Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reapertura de A Cova Céltica (A Coruña)

N'A Cova Céltica estamos de volta, e que millor xeito de celebralo que facendo unha foliada das que quitan o hipo.

Así que xa sabedes gaiteir@s, acordeonistas, tamborileir@s, bombeir@s, pantedeteir@s, bailadores e bailadoras e demáis xente, queremos vervos a tod@s este mércores a partires das 22:30 n'A Cova Céltica e desfrutar dunha foliada como as de antes.

Saudos amig@s!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2013 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración da Baiuca (Arteixo)

Prezados amig@s!

Despois de 7 anos do peche d'A COVA FOLK, e de diferentes rumores de reapertura ;-) nace agora A BAIUCA exactamente o mesmo día que se abriu aquela "Cova" pero neste caso no concello de Arteixo...


Este mércores 27 estades tod@s convidados a pasar un rato con nós coñecendo a idea e o local que esta situado na Travesía de Arteixo 213, xustamente frente ao concello.

Bieito Romero
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2013 01:21
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 25 (Luns)

Terza feira 26 (Martes)

Corta feira 27 (Mércores)
? Foliada na Cova Céltica (A Coruña)

Quinta feira 28 (Xoves)
? XXXI Curso de cultura tradicional ´Cantigas e frores´ (Lugo)
? Zenzar no Forum Celticum (Culleredeo)
? Sés no Bar de Fredi (Espasante)
? Serán do Sor (O Barqueiro)

Sexta feira 29 (Venres)
? XXXI Curso de cultura tradicional ´Cantigas e frores´ (Lugo)
? Sés no Bar Queira (Cerdido)
? Nao na Pousada das Ánimas (Boiro)
? Guintervan no C.S. en Pé (Pontevedra) adiado

Sábado 30
? Os Tres Estralos no C.S en Pé (Pontevedra)
? XXXI Curso de cultura tradicional ´Cantigas e frores´ (Lugo)
? Nao na Taberna do Marrucho (Baiona)
? Guintervan no bar Labranza (Meiro-Bueu) adiado

Domingo 31
? Banda Baile Asalto no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2013 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
"Buxainas de Lugo" contra "Rasdorrivés"


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 27-03-2013 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Pousa, pousa


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 27-03-2013 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar en Culleredo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2013 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Barqueiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-03-2013 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Banda Baile Asalto en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
XXXI Curso de cultura tradicional ´Cantigas e frores´ (Lugo)

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O XXXI CURSO DE CULTURA TRADICIONAL 2013

28, 29 e 30 de marzo de 2013


Lugar de celebración:
AUDITORIO MUNICIPAL "GUSTAVO FREIRE"
PARQUE DA MILAGROSA S/N
AVENIDA DA CORUÑA S/N - LUGO

Os mestres cos contamos para esta edición son:

1 - TÉCNICAS DE GAITA: PABLO CARPINTERO

DOUTOR EN CIENCAS POLA U.S.C., POSÚE O DIPLOMA DE ESTUDOS AVANZADOS EN HISTORIA DA MÚSICA. TRABALLOU NO PROXECTO RONSEL E DENDE O 2010 É CONSULTOR DA UNESCO. TEN NUMEROSAS PUBLICACIÓNS SENDO A MÁIS DESTACADA ?OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA?. É MEMBRO DIRECTIVO DA A.G.G., DA AsSOCIAÇAO DA GAITA DE FOLES PORTUGUESA E DIRIXE A REQUINTA DE XIÁN E O OBRADOIRO DE CULTURA TRADICIONAL ULTREIA

2 - TÉCNICAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL: ROI ADRIO

COMEZA OS SEUS ESTUDOS MUSICAIS DA MAN DO GAITEIRO MOXENAS. CONTINÚA A SÚA APRENDIZAXE DA PERCUSIÓN TRADICIONAL CON X.M. OLIVEIRA E CON CHUCO. CONTA CON ESTUDIOS DE TÉCNICAS DE PErCUSIÓN CLÁSICAS. NOS ÚLTIMOS ANOS VEN TOCANDO CON GRUPOS COMO QUEMPALLOU, FALTRIQUEIRA, BLOKIÑO DA SALGUEIRA E COLABORA EN PROXECTOS COMO COVALBLÚ, AXÓUXERES, FUXAN OS VENTOS, PELEPAU E GÜINTERVAN.

3 - TÉCNICAS DE BAILE TRADICIONAL: MIGUEL SOUTO

DIRECTOR DOS GRUPOS DE BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS DE VILAGARCÍA, MUÍÑOS DE OLIVEIRA DE PONTEAREAS E DA A.C.F. O FIADEIRO DE VIGO. TEN SIDO MESTRE DE BAILE TRADICIONAL EN NUMEROSAS AGRUPACIÓNS. É MEMBRO DO GRUPO TRADICIONAL VIOLIA E DO GRUPO DE PERCUSIÓN E BAILE TREBÓN. TEN COLABORADO COMO BAILADOR CON CARLOS NÚÑEZ, BERROGÜETO E LEILÍA ENTRE OUTROS.

4 - TÉCNICAS DE CANTO E PANDEIRETA TÉCNICAS DE CANTO E PANDEIRETA: FRANCISCO J. FEIJOO ?CHISCO?

MESTRE DE CANTO POPULAR NA e-TRAD. MEMBRO DO EQUIPO DE DIRECCIÓN ARTÍSTICA DE "O FIADEIRO" DE VIGO. MESTRE DE SECCIÓN DA ORQUESTRA FOLK SONDESEU. VOCALISTA E BAILADOR, COLABORADOR DE GRUPOS COMO LIZGAIRO, XOSÉ MANUEL BUDIÑO E PEPE VAAMONDE. TEN IMPARTIDO NUMEROSOS CURSOS DE CANTO E BAILE TRADICIONAL.

INSCRICIÓNS
Os datos precisos para a inscrición son:

- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfonos
- Enderezo, código postal e localidade
- Enderezo electrónico
- Especialidade na que solicita inscribirse. Cada persoa soamente poderase inscribir nunha especialidade, os alumnos de técnicas de gaita, percusión, canto e pandeireta e zanfona deberán asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

COMPRE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DA MATRICULA

As inscricións pódense enviar a:
email: inscricions@cantigasefrores.com
fax: 982 22 99 66

Prezo da matrícula: 40?, agás 30? para socios/as da "Asociación Cultural Cántigas e Frores" ou da "Asociación de Gaiteiros Galegos".

PAGAMENTO NA CONTA: 2080 0152 69 3040026419 de NovaGalicia Banco.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE

Os gastos de estadía en Lugo correrán a cargo dos asistentes ao curso.

PROGRAMA DO CURSO
XOVES 28
09:30 a 10:00 recepción de participantes e presentación do curso
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

VENRES 29
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

SABADO 30
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
19:00 ACTO DE CLAUSURA,
ENTREGA DE DIPLOMAS E FOLIADA

COORDINADOR: BRUNO VILLAMOR GAY

www.cantigasefrores.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-03-2013 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 22 (Venres)
? Os Carunchos na tapería A Illa (Meira-Moaña)ás 22:30
? Sés na Sala Garufa (A Coruña)
? Fred Martins e Ugia Pedreira no Auditorio de Rianxo ás 20.30
? Nao na sala Coliseu (Pontedeume)
? Skandalo GZ no Pub Gatos (Melide)
? Alto Asalto e Recambios Tucho na sala Moon (Compostela)
? Pelexo de ghaita no XV Encontro do Millo Corvo (Bueu)
? Cantos de taberna en Pontevedra
? Foliada en Couso (A Estrada): Trébede e Seixebra
? Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 23
? A Compañía do Ruido na ría de Arousa con Leo e Arremecajoná, Cé Orquestra Pantasma, La Magnifique Bande, De Botero a Bo Derek(Paulova e Manu Mimé), A Rebanda Ribeira
? Quempallou na Festa do Viño de Amandi (Sober)
? Espido no Pub Sonar (Compostela)
? Ugia Pedreira e Oscar Fernández en Sandiás (Ourense)
? Snatch no camping Praia do Lago de Muxía ás 24:00
? Nao na sala Mardigrass (A Coruña)
? Linho do Cuco no auditorio da Estrada
? Davide Salvado en Ferrol na sede de Toxos e Frores ás 20:30
? Terbutalina no Aturuxo (Bueu) ás 23:00
? Foliada V aniversario do Aturuxo (Boiro)
? Serán en Chapela (Redondela) da A.C. Froles Mareliñas
? Serán da Ermida, en Pazos de Borbén
? I Serán ao son do Cruceiro (Vila de Cruces)
? 8ª Foliada de Cerqueda

Domingo 24
? XVIII Xantar Gaiteiro en Melide
? Foliada da merenda en Aiazo (Frades)
? Tornaxeira no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
8ª Foliada de Cerqueda
Este sábado 23 de marzo, toca a 8ª Foliada de Cerqueda, que organizan as bravas da AC Raigañas no Local das Pozacas a partir das 22:00h. Se ben, ás 20:00h é hora dos máis pequenos coa 2ª Foliadiña, e música de gaiteiros e pandereteiros para eles.

Haberá música para dar e tomar con grupos tradicionais de toda a bisbarra,.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2013 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
V Serán de Chapela (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2013 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Volven as Foliadas a Couso (A Estrada)

Foliadas dos venres en Couso:

- Venres 22 de marzo: con Trébede e Seixebra
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2013 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Vila de Cruces
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2013 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2013 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada da merenda en Aiazo (Frades)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2013 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Davide Salvado en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Bueu
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Linho do Cuco e presentación na Estrada
O novo de Linho do Cuco está dispoñível estes días

As Alegrias saen do forno
O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías.

É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés?

Esta fin de semana estará xa á venda no seu concerto de presentación na Estrada este sábado 23 de marzo no Auditorio.

Polo momento podemos desfrutar deste vídeo coa súa particular visión do Pasodoble de Mallou, tema do seu segundo disco "3".

www.folque.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-03-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Ugia Pedreira e Oscar Fernández en Sandiás (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a Rede de Músicas Soltas en Rianxo con Acrobata
Presentouse en rolda de prensa o ciclo de concertos REDE DE MÚSICA SOLTAS que programa aCentral Folque, Central Galego de Música Popular e promove o Concello de Rianxo para recitais no Auditorio da vila durante as estacións de primavera e outono deste 2013. Na rolda ante os medios falaron Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo e Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque e artista que abre o ciclo este venres 22 de marzo acompañada de Fred Martins.

Ambos destacaron a importancia de manter activa a programación cultural durante todo o o ano e da oportunidade para o público local e da bisbarra achegar artistas que están traballando desde diversos eidos da vangarda da música popular.

A procura de crear e asentar un público fiel á música ao vivo por un módico prezo (as entradas son a 5 ? e hai posibilidade de mercar un abono para os seis concertos) aberto a todo o mundo.

Esta é unha rede tecida con concertos de autores galegos ou que viven en Galicia sendo doutras partes do mundo. Tamén son recitais de presentación de proxectos en activo, así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio (Son brasilego) e Davide Salvado (O ladrón de amorodos), a próxima estrea de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos Trio, Dúo Fdez & Quintá e as cancións inéditas en Acrobata, o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira.

O primeiro concerto será este venres 22 de marzo a partir das 20.30 h coa dupla atlántica de Fred Martins e Ugia Pedreira que farán un repaso por temas do seu disco Acrobata así coma presentarán algún inédito e descartes que non chegaron a ver a luz na publicación do CD.

Acrobata é música saborosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco da Compañía do Ruido e presentación en Arousa
A Compañía do Ruído presenta Pensares galegos

A PRESENTACIóN FARASE NA RíA DE AROUSA, A BORDO DUN CATAMARáN O VINDEIRO DíA 23

Un percorrido en catamarán pola Ría de Arousa serviralle á Compañia do Ruído para presentar Pensares galegos, o seu sexto disco. O CD, para o que o grupo obtivo fondos mediante crowdfunding, achega nove novos temas que se completan con versións de grupos como Zënzar,os Diplomáticos de Montealto, os JJJ ou temas antigos do propio gurpo ata comletar 14 cortes. Como sempre, a banda continúa coa súa mestura de estilos que van do folk ao rock folk ao rock, pasando polo ska, o punk ou o reggae.

Está aberta a venda de entradas para a presentación do disco, que por 30 euros inclúe xantar, unha copia do CD e actuacións de Leo e Arremecajoná, Cé Orquestra Pantasma, La Magnifique Bande, De Botero a Bo Derek(Paulova e Manu Mimé), A Rebanda Ribeira e os propios A Compañía Do Ruído.
O disco gravouse no estudio ?La Casita? (Riveira), a mesturouse no estudio ?A Ponte? (Bertamiráns)

As entradas podense retirar en www.arousa.com ou o pago en man no Local de Informática Arró Barbanza na Rúa Manuel Lustres Rivas.

As entradas saen a 30 euros, e se irán dando por orde de petición, e dicir non hai chanchullos, e a reserva se gardará cinco días ata facer efectivo o pago, senón correrá a lista. Non hai entrada física, se fai con nome e DNI. A entrada se dará no barco, e ven sendo o cd da A Compañía Do Ruído

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-03-2013 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Chuvia (Boiro)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Xantar Gaiteiro en Melide

Un ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XVIII Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 24 de Marzo, ás 14:45 horas, no Hotel Carlos´96 de Melide ( A Coruña).

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non, o xantar!

Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despois do xantar.

Programa do día:

12.00 horas . Visita guiada ó Museo da Terra de Melide.

Dende as 13.00 horas arruadas e ?pasa- bares? pola vila.

13.30 horas. Actuación do grupo de Zanfonas da Tradescola na Praza do Convento.

14.30 horas. Saida dos distintos grupos e participantes tocando dende o centro da vila ata o hotel Carlos´96 para xantar ás 14.45 horas.

Ademais na Capela do Santo Antón estará a Exposición Fotográfica ?Froito Novo, 40 anos na memoria?

*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos e lugares)

Para asistir ao XVIII Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán. Ao pé desta carta tes diversos xeitos para facelo.

DATA

24 de marzo de 2013
14:45 horas

LUGAR

Hotel Carlos´96
Av Lugo, 119 15800 Melide, A Coruña

MENÚ
Sopa
Cocido
Filloas
Auga, Viño, refrescos, café e chupito

PREZO

O prezo é de 15 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

RESERVA

secretaria@gaiteirosgalegos.com
Teléfono 986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
XV Encontro co Millo Corvo en Meiro (Bueu)
A Asociación Cultural Meiro (Bueu) organiza o XV ENCONTRO CO MILLO CORVO, festa declarada de INTERÉS TURÍSTICO DE GALICIA no ano 2009.

Este ano vai ser un ano especial porque non imos facer unha grande festa-degustación do noso querido cereal como viñamos facendo nos derradeiros anos. Motivos de variada índole fan que este ano se aborde o evento de maneira máis ?creativa?.

PROGRAMA:

VENRES 22 DE MARZO: MUIÑADA
Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: A partir das 18:00 horas.
Pola noite actuación de Pelexo de Ghaita.
Ás 12:00 da noite Lectura do Conxuro e queimada.


SÁBADO 23 DE MARZO
? A partir das 11:00 - Obradoiros demostrativos:
o Elaboración de pan de landras, a cargo de César Lema (biólogo e permacultor)
o Cociña precolombina, a cargo de Rosalina Sánchez (México)
o Elaboración de pratos con millo corvo, a cargo da Asociación Cultural Meiro
? 17:00 - Encontro de Asociacións e convivium.
? 19:30 - Charla-coloquio: ?As festas gastronómicas con valor cultural?. Ponentes:
o Xavier Castro Pérez (escritor e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela)
o Xosé Vázquez Pintor (poeta e mestre).
? 21:00 - Actuación de grupo de música tradicional.

DOMINGO 24 DE MARZO
? 10:00 - Roteiro guiado polos Muíños do Canudo (Meiro ? Bueu). Saída da Casa da Aldea de Meiro (Bueu).
? Proxección de vídeo ?Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición?.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2013 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Nao presenta disco en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2013 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
NAO inicia a xira de Cancións de amor e liberdade
Logo dun debut en Carballo, a xira de presentación do terceiro disco de NAO, Cancións de amor e liberdade, leva o grupo este xoves á Sala Capitol de Compostela, onde estarán acompañados de Desequilibrio Mental.

O álbum que se gravou nos estudios Mafia Records do Carballiño, segue a liña de rock combativo do grupo, deixando o metal máis puro e a incorporar a Jasper como vocalista. O novo lanzamento da banda contou co apoio económico dos seus fans vía crowdfunding, o que lle permitiu ao grupo editar mil copias do CD, así como tirar material promocional e gravar un videoclip.

A xira continuará por Pontedeume (día 22), A Coruña (23), Boiro (29) e Baiona (30) ao longo deste mes, e ten datas confirmadas para o vindeiro abril na Illa de Arousa, Melide, Vigo e Bueu.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-03-2013 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Habelas Hainas en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2013 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Que non falten ideas para a gaita
Acabóuseche o repertorio de pezas no medio da festa? Non te preocupar. O web Folkoteka galega achega á rede un amplo catálogo de partituras tradicionais.

Este proxecto colaborativo permite descargar as pezas en PDF ou en formato MusicXml, pensado para traballar con elas mediante programas informáticos específicos. Os interesados poden acceder a danzas, alalás, foliadas, mazurcas ou pasodobles, e realizar ao tempo as súas propias achegas. Non saber máis pezas xa non é excusa para parar.

¡Colabora, participa, dedica algo do teu tempo en difundir a nosa cultura!
Folkoteca Galega pretende ser unha ferramenta para a publicación de xeito colaborativo.
Na primeira fase deste proxecto estanse a publicar partituras dixitais de repertorio tradicional galego. Tamén exercizos para o aprendizaxe de diferentes instrumentos musicais.

Os formatos das partituras empregados son MusicXml e PDF.

?Non se publicarán imaxes de partituras.
?Non se publicarán outros formatos de partituras de sistemas pechados: Finale, Encore, Sibelius, etc...
?A maior parte deses programas poden importar/exportar en formato MusicXML.
?Se queres un programa libre e gratuíto para importa/exportar MusicXML recomendamos Musescore.
Folkoteca Galega está formada por un grupo de:
?Colaboradores: proporán a publicación de material.
?Editores: publicarán o material
?Usuarios anónimos: visitantes do portal.

Para formar parte de Folkoteca Galega contacta con folkoteca@gmail.com explicando a motivación para facelo.
?Para calquera suxestión, dúbida ou reclamación contacta con folkoteca@gmail.com

Sen ánimo de lucro.
?O custo do proxecto elévase a 221? (prezo do servidor)
?Non se contempla a inclusión de publicidade.


www.folkotecagalega.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2013 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Liska e Wisecräcker en Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2013 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Radio Cos
O vindeiro 16 de abril Fol Música publicará o primeiro traballo discográfico de Radio Cos

RADIO COS, uns pandeireteiros de sona que fixeron evoluír a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.

Vai para xa nove anos que RADIO COS leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Agora preséntannos o seu primeiro disco,música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Birimbao presenta Nena do mare

Catro anos despois da súa primeira gravación, os coruñeses Birimbao acaban de presentar Nena do mare.

O disco presenta oito temas nos que se mesturan as melodías tradicionais con temas de composición propia, apostando por un son no que se deixan sentir as influencias do fok celta. A voz de Mabell Castro acompaña seis dos temas do disco, que están dispoñibles baixo licenza Creative Commons.
O traballo, autoeditado, gravouse nos estudios Paz & Records. Birimbao está formado por Pepe Mato, Chema Lorenzo, Manolo Gesto, Manuel Caridad, Mabell Castro e Alberto Camba.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos John Deeres
Chega 8, o debut dos John Deeres

"Rock clásico en galego adubado con pinceladas hard rock e pingas de psicodelia", esta é a propotas que realizan os John Deeres en 8, o seu primeiro traballo.


Unha proposta autoeditada na que achegan oito temas integramente en galego que deixan sentir estas influencias. Logo de realizar unha pescuda por cantante en 2011, o grupo incorporou a Ferni na voz, quedando a composición con Xermán (batera), Marcos (baixo), Mustaf (guitarra) e Reices (teclados). Segundo recoñecen, a nova voz "achega á banda máis contundencia setentera".
O traballo, autoeditado está gravado nos estudios Litium de Pontevedra e pode escoitarse xa de balde en plataformas como Grooveshark, Spotify ou iTunes entre outras. As copias físicas do LP están tamén en tendas.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0