Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Heredeiros da Crus comezan a gravación do seu novo disco
O novo disco de Heredeiros da Crus comezará a gravarse esta semana, nos estudos Bruar (A Coruña), onde se gravarán as bases. O resto da gravación realizarase nalgún lugar do Barbanza aínda por concretar. O noveno álbum da formación -o oitavo traballo de estudo- publicarase antes do verán e estará producido por Juan de Dios Martín, que ten traballado con Amaral, Xoel López, Enrique Bunbury ou Barón Rojo. Había nove anos que os Heredeiros non publicaban un disco de estudo -Chicarrón, 2004-, polo que a expectación polos novos temas da banda de Ribeira é máxima.

A banda destaca que “tanto a música como as letras do disco serán 100% Heredeiros. É dicir, roqueiro, divertido, descarado e, por suposto, galego”. Os de Ribeira poden presumir de contar cunha das maiores e máis fieis lexións de fans de Galicia, polo que o seu novo disco está xerando unha forte expectación nas redes sociais, onde desde hai uns días circulaban os rumores sobre os detalles do proxecto, e onde os propios Heredeiros darán conta de todas as novidades sobre o proxecto.

Despois de oito anos separados, en 2012 os catro Heredeiros da Crus -Fran Velo ao baixo, Tonhito de Poi á guitarra, Javi Maneiro á voz e Tuchiño á guitarra solista)- volveron aos escenarios en Ordes acompañados de Manu Rey á batería e unha banda con metais, coros e teclado en directo.

www.praza.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2013 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a The Tetas' Van


Xuntáronse en 2010 co obxectivo de reivindicar o papel das mulleres riba dos escenarios e desde aquela non baixaron deles. Irene, Paula, Lucre, María, Lore e Gundi son The Tetas' Van, unha revolución feminina, e feminista. O seu tema Luísa Sorriso, un poema de Carvalho Calero, soa xa na nosa radio!

The Tetas' Van, a banda das tetas... rachando cos tabús xa desde o nome?

O nome é rechamante! Cando nos xuntamos para tocar decidimos facer uso das redes sociais para que a xente propuxera nomes e foi o máis votado. Ten moita forza e presencia, é rompedor e chama a atención.

Cómpre visibilizar as mulleres tamén riba do escenario?
Pois si, cómpre visibilizar ás mulleres tamén enriba do escenario. Cómpre reivindicar que somos artistas, igual que o son as nosas nais, avoas e todas as mulleres. Nós facemos verdadeiras virguerías para poder ensaiar sendo nais, estudantas, traballadoras. E cómpre moito calar as bocas de todxs aquelxs (e desgraciadamente son moitxs) que pensan que polo feito de ser mulleres, poñernos tacóns e pintar os beizos non somos tan boas músicas como os homes ou o noso espectáculo non é tan serio ou todos os comentarios que nos teñen chegado.

Cal é o poder da música nesa reivindicación das inxustizas sociais e da nosa lingua?
Colabora xente con nós --Alba Domínguez, Pablechu de Tequio (antiga Comisión de Denuncia)-- e nós mesmas, escribindo letras que adaptamos a temas moi coñecidos e son letras que denuncian temas actuais que non nos gustan.

Pensamos que moitxs de nós nos sentimos impotentes ante temas como o sexismo, a monarquía, a igrexa... e unha maneira marabillosa é plasmar os nosos pensamentos en letras de cancións que a xente coñece e poida cantar e bailar a través da nosa lingua nai, que está nunha clara situación de inferioridade.

Temas propios ou versións? Que prefiren e por que?
De momento somos un grupo de versións por falta de tempo para compoñer. A maioría de nós temos coñecementos musicais, podemos mirar pola nosa conta os temas, poñelos en común nun ensaio e así poder facer un repertorio. As versións que facemos son moi coñecidas e iso da moito xogo á hora dos directos. A xente sabe as cancións, coñece as melodías e deseguida se mete no ambiente festeiro dos nosos concertos.

Custou porlle ritmo a Carvalho Calero?
Tiñamos unha melodía que se baseaba nunca canción dun grupo de música de finais dos 80 e pensamos que Luisa Sorriso era o poema que mellor se adaptaba a esa melodía, para alén de que fala dunha muller e de que a temática dos outros poemas non nos convencía tanto. Para nós ten un significado especial xa que foi o primeiro tema que montamos. A partir de ahí veu o resto!

Que outr@s poetas lles regalaron as súas verbas?
Esta temporada estamos preparando un par de temas de Carlos Rafael e agardando por un tema de Belém de Andrade. Tamén temos cousiñas escritas por nós que están agardando para seren montadas.

www.sermosgaliza.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2013 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Os Minhotos achegan unha Pinga d'Auga ao universo da música galega


A música tradicional continúa a dar novos froitos. Os Minhotos presentan Pinga d'Auga, o seu primeiro traballo discográfico após seis anos de actuacións por todo o país.

Amor ao país e á nosa música. Os Minhotos levan seis anos transmitindo en directo o que aprenderon de maneira oral. Após todo ese tempo pensaron deixar en formato físico esas experiencias e gravar o que por agora é o seu primeiro traballo discográfico: Pinda d'Auga. “Escollimos o nome por un poema de Manuel María”, afirma Xaneco Tubío, un dos seus compoñentes, “coñecémolo en vida e falaba de que o grupo debíase chamar Os Minhotos e así foi”.

Para quen se achegue por primeira vez a esta formación tradicional descubrirá sons antergos e arranxos contemporáneos que veñen da formación clásica de varios dos seus compoñentes. “O repertorio é a nosa visión da música tradicional galega do século XXI”, clarifica Tubío.

Homenaxe ao músico tradicional

Xaneco Tubío, como outros tres compoñentes da formación lucense, leva anos no mundo da música con outra formación, Caldaloba, e vive do seu obradoiro de instrumentos tradicionais. “Non podemos vivir de tocar e dependemos doutros traballos”, admite.

Mais a música galega é a súa vida. “Estamos nela polos que viñeron antes, por iso adicamos o noso traballo aos gaiteiros que pasaron épocas duras, de prohibición e ridiculización”. Os tempos mudaron mais non tanto e agora, asegura Xaneco, segue a época dura. “Eliminaron os apoios á música e na programación das cidades, por exemplo, a música galega é testemuñal”.

Presentación en Lubican 2013

Os Minhotos teñen un directo agradecido. A presentación do que xa é po seun primeiro traballo discográfico vai ser o 14 de marzo dentro do Festival Lubicán 2013 que organiza a USC. “Vai ser unha actuación moi especial pola participación de músicos que colaboraron na gravación e que non teremos moitas máis oportunidades de coincidir en directo”.

Os Minhotos son Alberto Castro (Gaita, Pandeiro, Pandeireta, Bombo), Xaneco Tubío (Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño, Bombo), Bruno Villamor (Gaitas, Zanfona, Requinta, Pandeireta, Tamboril), Paula Fernández (Acordeón) e Vitor Otero (Zanfona, Gaita, Percusións). Eis unha actuación en vídeo gravada diante da casa de Hortas, lugar de nacemento do poeta nacional Manuel María, en Outeiro de Rei, participando na Alborada a Rosalía o 24 de febreiro de 2013 co tema "Sobresainte"

www.sermosgaliza.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2013 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Premios da Música do Var con Uve
Var con Uve ditamina os ganadores dos Premios da Música tras recibir 200 votos
Mini e Mero, Carlos Núñez, A Fiandola e Sachadiso foron os favoritos


Os membros do xurado do Var con Uve e os participantes na votación determinaron o nome dos ganadores da cuarta edición dos Premios da Música. Nesta ocasión, aumentou a participación de votantes, que alcanza os 200 veredictos, grazas ás redes sociais.

Os participantes decidiron que o premio pola súa achega ao panorama musical galego sexa para Mini e Mero, o recoñecemento por ser o mellor solista ou grupo con maior representación mundial é para Carlos Núñez, o mellor grupo ou solista de Moaña é Fiandola e o colectivo de música tradicional máis destacado é Sachadiso.

O xurado, composto por Manuel Pérez Rúa, Luís Pérez Rivas, Pepe "O Peixe", Xosé Manuel Budiño e Cándido Pena determina que o ganador dunha vida dedicada á música será para Manuel Portela Suárez e de canción de taberna para Muiñeiros do Sarela. Pola súa banda, a asociación A Solaina de Berducedo recibirá un premio pola súa traxectoria como asociación cultural, xa que leva máis de 25 anos loitando pola tradición e organizando eventos.

A gala de entrega de premios será o 22 de marzo no Var con Uve de Abelendo. A organización adianta que todos os premiados mostraron os seus desexo de acudir á importante cita e, na maioría dos casos, visitarán Moaña para recibir a figura do artista Manuel Varela.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2013 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 4 (Luns)

Terza feira 5 (Martes)

Corta feira 6 (Mércores)
• María Manuela, Mini e Mero, Xiana Lastra no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
• Kepa Junkera ás 21:00 na Casa das Crechas (Compostela), despois Foliada

Quinta feira 7 (Xoves)
• Terbutalina e Familia Caamagno na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30

Sexta feira 8 (Venres)
• Homenaxe a Rosalía de Castro no Pazo da Cultura de Carballo ás 21.00: Uxía Senlle, Habelas hainas,...
• Balakandra no Club Clavicémbalo (Lugo)
• Loretta Martin no Forum Celticum (Culleredeo)
• Sés no Bar Cabiria (Vigo)
• Kepa Junkera no Bar Liceum (O Porriño)
• Zenzar, Invivo, Machina na Sala Capitol (Compostela) ás 20:00

Sábado 9
• Balakandra na Divina Comedia (Pontedeume)
• Odaiko e amigos no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
• Sés na Praza da Constitución de Vigo
• Pierre Aderne con Uxía no Bar Liceum (O Porriño)
• Serán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)

Domingo 10
• Ugia Pedreira na Confitaría La Esquina (Arzúa) ás 16.30 e 17.30
• Festival de Música Tradicional Fiadeira no C.S Cabo de Cruz (Boiro) ás 18:00
• Os Irmandiños de Vincios no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2013 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cantodorxo opta por mozos gaiteiros
Cantodorxo´ celebrou onte en Manuel Lueiro o concurso de xóvenes gaiteiros.
Quince solistas, algún acompañado de tambor, participaron no certamen que se celebrou onte en O Grove

Cantodorxo acertou este fin de semana coas súas xornadas de música tradicional ao convocar un concurso destinado a mozos solistas de gaita de toda Galicia, de entre 14 e 25 anos.

Só puideron intervir quince gaiteiros, algúns acompañados por un tambor, pois era o couto máximo para evitar que a xornada fora demasiado extensa para o numeroso público que asistiu á casa dá cultura Manuel Lueiro Rei.

Juan Antonio Aguín, director de Cantodorxo, manifestou onte a súa enorme satisfacción co desenvolvemento destas xornadas, cuxa pretensión era buscar novos valores na interpretación da música tradicional galega.

"Estaban dirixidas a mozos músicos porque este tipo de actividades están bastante desvirtuadas, pois neles participaban demasiados profesionais deste tipo de concursos", lamenta Aguín.

Asegura o director de Cantodorxo que a outros certámenes acoden gaiteiros que ofrecen un repertorio "só co fin de obter o premio" e por iso preparan durante meses "as pezas que van interpretar". "O que pretenden é demostrar o manexo da gaita ou a velocidade á que tocan as súas composicións", explica.

No de onte, os parámetros elixidos para determinar o vencedor foron moi diferentes. Os gaiteiros non só tiñan que demostrar a súa habilidade co instrumento senón que, á vez, tiñan que probar que interpretaban música tradicional.

Para iso, antes de facer a súa actuación tiñan que entregar a partitura correspondente, de modo que se garantía de antemán que se trataba dunha muiñeira ou unha xota galega, por poñer algún exemplo. As partituras foron supervisadas por Xaquín Xesteira Losada, naquel momento profesor de gaita na Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo, ademais de director da Orquesta Folk Galega Sondeseu e compoñente de Treixadura.

O concurso puxo as bases para que a mocidade galega se dedique de cheo no futuro á música tradicional, explican os promotores.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-03-2013 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Lauren Rioux (Xustáns-Pontecaldelas)
Despois de 5 meses sen actividade, Xustáns volve a acoller un novo curso, esta vez será LAUREN RIOUX, unha prestixiosa violinista-cantante norteamericana que ven a Galicia traída pola Asociación Cultural Galicia Fiddle acompañada do guitarrista Sten Isak.

A convocatoria esta vez é doble. Por un lado o Domingo impartirá unha clase para os máis cativos, seguida dun pequeno concerto, tralo cal faremos unha merenda.
O Sábado seguinte terá lugar o Curso de fiddle, e á noite, segundo o formato habitual, cea e concerto seguido da súa correspondente festa-baile ate altas horas.

Si vos animades a asistir, podedes facer a vosa reserva no seguinte LINK. Como sempre, as prazas son moi limitadas polo que compre facela reserva canto antes. No cartace adxunto podedes mirar os outros concertos que van ter lugar en Galicia durante a vindeira semana.
A organización de todalas actividades de Lauren Rioux as desenvolve A.C. GALICIA FIDDLE, un colectivo de violinistas, fiddlers, chelistas, guitarristas, violas, mandolinistas, etc... que, sen ánimo de lucro, está a promocionar a música popular tocada con instrumentos de corda. Toda a xira está sufragada polas aportacións dos asistentes aos cursos, master class e concertos.

O voso apoio é importante porque asegurará novas actividades e axudará a que esta rede autosuficiente que estamos a crear poda ter continuidade.

Próximos concertos-cursos:

Maio 2013 BRITTANY HASS
Novembro 2013 HANNEKE CASSEL

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-03-2013 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 1 (Venres)
• Xosé Constenla no Café Uf (Vigo) ás 23:00
• Sés no Pub Sonar (Compostela)
• Os Chavellos en Puxeiros (Mos)
• Lirolai no Centro social de Estás (Tomiño) ás 22:00
• Uxía no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:30
• Balakandra no Cafe Cultural Auriense (Ourense)
• Milesios na Taberna Marrucho (Baiona)
• Soas (Cristina Pato e Rosa Cedrón) no teatro principal (Ourense) ás 20:30
• Virandeira Folk no Liceum (O Porriño)
• Festival do Orgullo Jamusino na Sala Discotasca (Redondela): Ruxe-Ruxe, Prau e Skandalo GZ
• Cantos de Taberna en Pontevedra: na Casa do Lado e no C. S. En Pé
• Noite de Tasca en Xanceda (Mesía)
• Foliada Venrespirar en Ourense na cervexaría Grándola

Sábado 2
• I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo (O Grove)
• Curso de música bretoa para frauta (Compostela)
• V FestiVal da Maía na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20:00
• Festival benéfico en Rebordáns (Tui): Xistra de Coruxo, Tanto Nos Ten e Escola de Música de San Fins
• Festa All Star da LNB en Muimenta: Ultraqans e Ex-tensión Agraria
• Marta Quintana no Rincón de los artistas (Vigo) ás 24:00
• Falperrys no Distrito 9 de Coia (Vigo)
• Samesugas e Beware no Beer&Bones (Vigo) ás 22:30
• Skandalo GZ na Taberna do Marrucho (Baiona)
• Amancio Prada no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
• Uxía no Liceum (O Porriño)
• Foliada con Tíralle do aire no Pacior (Monterroso)
• Bullada no Irixo
• Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Domingo 3
• I Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas (O Grove)
• Os Melidaos, Carapaus e Cristina Pato na Festa do Queixo de Arzúa
• Obradoiro de danzas do mundo (Cangas do Morrazo)
• Son Bretoned no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2013 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer