O 24 Xantar Gaiteiro da AGG terá lugar o vindeiro domingo 24 de Marzo en Tui e farémoslle unha merecida homenaxe ao mestre Antón Corral!!! Se queres asistir podes anotarte durante o día de hoxe nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal
Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa.
O programa será o seguinte:
12:00h. Homenaxe a Antón Corral no Auditorio Municipal de Tui
14:30h. XIV Xantar Gaiteiro no restaurante Cruceiro do Monte (Camiño Cruceiro, 23. Saída de Tui cara a Baiona)
MENÚ: 1º- Sopa de Cocido, 2º Cocido galego, postre, viño, auga e refrescos.
PREZO: 22 euros por persoa (que serán entregados ao entrar).
Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 20 de marzo.