Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Skandalo GZ e Atzembla en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi Galego en Narón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Susana Seivane, Rosa Cedrón, Ialma... en Cambados
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de Taberna en Manzaneda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
4º Cantos na Taberna de Sarria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
30 Aniversario da Asociación Cultural Airiños dos Carrís (A Barqueira-Cerdido)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Cocido do orgullo (Lalín)
COCIDO DO ORGULLO (LALÍN)
ORGULLO DE SER O QUE ES, AQUÍ TAMÉN
24, 25 e 26 de Marzo de 2017


Venres 24 de Marzo
ás 22:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
2º FESTIVAL ORGULLO DE SER O QUE ES, AQUÍ TAMÉN
HABELAS HAINAS
A BANDA DAS CRECHAS

Sábado 25 de Marzo
de 11:00 a 14:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
O ARCO DA VELLA: CORES E MÚSICA PARA O PÚBLICO MIÚDO.
A DANZA DOS PAXAROS

Sesión Vermú.
CANELA CAFUNÉ
A BANDA DA BALBINA

15:00 h. Comida “Cocido do Orgullo*” Nos restaurantes acreditados co distintivo de establecemento amigo do Cocido do Orgullo*

de 16:30 a 19:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
O ARCO DA VELLA: CORES E MÚSICA PARA O PÚBLICO MIÚDO.
A DANZA DOS PAXAROS
A CASA DOS XOGOS (Animación e xogos tradicionais)
MAMÁ CABRA

ás 22:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
2ºFESTIVAL ORGULLO DE SER O QUE ES, AQUÍ TAMÉN
LAS SUPREMAS
ATRÁS TIGRE
THE GROOVES

Domingo 26 de Marzo
ás 13:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
Sesión Vermú. THE LAKAZANS

15:00 h. Comida “Cocido do Orgullo*” Nos restaurantes acreditados co distintivo de establecemento amigo do Cocido do Orgullo*
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-03-2017 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Caxade en Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Constenla en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Ricardo Portela
O vindeiro 24 de marzo cúmprese o 25 aniversario do pasamento de D. Ricardo Portela Bouzas (Viascón 1920-Pontevedra 1992), co gallo da efeméride levaranse a cabo as seguintes actividades conmemorativas en Cerdedo-Cotobade e máis Pontevedra.
Estades tod@s convidad@s.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de regraxe de zanfona (Lugo)
O vindeiro venres, día 24 de marzo terá lugar na Tradescola un obradoiro de regraxe de zanfona impartido por Xaneco Tubío.

Se estás interesado en asistir podes anotarte chamando ao 982229966 ou no correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal
OBRADOIRO DE REGRAXE DE ZANFONAS

DATA: 24 DE MARZO 2017
IMPARTE: XANECO TUBÍO

HORARIO. DE 16.30 A 19.30 HORAS
LUGAR : TRADESCOLA ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 - Lugo)

PRAZAS LIMITADAS

PREZO:
5€ (ALUMNOS TRADESCOLA /SOCIOS DA AGG)
15€ (Público en xeral)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-03-2017 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Curso de Música Tradicional Galega (Barreiros-Lugo)

Os próximos días 25 e 26 de marzo de 2017 celebrarase na Granxa de Barreiros o "VIII Curso de Música Tradicional Galega".

O Curso está destinado a rapaces e rapazas a partir de 18 años e adultos en xeral, músicos, maestros de educación musical, profesionais da música, danza, teatro,... e ten como obxectivo mostrar unha visión completa da música tradicional galega, participando e disfrutando os alumnos dunha visión global do folclore.

Os profesores participantes son os seguintes:

- Pepe Vaamonde (Gaita)
- Miguel Anxo López Buján "Chino" (percusión)
- Javier Feijoó "Chisco" (canto e pandeireta)
- Xabier Iglesias Castro (baile)

Ademáis, o domingo 26, de 13 a 14 horas haberá un concerto a cargo de Davide Salvado, Pedro Pascual e Daniel Pardo.

Descarga AQUÍ o FOLLETO INFORMATIVO para coñecer os contidos e currículo dos profesores, horarios e prezos.

INSCRICIÓN

Descargar a FICHA DE INSCRICIÓN, cubrila e enviar a secretaria@centromusicafingoi.com ou ben por fax a 982 250 696.

También pode realizarse a inscrición presencialmente no Centro de Música Fingoi, de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas nos días laborables.

A praza quedará reservada en canto se reciba a ficha de inscrición acompañada do xustificante bancario.

As prazas son limitadas e atendidas por orde de inscrición.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-03-2017 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Mouriscados (Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-03-2017 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Baile do Matadoiro en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-03-2017 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada dos Pepes en Merlán (Palas de Rei)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-03-2017 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tres pesos en Vilamor (O Courel)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2017 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festa furancheira na Picoña (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2017 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
II Feira do disco e libro galego (Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2017 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Dorothé Schubarth, premio honorífico dos IV Martín Códax da Música

A Asociación Músicos Ao Vivo (MAV) ven de outorgar o premio honorífico dos Martín Códax da música a Dorothé Schubarth recoñecendo o seu labor de recollida do Cancioneiro Tradicional Galego

Segundo a directiva de MAV, “As novidosas achegas metodolóxicas de Dorothé Schubarth, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, así como o insuficiente coñecemento do alcance do seu legado por parte da sociedade galega, convértena na indiscutible merecedora do Premio Honorífico 2017 outorgado pola Asociación Músicos ao Vivo, que recollerá na gala de entrega dos IV Premios Martín Códax da Música, o vindeiro 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra”

Hai case corenta anos chegaba a Galicia de vacacións Dorothé Schubarth. Alguén lle falara da riqueza do noso folclore, sen esquecer referirlle a pobreza característica do noso país. A viaxeira era autora de destacados traballos sobre a música popular europea e, movida pola vocación, comezou a buscar as escasas recompilacións que existían no noso país sobre o tema. Ante esa insuficiencia, non o dubidou e comezou un traballo de colleita que se iría ampliando e enleando ata dar lugar, seis anos máis tarde, á publicación do "Cancioneiro Popular Galego", a máis importante recompilación do noso folclore musical, coñecida como a Biblia da música popular galega.

Dorothé Schubarth desempeñaba desde 1971 a cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna, en Suíza. Desde este posto desenvolvera unha intensa tarefa de investigación da música popular europea, dedicándose especialmente á zona dos Balcáns e do Cáucaso, así coma aos cancioneiros de Alemaña e de Francia. A partir deste material elaborou o volume “O Canto Popular en Europa”, que analizaba as formas que adoptaba a música do pobo ao longo do continente, e que foi publicado en 1978. Nese mesmo ano, chegou a Galicia e comezou a súa colleita segundo entrou no país, polo Cebreiro. Os seus coñecementos sobre a cultura musical galega e sobre a nosa lingua eran mínimos, e axiña se fixo evidente que precisaba de alguén para comprender os temas e transcribilos. Deste xeito entrou en contacto con Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía Galega en Santiago de Compostela.

Xuntos comezaron un traballo de pescuda nos cancioneiros daquela editados no país, centrados no aspecto literario dos cantos e que non recollían a música, unha situación moi diferente da que Dorothé coñecera noutros países coma Alemaña. “Alá xa estaba en plena marcha todo o proceso de recollida e aquí practicamente había que comezar desde cero, pero xusto por iso era interesante, porque non é tan apaixonante andar detrás dos pasos de outros”. Por primeira vez, unha musicóloga emprendía a titánica tarefa de recoller o material do Cancioneiro Popular Galego, aplicándolle un método científico á clasificación e estudio dos temas. Deste xeito, coa axuda intelectual de diferentes persoeiros da cultura do país, a profesora Schubarth iniciou o seu traballo sen ningún tipo de apoio económico. Sucesivas solicitudes á nacente Xunta e a unha das principais institucións de mecenado da época, a Fundación Barrié foron denegadas. A situación cambiou finalmente, gracias ás xestións de Santamarina. “Un informe de Filgueira Valverde sobre o seu traballo permitiu que desde a Barrié lle pasasen unha pequena axuda e se comprometesen a editar a obra”, lembra o filólogo. Unha axuda coa que a profesora viviu durante os cinco anos que durou o seu traballo. Oitenta e dous concellos da Autonomía e trece máis situados na zonas galegofalantes limítrofes foron visitados por Schubarth, que non conducía, facía o seu camiño a pé, en bus ou era levada dun lado a outro por conductores que ía coñecendo. Iniciouse no galego a través dunha gramática de Carvalho Calero atopada nunha biblioteca; de calquera xeito recoñece que había moitas ocasións en que non entendía o que lle estaban dicindo. “Se non se entende hai que botar man da sensibilidade, dicir que si ou que non, é un comportamento que aprendes”.

Como froito de todo este traballo, a profesora reuniu arredor de 5.000 letras diferentes que transcribiu Santamarina e que se viron obrigados a clasificar dalgún xeito. Seguindo os criterios empregados en Europa, realizaron unha organización temática das letras: cantos de oficios e labores, festas anuais, romances tradicionais, romances novos e outros cantos narrativos e dialogados, e, finalmente coplas diversas e cantos enumerativos. A esta grande clasificación temática acompañábaa unha ordenación da música segundo o seu xénero e atendendo a criterios coma o ritmo ou a cadencia.

No seu laudatorio, a Asociación de Músicos ao Vivo considera que “Dorothé Schubarth introducíu parámetros científicos de clasificación descoñecidos en Galicia e novidosas metodoloxías de traballo e de compilación de cantos de 38 zonas xeográficas de Galicia e limítrofes, perfectamente analizados e catalogados en 7 volumes que foron publicados en 1984 pola Fundación Barrié baixo a denominación de Cancioneiro Popular Galego e que representa a biblia da lírica popular galega. Dentro das novidosas aportacións de Dorothé debemos destacar o rexistro en audio das recollidas, fundamental na transmisión oral da nosa tradición, e sobre todo, o recoñecemento da importancia radical das informantes, facendo constar o seu nome en cadansúa transcrición. A grandeza da súa xenerosidade e a de Antón culmina coa cesión de todo o material, tanto o publicado coma o inédito, ao Arquivo Sonoro de Galicia para a súa disposición e consulta pública, e que representa arredor de 5.000 letras e 248 Cds coas gravacións orixinais en cinta dixitalizadas. Todo isto unido á súa condición de muller, intrépida e empoderadora doutras mulleres, así como o insuficiente coñecemento da transcendencia do seu legado por parte da sociedade galega, convértena na indiscutible merecedora do Premio Honorífico 2017, outorgado pola Asociación Músicos ao Vivo, que lle entregará o galardón na gala de entrega dos IV Premios Martín Códax da Música, o vindeiro 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra”.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2017 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento de Mingos Lorenzo
A familia do folk chora a perda dun ilustre.
O músico Mingos Lorenzo foi compoñente da Roda e fundador do Orfeón Treixadura


A familia do folk galego está de loito desde o domingo. Perdeu a un dos seus integrantes máis activos e queridos. Mingos Lorenzo formaba parte dese grupo de artistas que empezaron facendo música popular nas tascas e lograron colocala no pedestal que merecía. Así foron os seus primeiros pasos.

Compoñente do grupo A Roda, «con quen compartiu o gusto daquela xeración polo canto popular e as reunións de amigos», como recordaban onte os seus compañeiros, o seu labor foi crecendo cos anos e o gaiteiro Lorenzo converteuse máis tarde en membro fundador do Orfeón Treixadura. Os seus compañeiros do grupo folk, que excede os 25 anos de historia, deixaron constancia da súa tristeza a través da súa web: «Tantos e tantos anos de amizade, de xuntanzas, de viaxes, de aprendizaxes, de música compartida… En realidade Mingos nunca deixará de estar entre nós. A súa vitalidade, ou seu sorriso inmenso… vos harmónicos dá súa voz seguirán resoando entre tod@s nós. Nunca che esqueceremos, compañeiro. Boa viaxe.

Un abrazo inmenso de Treixadura para Fini, a súa muller, e vos seus fillos Miriam, Fran e Mingos». A estas palabras sumáronse onte centos de persoas que expresaron as súas condolencias.Mingos Lorenzo, do que se despediron familiares e amigos ne Vigomemorial, era un enorme músico cunha excelente voz. Deixa un profundo oco nos corazóns de quen lle trataron, xa que todos coinciden en recordarlle como unha persoa entrañable e que sabía transmitir a paixón polo que facía. Con Treixadura levou a música popular por todos os recunchos de Galicia.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2017 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán en Soutelo de Montes
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Meirol (Mondariz)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada frebuda en Lugo
Comentarios (60) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de inverno no Castro (Begonte)
O próximo 11 de marzo retomamos as actividades culturais deste 2017, cunha gran festa da música tradicional.

Pola tarde contaremos cun obradoiro de zanfona impartido polo mestre Óscar Fernández (Os Cempés, bOnOvO), toda unha referencia da música tradicional e músico capaz de levar á zanfona a territorios pouco explorados.
O obradoiro terá unha duración de catro horas e vai dirixido a persoas que non teñen coñecemento algún do instrumento e queren facer unha primeira aproximación a un instrumento realmente incrible. As prazas están limitadísimas a nove, pois esas son as zanfonas que amablemente cede o Padroado de Cultura do Concello de Narón, polo que non é necesario traer zanfona.

O prezo para asociad*s de Castiñeiro Milenario é de 25€ e para non asociad*s de 35€.

Para apuntarse podes chamar ao 616 705174 ou no correo electrónico da asociación (castineiromilenario@hotmail.com) e as prazas serán concedidas por rigoroso orde de inscrición.

Ao rematar o obradoiro teremos uns petiscos e despois comezaremos a foliada cos seguintes grupos: Foliadeir*s do Castro de Begonte, Treboada de Rábade, Os amigos do Caldeiro e Gaia pandereteir*s de Castro Ribeiras de Lea. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, Foliada aberta.


https://castinheiromilenario.wordpress.com/2017/03/01/actos-foliada-de-inverno/
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán e Foliada na Pobra do Caramiñal
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Ven respirar (Ourense)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de raiz en Callobre (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Donicelas en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro gaiteiro e de Cantos de taberna en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de percusión tradicional en Palas de Rei
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-03-2017 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-03-2017 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
O poder do arcabuz en Vigo
Quique Peón Cía presenta o vindeiro sábado 11 de marzo en Vigo o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media.

Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra poderá verse o 11 de marzo (21.00h) no Auditorio do Mar de Vigo ao prezo de 14 euros. O espectáculo “é unha proposta tradicional e vangardista ao mesmo tempo”, explica Peón, “trátase dun espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas”.

A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

Quique Peón -autor, director e coreógrafo do espectáculo- utiliza a historia dos Irmandiños e o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns...), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.

Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).

“O Poder do Arcabuz” é un espectáculo concibido como un musical de estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.

Entradas:
https://www.ticketea.com/entradas-concierto-poder-arcabuz-auditorio-mar-vigo/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Ardentía en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi Galego na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer