Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Terbutalina chega con Ritmo Serbio
Ritmo Serbio é o título do segundo LP de Terbutalina. A banda gastropunk presentaba a pasada semana o seu novo traballo lanzándoo integramente de balde para se ouvir en liña nas máis diversas plataformas e coa posibilidade da súa descarga.

Catorce temas enérxicos e breves na liña punk do seu primeiro traballo, nos que a guitarras acadan un maior protagonismo e se detectan uns arranxos máis coidados. O álbum gravouse nos estudios A Ponte de Tomás Axeitos e mesturouse en Estudios Mandelson.

Descarga o disco
http://terbutalina.blogaliza.org/files/2013/02/Terbutalina-Ritmo-Serbio.zip

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festa X aniversario ´Abrete de orellas´ na Casa das Crechas (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-03-2013 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Un canto a Galicia


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 19-03-2013 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
"Bailadores do Torreiro" contra "Dhalias da Terra"


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 19-03-2013 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 18 (Luns)

Terza feira 19 (Martes)
? Fernando Barroso e Luis Peixoto na Casa das Crechas (COmpostela) ás 21:30

Corta feira 20 (Mércores)
? Liska e Wisecräcker na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 21 (Xoves)
? Nao na sala Capitol (Compostela)
? Luar na Lubre no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
? Habelas Hainas na Fundación Autor (Compostela) ás 21:00h.

Sexta feira 22 (Venres)
? Sés na Sala Garufa (A Coruña)
? Nao na sala Coliseu (Pontedeume)
? Alto Asalto e Recambios Tucho na sala Moon (Compostela)
? Cantos de taberna en Pontevedra
? Foliada en Couso (A Estrada): Trébede e Seixebra
? Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 23
? Quempallou na Festa do Viño de Amandi (Sober)
? Espido no Pub Sonar (Compostela)
? Nao na sala Mardigrass (A Coruña)
? Terbutalina no Aturuxo (Bueu) ás 23:00
? Serán en Chapela (Redondela) da A.C. Froles Mareliñas
? Serán da Ermida, en Pazos de Borbén
? I Serán ao son do Cruceiro (Vila de Cruces)

Domingo 24
? XVIII Xantar Gaiteiro en Melide
? Foliada da merenda (Trazo)
? Tornaxeira no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2013 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Gala 25 aniversario de Ximiela (Muros)
Ximiela, 25 anos facendo folclore na comarca.

A Agrupación Folclórica Ximiela de Louro cumpre 25 anos de existencia e para celebralo realizará unha gala o 25 de maio ás 21:30h na Fábrica de Sel de Muros.


Será un espectáculo cunha duración de dúas horas nos que se fará un percorrido pola Galicia máis tradicional a través da súa música, dos seus bailes e da súa vestimenta. Todos os seu membros forman parte desta celebración, tanto que ata se puxeron diante das cámara para a creación dun spot para promocionar a súa gala.

Con todo isto, Ximiela busca a reivindicación da importancia de coñecer as nosas tradicións e sentirse orgulloso do noso folclore galego. Ademais de que nos sitios pequenos tamén se poden facer cousas grandes.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 15 (Venres)
? Sés no Local A.C. A Rebusca (Manzaneda)
? Tonhito de Poi no Boulevard (Fisterra)
? Festa Furancheira na Picoña (Salceda de Caselas)

Sábado 16
? Curso de bailes galegos agarrados en Vilagarcía de Arousa
? 2uS en sesión vermú no bar Cantón Vello (Ferrol) ás 13:30
? Skandalo GZ e The Skarnivals no Torreiro da festa (Vigo) ás 22:30
? Grampoder e Projecto Mourente ás 21:30 no Manchita Cosa (Ferrol)
? Nao no Sete Flores (O Carballiño)
? Ataque Escampe na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño ás 22:00
? Sés no Café Cultural Auriense (Ourense) ás 22:00
? II Encontro de panderetei​ras en Trasmañó (Redondela) ás 21:00
? Sobre Rodas no Arruaz (A Guarda) ás 22:30
? Festa Furancheira na Picoña (Salceda de Caselas)
? I Foliada Ao Son do Masma (Celeiro)
? Ruada no bar do Sifón (Avión)

Domingo 17
? Aluméame, I Festival de Música e Baile Tradicional Solidario en Mos ás 17:30
? Festival infantil de música e baile tradicional no Salason (Cangas do Morrazo) ás 18:00
? Davide Salvado no Aturuxo (Bueu) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada Ao Son do Masma (Celeiro)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-03-2013 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festa furancheira en Picoña (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de pandereteiras en Trasmañó (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Sés en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre Rodas na Guarda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Skandalo GZ e Skarnivals en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe en Salvaterra de Miño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festival infantil de música e baile tradicional (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-03-2013 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Aluméame, I Festival de Música e Baile Tradicional Solidario en Mos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-03-2013 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de bailes galegos agarrados en Vilagarcía de Arousa

Aberto o prazo de inscrición para o curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que se impartirá en Vilagarcía de Arousa

compárteo nas redes sociais, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas?
Apuntate e participa!!!

A Asociación Pesdebarro pon en marcha o vindeiro sábado 16 de marzo o seu primeiro curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que será impartido por Manuel Cobas

O curso, terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, para familias de 3 ou máis membros o prezo será de 10 ? por persoa sexa socia ou non.

O curso desenvolverase o sábado 16 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 16:30 a 18:30. As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com ou acudindo ao Liceo-Casino o luns ou o martes de 19:30 a 21:00 h.

Para a realización do curso non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; é ideal para cultivar e aprender en familia, coas amistades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. Non se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional, e non é necesario acudir con parella para participar no curso.

Danzarase mazurca,chotis,valse,polca,pasodobre e rumba, como bailes agarrados en galicia,e a similitude que teñen con outras danzas como o scottish e as mazurcas europeas,pero centrandonos na evoluciòn dos agarrados en galicia.

O PROFESOR:

Manuel Cobas Paredes, 1974. Mestre de baile tradicional desde o ano 1994, actualmente imparte clases en distintas asociacións como Lembranzas da Ría de Cangas, Meiramar Axóuxeres de Moaña, grupo de baile de Alxén de Salvaterra de Miño, Abertal de A Rúa de Valdeorras e Antoxo de Bueu, así como en distintos centros educativos como actividades estraescolares. Impartiu cursos en Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid e Viseu (Portugal).

Compaxina a súa faceta de mestre coa de bailarín, formando parte das compañías de danza Circio e Bruma. Como músico forma parte do grupo Fiandola.
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-03-2013 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
X aniversario ´Abrete de orellas´
O portal galego Ábrete de orellas.com cumpre 10 anos este mes de marzo e celebraralo cunha serie de actuacións en colaboración con colectivos e locais de Pontedeume, Ferrol e Compostela: catro concertos e unha representación teatral ben musical.

Ademais das actuacións ao vivo, non han faltar sorteo de galeokes e discos galegos, grazas á colaboración do selo DoFol Música e o colectivo Galeoke.


venres 15, Pontedeume:
- "O fútbol é así" da compañía Obras Públicas no local do Colectivo Terra Pontedeume. 21:00 h. 3 ? anticipada / 4 ? billeteira

sábado 16, Ferrol:
- O dúo 2uS en sesión vermú no bar Cantón Vello ás 13:30 h. 3 ?
- Grampoder + Projecto Mourente ás 21:30 h no Manchita Cosa. 5 ?
martes 19, Compostela:
- o dúo de Fernando Barroso e Luis Peixoto presenta o seu recente álbum "Pop" na Casa das Crechas. 21:30 h. 5 ?
Tras eles, unha sesión de picadiscos orelluda.

Ábrete de orellas.com non ten afán de lucro, polo que os prezos das entradas son ben económicos e destinados a pagar os artistas. Os aforos son limitados e as camisolas conmemorativas por encarga, así que aceptamos reservas en abretedeorellas@gmail.com

O portal galego Ábrete de orellas.com celebra os seus primeiros 10 anos cunha serie de concertos e unha representación ben musical.

"Ábrete de orellas" xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG ... ) hai xa dez anos creou Ábrete de orellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 1500 seareiros en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando.

Sobre os artistas participantes no aniversario:

"O fútbol é así" é unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello. Producción de Obras Públicas, escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos, que descreben o espectáculo como "60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores". Gargalladas aseguradas e un bo feixe de recoñecibles cancións con letras irónicas e acedas.

2uS é a unión da guitarra eléctrica de Pablo Carrera (Doutor Harapos) e o clarinete de Fernando Abreu (Cuarteto Caramuxo, OMEGA, Banda Crebinsky ...) que se presentou hai uns anos co álbum "Só son sons". Desde o sur de Pontevedra e de proxectos ben diferentes, estes músicos arrédanse de teorías para unirse instrumentalmente con calma, agarimo e sen prexuízos para ir deixando pingas máis ou menos abondosas de jazz, funk, pop, música contemporánea, world music con arumes africanos, caribeños ou orientais ... segundo pidan o ánimo ou o momento. Con elegancia, sen brusquedade nin elitismo, pasan do acústico ao eléctrico, da tranquilidade e a calma ao baile suave e incluso momentos de desacougo ou experimentación. 2uS


Grampoder é o novo proxecto dos composteláns Le Roi e Martin Wu, anteriormente en bandas como The Homens, Stay Pretty, Fame Neghra ou Mato Grosso. Neste novo proxecto en dúo mesturan a súa actitude roqueira de sempre cunha instrumentación acústica, máis portátil. Chamémoslle pop campestre, folk psicodélico, punk acústico ou hardcore hippie, pero o mellor é descubrilo ao vivo mentres agardamos vexa a luz o seu primeiro álbum. grampoder.bandcamp

Projecto Mourente é uma iniciativa persoal aberta à participaçom da gente. Trata-se de fazer pop em galego com tecnologia doméstica. Compomos e gravamos na casa para difundir o resultado na rede. Poucas vezes damos concertos, pero já temos percorrido umas quantas vilas "senlheiras" (Melide, Carvalho, Lalim etc.). Voltamos a Ferrol para celebrar o aniversário de "Abrete de orellas" presentando algumas canções do novo álbum "A pior" sem esquecer os nossos temas mais conhecidos (Como os caranguejos, Que me enterrem na discoteca, Chuliboy, Controla-te). projectomourente.bandcamp.com

Luís Peixoto e Fernando Barroso son dous músicos novos pero experimentados. Fernando (Riobó, Coanhadeira, Os Cempés) e Luís (Anxo Lorenzo, Kepa Junkera, Quadrilha, Galandum Galundaina ou Dazkarieh) xa traballaron xuntos no trío Assembly Point presentan agora "Pop", un novidoso proxecto que se afasta do estrictamente tradicional e popular para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Diversos instrumentos e ritmos con influencias que van desde os antigos trobadores até os anos 80 ou a actualidade. Os múltiples instrumentos que os dous músicos tocan (bouzouki irlandês, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, ou as guitarras acústica, clásica e eléctrica, pandeireta, pandeiro, asubíos, sintetizadores ...) son piares fundamentais de Pop, ?gravado, arranxado e producido por nós os dous?, resultado "de desprendernos dos nosos referentes? e que pode soar a vello, pero que se ve claramente que non foi gravado hai anos. http://www.verkami.com/projects/3267-pop-nuevo-trabajo-discografico-de-fernando-barroso-y-luis-peixoto

Grazas aos locais colaboradores:
Colectivo Terra, Pontedeume. Boa Vista 8, Baixo.
CantónVello, Ferrol. Rúa Taxonera 1, Entrechán.
Manchita Cosa, Ferrol. Rúa Magdalena, 138
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. Rúa Vía Sacra, 3.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Volven os Seráns a Compostela
Volven os Seráns! Nova localización!
A Nave de Vidán
Avenida Mestra Victoria Míguez, nº 44 (Compostela)


Xoves 14 de marzo

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Eva Barona (Ultreia)
22h30 . Retrouso de Ouzande
23h15 . Ultreia
24h00 . O Ghusto do Boi
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-03-2013 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto dos Minhotos en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2013 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xestelos do Monte contra Buxainas de Lugo


Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 12-03-2013 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Unha noite na eira do trigo


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 12-03-2013 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas didácticas en Riotorto e Pastoriza
A Tradescola organiza unhas novas xornadas didácticas de música e baile tradicional para escolares en Riotorto e Pastoriza.

A Tradescola está a preparar unhas novas xornadas didácticas de música e baile tradicionais para escolares que se impartirán en Riotorto e na Pastoriza. O vindeiro día 14 de Marzo ás 12.00 horas, terá lugar un concerto didáctico de música tradicional na Casa da Cultura de Riotorto dirixido á poboación en idade escolar, que contará cos nenos e nenas do CEIP Riotorto, este concerto estará impartido polos mestres da Tradescola, Luis Correa ?O Caruncho? e Pedro David LamasVarela.

Asimesmo, o día seguinte, 15 de marzo, a Tradescola achegarase ata Pastoriza para realizar tres obradoiros didácticos de cantos e bailes tradicionais. Os 2 primeiros realizaranse no CEIP O Salvador a partir das 9.30 horas, e o seguinte obradoiro didáctico no CEIP Bretoña ás 12.00 horas. Os obradoiros están dirixidos á poboación en idade escolar, e neles participarán os nenos e nenas dos centros. O encargado de impartir os obradoiros será Xabier Iglesias, mestre de baile tradicional na Tradescola.

A través das actividades realizadas nas distintas comarcas da provincia de Lugo, fíxose posible que máis de 2000 escolares de concellos como Ribadeo, Monforte, Vilalba, Sarria, Chantada, Mondoñedo, Lugo, Pastoriza, a Fonsagrada, Viveiro...entre outros, se achegaran á música tradicional e coñeceran de primeira man os sons dos nosos instrumentos a través dos concertos didácticos e obradoiros impartidos pola Tradescola.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-03-2013 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
? Homenaxe a Rosalía de Castro no Pazo da Cultura de Carballo ás 21.00: Uxía Senlle, Habelas hainas,...
? Balakandra no Club Clavicémbalo (Lugo)
? Tanto Nos Ten no C.S. En Pé (Pontevedra) ás 23:30
? Loretta Martin no Forum Celticum (Culleredeo)
? Sés no Bar Cabiria (Vigo)
? Kepa Junkera no Bar Liceum (O Porriño)
? Zenzar, Invivo, Machina na Sala Capitol (Compostela) ás 20:00
? Foliada na Taberna Eiravella (Boqueixón)
? Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 9
? Balakandra na Divina Comedia (Pontedeume)
? Odaiko e amigos no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
? Tanxedoras e Sés na Praza da Constitución de Vigo ás 20:00
? Pierre Aderne con Uxía no Bar Liceum (O Porriño)
? Kepa Junkera no Auriense (Ourense) ás 21:30
? Concerto despedida de Capitán Furilo no JJ Copas (Ponteareas) ás 23:00
? Serán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)

Domingo 10
? Ugia Pedreira na Confitaría La Esquina (Arzúa) ás 16.30 e 17.30
? Festival de Música Tradicional Fiadeira no C.S Cabo de Cruz (Boiro) ás 18:00
? Os Irmandiños de Vincios no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe-Tributo a Zenzar en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Ugia Pedreira en Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Taberna Eiravella (Boqueixón)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-03-2013 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de ´A nena e o grilo nun barquiño´en Pontevedra

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Presentación editorial


SALON DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
Sala de Exposicións do Pazo da Cultura
Venres 8 de Marzo 19:00 horas

contaremos con:
Magin Blanco (Autor) , Leandro Lamas (ilustrador) , Nando Luaces (editor)
Charla e showcase

Gran Concerto

Auditorio do Pazo da Cultura
Sábado,9 de Marzo 18:30 horas


Estrea do espectáculo musicoteatral baseado no conto da Editorial Fol Música.

A partir de 2 anos. Prezo: 3 EUR.
Venda de entradas no Pazo da Cultura dende unha hora antes do comezo do espectáculo

A NENA E O GRILO lévannos riìo abaixo nunha aventura apaixoante. En trece capiìtulos, coas correspondentes cancioìns, continuan achegaìndo se ao mundo dende a oìptica mesma dos nenos, sinxela e xenerosa.


Nesta nova entrega as historias tenÞen unha dimensioìn maiìs proìxima a narrativa, sendo nas letras das cancioìns onde se manteìn a intencioìn maìis poeìtica.

Coa edicioìn preteìndese estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos, deixando para eles un lugar propio, onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a suìa propia perspectiva.

Con todo, non nos resta maiìs que desexar: boa viaxe!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Tanto Nos ten en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de musica tradicional Fiadeira (Boiro)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Diá internacional das mulleres en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Rosalía de Castro en Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2013 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de requinta en Compostela
Aulas de requinta que comezan na asociación A Xuntanza de Compostela.

Neste mes de marzo, o venres día 8, comezan as clases de Requinta. O profesor será David Canto as clases serán en horario comprendido entre e as 19 a 21h, a convir co alunado.

Prezo: 20 euros ao mes

Para anotarse, dirixirse a: info@axuntanza.org ou ao 606985280

www.axuntanza.org

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-03-2013 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
O meu primeiro Celso Emilio (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Kepa Junquera prepara un novo disco con cancións e artistas galegos
O músico vasco decidiu «devolver aos músicos galegos» unha parte do que estes lle deron ao longo da súa carreira

O próximo disco de Kepa Junquera será galego. O músico vasco decidiu «devolver aos músicos galegos» unha parte do que lle deron ao longo da súa carreira. O novo traballo xa comezou a gravarse en estudos do país, de maneira que esta mesma semana, en Cambre, gravouse unha das pezas, que conta coa colaboración de Susana Seivane.

Junquera está aínda no proceso de definición do novo disco pero anuncia que o repertorio estará baseado en «cancións populares galegas, as que coñece todo o mundo». «Incluirei instrumentos como a txalaparta para levalas un pouco ao meu», anticipa. O músico non descarta incluír na listaxe definitiva de cancións «algunha peza tradicional vasca que combine ben coa música galega». A gravación ofrecerá instrumentais e pezas cantadas. O persoal de músicos que colaborará con Junquera aínda non está pechada, porque quere «contar con todos». O disco podería estar ultimado antes do próximo verán, segundo o artista.

Kepa Junquera actuará esta noite en Santiago (Casa dás Crechas, 21.00 horas, entrada 6 euros).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2013 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0