Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación ante os medios do VI Encontro coa Zanfona Contemporánea


Na mañán do 17 de marzo foi presentado ante os medios na sala de prensa do Concello de Narón o VI Encontro coa Zanfona Contemporá- nea, que cada ano xunta a especialistas e curiosos ao redor deste milenario instrumento tan ligado á tradición musical europea e ao Camiño de Santiago, vía pola que chegou a Galicia no século XI.


No acto estiveron presentes Guillermo Sánchez Fojo, concelleiro e vicepresidente do Padroado de Cultura de Narón, promotores destes Encontros desde o 2005, Mauro Sanín, coordinador do evento e representante de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular e Óscar Fernández, recoñecido músico e profesor de zanfona na escola municipal de Narón e en aCentral Folque.

Na presentación destacouse o fio temático desta edición, “Zanfona e voz”, dous elementos estreitamente ligados na interpretación de cancións que se poden rastrexar desde Idade Media no tempo dos xograres, os cantares de cego con acompañamento de zanfona até as novas aplicacións de vangarda no século XXI.

Esta variedade de estilos van poder ser apreciados no concerto do venres 19 ás 20.30 horas no café-concerto do Pazo da Cultura e cunha módica entrada de 5 €. Actuarán os históricos Mini e Mero, (Fuxan os Ventos, A Quenlla) que recolleron e gravaron directamente dos últimos cegos nos anos 70 e 80 e agora reinterpretan fieis á tradición transmitida. As novas tendencias estarán representadas polo Projecto ['trepia], un colectivo multidisciplinar que mistura baile, canción tradicional, videoproxección en directo, bases electrónicas e zanfona con efectos nunha mistura moi atractiva e actualizada. A presencia internacional vén da man do dúo francés Corps Vibrants, coa zanfona electroacústica e voz de Isabelle Pignol e o baixo eléctrico de Maxime Bouchet.

Óscar Fernández fixo un breve repaso en número do festival desde a súa primeira edición, destacando a os 14 grupos que tocaran nos concertos, 6 mestres internacionais, 4 artesáns, 150 escolares e a asistencia de máis de 100 cursillistas ao obradoiro intensivo.

Destacáronse outras actividades do Encontro coma a sesión didáctica para escolares co luthier Jaime Rebollo e a Asociación Cultural ['trepia] do xoves 18, o palco aberto, un escenario para que calquera músico poida subir a tocar e facer a súa música para os asistentes. Ademais o curso intensivo impartido por Isabelle Pignol que, coma todos os anos, cubre todas as prazas ofertadas antes do remate do prazo de inscrición, indicio da boa aceptación que ten este festival entre a comunidade zanfonista da Península, con alumnado que este ano vén de Valladolid e Ávila.

A alumna de zanfona máis nova de Galicia, a naronesa Uxía Muíños, de tan só 12 anos de idade, asistirá por vez primeira ao curso intensivo dos Encontros.

+ info do Encontro







Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
O son da morriña
Víctor Prieto, o innovador acordeonista ourensán afincado en Nova York, actúa na súa terra tras 12 anos

Para que a muiñeira soase a jazz fraccionado (a World Music: a fusión da música popular con outros xéneros) no Williamsburg Jazz Festival de Nova York, o ourensán Víctor Prieto tivo que sufrir o indecible. Horas de odio ao estrito acordeón que a súa nai lle puxo entre as mans cando apenas levantaba un palmo do chan coa ilusión de que o pequeno interpretase os Cascabeis. Prieto (Ourense, 1975) sufriu, pero saíu gañando. Aos 14 anos non quería saber xa nada do colexio. "Tiven claro que o que quería era só a música, aínda que aquí non hai, como en Estados Unidos, a opción de orientar a túa carreira cara a unha especialidade". Non a había, pero volveu sufrir. E gañou de novo.

En Nova York adestra a morriña nun bar ao que acoden galegos
Cóntao o músico arrastrando o seu potente acento de galego universal (pasado por Venezuela, onde transcorreron os seus primeiros anos de vida, polo barrio ourensán de Vista Fermosa, onde se criou, e por Nova York, onde vive) mentres reivindica a esencia da morriña. "Son galego 24 horas ao día", proclama no seu idioma materno mentres dirixe a colocación do son no vestíbulo do edificio Simeón horas antes de ofrecer, o martes pasado, o seu primeiro concerto na súa terra natal en 12 anos.

Víctor Prieto empezou a suspender no colexio ao mesmo tempo que a descubrir o que escondía o acordeón. Foi entón cando comezou a exploralo até atopalo. "Nunca sabes cando che vas namorar dun instrumento. A min pasoume aos 14 anos", explica como empezou arrastrando ese instrumento por puro capricho materno e acabou aferrado a el até forxarse unha carreira. E nese afán de facelo seu, reinventouno. Cambioulle os teclados (ideou a técnica de "aproximación de acorde en ambas as mans") e fíxoo outro: dotado para o jazz do World Music onde manda "bastante" a improvisación e onde o acordeón amañado de Prieto xime nunha linguaxe nova que o enche todo.

O músico ourensán colocou o popular instrumento na cima da música internacional. A máis recente achega é a colaboración co prestixioso violonchelista Yo-Yo Ma á beira da gaiteira ourensá Cristina Pato, traballo que mereceu un Grammy.

Prieto recoñece que o acordeón non é tan popular en Galicia como a gaita "aínda que é un instrumento folclórico que estivo moi presente na nosa cultura tradicional". A pesar diso, aí teno agora, achegando ao jazz a emoción "que ningún outro pode darlle" porque "é moi nostálxico, pero pódeche meter unha puñada ao mesmo tempo", enumera entusiasmado os seus valores. "Ten moito agarre, ten moito vento e iso un piano non cho pode dar, por máis prestixio que teña". "O acordeón non ten nada que envexarlle a ningún outro instrumento", reivindícao unha vez máis. E insiste nas súas calidades, "potente, explosivo", di del, exactamente as que o músico transmite coa súa soa presenza na sala. Aínda que el asegura que tenta darlle de todo. Algo de romanticismo tamén. E algo de sutileza, pero con nervio, "fuxindo do pastel de cinco capas".

O acordeón co que enche os espectáculos dese son inverosímil pesa uns 12 quilos. Pero o músico adoita ir armado cun bastante máis lixeiro aos bares de galegos de Nova York onde adestra a morriña. Alí acaban todos cantando o Ondiñas veñen e chorando como descosidos pensando nas súas raíces. Prieto tamén, aínda que de momento aproveita o sufrimento para, outra vez, saír gañando. "Pois claro que se crea mellor coa morriña", recoñece a evidencia de que o sufrimento "aviva a arte".

Como a maior parte dos emigrados, pensa en volver. Sabe que algún día "terá" que facelo. E calibra as opcións. "En Madrid ou Barcelona podería ter xa unha saída directa a Europa", fai os seus cálculos mentres atisba un desenvolvemento do circuíto musical tamén en Galicia. "Algún día", repite, "porque aquí estase avanzando moito: a cultura galega está nun auxe total".

De momento, mantén na Gran Mazá os seus concertos e as súas clases particulares (antes estivo como profesor no prestixioso conservatorio de Brooklyn) a alumnos chegados de Xapón ou Europa que acoden en peregrinación en busca do elixir das súas claves musicais mentres lle dá uns "prietos" á gaita coa que fixo xa "un par de cousiñas" con Chris Cheek. Pero o traballador metódico que é réstalle importancia: "Non teño tempo de practicala; habería que meterlle moitas horas". E a súa vida non ten horario.

"A carreira musical é moi difícil, un día estás arriba e ao seguinte, nada", lamenta, aínda que enseguida dálle a volta ao pesimismo: "Isto non é pop, e eu vou seguir traballando máis cada día e os músicos sempre me van a chamar". "Non quero ser músico de pop, por máis que o guitarrista sexa sempre o que máis ligue", ri o singular acordeonista mentres se prepara xa para seguir sufrindo.

www.victorprieto.net

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto de investigación IDIGAITA sobre a gaita galega

O Obradoiro de Gaitas Seivane, a Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), están desenvolvendo un proxecto de investigación co-financiado pola Xunta de Galicia sobre a Gaita Galega.

A empresa Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. é unha empresa de tradición familiar que conseguiu o Premio Nacional Innova do Ministerio de Industria no ano 2006 e ademais acadou melloras tecnolóxicas na fabricación de gaitas como é o pallón sintético Seipal.

Desta vez, Seivane está embarcado nun proxecto onde se logrou achegar a investigación e a tecnoloxía ó mundo da Música Galega. O CTAG e o grupo de investigación Sonitum da Universidade de Vigo poñen neste estudo á disposición de Seivane a súa experiencia, capacidade de investigación e o seu equipamento de última xeración, para impulsar o desenvolvemento do I+D da Industria Galega.

Un dos maiores problemas que existen na fabricación da Gaita Galega, e a falta de homoxeneidade que presentan os materiais utilizados na súa construción.

Ademais das variacións coa temperatura e a humidade, que afectan ás propiedades físicas dos materiais, causando unha falta de estabilidade e repetibilidade do sonido do instrumento, o problema agrávase coa variación da temperatura e da humidade que lle subministra o propio gaiteiro, provocando que o instrumento se vaia desafinando progresivamente.

O proxecto que se presenta é unha iniciativa coordinada entre a empresa Obradoiro de Gaitas Seivane S.L., o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o grupo de investigación Sonitum da Universidade de Vigo, co fin de seleccionar novos materiais e optimizar o deseño na fabricación de gaitas, coa finalidade de mellorar á súa fabricación, intentar minimizar ao máximo tódolos problemas de mantemento do instrumento e mellorar ás súas prestacións. Estes materiais preténdense analizar e seleccionar en base ás propiedades tanto físicas como acústicas e poder facer un estudo comparativo de rexistros coas gaitas de fabricación convencional.

Este proxecto intenta aunar esforzos e combinar o Patrimonio Cultural Musical Galego e as novas tecnoloxías en materiais para potencialas posibilidades dun instrumento musical tan arraigado en Galicia.

Na selección de novos materiais, vaise buscar o compromiso entre un bo comportamento nas súas propiedades físicas e a calidade do son, que é quen de producir, xa que ambas condicións se deben cumprir para que sexa un material atractivo para o artesán. Con esta finalidade o CTAG utilizará no proxecto novos materiais con punto verde cuxa sonoridade será avaliada utilizando unha metodoloxía de análise obxectivo/subxectivo do son, desenvolvida por Sonitum.

No proxecto IDIGAITA, as novas tecnoloxías e materiais, serán aplicadas a un instrumento de procesado artesanal como é a gaita, co fin de solventar tódolos problemas relacionados coa elección de materiais, mantemento do instrumento e enriquecer ao máximo as posibilidades sonoras do mesmo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2010 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Bailaben en Vigo
Edith Cotilla e Gustavo Couto ensinan a muiñeira por DVD
A obra ‘Bailabén’ é a primeira que marca pautas para a aprendizaxe de pezas galegas


A aprendizaxe do baile galego deu un paso máis coa presentación da publicación ‘Bailabén’, un libro acompañado dun DVD, que marca as pautas a seguir na aprendizaxe da xota e da muiñeira. ‘A idea xurdíu no primeiro congreso de ensinantes de música tradicional, onde mestres de Primaria e Secundaria nos trasladaron a falla dun manual polo que impartir clases de baile’. Así lembrou Gustavo Couto a orixe da obra de Edicións do Cumio que onte se presentou na Casa Galega da Cultura.

Couto, de 26 anos, leva 15 no mundo do baile galego. Dirixe o grupo compostelán Ultreia e imparte clases en varias escolas. Edith Cotilla, coautora de ‘Bailabén’, leva no mundo da música tradicional dende os cinco anos. Agora con 30, compaxina o seu labor de bailarina co de docente. Ambos son os responsables do primeiro método do ensino do baile popular galego: ‘Ata agora tódolos sistemas que se utilizaban na aprendizaxe estaban baseados na improvisación porque non había nada sobre o que traballar; con este libro propoñemos un xeito sinxelo de achegamento a dous bailes para un nivel de básico a medio’.

O apartado máis práctico da publicación, o DVD, recolle cinco puntos a desenvolver: estiramentos para antes e despois, exercicios de equilibrio e de ritmo, pasos de diferentes movementos e finalmente, coreografías realizadas a partires dos punteos propostos. ‘O primeiro que hai que dominar é o equilibrio e o ritmo para poder facer os pasos sobre unha perna’.

Couto considera que o mellor momento para iniciarse no baile son os cinco ou seis anos,’aínda que se hai gañas e motivación pódese comezar a calquera idade’. Con ‘Bailabén’, márcanse as pautas de baile tanto para homes como para mulleres que comparten método de ensino, aínda que despois segan sendo eles os que marquen o punto. Con esta publicación, os autores non pretenden establecer criterios de aprendizaxe, senon amosar un método baseado nun baile meramente popular.

‘Nos últimos anos aumentó a demanda entre a xente que se apunta para aprender sen intención de subirse a un esceario, senon para pasalo ben nas festas’. Para Couto, o baile popular recuperó o seu posto na sociedade a través dos seráns e encontros cada vez máis cotiás nas grandes cidades como Vigo. Aínda que recoñece que estes bailes resistiron grazas aos que os subiron os escearios.

www.atlantico.net
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2010 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en rede con 'Haique' e 'Po'
Gañadores do concurso folk internacional 'Escenario PRAU 2009', en Cantabria, o grupo ourensán presenta xa o seu segundo traballo discográfico.

Dicíaselle "coanhadeira" nalgúns recunchos do país ás persoas, ou á mesma vasoira empregada para separar e recoller os restos que quedaban na aira logo das mallas. A palabra acaeulles a un grupo de ourensáns para poñer a andar en 2006 o seu proxecto musical, segundo explican, tratando de recoller tamén "eses restos da malla que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis".

Nado como grupo de gaiteiros para armar festa, a formación musical clásica dalgúns deles mesturou coa experiencia na música tradicional e folk doutros e non renuncian á experimentación: "Engádense instrumentos non tradicionais, e sérvese todo cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros engadidos".

Desde o seu nacemento, Coanhadeira suman un feixe de actuacións en escenarios diversos, a musicalización da obra de títeres 'Os barballocas' e o triunfo na sección folk do primeiro concurso Nsaio no Camiño. Na Radio Galega gravaron a súa primeira maqueta en 2007. En 2008 gañaron o XI Concurso Folk Radio Obradoiro, grazas ao cal gravaron o primeiro disco: 'Haique. Máis recentemente, triunfaron no concurso internacional "Escenario PRAU 2009", en Cantabria, o que lles permitiu gravar o seu segundo álbume, 'Po'.

No espazo web en Myspace de Coanhadeira poden ampliar información.


www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2010 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
En Abril xira presentación novo disco de Berroguetto
O 6 de abril publícase Kosmogonías, o novo disco de Berrogüetto O vindeiro 6 de abril sairá á venda Kosmogonías, o quinto traballo de Berrogüetto, un dos grupos galegos claves e con maior repercusión a nivel internacional. De novo, Berrogüetto introduce interesantes matices de innovación e experimentación na música tradicional galega.

Composto por once temas, Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e a súa relación co universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto. Coa voz de Xabier Díaz e a achega de todos os seus compoñentes, Berrogüetto inspírase naquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu arredor.

Colaboracións

Xunto coa acostumada sensibilidade de Berrogüetto, neste disco atoparemos as colaboracións de escritores como Manuel Rivas na letra da canción "Alalá da noite", extraído do poemario A desaparición da neve (Alfaguara, 2009); e Rosa Aneiros, quen preparou un texto para engadir no libreto de Kosmogonías: “Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible”.

A partir da publicación de Kosmogonías, Berrogüetto comezará a xira de concertos para 2010 que pasará por Pontevedra (Pazo da Cutura, 9 de abril), Vigo (Teatro García Barbón, 15 de abril), A Coruña (Teatro Rosalía de Castro, 18 de abril) e Zaragoza (Teatro Principal, 27 de abril).
A xira Kosmogonías 2010 completarase a partir de maio con cidades como Madrid, Barcelona, Ferrol, Lugo ou Bilbao, ademais de países como México, Arxentina ou Alemaña.
www.berroguetto.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2010 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
A Coral de Ruada no Alalá

Hoxe, martes, día 16/03/2010

Despois de noventa anos, a Coral de Ruada de Ourense segue a cantar coa mesma forza, dedicación, entrega e entusiasmo que cando actuou por primeira vez un día de San Xoán de 1919 no desaparecido Teatro Apolo de Ourense, como unha das corais máis antigas de Galicia e, como dicía Otero Pedrayo, "un orgullo para a cidade de Ourense", e para os seus compoñentes, porque manteñen e dignifican os valores culturais galegos. Os integrantes da coral basearon o seu repertorio nas recollidas polas aldeas que logo reinterpretaban nas romarías galegas e nos máis importantes escenarios das cidades galegas, de Madrid e América.


A Coral de Ruada levou a música, o baile, o teatro e a poesía galega de xira polo mundo, cun patrimonio histórico, cultural e musical cada vez máis importante e ten recibido innumerables premios, desde a gravata da bandeira doada por Afonso XIII, á placa de ouro do Centro Galego de Bos Aires, ata as Medallas Galicia e a de ouro da cidade de Ourense. Gravaron moitos discos - desde o primeiro en 1929 en lousa- e participaron en películas como "La Virgen del Cristal".

Esta histórica coral incorporou as mulleres desde a súa fundación algo que a comezos do século XX non era corrente- e participou da primeira iniciativa empresarial relacionada coa música tradicional, ao faceren xiras nas salas que o empresario Isaac Fraga tiña por toda Galicia. Despois de noventa anos, a Coral de Ruada segue coa mesma sensibilidade nesta fantástica aventura de universalizar o patrimonio galego.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 16-03-2010 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Bailaben en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 12 (Venres)
• Os Terribles de Donas na e-trad (Vigo) ás 19:00
• Machina no auditorio de Cariño
• Mofa e Befa no Liceum (O Porriño)
• Çe Orquestra Pantasma no Furancho Malaherba (Matamá)
• Ugía Pedreira e Fred Martins no Aturuxo de Boiro
• Estalotada na Gentalha do Pichel (Compostela)

Sábado 13
• Presentación do novo disco de Banda Potemkin na sala Filomatic (A Coruña) ás 22:00 con Tiruleque
• Presentación do novo disco de Linho do Cuco ás 21:30 no salón teatro de Lalín (Auditorio novo)
• Nao na Casa das Atochas(A Coruña)
• Som do Galpón no pub Isis Pharia (O Carballiño)
• Folk Focus na sala Contrabajo (Vigo)
• Ataque Escampe e Ultraquans na sala Farandula ás 22:00
• Tear de Llerena, Traspés,... na sala Farandula (Vigo) ás 24:00
• Roi Casal no Auditorio de Galicia (Compostela) ás 21:00
• Zurrumalla no Furancho Malaherba (Matamá)
• Sondeseu en Mos ás 20:30 no Pazo dos Marqueses
• Tributo a Zeca Afonso en Auditorio de Cangas ás 20:30
• Serán de Moreira (Soutomaior)
• Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo)

Domingo 14
• Presentación do disco a Nena e o Grilo no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 12:00
• Pito de Pikasso e Champurrada no Pub TNT (Compostela)
• I Encontro Abeleira de Pandereteiras en Zamáns (Vigo) ás 19:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)
- Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo)

20 de marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz)
- Serán de Chapela nos baixos do pavillon de Chapela ao carón de Faro de Vigo

27 de marzo
- Serán en Pazos (Ponte Caldelas)

9 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)

10 de abril
- Serán de Fozara
- Serán de Angudes (Crecente)

17 de abril
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
- Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Serán en Ribadavia

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)

8 de Maio
- III Ruada de Catoira

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)

11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-03-2010 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Moreira (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-03-2010 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-03-2010 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro Abeleira (Zamáns-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Actuacións no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
O VINDEIRO VENRES DIA 12 DE MARZO(2010) ABRE NOVAMENTE A SUAS PORTAS O FURANCHO MALAHERBA SITUADO EN MATAMÁ (VIGO) NA PRAZA DE SAN MAURO .
O FURANCHO CONTARA CO SEGUINTE PROGRAMA DE ACTUACIONS (entrada de balde)

-venres 12 marzo ás 23h. CE ORQUESTRA PANTASMA (home orquestra)

- Sábado 13 marzo ás 23h. ZURRUMALLA (folc)

- Xoves 18marzo ás 23h. O LEO I ARREMECÁGHONA (cantautor punk)

- Venres 19 marzo ás 23h. ABÓBRIGA (folc)

-Sábado 20 marzo ás 22.30 LEMBRAZAS DA RIA (folc) e ás 24h MONÓLOGO DE CÁNDIDO PAZÓ



O Colectivo Cultural Alternativo Malaherba abre este furancho co fin de obter beneficios que irán destinados a organizar a IV edición do FESTIVAL SONS DA LAMEIRA que terá lugar no verán en Matamá - Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Linho do Cuco presenta novo disco en Lalín
Linho do Cuco presenta o que é o seu segundo traballo o vindeiro sábado 13 ás 21:30 no salón teatro de Lalín (Auditorio novo).

Linho 3 é un disco de música daquí, pra xente daquí e dacolá, que sintetiza dende o repertorio de banda de música, a melodías de autor que xa forman parte da tradición, e unhas pinceladas da música centroeuropea, sempre dende o punto de vista de Linho.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-03-2010 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu presenta novo disco en Mos

Sondeseu presntará as cancións do seu novo disco "Barlovento", que sairá a venda a finais de mes, no concerto que terá lugar este sábado 13 de marzo ás 20:30 no exterior do Pazo dos Marqueses en Mos.

Entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en concerto de A nena e o grilo en Pontevedra

Estimados amigos e amigas:

OQO editora convídavos ao concerto A nena e o grilo co que se pecharán máis dun mes de actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2010.


Este espectáculo está baseado no libro-CD de OQO editora A nena e o grilo, traballo bibliodiscográfico co que o compositor e intérprete ourensán Magín Blanco se atreve a dar o salto ao público infantil da man de OQO editora e da súa colección musical Q son. Producido na parte musical por Uxía e ilustrado por Iván Prieto, colaboraron músicos coma Guadi Galego, Ugia Pedreira, Fred Martins ou Tarci Dávila.

O directo deste traballo será presentado o 14 de marzo en Pontevedra nun espectáculo familiar no que Magín (guitarra, voz) estará acompañado por Uxía, Guadi Galego, Xoán Curiel (guitarra e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración).

Durante o concerto poderemos gozar cunhas cancións que, en palabras de Magín Blanco, “non parten de ningún estilo en concreto” e que son “unha amálgama” das músicas que todos os colaboradores do libro-CD A nena e o grilo levan escoitado ao longo das súas vidas. Porén, resultan claramente recoñecibles ecos de rumba, bossa nova, reggae ou folk.

En definitiva, estamos ante un espectáculo con vocación universal que parte dunha lingua rica en palabras e xiros ao servizo dos mundos imaxinarios dos protagonistas destas trece cancións de conto. En todas elas repártense aloumiños a eito e amósase un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Tributo a Zeca Afonso en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Ugía Pedreira e Fred Martins en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Banda Potemkin presenta novo disco na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-03-2010 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Skacha en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Caravana Galiza Non se Vende en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Ultraquans e Ataque Escampe en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2010 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do manual Bailabén en Compostela
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-03-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Composición do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega

ENTRADA DE BALDE. HAI QUE RECOLLER AS ENTRADAS NA TAQUILLA DO TEATRO.

Concurso de Composición do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009.

A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.

O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.

E os accésits desta pasada edición:

* JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
* PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.

Así mesmo faráse a PRESENTACIÓN do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-03-2010 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Día da clase obreira galega
A CIG celebra o 10 de Marzo, 'Día da Clase Obreira Galega' con mobilizacións nas sete cidades
Baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”


Diante das alternativas que se están a barallar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, “a conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, mentres que aqueles que a provocaron van saír de rositas”, a CIG acordou darlle un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do país baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”.

Emprego, salarios e reforma das pensións son algúns dos aspectos nos que a CIG centrará as mobilizacións do vindeiro 10 de Marzo. Xunto a isto e alén de presentar as súas alternativas, a central sindical denunciará as políticas que se están a seguir por parte dos gobernos, tanto central como galego, “coa complicidade das centrais sindicais estatais”.

Mobilizacións

A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza
Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG)
Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG)
Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios
Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería
Vigo: Saída ás 20:00 h da Vía Norte

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Constitúese o Coro Tradicional Cantares do Brión en Vincios

A agrupación conta con máis de sesenta coristas procedentes de distintos concellos e comarcas da contorna

O pasado domingo 7 de marzo constituíuse en Vincios (Gondomar), no seo do Centro Cultural, o Coro Tradicional Cantares do Brión. A formación, con máis de sesenta compoñentes de distintas idades e procedencias xeográficas, distribúese en catro cordas (soprano, contralto, tenor e baixo) e conta cun repertorio variado de pezas tradicionais, entre as que destacan as pandeiradas, as foliadas, os maneos e as muiñeiras. Ademais das voces, no coro tamén se emprega distintos instrumentos musicais propios da tradición galega, como a gaita, o tamboril, o bombo, a pandeireta e as cunchas.

Na asemblea do pasado domingo, o Coro Tradicional Cantares doBrión aprobou o seu regulamento interno de funcionamento e elixiu o presidente e a comisión do coro, que se encargarán da organización. Nesa mesma xuntanza ratificouse a Pablo Rial como director musical da agrupación, papel que xa viña desempeñando dende os primeiros ensaios, en decembro de 2008. O músico, veciño de Vincios, é un dos compoñentes do recoñecido grupo de música tradicional Os Carunchos e posúe un amplo coñecemento e experiencia no ámbito da música tradicional galega en xeral e do canto coral en particular.

Os integrantes deste Coro tradicional, un dos poucos que nestes momentos existen en Galicia, deixaron claros nesta reunión os obxectivos que pretenden conseguir e que quedaron plamados no propio regulamento interno: “O Coro Tradicional Cantares do Brión terá como finalidade primordial o cultivo, divulgación e restitución do canto e da música tradicionais de Galicia”. Ademais, a agrupación fomentará a investigación e o emprego do traxe popular galego e desenvolverá todas as súas actividades en idioma galego.

De momento só tiveron dúas actuacións en público e aínda non fixeron a estrea oficial, que se esperá que sexa no verán deste ano, cando xa todos teñan confeccionada a vestimenta adecuada ao seu estilo musical.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Ernesto Campos no Alalá

Hoxe, martes, día 09/03/2010

Que acontecería se mesturásemos a música tradicional coa culta como fixeron compositores galegos, coma o mestre Montes ou Pascual Veiga, buscando as referencias da música popular, aventurándose a mesturar un piano e unha guitarra, por exemplo? O Alalá desta noite, que presenta Pilar G.Rego, vai desvelar o universo de Ernesto Campos, que leva desde os anos oitenta compoñendo pezas para piano e gaita, algo que ao principio foi criticado pero que agora mesmo xa editou un disco con este tipo de pezas.


Este "valente", amais de compoñer para piano e gaita, compuxo centos de pezas que están nos repertorios de ducias de músicos galegos, desde Budiño, Carlos Núñez ou Susana Seivane, ata os grupos e bandas máis importantes de Galicia. Amais, Ernesto é mestre de gaita e guitarra e, por suposto, intérprete. Un dos grupos cos que toca, que tamén estará hoxe acompañando a este novo xenio da música galega, é "Crema de Gaita"; pero tamén soarán outras pezas como a que toca a Banda de Pontevedra, con gaita solista; unha co grupo "Moxenas" e unha de gaita e órgano, no órgano da Catedral de Tui...todas elas distintas formas de interpretar a música galega que escribe este autor.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 09-03-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
II Xeiras da Lingua (Vigo)
As II Xeiras sobre a Lingua Galega, que terán lugar entre os días 9 e 12 de marzo de 2010 na Sala I do Edificio Miralles (Universidade de Vigo), estrutúranse da seguinte maneira:

Martes, 9 de marzo de 2010
09.00-09.30h – Entrega de acreditacións

09.30-10.00h – Acto de apertura

10.00-12.00h – O galego na rede
Pedro Silva, administrador de Blogaliza Berto Yáñez, proxecto EuFalo.tv

12.00-12.15h – Descanso

12.15-14.00h – O galego no ensino
Francisco Rodríguez, profesor de literatura galega
Marcos Loureiro, Responsábel Nacional dos Comités

14.00-16.30h – Xantar

16.30-18.00h – O movemento Bravú Proxección do documental ‘Nor-Noroeste: A viaxe Bravú’ (10 min)
Xurxo Souto, cantante e escritor


18.00-18.15h – Descanso

18.15-19.30h – A música tradicional e de autor
Mini e Mero, compoñentes do grupo ‘A Quenlla’ *inclúe actuación musical


19.30-21.00h – Actuación musical
Sobrado e banda



Mércores, 10 de marzo de 2010

16.00-18.00h – Diferentes normativas para o galego
Mª do Pilar García Negro, Doutora en Filoloxía Galega Valentim Rodrigues Fagim, Presidente da AGAL

18.00-18.15h – Descanso

18.15-21.00h – Varios enfoques, un mesmo obxectivo
Fran Rei, voceiro de ‘Queremos Galego’
Henrique Costas, voceiro de ‘Prolingua’
H. Monteagudo, voceiro de ‘Galego, Patrimonio da Humanidade’ Daniel Landesa, voceiro de ‘Cambia Galicia’

Xoves, 11 de marzo de 2010
09.00-10.30h – Proxección Días azuis

10.30-12.30h – O galego para o público infantil Francisco Carballés, exdirector do Xabarín Club
Pepe Carreiro, autor de ‘Os Bolechas’

12.30-12.45h – Descanso

12.45-14.00h – Actuación contacontos Celso Fernández Sanmartín, contacontos

14.00-16.00h – Xantar

16.00-17.30h – O ensaio en galego
Xosé Manuel Beiras, ensaísta

17.30-17.45h – Descanso

17.45-19.30h – Humor galego
Kiko da Silva, director da revista ‘Retranca’
Xosé Lois González Vázquez, ‘O Carrabouxo’

19.30-21.00h – Actuación cómica
David Perdomo, monologuista


Venres, 12 de marzo de 2010

09.00-11.00h – A problemática do borrador do Decreto do Plurilingüísmo
Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística

11.00-11.15h – Descanso

11.15-13-15h – A situación global do galego
Bieito Lobeira, Voceiro de Lingua do BNG Francisco Cerviño, Voceiro de Lingua do PSdG-PSOE
Román Rodríguez, Voceiro de Educación do PPdG

13.15-14.00h – Acto de clausura

Se o desexas, podes descargar o tríptico das II Xeiras aquí
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-03-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Sereas galegas
As grandes ‘Sereas’ da música galega uniron as súas voces

O Teatro Rosalía de Castro acolleu onte un concerto único na historia da música galega. Baixo o título de Sereas, Uxía, Rosa Cedrón, Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Silvia Penide e Sonia Lebedinsky subíronse o escenario coruñés nunha noite máxica. Todas elas, grandes voces da música galega, cantaron temas propios nun espectáculo que contou coa presenza da poeta de Yolanda Castaño, quen explicou a filosofía deste proxecto único, deste punto de encontro das voces femininas máis importantes e talentosa da música do país.

Un único home acompañou a estas grandes damas dos sons máis propios no espectáculo. O basileiro Paulo Borges, quen sentou ao fondo do escenario para amosar as súas dotes sobre as teclas dun piano.

Cada unha das participantes neste espectáculo atopou un punto de encontro para as súas ben diferenciadas carreiras profesionais ante un público que escoitou con atención e emoción cada unha das súas interpretacións. Deste xeito, na noite coruñesa, conxugáronse os vinte e cinco anos de carreira artística de Uxía, a gran presenza no escenario de Mercedes Peón, a prometedora carreira en solitario de Rosa Cedrón, os novos sons de Guadi Galego, a novidade de Silvia Penide e Sonia Lebedinsky –as únicas que non estiveron en 2002 no espectáculo Son delas– e o talento de Ugia Pedreira.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-03-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 8(luns)

Terza feira 9 (Martes)
• Xeiras da Lingua. Mini e Mero ás 18:15 no Edficio Miralles (Universidade de Vigo)

Corta feira 10 (Mércores)
• Posta en escea do Concurso de Composición Constantino Bellón 2009 ás 20:30 no Teatro Jofre (Ferrol)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 11 (Xoves)
• Capitán Furilo no Forum Celticum (Culleredo)
• Tonhito de Poi e Rasa Loba na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30
• Oh Trio (Germán Díaz , Antonio Bravo e Diego Martín) na Casa das Crechas (Compostela)

Sexta feira 12 (Venres)
• Os Terribles de Donas na e-trad (Vigo) ás 19:00
• Machina no auditorio de Cariño
• Mofa e Befa no Liceum (O Porriño)

Sábado 13
• Presentación do novo disco de Banda Potemkin na sala Filomatic (A Coruña) con Tiruleque
• Nao na Casa das Atochas(A Coruña)
• Som do Galpón no pub Isis Pharia (O Carballiño)
• Folk Focus na sala Contrabajo (Vigo)
• Zurrumalla no Furancho Malaherba (Matamá)
• Sondeseu en Mos
• Serán de Moreira (Soutomaior)
• Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo)

Domingo 14
• Pito de Pikasso e Champurrada no Pub TNT (Compostela)
• I Encontro Abeleira de Pandereteiras en Zamáns (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de música trdicional en Vilalba (Lugo)
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Vilalba.

Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 8 de Marzo ás 11.00 h. terá lugar un concerto didáctico de música tradicional no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba, dirixido á poboación en idade escolar, que contará con máis de cincocentos nenos e nenas e no que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por tres mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Xerardo Quintela e Pedro David Lamas Varela.

Posteriormente, o domingo 14 de Marzo, o Conservatorio Municipal de Vilalba acollerá durante todo a día un curso de acordeón, con obradoiros de perfeccionamento e que estará guiado polo profesor da Tradescola, Xerardo Quintela.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-03-2010 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de pandeiro cadrado (Compostela)
"O adufe en Galiza e Portugal" é un curso monográfico práctico de 8 horas impartido por Luís Prego sobre a técnica, organoloxía, toques, acompañamento ao canto e estilos conservados. Para todos os niveis, terá lugar os sábados de marzo pola mañán.

As aulas serán eminentemente prácticaS pra aprender os toques das zonas nas que perviviu este instrumento entre nós: o noroeste peninsular, concretamente en zonas do sur de Galiza, Trasmonte astur-leonés e da Idanha en Portugal.

INFORMACIÓN XERAL:

Lugar: CS Fontiñas. Santiago
Data: 6, 13, 20 e 27 de marzal
Horario: 11,30 a 13,30 h
Prezo: 60 €

Inscrición: info@folque.com ou no tlf +34 881 031 829

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-03-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Curso monográfico sobre baile galego (Compostela)
"Repertorio, recursos e didáctica do baile galego" é un curso práctico orientado a docentes para adquirir novas ferramentas pedagóxicas e para interesados que queiran ter unha idea xeral do baile galego e coñecer os fundamentos de aprendizaxe.

Impartido por Xabier Iglesias e Juan Parga os vindeiros 12 e 13 de marzo e un prezo de 60 € e 8 horas lectivas.


O obxectivo deste curso é dotar de repertorio, recursos e material didáctico a monitores e mestres que queiran introducir os seus alumnos no baile tradicional galego, ademais de servir de iniciación a calquera persoa interesada neste eido.

Traballarase con material extraído do folclore, formado por xogos, danzas, bailes soltos e agarrados, para así ter unha visión global do baile galego; o importante rol que xoga o baile en aspectos como a socialización, a motricidade e coordinación, a interiorización do ritmo e a música, sendo unha arte de práctica recomendada en distintos ámbitos educativos.

A orde será a habitual para unha clase de iniciación:
- BAILES-XOGO
- DANZAS
- BAILES SOLTOS
- BAILES AGARRADOS

Prezo: 60 €
Horario:
- venres 12 marzo de 17 -20 h
- sábado 13 de marzo de 11 -14 h e 16 -18 h

Inscrición:
mail a info@folque.com ou no tlf. +34 881 031 829

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-03-2010 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 5 (Venres)
• Charla de Pablo Carpintero na e-trad (Vigo) ás 19:00. Instrumentos de Vento na tradición
• The Homens e Nueva Vulcano na Mardigrass (A Coruña)
• Anxo Lorenzo presenta disco na Fnac da Coruña
• Nao e Kastomá na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30
• The Turre´s Band no Auriense (Ourense)
• Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro (A Coruña)
• Serán na Ermida (Pazos de Borben)

Sábado 6
• Fuxan os Ventos no Teatro Colón (A Coruña) ás 21:00
• Presentación do novo disco de Ruxe-Ruxe na sala Capitol (Compostela) con Medomedá ás 21:30
• Nao e Machina na sala Mondo(Vigo)
• A Tribu na sala Nasa (Compostela) ás 21:30
• O ´Carolan no Liceum (O Porriño) ás 23:00
• Ultraqäns e Cuchufellos na Palloza da Balboa (Os Ancares)
• II Festival da Maía na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20:00
• Xavier Blanco no Auditorio Municipal de Rianxo ás 19:30
• Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

Domingo 7
• Anxo Lorenzo e Mutenrohi na Festa do Queixo de Arzúa
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer