodas de prata co público entra este ano Luar na Lubre, o grupo de música celta nacido na Coruña da man de Bieito Romero. A primeira condición para manterse ese tempo é a acollida do público. A segunda, que as friccións inherentes a calquera colectivo de seres humanos en forzada convivencia (oito músicos, neste caso), e con creatividade polo medio, non provoquen unha implosión que o destrúa, ou unha explosión que catapulte os seus membros a outros proxectos.

En canto á primeira das variables, a do público, a traxectoria de Luar na Lubre está marcada por 12 discos, dous deles -Plenilunio (1997) e Cabo do mundo (1999)- de ouro, cando o ouro eran 50.000 discos e non 30.000. En total, 300.000 copias vendidas. Manteñen unha media de 20 actuacións por ano, que os levaron a 23 países. "Eu penso que a razón de manterse é a da coherencia musical, facer o que pensas que hai que facer e evolucionar sen perder as orixes. Logo hai factores externos, como ter a grande sorte da relación con Mike Olfield, en 1992, que nos axudou a situarnos fóra do telón de grelos. Para vivir da música é necesaria unha proxección exterior", di Bieito Romero, o gaiteiro e líder de Luar na Lubre. Sobre todo porque agora "nunca tanto, tan variado e tan bo houbo na música galega coma hai hoxe, pero non está acompañada do aspecto empresarial", asegura.

O segundo piar para a supervivencia, o da cohesión interna, quizais se asente no claro liderado que exerce Romero. O aludido non o nega, pero tampouco o confirma: "O liderado pode influír. É unha forma de traballar que a xente entende e comparte. Sentímonos cómodos". De feito, no seu cuarto de século de vida foron un grupo bastante estable malia os cambios de cantante (Ana Espinosa, Rosa Cedrón e agora Sara Vidal), ese posto que soporta en boa medida a imaxe dun grupo, en equilibrio inestable coa dirección musical.

Bieito Romero é da Agra do Orzán, o barrio coruñés onde tradicionalmente se asentaron os de Bergantiños, a pesar da súa orixe está en Niñodaguia. Comezou a tocar a gaita tarde, aos 16 anos, aprendendo pola súa conta cunha fabricada en serie en Valencia. "Era un bicho raro. Mesmo cando iamos á aldea e parabamos nunha gasolineira, o meu irmán maior rifábame porque eu mercaba casetes de corais e de gaiteiros". Pese a que non se deu profesionalizado ata 1999, Romero sempre viviu da música, como gaiteiro do Ballet Rey de Viana ou dando clases.

Xan Cerqueiro, que se achegou a Luar na Lubre con 16 anos, tamén era un bicho raro. "A pesar da miña formación coa frauta traveseira, sempre me atraeu o folk", di. Patxi Bermúdez, outro dos orixinarios, foi, porén, recrutado. "Eu antes era vasco. Non tocaba nin a zambomba. Empecei a tocar o tambor para acompañar a Bieito", ri Bermúdez. Agora domina o bodhran e o djimbek. Luar na Lubre ensaia dúas horas, tres días á semana.

Xulio Varela (bouzouki, voz e percusións, aínda que no ensaio toca a guitarra) é tamén dos pioneiros. "Aguantamos por militancia, por crer na música que estás facendo, aínda que non exista nas radios e nas teles", aproveita para queixarse. Os demais non é que sexan recén chegados. Pedro Valero é un clásico do heavy coruñés que leva nove anos no grupo. "Era amigo de Xan e ficháronme. A vantaxe do folk é que podes vivir diso", xustifica. Tamén Xavier Ferreiro, o especialista en percusións latinas e efectos, tiña unha traxectoria vencellada aos ritmos latinos e ao jazz.

A quen o folk lle veu máis a trasmán é a Eduardo Coma, que comezou a estudar violín aos seis anos na súa Cuba natal. "Aínda que o que me tiraban eran os bongós". Tivo o seu primeiro contacto coa música galega cando a muller lle cantaba Fuxan os Ventos nas viaxes en coche. "No primeiro concerto, en Extremadura, chorei porque compartín os sentimentos dos emigrantes, como tamén son eu". Emigrante, pero menos, é a lisboeta Sara Vidal. A primeira vez que soubo de Luar na Lubre foi facendo o camiño de Santiago, cando lle escoitou a unha rapaza na frauta unha melodía que a namorou, O son do ar, o primeiro hit do grupo. O traballo fin da carreira de Xestión Cultural era organizar un festival intercéltico en Lisboa, para o que convocou a Luar na Lubre. "Logo vin estudar a Ferrol e comecei a contactar con eles, ata que me escolleron no casting para substituír a Rosa Cedrón".

As vodas de prata collen a Luar na Lubre nun xiro que comezou con Solsticio, o seu último disco, centrado na lírica medieval galaico-portuguesa e con máis presenza de guitarras eléctricas e programacións. Pero o futuro non depende soamente da evolución musical. "Houbo un punto álxido a finais dos noventa. Na Generalitat preguntábanlle a Pérez Varela como a música galega acadara esa repercusión internacional", di Bieito Romero. "E virán outros bos momentos, a pesar de que as vendas non son as de antes de Internet. Tes que abrir portas en todas partes, pero non pechar a da túa casa, porque é a onde tes que volver".

Folk, celta ou que?
"Os animais de dous en dous, u-ah!, u-ah! Van subindo á Arca de dous en dous..." Os animais, que abría o disco Camiños da fin da terra, é un dos temas máis populares de Luar na Lubre, practicamente unha cantiga popular en Galicia. A música é a da vella canción antibelicista irlandesa Johnny I hardly knew ye, a letra do escritor Xabier Cordal, e non deixa de ser unha versión do tema dun spot que anunciaba un coche. Iso é folk (a asunción como popular dun tema gravado), celta (pola orixe irlandesa)?

"O de música celta é unha etiqueta coa que estamos cómodos, é un modo de facer música, non unha moda. Grazas a ela, a música galega acadou a internacionalización, e non estás enganando a ninguén porque temos relacións claras coas outras músicas atlánticas. Por outra parte, o folk é tamén un xénero relativamente moderno, dos anos sesenta do século pasado", analiza o líder de Luar na Lubre. "O que está claro é que desde o momento en que estás aí, para uns o que fagas non é puro, e para outros é demasiado puro. O importante é que se fale do que fas".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2011 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Programación de abril na Casa das Crechas (Compostela)
www.casadascrechas.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ultraqans
Os Ulträqäns fabrican un punk-folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo.

Os Ulträqäns naceron coa idea de darlle outra volta ao parafuso da música do novo milenio, forxando un son orixinal e non catalogábel, pero que dan ao tempo coa fórmula de provocar o baile intenso no seu público.

Cinco experimentados músicos inzados de retranca e bo humor que só queren xolda, paixón e frenesí.
Ulträqäns é un choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas con furia zoupadora de varios quilo-estalos.

Que o desfruten. Chipirixouba!

O disco de Ulträqäns sae en abril do 2011.

Ulträqäns son:
Aarón Bouzón: frauta travesa, Ewi4000s, whistles e gaita
Antón Díaz: voz, baixo e contrabaixo eléctricos
Fran Amil: batería
Tino Vilaro: guitarra
Tomás Saiz: acordeón piano

www.myspace.com/ultraqans





Concertos:

[09-04-2011]Noites do Rebumbinho
Pub Mirinda, O Porriño (Pontevedra)

[16-04-2011]Discoteca Discordia -Maceda

[23-04-2011]Pub Oxígeno, Celanova (Ourense)

[29-04-2011] Padrón (A Coruña)

[18-06-2011] San Xoán de Piñeiro, Mugardos (A Coruña)

[05-08-2011] Bretoña-Lugnasad



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-04-2011 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Doa



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-04-2011 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Nova produción de Quique Peón

"ALÉN DA CROA"

Despois do grande éxito acadado co seu primeiro espectáculo "Ovay", que mesmo chegou a ser escollido para participar nos prestixiosos Festivais 2010“Madrid en Danza” e "Free Theatre" en Amman (Xordania), a compañía de danza galega "Quique Peón Cía." comeza a súa segunda produción que levará por título "Alén da Croa".


Con esta nova montaxe a compañía coruñesa levará a escena unha obra baseada nas lendas galegas das mouras, co obxectivo de poñer en valor estas fermosas historias que forman parte do imaxinario popular da cultura de Galicia.
"Alén da Croa" será un espectáculo global no que se fusionarán distintas linguaxes de danza, a tradicional galega, a oriental-tribal e a contemporánea, así coma outras artes escénicas coma o teatro ou a creación musical, todo amparado nun marco netamente contemporáneo e actual.

Os días 23 e 24 de febreiro tiveron lugar as audicións para elixir aos sete bailaríns e bailarinas que conformarán o elenco e que subirán a escena dirixidos polo bailarín-coreógrafo Henrique Peón Mosteiro, sendo a primeira vez que se realizan provas de seleccion abertas para a rama de danza tradicional, o que supón un paso máis na profesionalización deste sector.

A compañía, que está traballando intensamente na produción e montaxe da obra, ten programada á estrea deste novidoso espectáculo no mes de Novembro deste mesmo ano.

Producción QUIQUE PEÓN Cía
Alcalde Lens 25B - oficina 11-1
15010 A Coruña
Tfno: 881 104 374 / 605 929 460
info@quiquepeon.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2011 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar aberta contratación 2011 e novos proxectos
ZENZAR é o grupo de rock en galego mais veterano en activo, por iso cada ano que cumpren é unha celebración para o seus membros.

Hoxe en día quén conta con Zenzar para o seu festival, sala, etc aposta sobre seguro, por profundidade de repertorio, polo seu són contundente e compacto. E polo seu saber estar enriba dún esceario e todo con un caché asumible.
Zenzar está levando a cabo neste anos unha evolución lenta, pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións sen perder a súa seña De identidade: rock en galego.


No seu último disco, "A Tribu" contan con colaboracións coma a de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvár ( ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama ( ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box galego, tamén de Cerceda) ou percusionistas coma Manolo Suarez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares procedentes do seu entorno musical autodidacta

No 2010 chegaron a compartir escenario con ROSENDO, Sinkope, Kaótico ou Segismundo Toxicómano ao tempo de compartir con multitude de bandas galegas. Tanto pisaron grandes escenarios de verán (Karraskal Rock, Arreaocabo2010...) coma pequenos festivais máis modestos e "garitos" onde o corpo a corpo co público ten grande valor ou mesmo festivais solidarios cos veciños da planta de gas de Ferrol ou contra as minas de cuarzo na Terra Chá. Tamén foi presentado ao vivo para a TVG onde tamén compartiron programa con Rosendo e onde interpretaron o xá clásico "A Culpa Foi de Leño" e que podes ver aqui



Recentemente fixeron un concerto para a Radio Galega música e produciron un video da versión acústica do seu "Tiven un Bar" con sabor a Bossa Nova e que pòdes ver aquí



A TRIBU é o xa 5º disco (aparte dos diversos recompilatorios) que supuxo un paso máis na constante evolución dunha banda que é a decana do rock galego con máis de 20 anos en activo e con so un cambio na súa formación.
Todos os traballos a excepción do 1º alo polo 97 foron todos editados de forma independente, logo de asinar contrato de 3 discos cunha editora e solicitar a súa rescisión por motivos ideolóxicos. Sobre todo, disfrutan co rock e por iso deciden traballar aínda que de xeito máis precario, con absoluta independencia. Eso si, sempre producidos polo reputado Javier Abreu que ten traballado con bandas coma Boikot, Dakidarría, Sugarless etc.

Para este 2011 contar traballar na composición de novos temas coas mesmas ganas que aló a finales dos 80, pero con máis madurez e serenidade! Para o que será o sexto disco da banda, que queren que saia a primeiros do 2012.
Tamén Existe a posibilidade de incluir con este novo disco a edición dun dvd en directo co concerto dado en Cerceda no ano 2009, pero cando aínda está por determinar.

Ao mesmo tempo no deixarán de dar concertos, tendo xa pechadas dúas datas que son as seguintes:
12 maio 23h. no Forum Celticum de Culleredo
20 maio 00h no pub Gatos de Melide.
12 agosto festival Barqueirock-O Barqueiro


Saber + do grupo e do último disco


Para saber máis de Zënzar e do seu último disco
http://www.myspace.com/somoszenzar

CONTACTO: 620599007 - 615512023
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 4

Terza feira 5 (Martes)
• Cuarteto Caramuxo na Casa das Crechas (Compostela)
• Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández no Auriense (Ourense)

Corta feira 6 (Mércores)
• Guadi Galego e Guillerme Fernández no Eficio Miralles (Universidade de Vigo) ás 17:30
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 7 (Xoves)
• Aló Irmao no Auditorio Municipal de Vigo
• Xose Manuel Budiño na Casa das Crechas (Compostela)
• Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 8 (Venres)

Sábado 9
• III Xornadas de Baile Tradicional en Compostela
• Noitarega no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
• María do Ceo no Teatro Principal (Compostela)
• Ultraqans, Cuchufellos, Residuos Atractivas no Rebumbio (O Porriño)
• Sondeseu en Vilagarcía de Arousa
• Serán de Angudes (Crecente)
• Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

Domingo 10
• Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Meaño ás 18:30
• Aló Irmao no Aturuxo (Bueu)
• XII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
• Circio no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2011 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 1 (Venres)
• Fracasados de antemano no Pub Oxigeno (Celanova)
• Ith no pub Gatos (Melide)
• Transilvanians na Iguan Club (Vigo)
• O Leo e Arremacaghoná no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• Foliada en Meiro (Bueu)
• Noite de Tasca no restaurante O Cadaval na Pontecarreira (Frades)
• Serán e presentación da Foliada de Melide na sala 600 (Melide)

Sábado 2
• XIII Encontro Millo Corvo (Meiro-Bueu)
• Feira Achegarte (A Coruña): Marta Quintana, Xacarandaina, Luar na Lubre, Pradairo, Noitarega, Tiruleque,...
• Mamá Cabra no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 12:30
• No Cómbaro e As Cantareiras de Alende no Bar de Fredi en Espasante
• Fracasados de antemano no Auriense (Ourense)
• Xosé Manuel Budiño no Liceum (O Porriño)
• Capitan Furilo no JJCopas (Ponteareas)
• Residuos atractivas no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
• Foliada en Rinlo (Ribadeo) no bar A cofradia
• Serán en Pazos (Pontecaldelas)
• Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
• Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
• Serán en Oubiña (Cambados)

Domingo 3
• XIII Encontro Millo Corvo (Meiro-Bueu)
• Feira Achegarte (A Coruña): Pablo Díaz, Pesdelan, Ultraqans, Maghúa, Duplo Son,...
• II Encontro Abeleira ás 19:00 na A.V.C.R. San Mamede de Zamáns (Vigo)
• Guezos no Aturuxo (Bueu)
• Asemblea de Músicos ao Vivo en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2011 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
2 de abril
- Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
- Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
- Serán en Oubiña (Cambados)

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

16 de abril
- Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán en Pinzás(Tomiño)
- Serán Aña Urbana en Pontevedra

21 de abril
- Serán do Sor (O Barqueiro)

29 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)

29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da VII Foliada de Melide
O vindeiro venres 1 de abril presentaremos o programa da VII FOLIADA DE MELIDE na Sala 600.

Para celebralo organizamos un serán no que participarán os grupos:

- HERBA GRILEIRA (Melide)
- LEIRABUXO (Melide)
- TRIMUIÑOS (Toques)
- A MARISTELA (Sobrado)
- OS DA TROULA (Cesuras)


A festa está asegurada!!!... quedades convidados

+ info www.foliadamelide.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
Un ano máis xúntanse os vell@s beiladores e tocadores da redonda de Tordoia pra pasar unha noite ben adevertida, xa saberedes que máis festeiros e rumbantes nos hai!!

Vide tod@s á Ruada en Cabaleiros, que será o 2 de Abril na Sala Calviño, a bailar, cantar, tocar, beberlle un algo ou "parmar" un pouco.

*Haberá sitio onde durmir.
**Para máis info neste correo mirmamente: brisasdoquenllo@gmail.com


Asociación Cultural
Brisas do Quenllo
A Pontraga - Tordoia

Saúdos.

Asociación Cultural Brisas do Quenllo
A Pontraga - Tordoia
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Oubiña (Cambados)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pazos
AACC Os Airiños do Verdugo convídanvos o seu segundo serán o vindeiro sábado 2 de abril.

Así que xa sabedes, se tendes ganas de pasalo ben os Airiños agárdanvos en Pazos a partir das 21.30
Festa Aseguradaaa!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Rinlo (Ribadeo)
Foliada que se vai celebrar no Bar A Cofradía en Rinlo (Ribadeo) o vindeiro sábado 2 de abril.

A foliada ten a asistencia confirmada de multitude de músicos da zona e de moitos dos veteranos gaiteiros da zona de Fonsagrada e Taramundi (Nela ,César Fernández, Connstante, Desiderio...) dos que aínda temos tanto que aprender.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca e semifinal de Aturuxos en Ponte Carreira (Frades)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Meiro (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-04-2011 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer