Hoxe luns, dia 14 de marzo ás 16:30, vai ter lugar unha conferencia co título Construción dunha zanfona: materiais e partes do instrumento, a cargo do artesán marinense César Loureiro Sobral, na Escola de Enxeñería Forestal.
Esta actividade, anque está inscrita no curso de Interpretación de Instrumentos Populares, que está organizado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e que é impartido polo mestre Suso Vaamonde Manteiga, vai ser aberta a toda a comunidade universitaria e ao público en xeral.
A conferencia vai estar estruturada en tres bloques de aproximadamente 40 minutos cada un, en base ao seguinte esquema:
1.- Madeiras e técnicas construtivas
Pausa
2.- Historia da zanfona. Deseño e fabricación. Sons.
Pausa
3.- Morfoloxía da zanfona. Práctica. Mini concerto.
O poñente, como xa se dixo, vai ser Cesar Loureiro Sobral, do que acompañamos un breve currículo:
CESAR LOUREIRO SOBRAL
Comecei a construír zanfonas da man de Antón Corral primeiro, e Xaime Rivas despois, na escola de artes e oficios do concello de Vigo, no ano 1999 onde pasei 5 anos.
Continuei na escola de Artes e oficios na aula de lutheria antiga 2 anos mais, aprendendo as técnicas do mestre Ramón Casal en construción de arpa.
Posteriormente participo en diversos cursos de construción de instrumentos e técnica musical zanfonistica na Asociación Ibérica da Zanfona e tamén en tódalas clases maxistrais que podo, como poden ser os encontros de Narón ou Rianxo.
Recentemente asistín o curso de fabricación de vernices artesanais co luthier Jose Catoira na Escola Obradoiro da Deputación de Lugo.
Como formación complementaria podo dicir que cursei estudos profesionais de axuste e mecanizaxe industrial, así como de deseño industrial asistido por CAD.
A miña formación musical e autodidacta, fun aprendendo música con diversos mestres en diferentes academias, pero nunca de xeito oficial ou regrado.
O Real Coro Toxos e Froles vai levar a cabo un novo Obradoiro de Afinación e Ornamentación de Gaita Galega impartido polo mestre gaiteiro Suso Vaamonde.
Dito curso terá lugar o Sábado 19 de Marzo en horario de 17:00 a 21:00 horas na sede da agrupación, na Rúa Magdalena, 220 de Ferrol.
Como ven sendo norma na entidade a participación no mesmo é libre e gratuita.
Mais información:
info@toxosefroles.com
Telf.: 650 788 374
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegarase o sábado 19 de marzo as 11:00 horas ao Auditorio de Escairón sito no Concello de O Saviñao para impartir un obradoiro de xogos bailados, guiado polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias e Xela Conde.
Neste obradoiro, gratuito e destinado a toda a familia, pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas (idade mínima 4 anos), @s participantes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.
¡Aberto prazo de inscrición!
Si desexas inscribirte chama ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandote ata as instalacións da Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
*Prazas limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula).
Sexta feira 11 (Venres)
? Presentación do novo disco de Retrouso no Teatro Principal da Estrada ás 21:30
? Emilio Rúa no Teatro Principal (Ourense)
? Pelepau en Ponteareas ás 21:30
? Os John Deeres na Arca da Noe (Vilar de Santos)
? Noite Fechada en Barrantes (Ribadumia)
? Dakidarría e Bastards na Sala Pantalán (A Coruña)
? Grande Baile Assalto na Gentalha do Pichel (Compostela)
Sábado 12
? Heredeiros da Crus e Mago de Oz no Coliseum (A Coruñaa)
? VI festival Cans de Palleiro (Vigo)
? Doa na Igrexa de San Martiño de Ventosela (Redondela) ás 21:00
? Xosé Constenla no Salón Teatro (Compostela) ás 20:30
? Ith na sala Dublín (Carballo)
? Leilía na Praza dos Campos en San Cibrao (Cervo) ás 22:00
? Serán de Meirol (Mondariz)
Domingo 13
? Festival infantil de música e baile tradicional (Cangas do Morrazo) no Auditorio municipal ás 18:00
? Os Carunchos en Pías (O Rosal) ás 19:00