Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezan os monográficos de ACentral Folque

DOUS MONOGRÁFICOS DE ACENTRAL FOLQUE.

Desde Portugal chega un auténtico maestro do acordeón diatónico. Este misterioso instrumento que introduciu os bailes agarrados en Galiza, perseguido pola igrexa e adorado polo povo bailador é tocado en muitos lugares de Europa.

O Sr. Artur Fernandes é un dos máximos represetantes do diatónico en Portugal.

Acordeón Diatónico II
ACORDEÓN DIATÓNICO II avanzado
Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
Prezo: 150 €
Datas: 14 marzal (8 h)
Horario: de 10 a 14 e 16 20 h
Imparte: ARTUR FERNANDES ”Ao toque de diatónico”

- Práctica de música e ensemble de diatónicos.
- Funcións musicais básicas: baixo, harmonía rítmica, melodía, contrapunto melódico.
- Dinámica: dinámicas en conxunto, e dinámicas contrastantes.
- Contrapunto: a dúas, a tres e a catro partes.
- Balanzo musical en grupo

Sinopse:
Breve biografía de Artur
Nado no 1966 en Águeda (Portugal). Unha das figuras máis importantes e respetada da escena portuguesa de música popular, pertencente a esa xeración de artistas que son hoxe un referente en Europa.
Autodidacta da concertina desde 1978 e licenciado en Ensino de Música pola Universidade de Aveiro na área de Composición con João Pedro Oliveira.
É o líder e mentor do grupo Danças Ocultas cos que interpretan “uma música nova para um instrumento velho”. Levan recreando e compoñendo música para concertina desde o 1996 con tres discos no mercado. Ten colaborado con artistas portugueses coma Rui Veloso, Gaiteiros de Lisboa, João Afonso.

E ademais comenzan os monográficos de Danza con o xoven vigués Miguel Souto. Estes monográficos convocan a alumnado de distintos pontos de Galiza e Compostela convertese un ponto estratéxico da docéncia en danza popular durante dous meses.

MIGUEL SOUTO
O baile solto nos seráns

Data: 13 e 27 de marzal (4 h)
Horario: 18 a 20 h
Lugar: CSC AS Fontiñas
Sinopse:
- Introdución aos seráns: historia e recuperación
- A muiñeira ou ribeirana: puntos e estruturas coreográficas
- A jota: pasos e estruturas.
- Visionado dun serán

Máis información no 881 031 829
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-03-2009 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os Festicultores buscan trompetista
No noso afán de seguir millorando, Os Festicultores Troupe, andamos na procura doutr@ trompetista máis, co fin de aumentar a banda e darlle ainda mais potencia e sabor balcánico.

Se estas interesad@ ponte en contacto con nos:
1008@festicultores.com
info@festicultores.com
Tlf: 981 523 150 (oficina)
Móvil 625 141 349 (Milocho)

www.festicultores.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-03-2009 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Repaso ao patrimonio musical de Ferrolterra
Hoxe mércores 11 de marzo o grupo Berros do Castro ofrece un concerto didáctico no que a exposición de imaxes e música ao vivo ilustrarán a tradición da bisbarra no eido da música.

O grupo de música tradicional Berros do castro participa, ás 19.00 horas, nun dos actos encadrados na semana cultural da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. O acto consiste nunha actuación didáctica que combina a música en directo cun percorrido en imaxes pola comarca de Ferrolterra. O concerto leva o nome "Unha imaxe, unha melodía...un recordo: Percorrido gráfico e sonoro pola música tradicional de Ferrolterra", o mesmo nome que ten a compilación fotográfica.

No acto utilizaranse as imaxes recollidas pola asociación cultural Berros do castro para ilustrar as diferentes fases polas que foi pasando a música da zona. Explicarase a evolución que experimentaron as agrupacións musicais na zona, tendo en conta a paulatina incursión de novos instrumentos. A elaboración dos propios instrumentos será outro dos puntos a tocar durante a xornada, para o que contarán coa participación de Antón Varela, que explicará en que consiste hoxe o traballo do construtor de instrumentos.

O acto está dividido en catro partes, ou escolmas, que son: os artesáns, o gaiteiro solista, os grupos de gaitas e os bailes agarrados. Durante o tempo que dure a exposición, será unha constante a alternancia entre explicacións, imaxes e a música dos Berros do castro, coa intención de ilustrar o pasado e presente da música tradicional na comarca de Ferrolterra.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-03-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Gran afluencia de público nas Xornadas de Baile Tradicional da AGG

O pasado sábado 9 de Marzo leváronse a cabo as Primeiras Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos cunha gran afluencia de público.

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela, acolleu as actividades programadas para este evento, ao que asistiron máis de setenta persoas, que recibiron, ademais dunha conferencia sobre interesantes aspectos do baile tradicional galego, clases prácticas sobre a preparación do corpo para unha sesión de baile (quecemento e estiramentos), a muiñeira, a xota e o baile agarrado. Tras rematar as Xornadas, celebrouse no mesmo local un serán, que se alargou ata altas horas da noite, no que os asistentes fixeron gala do aprendido ao longo do día, con música en directo do grupo santiagués Brincadeira.

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza estas Xornadas sobre o Baile Tradicional Galego coa intención de integrar esta disciplina na programación da AGG, e así cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e asociadas, e un gran público interesado neste aspecto da cultura. A boa acollida que recibiu esta primeira edición das Xornadas anímanos a seguir traballando en prol da cultura tradicional galega.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-03-2009 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
As contas do PP
Tras a campaña da hipocresía feita polo PP...

Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
10 de marzo: Día da Clase Obreira Galega
Coa CIG na rúa o 10 de Marzo “na defensa do emprego e as prestacións sociais”

“En defensa do emprego e as prestación sociais” será o lema baixo o que a CIG vai desenvolver este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega. O vindeiro 10 de marzo a central convoca aos traballadores e traballadoras a participar nas concentración e manifestacións organizadas en cada unha das comarcas na defensa dos postos de traballo. Ademais, o 11 de Marzo farase entrega en Compostela do premio co que a central quere recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíra durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro. Desta volta as reivindicacións céntranse nos dous temas prioritarios que máis preocupan á clase traballadora neste momento: a caída do emprego e a garantía das prestacións sociais. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, referiuse neste senso ás elevadas taxas de destrución de emprego que se veñen rexistrando nos últimos meses na Galiza, e que afectaron fundamentalmente ás contratacións temporais.
Como cada ano, a CIG ten organizadas mobilizacións para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega, reivindicar melloras para os traballadores e traballadoras e lembrar os feitos que marcaron aquel histórico ano 1972. A central viña organizando habitualmente mobilizacións nas cidades de Ferrol e Vigo, aínda que, nesta ocasión, dada a gravidade da crise económica, a CIG decidiu ampliar os actos a todas as comarcas.

Desta volta as reivindicacións céntranse nos dous temas prioritarios que máis preocupan á clase traballadora neste momento: a caída do emprego e a garantía das prestacións sociais. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, referiuse neste senso ás elevadas taxas de destrución de emprego que se veñen rexistrando nos últimos meses na Galiza, e que afectaron fundamentalmente ás contratacións temporais. “Até agora as empresas rescindían os contratos temporais, ao tempo que non creaban novos postos, o que levou a unha caída importante da contratación”. Non obstante, agora tamén se atopa en perigo o emprego estábel. “Hai ameazas serias de EREs, principalmente suspensións temporais, pero se a crise non se arranxa nun período curto comezarán a incrementarse os expedientes de extinción de emprego”.

Ligada a esta características do emprego en tempos de crise atópase a cuestión das prestacións sociais. Dende a CIG esíxese ás administracións que garantan a ampliación do dereito á cobertura das prestacións sociais, xa que o elevado número de traballadores e traballadoras que pasan ao desemprego logo dun contrato a tempo parcial, provoca que as prestacións sexan por períodos breves. Neste contexto resulta imprescindíbel retomar unha vella reivindicación da CIG: a creación do salario de inserción social, como recurso de auxilio até a incorporación de novo ao mundo do traballo. Nunha data tan significativa corresponde aos traballadores e traballadoras deste País sentar as novas bases de solidariedade e dereitos no traballo.

Xuntanza co futuro presidente da Xunta

Perante o cambio xurdido tras os resultados do pasado 1 de marzo, o Secretario Xeral da CIG, avanzou que está previsto un encontro o vindeiro luns 9 de marzo entre o futuro presidente da Xunta e as organizacións sindicais deste País. Xuntanza na que Seixo dará traslado a Alberto Núñez Feijóo das reivindicacións realizadas dende a central contra a crise económica. O Secretario Xeral reiterou a necesidade de levar a cabo unha forte apostar polo investimento público e produtivo, así como aumentar o gasto social, co obxectivo de relanzar a economía. Ao tempo, avoga por garantir a inxección de recursos ao sistema produtivo galego e ligado a esta proposta a necesidade de crear unha Banca Pública Galega a través da que canalizar os recursos ao sistema produtivo e ás familias.

Seixo proporá na reunión a necesaria reforma da Lei de Caixas de Aforro e “reclamaremos un compromiso claro cos investimentos públicos destinados a ámbitos fundamentais como o ensino ou a sanidade”, apunta Seixo. Dende a CIG vaise exixir ao futuro goberno da Xunta que non faga efectivos os cambios que ten anunciado en materia de lingua (como a derogación do decreto do galego), “porque nos parece que sería afianzar as políticas de abandono da defensa do noso idioma, unha práctica iniciada polo anterior goberno do PP e que neste momento pretende mesmo ser agresivo con normas consensuadas que supoñen unha mínima protección para o galego”, afirmou Xesús Seixo.

Programa de mobilizacións:

Ferrol: ás 12:00 horas terá lugar a tradicional ofrenda floral no monumento perante a estatua de Amador e Daniel e haberá manifestación ás 20 horas dende o local da CIG (Avda. do Esteiro).

Vigo:
manifestación ás 20:00 horas dende a Vía Norte.

A Coruña: concentración nos Cantóns ás 12:00 e posterior manifestación até a Delegación do Goberno.

Compostela: concentración ás 11:30h na Praza de Galiza.

Pontevedra: Manifestación ás 12:00 dende o Pazo da Cultura até a Subdelegación do Goberno, con concentración na rúa Michelena.

Ourense: Concentración ás 11:30 horas na rúa do Paseo.

Lugo: Concentración dende ás 11:30 horas na rúa da Raíña.

A Mariña: Asemblea-concentración de delegados de Alcoa e fábricas auxiliares nas instalacións da empresa do aluminio ás 12:30 horas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Marful no Alalá
Hoxe, martes, día 10/03/2009 ás 21:35

Houbo un tempo, alá polos anos 30, 40 e 50, en que Galicia estaba chea de salóns de baile; habíaos en todos os recantos e chegou a haber ata tres na mesma parroquia, pois cumprían unha importantísima función social: eran o espazo de relación dos mozos, o sitio onde se xuntaban cando o mal tempo non deixaba facer o baile fóra. Neste senso, os salóns substituíron os seráns e as fiadas e, do mesmo xeito, os acordeonistas e as orquestras substituíron os gaiteiros e as pandeiretas á hora de facer a festa. Amais, nos anos duros da posguerra os salóns serviron para manter a ilusión e o romanticismo e convertéronse nunha parte moi importante da memoria musical dos galegos.

Agora, ata os máis novos, os que non coñeceron o ambiente romántico dos salóns, senten unha especie de morriña cara a eses edificios fermosos que na maioría dos casos están en ruínas. Por exemplo os músicos de Marful, que fixeron o seu primeiro disco inspirados por todos os sons e o ambiente que se viviu nos salóns de baile.
Nestes salóns vivíronse os primeiros bicos e as primeiras apertas de moitas parellas pero, ademais, neles tocaron as súas primeiras notas unha morea de magníficos músicos. Unha vez que os salóns desapareceron, non só sentiron nostalxia deles os matrimonios que se coñeceran bailando, senón tamén os músicos, que en moitos casos se dedicaron a seguir tocando coas orquestras que aínda hoxe enchen Galicia, dar clases de música aos rapaces novos ou arranxar instrumentos.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 10-03-2009 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Cancelada a nova edición do Festival Intercéltico do Porto
Unha das citas co folk máis importantes e consolidadas de Portugal, o Festival Intercéltico do Porto, non abrirá as súas portas este ano. Os organizadores do evento, que anualmente aglutina as mellores propostas procedentes dos denominados países celtas, sinalan que a causa está na falta de resposta e de apoio da Cámara Municipal ao festival.

Polas táboas do Festival Intercéltico de Porto, unha das citas co folk máis destacadas da Península Ibérica, pasaron desde 1986 algúns dos grupos que marcaron o devir da escena folki europea nos últimos. Da man do festival achegaríanse así a cidade portuguesa Chieftains, Värtinä, Four Men & a Dog, Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Garmarna, Gwendal, Kristen Nogues/Trio Molard-Pellen, entre outros moitos.

Agora, a organización vén de anunciar que a edición de 2009 non se vai celebrar como estaba previsto, pola falta de resposta da Cámara Municipal tras remitírselle o proxecto da presente cita.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cine en galego de balde
A produtora Continental convida a ver de balde a película de debuxos animados A Crise Carnívora na súa versión orixinal en galego. A promoción comeza este venres 6 de marzo e remata o 16 de abril,e é válida para as primeiras sesións da tarde de luns a venres e para as sesións matinais dos sábados nos cinemas que dispoñan desta.

As persoas interesadas en ver o filme de xeito gratuíto só teñen que imprimir o convite que pode descargarse aquí e trocalo nas taquillas dos cines que se indican a continuación:

-VILAGARCÍA DE AROUSA
Multicines Gran Arousa
Porto Deportivo
Explanada Tir

- LUGO
Multicines Centro
Praza Viana do Castelo

- MONFORTE DE LEMOS
Multicines Hollywood
R/ Ramón Otero Pedraio

-RIBEIRA
Multicines Barbanza
C.C Haley. Avda da Coruña

-CARBALLO
Multicines Bergantiños
Pr. da Balsa C.C Bergantiños

www.amesanl.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2009 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Dumbría ponse o traxe de muiñeira
O pasado mércores era inaugurada en Dumbría a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros", da Deputación da Coruña e que xa pasou polo Concello de Carnota, que poderá visitarse no Centro Social e Cultural de Berdeogas ata o 15 de marzo, no seguinte horario: os luns e martes de 16 a 20 h., e os mércores e xoves de 16 a 19 h.

Os traxes tradicionais alí expostos son da Agrupación Folclórica Ximiela de Muros, que levan a cabo un labor constante pola conservación e difusión do traxe tradicional. Esta agrupación conta con vestiario de seu moi variado, con traxes de gala, de cotío, época, etc., sendo os seus compoñentes os que se encargan de confeccionalo.

www.quepasanacosta.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do Concurso de Gaitas ´Moxenas´
Estes foron os resultados:

-1º) OS CHUPACABRAS
-2º) HABELAS HAINAS
-3º) FONTE SUAIRAS


Parabéns para eles e máis todos os presentados restantes! Foi unha tarde de música reconfortante!

Saúdos.
Xosé.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-03-2009 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 9 (Luns)

Terza feira 10 (Martes)
• Trio Vaamonde Lamas & Romero na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 11 (Mércores)
• Foliada aniversario na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 12 (Xoves)
• Ophiusa en Lugo no Circulo das Artes ás 21:00

Sexta feira 13 (Venres)
• V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón
• O Sonoro Maxín no Liceum do Porriño
• Pito de Pikasso no Pub Fardela de Vilalba
• Maghúa ás 18:30 no salón de actos da EOI de Ferrol
• Irmandiños de Vincios no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 14
• V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón
• Victor Aneiros na sala Contrabajo de Vigo
• Os Tres Trebóns (Xurxo Souto) no C.S. A Esmorga (Ourense)
• Quempallou en Taboada (Lugo)
• Os Chupacabras no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• Serán no Centro Cultural de San Andrés de Comesaña (Vigo)

Domingo 15
• V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón
• Uxía e Trío Vaamonde, Lamas & Romero na Festa o Queixo de Arzua
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-03-2009 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
22 aniversario da Casa das Crechas (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-03-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cursiños Xarabal 2008-2009
Este ano os cursiños celebraranse os días 9, 10 e 11 de abril (xoves, venres e sábado coincidindo coa Semana Santa).

Os cursiños dispoñibles nesta edición serán:

- Gaita técnica e interpretación.
- Empalletado e afinación.
- Construcción de palletas.
- Percusión tradicional.
- Percusión folk.
- Canto e pandereta.
- Baile tradicional.
- Análise e interpretación da música tradicional.


Todos os interesados mandade un correo cos datos persoais á dirección “info@xarabal.org”

Estamos confirmando os últimos detalles.
Informaremos canto antes de tódalas novidades.

www.xarabal.org

Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-03-2009 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 6 (Venres)
• Mamá cabra ás 11:00 no Auditorio Municipal de Ribadeo
• María Manuela, Paloma Suances e Pilocha ás 20:00 no Auditorio Municipal de Padrón
• Xoán Curiel e Miguel Fernández ás 20:30 no Auditorio Municipal de Redondela
• Transilvanians no bar Patos (Nigrán)
• Ataque Escampe no Marrucho (Baiona)
• Quempallou no Liceum (O Porriño) ás 23:00
• XXII Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro (A Coruña).
• Foliada Ven Respirar no Foula (Ourense)

Sábado 7
• Concurso de Gaitas Nazario Gonzalez ´Moxenas` en Valadares (Vigo) ás 18:00
• I Xornadas de Baile Tradicional (Compostela)
• Snatch no pub Leblon (Ponetecaldelas)
• O Sonoro Maxín no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 22:30
• Banda Potenkim na sala Vagalume (Salvaterra) ás 00.00
• Marful no Auditorio da Illa de Arousa ás 21:30
• Xoán Curiel no Pazo da Peregrina de Ames ás 19:00
• Tino Baz ás 22:30 en Casa Gallardo (Puxeiros-Mos)
• Sra. Carmen (Malvela) no Pazo de Mos ás 19.00
• Batital e Miro Casabella ás 21:00 no Auditorio Municipal de Caldas de Reis
• I Festival da Maía (Bertamiráns): Pandereteiras do Val da Maía, A. C. Follas Novas (Ames), Grupo de Gaitas Airiños do Meda (Padrón) e Os Alegres (Pontevedra) na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20:30.
• Serán de Oliveira (Ponteareas)

Domingo 8
• Skarnio ás 14:00 na Praza da Chave, ao carón do Estadio do Couto (Ourense)
• Foliada na carballeira da Peregrina, en Santiago ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Venres 13 de marzo
-Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 14 de marzo
-Serán no Centro Cultural de San Andrés de Comesaña (Vigo)

Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)
-Serán en Borreiros (Gondomar)

Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)
-II Ruada de Catoira

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
-Foliada de Melide

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
-Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-03-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Popular en Santiago

Este domingo organizamos unha foliada popular a partires das 5 da tarde, na carballeira da Peregrina, en Santiago.

animamos a tódolos que queiran a participar!

Asociación Cultural A carballeira da Peregrina
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-03-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Carpenta na Coruña
O día 6 de marzo celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, esta vez, a edición XXII.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

ANIMÉDEVOS!
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 06-03-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival da Maía
A Casa da Cultura de Bertamiráns será o escenario que acolla este sábado día 7 de marzo, o festival de música galega que organiza a Asociación Cultural e Xuvenil "Val da Maía".

O obxectivo principal é o de dar a coñecer á sociedade amiense, as cantareiras que forman parte desta asociación. Trátase do grupo chamado Pandereteiras do Val da Maía. Ademais actuarán diversos grupos de música galega das provincias de Pontevedra e A Coruña.

Esta organización naceu no ano 2007 cando se agruparon unha serie de mozas que compartían o seu gusto pola música galega. Despois de formaren parte do Obradoiro Municipal de Música e Baile Tradicional do concello amiense durante varios anos, aparece a asociación. Estas rapazas, que formaban o grupo de cantareiras "Amaianas", crean este novo grupo co motivo de desenvolver o seu propio traballo.

Durante estes dous anos teñen realizado actuacións en diversos lugares como Valga, Arteixo e Ames, pero principalmente en Pontevedra. Nesta última localidade actuaron durante tres días nas Festas da Peregrina, e tamén nun festival folk que se celebrou na mesma localidade o pasado 6 de decembro.

Un dos obxectivos da organización deste festival é o de dar a coñecer a tódolos veciños e veciñas de Ames ao grupo de cantareiras que naceu ao abeiro da Asociación e que se chaman Pandereteiras do Val da Maía. O lugar escollido para o acto é a Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas.

Neste evento participarán distintas agrupacións musicais, que serán presentadas polo locutor de "Lume na palleira", da Radio Galega. Así actuarán no acto de xeito desinteresado a Asociación Cultural "Follas Novas", de Ames, o Grupo de Gaitas "Airiños do Meda", de Padrón e "Os Alegres", de Pontevedra. Ademais do grupo de pandereteiras da asociación que organiza o festival. A organización tamén deparará algunha sorpresa pero que se desvelará durante o transcurso do evento.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-03-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Gaitas Nazario Gonzalez ´Moxenas`

Sábado 7 de marzo no Centro Cultural de Valadares ás 18:00 (Vigo)

BASES DO II CONCURSO DE GAITAS NAZARIO GONZALEZ "MOXENAS"

1. Este será un Concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar todos os Gaiteiros que o desexaren dentro dun único apartado de cuartetos tradicionais. Celebrarase o 7 de marzo de 2009.

2. As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse, ben en persoa, ben por correo postal, electrónico ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valadares que aparece na ficha de inscrición, só até o 18 de febreiro de 2009 (este día incluído)
Cada cuarteto proporcionará as partituras das pezas a interpretar, o currículum e a certificación da conta bancaria.
A orde de participación será inversa á orde de inscrición.

3. O número de cuartetos participantes limitarase a 10 por estrita orde de inscrición.
No caso de se superar o devandito número, terase en conta a orde de entrada ; e só se considerarán inscritos no concurso os 15 primeiros.

4. Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril; non seránadmitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestiren o traxe tradicional galego.

5. Todos os instrumentos han ser de formato e feitura tradicional, ficando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.

6. Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.

7. Os Concursantes farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor, non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizado cun punto de penalización por cada 10 segundos de exceso así coma o non achegarse ao tempo estabelecido por cada dez segundos por debaixo dos 4’30 minutos.

8. O veredito do Xurado, cos cuartetos que se clasifican para a Fase Final, darase a coñecer ao remate da fase eliminatoria.

9. Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha Peza obrigada, “VIVA VIGO!”, de Nazario Gonzalez “Moxenas”, e cuxa partitura se xunta nestas bases (esta melodía é a escollida para esa edición dado que se celebra o bicentenario da Reconquista de Vigo fronte á invasión napoleónica, e foi precisamente composta cando o seu autor fora recoñecido coma “Vigués Distinguido”, galardón anual entregado polo Concello na conmemoración deste evento na nosa cidade), e coa suma destes dous apartados tomarase a decisión final do Concurso.

10. Os Participantes inscritos que non leven premio recibirán en concepto de axuda ou gastos de desprazamento a cantidade de 100 euros.

11. Para recolleren o premio deberán subir ao palco todos os compoñentes de cada un dos grupos
clasificados nos 3 primeiros postos, debendo vestiren o traxe tradicional completo.

12. O grupo gañador deberá concorrer na seguinte edición como convidado, para tocar mentras o xurado se reúne en privado para dirimir o resultado. Haberá una dotación económica consignada a tal efecto.

13. O Xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio dentro da música tr adicional Galega, e seguirase o sistema de puntuación eliminatorio, contabilizándose así as tres puntuacións medias, anulando
a puntuación máis alta e a máis baixa.

14. A decisión do Xurado será inapelábel.

15. Calquera dos premios pode ficar deserto se o xurado así o estimar.

16. A mera inscrición supón a total aceptación das bases.

17. O xurado terá a potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

PREMIOS
— 1º Premio 800 euros
— 2º Premio 600 euros
— 3º Premio 400 euros

Bases completas
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-03-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades de Siareiros Galegos en Ourense

As comarcas de Siareir@s Galeg@s de Ourense e Compostela em colaboraçom com Siareir@s do C.D. Ourense,prepararom umhas jornadas para o vindouro sábado 7 e domingo 8 de março.

Siareir@s Galeg@s como tod@s sabedes segue a defender tanto ás diferentes selecçons nacionais galegas, coma o nosso direito como povo a disputar competiçons desportivas oficiais de carácter internacional, mas o colectivo tambem actua como umha força que junta os esforços de todos e todas as galegas, esquecendo-se de localismos e liortas internas que nom nos levam cara nem um dos nossos objetivos como naçom.

Ata o momento SSGG é un dos colectivos máis activos e unificadores na Galiza, contando com o respaldo da sociedade galega em geral e da mocidade máis combativa em particular.

Por esso cremos que umha das melhores formas de actuar é fomentar este tipo de jornadas que junte aos galegos por cima de localismos e rivalidades futeboleiras ou absurdos confrontos entre cidades.

Um jantar popular, um jogo entre siareir@s do compos e ourense, um concerto de SKÁRNIO, som algunhas das actividades que podedes desfrutar esse día.

Ademais desta volta contamos com a participaçom de O Varal (http://ovaral.blogspot.com/)que vai levar a Liga Nacional de Bilharda até terras ourensanas, coo o ALL STARTS OURENSE 2009, onde se disputara um aberto no que cada palanador e palanadora puntuará para o Leste e Oeste e no que nom faltarán o explosivo concurso de Varados nem o concurso de Mates.

As actividades do domingo decorreram na Praça da Chave ao lado do Estadio do Couto.

PROGRAMA

SABADO 7 MARÇO

13h recebimento e jantar popular no campo da feira

A partires das 20h ruta de vinhos e petiscos polos bares colaboradores, com saída no Bar Escalon (rúa Murilho, O Couto)

DOMINGO 8 MARÇO

11h a 12h JOGO siareir@s compos vs siareir@s ourense

12h a 14h CAMPIONATO BILHARDA, Aberto do All Stars 2009 (LNB)

14h a 16h CONCERTO SKARNIO

17h jogo Ourense-Compostela

Desde a manhá haverá um mercado solidário com Santi e José

Organiza: siareir@s c.d.ourense

Siareir@s Galeg@s

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou comeza a Xira Aniversario

Quempallou celebra os seus 10 anos na xeira e está a preparar unha Xira especial para celebralo.

No entanto, convidámosvos a que quentedes motores canda nós no comezo da tempada concerteira. Vinde, nenos e nenas, á foliadiña!

Concerto de Quempallou hoxe venres 6 de marzo no Liceum do Porriño ás 23:00

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2009 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Marful no día da muller traballadora
A vindeira fin de semana conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora, e Marful quere celebralo con dúas citas coas mulleres, primeiro coas traballadoras do noso país, o sábado, na Illa de Arousa, e ao día seguinte, domingo, coas de todo o Estado, en Madrid.

Trala espectacular resposta do público no último concerto de Marful o pasado mes en Santiago, no que as entradas se esgotaron xa na venda anticipada, o grupo volve aos escenarios nesta ocasión para render unha homenaxe ás mulleres traballadoras da Illa de Arousa. O lugar elixido para dar este concerto tan especial é o Auditorio da Illa de Arousa, e nel o grupo interpretará os temas do seu primeiro traballo, así coma pezas novas do que será o seu vindeiro disco. A cita será o vindeiro sábado 7 de marzo, ás 21h30 e o prezo é de 5€. As entradas pódense adquirir no Auditorio antes do concerto, e de forma anticipada (e recomendada) a través do servizo de televenda de Caixanova.

A particular homenaxe que Marful quere ofrecer ás mulleres de todo o mundo continúa ao día seguinte, o domingo 8 de marzo en Madrid, coa súa participación benéfica no Festival Fémina’09. Este concerto, que se celebrará na sala Galileo conta ademais coa participación de Almasäla e Nubla, e os beneficios obtidos destinaranse ao Banco Mundial da Muller.

Entradas para Marful na Illa de Arousa

Xa están á venda as entradas anticipadas para o concerto Homenaxe ás Mulleres Traballadoras que Marful ofrecerá este sábado, 7 de Marzo, ás 21h30 na Illa de Arousa. O concerto terá lugar no Auditorio da Illa e as entradas, cun prezo de 5€, están á venda na taquilla online de Caixanova.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2009 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de baile tradicional da AGG
XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as Primeiras Xornadas de Baile Tradicional coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Durante estas Xornadas analizarase o estado do baile tradicional en Galiza, tomando as medidas oportunas para a súa normalización, potenciando o seu ensino e propoñendo materiais, métodos e actividades que o acheguen, non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado.

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas, en primeiro termo, para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.

Para asistir a estas Xornadas de Baile Tradicional, que se celebrarán o sábado 7 de Marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n), é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 4 de Marzo, a través do teléfono 986 847 074. Esta inscrición é totalmente gratuíta.

Pode consultar o programa das Xornadas aquí.

MAÑÁ

10:00 h - Reparto de material e presentación das Xornadas.
10:15 h - 11:15 h - RELATORIO: “Obaile tradicional galego”. Luis Prego.
11:15 h - 12:15 h - SESIÓN PRÁCTICA: “O coidado do corpo na danza tradicional. Teoría e práctica”. Beatriz Díaz.
12:15 h - 13:45 h - 1º OBRADOIRO: “Muiñeiras”. Montse Rivera.

TARDE

16:00 h - 17:15 h - MESA REDONDA: “O baile Tradicional, tradición ou Espectáculo”. Francisco Feijóo “Chisco”, Olga Kirk, Serxio Cobos, Luis Prego.
17:15 h - 18:45 h - 2º OBRADOIRO: “Xotas”. Francisco Feijóo “Chisco”.
18:45 h - 19:00 h – DESCANSO
19:00 h - 20:30 h - 3º OBRADOIRO: “O baile agarrado”. Pablo Díaz.
20:30 CONCLUSIÓNS E PECHE DAS XORNADAS.
21:30 SERÁN: Festa aberta a todos e todas as participantes nas xornadas e outros convidados coa actuación do grupo de gaiteiros e pandereteiras de Brincadeira.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-03-2009 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Sala Nasa
Este xoves 5 de marzo ás 21:30 temos a seguinte edición dos "Seráns da Nasa",para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galiza que teñades gañas e necesidade de botar unhas bailas, e tamén para todos aqueles que non sabedes bailar e queredes disfrutar da música,coñecer que é iso dos seráns e animarvos a botarlle un puntiño...

Os grupos que van poñer a música son:

- HABELAS HAILAS Santiago
- GAITEIROS DE FORTÍN DA POMBA de Bandeira
- BRICADEIRA de Santiago
- PABLO SEOANE GRUPO
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-03-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Inscrición curso de Grégory Jolivet
Acábanse de ocupar todas as prazas para o curso intensivo de Grégory Jolivet no V Encontro coa Zanfona Contemporánea.

Haberá unha lista de reserva por se alguén dos xa apuntados fallara.

Aínda así, hai prazas para pasar a fin de semana en Aldea Nova sen asistir ao curso e gozar duns días divertidos e intensos con outras actividades: relatorio de Xulio García Bilbao e o Palco Aberto.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Serán-Foliada en Vigo

SERÁN ANIVERSARIO “A NOGUEIRA”,

mércores 4 marzo na Fábrica de Chocolate de Vigo, a partires das 21:30

O restaurante “A Nogueira” leva 5 anos ofrecendo boa comida e como non, boa música. Rexentado por Pedro, artista polifacético e celtarra de pro, a gaita e unha das súas pasións xunto coas súas fillas. Leva anos puxando polos seráns de aquí e de alá, e por suposto os da Fábrica de Chocolate. A festa de seguro que vai estar amenizada por todolos seus compinches regado co mellor viño. Data imprescindible para os amantes dos serán mais auténticos.

Actuación de Renato Spencer e Café CaXaça e convidados como Juan Comesaña, Anxo Pintos, Suso Comesaña, entre outros, para rematar nunha foliada cos músicos e bailadores presentes

Entrada en billeteira: 3 €
invitación a consumición con cada entrada

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-03-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Cao en Ourense

O festival Intercultural do campus de Ourense reanúdase coa actuación de Emilio Cao.

O primeiro concerto que este artista ofrece na cidade será na Igrexa de Santa María Nai hoxe, 4 de marzo, ás oito da tarde.

Cao, que é un dos músicos pioneiros e máis coñecidos do folclore galego, actúa por primeira vez en Ourense en máis de 30 anos de carreira.

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Xinzo de Limia
Hoxe, martes, día 03/03/2009

Contaxiados da maxia do Entroido de Xinzo de Limia, os de "Alalá" descubriron tal e como conta a lenda- o cantar dos Jalos dAntioquía baixo a asolagada Lagoa de Antela.


Esta é a lenda pero o certo é que os Jalos d Antioquia é un grupo de músicos que leva a festa como estandarte e a súa misión é cantar e tocar ata que o corpo aguante, en festas, ceas, celebracións varias, tabernas e alá onde eles e o seu público estean dispostos a pasalo ben.
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 03-03-2009 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Ao fin....gañou ... La Voz de Galicia


Viñeta de Gonzalo Vilas publicada hoxe en www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2009 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 2 (Luns)

Terza feira 3 (Martes)

Corta feira 4 (Mércores)
• Emilio Cao co espectáculo "Co mar no meu peto" na Igrexa de Sta. María Nai de Ourense ás 20:00
• Foliada na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 5 (Xoves)
• Tonhito de Poi e Rasa Loba na Sala A (Vigo)
• Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 6 (Venres)
• María Manuela, Paloma Suances e Pilocha en Padrón
• Transilvanians no bar Patos (Nigrán)
• Ataque Escampe no Marrucho (Baiona)
• Quempallou no Liceum (O Porriño)
• Foliada Ven Respirar no Foula (Ourense)

Sábado 7
• Concurso de Gaitas Nazario Gonzalez ´Moxenas` en Valadares (Vigo) ás 18:00
• I Xornadas de Baile Tradicional (Compostela)
• Snatch no pub Leblon (Ponetecaldelas)
• O Sonoro Maxín no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Banda Potenkim na sala Vagalume (Salvaterra)
• Marful na Illa de Arousa
• Serán de Oliveira (Ponteareas)

Domingo 8
• Skarnio en Ourense
• Foliada na carballeira da Peregrina, en Santiago
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Programación do Liceum (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2009 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Prazas libres nos monográficos 09
Aínda quedan prazas libres para apuntarse nos monográficos ‘09

Remata o prazo oficial para a inscripción nos cursos monográficos ‘09 de aCentral Folque. Aínda así, déixase aberta a preinscrición para animar a wue vos matriculedes. Hai prazas libres en case todos os cursos.

Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica para tódolos en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.

Inscripción e máis información aquí
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-03-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer