Carlos Núñez ofrecerá o concerto inaugural na Catedral de Ourense cos mesmos instrumentos que están representados na policromía do Pórtico do Paraíso do s. XIII e que volverán a cobrar vida no mesmo lugar no que foron tallados grazas ó bo facer do taller dirixido por Manuel Brañas da Deputación.
Día 2 de marzo
CATEDRAL DE OURENSE
21:00 h
ENTRADA CON INVITACIÓN.
Poderanse recoller un máximo de 2 invitacións por persoa na Oficina Municipal de Turismo, situada na rúa Isabel A Católica 2, o mesmo día do concerto, a partir das 9 da mañá.
Festival Música Polo Noso Monte que terá lugar nas Cortellas (Padróns-Ponteareas) este sábado día 3 de marzo.
Trátase dun festival no que recadaremos fondos para recuperar o fermoso monte que se tornou negro o 15 de outubro de 2017.
A entrada é de balde.
Hai outros xeitos de colaborar (por exemplo apadriñando árbores).
O cartaz paga moito a pena. Son moitos os artistas galegos que van colaborar con nós dun xeito totalmente desinteresado.
Logo das actuacións, comezará o serán.
Vémonos o 3 e marzo nas Cortellas!