Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xosá Manuel Budiño e Carlos Blaco no Grove
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2012 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán en Santiago de Parada (A Cañiza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-03-2012 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
VII Foliada de Cerqueda
O 31 de marzo a partir das 22:00 h celébrase a 7ª Foliada de Cerqueda organizada por A Raigañas nas Escolas de As Pozacas.

Actuarán: Fol de Veneno, Media Ducia, Ferrado e Medio, Lume na cachela, Pandereteiras de Xornes e Pandereteiras de Raigañas, ademáis de todos aqueles grupos que se acheguen ese día.

Celébrase tamén a 1ª foliadiña para os máis pequenos que comenzará a partir das 20:00 h e actuarán grupos de: Malante, Raigañas, Camariñas, etc.

Haberá empanada, callos, tarta larpeira e viño do país para cear por un módico prezo. Non faltes!
....

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-03-2012 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Ven Respirar (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-03-2012 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-03-2012 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Couso (A Estrada)
A Asociación cultural A Xesteira abre a taberna en Couso

Aviso a todolos FESTEIROS.
Abrimos a taberna, no campo da festa de Couso.
E o venres temos FOLIADA.
Vinde todos de festa.

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-03-2012 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición dos Cantos de Taberna (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2012 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Kastomá en Aldán (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2012 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe, preparando a festa do 31 de marzo
Este sábado día 31 de Marzo de 2012, o grupo compostelán Ruxe-Ruxe presentará ao vivo na Sala Capitol de Santiago o seu novo e agardado traballo discográfico: "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras".

Formados en 1996, Ruxe-Ruxe están considerados como un grupo de culto e como unha das bandas con maior proxección da actual escena de rock galega, grazas a súa persoal mestura de estilos como rock, punk, ska, folc ou rock´n´roll e co seu potente e enérxico directo. "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras" é a súa oitava achega discográfica, un disco gravado nos Ocenoestudios de Nigrán (Pontevedra) polo prestixioso produtor Javier Abreu (Os Resentidos, Los Piratas, Cornelius 1960 ou Boikot), e que conta cunhas colaboracións de auténtico luxo: Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios Ke Te Crew, Bocixa (Zenzar), Esteban (Skacha) ou Roi Maceda (Quempallou).

A actual formación de Ruxe-Ruxe é:

Antón "Torroncho" Fernández : baixo e coros.
Xan Pericán: saxofón, frautas, pandeiretas e coros.
Vituco Neira: guitarra e voz
Miguel Duarte: guitarras electricas, acústicas e coros.
Alex Sevilla "O Demo de Tasmania": batería
Xaco Barona: gaita


Os prezos para asistir a este concerto son de 5? (entrada anticipada) ou 10? (entrada anticipada + CD). O día do concerto, as entradas venderanse na taquilla a 12?uros entrada única + CD. E tamén podénse adquirir na tenda virtual de Ruxe-Ruxe: www.oplup.com. O grupo MeDoMedÁ serán os teloneiros.




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2012 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Reconquista 2012 (Vigo)
Programa Festa da Reconquista 2012

Sábado 31 de marzo


10:00 h. Apertura do mercado

18:00 h. Inauguración da Festa na praza da Pedra
Representación da destitución do alcalde e da corporación, e toma da cidade polo exercito francés

20:00 h. Combate histórico de espada a cargo da Sala Viguesa de Esgrima Antiga.

21:30 h. Concerto de Ardentía, praza da Pedra
23:00 h. Peche do mercado

Domingo 1 de abril

10:00 h. Reapertura do mercado

12:00 h. Xigantes e cabezudos de Matamá

13:00 h. Combate histórico de espada a cargo da sala Viguesa de esgrima antiga.

18:00 h. Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol

21:30 h. Concerto de The Crass, praza da Pedra
23:00h Fin da Festa

ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS

Durante os dous días, máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereiteiras, treboadas, xigantes, cabezudos e outros

Zona 1: Praza da Constitución
Demostracións artesanais: Torneiro,cesteiro, senlleiro, zoqueiro, tecedeira

Zona 2: Praza da Princesa
Demostracións artesanais: Alpargateira,zoqueira.
Mercado de artesanía

Zona 3: Rúa e praza Joaquin Yañez
Artesanía e alimentación

Zona 4: Praza da Pedra
Concertos de Ardentía, sábado 31, e The Crass, domingo 1
Demostración artesanal: Luthier tradicional
Combates de espadas, sábado 31, ás 20:00 h, e domingo 1, ás 13:00 h

Zona 5: Praza de Almeida
Demostración artesanais: Fiado e tecido, anticuario, palilleiras (domingo 1)

Zona 6: Rúa Real
Artesanía e alimentación
Demostración de artesanía: Cesteiro

Zona 7: Teófilo Llorente
Zona de alimentación

Zona 8: Berbés
Campamento francés
Demostracións de artesanía: Ferreiro e canteiro
Granxa de animais
Praza de xogos infantís

Porta do Sol
17:00 h Mercado tradicional.
Domingo dia 1, ás 18:00h Representación da Reconquista da Vila de Vigo.




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2012 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos en Folga Xeral
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2012 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Sánchez na Coruña
Continuando coa programación de concertos-presentación do novo disco de Agustín Sánchez, PEZAS DE AQUÍ E ACOLÁ?, agora chega o turno da cidade natal do gaiteiro. O concerto será o próximo mércores 28 de marzo as 20:30 h no Fórum Metropolitano de A Coruña.

O traballo presentarase co recen formado cuarteto tradicional Farrapos de ghaita, fundado o pasado ano co gallo da presentación do disco. O cuarteto está formado por:

Suso Moreira e Agustín Sánchez. Gaitas
Noa Migal. Tamboril
Pablo Pardo. Bombo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2012 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-CD sobre o gaiteiro Manuel Enríquez "Nela de Bres"
Editorial Canela publica o primeiro tomo da colección "Tradición Oral", serie "Música"

O gaiteiro Manuel Enríquez "Nela" é o protagonista, e fío condutor, dun libro-CD sobre a música tradicional ao longo da segunda metade do século XX no concello asturiano de Taramundi.

Con 200 páxina e titulado: Manuel Enríquez Fernández, "Nela de Bres", o libro conta con textos de Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Xerardo F. Santomé, Xosé Ambás, Luis Prego y Xabier Díaz, ademais de 125 fotografías de Vicente Ansola, Florencio Rodríguez, Edelmiro Fernández, Xosé Ambás, Eduardo Rivo, Juanjo Arrojo ou Pablo Quintana.

Na gravación participaron numerosos amigos que comparten as xuntanzas musicais, nas que interpretan música de tradición oral con instrumentos populares. Tamén colaboraron César Fernández (trompa), Hilario Lombardía (armónica), Branca Villares (pandeira e voz) e Pablo Pintor (clarinete), xunto con outros músicos de idades comprendidas entre os 12 e os 85 anos.

O CD, con 24 temas, inclúe sete inéditos que se mantiveron prácticamente descoñecidos ata agora.

www.editorialcanela.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 28-03-2012 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festival homenaxe a Zeca Afonso (Compostela)
Terra da fraternidade. Galiza a Zeca Afonso é o nome do festival co que un grupo de galegos quere celebrar os 40 anos da mítica canción Grândola Vila Morena que o cantor portugués estreou en Compostela.

O proxecto concentrará o vindeiro 10 de maio no Auditorio de Galicia actuacións a cargo de, entre outros, Quico Cadaval, Ugia e Fred Martins, Budiño, João Afonso, Trópico de Grelos ou Aline Frazão. O proxecto desenvolverá unha iniciativa de Crowdfunding na plataforma Verkami e venderá mercadotecnia do evento para se financiar.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-03-2012 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de tempada do Furancho Malaherba (Vigo)

Hoxe martes 27 pechamos a tempada 2012 do furancho Malaherba. Haberá que despedirse ben....Agardamosvos a tod@s no furancho Malaherba(ao lado da Praza de San Mauro) para pasar xuntos esta derradeira noite de troula furancheira!!

Para poñerlle o peche a tempada furancheira no Malaherba: "Espiritu Moreno", e despois máis festaaa.....

Non te perdas a derradeira troula furancheira do furancho 2012 no furancho Malaherba(Praza de San Mauro-Vigo).

Estaremos abertos dende as 20:00H. ata que o corpo aguante...





Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2012 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
2º Petisco Musical de aCEntral
Data: 27 de marzo de 2012
Hora: 22.30 horas
Lugar: Casa das Crechas. Santiago

Antetitulo: 2º Petisco Musical de aCEntral Folque na Casa das Crechas


Entradiña: "Gastrofonías" música e gastronomía a partes iguais

O dúo con sabor Comisa Bal (violino trompeta+acordeón piano) e o restaurador Rafa Triñanes presentan Gastrofonías, unha demostración a tempo real de pratos e melodías condimentadas para o bo padais e mellor ouvido. Mentres os músicos tocan, o restaurador preparará unha receitas inspiradas na súas melodías.


Texto:
En palabra, obra e acción aCentral vive dunha maneira xusta e necesaria, real e parella o alimento do espíritu a través da música ao alimento do corpo a través da comida saudável. É por iso que o proxecto da Praza de Abastos de Vilaxoán, ou
da dinamización artística da Praza de Abastos en Pontevedra, ou a Xira Surreal de Marful,seguen esta liña
de entendimento profundo da esencia galega, de respeito ao patrimonial, autótono e autónomo: música e comida, comida e música, por favor, de maneira natural sen forzar. No sustentável minifundio das notas abstratas e dos terróns materiais.


Comisa Bal:
Musica instrumental de baile en pequeno formato no que se da un repaso polos ritmos que desde principios do século XX transmitían de porto en porto, un espazo de comunión entre as formas europeas (muiñeiras, jotas, pasodobles, mazurcas, chotis) e as de ultramar (tangos, jochachachá, ranchera, salsa, mambo, etc. ). Recupéranse os climas e ambientes cálidos e relaxados dos ritmos mariñeiros.

Gutier Álvarez: violino trompeta
Javier Sexto: acordeón piano


Rafa García Triñanes é un restaurador afincado en Santiago coñecido pola súa practicidade, boa cociña e pedagoxía culinaria desde a Asociación de Hostelería de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
A revolución tamén se fai bailando
Machina, Quempallou ou Ruxe-Ruxe volven expresar en disco o malestar social.

Adoitan dedicarlles breves parágrafos e letras minúsculas en cartaces de teloneiros. Asinan contratos miserentos. Pero nin se resignan nin se flaxelan, ?porque o país non se fai chorando?. Seguen a bourear baixo tellados de uralita, enlamando os zapatos nos torreiros das festas e creando parroquia até no último palco, nunha incansable romaría de aldeas, porta a porta, veciño a veciño. É o marketingmáis eficaz. Botarlle horas ao volante e chegar alí onde remata o asfaltado dos camiños. Sen buscar o aplauso, con humildade. O mérito, din, é ser xente desta eira e deste tempo. A xeración máis combatente da creación sonora da terra volve aos escenarios disposta a rozar a maleza da indiferenza e facer agromar a rebelión das mentes. Chega a primavera da música galega.

Desde que Mördor se convertera en Zënzar e as Encrobas no epicentro do rock galego, en Cerceda sempre florece primeiro. En maio, a incombustible banda de Xosé Bocixa ?voz? volve aos escenarios, coa mesma insubmisión de cando bruaban contra o servizo militar obrigatorio en casetes de 500 pesetas a unidade. ?Case 25 anos despois, o espírito do grupo mantense inmóbil. É o mundo en xeral o que non deixa de empeorar. Por iso volvemos ás nosas orixes, con sons eclécticos e cancións tralleiras, que falan do conflito social entre ricos e pobres, entre explotadores e explotados, cancións que falan dunha vida subordinada á rutina do traballo?.

Avisan, que coma anuncian na carátula, Vaise armar. Polo pronto, o próximo 14 de abril, axudarán a montar balbordo aos seus discípulos máis avanzados, os Machina. O cuarteto prepara a presentación oficial de Ensaio sobre o silencio, plasmación da ?madurez persoal e musical? da banda referencial do metal galego. Arredor de 13 cortes ?directos e rápidos?, os cercedenses reflexionan sobre historias enganadas, patrias impostas e camiños marcados. ?Estamos cansos de que apandemos sempre os mesmos. Queremos dilapidar os silencios da medocracia, dunha crise que nos condena á miseria?.

A palabra segue a ser unha arma cargada de futuro. Por iso, hainos que se meten a editores. Os Quempallou xa teñen o prelo a punto para distribuír o seu cuarto álbum, Vellas Novas, no que volven bater con retranca nas pandeiretas, enchendo o fol de festa, empeñados en recuperar voces que falan e contan cousas que lles petan de preto. ?Desgrazadamente, despois de décadas de normalización lingüística estamos nunha situación pre-democrática, sen prensa en galego?. De aí que o leitmotiv do disco, incluído o deseño gráfico, sexa o xornalismo. Tirando de repertorio popular pero con maior protagonismo das composicións propias. Cantándolle aos galegos que emigraron á Habana para gañarse un peso ou aos que parolan fronte a unha cunca de viño. ?Non pretendemos reescribir a música tradicional, senón falar da realidade que nos rodea Tamén na foliada?, canta Guillerme, ?hai que coidar esta terra?.

Desde o cortello dos xa veteranos Ruxe-Ruxe, Vituco Neira subscribe o fondo, pero matiza a forma. ?Para criticar as cruezas da realidade non sempre hai que poñerse no papel de francotirador. Nós non queremos facer simples textos de protesta. Creamos aquilo que nos sae do corazón, aquilo que realmente sentimos?. E o que lles pide o corpo é ouvear Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras, e falar do que lles doe pero tamén do que lles enche a alma de folgos. De ?amores macarras? e negocios co demo. Dese rock país que o 31 de marzo subirán ao escenario da Sala Capitol.

Menos directos, menos vendas
Aos concellos péchanlles a billa e aos grupos os circuítos nos que tocar. Menos festivais, menos directos, menos vendas. Malia existir máis formacións e estilos ca nunca, a pesar da normalización do galego e, incluso, aínda estando máis ou menos resoltas certas eivas históricas, como a falla dunha industria discográfica, grazas á Rede e á aparición de selos de autoedición, a crise afasta a utopía de vivir do que dá a música. Intensifica a eterna contradición entre unha oferta talentosa e unha economía de subsistencia. Pero o escenario tampouco é tan novidoso. ?As dificultades son sempre as mesmas?, recoñece Bocixa: ?Autoodio, descoñecemento, falta de apoio gobernamental...?.

Para Guillerme Costa, voz dos Quempallou, ?o desexable sería que a cultura puidera sobrevivir sen subvencións igual que a lingua sen plans de normalización?, unha situación para a que considera imprescindible o cambio de actitude de medios de comunicación e partidos españolistas como o PP respecto das diferentes culturas do Estado. Bocixa engade a problema xurdida da ?pretendida confusión? creada arredor da ?suposta? dependencia institucional da música. ?Onde van parar os investimentos en cultura das diferentes entidades autonómicas? É que os macro-concertos do Monte do Gozo non son cultura subvencionada? O que acontece é que a Xunta gasta o orzamento en artistas que veñen de fóra?. Aos Ruxe xa lles cansa dar sempre os mesmos titulares, pero Vituco recoñece que, tristemente, son certas cantilenas as que non cambian. ?Chamáronnos para tocar en Euskadi, en Italia, mesmo nas Azores, pero nunca do concello no que estamos empadroados, no que pagamos os nosos impostos. É máis interesante traer a grupos de pop madrileños, que soan nos 40 Principales, porque son "guays" e din "I love ". E o rebaño vaise facendo máis grande?. Sen sostén institucional, agoira Bocixa, ao final só quedarán os festivais de resistencia, de contracultura, ?aos que acabas por non cobrar?. ?Pero os músicos non deberiamos confundir unha asociación cultural cun festival. Moitos grupos aceptan estar nun cartel de soa a cambio de ir de balde. Se a xente se vende por 300 euros é difícil mellorar a situación?.

www.elpais.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os vosos Chíos no Xornal Quempallou
Seareiros e seareiras!!!

Xunto co noso novo Cd, Quempallou editará un único número do seu propio Xornal, no que vos propoñemos participar dun xeito ben sinxelo.


Trátase de que escribades o voso "chío", o voso pequeno retallo a xeito de anécdota na que Quempallou teña un lugar destacado. Un momento, un lugar onde a nosa música tivo importancia para vós; unha sensación, unha lembranza ao longo destes anos... Déixadenola no noso Facebook (www.facebook.com/quempallou) ou no noso Twitter (www.twitter.com/quempallou) e procurade que non teña máis de 140 caracteres.

Todos aqueles chíos que nos cheguen ben dentro serán publicados no Xornal Quempallou, e, os autores/as dos dez que máis nos presten, recibiran na súa casa o propio Xornal xunto cun exemplar do noso novo disco Vellas Novas, por cortesía de Zouma Records.

Dádenos os vosos Chíos!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2012 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Resentidos estamos todos (e todas)!


Sempre quixeches ser o protagonista dun vídeo dos Resentidos? Sínteste identificado coas súas letras? Queres formar parte do concerto de volta que preparan para o 12 de maio en Ourense?


Pois esta é a túa. Elixe unha das frases de Galicia Caníbal (fai un sol de carallo) que atoparás aquí, imprímea nun folio en branco e fai unha foto na que saides a frase e ti... co vestiario, a iluminación e o decorado que máis che presten. Coas fotos máis votadas montaremos un vídeo que se proxectará durante o concerto de Os Resentidos en Ourense o 12 de maio. E cada semana sortearemos unha entrada dobre entre as persoas que participen na promoción.
Válida ata: 28/03/2012

https://apps.facebook.com



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 26 (Luns)

Terza feira 27 (Martes)

Corta feira 28 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 29 (Xoves)
? Folga Xeral

Sexta feira 30 (Venres)
? Marful na Casa Museo de Curros Enríquez (Celanova) ás 21:00
? Foliada en Couso (A Estrada)
? Foliada de cantos de taberna en Pontevedra
? Foliada Ven Respirar (Ourense) no Grándola (Praza de San Marcial)

Sábado 31
? Festa da Reconquista (Vigo)
? Ardentía na Praza da Pedra (Vigo) ás 21:30
? Ruxe Ruxe e Medomeda na Sala Capitol (Compostela)
? Falperrys e Bastards on Parade na sala 600 (Melide)
? Sés no pub A Ceca (Santa Comba)
? Foliada no C.S. Abrente (Arcade-Soutomaior)
? VII Foliada de Cerqueda
? Serán no torreiro das Angustias (Nigrán)
? Serán da Peña de Francia en Santiago de Parada (A Cañiza)

Domingo 1
? Festa da Reconquista (Vigo)
? The Crass na Praza da Pedra (Vigo) ás 21:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2012 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado I Concurso de Cuartetos Tradicionais Toxos e Froles
Paínho do Mal Tempo obtén o Premio do I Concurso de Cuartetos Tradicionais do Toxos

A formación pontevedresa Paínho do Mal Tempo obtivo onte o I Premio do Concurso de Cuartetos tradicionais convocado polo Real Coro Toxos e Froles, un galardón que leva consigo 1.500 euros.
Nunha ?reñida decisión?, así o comentou o xurado, esta formación impúxose a Canle Dadá, de Nigrán; Xente Nova, de Ferrol; e Os Picurruchos, de Lugo. Chiquirindaina, de Pontevedra, outro dos finalistas non se presentou á cita.
Os cuartetos actuaron durante cinco ou seis minutos, sendo obrigatorio un ritmo de xota ou muiñeira.

O xurado estivo composto por Arturo Lamas, Fernando Dopico, Eliseo Zaera e Andrés Tojeiro. Ao rematar o concurso, os seus membros quixeron destacar o ?gran nivel? do certame e insistiron nas dificultades da elección do gañador.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-03-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
XII Concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda)

Domingo 6 de maio no auditorio Manuel Dopazo (Bandeira-Silleda)

BASES DO XII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción) e orde de presentación do boletín de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta e terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ao ano seguinte de exhibición.

9. O lugar de celebración será o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo
2º PREMIO: 800 ? e trofeo
3º PREMIO: 500 ? e trofeo

O prazo de inscripción remata o vindeiro 8 de abril de 2012.
PREGAMOS QUE VOS INSCRIBADES O ANTES POSIBLE.

DATOS DE CONTACTO:
E-mails:
fortindapomba@yahoo.es;
josefaferreiro@edu.xunta.es.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-03-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo do Proxecto Runas (Festival de Ortigueira)
O Festival Ortigueira convoca o Proxecto Runas 2012 para impulsar aos grupos emerxentes de música celta

Volve o Proxecto Runas, o concurso a través do que o Festival Ortigueira servirá como plataforma promocional para os novos creadores da música de raíz. Están convocados a participar todos os grupos emerxentes de calquera procedencia que busquen facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas competirán en directo durante a próxima edición do evento música, que se celebrará do 12 ao 15 de xullo. O premio, unha praza segura no cartel do 2013.

Como participar?
As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira), ata o 26 de marzo os seus cinco mellores temas propios. Xunto a estes cortes, haberán de incluír un breve dossier informativo e a documentación de inscrición, que pode descargarse na web oficial.

Poderá participar calquera grupo, calquera que sexa a súa procedencia, que teña un máximo de sete compoñentes e conte cun repertorio mínimo dunha hora de duración. Estarán, iso si, excluídos aqueles que se clasificaron para a final do certame Runas nalgunha das catro últimas edicións.

Selección
Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, realizará unha primeira selección de ata quince grupos. A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará, como un máis, o voto emitido polos internautas que visiten a nova web oficial, entre o 11 ao 25 de abril.

As tres bandas finalistas actuarán en Ortigueira recibirán, en concepto de compensación para afrontar os gastos de aloxamento e, moi especialmente, de desprazamento, contías que oscilarán entre os 1.000 e os 2.500 euros.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras estes concertos, cal é a formación gañadora, que volverá tocar no escenario principal en 2013 e embolsarase 3.000 euros por esta actuación.

Trece anos de traxectoria
O Festival Ortigueira aposta, unha vez máis polo ?Proxecto Runas?, unha iniciativa consolidada que serviu longa de vida para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Quempallou, Bellón & Maceiras ou a andaluza Stolen Notes, que actuará no vindeiro festival como gañadora da pasada edición do concurso.

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-03-2012 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Gaiteiros do bico da Balouta no Alalá

Este sábado, o equipo de "Alalá" axudaranos a descubrir e a entender que é Bico da Balouta, pero antes hai que saber tres pistas: que é xente á que lle encanta a música, por suposto; que cada un dos seus integrantes ten un oficio diferente pero sempre que poden están xuntos de festa porque son moi amigos e que todos teñen un enorme amor pola súa terra: Agolada.

Os músicos que compoñen este grupo defínense como gaiteiros de taberna e de carballeira porque é precisamente neses lugares onde poden encontrar a alegría da súa música, onde as súas voces cantan mellor os temas tradicionais, as gaitas, o tambor, o bombo, o acordeón, o clarinete, a tuba e calquera outro instrumento que se una para facer festa. A vida no seu mundo, ao que senten que pertencen estean onde estean.

O que comezou hai case vinte anos como un grupo de rapaces con ganas de saber tocar algo para divertirse, evolucionou ata converterse nunha asociación que traballa "sen ánimo de lucro" para que se coñezan todas as tradicións que ten Agolada e para que non desaparezan. Con ese afán organizan exposicións, intercambios con grupos doutros países, a festa da Randulfa, o concurso de espantallos e ata teñen feito un documental en que chaman a atención sobre a importancia das tabernas para a vida no rural.

Este sábado na TVG ás 19:05
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 24-03-2012 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
III Xornadas da Mocidade Nacionalista

III Xornadas da Mocidade Galega

As xuventudes de Máis Galiza celebran este fin de semana o primeiro acto público do partido en Tomiño.


PROGRAMA
VENRES 23 marzo
CONCELLOS DE VILANOVA DE CERVEIRA E TOMIÑO


15.00 Saída dende Compostela e Porto. Lugar dende Compostela: Auditorio de Galicia, prégase puntualidade

16.00-18.00 Ruta do Viño: Charla sobre os viños galegos e portugueses na Adega Pazo Baión (Vilanova de Arousa). Visita a adega, cata e pincho.
?Xosé Carballido ? Ex-director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias da Consellaría do Medio Rural

19.15-20.30 Lusofonía. Reconectando linguas. Na Casa de Cultura de Tomiño.
?Valentim R. Fagím- Presidente da AGAL.
?Henrique Monteagudo- Membro da RAG e profesor da USC

20.30-21.30 Roteiro e charla sobre historia galego-portuguesa.
?Hugo Nunes ? Historiador
?Cristina Martínez, Concelleira de Benestar e Deportes de Tomiño.
22.30 horas: Cea e obradoiro de sexualidade no Pavillón de Goián.

SÁBADO 24 de marzo
CONCELLO DE TOMIÑO. (Todo no Auditorio de Goián).

08:30-10.00 Almorzo

10:00-11.30 A geraçao á rasca e o 15-M.
?Adriano Campos. Activista Geração à Rasca.
?Brais Fernández Preto. Activista 15-M.
?Manuel Barreiro. Analista político.

11:30- 13.30 O suicidio da austeridade, as cadeas da precariedade
?Raúl Asegurado-Asociación O Peto.
?Manuel González López- Profesor Economía USC/Executiva +Galiza
?José Soeiro - Dirigente Nacional do Bloco de Esquerda

14.00- 16.00 horas. Acto cultural-reivindicativo na fronteira e xantar no Parque do Castelinho (Portugal, iremos andando).
?Xoán Bascuas- Secretario Xeral de Máis Galiza

16:00-18:00 A mocidade ante a construción europea.
?Breixo Lousada- ISCA!
?Uxio Novo- Encontro Irmandiño
?Paulo Carlos López- Secretario Xeral da MNG
?Nuno Moniz ? Bloco de Esquerda

18:15-19:30. Proxectos de comunicación na rede. Unha reflexión sobre o modelo.
?Denís Fernández, Coordinador do Tempos Dixital
?Lara Graña, Praza Pública
?Francisco Silva, blogger

19.30 - 21.00 Performance teatral.

22.30 horas. Cea + concerto en Tomiño no Centro Goianés. Saída nocturna
?Ataque Escampe


DOMINGO: 25 de marzo.
CONCELLO DA CAMINHA

11.00- 12.00 Almorzo no Pavillón de Goián.

12:00-14:30 Roteiro en Caminha e charla.
?Os lumes: unha problemática transfronteiriza (12.30) Gonzalo Constenla -Ex-Delegado de Medio Rural
?A ordenación territorial no rural (13.30) Teresa Táboas- Ex-conselleira de Vivenda e Solo.

14:30-16:00 horas. Xantar.

16:00-17:30 O Espazo Europeo de Educación Superior: a precarización do Ensino.
?Paulo Guimeráns- Representante do Movemento Estudantil Universitario
?Adrián Dios- Representante da Liga Estudantil Galega
?José Miranda - Dirixente estudantil

17:30-18.30 O audiovisual galego e portugués

18.30- Clausura das xornadas e entrega de diplomas
?Sara Torreiro, Responsábel de Organización da MNG

19.00 horas Volta a Compostela e Porto.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2012 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Prssentación do disco de Agustín Sánchez (Carballo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 23 (Venres)
? Zurrumalla na Cova Céltica (A Coruña)
? Terbutalina en La Radio (Compostela)
? Leo e Arremecaghoná e Labregos no tempo dos Sputniks no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 24
? Cea da Reconquista (presentación do Coro Mariñeiro do Casco Vello), na estación marítima de Vigo
? I Concurso de Cuartetos Toxos e Froles (Ferrol)
? III Curso de música tradicional galega (Lugo)
? Cantigas e Agarimos en Palas de Rei (Adiado)
? Moxenas Musical Galego no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
? Sés no bar A Ventana (Laxe)
? Keltoi e Falperrys no Torreiro da festa (Vigo) ás 23:00
? Terbutalina na sala 600 (Melide)
? Dios Ke Te Crew na sala Karma (Pontevedra)
? Os Codias no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? Maghúa no Millo Corvo (Meiro-Bueu)
? Pablo Seoane ás 22:00 no Local de San Xosé de Muros
? Foliada en Moureira (Pontevedra)
? Serán da A. C. Froles Mareliñas en Chapela (Redondela)

Domingo 25
? III Curso de música tradicional galega (Lugo)
? XVII Xantar Gaiteiro (A Baña)
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Ourense ás 12:00
? Trébede e Pardal na Rúa no Millo Corvo (Meiro-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
23 marzo
- Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

24 marzo
- Serán da A. C. Froles Mareliñas no novo local na antiga nave de Renfe na estación de Chapela (Redondela)

31 marzo
- Serán no torreiro das Angustias (Nigrán)
- Serán da Peña de Francia en Santiago de Parada (A Cañiza)

5 abril (Xoves Santo)
- Serán do Sor no Porto do Barqueiro (Mañón)

7 abril
- Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)

13 abril
- Serán en Beirán (Matamá-Vigo)

14 abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)
- Serán urbano en Pontevedra
- Serán en San Cibrán (Gondomar) no torreiro da festa

21 abril
- Serán en Laxoso (Pontecaldelas) no torreiro da festa
- Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
- IV Serán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)na Casa da Cultura

28 abril
- Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Malveiras no Salón de actos da Sociedade Cultural Gato Negro de Carril (Vilagarcía de Arousa) Adiado
- Serán en Guillade(Ponteareas)

5 maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán de Boborás, no colexio

12 maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán do Coto (Carballal-Vigo)
- Serán en Borreiros (Gondomar) no centro cultural.

19 maio
- Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

26 maio
- VII Serán Mar de Rianxo
- Serán en Arcade (Soutomaior) a carón da estación de tren
- Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)

2 xuño
- Serán do Remuiño (Paraños)
- Serán de Traspés na Alameda de Sárdoma (Vigo)
- V Serán á Beira do Mar de Baiona

9 xuño
- III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-03-2012 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da Ermida (Pazos de Borbén)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-03-2012 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán de Chapela
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-03-2012 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Moureira (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar Gaiteiro (A Baña)
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta ocasión e como novidade, se celebrará no Concello de A Baña o vindeiro 25 de marzo.

Esta xuntanza, ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Nesta edición, como xa ocorreu na pasada, preténdese complementar o xantar con diversas actividades nas que contaremos coa colaboración da Concellería de Xuventude e Deportes e o Concello da Baña.

- De 10 a 12 horas: Curso de Sibelius a cargo de Rafael Collazo Moares, Director da Banda da Escola de Música de Rianxo. Será preciso que os asistentes acudan con ordenador portátil co programa Sibelius instalado para poder seguir as explicacións. Nesta ligazón pódese descargar unha versión de proba con validez de 30 días http://www.sibelius.com/download/index.html
- De 11 a 14 horas: Exposición e Obradoiro ?Tempo de Xogar? a cargo de José Manuel García e Xosé López

Os cursos e a exposición celebraranse na Casa de Cultura da Baña. O prazo de inscrición para asistir aos cursos rematará o 22 de marzo ou cando se complete o aforo, en tal caso seguirase o criterio de riguroso orde de inscrición.

O menú do xantar que se celebrará na Área Recreativa Agra de Chans, estará composto por cocido, bebida, postre, café e chupito. O prezo serán 23 ? por persoa, 12 ? para nenos menores de 12 anos.

Para máis información e reservas, contactar coa secretaría da AGG por teléfono 986 84 70 74 ou ben a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Moxenas Musical Galego en Gondomar
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Millo Corvo (Meiro-Bueu)
PROGRAMA:

? VENRES 23 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional.
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada a cargo de Seso "de Pancho".
Degustación e venda: sopas de cabalo cansado, torresmos, chourizos...

? SÁBADO 24 DE MARZO


19:00 - Representación didáctica: "Os instrumentos pobres e cantos de labor" a cargo de Xabier Blanco.
19:00 - ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
21:00 - Festival ?A PAN DE MILLO?
Actuación da escola de música tradicional
Grupo infantil de pandeireta "Lembranzas da Ría" (Cangas do Morrazo)
Actuación do grupo de cantareiros "Maghua" (A Coruña)

? DOMINGO 25 DE MARZO
XIV ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 11:30 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da publicación A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón a cargo de Constantino Armesto (Catedrático de Física e Química e divulgador científico)
o Firma de carteis do millo corvo a cargo do autor Luis Davila
o 12:45 - Actuación do grupo de pandereteiras "Trébede" (Marín)

o 17:00 - Obradoiro infantil: xogos tradicionais (aros, zancos, esfolagatos...etc)
o 17:30 - Charla-coloquio: "O Cambio social 1950-2000 en Galicia: nenos, mulleres e homes"
Ponente: Manuel Pérez Rúa (sociólogo)
o 18:30 - Presentación divulgativa do movemento internacional Slow Food (alimentos de excelencia gatronómica, conservación da biodiversidade, información filosofía slow)
o 20:00 - Actuación da charanga "Trébede"
o 21:00 - Actuación do grupo "Pardal na Rúa"

o AO LONGO DE TODO O DÍA:

? ECOTABERNA: Elaboración de diferentes receitas elaboradas co millo corvo. Venta de alimentos da aldea.
? Degustación de pratos elaborados co millo corvo.
? Obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
- Obradoiro de reciclaxe: Dekñitas
- Obradoiro de cestería: Cestos do gran
- Obradoiro de follaco: Cebos para pesca
? Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro ? Bueu).
? Proxección de vídeo ?Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición?.
? Exposición etnográfica.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Sés na sala A Ventana (Laxe)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0