Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Finou o gaiteiro Manuel Viqueira
Manuel Viqueira Vieites, O Gaiteiro de Vilaverde, foi o fundador do cuarteto "OS VIQUEIRAS" chamado así porque os compoñentes eran él e mais tres dos seus fillos: Manolo, Paco e Fernando. Actualmente é o seu fillo maior, tamén gaiteiro, o que segue co legado do seu pai aínda que Manuel, aos seus 85 anos, seguía tocando a gaita maxistralmente.

No ano 2006 Edicións do Cumio, dentro da colección "Os nosos Gaiteiros", editou o seu primeiro traballo discográfico que recolle as súas pezas máis representativas.

Que a Terra lle sexa leve.





















Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-02-2015 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Toutón (Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-02-2015 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de entroido en Noia
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-02-2015 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Marta Quintana en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-02-2015 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Dakidarría en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-02-2015 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Deseqilibrio Mental en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-02-2015 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festiva Taiña (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-02-2015 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 9 (Luns)

Terza feira 10 (Martes)
• Roberto Sobrado na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Corta feira 11 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 23:00

Quinta feira 12 (Xoves)
• Abóbriga na sala Super 8 (Ferrol) ás 22:00

Sexta feira 13 (Venres)

Sábado 14
• XII Festival Taiña (Goián-Tomiño): Maskarpone, Collón de Lola,...
• Desequilibrio mental na sala Sonar (Compostela)
• Dakidarria na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Serán dos namorados de Toutón (Mondariz)

Domingo 15
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-02-2015 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o concerto de Fiandola en Bueu
Sentimos comunicar que se cancela o concerto no Aturuxo. A gripe tamén pode con Fiandola! Desculpade as molestias e queda Volta e media do Aturuxo para outra.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2015 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de instrumentos vexetais (Lugo)
Este sábado 7 de Febreiro de 2015 terá lugar na Tradescola un Obradoiro de instrumentos vexetais que será impartido por Pablo Carpintero.

Datos do Obradoiro:

Data: 7 de Febreiro de 2015
Imparte: Pablo Carpintero
Horario: de 11.00 a 14.00 horas
Lugar: Tradescola (Centro Lug 2)
Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo

Idade: Maiores de 14 anos.
Inscricións: Tradescola
Tlf: 982229966 tradescola@gaiteirosgalegos.com

Prazas limitadas por orde de inscrición.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-02-2015 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
II Monta a ghaita (Foliada en Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-02-2015 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 5 de febreiro
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)


Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón
22h30 . Herdeiros da Requinta de Carcacía
23h15 . Tequexetéldere
24h00 . Óscar Fernández
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante


Entrada 3€
Máis información
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-02-2015 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés en Narahío (San Sadurniño)
A A.V.V. “O Castelo de Narahío” e Os Cempés convídanvos a gozar do Baile 100% e aprender de xeito sinxelo e divertido todos os pasos nun obradoiro guiado.

O Baile 100% terá lugar o sábado 7 de febreiro de 2015 no Local da Veiga en Narahío, a partir das 19:30H.
Poderán participar persoas de todas as idades e sen experiencia. Pasodobles, valses, mazurcas, chotes, muiñeiras ou carballesas explicadas por un guía de baile nunha actividade na que a forma física non é importante, só as ganas de pasalo ben.
O Baile 100% son agarrados, soltos e bailes participativos en roda, divertidos e doados de aprender.


Nesta segunda rolda haberá sorpresas e novos bailes!

- Ás 19:30 obradoiro,prégase puntualidade para poder participar de todos os ritmos e pasos.
- Ás 22:00H dará comezo a gran festa do Baile 100% con Os Cempés, na que se porá en práctica todo o aprendido.
Para as persoas que participen nas dúas actividades a Asociación de Veciños “O Castelo de Narahío” convídanvos a unha saborosa merenda para repoñer forzas ao remate do obradoiro.

Músicos:
Antón Varela: Gaitas
Oscar Fernández: Zanfona e cavaquinho
Roberto Grandal: Acordeón
Serxio Cés: Canto, saxo, pandeireta, bombo e guía de baile
Colaboración:
Obradoiro: 5€
Baile 100%: 5€
Obradoiro + Baile 100% + merenda: 10€
Anímate, baila e comparte!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-02-2015 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
A Quenlla en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-02-2015 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 2 (Luns)
• Abóbriga no San Brais de Bembrive (Vigo)

Terza feira 3 (Martes)
• Festa de San Brais (Bembrive-Vigo)

Corta feira 4 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 23:00

Quinta feira 5 (Xoves)
• Serán na Nave de Vidán (COmpostela)

Sexta feira 6 (Venres)
• Sokram na sala A Reserva (Carballo)
• II Monta a ghaita (Foliada en Ordes)

Sábado 7
• A Quenlla no Auditorio do Concello de Vigo ás 18:00
• Os Cempés no Local da Veiga en Narahío
• Ataque Escampe no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Sokram no Distrito 9 (Vigo)
• Faltriqueira na sala Super 8 (Ferrol) ás 22:30

Domingo 8
• Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 20:00
• Fiandola no Aturuxo (Bueu) ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-02-2015 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer