Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fotos do Serán de Santiago de Oliveira


Aí vai unha nova morea de fotos...

Serán de Santiago de Oliveira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-04-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-04-2009 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar Gaiteiro
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 5 de Abril, ás 14:00 horas, no restaurante Aixiña de Ourense.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidado/as despois do xantar.

Para asistir ao XIV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 1 de Abril, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.

MENÚ
Sopa de Cocido
Cocido
Postre: Bica
Auga, viño, refrescos, café e chupitos.

PREZO
17 euros por persoa, que serán entregados ao entrar.

RESERVA
secretaria@gaiteirosgalegos.com
986 847 074

5 de Abril de 2009, 14:00 h (Prégase puntualidade)

Restaurante Aixiña
988 233 304‎
Finca Sevilla S/N (Xunto Pazo dos Deportes Paco Paz)
Ourense


Quen queira animarse a empezar a festa un pouco antes, pode acudir á Cafetería da Alameda de Ourense ás 12 da mañá, onde se quedará para tomar uns viños antes da comida

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de aturuxos no Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 03-04-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Nova foliada dos Gaiteiros de Monteboi na Madroa (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-04-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Chuvia (Ribeira)

Programa

Venres 3 de Abril

21:00 Pasarúas:
-Os Jalochos, Charanga Punki
-Festicultores
-Os Bodegueros
-Os Chiquilicuatres

23:00 Palco Ruido na Rúa
-Spinning Jenny
-The Homens

Sábado 4 de Abril

10:00 Comercio activo
-entrega do premio “Comercio Activo”, Jinkana polos comercios do Rueiro

-Charanga e Cabezudos (Avante Pincheiros)

12:00 Palco Riveira na Ruta
Maratón musical das bandas de Riveira ata as 20:00

-Tevra
-Bisón
-Big Juan
-Spinal wins
-Penli-K
-Ferreirós
-O Millor de cada casa
-Cristiniña
-Area Vasta
-Belfastt
-Ovos Chocos
-Sede mc

13:00 Palco Ruido na Rúa
- A Tropa da Tralla

16:00 Tatoos na Rúa
Entrega do premio Hosteel

20:00 Palco Equinosio
-Ribeira Enferma
-Galegoz
-Bodega Bodega
-Os Trebóns
-Lamatumbá
-Inllorfeis

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-04-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Balakandra na Coruña
O Sábado 4 de Abril, às 23:00hs. disfrutaremos do Folk Fusión que desde San Sadurniño traem Balakandra ao Pub Garufa de Corunha.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
`Taru e os paxaros coiro´ na Coruña
TARU E OS PAXAROS COIRO

REGGAE BAND
VENRES 3 DE ABRIL - SALA MARDIGRAS - A CORUÑA - 23:00

Neste 2009 promete ser una das grandes revelacións da escea galega , Taru, o primeiro compositor Reggae en galego, lidera un proxecto que nace froito do respecto o Reggae pero desde diferentes enfoques (latín, Jazz, Soul…..) sen perder a forza do estilo orixinal.


Rodeado dunha banda de autentico luxo, Taru (voz e guitarra rítmica), Viascon (batería), Mangui (baixo), Manolo (guitarra solista), Roberto (saxo) , Niurka (teclado e armonias vocais) músicos que forman ou formaron parte de bandas do prestixio de Diplomáticos de Monte Alto , Bonovo, Colorado, Reggaetto, Pinnacle……nacida nun principio en Narón, agora afianzada en A Coruña , destaca polas sólidas composicións, ritmos para bailar e moita vibración reggae. A experiencia deste músicos trasmitese como non o directo, moi real , impregnado de forza e convidando en cada concerto a cantantes de diferentes estilos e grupos de Galiza (ragga, hip hop, bossa nova……) facendo un espectáculo dinamico e vibrante , cargado de melodías cálidas e letras comprometidas.


Polo de agora podedes escoitar un adianto “ A xente mínteche” aquí:

www.myspace.com/tarueospaxaroscoiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Ská en Ferrol
No próximo sábado 4 de Abril, viveremos umha noite de festa e ska.

Do bairro proletário de Monte Alto, na Corunha, visitam-nos mais umha vez @s noss@s amig@s de Trapalhada, que virám acompanhados do grupo de Nantes, Les Morues.

www.agal-gz.org/blogues/index.php/artabria

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Trece Lúas´
PRESENTACIÓN DE ‘TRECE LÚAS’, NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta ante os medios de comunicación o seu novo traballo audiovisual, Trece Lúas. O acto terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o venres 3 de Abril ás 12:00 da mañá, e contará coa presenza de Iván Area, Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, e Santiago Caneiro Aneiros, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Trece Lúas é un libro-CD-DVD que nos convida a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción e co ciclo do ano como fondo da escena. É unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”), trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

Este novo traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos conta có patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, e da Universidade de Vigo, e poderase atopar proximamente en librerías, tendas de discos e grandes almacéns, distribuído por A Lonxa Cultural.







Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-04-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Audiencias do Alalá
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:

- Sao Paulo (31/03/09): 132.000 (16,3%)
- San Salvador de Bahía (24/03/09): 169.000 (17,2%)
- Os Folións (17/03/09): 177.000 (18,3%)
- Marful (10/03/09): 131.000 (12,9%)
- Jalos dAntioquía (03/03/09): 189.000 (18,6%)
- Pancho Álvarez (24/02/09): 76.000 (8,2%)
- Dolores Castiñeira (17/02/09): 131.000 (13,5%)
- O Ferrera (10/02/09): 149.000 (15,1%)
- Coral Voces da Louriña (3/02/09): 181.000 (17,3%)
- Pablo Seoane (27/01/09): 174.000 (19,1%)
- Raigañas (20/01/09): 142.000 (14,0%)
- José de Gregorio (12/01/08): 193.000 (18,7%)
- Rancho de Reis de Riofrio (5/01/9): 209.000 (24,8%)
- Resume 2008 (29/12/08): 277.000 (25,9%)
- O Quinteto Monterrei (22/12/08): 176.000 (19,5%)
- Pepe Temprano (15/12/08):220.000 (22,8%)
- Cuarteto "Os Barrios" (08/12/08): 243.000 (22.95%)
- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)

Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es
Comentarios (5) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 02-04-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Panxea 09
Comeza a 3º edición de PANXEA, o festival da interculturalidade e a diversidade de Carballo, que se consolida como referente cultural na Comarca de Bergantiños.

PANXEA`09 conmemora o Día Contra a Discriminación Racial, que se celebra en toda Europa, cunha axenda de actividades para todos os públicos.

A 3º edición da Feira Intercultural Panxea contará con representación das culturas latinas, a música soará na Praza do Concello da man de artistas como María Manuela, Tangó Project (Uruguai), Chámalle Xís e Foula. Outras actividades coma a Ciclobiblioteca, Ciclo de cine árabe, Chocolatada popular ou obradoiros de candombe completan a variada oferta cultural de PANXEA`09.

Panxea celébrase en Carballo, capital de Bergantiños, do 6 ao 17 de abril de 2009. As actividades principais estarán condensadas entre o xoves 9 e o venres 10 de abril na Praza do Concello durante todo o día.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-04-2009 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Programación abril da Casa das Crechas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-04-2009 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Premio para Ambás
Noraboa ao noso colega e amigo Ambás, e deixate caer por Galiza para celebralo!!!

Xosé Antón Fernández "Ambás", recoñecido co IX Distintivo Fini Castañón á investigación folklórica


'O premio, preámbulo da Folixa na Primavera, lembra á coñecida folklorista mierense, xa falecida'

A Comisión "Na Alcordanza de Fini Suárez" deu a coñecer esta mañá o ganador do IX distintivo á investigación folklórica creado en lembranza da coñecida folklorista mierense xa falecida. Nesta edición o ganador foi Xosé Antón Fernández "Ambás", investigador e estudioso do folklore asturiano.

O fallo foi dado a coñecer esta mañá no Concello de Mieres polos representantes da Comisión "Na alcordanza de Fini Suárez", xunto co concelleiro de Festejos de Mieres, Rafael Perdiguer, como un dos preámbulos xa tradicionais da Folixa na Primavera, a festa que Mieres dedica á música do Arco Atlántico. A entrega do distintivo terá lugar o vindeiro venres, día 3, dentro do programa de actos da Folixa.

O edil de Festejos reseñó que é un orgullo que un apartado da nosa Folixa de primavera dedíquese a recordar a memoria e traxectoria a favor do folklore, as tradicións e os costumes de Asturias que realizou Fini Suárez, como un premio que supón todo un estímulo para preservar e divulgar a cultura asturiana.

"Ambás", o galardonado nesta edición, investigador do folklore asturiano, dedicouse principalmente ao campo de cantares e percusión tradicionais. É o principal responsable do programa "Camín de Cantares", da TPA. O distintivo fóiselle entregado para recoñecer, segundo recolle o acta, "a importancia, a seriedade e o rigor do traballo desenvolvido polo candidato nos campos da investigación e o estudo do folklore, e pola gran repercusión e difusión que o programa "Camín de cantares" vén tendo para a música tradicional".

O galardón "Fini Suárez" é unha bela pandeireta artesanal recollida nunha caixa de madeira tallada cunha estrela céltica. O valor artesano salta á vista. O cultural tamén polo peso que Mieres xogou desde fai moitos anos na difusión do folklore e a música asturiana. Varios dos principais certames, galardóns e festivais celébranse ao ano na nosa cidade, como os que se dedican a Juanín de Mieres ou Silvino Argüelles, os Alcuentros de Escueles de Música tradicional, o Concurso Cuenca do Caudal ou a propia Folixa.

www.ayto-mieres.es

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Con Canto Donaire
Con Canto Donaire é unha proposta musical que inicia o grupo de pandereteiras Donaire tratando de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando. Estas seis rapazas que proveñen das Mariñas e a Mariña lucense, conflúen na Coruña cun interese común de grande peso: a nosa música de raíz.

Dende o seu inicio foron dirixidas por Olga Kirk e actuaron en escearios moi diversos onde alcanzaron numerosísimos premios en todos os festivais e concursos do país, o cal lles levou a cantar por toda a xeografía galega.

Participaron ademais na gravación de dous CDs, Cantos vellos para rapaces novos (2001) e Dálle donaire ao corpo (2006).

Nesta nova andaina estas seis mulleres intentan encaixar dende as raíces da tradición, as súas diferentes tesituras vocais, gustos musicais i experiencias vitais, como se se tratase das pezas dun puzle, para chegar a variados resultados estético-musicais en cada peza.

Para poder expresar a súa inquietude contarán coa axuda de:
Gutier Álvarez: zanfona e programacións
Pablo Díaz: clarinete e percusións
Pablo Aller: guitarra
Ismael García: percusións e gaita
Natalia Pérez: percusións

Elas son:
Helga Vázquez R.
Iria Penabad
Graciela Carral
Rocío Carral
Olga Kirk
Lucía Vázquez Q.


Estreo o 25 de maio no Forum Folk da Coruña.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comentario e video sobre o Concerto de Xabier Díaz
www.blogoteca.com/malmequer

Foi un dos concertos máis estrambóticos ós que fun na miña vida... e como tal, foi único e probablemente irrepetible.

Eu vivo en Lugo e tiven que ir pola tarde adrede A Coruña a unha clínica dental a buscar a entrada... si! eu cando chamei por teléfono pensei que me equivocara, pero non, organizaban eles o concerto: bendita clínica dental por preocuparse tanto pola nosa cultura!!! Deberíaa subvencionar Sanidade. Foi estrano, pero xenial. E logo tiven que volver horas máis tarde para o concerto.
E xa me resultou máis raro aínda. Só había 50 entradas e 27 máis ou menos eran nen@s!!! curioso!!! pero presentíase un maravilloso futuro para a cultura musical galega na Coruña ( porque o da lingua segue parecido ás épocas de antano, hoxe currei nunha biblioteca das aforas de Coruña e un neno de 5 anos díxome que o compañeiro lera un libro en galego, pero el, lérao en "normal"...). Pois iso,ó que ía, que a metade eran familia dos músicos... e foi todo un privilexio escoitalos así... tan cercanos, tan cálidos... con tanta tenrura e familiaridade no ambiente. Saco o sombreiro! se xa me flipaba Coplas para Icía, agora adorovos ós tres.

Ah, e que bonitas palabras puxo na presentación a persoa do teatro do andamio, porque dixo algo así como que ás veces a vida se senta con un a tomar café... e esta era para el unha desas ocasións nas que se sentía afortunado de ser el o que estaba alí... Eu desde a miña silla, pensaba o mesmo.

Bicos mil para quen tire por iniciativas coma esta...

Ana

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 01-04-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Número especial de Retranca sobre as eleccións xa na rúa
Por primeria vez as eleccións non as gañaron todos

Efectivamente, por primeira vez cando remataron ás pasadas eleccións galegas, non saíron todos os políticos á dicirnos que gañaran todos. Sorprende esta situación porque ultimamente esa imaxe de triunfalismo a pesar dos resultados era moi común. Agora voltamos a ter perdedores e gañadores. Pero iso é por que nos medios de comunicación distorsionan sempre os resultados, xa que din que o PSOE e o BNG perderon as eleccións. Pero se somos estrictos xornalísticamente falando, non perderon, quedaron segundos e terceiros, e iso non é perder, que nas olimpiadas subirían ao podio e
terían medalla e todo.

O tema é que xa hai un gañador, ou dous porque seica estas eleccións hai quen pensa que non as gañou Feijoo, ainda que pareza mentira hai xente que da por feito que o presidente da Xunta vai ser Mariano Rajoy.

E despois está o que quedou segundo, que xa se foi... e non me estraña, pasar de que todo quisque te faga a pelota a que todo o mundo che critique, che quiten o coche e te voten da casa... é para coller depresión!!!.

E o terceiro o Quin, que con ese anuncio no que os Galegos acabamos dicindo que eramos todos Anxo Quintana, máis que ganas de ir votar danche ganas de saír correndo antes de que te lobotomicen os extraterrestres. Pero mirade como son as cousas da vida, no Bloque antes das eleccións todos eran Anxo Quintana e agora non quere ser coma el nin "Dios".

O certo é que tanto en Galicia coma no País Vasco as eleccións enchéronos o ceo de bichos, en Galicia de Gaivotas e en Euskadi de Porcos voando.

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer