Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte
A Tradescola, escola de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o vindeiro domingo 19 de Abril unhas Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte.

Cunha proposta educativa que lle permite ao alumnado adquirir unha formación integral, na Tradescola se imparten aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación, e asisten a elas un total de 150 alumnos.

Coa intención de complementar a formación do alumnado impártense cursiños monográficos e realízanse outras actividades relacionadas coa difusión da cultura tradicional. O obxectivo é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de outras actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

O día 19 de Abril a partir das 17.00 h., terán lugar na Casa da Cultura de Monforte de Lemos unhas xornadas didácticas dedicadas a zanfona e a percusión tradicional. Esta actividade estará guiada polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero Cajigal.
Na mesma poderemos gustar dun concerto didáctico no que Luis O Caruncho nos amosará os secretos da zanfona, cantos de cego, regueifas... e Xosé Lois nos ensinará as distintas percusións utilizadas na música tradicional. Posteriormente, realizarase un obradoiro no que os mestres estarán a disposición dos asistentes para responder a calquera dúbida ou inquedanza sobre os distintos instrumentos, e no que o público poderá achegarse e aprender os distintos xeitos de tocar.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-04-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Música do Bierzo no Esmorga (Ourense)
O dia 18 de abril, a partir das 22h, temos música, baile e festa com os Cachola Baleira (O Bierzo)

www.agal-gz.org/blogues/index.php/aesmorga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festa aniversario de PROPOLIS ( A Coruña)
Festa aniversario de PROPOLIS (A Coruña)

PratosEntrantes para Mañá e 1/2Día

- Ensalada de PASARRÚAS:

- Variado Salgado de XOGOS NA RÚA:

- Caldo quentiño de CONTACONTOS:

Pratos Primeiros para 1/2Día e 1/2Tarde

- Prato quente de XANTAR POPULAR:

- Variado de OBRADOIROS + MAXIA + DJ´s:

- Solomillo Exquisito de Circo na Rúa por ASSIRCOPATAS:

- E TrapoTroco


Concerto de Postres e Cafes...

- Sorbete de FERREIRÓS e Doce Flan de OSFRISCOLLOS:

- Café con Jotas de CHOTOKOEU:

- Froita Fresca de DUPLOSON:


COMO SEMPRE TODO DE BALDE!!!!!!

www.porpropolis.blogspot.com

Vía ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Bagad Tréguier e o I Encontro galego-bretón de fraternidade
O grupo de música e baile tradicional Bico da Balouta, de Agolada, exercerá desde hoxe e ata o sábado de anfitrión da formación gala Bagad Tréguier. A visita deste grupo bretón devolve a que en novembro de 2007 realizaron os membros de Bico dá Balouta a Tréguier, situada ao noroeste do país veciño.

o xoves ao mediodía Bagad Tréguier visite o colexio de Agolada, non só para dar un pequeno recital ante os escolares senón tamén para que estes poidan coñecer con máis detalle as peculiaridades sociais e culturais desta rexión.

O venres 17 de abril de 2009, terá lugar en Melide o I Encontro galego-bretón de fraternidade.

I Encontro galego-bretón de fraternidade en Melide

Programación:

19.30h Percorrido musical pola vila dos grupos participantes.
20:00h Actuación na Igrexa Parroquial de
Bagad Treguier
Asgúas e Serafín (acordeón)
Axóuxere
Arrolo (cantareiras)
Bico da Balouta (de Agolada)
Os Melidaos
O Casatelo
Froito Novo
Raúl Galego

22:00h Cea de fraternidade Gaiteira no Restaurante Carlos 96. Interesados inscribirse no 665 990 868 ou en fraternidadeenmelide@gmail.com

23:30h concerto folk no Pub Gatos con
Lume na Lareira (da Estrada)
Tiruleque (da Coruña)


Para rematar, o sábado 18 está programado un concerto no casco urbano de Agolada, que será o último acto no que participe o grupo bretón antes de emprender a viaxe de regreso.

Con esta visita refórzanse os lazos que unen á localidade bretona con Galicia, xa Tréguier tamén está hermanada co municipio lucense de Mondoñedo. Naquel novembro de 2007, os 16 membros de Bico dá Balouta realizaron a primeira fase do intercambio cunha visita na que estiveron acompañados polo grupo Sonnerien bro Landreger.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Linho do Cuco en Compostela
O vindeiro sábado día 18, Linho do Cuco ofrecerá no auditorio da EAEM, no parque de Vista Alegre, un concerto de presentación do novo repertorio para este verán.

Será algo íntimo e avance do traballo de todo o inverno co repertorio renovado, no que incluimos composición propia,repertorio de banda de música e música centroeuropea, sempre dende o punto de vista popular que linho do cuco dá aos temas.

A cita será o sábado 18 ás 20:00, non faltedes.!!!

e por sempre….opaííí!!!!

deseño do cartaz: Misha Bies Golas
www.linhodocucostyle.blogspot.com

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Rockpública en Ourense
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Marful de Xira en Portugal

Marful voltan de novo ás estradas, nesta ocasión, ao outro lado do Miño. Este xoves 16 de abril o cuarteto comeza unha xira que os levará polo norte de Portugal.

Catro son as citas que se darán Marful e o público luso, en Bragança, Porto e Vila Real.

A xira comeza o día 16 de abril, xoves, ás 21h30, no Teatro Municipal de Bragança.
O venres 17 de abril, Marful ten un dobre encontro co público de Porto: ás 18h cun showcase na FNAC, onde ademais o cuarteto aproveitará para conversar cos fans e asinar o seu disco; pola noite, ás 21h, a sala Maus Hábitos acollerá outro novo concerto do grupo.
A última cita de Marful nesta xira por terras portuguesas terá lugar o sábado 18, ás 22h, no Teatro de Vila Real.

En todos estas citas o cuarteto aproveitará, como vén acostumando nos seus últimos concertos, para presentar temas do que será o seu vindeiro traballo, que aínda non está no mercado. Catro oportunidades para que o público do outro lado da raia goce cos sons de Marful.

Máis información sobre enderezos, compra de billetes e datas, na axenda Abada.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe xoves gravación do acústico Oinkplugged
O ´Xabarín Club´ celebra o seu 15 aniversario cun concerto no que versionarán en acústico unha selección de temas que configuran a banda sonora dunha xeración do rock galego

Ademais do programa máis popular da Televisión de Galicia entre o público máis novo, o ´Xabarín Club´ foi un auténtico viveiro de música galega. Siniestro Total, Heredeiros da Crús, Los Limones, Aerolíneas Federales, Berrogüeto e Def Con Dos son algúns dos grupos que integran a banda sonora do programa. Agora, o espazo televisivo celebra os seus quince anos de existencia coa gravación dun concerto acústico no que trece artistas versionarán algúns dos máis de cen temas que acompañaron nestes anos ao Xabarín

"Estou na lavadora, estou na lavadora" ou "eu o que quero é xamón, xamón, xamón, xamón..." son algún dos versos máis coreados polos nenos -e os xa non tan nenos- galegos nos últimos tempos. Aerolíneas federales, Berrogüeto, Siniestro total, Los limones ou Os diplomáticos de Monte Alto son só algúns dos grupos galegos que deixaron a súa pegada na banda sonora do programa infantil xuvenil da Televisión de Galicia Xabarín Club.

O popular espazo televisivo cumpre agora quince anos e, para a ocasión, volta a ollada á música que o acompañou ao longo de todo este tempo. Tras unha escolla feita entre as máis de 100 pezas musicais que pasararon polo Xabarín Club, trece artistas interpretarán en acústico un repertorio de versións inéditas con arranxos e instrumentación creados para a ocasión.
O miniconcerto acústico Oinkplugged gravarase este xoves en directo no plató do programa musical Banda Curta na discoteca LP45 de Ordes e posteriormente sairá ao público en DVD xunto con outros extras.


Julián Hernández e Pablo Novoa, que se encargaron de arranxar os temas, liderarán o Oinkplugged, no que estarán acompañados por Marcos Viascón, Pancho Álvarez, Fernando Abreu e Rómulo Sanxurxo. A esta Banda dos Catro uniranse como voces solistas os sete artistas invitados: Silvia Superstar, Javier Soto (de Siniestro Total), Víctor Coyote, El Puto Coke, Woyza e Juanillo Esteban.

Estes trece artistas interpretarán 15 temas: a sintonía do programa, X. contra el Dr. No, Quero xamón, Estou na lavadora, Non todo é o que parece, Spiderman, Onde vas rapaz?, Hoxe son un punk, Jai-jai , Oda ó futbolín, Xabarín xa te vin, Pode ser, Astro da bola, Non teñas medo de nós, Satélite Xabarín, Escola de hip-hop, Socio, busca un socio, Xabaguai, Os colegas de Xabarín e Porco Superstar. Como guinda haberá dous bises: Somos do clube e Vai sendo hora de ir para casa.

Entre os extras do DVD figuran varios videoclips con karaoke na sección A cantar con Xabarín 2006-2009. Os artistas destes temas son: Julián Hernández, Lamatumbá, Pulpinho Viascón, Emilio Rúa, El puto Coke, Magical Brothers, Ruxe Ruxe, Moita Leria, Iván Ferreiro, Nicolás Pastoriza, Capitán Sonoro, Ectoplasma e Carlos Childe.
Ademais, o DVD incluirá os catro VTR de catro videoclips moi coñecidos que tamén formaron parte do Xabarín Club: O leite mola, Dabondópole, Canción da Dornadelta e Pepiño Grilo e Carmiña Vacaloura.

Deseños orixinais de Miguelanxo Prado (creador do Xabarín) para o ordenador, ilustracións convertibles en salvapantallas, minianimacións para transicións en flash con contido paródico sobre Madonna, Elvis, Amy Winehouse e Jimmy Hendrix e a minimontaxe Urban Xabarín acompañarán á música.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2009 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
De contos e músicas
Este xoves 16 de abril ás 19 h. no Centro sociocultural do Castiñeiriño (Compostela), a aula de música tradicional presenta a actividade: De contos e músicas, misturando contos e historias coa nosa música tradicional.

Correrá a cargo de Antón Castro, mestre é músico.

Entrada de balde para nenos e maiores.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2009 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Disco e Video-clip dos Teribles de Donas
Que dirán, que dirán, que dirán?
Que dirán, que dirán, por aí?
Que dirán, que dirán, que dirán?
Os Terribles xa estamos aquí.

Os Terribles acaban de grabar en Casa de Tolos (Gondomar) o su primeiro disco compacto que sairá pronto ao mercado nun Libro-CD. A charanga máis veterana da comarca do Val Miñor xa deixou para a posteridade aquelas cancións que alegraron a vida a miles de galegos en tempos de penurias.


Patrimonio inmaterial

Era de xustiza que una banda que tanto sonou en innumerables acontecimentos quedara rexistrada nunha grabación para que no futuro non quede no olvido unha mostra do patrimonio inmaterial do Val Miñor.



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 15-04-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
A música tradicional galega na Universidade
Desde a Aula de Historia de Música Popular Galega de aCentral Folque estase a colaborar desde fai anos coa Universidade de Santiago de Compostela por distintas vías.

Este curso reedítase a colaboración coa participación docente de dous profesores de aCentral nas aulas regulares da de Historia da música e do folclore da Licenciatura de Historia do Arte, materia impartida pola Dra. Pilar Alén.


Serán dúas sesións, comezando esta semana:

Quarta 15 de Abril: “O acordeón diatónico como símbolo do cambio social” co profesor Ramón Pinheiro Almuinha.

Quarta 13 de Maio: “Os cancioneiros: compiladores e colectâneas” co profesor José Luis do Pico Orjais que versará sobre os inicios e evolucións das compilación de música tradicional na Galiza.
*As aulas impartiranse na Faculdade de Xeografia e Historia (Praza da Universidade s/n).

*Horario de 16:00 a 18:00h.

*A sesión será aberta tanto para o alumnado da materia Hª da música e folklore da Licenciatura de Historia da Arte da USC e na de Historia da Música Popular Galega de aCentral Folque.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2009 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do X concurso de música tradicional Xiradela
Resultados do X concurso de música tradicional que, na modalidade de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas celebrou o pasado domingo 5 de abril a Asociación Xuvenil Xiradela.

Os premiados foron, na modalidade de Cuartetos de Gaitas:

1º premio: " A ORELLA DE FEIJOO... PERFECTO"
2º premio: " HABELAS HAINAS"
3º premio: " OS REBORDECHAOS"


Na Modalidade de Gaiteiros Solistas os recoñecidos foron:

1º premio: Anxo Piñeiro
2º premio: José Antonio Vázquez Martínez,
3º premio: Roberto Aller Alcalde,


O concurso seguirá o día 19 na modalidade de pandeireta, en horario de mañá e tarde, ás 11:00 e ás 16:00 h.

O lugar elixido para a súa celebración é o auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo, a carón do paseo fluvial. A entrada é gratuíta.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2009 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
A gaita e o whistle soan a éxito no Bierzo
Máis de 140 persoas de toda a península, incluído Portugal, participaron nas primeiras Xornadas de Música Tradicional organizadas pola Asociación Cultural Abelladeira

Concluíron cun éxito absoluto. ¿O que?. As primeiras xornadas de música tradicional organizadas pola incipiente Asociación Cultural Abelladeira. Éxito máis que palpable tendo en conta que ata Ponferrada achegáronse máis de 140 persoas procedentes de toda a península -Castellón, Zaragoza, Galiza ou o país veciño, Portugal-. Unha forma diferente de vivir a Semana Santa sen ter que estar pendente do tempo.

O sentir galego pola música tradicional chegou ata Bierzo amparado no gusto que por este estilo teñen os bercianos, senón de que ía ser o programa Luar ­-emitido por Televisión de Galicia- un espazo de renome nas casas desta comarca. Música de gaita e pandeireta que saca a relucir a alma máis nostálxica de quen se moven entre estridentes sons de guitarras eléctricas e notas de corte electrónico. Un lugar para a música que tamén é arte.

Na súa primeira edición, estas xornadas puxeron a disposición de calquera interesado e por 40 euros cinco cursos intensivos de doce horas repartidas en tres días. Gaita galega, Whistle -pequena flauta de orixe irlandés-; canto e pandeireta, sacho -aparello de labranza que se utiliza para remover a terra- e vieira; baile tradicional galego e técnicas de afinación de gaitas. Un «master» completo en música tradicional da rexión veciña que se ampliará en sucesivas ocasións pola influenza que tamén exerce Asturias.

«A nosa pretensión é que o vindeiro ano amplíese a oferta, xa que o Bierzo é unha especie de encrucillada cultural no que moita xente toca instrumentos de orixe astur, como a gaita asturiana. Entre os nosos obxectivos tamén está o tamboril ou a dulzaina castelá, ata a pandeireta leonesa», asegurou o presidente da Abelladeira, Sergio López.

Concertos de dez

Ademais dos obradoiros, as actuacións de Antubel, Abraham Fernández, a banda de Abelladeira, Carlos Fernández e o grupo luso Gabandun Gabundaira organizadas en diferentes locais ponferradinos foron toda unha revolución e ata 300 persoas chegaron a contabilizarse en cada un dos concertos.

www.diariodeleon.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2009 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá co gaiteiro Pumarín

Hoxe, martes, día 14/04/2009 ás 21:40

As cousas que Pumarín aprendeu na vida non as aprendeu na escola, un luxo escaso nos Ancares dos anos 30. O "Alalá" desta noite constata que o que sabe da vida, sábeo de mirar e de facer, por iso se dedicou a crear cousas coas mans: coa madeira fixo estruturas, colmeas, obxectos... e a habilidade serviulle para gañar a vida como albanel, cesteiro; sabe cazar con escopeta e sen ela, porque nos tempos difíciles utilizou o lazo, as gaiolas etc., e as mesmas mans que lle valeron para coñecer e crear servíronlle para ser un músico portador dunha antiga tradición de gaiteiros da zona do sur dos Ancares, en Becerreá.


Os tempos máis duros quedaron atrás e na actualidade Pumarín traballa por entreterse. Na casa xa non dirixe a famosa tasca que durante moitos anos foi o centro de diversión de Quindous e doutras parroquias de Cervantes ou Becerreá, e agora Pumarín vive tranquilo con Nieves, o amor da súa vida e na casa que el mesmo construíu coas súas propias mans...

Do gaiteiro Pumarín apréndese o toque tranquilo, pechado e reflexivo dos gaiteiros dos Ancares; o son rudo e melancólico dese lugar máxico e o repertorio vello do tempo en que a gaita era o centro da festa e o gaiteiro a figura do baile.
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 14-04-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xeiras sobre a Lingua Galega en Vigo
Os vindeiros días 15, 16 e 17 de abril celebrarase na Sala I do Edificio Miralles (Campus de Vigo) as Xeiras sobre a Lingua Galega, que organizamos dende a organización estudantil Comités.

A participación das mesmas é convalidábel por 1 crédito de libre configuración, mais é preciso anotarse enviando un correo a xornadaslingua@gmail.com onde se debe indicar o nome completo, o documento de identidade con letra, a titulación que se cursa e un teléfono de contacto.

PROGRAMA

Mércores 15 de abril

09.00-09.15h – Entrega de acreditacións.

09.15-09.45h – Acto de apertura.
Mª Carmen Cabeza, Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes.
Iván Area Carracedo, Vicerreitor de Relacións Institucionais.

09.45-10.45h – Proxección: Documental “Linguas cruzadas”.

10.45-11.00h – Descanso.

11.00-12.30h – Mesa redonda: “Bilingüismo ou diglosia?”.
María Yáñez e Mónica Ares, guionistas e directoras de “Linguas…”.
Ana Iglesias, autora do libro “Falar galego? No veo porqué”.

12.30-14.00h - Experiencias: “A normalización do galego”.
Henrique Costas. Director da ANL da Universidade de Vigo.
Iolanda Veloso. Concelleira de NL do Concello de Vigo.

14.00-16.00h – Pausa Xantar

16.00-18.30h – Mesa redonda: “A situación actual do galego”.
Carlos Callón, Presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística.
Xosé Lastra Murais, Nova Escola Galega.
Fernando Ramallo, profesor da Universidade de Vigo.

18.30-18.45h – Descanso.

18.45-21.00h – Mesa redonda: “Lingua e novas tecnoloxías”.
Ramón Vilar, Director de Vieiros
Alexandre Prieto, Ciberirmandade da Fala
Xesús Manuel Benítez Baleato, Coordenador de Mancomún

Xoves 16 de abril

16.00-18.30h – Mesa redonda: “Lingua e literatura”.
Xabier P. Docampo, escritor. Marta
Dacosta, escritora e directiva da AELG.
María Pilar García Negro, escritora

18.30-18.45h – Descanso.

18.45-21.00h – Mesa Redonda: “Lingua e medios”.
Alfonso Eyré, conselleiro delegado de A Nosa Terra.
Iago Martínez, Xornal de Galicia.
Belén Regueira, presentadora TVG e directora Extrarradio (RG).

Venres 17 de abril

09.00-11.00h – Proxección: “A mariñeira”, de Antón Dobao. Baseada en conto de Darío Xohán Cabana.

11.00-11.15h – Descanso.

11.15-13.15h – Mesa redonda: “O audiovisual en galego”.
Antón Dobao, director (A Mariñeira).
Ignacio Vilar, director (Pradolongo).
Carlos Ares, guionista (Air Galicia)

13.15-14.00h – Acto de clausura.
Iván Area Carracedo, Vicerreitor de Relacións Institucionais.

www.uvigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-04-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas lingua, literatura e nación: o galego nos medios
O Comité de Filoloxía do Campus da Coruña desenvolveraas os días 15, 16 e 17 de abril na Aula Magna da Facultade. Para estas Xornadas están solicitados 2 créditos de libre configuración pola Universidade da Coruña.

O Comité de Filoloxía da Coruña desenvolverá os días 15, 16 e 17 de abril na Aula Magna da Facultade as II Xornadas Lingua, Literatura e Nación: "O galego nos medios". Para estas Xornadas están solicitados 2 créditos de libre configuración pola UdC. Para te anotar nas xornadas podes facelo cubrindo este formulario ou chamando ao seguinte número de teléfono: 981 167 000 ext. 1804.

QUINTA–FEIRA (XOVES) 16 de abril

16:00 Entrega do material das Xornadas

16:30 Inauguración das Xornadas
Teresa López (Decana da Facultade de Filoloxía da UdC)
Manuel Lourenzo (Dramaturgo)

17:00 A fabricación ideolóxica da lingua galega dos medios na Galiza
María Pilar García Negro (Profesora de Filoloxía Galega na UdC)

18:00 Descanso

18:30 A Nosa Terra na construción da nación
Alfonso Eiré (Xornalista. Ex-director do semanario A Nosa Terra).

19:30 Os xornais electrónicos en galego: Vieiros e GzNación.
Ramón Vilar (Director de Vieiros)
Antón Figueira (Director de GzNación)

20:30 Fin do primeiro día

CUARTA–FEIRA (MÉRCORES) 15 de abril

16:30 A Nova Canción Galega. Voces Ceibes
Xan Fraga (Profesor de Historia e autor do libro Miro Casabella e a Nova Canción Galega)
Miro Casabella (Cantautor)

17:30 Ataque Escampe. Entrevista
Miguel Mosqueira (Guitarrista do grupo)
Samuel Solleiro (Guitarrista do grupo)

18:30 Descanso

19:00 Aberto por Reformas. Programa de radio en directo
Xurxo Souto (Director do programa e músico)

20:00 A regueifa. A retranca da tradición
Suso Lema García (Regueifeiro)
Antonio Rodríguez (Regueifeiro)

21:00 Fin do segundo día

SEXTA–FEIRA (VENRES) 17 de abril

10:00 As novas curtametraxes galegas. O Festival de Cans

11:00 A dobraxe en galego: situación e potencialidades
Xerardo Couto

12:00 Descanso

12:30 O humor gráfico galego. O Carrabouxo
Xosé Lois González Vázquez (Humorista Gráfico)

13:30 O galego nos medios de comunicación. Esquecemento ou ocultación?
Mesa redonda.
Carlos Callón (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
Xosé Manuel Pereiro (Decano do Colexio de Xornalistas de Galiza)
Roberto Blanco Valdés (Profesor de Dereito na USC e columnista)

14:30 Fin da xornada de mañá

16:30 O fenómeno do Xabarín Club na normalización da lingua entre a mocidade
Paco Carballés (Ex-director e produtor do Xabarín Club)

17:30 O fenómeno de Mareas Vivas
Miguel de Lira (Actor)
Luís Castro Zahera (Actor)

18:30 Descanso

19:00 O humor galego, Air Galicia
Carlos Arias (Director do programa)
Isabel Risco "Ramona" (Actriz)

20:00 En galego sí, e en galego nos medios? Monólogo
Isabel Risco "Ramona" (Actriz)

21:30 Fin do terceiro día

www.comitesabertos.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-04-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Reiniciando o blog
Durante estes días de Semana santa Edu encargouse do blog, así que graciñas polo bo traballo. De todos os xeitos lamentar que moitos avisos e correos quedaron sen respostar no correo electrónico de Malmequer, é o que che ten estar perdido unha semana polos Pirineos...

Agora que xa estamos de volta actualizaremos con todos os avisos, índa que hai algúns que non puideron publicarse estes días e aos que xa chegamos tarde.

Un saúdo a tod@s
Henrique

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2009 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 13 (Luns)

Terza feira 14 (Martes)
• Penico ovo frito (mùsica de taberna) no Muìño Vello de Redondela

Corta feira 15 (Mércores)

Quinta feira 16 (Xoves)
• Taru e os paxaros coiro na Casa das Crechas (Compostela)
• Gravación do Oinkplugged na discoteca LP45 de Ordes

Sexta feira 17 (Venres)
• Encontros dos Axóuxeres en Cangas. Auditorio Municipal. 18.00 horas
• Taru e os paxaros coiro na sala Habana 20 (Vigo)
• O Sonoro Maxín na sala Baranda (Valdeorras)
• Guezos no Esmorga (Ourense)
• Marful en Porto (Portugal)
• The Homens no Liceum (O Porriño)
• Som do Galpóm na sala Mardigras (A Coruña)
• Tino Baz ás 20:30 no Auditorio Municipal de Villamarín
• I Encontro galego-bretón de fraternidade en Melide
• Lume na Lareira e Tiruleque no pub Gatos (Melide)
• Os Trasnos de Moscoso no Aturuxo (Bueu)
• Uxía no C.C. Caixanova de Vigo
• Pepe Vaamonde Grupo no Forum Metropolitano (A Coruña)
• Foliada na Cafetería O Tapal de Noia

Sábado 18
• Encontros dos Axóuxeres en Ponteareas. Centro Artístico Sportivo. Ás 12:00 horas.
• Encontros dos Axóuxeres en Salvaterra de Miño. Casa da Cultura. 18.00 horas
• Xoán Eiriz e Xoán Rubia ás 20:00 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia
• Som do Galpóm na sala Babel (Lugo)
• Kogito na sala Karma (Pontevedra)
• Cachola Baleira no Esmorga (Ourense)
• Sacha na Horta no C.S.C. O Castiñeiriño (Compostela)
• Linho do Cuco no auditorio da EAEM, no parque de Vista Alegre ás 20:00 (Compostela)
• O Son do Castelo e Quempallou en Mos
• Serán en Fozara (Ponteareas)
• Serán en Angudes (Crecente)

Domingo 19
• Concurso de Pandereteiras Xiradela (Arteixo)
• Encontros dos Axóuxeres en Tomiño. Auditorio de Goián. 12.00 horas
• Tino Baz ás 18:00 no Auditorio Municipal de Portas (Pontevedra)
• Taru e os paxaros coiro na sala Aturuxo (Bueu)
• Lizgairo en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Aula Folque Infantil de Pontevedra
Xa está toda a información relativa aos monográficos que aCentral Folque está a organizar coa Aula Folque Infantil de Pontevedra.

Hai cursos para nais e pais e outros para os pícariños e picariñas e se celebrarán os sábados entre o 18 de abril e o 16 de maio en Pontevedra.

Para completar toda esta información, segue esta ligazón: http://folque.com/cmn-wp/?page_id=1437
Inscrición:matricula@folque.com / +34 881 031 829

Folla de inscrición: descargaa aquí:

folla de inscricion.doc

folla de inscricion.pdf


Monográficos ‘09 AFI

Para nais e pais
Cantos do mundo con Pili Araujo
sábado 16 de maio
Musicoterapia con Xela Conde

sábado 23 de maio

Para nenas e nenos
Creación dun personaxe con Pepa Yánez
sábado 18 de abril

Percusións miúdas con Xavier Blanco
sábado 25 de abril

Cómo escribir un guión en tres patadas con María Lado
sábado 25 de abril

Lugar: Antigo Conservatorio de Música de Pontevedra

Prezos: (hai descontos para inscritos na AFI

para pais e nais
20 € por curso / 35 € por dous cursos
para nenas e nenos
20 € por curso / 50 € por dous cursos

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
E chega o fin de semana
Quinta feira 9 (Xoves)
• XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega de Cantigas e Frores en Lugo
• V Obradoiros de música galega Xarabal en Vigo
• I Xornadas de música tradicional do Bierzo en Ponferrada
• Foula en Carballo
• A Tuna Rastafari Pub d´Antón Rock Café, A Laracha ás 24 h.
• Meu en Catro Camiños, A Rúa, ás 23.30 h.
• Niño y Pistola, La Fábrica de Chocolate, Vigo, ás 22.00 h.
• Festival Conspirando por umha Rádio Livre: na praza do Inferninho, Ferrol a partir das 18:00 h e das 22:00 h.

Sexta feira 10 (Venres)
• XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega en Lugo
• V Obradoiros de música galega Xarabal en Vigo
• I Xornadas de música tradicional do Bierzo en Ponferrada
• Foliada en Reboreda: noite de troula no Muíño da Ponte de Reboreda, en Redondela. A partires das 23.00 h.
• Panxea09: Festival da diversidade en Carballo
-María Manuela
-Chámalle Xis (A Coruña)
-Tango Project (Arxentina)
-Os Cuchufellos(Manzaneda)
• Os Trasnos De Moscoso, no Marrucho, Baiona, 23.30 h
• Meu en Baranda, O BArco de Valdeorras, ás 00.00 h.
• Lori Meyers + Holywater + Niño y Pistola (+ The Henry Warnimont + Airas + Los Hijos Bastardos de Peter Lorry): pavillón de SanTO Tomé, Cambados. 19.00 h. 6 €.

Sábado 11
• XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega en Lugo
• V Obradoiros de música galega Xarabal en Vigo
• I Xornadas de música tradicional do Bierzo en Ponferrada
• Pel de Noz: Melide, Igrexa Parroquial (Concertos Vai de Camiño). 21.00 h.
• Galegoz na Sala Mondo de Vigo. 21.00 h.
• Xoán Curiel na Fonsagrada
• Niño y Pistola, Clandestino, Nigrán, ás 23.30 h.
• Kogito + 38 Beats + Yoplay:
VI Aniversario Mundo Vermello, Praza da Peixeria, Vilagarcia de Arousa. 22:00 h.


Domingo 12
• "Deixa Andar" e "Tanto Nos Ten(TNT)" na Festa da Pascua de Buxan(A Guarda)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
VI Conspirando por umha Rádio Livre





















Este ano estam preparando para o 9 de Abril, "Xoves Santo", o que pode ser o melhor Conspirando por umha Rádio Livre de todos os tempos.
Seguindo o esquema do ano passado, haberá unha Feira de Colectivos que comezará às 18hs. na carpa que instalarán na praza do Inferninho, Ferrol.
Às 22hs. comezará o concerto con tres grupos de estilos bem diferentes, primeiro RETOBATO [Punk-Rock] de Trasancos, depois baixaremos um pouco o volume com ROGER DE FLOR [Pop-Swing] também desde Trasancos, e para rematar a festa, SACHA NA HORTA [Fussiom] desde Compostela.
Também a rede TrocaFerrol, organizará um mercadinho de troco na praza do Inferninho, e desde esta mesma praza infernal, às 20hs., sairá umha bicicletada organizada pola Masa Crítica de Ferrol.

Komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-04-2009 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
VI Aniversario Mundo Vermello
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-04-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Flupop: unha Semana Santa alternativa
I EDICIÓN DO FESTIVAL

Non todo van ser procesións na Semana Santa, así en Cambados celebrarase a primeira edición do festival de música Flupop, con grupos galegos que animarán á mocidade.




O pavillón de San Tomé, en Cambados, acolle este venres a primeira edición do Festival Flupop. Un evento organizado por Nova Producións que contará coa música dos Lori Meyers, Holywater e Niño y Pistola; así como das bandas locais The Henry Warnimont e Airas e do grupo de Sanxenxo Los Hijos Bastardos de Peter Lorry. Os DJ Iván e Bedriv encargaranse de animar aos asistentes nos descansos e ao finalizar as actuacións. A entrada custará tan só 6 euros e as portas abriranse a partir das sete e media da tarde.
Segundo a organización, o I Festival Flupop nace dunha aposta de tres amigos: Roberto Pérez "Wili", Juan Rivas "Rivi" e José Luís Núñez, xerente de Nova Producións, empresa creada para a organización de eventos como esta cita.
As entradas para o festival xa están á venda. Poden atoparse nas tendas Tipo de Pontevedra e Vigo, ademais de en Gong e Elepé na cidade olívica. Noni's, Portobello e El Beasto véndenas na Coruña e Gong e A Reixa en Santiago de Compostela. Para os interesados na comarca da Arousa, as entradas pódense conseguir na oficina de turismo de Cambados e nos bares A Leria, Tetuán e Riff.

GZnación
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-04-2009 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 06 de marzo
Vai de baile do 06 de marzo de 2009

Os Bugalleiros (Ames) vs Os Aturuxeiros (Barcelona)

Concurso



Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 09-04-2009 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo, cun 20% de share na TVG
Pradolongo, cun 20% de share, converteuse o día 30 de marzo na película máis vista da TVG
Ningún filme emitido antes acadou tan bos resultados de audiencia. Só "Troia"se acercou aos números rexistrados onte por Pradolongo




























Como se pode ler en GZnacion película galega 'Pradolongo' foi líder de audiencia na TVG. A película superou incluso á emisión de 'Troya'.

'Pradolongo' tivo un 20 por cento de cuota de pantalla, superando en 3 puntos a media da cadea en prime time, e facendo así á TVG líder das emisións da Forta. Foi gravada cun equipo cen por cen galego íntegramente en 'galego de Valdeorras' e rodada nos paraxes naturais dos concellos de Petín, A Rúa, O Barco, Vilamartín, A Veiga e Carballeda. Producida por Vía Láctea Filme contou coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega e da Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 08-04-2009 01:39
# Ligazón permanente a este artigo
Espazos Sonoros
Novas experiencias musicais en 'Espazos Sonoros' por segundo ano consecutivo

O festival 'Espazos Sonoros' estreará a súa programación cun concerto inaugural no Hostal dous Reis Católicos. Por segundo ano consecutivo intentará sorprender a todos os públicos cun amplo abanico estilístico, que comprende desde a música clásica ata novas propostas musicais. Os concertos ubicaranse nalgúns dos lugares máis representativos do patrimonio arquitectónico galego.

Música e arquitectura uniranse de novo, e esta vez cunha selección musical de ámbito mundial, con pezas provenintes dende Galicia, Alemania e ata Palestina. Incorpóranse a este encontro entre a música antiga e a creación máis actual, novos espazos arquitectónicos que aportan orivinalidadr ao proxecto e novas experiencias artísticas que van máis aló da interpretación instrumental.

Música destacable en espazos singulares


Unha selección de agrupacións musicais destacables tanto a nivel galego como mundial viaxarán polas catro provincias galegas desde abril ata xuño. Durante este periodo de tempo, todos os interesados poderán gozar da música de artistas da talla de Amandine Beyer e Martina Schobersberger, Lonely Drifter Karen, Rolf Lislevand, Abe Rábade trío, Ensemble Kapsberger ou Lle Trío Joubran.

Trátase de propostas diferentes entre si, pero coa mesma capacidade de atrapar a atención do espectador. Todas cun contido visual impactante e proxectos abertos á investigación e reflexión sonora. Artistas como Galicia XXI, Meendinho, Nicasio Gradaille, Aleksander Kolkowski, Pierre Bastien ou Escoitar Danza mostrarán a posible interconexión da música co espazo que a acolle.

O ciclo acolle espazos singulares para a representación dos concertos. Algúns deles son a illa de San Simon, o Aeródromo de Rozas na provincia de Lugo, o novo edificio do Museo de Pontevedra, a Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae ou a Domus, ambas na Coruña; a catedral de Tui ou o monasterio de San Salvador de Celanova.

Galiciaé
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 08-04-2009 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
O Proxecto Ronsel engade novas accións para a salvagarda do patrimonio
Na súa terceira edición

Unha monografía de instrumentos musicais e unha plataforma global de difusión son algunhas das novas iniciativas deste proxecto, que a Xunta financia este ano con 20.000 euros.



A protección e divulgación do patrimonio inmaterial galego (tradicións, expresión orais, usos sociais ou técnicas artesanais) son os principais obxectivos do Proxecto Ronsel: "oficios coma o de poteiro ou pescador de anguías; xogos como a billarda, ou a porca; traballos como a malla ou a sega e expresións artísticas como a xota, a muiñeira ou os cantos de casamento ou de morte, son parte dun patrimonio cultural inmaterial construído coas achegas de comunidades, grupos ou individuos".

Documentación, promoción e difusión son as tres frontes principais de acción do proxecto para evitar que este patrimonio se perda, cun financiamento de 20.000 euros, concedidos pola Consellaría de Cultura e Deporte e a Agader, para esta terceira anualidade. Segundo o director do equipo de profesorado das universidades galegas que leva a investigación, Iván Area, traballan "nunha liña de valorización do patrimonio inmaterial tanto no referido á reflexión interna por parte de investigadores das tres universidades galegas e do norte de Portugal, e ao mesmo tempo a valorización cara á sociedade a través de diferentes iniciativas que desenvolvemos”.

Edición de materiais, novas tecnoloxías e dinamización

A edición dunha gran monografía sobre instrumentos é unha das accións previstas. Editaríase tamén un libro tetralingüe na liña do editado o pasado ano titulado Contos de ida e volta. O apartado de edición de materiais completaríase con traballos centrados na comarca da Limia, onde case non existe traballo de campo feito con anterioridade

Entre as accións de salvagarda que desenvolverá o Proxecto ao longo deste ano, xunto á compilación e arquivo de materiais, destaca a creación dunha Rede de Centros dedicados á identificación e investigación do patrimonio cultural inmaterial. Ao tempo, terán lugar diversos encontros de portadores do patrimonio, ben inseridos nas Mostras de Patrimonio que en anos anteriores tiveron lugar en Pontevedra e Ourense, ou ben de xeito individualizado.

En canto ás actividades de difusión ao exterior do patrimonio cultural inmaterial, poranse en marcha circuítos vinculados ás practicas e procesos patrimonizábeis ou un campamento de verán para rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos coa finalidade de transmitir aspectos do patrimonio. Tamén, cunha páxina web de seu, o Proxecto Ronsel reforzará este ano a súa aposta polas novas tecnoloxías. Quérese elaborar unha base de datos por comarcas, concellos e parroquias de todas aquelas asociacións, institucións ou persoas físicas que estean a traballar en temas relacionados co patrimonio cultural inmaterial.

A creación dun boletín electrónico bimensual de divulgación, a edición de unidades didácticas ou a posta en funcionamiento de formación de posgrao en patrimonio cultural inmaterial, son outras accións contempladas polo Proxecto Ronsel para este ano 2009.

A nosa Terra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2009 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
BALL-DADO's - LISBOA, PORTO, LEIRIA; TRAFARIA
BALL_DADO's
workshops temáticos de danças tradicionais



São workshops temáticos, cada um deles dedicado a um tipo de dança específico.
Aliam a descoberta das danças de tradição europeia, a actividade física e acima de tudo o convívio informal e saudável.
Formação à medida de quem se inicia ou de quem quer aperfeiçoar os seus conhecimentos...

(Programa dos workshops apresentado está sujeito a alterações)


BALL-DADO's - Lisboa
segundas-feiras
Casa da Comarca da sertã
rua da madalena 171, 3º - Lisboa

20H00 às 21H00: Nível I & II - Iniciados
21H30 às 22H30: Curso mensal de Irlandesas

Programa será anunciado brevemente,
as aulas recomeçam a 13 de Abril

Preço:
1 workshop = 7 balls
4 workshops = 25 balls

BALL-DADOS - Porto
quintas-feiras, das 21H00 às 22H00
Fábrica da Rua da Alegria
rua da alegria 341, Porto

Programa será anunciado brevemente.
as aulas recomeçam a 16 de Abril
Preço:
1 workshop = 6 balls
4 workshops = 20 balls

BALL-DADOS - Trafaria
terças-feiras (15 em 15 dias), das 21H00 às 22H30
Salão de Festas da Sociedade Recreativa Musical Trafariense
Avenida da Liberdade, 20
Trafaria (Costa da Caparica)

Programa será anunciado brevemente,
a iniciar a 14 ou 21 de Abril

Preço:
1 workshop = 5 balls


BALL-DADO's - Leiria
quintas-Feiras (15 em 15 dias), das 21H00 às 22H30
Ateneu de Leiria
rua vasco da gama (junto á praça rodrigues lobo)

O programa apresentado será apenas para cerca de 60 minutos,
os restantes 30 minutos serão sempre revisão/prática de outras danças


16 abril
mazurka II
(variações e ritmo)

07 maio
portuguesas I
(repasseado, moda a 4 passos, outras)

21 maio
bretãs I

04 junho
21H00: quadrilhas I

18 junho
21H00: portuguesas II

25 junho
21H00: bretãs II

Preços:
1 workshop: 5 balls
4 workshops - 17 balls

Trad Balls: blog da asociación para a promoción e a divulgación da arte e a cultura tradicional (Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2009 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Seixedos
Hoxe, martes, día 07/04/2009

A música, para poder sobrevivir na maioría das aldeas de Galicia, transmitíase de forma oral e pasaba dos avós aos netos. As nenas aprendían das maiores, no monte, no serán, nas labradas e aprendían tamén a afrontar unha vida chea de carencias. O "Alalá" de hoxe vai ata Seixedos, un lugar do concello pontevedrés de Covelo para presentarvos a algunha daquelas nenas, dúas Otilias (madriña e afillada) e Hermosinda, para ver como lles cambiou a vida: deixaron de tinguir a la a ter ducias de xerseis e pasaron de ter a corte a un fermoso salón comedor.
Pero o que nunca deixaron de facer aquelas nenas foi cantar e tocar a pandeireta. A vida cambioulles moitísimo, unha delas viviu en plena Guerra Civil e a outra naceu pouco antes dela, e das miserias daquela pasaron a ter unha vida acomodada. Falaremos da vida das mulleres e do papel que desenvolvían cando tiñan que facer de pai e de nai, por distintas circunstancias, sobre todo pola emigración dos homes ou pola ausencia deles.
No "Alalá" desta noite veremos como foron capaces de conservar aquelas cantigas que teñen máis de cen anos; a ilusión e o encanto que teñen cando as interpretan. Estaremos con estas mulleres traballadoras, emprendedoras, inconformistas e encantadoras.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 07-04-2009 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os festivais, en perigo pola crise
Promotores musicais galegos aseguran que a crise económica nótase 'moitísimo' neste sector, xa que, a diferenza doutros anos, 'ninguén dá un duro' e moitos patrocinadores e institucións deixaron de apoiar este tipo de concertos nos que se dan cita varios artistas.

Así o sinalaron varios organizadores e produtores de música independente en Galiza, que destacaron as "dificultades" para sacar adiante concertos nun momento en que "o soporte económico falla".

No diagnóstico coincide o crítico musical Nonito Pereira, redactor da sección galega da revista especializada Mondosonoro. Na súa opinión, noticias como a da cancelación do estival Summercase son "un claro síntoma da crise".

Segundo explicou Pereira a Europa Press, un dos problemas fundamentais para os festivais en Galiza é que "non existe cultura empresarial de patrocinio privado". Desta forma, indicou que a maioría dos proxectos "responden á iniciativa de concellos, institucións públicas e fundacións das caixas de aforro".

Marcas como Estrella Galicia, Coca Cola, Movistar –en 'Festival do Norte'– San Miguel ou a propia Mondosonoro –en 'Flupop'– son as habituais no patrocinio de festivais. "Oxalá Coren, Calvo ou Inditex puxesen un pouco do seu parte", comentou o xornalista.

Situación “estraña”

"Estamos atrás en forma de traballar, vivimos unha situación un pouco estraña", sentenciou, tras o que explicou que abunda o formato dun día "que substitúe a programación do propio concello". "A filosofía é: traemos tres ou catro grupos e xa facemos un festival", aseverou.

Ademais, baixo o seu punto de vista "un festival non pode ser gratuíto", como o son os que se celebran en Arzúa –'Queixo de Arzúa', que celebrou o pasado marzo a súa segunda edición– e en Caldas de Reis –'Cultura Quente', con doce anos de realización e un dos máis consolidados da xeografía galega–. "É unha cuestión de calidade e recompensa a artistas e promotores", alegou.

Así, considerou "clave" para organizar un festival "empezar desde abaixo", convocar o público "a unha escala real" e mostrar "un criterio de selección" dos grupos e bandas. Para el, 'Festival do Norte' –en Vilagarcía de Arousa–, 'Castelo Rock' –en Muros–, 'Felipop' –en Fene–, 'FM Tendencias', 'Sereas e Piratas' ou 'Seriapop' –todos na Costa da Morte– son modelos "exemplares".

Festival do Norte

Neste sentido, o responsábel do Festival do Norte, Antonio Caneda, valorou en declaracións a Europa Press, que en Galiza afloren novos festivais, pero resaltou que "o importante é afianzarse e manterse no tempo".

Desta forma, o encargado do evento –que terá lugar os próximos días 1 e 2 de maio e a prensa especializada inclúeo "entre os 12 mellores de España”– fixo fincapé no feito de que aparecen "festivais como cogomelos", aínda que "o fácil é aparecer un ano e desaparecer ao seguinte", indicou.

Festivais fugaces

Nesta liña, o responsábel de Ernie Producións, José Carballo, resaltou que hai "cantidade" de festivais "fugaces" e asegurou que "o panorama este ano está peor que nunca". "Os recortes orzamentarios son grandes", dixo, polo que puntualizou que "hai que fiar fino" para confeccionar os carteis.

Carballo, que organiza desde hai tres veráns o festival Lolapop en Ponte Caldelas, advertiu que "este pode ser un ano de transición", xa que "ao non haber moita axuda" baixará o caché, os carteis non serán "tan impactantes" e pode que algúns festivais "non se celebren".

Así, referiuse ao "complicado" que teñen os festivais "de menor tamaño" competir cos "grandes". "Neste momento", para levar a cabo proxectos no mercado de festivais "hai que pelexarse" e "apostar diñeiro propio", indicou.

A súa opinión é que "existe un sector festivaleiro rendíbel" de afeccionados á música independente, pero que "para atraelos" hai que "ofrecer algo diferente" e "esquivar moitos obstáculos".

A Nosa Terra
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-04-2009 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
A Rede Galega de Música ao Vivo ábrese a oito novos grupos procedentes de Nsaio Xeral



A 'Rede Galega de Música ao Vivo' acollerá entre os meses de abril e maio un total de oito concertos a cargo doutros tantos grupos *noveles, que foron seleccionados a raíz da súa participación no I Encontro dá Música Emerxente de Galicia, o 'Nsaio Xeral'. A banda compostelana Supersound será a encargada de inaugurar esta programación especial coa actuación que ofrecerá o vindeiro sábado 4 de abril na sala O Ensanche de Vigo.

Xunto con Supersound, o resto das bandas elixidas foron Beatus Ille, Dirty Socks, Duplo Son, Labazada, Os Ruínes, Mausvizinhos e Perpretadores de Actos. Foi o xurado do cásting do 'Nsaio Xeral', organizado pola 'Rede Galega de Locais de Ensaio' o pasado mes de xaneiro en Santiago o que elixiu ás bandas de ente os centos de particiapantes. Xunto cos oito grupos que tocarán nos locais da RGMV, deste encontro saíron así mesmo os 24 ganadores das actuacións no ciclo Vai de camiño 2009 do Xacobeo.

Ao concerto do próximo sábado en Vigo seguirán os de Beatus Ille no Aturuxo de Bueu (17 de abril), Labazada no Zona Cero de Caldas de Reis e Perpetradores de Actos no Ensanche (ambos o día 24) e Dirty Socks no Pub Gatos de Melide (día 30). Xa en mayo, Mausvizinhos estarán na Casa de Arriba de Vigo (día 8), Os Ruínes no Auriense Café Cultural de Ourense (día 9) e Duplo Son no Clavicémbalo de Lugo (día 30).

Galiciae
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
'A esmorga' cumpre o seu 50 aniversario


Foi un 3 de abril hai 50 anos, aló no alenmar, onde veu a luz a que sería unha das obras que deixarían unha fonda pegada na literatura galega. Eduardo Blanco-Amor publicaba na Editorial Citanía unha novela que deixaría unha importante pegada na literatura galega. Contaba, e segue a contar, a crónica das andanzas de Cibrán, o Milhomes e o Bocas polas rúas da cidade de Ourense nunhas longas xornadas de xoldra. 'A Esmorga' dura xa 50 anos.

Esta novela foi publicada en Buenos Aires da man do editor e tamén escritor e debuxante Luís Seoane, quen ilustrou as páxinas desta primeira edición. Aínda que a súa primeira edición estivo condeada deste xeito ao exilio, xa que a censura franquista imposibilitaba que saíse do prelo na nosa terra, a cidade de Ourense fixo xustiza e nas propias rúas onde se sitúan os puntos de acción da novela están marcados cunhas placas conmemorativas.

Son un total de 8 placas conmemorativas que se colocaron hai uns anos a iniciativa do Clube Cultural Alxeandre Bóveda e que recorre Ourense dende a Avenida de Zamora até a Alameda. Este ano, o Concello de Ourense optou celebrar o 50 aniversario da obra seguindo o camiño marcado por estas lousas.

Pola súa parte, o PEN Clube celebra o aniversario da novela de Blanco Amor nunha homenaxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense, o Edificio Simeón, no que participarán o presidente do Pen, Luís González Tosar, Manuel Forcadela, Víctor Fernández Freixanes e Isaac Díaz Pardo.

A cita de Ourense comezará ás 20.15 horas e segundo o responsable do Pen Clube de Galicia, González Tosar, o obxectivo do encontro é ''lembrar un feito de vital importancia para a cultura e a literatura de Galicia como é o 50.º aniversario da primeira edición de 'A esmorga''.


03/04/2009 - Galiciaé
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na maré hoxe na TVG

Hoxe, sábado, día 04/04/2009 ás 00:00

A Televisión de Galicia ofrecerá esta noite, desde o Pazo da Cultura de Pontevedra, un concerto de "CANTOS NA MARÉ", que xa se converteu nunha referencia musical para o encontro das culturas de fala lusa.


Con Uxía Senlle como vocalista e directora do festival e Paulo Borges como director musical, o cartel do concerto conta coa presenza da cantante e compositora caboverdiana Sara Tavares, un dos nomes novos que está a soar na World Music, e co actor e fotógrafo brasileiro Paulinho Moska.

O cartel do evento tamén conta con artistas da talla de Sergio Godinho, recoñecido como toda unha institución en Portugal polas súas facetas de músico, actor, escritor e realizador. De máis ao sur procede Waldemar Bastos, o angolano que emprega a súa música como denuncia pola situación que atravesan os países africanos e o seu en particular. Condenado no seu país, foi no seu exilio en Brasil e en Portugal onde comezou a gravar unha música directamente vinculada cos movementos emerxentes. A voz solista actual de Berrogüeto, a do galego Xabier Díaz, será a que represente a Galicia no concerto.

Todos os artistas que suban ao escenario do Pazo da Cultura pontevedrés estarán acompañados por unha banda básica formada por Jon Luz, Quiné, João Ferreira, Rubén Santos, Paulo Temeroso, Norton Daiello e Guillerme Fernández.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2009 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
• Festicultores, Chiquilicuatres, The Homens,... en Ribeira (Festa da Choiva)
• Xabier Díaz no Auditorio de Carballo
• Taru e os paxaros de coiro no Mardigrass (A Coruña)
• Kastomá na sala A Reserva de Carballo
• Trapallada no Garufa (A Coruña)
• Snath no local A Canle (A Revolta, Pontevedra)
• Lizgairo no C.S. Caixanova de Pontevedra
• Guezos no Liceum do Porriño
• Foliada Ven Respirar no Efémera (Ourense)
• Ruada en Cabaleiros (Tordoia)

Sábado 4
• Obradoiro de aturuxos no Viso (Redondela) ás 16:00
• Guezos no Pub Leblon de Pontecaldelas
• Lamatumbá, Galegoz, Os Tres Trebóns, ... en Ribeira (Festa da Choiva)
• Balakandra no Garufa (A Coruña)
• Snath no Foso (Santa Comba, A Coruña)
• Kogito na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Serán en San Pedro da Ramallosa (Nigrán)
• Serán en Vilasobroso

Domingo 5
• Xantar Gaiteiro ás 14:00 horas, no restaurante Aixiña de Ourense.
• Pablo Seoane Grupo ás 18:00 na casa de cultura de A Picota (Mazaricos)
• The Homens no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)
-Serán en Angudes (Crecente)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
-Foliada de Melide
-Serán en Morgadáns (Gondomar) no torreiro de San Roque
-Serán de Lentille (Santa Eulalia de Batalláns, As Neves)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
-Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
-Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo
-Serán no campo de futbol de Sobrada

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo
-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo).

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-04-2009 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer