Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival dos Gandarós (Salcedo-Pobra do Brollón)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-04-2011 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Sor (O Barqueiro)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-04-2011 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
A sala The Star acolle unha foliada tradicional este xoves
A sala The Star de Carral acollerá este xoves ás 21:00 horas unha foliada tradicional. Despois dun mes de parón, o local de espectáculos recupera estas xornadas de música tradicional improvisada nas que os amantes da música de raíz poden cantar, tocar e bailar durante toda a noite.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-04-2011 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá na Arxentina

Hoxe, mércores, día 20/04/2011

A enriquecedora vida dos emigrantes galegos nun dos seus destinos preferidos, o Río da Prata, convértese no móbil do Alalá especial de hoxe, nunha viaxe pola música tradicional galega na Arxentina e Uruguai, porque cando os galegos marcharon, levaron tamén unha maneira de vivir, de divertirse e de sentir a música da súa terra.


O programa especial Alalá revive aquelas gaitas que soaban nos barcos para animar as longas xornadas de travesía, e que despois, unha vez cruzado o Atlántico, a música galega cobraba vida propia, dando pé a composicións novas que mesturaban os ritmos galegos cos aires de tango. Co paso das xeracións, estes novos sons evolucionaron para dar lugar a distintas formacións e repertorios, pois os nosos paisanos tiveron un gran peso no progreso da Arxentina como país e na modernización de Galicia, ao compás da música galega, que fixo que a mesma Rianxeira se compuxese na outra beira do mar.

Para guiarnos por esta traxectoria da música tradicional galega, no contexto da emigración arxentina, o equipo do programa conta coa axuda de Norberto Pablo Cirio, un antropólogo e musicólogo que amais toca a gaita cos Lucenses, unha das dúas "regionales" -como en Bos Aires chamaban ás compañías de músicos que animaban os bailes das sociedades galegas- que aínda seguen en activo das setenta que chegou a haber.

Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 20-04-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os Morenos referencia obrigada dos gaiteros de Vigo
O músico Xerardo Fernández e profesor Miguel Pérez Lorenzo presentaron o seu libro sobre os intérpretes de Lavadores

“Con esta obra queremos contribuir a nova bibliografía, coidada e de calidade, que se está a facer sobre a música popular galega”. Así xustificó onte Miguel Pérez “Os Morenos de Lavadores”, un libro de Edicións Cumio, con fotografías a cor, partituras e imaxes en DVD sobre este cuarto clásico da parroquia viguesa que se disolveu en 1973 despois de 40 anos de actividade.

Coautor da obra, xunto a Xerardo Fernández, Pérez presentou no Marco o resultado do seu estudio. Abordaron a historia deste grupo xa que “levamos tempo estudando o folclore galego e sempre sae a relucir o nome de Os Morenos, xa que ten importante presenza na música popular e se poden considerar os pais dos cuartos de gaitas, pois son unha referencia obrigada para os gaiteiros de Vigo e de toda a comarca”.
Segundo os estudiosos, a súa pegada chegou ata intérpretes da talla de Ricardo Portela, Xose Manuel Seivane o Moxenas. “Tiñan un toque especial, eran bos músicos cun repertorio moi amplo que ía dende as pezas máis populares ata os temas de moda; e o curioso é que era unha agrupación indepedente, xestionaban eles mesmos os seus contratos e negociaban as festas á marxe dos movementos vencellados a dictadura como a Sección Femenina”.

A historia comezou en 1933 cando dous irmáns gaiteiros, Manuel e José Oliveira Blanco xuntáronse ao Firma e Román na percusión. “As gaitas permaneceron perante os 40 anos e os acompañantes fóronse renovando; só quedan vivos Xosé Suárez, un dos percusionistas máis estables co que gravaran un disco, e algún dos que estiveron pouco tempo na agrupación”.

Pezas como a Jota da Guía levan a súa autoría. Os Morenos xurdiron do forte movemento asociativo que se desenvolveu a comezos do século XX no por aquel entón aínda Concello de Lavadores. De aí saíron nomes como Constante Morena, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Os Barciela ou Miloro, entre outros. A realidade de este Lavadores pode coñecerse a traveso de “Proxecto Lavadores”, una exposición de fotografías da época que acolle a súa Asociación de Veciños (Ramón Nieto, 302).

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-04-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Mercedes Peón
Tradición e modernidade danse a man en Mercédes Peón (A Coruña, 1967). E así, por exemplo, á composición electroacústica únese un labor de investigación etnográfica que indagou na música tradicional, ecolóxica, a que xurdiu de forma colectiva, natural.

- Antes de que as músicas do mundo estivesen en boga, vostede divulgaba a da súa terra. Como foi esta viaxe por Galicia?
O concepto musical do mundo é tratado como menor. A música pop que adquire moitos máis matices nun marco moito máis reducido que a que se está expondo, e por suposto é moito máis difundida, é a que realmente está en boga e soa moito máis globalizada... A música tradicional non ten que ver coa de composición ou posta nun escenario, e moito menos con ese caixón desastre chamado world music. A tradición é a verdadeira música creada colectivamente, de xeito natural ou, usando un termino contemporáneo, ecolóxica. Iso non se pode confundir co meu traballo actual, composición electroacústica, investigación polirrítmica, arranxos musicais e produción. Durante 25 anos dediqueime á investigación etnográfica, pero sobre todo acabei sendo parte deses códigos, dese transo telúrico. A absorción de códigos fíxome gozar do exceso orgiástico en creación colectiva.

- E en que cambiou a percepción do público cara a algo que, a miúdo con notables prexuízos, denominamos folclore?
O folclore é o que representa a un pobo. As muiñeiras son folclore de Galicia; toda galega ou galego sente que lle pertencen. Tradición é a creación colectiva que durante séculos chega aos nosos días con cambios insensibles. Creo que estamos igual que sempre porque, segundo no ámbito no que che movas, hai carencia e confusións. Cuestión de coñecementos.

- Vostede recompilou cantos e bailes tradicionais cuxa pervivencia estaba en perigo...
Galicia é un país único nunha Europa envellecida. chegou ata hoxe folclore e tradición con tal viveza que non fai falta ir aos cancioneros, está na túa familia. Dito isto, o rural e os pobos pesqueiros que vivían fai nada no seu ecosistema están mudando polo éxodo cara ás cidades e, como xa é sabido, de 2,4 millóns de persoas, 500.000 emigraron. Tamén se vive en Galicia un retroceso lingüístico, maquillado como ecuánime, e moi pouco ecolóxico. Podería parecer que está en perigo, pero hai movementos curiosos, naturais, que provocan un fenómeno que creo que é único. Mediante unha páxina web, xente de todas partes de Galicia difunden fiadas ou seráns (festas tradicionais naturais, desa creación colectiva da que falaba). Acoden aos puntos de encontro e viven ese exceso, aceptado e admitido por todos, sen ningún liderado.

- Pero á vez que falamos da música galega, tamén se pode falar de mestizaxe, de influencias. Cales son ao seu xuízo os puntos que se manteñen en común con, por exemplo, as músicas celtas? Este intercambio séguese producindo hoxe en día?
No meu caso non. Nunca me sentín identificada con esa corrente compositiva?.

- fixo colaboracións con artistas como Carlos Núñez ou Kepa Junquera. De que xeito enriqueceuse a súa música?
Neses dous casos, de ningún xeito. Con Kepa participei na gravación dun tema durante unha tarde. E con Carlos Núñez, cando era aínda moi pequeno pediume que lle ensinase e presentase gaiteiros desa creación colectiva. Estivo unha semana na miña casa como sede percorrendo lugares que nunca vira.

Falamos dun mundo globalizado. Pero este panorama, positivo en tantos aspectos, tamén entraña dificultades para a industria musical. Como llas inxenia para seguir adiante?
Teño moita sorte. O meu primeiro disco estivo en 2000 nos primeiros postos das listas europeas. Fun seleccionada como mellor artista de Europa en 2002. Todos os meus discos foron gravados pola BBC, menos este último, que espero que tamén.
Este ano as listas mais prestixiosas de Europa, e referente mundial que fan 23 críticos de distintos paises, designaron a miña última obra como a mellor do mercado. Refírome a World Music Charts Europe. Aínda que non se teña esa sorte de que che consideren hai un cansazo xeral. Necesitamos neste artificio, creado pola humanidade, propostas distintas, posibles xeitos de vivir, de organizarnos. E iso é o que actualmente facemos as creativas, proposicións, intuicións, enfados, humor, e dá igual do ámbito do que vingas ou cal sexa a túa formación.

www.diariodeavisos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-04-2011 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición do Proxecto Runas no Festival de Ortigueira
Festival Ortigueira busca as mellores bandas folk noveis de todo o mundo para abrir a súa edición 2011

O XXVII Festival Internacional do Mundo Celta servirá un ano máis de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do “Proxecto Runas”, convoca aos mellores grupos emerxentes do panorama folk nacional e internacional. As tres bandas finalistas protagonizarán a primeira noite do certame celta, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xullo en Ortigueira (A Coruña), competindo en directo por coarse de novo no cartel do 2012.

Como participar?

As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira- A Coruña), ata o 28 de abril os seus catro mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de composición propia, terán que incluír un breve dossier informativo e os seus datos de contacto.

O concurso está aberto a todos os grupos relacionados co mundo folk e os países celtas. As bandas, "de calquera procedencia xeográfica", terán un máximo de dez integrantes e deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival internacional do Mundo Celta, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.

A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará, como un máis, o voto emitido polos internautas que visiten a web oficial, do 6 ao 23 de maio.

As tres bandas mellor clasificadas abrirán o Festival Ortigueira a noite do xoves 7 de xullo, recibindo pola súa participación unha remuneración para cubrir gastos de aloxamentoe desprazamento de entre 1.500- 1.800 euros, en función da distancia, os grupos nacionais, e 3.000 euros os procedentes doutros países. Con este reforzo económico preténdese redobrar a participación no concurso de grupos estranxeiros, ata o momento anecdótica.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras estes concertos, cal é a formación gañadora. Esta volverá tocar no escenario principal na edición seguinte e embolsarase por esa actuación 4.000 euros.

Máis dunha década de traxectoria

O “Proxecto Runas”, durante anos eixo central da programación musical diúrna do evento, volve probar sorte en horario nocturno, tras a experiencia dos anos 2007 e 2009. Ao longo das súas once edicións anteriores, o concurso “Runas” serviu para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou a formación viguesa The Crass, que estará este ano en Ortigueira como gañadora do ano 2010.


Máis información:
Bases do Proxecto Runas 2011
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-04-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
No tecido obreiro e cultural do país
Un libro disecciona o son e o "toque" dos Morenos de Lavadores

A comezos do século XX, Lavadores era un populoso concello rural, abeirado a Vi­go, no que medraba con for­za o movemento agrarista. A proximidade á urbe indus­trial contribuíu, andados os anos, a un proceso de prole­tarización crecente dos seus barrios e parroquias e a un estourido do tecido asociati­vo cultural e obreiro no que se podería inscribir o nace­mento, en 1933, dun cuarte­to de gaitas, Os Morenos de Lavadores, que, aínda hoxe, pervive no repertorio e no xeito de tocar non só dos gru­pos tradicionais da comarca, senón no de moitos gaitei­ros e gaiteiras de toda Gali­cia.

Os irmáns Manuel e José Oliveira Blanco constituíron o núcleo dunha formación -verdadeiro laboratorio de formas e xéneros musicais-, que recollía o legado doutros destacados intérpretes do seu tempo como Constante Moreda, Francisco Neira ou os irmáns Barciela. Olimpio Alonso e José Suárez, na per­cusión, achegaríanlle, du­rante máis de vinte anos, o soporte rítmico a un conxun­to que, a finais dos sesenta, inmortalizou o seu estilo e o seu toque en varios rexistros discográficos xa lendarios. Toda a historia dos More­nos, o seu contexto sociocul­tural, as súas influencias, as composicións, as particula­ridades técnicas da súa dixi­tación e ornamentación, as festas, bailes e romarías que percorreron -desde a finca de San Roque ao Teatro dos Campos Elíseos de París- e mesmo a súa participación en dúas películas fican agora nun definitivo libro-DVD do historiador Xerardo Fernán­dez Santomé e do musicólogo Miguel Pérez Lorenzo.

No día da República

Publi­cado por Edicións do Cumio, o estudo multimedia compi­la partituras, vídeos e fo­tografías. O libro presentouse o 14 de abril, no Marco de Vigo, no cabodano daquela II República que os veciños e veciñas de Lavadores de­fenderon coa súa vida. Aire Morenos!

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-04-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 18

Terza feira 19 (Martes)

Corta feira 20 (Mércores)

Quinta feira 21 (Xoves)
• Fracasados de antemano no Auriense(Ourense)
• Serán do Sor (O Barqueiro)
• Serán na Sala The Star (Carral)

Sexta feira 22 (Venres)
• Quempallou en Arbo
• Raiba no Zona Cero (Caldas deReis)

Sábado 23
• Ultraqans no Pub Osixeno (Celanova)
• Raiba no Farandula (Vigo)

Domingo 24
• A Roda en Cerdedo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2011 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso Tequexeteldere
O teatro Principal da Estrada acolleu durante todo o día de onte unha nova edición do prestixioso concurso de baile tradicional que organiza a agrupación estradense Tequexetéldere.
Participaron nas catro categorías -por idades-- unha decena de agrupacións e colectivos culturais con escolas de baile tradicional das provincias de Pontevedra e A Coruña.

O teatro encheuse na sesión de mañá, cando competían os grupos máis novos, e rexistrou unha boa entrada durante a tarde. Cada grupo participante -entraron en concurso 22- tiña que está integrado por un mínimo de catro parellas e contar con formación de acompañamento musical.
As agrupacións de Teo e Rianxo levaron boa parte dos premios.

Na categoría dos máis novos, con tres grupos participantes, venceu o grupo O Muiño dá Retorta, do colectivo Pontevella de Teo, por diante do grupo Sete Ferreña de Vai de Roda, de Rianxo. Curiosamente, ambas as agrupacións coparon os premios complementarios ao mellor acompañamento e mellor vestiario.

Na categoría de 9 a 12 anos venceu o grupo Nove Ferreña, de Vai de Roda, por diante de Xeitosos, de Trazo.

Na de 12 a 16 anos gañou o grupo Garagao, de Xacarandaina (A Coruña), seguido do grupo B de Xeitosos de Trazo.

Na categoría maior, de máis de 16 anos e con 7 grupos participantes, impúxose a representación do centro cultural A Pontevella, de Teo -que obtivo o premio maior de 240 euros- por diante do grupo A de Cantigas e Agarimos, de Santiago.

Resultados do VII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere:

Categoria A:
1º "O muiño da Retorta" do CC A Pontevella
2º "Sete Ferreña"de Vai de Roda
3º Donaire

Acompañamento e Vestiario : Vai de Roda

Categoria B:
1º "Nove Ferreñas" de Vai de Roda
2º "C" Xeitosos de Trazo
3º "Tras do Eo" do CC A Pontevella

Acompañamento e Vestiario : Vai de Roda

Categoria C:
1º: "Garagao" da A.C Xacarandaina
2º: "B" dos Xeitosos de Trazo
3º: "Tambo " da A.C Xacarandaina

Categoria D:
1º CC A Pontevella
2º "A" de Cantigas e Agarimos
3º Tahúme

Acompañamento e Vestiario : CC A Pontevella.
Comentarios (42) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-04-2011 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Curso de Cultura Tradicional 2011 (Lugo)
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O XXIX CURSO DE CULTURA TRADICIONAL 2011

21, 22 e 23 de abril do 2011


Os mestres cos contamos para esta edición son:

1 - Na especialidade de gaita: Daniel Bellón
2 - Na especialidede de zanfona: Germán Díaz
3 - Na especialidade de percusión: Miguel Anxo López "Chino"
4 - Na especialidade de baile tradicional: Xabier Feijoo "Chisco"
5 - Na especialidade de canto tradicional: Xabier Díaz

INSCRICIÓNS
Os datos precisos para a inscrición son:

- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfono
- Enderezo
- Enderezo electrónico
- Especialidade na que solicita inscribirse. Cada persoa soamente se pode inscribir nunha especialidade, os alumnos de técnicas de gaita, percusión, canto e pandeireta e zanfona deberán asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

COMPRE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DA MATRICULA

As inscricións pódense enviar a:
email: inscricions@cantigasefrores.com
fax: 982 22 99 66

Prezo da matrícula:
30€ , agás 20€ para socios/as da Asoc. Cultural Cántigas e Frores e da Asociación de Gaiteiros Galegos.

PAGAMENTO NA CONTA: 2091 0152 29 3040026419 de NovaCaixaGalicia.

Os gastos de estadía en Lugo correrán a cargo dos asistentes ao curso.

En breve publicaremos a programación completa do curso.

Contamos con todos vosoutros.!!!!!

www.cantigasefrores.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-04-2011 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros Xarabal 2011

Os días 21, 22 e 23 de Abril celebraranse os VI Obradoiros da Banda de Gaitas Xarabal.
Levaranse a cabo no C.E.I.P. San Salvador de Teis, en Vigo.
A data límite para a preinscrición é o 18 de Abril.


Os obradoiros que se impartirán son os seguintes:
Nome do curso Mestre
Gaita Xurxo Fernández
Percusión Folk Roi Adrio
Percusión Tradicional Iván Blanco
Baile galego (A danza galega: o taller do corpo) Cristian Silva
Afinación David Bellas
Construcción de palletas Patricia Cela


Horarios:
Curso: Horario
Gaita (12 horas) Grupo 1: 10:00-14:00
Grupo 2: 16:00-20:00
Percusión Folk (12 horas) 16:00 – 20:00
Percusión Tradicional (12 horas) 10:00 – 14:00
Baile galego (12 horas) 16:00 – 20:00
Afinación (12 horas) 10:00 – 14:00
Construcción de palletas (24 horas) De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Prezos:
Sen comida Con comida
1 curso 70 euros 95 euros
2 cursos 120 euros 145 euros

PARA MÁIS INFORMACIÓN E PARA INSCRIBIRSE DIRÍXANSE A:

www.xarabal.org
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-04-2011 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 15 (Venres)
• Final IV Concurso de Maquetas Millo Verde (Redondela): Marxe Esquera, A Tarantela Rabuda,...
• Labazada na Discoteca Metro - Vedra
• Fluzo e Fracasados de Antemano no Encontro de Malabares O Retruke - Milladoiro
• The Homens e Projecto Mourente en Ferrol no Auditorio Torrente Ballester ás 20:00

Sábado 16
• Vaamonde, Lamas & Romero ás 21:00 e 22:30 nos Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña
• Ultraqans na Discoteca Discordia de Maceda
• The Homens e Projecto Mourente en Brión no Centro Social Polivalente ás 20:00
• Desqilibrio Mental no Pub Badulake - Ordes
• K-Raxe e Falso Joker na Sala A Reserva - Carballo
• Labazada no Bar Frenopático - Vigo
• Labregos nos tempos dos Sputniks no Encontro de Malabares O Retruke - Milladoiro
• Aña urbana en Pontevedra
• Foliada de Cerqueda
• Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
• Serán en Pinzás(Tomiño)

Domingo 17
• Ith no Aturuxo (Bueu)
• VII Concurso de baile tradicional Tequexeteldere (A Estrada)
• The Homens e Projecto Mourente en Ares no Casa da Xuventude ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
16 de abril
- Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán en Pinzás(Tomiño)
- Serán Aña Urbana en Pontevedra

21 de abril
- Serán do Sor (O Barqueiro)

29 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)

29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-04-2011 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pinzás (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-04-2011 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
VI Foliada de Cerqueda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-04-2011 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Aña urbana en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-04-2011 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
VII Concurso de baile tradicional Tequexeteldere (A Estrada)

Máis información:
www.tequexeteldere.aestrada.com


Debido a boa acollida de grupos participantes e da limitación de aforo do Teatro Principal da Estrada, a organización do evento considerou oportuno, tal e como se indica nas bases, realizar o concurso en xornada de mañán (cat. A e B) e tarde (cat. C e D), facendo en cada xornada o correspondente fallo do xurado.

Os grupos terán que estar unha hora antes do comezo do concurso, pola mañán as 10 h e pola tarde ás 16 h

Entradas:

A taquilla abrirá 30 minutos antes do comezo do concurso. O custe das mesmas será de 3 euros por xornada, puidendose facer reserva das mesmas no correo-e tequexeteldere@gmail.comEsta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla (a reserva farase ata o venres 15 de abril) e teranse que retirar unha hora antes na taquilla do Teatro, se non serán postas a venda.

Comentarios (33) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2011 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de Musicoterapia - O Fiadeiro
MONOGRÁFICO DE MUSICOTERAPIA

Aberto prazo de inscrición
Podes anotarte nos teléfonos: 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com
Duración dun único día, SETE horas

Día: 16/04/11 (Sábado)

Hora: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30
Lugar: Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo)
Prezo socio: 30,00 euros
Prezo non socio: 33,00 euros
Prazas limitadas
Monitora: Xela Conde
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-04-2011 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de Maquetas Millo Verde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2011 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro dos Morenos de Lavadores

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-04-2011 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia de Luis Prego e concerto de pandereteiras en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-04-2011 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
29 bandas participan no Cantalingua 2011

Este ano o Cantalingua quere darlle o protagonismo as mozas e mozos dos centros escolares e o xurado estará integrado por algunhas alumnas e alumnos do IES de Arzúa e algúns dos seus mestres que tamén coordinarán as votacións xunto a responsábeis do Correlingua. Terán uns días para escoitar todos os temas e o 26 de abril coñeceremos aos grupos gañadores. Cada rapaz e mestre que forme parte do xurado poderá votar os tres temas que máis lle gusten.

3 puntos para o primeiro
2 puntos para o segundo
1 punto para o terceiro

O tema máis valorado na rede levará un punto de vantaxe sobre todos os demais.

Como vedes este ano o peso do voto por internet non ten case valor. Serán os rapaces e rapazas xunto cos seus mestres quen escollan o tema do Cantalingua.

Grazas a todos os grupos por participar e ata o ano que ven¡¡¡¡.

www.komunikando.net/cantalingua/
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-04-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
VI Certame Millarock (Ames)
Máis información e bases en:
www.concellodeames.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-04-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
As novas promesas da música tradicional competiron en Arteixo
O grupo Axeitadiñas levan o primeiro premio no día da súa estrea na categoría D nun concurso dominado por Donaire, Tarambainas, Cantigas e Agarimos e O Castro.

O domingo, 10 de abril, celebrouse nun ateigado auditorio de Arteixo o duodécimo concurso de música tradicional organizado pola AX Xiradela, coa presenza de grupos de toda Galiza que comezaron a xeira de concursos neste xa tradicional emprazamento.

A categoría dos participantes de menor idade foi dominada, segundo o xurado formado por Mar Suárez, Tito Iglesias e Anita García, polo grupo Adro de Baio, que conseguiu o primeiro premio, seguido de Laretas da ACF Tarambainas e Pipiriteiras da AC Donaire; ademáis o accésit do vestiario foi para a AF Vento Mareiro.

Xa na categoría B as gañadoras foron Meniñas da ACF Tarambainas de Vigo, por diante de Chuchamel da AC Xacarandaina e Rebuldeiras da AC Donaire, e neste caso o premio ao mellor vestiario foi para Teo, ao grupo A do Centro Cultural A Ponte Vella.

A categoría preliminar á de maiores comprende rapazas e rapaces entre os 14 e 17 anos e liderárona as pandereteiras Lanzalía do Castro, o segundo premio foi para os Xeitosos de Trazo mentres o terceiro premio e o accésit do vestiario foi para o grupo B da EM Cantigas e Agarimos.

Na categoría D as grandes triunfadoras foron as Axeitadiñas da AC Donaire que se estrearon nesta nova categoría cunha vitoria interpretando "Pola vila da Braña" por diante das pandereteiras Muíños de Oliveira, que con "Serán en Pazos de Borbén" quedaron por diante á súa vez de Lilaina con "Serán en Gargamala". De novo Cantigas e Agarimos levaron o premio ao mellor vestiario.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2011 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Videos do concurso Xiradela
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

1º premio: ADRO da A.C. Adro de Baio

2º premio: LARETAS da A.C. Tarambainas




3º premio: PIPIRITEIRAS da A.C. Donaire


Vestiario: CARAMUXIÑAS da A.F. Vento Mareiro


CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

1º premio: MENIÑAS da A.C. Tarambainas


2º premio: CHUCHAMEL da A.C. Xacarandaina

3º premio: REBULDEIRAS da A.C. Donaire


Vestiario: GRUPO A do CC A Ponte Vella

Escola Tarambainas


CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

1º premio: LANZALÍA da AC O Castro

2º premio: PANDERETEIRAS da AC Os Xeitosos de Trazo

3º premio: GRUPO B da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

Vestiario: GRUPO B da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

1º premio: AXEITADIÑAS da AC Donaire


2º premio: PANDERETEIRAS OS MUIÑOS DE OLIVEIRA


3º premio: LILAINA da AC O Castro

Vestiario: GRUPO A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

Lagharteiras


"Riscadela¨ da S.R. de Calo
Comentarios (44) - Categoría: Videos - Publicado o 13-04-2011 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
A galega 'Crebinsky' foi a fita española máis vista na súa primeira fin de semana
A película galega 'Crebinsky' foi a fita española máis vista na súa primeira fin de semana de exhibición


Os bos resultados acadados garante a súa continuidade nas pantallas unha segunda semana



Crebinsky arrancou con éxito na súa primeira fin de semana de exhibición. A expectación pola estrea da película traduciuse nunha boa afluencia de público, que a converteu na película española máis vista en Galicia, cunha recadación media de 1.991 € por sala entre o venres e o domingo. Só se viu superada por superproducións estadounidenses que competían con maior número de copias.

O bo resultado da primeira fin de semana garanten a continuidade en carteleira da produción galega, que agora mesmo se pode ver en cines da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo, Narón e Vilagarcía de Arousa.

Tamén fóra de Galicia obtivo bos resultados nas súas proxeccións en Barcelona, Madrid e Girona, ás que o 15 de abril se sumarán Alicante, Málaga e Valencia.


Nos cines da Galiza:

A Coruña: Filmax El Puerto Centro de Ocio

Santiago de Compostela: Cines Compostela

Narón: Cinebox

Lugo: Multicines Centro

Vigo: Plaza Elíptica

Vilagarcía: Multicines Gran Arousa












Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2011 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Mini e Mero recuperan as coplas da cega de Callás
Os músicos e investigadores do folclore tradicional galego Mini e Mero participaron onte na casa da cultura de Sarria na segunda e última sesión do congreso sobre patrimonio cultural inmaterial cun relatorio sobre os cantos de cego e a cega da localidade sarriá de Callás.

A través dun familiar seu, os investigadores localizaron alá polo ano 1975 unha vintena de coplas desta muller, nacida en 1900 na Pastoriza e residente en Callás. Segundo recordaron, a súa presenza era frecuente nas feiras e romarías, onde percorría as merendas interpretando as súas coplas, mesturadas con algunha que outra «picada» aos comensais en todo un exercicio de «arte».

A temática dos cantos de cego era moi variada, desde crimes ata amoríos. «Eran o noticieiro, ‘O Caso' ou o ‘Interviú' dá época, historias que darían para telenovelas», exemplificaron. Moitas delas non só estaban inspiradas en feitos reais senón que incluso «foron comprobadas».

Ata os anos 20 do pasado século non era estraño ver os cantos de cego acompañados de zanfoñas, instrumentos que foron perdendo espazo para deixar paso primeiro ao violín e a viola e máis tarde ao acordeón, a guitarra ou incluso a percusión, explicaron.

Ambos os músicos foron presentados polo luthier e concelleiro de cultura en Sarria, Xermán Arias, encargado da organización do congreso en colaboración coa Deputación Provincial e o etnomusicólogo Pablo Carpinteiro.

Durante a xornada de onte tamén participou o cronista oficial de Sarria, Xaime Félix López Arias, quen falou sobre o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello. Ademais, asistiron como relatores os antropólogos Xosé Antonio Fidalgo e Xerardo Pereiro, o etnógrafo Clodio González e o lingüista Anxo Fernández Ocampo.

Tras dous días de celebración e unha ducia de relatorios, o congreso foi clausurado coa música de Mini e Mero.

http://elprogreso.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2011 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico: O violín nas músicas do s XXI (Vigo)
Monográfico: O violín nas músicas do s XXI. Alfonso Franco

13 de maio de 2011
16h a 18:30h
Aulas da e-Trad
20 prazas
teórico

Último día de matriculación o 6 de maio 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)

O violín é coñecido mundialmente pola súa presenza no mundo da música clásica, onde está considerado como o instrumento Rey. Sin embargo podemos atopar violinistas na meirande parte dos xéneros musicais existentes, non só na música tradicional sinón tamén nas modernas músicas populares: Folk, Rock, HipHop, ou Dance. Nesta xornada veremos cómo o instrumento máis “culto” foi quen de adaptarse á vangarda musical e crearse un espazo no século XXI.

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 3h.

A continuación do monográfico poderedes disfrutar do III Ciclo de Músicas Inmigradas adicado a Rumanía (mais información no calendario de actividades)

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-04-2011 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición de Outra+Outra
O "Outra+Outra" financiaralles un disco a 12 grupos da Coruña

A Deputación da Coruña e a Fundación Paideia convocarán o programa Outra+Outra 2011.

Así, financiarán o 50 por cento do custo da gravación dun CD a 12 agrupacións musicais da provincia, de todos os estilos musicais, que obterán ademais 1.000 copias.
O requisito é estar na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Máis información na web do centro Mans.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2011 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Posta en común dos alicerces básicos sobre a danza galega
Numerosos asistentes participaron nas III Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos

Numerosos asistentes participaron nas III Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, encontro que naceu hai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, informa o colectivo organizador nunha nota de prensa.

Nestas xornadas preténdese conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galicia, e a maiores presentar métodos e materiais didácticos que acheguen o baile non só ao ambito das asociacións culturais, senón a toda a poboación.

Para impartir as distintas aulas e obradoiros das III xornadas de Baile Tradicional, contouse con Xabier Iglesias, Luis Prego, Manuel Cobas e Francisco J. Feijoo Chisco, todos eles mestres e bailadores de recoñecido prestixio no ámbito do baile tradicional. Ao longo de todo o día, ofrecéronse aos asistentes distintos obradoiros para a aprendizaxe de técnicas de improvisación e realización de muiñeiras, jotas e bailes agarrados así como unha presentación do novo traballo de Pesdelán Na punta do Pé.

Para a realización desta xornada a Asociación de Gaiteiros Galegos contou coa colaboración da Concellería de Cultura e Centros Sociais do Concello de Santiago. A AGG conta neste momento con 800 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galiza exterior. É a entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galiza.

Segundo o presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, "é para nós unha responsabilidade facer que todas as persoas que teñan algo que dicir sobre a nosa música tradicional, en todas as súas vertentes, participen activamente na consolidación deste proxecto asociativo".

A comezos da década dos 70 tiveron lugar en Ortigueira as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais.

Pero foi o 28 de maio de 1988 cando Antonio X. Castro, Xosé Vicente Ferreirós (membro de Milladoiro), Xosé Fernández Costas, Xosé Álvarez Marías, Ricardo Santos, Xosé Domingos Fuciños, Xoan Dominguez Silvar, Xoán Xosé Fernández forman a primeira Xuna Xestora na que actuaría como presidente provisorio o finado e emblemático gaiteiro de Viascón Ricardo Portela.As primeiras actuacións desta primeira xunta xestora foron dirixidas a estruturar o que hoxe é a AGG. Comezouse unha campaña de implantación que acadou uns cento cincuenta socios.

Abren o primeiro museo sobre gaita de fol


Hai uns días foi inaugurada e Cotobade pola Asociación de Gaiteiros Galegos a Casa da Gaita, o primeiro museo didáctico galego dedicado á gaita de fol, á súa historia, á súa aprendizaxe tradicional e a un dos grandes gaiteiros de Galicia, Ricardo Portela.

Na Casa da Gaita pódense ver numerosas gaitas antigas, así como outros instrumentos musicais que acompañaron a gaita de fol. Tamén conta con moita información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia. Este museo, que albergará unha nova sede da AGG, conta tamén cunha exposición de máis de trinta fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como recursos multimedia que permitirán achegar aos visitantes a historia e construción dos instrumentos musicais galegos.


www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2011 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 11
• Maghúa no Forum Folk (A Coruña)
• Sergio Tannus Trío, Fred Martins , Xoán Curiel,... no Pub Ultramarinos (Compostela)

Terza feira 12 (Martes)
• Pé de boi na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 13 (Mércores)
• Roi Casal no Auditorio Municipal de Vigo ás 20:30

Quinta feira 14 (Xoves)
• Conferencia de Luis Prego na Casa das Campás (Pontevedra) ás 20:00, coas pandereteiras de Traspielas (Fornelos de Montes) e Toutón (Mondariz)
• Presentación do libro dos "Morenos de Lavadores" no Marco de Vigo ás 20:30
• Davide Salvado na Casa das Crechas (Compostela)

Sexta feira 15 (Venres)

Sábado 16
• Vaamonde, Lamas & Romero ás 21:00 e 22:30 nos Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña
• Ultraqans en Maceda
• Aña urbana en Pontevedra
• Foliada de Cerqueda
• Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
• Serán en Pinzás(Tomiño)

Domingo 17
• Ith no Aturuxo (Bueu)
• VII Concurso de baile tradicional Tequexeteldere (A Estrada)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2011 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

1º premio: ADRO da A.C. Adro de Baio
2º premio: LARETAS da A.C. Tarambainas
3º premio: PIPIRITEIRAS da A.C. Donaire

Vestiario: CARAMUXIÑAS da A.F. Vento Mareiro

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

1º premio: MENIÑAS da A.C. Tarambainas
2º premio: CHUCHAMEL da A.C. Xacarandaina
3º premio: REBULDEIRAS da A.C. Donaire

Vestiario: GRUPO A do CC A Ponte Vella

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

1º premio: LANZALÍA da AC O Castro
2º premio: PANDERETEIRAS da AC Os Xeitosos de Trazo
3º premio: GRUPO B da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

Vestiario: GRUPO B da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

1º premio: AXEITADIÑAS da AC Donaire
2º premio: PANDERETEIRAS OS MUIÑOS DE OLIVEIRA
3º premio: LILAINA da AC O Castro

Vestiario: GRUPO A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-04-2011 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
• Trioliro Regiueifeiros na Casa dos Druidas (Vilaboa)
• Roi Casal no pazo da Cultura de Pontevedra ás 22:00

Sábado 9
• III Xornadas de Baile Tradicional en Compostela
• Noitarega no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
• María do Ceo no Teatro Principal (Compostela)
• Sés ás 23:30 o Cosmic Popclub de Carballo
• Guntervan no Xancarajazz (Vigo)
• Ultraqans, Cuchufellos, Residuos Atractivas no Rebumbio (O Porriño)
• Festival Noite da Irmandade (Ourense): Trapallada, Ergom, Skandalo GZ
• Sondeseu en Vilagarcía de Arousa ás 21:00 no Auditorio
• Serán de Angudes (Crecente)
• Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

Domingo 10
• Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Meaño ás 18:30
• Aló Irmao no Aturuxo (Bueu)
• XII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
• Circio no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2011 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

16 de abril
- Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán en Pinzás(Tomiño)
- Serán Aña Urbana en Pontevedra

21 de abril
- Serán do Sor (O Barqueiro)

29 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)

29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-04-2011 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer