Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novas fotos do Serán de Oliveira
Actualizada a galería de fotos do Serán de Santiago de Oliveira.

Graciñas a Nuria, reporteira destinada insitu, e aos amigos dos Muiños de Oliveira pola reportaxe fotográfica.

Para o ano hai que repetir.
Saudinhos a tod@s

Serán de Santiago de Oliveira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2007 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
"Ouvirmos" no Alalá deste martes

Alalá remóntase hoxe a comezos do século pasado, cando nunha botica de Pontevedra se xuntaba un grupo de homes para cantar en galego, sendo o artífice de todo isto o boticario Perfecto Feijoo, que estaba empeñado en dignificar a cultura rural. Despois de anos de ensaio, o grupo Aires d a Terra grava o primeiro disco en galego no ano 1904. Curiosamente foron os franceses quen viñeron gravar para promover a súa máquina ?parlante? que era o gramófono.

Cen anos despois podemos escoitar estas gravacións grazas ao traballo realizado por unha empresa chamada Ouvirmos, unha editora especializada en recuperar material valiosísimo que quedara esquecido en faiados, en coleccións privadas e polo mundo adiante. As gravacións que agora se publican estiveron tan esquecidas coma o propio grupo Aires d a terra, a máis importante das agrupacións folclóricas galegas, a primeira de todas e a que marcou a liña a seguir durante todo o século XX.

Ouvirmos rescatou todos estes vellos discos e con eles fixo unha edición de luxo chamada ?A Tiracolo?; deste xeito o coro Aires d?a Terra volveu soar, xunto a outros como Manuel Do Pazo ?o gaiteiro mais importante da emigración- ; Os Dezas de Moneixas e o Coro de Ruada e moitos máis. Na actualidade Ouvirmos e a súa música ten difusión internacional. O seu traballo coa distribuidora dixital ?The Orchard? permítelles que esta música galega estea no mercado global; así e sen moverse da casa, un pode mercar un disco de Aires d?a Terra en calquera parte do mundo.

Neste programa falarase cos artífices desta empresa: Ramón Piñeiro, o director artístico; José M. Aldea, o produtor executivo, e Irene Sineiro, a xestora da editorial. Ademais o programa vai viaxar moito, irá a Sarria ?onde está a sede social de Ouvirmos-; a Barcelona, onde traballa Irene; parada en Pontevedra, no Museo Provincial, pero tamén estará na Coruña, con Pepe Temprano, quen amosará a súa colección de discos e moito máis.

O soño de Perfecto Feijoo cumpriuse, el tiña a profunda convicción de que cun Alalá, unha canción de pandeiro e pouco máis, tiña dabondo para levar a música galega por todo o mundo. El así o fixo porque o coro Aires d a Terra tocou en Galicia, Madrid, Portugal e América, ata actuaron diante do Rei.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2007 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Gravacións de novos traballos
QUEMPALLOU

O 2 de Marzo de 2007, comezou a gravación do terceiro disco de Quempallou. Unha nova proposta, ben pensada e traballada, que ofrecera o lado máis creativo do grupo. Máis de 12 temas, radiados boa parte deles polos traballadores de Radio Quempallou, a nosa particular sintonía POLO AIRE.
E xa sabedes, a primeiros de Maio poderedes mercar este traballo e ver a Quempallou en directo polas salas de toda Galiza. Tamén teremos nova Güeb, e moitas sorpresas.




SKARNIO

Logo de mais de três anos dende o seu último disco "Arredista", Skárnio volta ao estudo para preparar o que será o seu terceiro trabalho "O nosso caminho". A data do começo da gravaçom é o dia 4 de março e fara-se entre os estudos Area Master (Vigo) e Oceano (Panjom).
Ao cargo da producçom de som estará Xavier Abreu, quem já correu com este labor no disco anterior. Outra das claves atopamo-la na coproducçom musical de Pedro Feijoo (Lamatumbá), quem já leva messes trabalhando coa banda ao travesso de pregravaçons registadas dende o seu estudo Muu! (Vigo).
Por outra banda, o disco contará coa participaçom de certos artistas que quizerom colaborar no novo trabalho desta banda ska.
"O nosso caminho" seguirá a linha de ska rápido e combativo de Skárnio ainda que intercalando ska-clásico, reggae e inclusso ska-jazz. Um disco variado que superará tudo o anterior e que olha cara ao futuro, pero coa pessoalidade própria desta banda nascida há dez anos no bairro viguês de O Calvario.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2007 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos da Ermida e adianto de Oliveira
Xa temos completado o arquivo da Ermida e comezamos a subir as fotos do Serán de Santiago de Oliveira.
Polo momento subimos fotos do final do Serán, pero agardamos poder subir do resto da noite, a ver es@s reporteir@s...

Bikos e apertas

Serán da Hermida

Serán de Santiago de Oliveira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-03-2007 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
As "VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas" terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova os días 4 e 18 de marzo, a partir das 20'00 horas.

En total participarán 4 agrupacións de danza e música galegas. Os grupos que subirán ao escenario son:
*"Malveiras" da A.C. Malveiras de Vilagarcía.
*"A Ponte Vella" do C. C. A Ponte Vella de Teo, A Coruña.
*"Fusos e Rocas" da ACF O Fiadeiro de Vigo.
*"Bretema" da Casa Galega de Hospitalet del Llobregat de Barcelona
.

O xurado valorá de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estará formado por Ignacio López-Chaves Castro, concelleiro de Festas e Animación Sociocultural; Reyes González Canda, ex?bailarina do Ballet Rey de Viana e mestra de Ballet; Isabel García Quintela, secretaria da Federación Galega de Grupos de Danza e Bailarina; Enrique Domínguez Lino, director e bailarín da Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra e mestre de danza galega; Hipólito Cabezas Gómez, director da Escola de Gaitas e Percusión Tradicional-Provincia de Pontevedra e actuará como secretario Ramiro Quicler Zarandón, funcionario do Concello de Vigo.

Os premios establecidos polo comité organizador son os seguintes:
1º premio: 1.500.-?, medalla e diploma.
2º premio: 900.-?, medalla e diploma.
3º premio: 600.-?, medalla e diploma.
4º premio: 300.-?, e diploma
5º e 6º premio: diploma.
Premio especial de 150.-?, e diploma ao mellor bailarín.
Premio especial de 150.-?, e diploma ao mellor bailarina.
Premio especial de 180.-?, ao mellor grupo de acompañamento.

As entradas para a xornada do día 18 de marzo estarán a disposión do público unha hora antes na taquilla do Centro Cultural Caixanova.
Comentarios (119) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-03-2007 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Subidas fotos do serán da Hermida
Vou adiantando fotografías do serán desta noite, iremos subindo o resto mañá con máis calma.

Saúdos a todos os novos amigos que coñecimos hoxe e cos que foi un pracer bailar e disfrutar do serán...a pesares de chegar eu tan tarde, pois sigo sen ter o don da ubicuidade, pero para iso estaba o resto da xentiña, para pasalo ben.

Bikos e apertas

Serán da Hermida
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-03-2007 05:14
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornadas de Portas Abertas de O Fiadeiro

Chegan as Xornadas de Portas Abertas de O Fiadeiro, coa inauguración do seu novo local en Vigo.
Sorte co novo emprazamento!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-03-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0