Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Programa da III Noite de Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
V FOLIADA DE MELIDE
A fin de semana do 25 e 26 de abril, Melide converterase no cerne da tradición, da música e da artesanía galega. A dinamización e divulgación da nosa cultura e o noso folclore é unha das prioridades deste evento.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da Foliada de Melide
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Cantos de Taberna en Melide

O vindeiro 25 de abril, dentro da programación da V FOLIADA de MELIDE, celebrarase o I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA pola zona de viños de Melide, na que participarán un total de 14 tabernas e 11 grupos.
Se che gusta a festa, anímate e ven participar nas diferentes actividades encadradas no programa da V FOLIADA de MELIDE.


AGARDÁMOSTE!!!

I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA
V FOLIADA DE MELIDE


Os grupos que participarán no I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA son os seguintes

1. RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
2. AXÓUXERE (Melide)
3. SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
4. ALÉN DO MAR (Bergondo)
5. GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso)
6. TRALLA 101 (Melide)
7. BINGO BIRÓN (Toques)
8. MAGHÚA (A Coruña)
9. BICO DA BALOUTA (Agolada)
10. REVIRAVOLTA (O Pino)
11. CHARAMELA (Antas de Ulla)

O concurso terá lugar na zona de viños de Melide o sábado 25 a partir das 12:00h


+ info www.foliadamelide.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-04-2009 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
11ª Noites de Tasca en Frades
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
IV Foliada de Cerqueda
Por cuarto ano consecutivo, a Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (parroquia pertencente ó Concello de Malpica) organiza a IV Foliada.

Queremos agradecer a tódolas persoas que se deron cita o ano pasado nas Escolas de As Pozacas para pasar unha noite divertida e facérnola pasar tamén a nós.
Convidámosvos de novo este ano no mesmo lugar o 25 de abril a partir das 22:30 da noite. O que queira pode vir cear alí connosco por un módico prezo. Teremos unha gran carpa e un gran palco para dar renda solta á calquer mostra artística (cantar, tocar, bailar, contar chistes, en fin o que se tercie). Ademáis a noite estará amenizada polo grupo de música tradicional "Media Ducia" formado por 6 músicos de prestixio da Comarca de Bergantiños.

Estades todos convidados a esta gran festa. E o noso lema é : "SÓ FALTAS TI...... QUE NON CHO CONTEN"
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega
A Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega.

Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento.

Este ano, o seminario celébrase o sábado 25 de Abril, encadrándose de novo dentro das actividades da Foliada de Melide, o que nos permite unir esforzos coa Asociación O Castelo na nosa tarefa de difusión da cultura tradicional nas súas diferentes expresións. Pero, a diferenza de anos anteriores, facemos unha proposta máis ampla, na que ademais das Conferencias da mañá, con Pablo Carpintero e Ramón Marín, temos programada unha demostración de construción de palletas durante a tarde. Cabe salientar a presentación do libro O Berce das Palletas, editado pola AGG, e que abre unha nova etapa da Asociación no tocante a publicacións sobre música tradicional.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2009 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxedoras presenta en directo o seu primeiro disco
'Enerxía para botar por fóra' é o título escollido para o debut discográfico de Tanxedora, unha formación integrada por cinco mulleres que levan anos mergulladas na música tradicional e de raíz. Esta carta de presentación chega da man de Pai Música.

O disco será presentado ao vivo o sábado 25 de abril no Centro Cultural Caixanova de Vigo.


Leni, Yoli, María, Margó e Tere son as vocalistas que artellan a proposta musical de Tanxedoras, unha banda que agora se estrea a nivel discográfico con Enerxía para botar por fóra (Pai Música), a pesar de levar xa tempo traballando no eido da música tradicional.

O repertorio que se presenta no disco inclúe, na súa maior parte, temas recollidos por todo o país. Entre eles figuran A ruada de entroido e muiñeira de Canizo, tomada na Gudiña, Canto de Arriero e maneo de Cambre, a Muiñeira de Cadós, recollida en Bande, e o Canto, muiñeira e xota dos Ancares, rexistrada nas Nogais, interpretados todos eles con pandeiretas, sachos, tixolas, morteiros, ferriños, bombos, tambores, gaitas e acordeóns.

O Centro Cultural Caixanova de Vigo acollerá o sábado 25 o concerto de presentación deste primeiro disco de Tanxedora. Será a partir das 22:30 horas

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-04-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ghaita Depedra presenta o seu primeiro traballo discográfico
Ghaita Depedra estrean o seu primeiro álbum
O grupo lucense Ghaita Depedra presenta o seu primeiro traballo discográfico, Nekiño, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, o próximo sábado 25 a partir das oito e media da tarde.


Este grupo comezou a súa andadura en 2001; pero foi a partir de 2006 cando os seus membros encararon o proxecto con estabilidade gravando a súa primeira maqueta de catro temas que os levaría a tocar, non só por Galicia, senón tamén por outras comunidades de gran tradición folk, como son Asturias, Cantabria e Euskadi.

Tras ser finalistas dúas veces consecutivas do concurso organizado por Radio Obradoiro "En clave de Folk", conseguir o mesmo posto no concurso "Folkez Blai", de Ermua; e ser semifinalistas do "Escenario Prau" de Cantabria, chega este disco grabado nos Estudios Abrigueiro de Friol por Arturo Vaquero. Para esta grabación, contaron coa colaboración de artistas de gran recoñecemento e repercusión dentro do panorama folk, como son Anxo Pintos, Iván Costa, Begoña Riobó, Julio Abal, Antón Méndez, Jose García e Efraím Díaz.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-04-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novas datas de Ataque Escampe
Os padriños do Rock de serie B estrean novo disco na segunda metade de maio, A Grande Evasión (A Regueifa Discos, 2009), e xa se van coñecendo as primeiras datas da xira de presentación de rigor:

XIRA THE GREAT ESCAMPE

- Ourense. 25 de abril, 21:30. Café Cultural Auriense.

- Ferrol. 3o de abril, 22:00. CC Torrente Ballester.

- O Carballiño (+ Carlos Figueiras). 9 de maio, 00:00. Pub Jazzmin.

- A Laracha. 15 de maio, 00:00. Pub D'Antón Rock Café.

- Bueu (+ La Rumbé). 17 de maio, 21:30. Sala Aturuxo.

- O Barco de Valdeorras. 5 de xuño, 00:00. Sala Baranda.

http://ataqueescampe.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos novo disco e presentación
Esquios xa tenhem o novo cd editado, a finais de abril mais ou menos empezará a estar dispoñible en calquer tenda da Galiza e tamén en A Regueifa Plataforma para a descarga de balde, e para presentalo.

Também podemos velos no concerto de presentación en Compostela o vindeiro Venres 24 de abril en a Gentalha do Pichel as 22:00 horas e con entrada a 3€.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Terra 2009 en Lugo

este xoves 23 de Abril celébrase en Lugo a "Día da Terra", a partir das 15:00 no aparcadoiro do Pabillón Universitario.

Outro ano máis, os Cómités de Lugo (antigos CAF) oganiza unha festival de música para celebrar “ O DIA DA TERRA”.


Este acto, festivo-cultural, reúne por a unha gran cantidade de rapaces con ganas de pasalo ben ao ritmo da nosa música.
Os Comités de Lugo somós un grupo de estudantes galegos e non galegos que loitamos por unha eduación pública e de calidade.

Debido a que estamos nun campus con moi poucos universitarios, non podemos facer actividades en defensa da eduación pública tantas veces como quixéramos. Pese a iso, somos dos máis activos da Galiza e este ano sufrimos agresións policiais cando protestabamos contra a implantación de Boloña.

Co concerto pretendemos por un lado concienciar ao estudantado lugués e por outro tratar de conseguir fondos para realizar actividades culturais. Que como algús saberedes, eran moitas as que realizaban os CAF de lugo non hai moitos anos, actividades que tratamos de recuperar.

Os prezos son moi populares (3€ o litro de kalimocho, 3,5 o de cervexa). E os grupos do mellorciño da Galiza.

Esta é unha xornada de fésta, a que estades tod@s convidad@s a asistir!!

ALTERAZION DEL ORDEN http://www.myspace.com/alteraziondelorden

ARENGA http://www.myspace.com/arenga

LEITE DE NAI www.leitedenai.es.kz/

MATXETAZO NA PARROTXA www.myspace.com/matxetazonaparrotxa

KAÑA D´HERBAS
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Ghaita de Pedra
Jose Varela, membro de Ghaita Depedra, di que os grupos novos da música galega padecen "certa inestabilidade" que fai que as súas propostas non teñan continuidade

"Na música galega, hai certa inestabilidade que afecta, sobre todo, aos novos grupos que van saíndo". Así opina o músico lugués José Varela que forma parte de Ghaita Depedra, a banda que este sábado, día 25 de abril, a partir das oito e media, presenta o seu primeiro disco, Nekiño, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

José Varela (violín e zanfona), Lourdes Armesto (voz e percusións), Pablo Condo (bodhran e percusións), Luis Rodil (frauta traveseira e gaita) e Xavi Fernández (guitarra e bouzouki) compoñen este grupo creado en 2001, que quedou finalista en dúas ocasións do concurso En clave de folk de Radio Obradoiro e actuou en escenarios de Euskadi, Cantabria e Asturias.

Ghaita Depedra ofrece no seu novo traballo, a súa particular visión do folk galego -ao versionar temas tradicionais- influenciado polas músicas do Leste de Europa e Irlanda, entre outras.

"As nosas fontes son da música tradicional de Galicia, pero tampouco somos un grupo de gaita, tamboril e bombo. Incluímos composicións propias pero con ritmos non demasiado estandar. Agora, debido a esta globalidade, temos máis acceso a outros tipos de ritmos como os dos países de Europa do Leste", explica Varela que tamén forma parte do grupo Sondeseu e dá clases de violín na Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo.

No panorama actual da música folk, Varela ve bastante "movemento". Porén, coida que existe "certa inestabilidade nos grupos que saen novos. Non vivimos o boom de hai algúns anos na música tradicional. Por iso facía falta algo máis de estabilidade para ter continuidade", sinala. "Facemos a música que nos gusta. No disco versionamos catro temas da música tradicional pero o resto son propios", considera.

O disco, gravado nos Estudios Abrigueiro de Friol por Arturo Vaquero, foi autoeditado polo propio grupo. "Tivemos que pagalo todo nós. Por iso non podiámos poñernos metas para gravalo. Pero como é autoeditado, está feito ao noso gusto", comenta.

"Nekiño", un xogo de palabras

"Nekiño é un xogo de palabras. Eu e Lourdes -cantante do grupo- temos un fillo e o grupo decidiu dedicarlle o disco a el. "Neko" en xaponés significa gato, e nós adaptámolo como Nekiño", explica Jose Varela.

Experiencias fóra de Galicia

Ademais de quedar finalistas en dúas ocasións do programa de Radio Obradoiro En clave de folk, o grupo conseguiu o mesmo posto no concurso Folkez Blai da localidade vasca de Ermua. Ademais, tamén quedou semifinalista do Escenario Prau de Cantabria. "Nestes lugares eu penso que a nosa música gustou bastante aínda que o criterio musical do xurado non concorde coa proposta musical que levamos", opina Jose Varela, que pasou por grupos como Xarín Gaiteiros do Incio, Nus ou Reviravolta.

Colaboracións de "padriños"

Para a gravación deste traballo, Ghaita Depedra contou coa colaboración de artistas de renome dentro do panorama folk como son Anxo Pintos, Iván Costa, Begoña Riobó, Julio Abal, Antón Méndez, José García -un dos membros fundadores do grupo- e Efraím Díaz. Ademais, o día do concerto de presentación do disco tamén contarán cun número de baile do Proxectodanza.folk. "Moitos deles son amigos que apadriñan o noso disco e que quixeron estar connosco ese día tan importante", explica Jose Varela.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de música tradicional en Monforte
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, no seu afán de incrementar a presenza da música tradicional galega na sociedade actual, dedicou unha xornada didáctica á percusión tradicional, zanfona e cantos de cego na vila de Monforte de Lemos. Esta xornada tivo lugar na tarde do domingo 19 de abril, no salón de actos da casa da cultura.

Esta actividade estivo guiada polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero Cajigal. O numeroso público asistente puido gustar dun concerto didáctico no que Luis “O Caruncho” amosou os secretos da zanfona, cantos de cego, romances... e Xosé Lois ensinou as distintas percusións utilizadas na música tradicional. Posteriormente, os mestres estiveron a disposición dos asistentes para responder a calquera dúbida ou inquedanza sobre os distintos instrumentos.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
A Coral de Ruada cumpre 90 anos
Co gallo do 90 aniversario da presentación oficial da Coral de Ruada, a editora Ouvirmos está a organizar un programa de actos para a celebración da efeméride, entre os que figura a reedición das primeiras gravacións de 1929 realizadas polo grupo, a publicación dun libro que narra a súa historia, a inauguración dunha exposición sobre a súa traxectoria, un encontro internacional de coros e unha toda unha serie de visitas guiadas por Ourense.

A editora que dirixe Xosé Manuel Aldea organiza, en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Caixanova, os actos do 90 aniversario da Coral de Ruada cos que se persegue exaltar o "valioso" traballo realizado polos membros da agrupación ao longo da súa traxectoria e reivindicar aquelas figuras que dende Ourense e a Coral contribuíron a dignificar a cultura como Prieto Nespereira, Faustino Santalices e Manuel de Dios.

Con estes obxectivos, editase o libro Primeira viaxe a Andalucía do Coro de Ruada de Xaquín Vales, investigador e membro deste Coro desde hai dezanove anos. A obra narra a primeira e exitosa xira que a agrupación realizou por terras andaluzas no ano 1927. Coa presenza destacada do virtuoso da zanfona Faustino Santalices, actuaron en maio nas cidades de Sevilla e Cádiz, mais o rotundo éxito que obtiveron obrigounos a pospoñer o seu regreso a Ourense até o mes de xuño.

Porase en marcha ademais a exposición do 90 aniversario da Coral de Ruada, un dos actos centrais da conmemoración. Poderá visitarse durante o mes de setembro no Centro de Exposicións do Edificio Simeón. A mostra está estruturada en tres espazos: un artístico con obras de creadores gráficos sobre De Ruada, un documental coas imaxes, portadas, documentos, bandeirolas e demais legados orixinais da Coral e un espazo didáctico, que propón unha viaxe pola historia de De Ruada a través de paneis informativos, audiovisuais e gravacións sonoras máis relevantes para a historia da Coral.

Coincidindo coa exposición realizaranse na última semana do mes de setembro visitas didácticas Ourense Musical, onde os escolares percorrerán lugares como a catedral, a praza Maior... até chegar ao Teatro Principal, sede da Coral.

Dentro dos actos tamén se reeditará unha selección das primeiras gravacións realizadas no ano 1929. Nelas recollíanse as harmonizacións sobre cantos populares do mestre Daniel González, quen, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño e con Javier Prado Lameiro, creou o que deron en chamar as Escenas Corais Galegas, a súa gran contribución ao coralismo.

En paralelo, dentro das Festas do Corpus 2009 no mes de xuño celebrarase o III Certame Internacional de Coros "De Ruada". Participarán os orfeóns galegos Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Real Coro Toxos e Froles e a Coral De Ruada, que contará coa participación especial de Cristina Pato. Ademais participarán os coros portugueses de Águeda e Vila Real, así como a Coral La Enseñanza de Valladolid
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Contracocheno en Vigo
Contracocheno na Fábrica de Chocolate de Vigo
Mércores 22 de abril ás 22:30


O Grupo de Música Tradicional Contracocheno é unha banda que se formou a partires do ano 2000. Escomenzaron a súa carreira dedicada a tocar en concursos, gañando o primeiro premio da Festa do Codillo de Mos e un terceiro premio no Memorial Ricardo Portela.

Máis adiante empezaron a facer diferentes concertos pola zona sur de Galicia e norte de Portugal. O seu repertorio consta de pezas tradicionais e propias.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-04-2009 01:39
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados Concurso Xiradela
Resultados do X Concurso de Música Tradicional Xiradela de Arteixo na sección de Pandereteir@s

Pode haber algún erro e falta algún grupo por colocar, se vos decatades dalgo avisade nos comentarios:

Cat. A: ata os 10 anos.
1º QUINTÁN da ANPA do CEIP Mondego de Sada
2º Cantaruxeiras da A.C. Donaire
3º CHUCHAMEL da A.X. Xacarandaina
vestiario: TEIRÓN da ARCD San Martín de Razo

Cat B: de 11 a 13 anos.
1º PEDRAVIXÍA da AC Adro de Baio
2º MORAZÓN da AMDT Queiroa Mondego
3º GRUPO C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
vest: GRUPO A da AC A Ponte Vella

Cat C: de 14 a 17 anos.
1º+vest AXEITADIÑAS da AC Donaire
2º Grupo B de Muiñeira Cantigas e Agarimos
3º TAÍN da AC Adro de Baio

Cat D: de 18 anos en diante.
1º LILAINA da AC O Castro
2º OS MUIÑOS DE OLIVEIRA
3º VELAÍ VEN da AC Donaire
vest: GRIALIA

Comentarios (67) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2009 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xurxo Romaní
Un dos nosos zanfonistas máis arriscados, o galego afincado en terrás catalás Xurxo Romaní, está de volta co seu xa terceiro traballo.

Na compaña do guitarrista-baixista catalano-xaponés Koichi Tanehashi e co apoio no audiovisual do arxentino Osvaldo Ponce, mestura rock, pop, funk, electrónica e folk cunha atitude decididamente progresiva nun disco no que pon música -e por vez primeira a súa propia voz- a dez cantigas de escarnio e maldizer coa intención de levar a nosa máis satírica tradición trobadora medieval aos sons do Século XXI.

Coma sempre, máis info e descarga do disco de balde en www.aregueifa.net

www.aregueifa.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-04-2009 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
A banda Avelaíña saca ‘Traditium’, o terceiro traballo discográfico
O grupo galego Avelaíña foi finalista no Concurso Folk Internacional de Navelgas 2008 e agora vén de editar o seu terceiro disco, co título de Traditium.

Na obra, composta de dez temas, mesturan pezas vocais e instrumentais, aínda que realizan máis incidencia nos temas cantados por María Xosé Rosales.

O eixe é unha serie de cantigas tradicionais que foran gravadas por Laura Romero, unha cantareira marinense que serviu de inspiración a Avelaíña. A formación aínda está demasiado verde para afrontar con éxito esa fusión de sons tradicionais con ritmos contemporáneros e debe traballar moito máis os temas cantados.

O conxunto debutou no 2001 coa edición de Proxecto e hai tres anos sacaron ao mercado o álbum Xan e Sabela. Ademais da voz de Rosales, forman a banda o gaiteiro e frautista Alberto Miranda, o baixista Carlos Orcajo, o baterista Miguel González e AntónVillanueva, encargado da guitarra e o bouzouki.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 22-04-2009 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os Abrentes de Cerdedo no Alalá
Hoxe, martes, día 21/04/2009

Os Abrentes de Cerdedo, con quen estará o "Alalá" esta noite, son os herdeiros dunha inmensa fortuna: a enorme tradición musical que ten a comarca de Terra de Montes, unha zona onde houbo gaiteiros ilustres, como os gaiteiros de Soutelo; acordeonistas de sona; tres bandas de música a un tempo e pandereteiras en cada parroquia.


Pois ben, cada un dos Abrentes foi recollendo o saber de todos estes mestres para condensalo, ás veces, como grupo de gaitas e outras como charanga. Eles, que son oito, están encantados de ser os continuadores na transmisión de todo este tesouro musical.

As pandereteiras de Barro de Arén; Jesús Campos o dos Diplomáticos do Acordeón ou o coñecido gaiteiro e artesán Bartolo, son algúns dos mestres destes oito músicos dos Abrentes, entre os que hai un pai e un fillo e dous irmáns. Están convencidos de que a música une as xeracións e como xa a tiñan na casa só tiveron que decatarse do importante que era. Grazas a eles, segue habendo festa en Cerdedo, algo ao que os veciños estaban moi afeitos, pero que nos últimos anos foi indo a menos porque a xente marchou de alí para buscar traballo.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2009 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre Rodas no Muiño Vello de Redondela

Martes dia 21 de Abril, No MUIÑO VELLO de Redondela; Actuación do duo de zanfonas "SOBRE RODAS" (Luis Caruncho) e (Carlos do viso) co espectáculo co que vai ser o seu novo traballo.: MUSICAS PARAMETRICAS TEMPERADAS.

Será a partires das 22:00.

NB.: Recordarvos que no muiño poderedes degustar o famoso viño blanco treixadura.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2009 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
A música que fai país
Mini e Mero serán distinguidos co Pedrón de Ouro en recoñecemento ao labor de recuperación e difusión do patrimonio oral galego que veñen realizando desde os anos 70

"Trátase non de facer arquivos, senón de facer país". Esta frase do músico e investigador da tradición oral galega Mero -Baldomero Iglesias- ben podería condensar o cerne do labor que el, e o tamén músico e mestre Mini -Xosé Luis Rivas-, realizan, desde hai décadas, pola recuperación e difusión do noso patrimonio cultural. Mini e Mero, cofundadores de Fuxan os Ventos e na actualidade membros de A Quenlla, recibirán o vindeiro 24 de maio o premio Pedrón de Ouro 2009, en recoñecemento á súa traxectoria como músicos, pedagogos e investigadores do patrimonio oral do país.

"É unha mostra de estima moi bonita, un premio que ten para nós unha significación moi importante, pois está cargado de compromiso: promóveo unha xente moi sensible coa nosa cultura. En realidade, non se nos recoñece só a nós, senón a toda a xente que nos precedeu... Persoas como Xocas, -só por citar un nome-, que traballou por dignificar a nosa cultura...", comentou Mero nunha entrevista.

Na actualidade, Mini e Mero traballan nun proxecto no Museo do Pobo Galego que incluirá, nunha base de datos, as recollas de materiais da tradición oral galega que ambos foron realizando desde os anos 70. "Eu teño 600 cintas. Está todo xa dixitalizado, pero falta organizalo en carpetas: unha para contos, outra para lendas, outra para refráns... Temos materiais sobre arquitectura tradicional, gastronomía, xogos, tradicións, costumes, ditos, adiviñas, coplas, romances... Tamén vídeos, e despois o arquivo de Mini, de Mato...", explicou.

Xesús Mato, crego e musicólogo, foi, precisamente, quen iniciou a Mini e Mero na tradición musical galega, convencéndoos para que colaborasen no coro do colexio, do que agromaría o grupo Fuxan os Ventos. Mini e Mero foron, por outra banda, facendo recollas nos distintos destinos que lles ían tocando no seu traballo de mestres.

"Aos rapaces gústalles. Animámolos a cantar con nós, e descobren que ninguén antes lles explicara que a música é, sobre todo, práctica. Póñense a regueifar... con ese gozo da vida que é un xeito de cohesión social e que se chama música. Nas culturas vivas, a música é un elemento fundamental de cohesión social, de harmonización da cultura co medio...", indica.

E a cultura galega atópase ligada, nomeadamente e segundo Mero, "ao rural, as clases populares...". Así, a transmisión cultural é problemática, nun mundo no que o rural non deixa de minguar...

A perda do rural

"Se desaparece o rural, desaparecería case toda a nosa personalidade, a nosa peculiar e orixinal maneira de estar no mundo. Moita xente despreza o rural porque non o coñece. A xente do rural conecta ben coa nosa música. Pero os medios chegaron ao rural: a foliada foi substituída pola televisión, a radio... A foliada era como o lavadoiro, un espazo de encontro social. Agora vemos os rapaces no instituto xogar sós coas súas maquiniñas. Hai problemas de relación, na sociedade, ao meu ver, enferma, que estamos creando...", pensa.

"A música tradicional debería fluír e transmitirse espontáneamente. Pero se a transmisión falla, é bo que se recolla en arquivos, para que non se perda", opina. Outra importante canle de transmisión e, sobre todo, difusión, é a interpretación. "Na Quenlla reinterpretamos, reelaboramos, contextualizamos as pezas: explicamos o seu por que... A cultura musical galega é moi importante. Chegáronnos xeitos interpretativos de toda Europa, a través do Camiño de Santiago... Moitos galeguizáronse...", engadiu.

Na difusión do patrimonio oral galego xogan un especial papel as inicitiativas xurdidas da sociedade civil, máis que das institucións. "Fomos moitas veces con ofertas ás institucións, que, a maioría, calaban ou che contestaban mal. É triste a pouca estima que amosan as institucións pola nosa cultura. Falta sensibilidade cara á arte e a cultura", afirma Mero.

E a actitude das institucións contribúe a conformar mentalidades sobre a nosa cultura tradicional. "As cousas foron cambiando desde que comezamos a facer recollas. Non só desde o punto de vista técnico: pasamos do lápiz e o papel ao magnetofón dunha soa pista, despois veu o stereo... De feito, perdemos material por non contar coa tecnoloxía axeitada: as cintas estráganse... Cando comezamos, é certo que os informantes desconfiaban... Era tanta presión, o complexo de inferioridade, que a xente pensaba, e pensa, que falar galego é falar mal, que a nosa cultura era algo case depravado...", lembrou.

"Pero cando vian que iamos con seriedade e respecto, e seducidos pola nosa cultura, xa desaparecía a frialdade inicial. Nun primeiro contacto podía haber desconfianza, pero despois ía xurdindo unha relación de amizade... e aí comezaba a verdadeira recolla. Eran os vellos os que gardaban a cultura traidicional. A moitos perdémolos... Pouca transmisión houbo desde os anos 70. Só a través da xente nova que ten ganas e azos... Daquela tamén comezaron a xurdir asociacións culturais que se interesaban na nosa cultura", salientou.

PROBLEMAS "A palabra contestataria péchache portas nos medios de comunicación"

Un dos problemas da transmisión da música tradicional é que se acabe folclorizando, no mal sentido da palabra. "A nosa música tradicional non é neutra. No noso folclore, o 90% está nun perfecto galego, non en castelán, que é a excepción. A cuestión é que a palabra sempre ofendeu: a crítica social. Hai coplas no noso folclore sobre a guerra civil, a ditadura... o que ocorre é que cantalas pecha portas: nos medios de comunicación... e por iso moitos músicos optan por non transgreder os parámetros establecidos", asegurou Mero.

"Por iso, tamén, hai máis grupos só instrumentais. Na palabra, e sobre todo na contestaria, están poucos: Tino Baz ou Miro Casabella, por exemplo, son músicos aos que non lles importa o que vaia pensar o goberno de quenda, pero coma eles hai poucos. E neste país precisamos moito que se digan as cousas, é necesario que nos valoremos, que nos autoestimemos...", insistiu.

Mini e Mero reivindican, coa súa música, tamén a diferenza, a heteroxeneidade cultural. "O que somos depende da sociedade na que vivimos e, en fin, da nación, que pode dar lugar a múltiples interpretacións. Na variedade está a riqueza. É bo que haxa diferencia, que a xente se contradiga... é o que nos permite ser libres e sentirnos libres...", sostén.

A Fundación Pedrón de Ouro decidiu outorgarlle o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu, polo seu labor de difusión la lingua e literatura galegas no seu país.

O Pedrón de Ouro distingue aquela personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis se destacase na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida. O Pedrón de Honra recoñece a personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra do país que máis se destacase coas súas achegas ao engrandecemento da Nación e a súa Cultura.

A entrega destes galardóns terá lugar o próximo 24 de maio nun acto literario que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2009 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Galegoz xa dispoñible de balde

GalegoZ quixeron que a saida do seu novo -xa terceiro- disco, Viñeron da Galicia Interior, fose simultánea ao comezo oficial do Feixismo coa investidura do novo presidente da Xunta, toda unha declaración de principios festeiro-combativos.

Cinco novos temas nos que de novo predominan as bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e ás veces surrealistas, ou coma eles mesmos a definen "música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! para bailar pensada e feita en Galiza a base de Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance; unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, atitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bon humor... E, por suposto, sen esquecerse da festa".

O disco está editado baixo licenza copyleft e xa se pode descargar no netlabel www.aregueifa.net

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2009 08:18
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 20 (Luns)

Terza feira 21 (Martes)
• Sobre rodas (dúo de zanfoñas) no Muìño Vello de Redondela

Corta feira 22 (Mércores)
• Xose Manuel Budiño no C.C. Caixanova de Vigo (Gala 75 aniversario de Radio Vigo)
• Contracocheno na Fábrica de Chocolate de Vigo

Quinta feira 23 (Xoves)

Sexta feira 24 (Venres)
• Encontros dos Axóuxeres en Outes. Centro Social. 18.00 horas
• Labazada no Zona Zero de Caldas
• Snatch no Jazzmin (O Carballiño)
• Victor Aneiros no Clavicembalo (Lugo)
• Dandy Fever no Jazz Vides (A Coruña)
• Esquíos na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Vozes da radio (Portugal) no Auriense (Ourense)
• Ardentia ás 21.00 no auditorio municipal de Arbo
• Os Irmandiños no Furanho da Balsa (Matamá-Vigo)
• XI Noite de Tasca no bar O Taxista en Ponte Carreira (Frades)
• Foliada nas Pontes, na Cafetería Lar

Sábado 25
• Encontros dos Axóuxeres na Estrada. Teatro Principal. 12.00 horas
• Encontros dos Axóuxeres en Poio. Comunidade de Montes "Rega dos Agros" de Combarro. 18.00 horas
• Nova Galega de Danza no Auditorio de Vilalba
• Dandy Fever no pub Leblon (Pontecaldelas)
• Kogito no Salason (Cangas do Morrazo)
• Vozes da radio (Portugal) no Liceum (O Porriño)
• Xose Constenla no Grándola Café de Ourense
• Ghaita de Pedra no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
• Tocadoras do Pandeiro en Vigo
• IV Foliada de Cerqueda nas Escolas das Pozacas
• III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
• Foliada de Melide con Serán e Tanto nos Ten con Xarín Gaiteiros do Incio.
• Serán en Morgadáns (Gondomar) no torreiro de San Roque
• Serán en Santa Mª da Guía (Randufe-Tui)
• Serán de Lentille (Santa Eulalia de Batalláns, As Neves)
• Serán na casa da cultura de Mogor (Marín)

Domingo 26
• VI Repichoca nas Pontes a partires das 13:00
• IX Concurso de baile Tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda) ás 18:00
• Encontros dos Axóuxeres en Teo. Casa Común de Oza. 18.00 horas
• Mini e Mero en Melide ás 19:00
• Xose Manuel Budiño no Auditorio de Cangas do Morrazo (Festival Benéfico Afamo)
• Nova Galega de Danza no Teatro Jofre de Ferrol
• Projecto Miño no Auditorio de Galicia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2009 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Uxía
Uxía regresará hoxe a Vigo para presentar o seu novo disco ’Eterno Navegar’ cunha actuación no Centro Cultural Caixanova, acompañada por Paulo Borges (piano), Santi Cribeiro (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo), Quiné (batería), Jon Luz (cavaquinho) e Rubén Santos (trombón).
Este traballo supón a evolución de toda unha traxectoria.


Uxía aposta unha vez máis pola simbiose das músicas lusogaláicas. foto: s.e.Artista por tódolos poros do pel, Uxía Domínguez Senlle naceu en Sanguiñeda (Mos), en 1962. Comezou no mundo da música moi cedo, actividade que se materializou en 1986 coa publicación de ’Foliada en marzo’. Formou parte de Na Lúa e no 1991 iniciou a súa carreira en solitario. A dous días da súa cita co público vigués e na véspera do ’concerto per a l’Exili’ en Barcelona analizou para Atlántico a súa pegada musical.

Neste último traballo, ’Eterno navegar’, apréciase o influxo de sons doutros países.
A impronta africana e brasileira xa está en temas anteriores. Agora incorpóroa partindo das atmósferas de Galicia en conexión con outros territorios atlánticos: vai do verde ao deserto na procura dunha sonoridade común. Graveino en Sintra, en total sosego.

Dende os seus comezos nos 80, como madurou o folk galego?
Na esencia non cambiou tanto, eu fun experimentando na procura dunha sonoridade nova. O meu paso por Na Lúa axudoume a visualizar a importancia da música de raíz. Se mudou, foi para ben, xa que apareceron voces novas que suman diferentes visións das interpretacións. É curioso a maior presenza da muller en tódolos campos.

A música galega goza de boa saúde?
Envexabel, está consolidada e o nivel das súas escolas e o coñecemento sobre os instrumentos tradicionais é incomparabel.

Mantén o seu compromiso coas intérpretes populares, que aportan ao ámbito musical?
Aportan moitísimo: a súa sabidoría, as súas voces. Tanto no caso das Cantereiras do Berbés como en Malvela xurdiron dun curso de canto que impartín: animainas para que non quedase na casa o seu canto; como productora, apostei por unha mestura interxeracional, por unha tradición viva.

O público urbano como o vigués ten outra sensibilidade?
A cuestión urbana e a rural non están moi afastadas en Galicia, case non hai fronteira. Gústame Vigo porque é un público moi heteroxéneo, esixente e maduro. O meu espectáculo será participativo e interxeneración.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros dos Axóuxeres

Coa primavera, chega unha nova xeira dos Encontros dos Axóuxeres! Lembra que é imprescindible reservar previamente e que é posible inscribirse a partir do 9 de marzo, no teléfono 686 160 879.

Os Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que a nosa lingua siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres, na proposta de Galitoon.

Na programación dos Axóuxeres veñen participando distintos artistas que unen palabra, emoción e música, para animar os máis pequenos a falar, a cantar e a gozar co galego. Músicos e actores, da man de Totó, un pequeno moneco de pelo azul que aprende as primeiras palabras, logran que os encontros dos Axóuxeres sexan inesquecibles.

Datas dos encontros primavera 2009

17 de abril: Cangas. Auditorio Municipal. 18.00 horas
18 de abril: Ponteareas. Centro Artístico Sportivo. Ás 12:00 horas.
18 de abril: Salvaterra de Miño. Casa da Cultura. 18.00 horas
19 de abril. Tomiño. Auditorio de Goián. 12.00 horas


24 de abril. Outes. Centro Social. 18.00 horas
25 de abril: A Estrada. Teatro Principal. 12.00 horas
25 de abril. Poio. Comunidade de Montes "Rega dos Agros" de Combarro. 18.00 horas
26 de abril. Teo. Casa Común de Oza. 18.00 horas

www.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 17 (Venres)
• Encontros dos Axóuxeres en Cangas. Auditorio Municipal. 18.00 horas
• Taru e os paxaros coiro na sala Habana 20 (Vigo)
• O Sonoro Maxín na sala Baranda (Valdeorras)
• Guezos no Esmorga (Ourense)
• Marful en Porto (Portugal)
• The Homens no Liceum (O Porriño)
• Som do Galpóm na sala Mardigras (A Coruña)
• Tino Baz ás 20:30 no Auditorio Municipal de Villamarín
• I Encontro galego-bretón de fraternidade en Melide
• Lume na Lareira e Tiruleque no pub Gatos (Melide)
• Os Trasnos de Moscoso no Aturuxo (Bueu)
• Uxía no C.C. Caixanova de Vigo
• Pepe Vaamonde Grupo no Forum Metropolitano (A Coruña)
• Os Gaiteiros de Monteboi no Furanho da Balsa (Matamá-Vigo)
• Foliada na Cafetería O Tapal de Noia

Sábado 18
• Encontros dos Axóuxeres en Ponteareas. Centro Artístico Sportivo. Ás 12:00 horas.
• Encontros dos Axóuxeres en Salvaterra de Miño. Casa da Cultura. 18.00 horas
• Festa aniversario de PROPOLIS (A Coruña): Os Friscollos, Chotokoeu e Duploson
• Xoán Eiriz e Xoán Rubia ás 20:00 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia
• Som do Galpóm na sala Babel (Lugo)
• Kogito na sala Karma (Pontevedra)
• Cachola Baleira no Esmorga (Ourense) ás 22:00
• Sacha na Horta no C.S.C. O Castiñeiriño (Compostela)
• Festival RockPública en Ourense na Praza Maior ás 20:00: Guezos, Skarallados e Bergallazo ADIADO
• Linho do Cuco no auditorio da EAEM, no parque de Vista Alegre ás 20:00 (Compostela)
• O Son do Castelo e Quempallou en Mos
• Serán en Fozara (Ponteareas)
• Serán en Angudes (Crecente)

Domingo 19
• Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte
• Concurso de Pandereteiras Xiradela (Arteixo)
• Encontros dos Axóuxeres en Tomiño. Auditorio de Goián. 12.00 horas
• Tino Baz ás 18:00 no Auditorio Municipal de Portas (Pontevedra)
• Taru e os paxaros coiro na sala Aturuxo (Bueu)
• Lizgairo no Auditorio de Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)
-Serán en Angudes (Crecente)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
-Foliada de Melide
-Serán en Morgadáns (Gondomar) no torreiro de San Roque
-Serán de Lentille (Santa Eulalia de Batalláns, As Neves)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)
-I Serán do Patrocinio en Rianxiño (Rianxo)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
-Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
-Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo
-Serán no campo de futbol de Sobrada

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo
-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo).

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-04-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 13 de marzo de 2009
Vai de baile do 13 de marzo de 2009

Os Bugalleiros (Ames) vs Os Aturuxeiros (Barcelona)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 17-04-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Angudes (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-04-2009 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Noia

Foliada na Cafetería " O Tapal " de Noia
Venres 17 de abril
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-04-2009 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de pandereteir@s Xiradela
O X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL na modalidade de pandeireta será o domingo 19 de abril, en horario de mañá e tarde, ás 11:00 e ás 16:30 h.

O lugar elixido para a súa celebración é o auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo, a carón do paseo fluvial. A entrada é gratuíta.


1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A e C.
2ª Ás 16:30 h da tarde para as categorías B e D.

ORDE DE ACTUACIÓN NO CONCURSO DE PANDEIRETA

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

1. O´BELCHO da ARCD San Martín de Razo
2. ESTRALOTES da AC Nemeth
3. CHUCHAMEL da A.X. Xacarandaina
4. TEIRÓN da ARCD San Martín de Razo
5. CANTARUXEIRAS da AC Donaire
6. XOLDA da AVC San Miguel de Oia
7. XEIXO BRANCO da ARCD de San Martín de Razo
8. QUINTÁN da ANPA do CEIP Mondego de Sada
9. XENREIRA da AF San Lourenzo de Agualada

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

1. FARRAPO da AF San Lourenzo de Agualada
2. MORAZÓN da AMDT Queiroa Mondego
3. MENIÑAS do Grupo de Pandereteiras Tarambainas
4. AC NÓS
5. REBULDEIRAS da AC Donaire
6. TAULIÑAS da AC Nemeth
7. GRUPO A da AC A Ponte Vella
8. MAIOLA da AC Virxe da Saleta de Silván
9. PANDERETEIRAS do Castromao
10. PEDRAVIXÍA da AC Adro de Baio
11. GRUPO C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

1. ARNELA da AMDT Queiroa Mondego
2. AXEITADIÑAS da AC Donaire
3. XEIRA Agrup. Fol. San Lourenzo de Agualada
4. TARAMBAINAS da AVCD Lavadores
5. Grupo A da AC Raigañas de Cerqueda
6. Grupo B de Muiñeira Cantigas e Agarimos
7. XABREDO da AC Virxen da Saleta de Silván
8. TAÍN da AC Adro de Baio

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

1. BOUBA da AC Brisas do Quenllo
2. ABELEIRA da AVCR de Zamáns
3. TREBELLOS da AX Regueifa
4. LUADA AC Queiroga
5. ACIBECHE do CEIP Salgado Torres
6. PANDERETEIRAS da AC Rosalía de Castro
7. LUCEIRO da ACF o Fiadeiro
8. ALEIVOSÍA da ADC Fogo Fatuo
9. MOZOS da RONDA da AC Donaire
10. GRUPO A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
11. URDIME da ACF o Fiadeiro
12. RIDEIRAS da AC Xacarandaina
13. GRIALIA
14. AS CHANEIRAS
15. VELAÍ VEN da AC Donaire
16. LILAINA da AC O Castro
17. NÉVEDAS da AC Arume de Verdillo
18. Pandereteiras OS MUIÑOS DE OLIVEIRA
19. MAGHÚA
20. Pandereteiras do Castromao
21. XAÍNDA da ACF O Fiadeiros

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-04-2009 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Pepe Vaamonde Grupo
Dentro do ciclo de música Espazo Aberto, presentan o seu espectáculo Introterra no Forum Metropolitano da Coruña

Venres 17 de abril ás 21:00 no Forum Metropolitano (A Coruña)

Pepe Vaamonde Grupo (PVG) é, ante todo, unha formación folk pensada para o directo. A calidade como instrumentistas de cada un dos seus compoñentes xunto coa forza emocional das súas composicións forman un cocktail que os converte nunha das bandas de folk máis interesantes do momento. Pero, ademais, Pepe Vaamonde Grupo é tamén capaz de realizar un traballo de estudo de gran calidade, como así o demostran os recoñecementos alcanzados nos medios especializados cos seus dous traballos discográficos publicados ata a data.

Na actualidade Pepe Vaamonde Grupo acaba de terminar a grabación do seu terceiro traballo discográfico (Intro Terra) no que, do mesmo xeito que nos dous anteriores, o grupo mestura os sons máis íntimos da música tradicional galega coas correntes máis vanguardistas do Folk Europeo.

INTRO TERRA

O novo traballo discográfico de Pepe Vaamonde Grupo, "Intro Terra", está composto por once temas nos que a "terra" (as formas musicais tradicionais), adquiren verdadeiro protagonismo.

Se o primeiro disco da formación estaba adicado á auga e o segundo ao vento, a Eolo, este terceiro traballo discográfico está adicado á terra. A terra está presente nas guitarras de Pipo e no baixo de Xesús e mestúrase coas gaitas e flautas de Pepe e co acordeón de Nacho para crear "Intro Terra".

A diferenza dos anteriores traballos discográficos, Pepe Vaamonde Grupo decidiu, esta vez, saír de Galiza para preparar este novo proxecto musical. Así, o disco foi gravado nos prestixiosos estudos PKO de Madrid.

Ademais do recoñecemento dos estudos nos que se gravou o novo traballo discográfico e da calidade dos temas elaborados por Pepe Vaamonde Grupo, o disco contará con moitas sorpresas que, aos poucos, iranse desvelando.

Venda de entradas:

Taquilla Central (Praza de Orense): de luns a venres (agás festivos), de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Taquilla do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes da función
Televenta: 902 504 500

Fórum Metropolitano
Rúa Río Monelos s/n. 15006 A Coruña

Tickets:
5 euros (3 euros para carnet xove, 65 anos e desempregados)

www.pepevaamondegrupo.com

www.coruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Arde o Pazo (Mos)
PROGRAMA DE ACTIVIDADES (18 de abril de 2009)

10:00 H. Apertura do mercadiño
Obradoiros de oficios artesáns tradicionais
Actuación do grupo folclórico A Nosa Terra de Pereiras

11:00 H. Cantares de cego
Durante toda a mañá. A cargo de Luís “O Caruncho”

12:00 H. O exército de Napoleón chega a Mos
Representación dos acontecementos do 13 de abril de 1809
Irrupción dos soldados no mercado
Apresamento dos Marqueses

13:00 H. Proclama do Padre Giráldez
Chamamento á sublevación do pobo contra o invasor

13:30 H. Emboscada ao exército francés

14:30 H. Xantar popular

16:30 H. Regueifas
A cargo do trío de regueifas:
Luís “O Caruncho”, Benito Lobariñas e Josiño Teixeira

18:00 H. Recoñecemento aos heroes da guerra no Val da Louriña

18:30 H. Aforcamento dos prisioneiros franceses

19:00 H. Actuación do Grupo folclórico Xógara de Sanguiñeda

20:30 H. Retorno dos franceses
Queima do Pazo

22:00 H. Concertos
- O Son do Castelo
- QUEMPALLOU


As actividades desenvolveranse no entorno peonil da Rúa e o Pazo dos Marqueses* de Mos, recuperado recentemente.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía presentará en Vigo o seu novo disco
Uxía presentará en Vigo o seu novo disco, 'Eterno navegar', dentro do ciclo Música Babel

A cantante e folclorista Uxía presentará en Vigo, no marco do ciclo de Caixanova Música Babel, o seu novo disco Eterno navegar. O Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural da entidade financeira na cidade olívica acollerá o concerto o venres 17 de abril ás 22.30 horas. A artista chega a Vigo tras ser galardonada cun Premio da Música, na categoría de mellor canción en galego, polo seu tema "Rumores de falúas".

Máis de vinte anos de carreira artística converten a Uxía nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. Desde o seu debut discográfico con Foliada de marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un modo de comunicación entre pobos e xentes.

Agora preséntanos o seu novo disco, Eterno navegar, no que partindo da tradición e das atmosferas do seu lugar de orixe, Galicia, reinventa e personaliza os sons que a relacionan con países como Portugal, Brasil ou Cabo Verde. O Atlántico impregna o seu novo traballo, ofrecendo un paseo polos ambientes e ritmos destes territorios á vez que retoma tamén a música e a poesía do seu país. Uxía percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan coa súa melodiosa voz e o seu estilo intimista. Conxuga á perfección o compás dos tambores coas doces melodías galegas e funde o fado, o alalá e a morna para destilar un perfume único. Con Uxia participan Paulo Borges como pianista e director musical, Quiné como batería e percusiones, Xacobe Martínez ao contrabaixo e Santi Cribeiro ao acordeón.

O ciclo Música Babel suscítase unha vez máis co obxectivo de achegarnos a culturas afastadas combinadas co que se fai dentro das nosas fronteiras. Trátase dun ciclo de seis concertos que deu comezo en xaneiro coa actuación do grupo estadounidense Calexico e continuou coa presenza da portuguesa María de Medeiros, o quinteto de música persa Ensemble Rezvan e a cubana Omara Portuondo. O ciclo finalizará no mes de maio coa mexicana Lila Downs, que presentará o seu último traballo Ojo de culebra.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer