Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Serán de Soutelo de Montes
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2018 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Raíz en Callobre (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2018 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
De Vacas no Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Tiruleque na Coruña
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Oh! Ayatollah e Ataque Escampe en (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ses no Auditorio Mar de Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Arteixo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxedoras no CRACC de Coruxo (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
II Edición de Cantos de Taberna de Marín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de música tradicional Soalleira (Sanxenxo)
BASES

1. Poderán participar asociacións folclóricas, culturais, xuvenís, de veciños, ANPAS… sen ánimo de lucro.

2. Modalidade: pandeireta e percusión tradicional, distribuidos nas seguintes categorías:
CATEGORÍA A: Ata 11 anos
CATEGORÍA B: De 11 a 16
CATEGORÍA C: De 16 en diante

3. A media de idade do grupo determina a categoría, ningún compoñente poderá superar máis de dous anos a idade máxima.

4. A peza a interpretar, debe ser tradicional. Se houbese algunha reclamación de dereitos de autor, a organización remitirá o cargo ao grupo correspondente.

5. O xurado estará composto por tres persoas e será nomeado pola Asociación Cultural Soalleira. O seu fallo será inapelable.

6. O xurado terá en conta os seguintes aspectos para a cualificación:
• Autenticidade.
• Dificultade.
• Afinación.
• Interpretación.

7. O xurado poderá requerir DNI ou Libro de Familia de calquera participante.

8. O tempo límite da interpretación da peza non excederá os cinco minutos.

9. O xurado poderá descualificar a calquera grupo que non cumpra as normas do concurso.

10. Os premios serán os seguintes:

• CATEGORÍA A:
- 1º premio: 300 €
- 2º premio: 150 €
- 3º premio: 75 €
• CATEGORÍA B:
- 1º premio: 400 €
- 2º premio: 200 €
- 3º premio: 100 €
- Accésit de vestiario (Categorías A e B): 100 €
• CATEGORÍA C:
- 1º premio: 800 €
- 2º premio: 400 €
- 3º premio: 200 €
- Accésit de vestiario (Categoría C): 100 €

11. Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, a organización reservarase o dereito da supresión desa categoría, unha vez avisados os grupos inscritos na mesma.

12. Ningún premio poderá quedar deserto.

13. É obrigatorio o uso de traxe tradicional.

14. O concurso terá lugar o domingo 6 de maio no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán. Rúa Miraflores, 3. 36960 – Sanxenxo

15. O concurso desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

16. O horario e a orde de actuación remitirase aos grupos participantes, unha vez rematada a inscrición.

17. O prazo de inscrición remata o 20 DE ABRIL

18. A folla de inscrición deberá remitirse debidamente cumprimentada ao correo electrónico soalleira@gmail.com
Pódese descargar no enlace: https://www.dropbox.com/l/scl/AAB7afhGCYcisnslbLVcnZNHQ6VLYS8b4AI ou solicitala no noso correo electrónico

19. Non se permite a gravación do concurso. A organización realizará fotografías e vídeos do concurso, os cales pasarán á propiedade da ASOCIACIÓN CULTURAL SOALLEIRA e do CONCELLO DE SANXENXO que poderán ser publicadas nas redes ou utilizadas como publicidade de calquer evento organizados pola Asociación ou Concello.

20. A Asociación cobrará unha entrada simbólica de 2 €/mañá e 2 €/ tarde.
O grupos participantes poderán solicitar na inscrición invitacións para os menores que participen nalgunha das categorías.

21. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases.

22. Calquera dúbida será resolta por medio do correo electrónico da asociación: soalleira@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-03-2018 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
XIC Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
XIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS


BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDEIRETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: trofeo e 200 € 2º premio: trofeo e 150 € 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: trofeo e 250 € 2º premio: trofeo e 150 € 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional. - A súa dificultade. - A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 15 de abril de 2018 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición remata o xoves 5 de abril de 2018.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 15 de abril de 2018. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: Tlf. móbil: 698 179 264 (tardes) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-03-2018 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Losto Kinsky en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2018 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de música tradicional en Beade (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-03-2018 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-03-2018 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer