Punto e Volta é un proxecto audiovisual online que pretende radiografiar a situación da música tradicional galega a través das historias, das pezas e dos bailes das súas protagonistas. Elas son as nosas informantes: desde as persoas que aprenderon a cantar e a bailar no seo das súas comunidades até a rapazada que vive as foliadas como o mellor momento da semana, das profesoras que levan décadas recollendo e ensinando aos vellos que se están a iniciar, agora, no mundo da pandeireta.
En setembro de 2016 comezamos percorrer as aldeas e os barrios do país co obxectivo de explorar as mudanzas que experimentaron as nosas músicas de raíz: a evolución dos xeitos de transmisión, o por que da ruptura xeracional, a súa función social... Queremos saber se os roles de xénero propios da tradición se seguen a perpetuar nas escolas, entender de que xeito o ensino condiciona a evolución da nosa música, descubrir se hai espazo para crear e abrir novas vías a partir do legado cultural que nos deixaron. Tamén nos interrogamos acerca do papel da administración e abrimos de novo o vello debate dos arquivos como patrimonio individual ou social e colectivo.
Animámosvos a que compartades as pezas e os bailes que aquí vos traemos, a que discutades nas escolas os puntos de vista dos nosos entrevistados, a que vaiades recoller máis contos e novas músicas, a que vós mergulledes neste mundo se aínda non facedes parte del.
Nós, canto máis sabemos máis queremos saber. E a pesar das moitas preguntas que van xurdindo, cada vez temos máis claro o valor deste regalo que nos fixeron as nosas vellas e os nosos vellos e a responsabilidade que recae na nosa xeración á hora de manter aceso este lume. Que as que veñen detrás sigan quencendo, coma nós, á súa beira
Sexta feira 17 (Venres)
? Festival A Candeloria (Lugo): Rebelion do inframundo, Falperrys, Arrytmia, Talco,...
? Os amigos dos músicos na Sala Riquela (Compostela)
Sábado 18
? Festival A Candeloria (Lugo): Ruxe-Ruxe, Dakidarría, Delombaos, S.A., Gatillazo,...
? Heredeiros da Crus na sala Vaca (Ponferrada)
? Os amigos dos músicos no Clavincéfalo (Lugo)
? Sés no Auditorio de Burela ás 21:00
? MJ Pérez no Roi Xordo (Allariz)
? Os Carunchos no Avante (Compostela) ás 23:00
? Ludovaina no Restaurante La Curva de Nerga (O Hío-Cangas)
? Primordiais no auditorio de Redondela ás 21:00
? I Foliada da vila de Meira
? Foliada Balboa Feroz en Balboa, O Bierzo (León)
? Serán de Santiago de Oliveira no C. C. "Os muiños de Oliveira" (Ponteareas)
Domingo 19
? Os Chavellos en Vilar de Infesta (Redondela) ás 18:00
? Aureas no Salason (Cangas) ás 20:30
No mércores 15 de Febreiro, de 18h a 19h30 realizaremos no Museo o obradoiro de danzas de Entroido "Entroidanzas".
Baseado no novo traballo de Pesdelán, neste curso bailaremos cos folións de Ourense, seremos demos das rúas de Lima, andaremos como os corcovados do centro de Italia, moveremos os coloridos paraugas do Frevo de Pernambuco... En definitiva, gozaremos co espírito do Entroido ao mesmo tempo que faremos exercicio, coñeceremos músicas e xeitos de celebrar esta festividade en distintas partes do mundo.
A profesora será Montse Rivera, mestra de baile tradicional galego que, nesta ocasión, mirou para os Entroidos de fora de Galicia.
Data: 15 de Febreiro
Horario: de 18h a 19h30
Dirixido a docentes e persoas interesadas no baile sen necesidade de coñecementos previos.
Inscrición previa obrigatoria en deac@museodopobo.gal Prazas limitadas.
Curso gratuíto que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Agardamos vervos por aquí.
Un saúdo do Museo do Pobo Galego