Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso Airiños de Rock & Roll
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o concurso "Airiños de Rock & Roll".

Gustaríache tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a DEF CON DOS e O’FUNK’ILLO ?


Dous dos grupos participantes terán esta oportunidade. Ademáis tódolos membros dos grupos participantes terán a oportunidade de acudir ó encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo músico PEPE BAO

Poderán participar todos los grupos musicais formados por mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2011. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre 14 e 16 anos.

O prazo de inscrición ábrese o 18 de xaneiro e a recepción de inscricións remata o día 18 de febreiro de dous mil once.

Podes ver as bases do concurso aqui
Podes descargarte o boletín de inscripción aqui
Podes ver o cartel do programa aqui
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Certame `Novo Son` na Radio Galega

Coa finalidade de promover a cultura musical e o traballo creativo da mocidade do noso país, a Radio Galega convoca a primeira edición do Certame ‘Novo Son’, un concurso que pretende descubrir e difundir o talento musical dos grupos e solistas galegos.

Novo Son está aberto á participación de todos os músicos galegos maiores de 16 anos que conten cun repertorio propio dun mínimo de 30 minutos.

Consultade as bases e enviade axiña as vosas creacións: cancións orixinais e en galego, nunca antes difundidas a través doutro concurso nin editadas comercialmente. Non esquezades indicar en que categoría queredes competir porque o certame establece tres apartados musicais: pop-rock, músicas do mundo (tradicional e universal) e músicas urbanas (reggae, hip hop, funky, rap…).

A finais de marzo remata o prazo de recepción de cancións e comezan as votacións. A audiencia da Radio Galega será a encargada de elixir os finalistas e mailo Premio do público, namentres un xurado profesional decide quen son os gañadores deste I Certame de Músicas Emerxentes, un en cada categoría.

Todos os grupos ou solistas distinguidos terán a oportunidade de gravar unha maqueta nos estudios da Radio Galega, gozarán dun amplo seguimento e difusión nos programas desta casa e participarán nunha iniciativa creada para a promoción da actividade e a creatividade musical da mocidade galega.

Desta volta a Radio Galega non busca ningunha canción do verán, primeiro porque non estamos no tempo, e tamén porque este novo certame nace para potenciar o enxeño, a capacidade creativa e a orixinalidade dos músicos galegos que buscan, dende aquí, tentar os espazos sonoros do mundo enteiro sen caer na tentación da frivolidade.

Máis información:
http://ww2.crtvg.es/mu/novoson
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de rock Deputación da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña convoca o IV concurso de rock.
Data: prazo até 15-02-2011.

IV Concurso de rock “Deputación da Coruña”


Coa intención de difundir, apoiar, e promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña, convoca o IV Concurso de rock “Deputación da Coruña”.

Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.

Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 15 de febreiro de 2011.

Para a audición dos Cd recibidos, o presidente da Deputación nomeará unha comisión composta por tres expertos en rock que seleccionarán aos grupos que accederán á fase de actuación en directo.
Á fase de concerto accederán cinco grupos. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos.

A organización do concurso facilitaralles aos grupos que accedan á fase de concerto en directo, equipo de son, escenario e equipo de iluminación; tamén fixará os horarios das probas de son e da actuación de cada un dos grupos.
O xurado logo da actuación en directo dos grupos seleccionados, que terá lugar no mes de agosto nun concello da provincia, formulará proposta de concesión dos premios sinalados na cláusula sétima.

Os grupos que participen nesta fase recibirán a cantidade de 300 €, a cada un deles, en concepto de indemnización por gastos de desprazamento.

As contías dos premios que serán concedidos son as seguintes:
1º clasificado: 3.000 €
2º e 3º clasificado: 1.500 €
4º e 5º clasificado: 1.000 €

Bases
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina organiza viaxe ao Serán dos Namorados (Toutón)
O serán dos Namorados de Toutón é célebre pola súa numerosa asistencia xa que foi uns dos primeiros en recuperarse. “Serán” é o nome que se lles dá, nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra, ás festas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban polo “serán”, á tardiña…

Para os que queiran asistir ao XV Serán de Toutón o día 12 de febreiro, contaremos cun autobús que sairá do Pazo da Ópera ás 19:30 e regresará desde Toutón arredor das 4:30 da madrugada (hora a convir entre os asistentes). O prezo é de 10 € para socios e 15 € para os non socios, por se queres acudir con algún amigo! Apúntate antes do xoves 10!

www.xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-02-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Bellón e Maceiras triunfan na Arxentina
Cosquín é unha das citas ineludíbeis no top ten do folk mundial. Daniel Bellón e Diego Maceiras repartiron a súa arte con mestría, poucas semanas despois de lograren o éxito tamén en Moscova.

En Rusia a xente descubriu con moita ledicia o son do instrumento máis galego, xa que atendendo ao nome do seu primeiro traballo discográfico, Bellón e Maceiras seguen coa súa Unión das terras, xa que alí tocaron cunha recoñecida organista rusa e en Arxentina fixeron o propio con Dulce Pontes e Juan Carlos Cambás.

Medio millón de persoas tiveron o gusto de desfrutar na noite do luns 31 de Xaneiro da música de Daniel Bellón e Diego Maceiras en directo no Festival de Cosquín. Unha cifra enorme pero que queda en nada se a comparamos cos máis de 12 millóns de persoas que non perderon a cita na televisión pública da Arxentina.

O Festival de Cosquín é un dos máis seguidos do mundo no eido do folk e conta con pequenas sucursais, entre elas o Festival de Cosquín en Vilagarcía de Arousa en outubro do pasado ano, co nome de Son de Lúas.

Na intervención da delegación española, Juan Carlos Cambás foi o encargado de presentar o dúo galego, amosándolle á xente que era a primeira vez que unha gaita estaba en Cosquín, e ademais da man do gaiteiro máis laureado de Galicia. Comezaron cunha chacarera para continuar coa Muiñeira de Pontesampaio con sabor á propia danza arxentina.

Foi logo a vez de Dulce Pontes, que comezou cantando o popular “Lela” e outros temas portugueses. Do máis emotivo foi o final, xa que interpretaron a coñecida canción “Sólo le pido a Dios” do compositor argentino León Greco que inspirou na ditadura do seu país, o exilio de Mercedes Sosa e o probábel conflito entre Chile e Arxentina. Ao rematar, o público en pé mentres Cambás recordaba que Pontes está nominada aos Grammy's.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2011 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Unha multitude na verbena laica
A primeira edición da Verbena Son congregou a máis de 3.000 persoas en Vilariño a fin de semana. Familias enteiras, en moitos casos chegadas de fóra do municipio, bailaron con ritmos tradicionais e coa enerxía de Os Tres Trebóns e A Tuna Rastafari.

Vilariño converteuse no epicentro da festa canguesa este fin de semana, non en balde até o lugar de O Hío achegáronse máis de 3.000 persoas, de todas as idades e mesmo moita xente de fóra do municipio, para asistir a dous días de festival dedicado, no seu maior parte, á música tradicional. Organizado por un grupo de mozos do barrio, o primeiro festival Verbena Son contou con grupos como Ludovaina, Sons de Eira ou Quempallou, que compartiron escenario con outros máis próximos ao rock e mesmo ao bravú como Os Tres Trebóns e A Tuna Rastafari.

Consistiu nun evento que non só revelou as ganas de moita xente de gozar de festivais de música tamén durante os meses invernais, senón que serviu para medir o estado no que se atopa a escena musical na comarca e en toda Galicia, pois o idioma propio da comunidade foi o fío condutor de todos os conxuntos.
O venres tres bandas locais fixeron as delicias dos amantes dos instrumentos máis tradicionais. Trátase de Lume de Caroso, Sons dá Eira e Ludovaina. Os máis coñecidos temas do folclore galego soaron para abrir boca aos asistentes e matar a espiral mentres esperan por un entroido que en 2011 farase de rogar.

Máis xente congregouse aínda o sábado, cando a Verbena Son converteuse nunha verdadeira alternativa ao habitual botellón que se celebra no heliporto. Os organizadores víronse desbordados polo éxito da convocatoria, até o punto de que a carpa instalada entre o local social do barrio e a praia, cunhas dimensións de 36x15 metros, quedou pequena e moitas persoas non puideron acceder á mesma.

Quempallou demostrou por que se está convertendo nun dos referentes da música tradicional galega. Ao son das gaitas bailaron desde os mozos até pais cos seus fillos pequenos.
Xurxo Souto conduciu maxistralmente a Os Tres Trebóns a través de ritmos frenéticos. Percorreron os temas máis coñecidos dos principais grupos da coñecida como Xeración Bravú. Con todo os triunfadores do fin de semana foron, como era de esperar, A Tuna Rastafari.
O conxunto que mestura cancións tradicionais, ritmos mexicanos e todo tipo de estilos contemporáneos converteuse en profeta na súa terra e malgastou toda a enerxía no escenario. Non está previsto que volvan actuar até o verán, pois agora iniciarán o proceso de gravación do seu segundo disco.

A tarde do sábado os nenos da zona gozaron dun espectáculo de maxia no marco do propio festival. O éxito da Verbena Son, no que colaborou o colectivo Deskarga Furtiva, fai que os organizadores pensen en darlle continuidade o próximo ano.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2011 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Roi Casal
Maxicamente vello dá título ao segundo traballo de Roi Casal que hoxe se pon á venda. Un poema de Manuel María versionado por este cantante e músico nado en Catoira, que se converteu na auténtica estrela dos seus concertos, dende que se "independizou" de Milladoiro, en 2008, coa súa ópera prima, Lendas Douradas, un dos discos máis vendidos en Galicia en 2009. Co seu novo traballo, Casal quere volver "á primeira división" da música galega con nove cancións nas que non renuncia ao seu punto de partida, "un son moderno, pop, comprometido e coas raíces na terra". O xoves ás 11:30 horas presenta o disco na galería Sargadelos de Santiago.

Por que decidiu chamar o seu disco cun poema de Manuel María?

Este tema estaba composto para o anterior traballo. Pero non me convencía a sonoridade que tiña de modo que decidín non incluílo en Lendas Douradas. Despois, durante unha nova fornada de ensaios para preparar a xira, encontrámoslle unha volta que parecía que estaba bastante mellor. Decidín comezar a incluílo nos concertos en directo e cal foi a miña sorpresa que foi un dos temas que máis gustaba, aínda que paradoxalmente non estaba incluído no disco. A xente sempre preguntaba por ese tema. En directo é un momento especial, no que os aplausos son máis pechados. Ademais, para min é un tema que transmite moito e significa moito a nivel persoal. Poñéndolle o título desta canción ao disco quixen agradecer o apoio do público neste últimos dous anos, que me axudou a volver a estar na primeira división da música galega.

Un tema que fala moito do significado que ten a lingua.
Si. É un tema que fala da riqueza que achegan as linguas ao crisol das culturas da Humanidade. Nel, Manuel María ofrece un punto de vista da lingua como un nexo que conecta as distintas xeracións que habitaron un lugar no fío da Historia. Eu penso que a construción colectiva e o patrimonio máis grande que pode ter calquera pobo é o idioma. Todas as xeracións contribuíron a ter ese significado, máis que calquera edificio, praia ou lugar emblemático. Fai referencia ao galego, pero tamén a calquera outra lingua: o ruso, o inglés ou o francés. É a través do que empezas a descubrir o mundo, apréndelo dos teus pais e dos teus avós. É unha forma de transmitir moitas máis cousas á marxe dun xeito de comunicarse entre persoas.

Dende que editou "Lendas Douradas" xa pasaron case tres anos. Que evolución supón este disco con respecto ao anterior?
Este disco ten moitos puntos en común con Lendas Douradas. Porén, o traballo novo está máis contrapesado cara ós temas compostos por min, tanto a letra como a música. Segue habendo temas rescatados da música tradicional, coplas populares, ou poesía. O espírito segue a ser o mesmo, o que pasa é que estou nun momento da miña carreira que afortunadamente produzo máis música eu. Neste disco síntome máis liberado e autónomo. Lendas Douradas graveino cando aínda estaba en Milladoiro, non sabía que ía facer. Este é o primeiro disco que afronto co horizonte despexado e cunha bagaxe de xira de dous anos. Vendo o calendario de concertos para presentar o meu novo traballo penso que é o disco co que vou a regresar á primeira división da música galega porque está tendo moita repercusión.

O seu anterior traballo converteuse nun dos máis vendidos en 2009. Sorprendeulle a acollida?Ese foi un dos factores que me animou e deume unha base para traballar neste disco. Para miña sorpresa, Lendas Douradas superou as miñas expectativas en canto á acollida de público e crítica. Penso que Maxicamente vello será o disco que me consolide como artista independente e que a partir de aí poida desenvolver unha carreira.

Como define o son deste disco?
A música que fago pódese definir como moderna, pop, comprometida e que ten as raíces incrustadas na terra. É unha maneira estética de interpretar a música tradicional que non ten por que ser interpretada sempre dun xeito folk. Eu fágoo dun xeito libre e que non ten que ver co que se fixo até agora: penso que ese é un dos segredos do meu traballo. Por iso sorprendín a moita xente que me vía como o ex músico de Milladoiro. A harpa domina este disco máis que en Lendas Douradas pero tamén hai outros instrumentos como zanfona, violín e bouzoki. Hai un gran universo tímbrico que aprendín da miña época en Milladoiro. Somos eu, cinco músicos e unha cantante, Silvia Ferre. O éxito do primeiro disco permíteme afrontar este segundo cunha banda estable.

O amor está presente en moitas cancións como "Foi o vento", "Desenganos" e "O teu querer".
Os dous últimos son temas tradicionais, aos que lles puxen música. Son coplas que transmiten a sabedoría e a suspicacia popular de ver os amores dende a resabedoría até o amor sincero. Tamén hai temas máis intimistas como o de Unha confesión no que falo de por que tes que tomar unha decisión como cando eu me fun de Milladoiro; hai temas que falan do ben e o mal como O espello do diaño ou Nana para Nuno que fala da emoción de chegar a ser pai.

A XIRA COMEZA EN SANTIAGO Doce concertos xa pechados
Roi Casal xa ten pechados 12 concertos para este ano. A xira de presentación de Maxicamente vello comezará o vindeiro 18 de febreiro na Sala Capitol de Compostela e o 19, no Teatro Rosalía da Coruña. O 11 de marzo, chegará ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo, o 18 de marzo, ao auditorio municipal de Vilagarcía, o 30 de marzo á Sala Galileo de Madrid, o día 31, á Sala Apolo de Barcelona, o 2 de abril á Sala La Campana de los Perdidos de Zaragoza, o 8 de abril, ao Teatro Principal de Pontevedra, o día 13 ao Auditorio Municiapl de Vigo, o 15, á Sala La Tentation de Bruxelas, o 7 de maio ao Teatro Principal de Ourense e o 17 de maio, ao Teatro Jofre de Ferrol. Ademais, Roi Casal ten previsto viaxar a festivais de Holanda e Alemaña. "Imos tocar case tanto fóra de Galicia como dentro", comenta o músico. "Os programadores europeos están ao tanto da repercusión que teñen os discos dos artistas nos seus países. Sorprendeunos a acollida que o disco vai ter fóra de Galicia. Que haxa xente que decida programarte en Bruxelas ou en Holanda ou en Alemaña, a un artista que canta integramente en galego é unha sorpresa grata e que demostra que a lingua galega non ten ningún complexo nin connotación negativa, senón que está tan sa como outro idioma calquera, e a xente acéptao como o inglés o o francés", asegura o músico.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2011 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 7

Terza feira 8 (Martes)

Corta feira 9 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 10 (Xoves)
• Soas (Cristina Pato e Rosa Cedrón) no C.C. Caixanova (Vigo)
• Nao na sala Ola Green (A Coruña)
• Serán na Sala The Star (Carral) Adiado

Sexta feira 11 (Venres)
• The Homens e Projecto Mourente en Vilagarcía de Arousa
• Noise project na sala Super 8 de Ferrol
• Soas (Cristina Pato e Rosa Cedrón) no Teatro Colón (A Coruña)
• Irtio en Noia ("O Lar") ás 22:30

Sábado 12
• Mamá Cabra no Teatro Principal de Pontevedra ás 19:00
• The Homens e Projecto Mourente en Boiro
• Moxenas musical Galego no Auditorio Municipal de Vigo
• Malandrómeda no Badulake, Órdes
• Serán dos namorados (Toutón-Mondariz)

Domingo 13
• Mamá Cabra no Teatro jofre de Ferrol ás 18:00
• The Homens e Projecto Mourente en Muros
• Malandrómeda na Casa das Atochas, A Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-02-2011 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura en Vilagarcía de Arousa
A asociación “Nós” de Sobradelo celebra o seu 25 aniversario coa actuación de Treixadura

O 5 de febreiro de 1986 asinábase en Vilagarcía, impulsada por un grupo de inquedos e activos veciños da parroquia Sobradelo, a acta constitutiva da Asociación Cultural Nós. Coincidindo, polo tanto, coa celebración exacta do 25 aniversario da constitución da agrupación, o concello de Vilagarcía, a través da súa Área de Cultura, vai a organizar un concerto conmemorativo da efemérides que terá como protagonistas aos gaiteiros e o orfeón Treixadura.

A actuación terá lugar no Auditorio o propio venres 5 de febreiro a partir das 20 horas. A entrada será libre e de balde ata completar o aforo, polo que se aconsella chegar ao recinto coa suficiente antelación para evitar toparse coas localidades totalmente ocupadas.

Primeira celebración
A do día 5 de febreiro será a primeira dunha longa serie de celebracións coas que a asociación Nós de Sobradelo ten previsto ao lono deste ano conmemorar as súas “bodas de prata”.
Entre as actividades que xa se están a preparar figura, como novidade, a celebración dunha semana adicada aos nenos, con exposicións, proyeccións de películas, xogos infantís, animación, etc., e todo elo, como adoita ser habitual nas actividades de Nós, complementado coa música e o baile tradicional.

Os responsables da asociación tamén teñen previsto “darlle neste 2011 un pulo especial” as habituais actividades que cada ano celebran, como poden ser o Serán, as Xornadas de Folclore ou os diversos festivais que organizan. “Queremos, coincidindo co noso aniversario, ir un pouquiño máis alá e facer un esforzo para que eventos que xa son un referente na provincia teñan este ano aínda un maior atractivo e acaden unha repercusión maior”, explican os responsables de Nós.

Nun dos mellores momentos
Nestes 25 anos moitas foron as etapas pola que pasou a asociación cultural Nós. “Cambiouse moito porque houbo momentos mellores e peores, con máis e con memos apoios”, recoñecen os actuais directivos. En opinión dos seus responsables “Nós está a vivir na actualidade un dos seus mellares periodos, tanto polo número de socios como polas actividades que leva a cabo”.

A asociación está conformada nestes momentos por arredor de 400 socios e mantén activos 5 grupos de baile, 5 grupos de pandeireta, un numerosísimo grupo de gaitas, unha charanga folclórica e un grupo de acordeóns.
Ademais de manter estas formacións de música e baile tradicional, a asociación imparte cursos de informática, idiomas, obradoiros de costura, etcétera. Así mesmo, os membros da asociación tamén leva a cabo durante todo o ano un intenso traballo de campo recollendo documentación relativa ao bailes, a música e os vestidos tradicionais de toda a xeografía galega.

Treixadura
Treixadura é o xeito máis sobranceiro de vivir a melodía da gaita e o canto galego masculino. Un proxecto e unha proposta de música tradicional galega que quere incitar ao baile, ao canto colectivo, á escoita, a sentir e disfrutar o patrimonio musical galego. Gaitas, acordeón, pandeiros, pandeiretas, tambor, bombo, cunchas…instrumentos tradicionais para arroupar a dez voces na interpretación de muiñeiras, pandeiretadas, foliadas, xotas, alboradas, alalás…

Na actualidade Treixadura está formado por cinco músicos (Treixadura Gaiteiros) e dez voces (Orfeón Treixadura). Quince músicos tradicionais coñecedores da tradición que se xuntan para ofrecer a súa particular visión da musica do país, querendo tamén aportar novo repertorio.
Logo do éxito acadado co seu último último traballo discográfico “Unha semaniña enteira”, con máis de 7.000 copias vendidas, o grupo está a piques de rematar a última parte da súa cadriloxía co disco “Esta si que é muiñada”.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 4 (Venres)
• Os Miñotos ás 13:30, ás 16:30 e ás 21:00 en Expourense
• The Homens e Projecto Mourente no Centro Cultural Ensanche (Compostela)
• Pesdelan no Liceum (O Porriño)
• Os Irmandiños no furancho Matamáfolc (Vigo)
• Festival Verbena Son (Vilariño -Cangas do Morrazo): Lume de Caroso, Sons da Eira, Ludovaina
• Noite de Tasca en Sta. Cruz de Montaos (Ordes)

Sábado 5
• Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Vigo ás 18:00
• The Homens e Projecto Mourente no Auditorio Municipal de Ribeira
• A Requinta da Laxeira no furancho Matamáfolc (Vigo)
• Treixadura no Auditorio Municipal de Vilagarcía (XXV Aniversario da Asociación Cultural Nós, de Sobradelo)
• Festival Verbena Son (Vilariño -Cangas do Morrazo): Quempallou, Os Tres Trebóns, A Tuna Rastafari
• Festa Carallada en Pazos (Pontecaldelas)
• Serán no bar do Sifón en Avión

Domingo 6
• Os Carunchos no furancho Matamáfolc (Vigo) ás 12:30
• Abelente ás 13:30, ás 16:30 en Expourense
• Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Vigo ás 18:00
• The Homens e Projecto Mourente en Negreira
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
5 de Febreiro
- Serán no bar do Sifón en Avión

12 de Febreiro
- Serán dos namorados (Toutón-Mondariz)

19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo

12 de marzo
- Serán de Laxoso

26 de marzo
- Seran en San Adrian de Calvos (Fornelos de Montes)
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

16 de abril
- Serán nas Estacas - Fornelos de Montes (Bar/Restaurante "O Chalán")
- Serán en Pinzás(Tomiño)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

17 de maio
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela

4 de xuño
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-02-2011 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Avión
Este sábado 5 de febreiro teremos unha nova edición do Serán no bar Sifón no concello de Avión.

Estades tod@s convidados!






Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-02-2011 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Santa Cruz de Montaos (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-02-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Carallada en Pazos (Pontecaldelas)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Os Irmadiños no furancho Matamáfolc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
A Requinta da Laxeira no furancho Matamáfolc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos no furancho Matamáfolc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Verbena Son (Vilariño-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-02-2011 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Troula verbeneira
A praia de Vilariño en Cangas celebrará o 4 e o 5 unha importante congregación musical da escena tradicional e festeira galega

Co nome de Festival Verbena Son, preséntase esta próxima fin de semana -venres, día 4 e sábado, día 5- o primeiro festival do ano no Morrazo adicado ás músicas populares de corte tradicional, nas súas variantes sobre todo festeiras e, integrando mesmamente, sons mestizos.


Esta primeira edición do evento sitúase en Vilariño, Cangas do Morrazo. Diante da Casa da Praia instalarase unha carpa pechada con acceso de balde para protexer a festa do frío destas tardes invernais. Presumiblemente haberá instalación de calefacción, pero a organización asegura que o que, de seguro, non haberá de fallar será a calor humana. As súas dúas datas de realización distribúen os contidos musicais baixo dous epígrafes claramente diferenciados, cada un nunha xornada.

O primeiro día, venres 4, o acto está consagrado a amosar o estado da música tradicional galega a través de tres formacións moi representativas do panorama local. Neste primeiro día haberá a oportunidade de poder asistir ás actuacións de Lume de Caroso, Sons da Eira e o cuarteto Ludovaina. Cada unha destas formacións recolle o legado tradicional e revérteo no prisma da actualidade nunha visión particularizada, máis próxima ás fontes tradicionais, como é o caso de Ludovaina ou dun xeito máis elemental e intuitivo como é o caso de Sons da Eira. En calquera caso, é unha boa oportunidade para lle tomar o pulo ao estado da música galega en estado tradicional puro, sen outra intención que divertir e festexar do mesmo xeito que os antergos centurias atrás.

O sábado é o día grande desta verbena popular. Pola mañá os Punkis da Tellada, facendo sesión vermú na praia. Pola tarde maxia para nenos e xogos. Pola tardiña as actuacións máis agardadas. Quempallou, Os Tres Trebóns e A Tuna Rastafari actuarán, en principio por esta orde, na carpa da Casa da Praia. Comezarán a partir das 21: 30.

Quempallou pódese definir como a banda galega que con maior forza conxuga ledicia, paixón e rizomas galegos profundos nun único combo musical. Levan dende o devalo finisecular espallando o seu tecido de folk festeiro no que se fusiona a treboada tradicional coa enerxía precisa para choutar no baile. A formación naceu dacabalo entre Pontevedra e Bueu e congrega membros de varias procedencias. Déronse a coñecer a un público máis amplo como vencedores do concurso de grupos noveis convocado por Radio Obradoiro, en 2001. Debutan en Maio de 2002 co seu primeiro álbum editado por Zouma. Comezan a xirar e a acadar recoñecemento nos circuítos galegos e portugueses. Logo viría "Estremonías" no 2004, onde xa queda clara a recreación de estruturas musicais tradicionais convivindo con líricas versando sobre o mundo actual. "Polo aire" foi o título do seu terceiro traballo presentado en 2007 e no que a madureza da proposta toma forma co maior traballo nas composicións propias. En Vilariño xa tocaron anteriormente. Nesta ocasión haberán de presentar algúns dos seus temas xa clásicos xunto a novo repertorio dos seus recentes traballos onde se congregan muiñeiras e polcas, rumbas e pasodobres nunha proposta que ten un obxectivo moi claro: combater o frío co baile e descubrir a calor interior.

Os Tres Trebóns é outra formación xa consagrada que actuará a noite do sábado. Os tres Trebóns constitúese con integrantes provenientes de importantes propostas do panorama galego como os Diplomáticos de Monte Alto, Papaqueixos ou a Matraca Pervesa. En realidade hai un cuarto membro, Lourenzo Castro, que achega o son da lombardina á formación. Por iso o que se di de 3+1. O seu mexunxe trafica con música de labregos e mariñeiros, de loitadores e poetas, de mulleres infinitas e de seres especiados que se agochan entre unha rica imaxinería grupal propia. O que chegará a Vilariño cos Tres Trebóns é música rápida sen guitarras, tan apta para furanchos, comno para rancharías okupas, como pora unha praia mítica como a praia de Vilariño en inverno.

Pechará esta primeira edición de Verbena e Son a formación local A Tuna Rastafari. En realidade algúns dos integrantes desta formacións son os responsables da organización deste evento. A Tuna Rastafari está agora mesmo a ser unha das propostas galegas no seu estilo que está a ter unha maior difusión peninsular, con xiras nacionais durante todo o ano pasado. Tras dúas exitosas primeiras gravacións, un minidisco e un álbum, preparan os temas da súa próxima obra, abondosamente agardada. A noite do sábado poderase desfrutar dalgún adianto do que vai se a Tuna no futuro e coa vsntaxe de xogar na casa.Unha apetitosa cita coa música festeira galega en estado puro, no inmellorable marco da Ría de Aldán. Un evento que comeza con proxección de futuro. Aínda que o Festival Verbena Son se celebra este ano en Vilariño, o seu concepto nace como formato parroquial. Isto significa que a intención da organización é que co tempo se converta nun Festival ambulante e que en cada edición teña como localización unha das aldeas pertencentes á parroquia do Hío. A aspiración para as sucesivas edicións é consolidar este proxecto en lugares como Nerga, Donón, O Hío ou Vilanova. Pois iso que non pare a festa que se presenta como adianto a un carnaval este ano atrasado.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Faladoiro e farra con Xurxo Souto

A AC Alexandre Bóveda informa que xa está aberto o prazo de inscripción para o vindeiro Faladoiro e Farra que organiza a nosa entidade.

Terá lugar este venres 4 de febreiro no local da AAVV do Agra do Orzán, a partir das 21:00 h, e nesta ocasión contará coa presenza de Xurxo Souto para falar sobre A canción tradicional popular galega e coruñesa.

É necesaria a inscrición previa no local da asociación ou no tlf: 981 200 869 en horario de tarde.

Os faladoiros e farra, son reunións que xuntan unha tertulia amena e cordial, introducida por algún experto na materia que se aborda, e que se celebra durante unha cea a base de petiscos e que normalmente ten como colofón algunha actuación musical espontánea.Como xa sabedes é necesario inscribirse previamente para participar na cea dos faladoiros que ten un custe de dez euros por persoa aproximadamente

www.acalexandreboveda.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
O programa de hoxe de Fok in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2011 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
As galego-belgas Ialma presentan 'Simbiose'
Cinco mulleres belgas de raíces galegas que levan dez anos facendo música de raíz aberta a todas as tendencias. Agora presentan 'Simbiose', un traballo para o que contaron con moitas colaboracións artísticas.

Ialma ten en Bélxica o seu lar. Alí emprenden os seus proxectos e con distintas entregas levan dez anos de traxectoria que agora queren transportar e simbolizar nun traballo que indisimuladamente titulan Simbiose. A súa década de vida artística e musical amplíase nunha homenaxe a artistas, lugares e disciplinas artísticas propias do país. Todo un monllo que afina e concreta para esta ocasión boa parte da historia do grupo.

Henrique Otero, Casa de Xantar O 16, Marco Méndez, David Aranda, El Puto Coke, Obradoiro Seivane, Carlos Blanco, Xavier Queipo, Adega Terras Gauda e Serxio Cobos quedan contextualizados no agradecido libreto do álbum que se acompaña de fotos e textos paralelos. Nos seus concertos, Ialma pon unha escena no palco preparada pola coreógrafa italiana Katina Genero, que se suma á evolución do traballo vogal que ofrece unha dimensión máis cosmopolita que, en ningún caso, esquece as raíces. As mulleres dos grupo andan a preparar unha xira por diferentes cidades de Europa.

Un traballo no que o son tradicional característico das cantareiras mestúrase con cancións, melodías e arranxos contemporáneos que as compoñentes de Ialma entenden precisos para ofrecer “unhas cancións moi frescas e alegres e unha combinación intelixente entre tradición e pop”. Sons que parten do rap ou atmosferas de música medieval súmanse a composicións propias nadas do patrimonio cultural galego. Un corte de Simbiose baséase nunha melodía tradicional do Quebec, “Na iauga”, que o grupo recoñece que montou para “bailar e cantar”. Outro tema do albúm é un claro tuneado musical baixo o título de "Dance Like A Galician". Ialma compóñeno: Magali, Marisol, Natalia, Nuria e Verónica Codesal. Mozas de Bruxelas con conexión musical e vital con Galiza.

www.anosaterra.org




Comentarios (2) - Categoría: Discos - Publicado o 03-02-2011 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu
Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Chisco falan da orixe de Sondeseu e do novo álbum de Sondeseu Orquestra Folk titulado Barlovento



A e-Trad comezará un programa de intercambios e colaboracións coa Royal Scottish Academy of Music and Drama e a World Irish Academy of Music and Dance

Alumnos e profesores da e-Trad celebraron un concerto conxunto cos seus colegas da RSAMD dentro do programa do Festival Celtic Connections. Dirixido por Phil Cunningham, este evento se enmarca dentro das actividades da Rede Europea de Orquestras Folk, ENFO. Como resultado de esta colaboración, as dúas institucións acordaron compartir programas de intercambio de alumnado e profesorado durante os próximos anos. Do mesmo xeito, o dia 24 de xaneiro os responsabes da e-Trad reuníronse en Limerick (Irlanda) co director da World Irish Academy of Music and Dance, o pianista e compositor Micheal O'Sulleabhain con quen trataron diversos asuntos entre os que figuraba a próxima colaboración que se iniciará entre os dous centros. Tanto a RSAMD como a WIAMD son centros de educación superior e contan con departamentos de música tradicional de referencia en Europa.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 03-02-2011 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Bellón e Maceiras triunfan na Arxentina
Cosquín é unha das citas ineludíbeis no top ten do folk mundial. Daniel Bellón e Diego Maceiras repartiron a súa arte con mestría, poucas semanas despois de lograren o éxito tamén en Moscova.

En Rusia a xente descubriu con moita ledicia o son do instrumento máis galego, xa que atendendo ao nome do seu primeiro traballo discográfico, Bellón e Maceiras seguen coa súa Unión das terras, xa que alí tocaron cunha recoñecida organista rusa e en Arxentina fixeron o propio con Dulce Pontes e Juan Carlos Cambás.

Medio millón de persoas tiveron o gusto de desfrutar na noite do luns 31 de Xaneiro da música de Daniel Bellón e Diego Maceiras en directo no Festival de Cosquín. Unha cifra enorme pero que queda en nada se a comparamos cos máis de 12 millóns de persoas que non perderon a cita na televisión pública da Arxentina.

O Festival de Cosquín é un dos máis seguidos do mundo no eido do folk e conta con pequenas sucursais, entre elas o Festival de Cosquín en Vilagarcía de Arousa en outubro do pasado ano, co nome de Son de Lúas.

Na intervención da delegación española, Juan Carlos Cambás foi o encargado de presentar o dúo galego, amosándolle á xente que era a primeira vez que unha gaita estaba en Cosquín, e ademais da man do gaiteiro máis laureado de Galicia. Comezaron cunha chacarera para continuar coa Muiñeira de Pontesampaio con sabor á propia danza arxentina.

Foi logo a vez de Dulce Pontes, que comezou cantando o popular “Lela” e outros temas portugueses. Do máis emotivo foi o final, xa que interpretaron a coñecida canción “Sólo le pido a Dios” do compositor argentino León Greco que inspirou na ditadura do seu país, o exilio de Mercedes Sosa e o probábel conflito entre Chile e Arxentina. Ao rematar, o público en pé mentres Cambás recordaba que Pontes está nominada aos Grammy's.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-02-2011 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xan de Vilar no Alalá

Hoxe, mércores, día 02/02/2011

Descubrir o poeta cantor de Vilar, nunha aldea do Courel, é a misión para unha nova noite de Alalá, que marcha á montaña para achegarnos a figura dun home que durante moitos anos foi o único habitante da aldea, onde habita xunto á música, á poesía e unha chea de tradicións que se están a perder nestas altitudes.


Un dos primeiros puntos de contacto para falar con Xan de Vilar lévanos a percorrer todos os oficios que, en maior ou menor medida, foi desenvolvendo ao longo da súa vida, como o de ferreiro, o aproveitamento dos froitos e arbustos, o de carreiro ou o de pastor (coa implicación que tiña o lobo nesta tarefa). Xan é un home pícaro, simpático e moi hospitalario, e os que pasaron algunha vez por Vilar non se esquecen xamais deste gran poeta.

Descubrimos hoxe que Vilar está en pé grazas a el, porque Xan é o gardián deste paraíso que é O Courel, el é quen de arranxar as goteiras da capela ou poñerlle cancelas ao camiño. Entre as curiosidades da súa vida están o museo cunha ampla colección de trebellos de labranza que el comparte cos camiñantes que o desexen, e amais cos seus produtos monta un pequeno mercado enriba dun carro para que os paseos sexan un pouco máis levadeiros.

Falaremos sobre aspectos da súa vida, por que quedou el só e non marchou como fixeron seus irmáns e todos os veciños; como eran as festas que se facían cando na aldea había case oitenta veciños; por que non puido tocar a gaita cando era neno e unha chea de cousas que nos farán reflexionar.

Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 02-02-2011 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Discografía imprescindible na música tradicional e folk de Galicia
Curso: Discografía imprescindible na música tradicional e folk de Galicia. Alfonso Franco
Días 11 e 18 de febreiro de 2011
17h a 20h (6h)
Aulas da e-Trad
20 prazas
Teórico
Último día de matriculación o 4 de febreiro 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)


Dende finais do s.XX, a transmisión oral nas cidades e vilas quedou relegada casi na súa totalidade á escoita de gravacións discográficas. A procura dos temas empregados polas novas xeracións de músicos tradicionais pasa por coñecer os distintos rexistros sonoros existentes, tanto das recolleitas orixinais coma das distintas reinterpretacións levadas a cabo polos grupos folk.
A intención desta xornada é a de realizar unha revisión das gravacións discográficas mais importantes da música folk e tradicional que todo amante da nosa música debera coñecer.

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 6h

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-02-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Peón, número 1
‘Sós’, o último disco de Mercedes Peón, consolídase por segundo mes consecutivo como o número 1 da Wordl Music Charts Europe, a máis prestixiosa lista das Radios Nacionais Europeas. É, ademais, a primeira vez na historia que un disco galego acada tal posto. Trátase dunha busca persoal da artista, que segue a colleitar boas críticas

A prestixiosa revista Songlines escolleu Sós, o cuarto disco de Mercedes Peón, para o seu Top of the World e incluirá un tema na súa próxima edición. Ademais, segundo a publicación MixGrill, é o segundo mellor disco de world music do ano.

Escollido entre os álbums destacados da Radio France Internacional para xaneiro e febreiro, este traballo da artista galega segue a colleitar magníficas críticas e recoñecementos, sobre todo, fóra de Galicia. De feito, o xornal británico The Guardian, recoñécea como unha das artistas "máis autenticamente orixinais da escena musical española". O portal web alemán Globalsounds cualifica o seu mundo musical "profundamente arraigado e vangardista". Mentres que o diario sueco Svenska Dagbladet (SVD) asegura que "a súa música é certamente atmosférica (...) o que realmente fai ben Mercedes Peón é a amálgama rítmica, que funde na electrónica os instrumentos tradicionais dun xeito natural".

Mercedes Peón (A Coruña, 1967) é probablemente a compositora galega con máis proxección internacional. Despois de profundar na tradición deste país durante máis de 15 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum, Isué. O segundo veu no 2003, Ajrú; e o terceiro no 2007, Sihá. Con eles conseguiu premios en todo o mundo tan relevantes como o que outorga a World Music Forum ou a revista FolkWordlk. Foi nomeada tamén nos BBC Awards, Premios Nacionais de Cultura Galega do Ano, entre outros. Unha das súas últimas fazañas: triunfar no Womex.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-02-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas e Agarimos fai mudanza

A agrupación folclórica abandona tras 54 anos o seu local histórico en Compostela

Os membros de Cantigas e Agarimos -80 nos grupos de baile, coro, instrumental e pandereita e 125 alumnos da escola de música tradicional- sabían que 2011 ía ser un ano cheo de conmemoracións, porque celebran o 90º aniversario do seu nacemento, en plenas festas do Apóstolo de 1921. Pero ao final será tamén un ano de mudanzas: no prazo dun mes, calcula Antón Fernández, o presidente da institución, Cantigas e Agarimos terá que abandonar o que foi o seu local de traballo nos últimos 54 anos para trasladarse a un antigo colexio do barrio do Castiñeiriño, en Santiago.


Polo baixo da rúa A Algalia de Arriba -onde se instalou o grupo en 1957- os membros pagaban até hai dous anos 24 euros ao mes; o edificio, como outros tantos do centro histórico compostelán, estivo sometido até decembro de 2009 a un aluguer de renda antiga. Xa por entón a empresa propietaria do inmoble anunciou ao presidente de Cantigas que debían abandonar o local, aínda que finalmente o Concello de Santiago conseguiu prorrogar o aluguer en dúas ocasións, a primeira até agosto de 2010 e a segunda até decembro. O venres da semana pasada, o pleno do Concello aprobou o cambio de uso do novo local do Castiñeiriño, así que o mes que hoxe empeza será o de recoller os bártulos de medio século de historia na Compostela vella. "Pero temos moitas esperanzas no cambio. Ímonos a un barrio novo que está a crecer moitísimo. O que necesitamos é xente nova", sinala o presidente.

O que ofrece O Castiñeiriño que non tiña a Algalia, ao carón os recordos, é un espazo máis adecuado para os cursos, aos que este ano asisten uns 125 alumnos nas modalidades de baile, pandereita, gaita, linguaxe musical, percusión e acordeón. Extinto o aluguer de renda antiga, durante os meses prorrogados a agrupación pagou 300 euros mensuais polo uso do local da Algalia. "Preocupábanos non atopar algo alcanzable coas condicións de espazo que necesitabamos. Significaría desmantelar a escola. E non podemos porque é o noso futuro". A maioría dos alumnos ten entre tres e 20 anos e nos últimos tempos até o local histórico quedábaselles pequeno, por iso algúns grupos ensaiaban en colexios e centros socioculturais da cidade.

Outra cousa son os fitos que Cantigas e Agarimos alcanzou durante os seus 54 anos na zona vella de Compostela. Un dos tesouros da agrupación folclórica é a partitura orixinal coa que Roberto Matogueiras puxo música a Lela, de Castelao, conservada no arquivo da Algalia, que nas próximas semanas será trasladado tamén aos novos locais do Castiñeiriño. O Concello porá a disposición do grupo catro aulas do antigo colexio Ramón Cabanillas. Fernández confía en que o novo espazo faga máis sinxela unha idea que leva tempo roldándolle: a recuperación do grupo de teatro que en 1961 estreou en Galicia Os vellos non deben namorarse, de Castelao. Cantigas e Agarimos, na súa versión teatral, foi un dos primeiros grupos en levar o galego aos escenarios en plena posguerra. Que este ano se cumpran 50 da posta en escena da peza do escritor, político e debuxante de Rianxo será, argumenta Fernández, unha boa escusa para devolverlle o teatro a Cantigas.

Mentres, na Algalia, alumnos e profesores apuran as últimas tardes de ensaio no seu local histórico. Os 130 metros cadrados que aínda hoxe acollen, de seis da tarde a once da noite, as reunións do grupo, foron reformados e arrombados con pico e pa nos anos cincuenta: os locais de ensaio eran cuadras cando a agrupación folclórica, entón presidida polo Marqués de Figueroa, conseguiu o aluguer do baixo. Era a primeira vez que o grupo, nacido na itinerancia, contaba cun lugar estable para preparar as súas actuacións. "Até aquel momento sempre estivemos de prestado, primeiro nos locais do Círculo Mercantil, despois, durante os primeiros anos da ditadura, no Instituto San Clemente", lembra Fernández.

O franquismo impuxo á agrupación un cambio de nome -pasou a chamarse Masa Coral Galega Rosalía de Castro- e a súa integración na Obra Sindical de Educación e Descanso. Desta maneira, explica o presidente, o réxime tentaba romper os vínculos que a agrupación tiña co seu pasado, inseparable da reivindicación da cultura galega. En 1952 recuperaron a súa identidade e ese mesmo ano gravaban no Centro Galego de Madrid o disco que fixo soado a canción da Rianxeira. Na mesma década, e xa no local da Algalia, percorreron as festas e os certames folclóricos de Galicia. Até 2003 publicaron unha revista, bautizada como a rúa que agora abandonan.

www.elpais.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 01-02-2011 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da páxina web dos Instrumentos musicais na tradición galega
O Consello da Cultura Galega presentou a web Os instrumentos musicais na tradición galega, unha ampla versión interactiva e multimedia do libro orixinal editado polo Proxecto Ronsel coa autoría de Pablo Carpintero, un dos maiores expertos mundiais en patrimonio inmaterial. O Arquivo Sonoro de Galicia promoveu esta ambiciosa web que permite coñecer en detalle máis de 150 instrumentos do acervo tradicional de Galicia, a súa historia, os seus sons, e mesmo os procedementos de elaboración.

"É o web máis completo sobre os instrumentos musicais de tradición popular que coñezo no mundo", asegurou Pablo Carpintero na presentación do sitio, quen destacou o fincapé que se fixo mesmo en retratar o procedemento de elaboración dos instrumentos "para que calquera neno, acompañado por un adulto, poida elaboralos por el mesmo". O web inclúe vídeos que permiten comprender a interpretación e o son dos instrumentos, que en numerosos casos se remontan a un mundo moi antigo. O web é a versión interactiva do libro de similar nome que, como sinalou Iván Area, figurou durante varios meses entre os libros máis vendidos de Galicia.

Para Afonso Vázquez-Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro de Galicia, o web ten un elevado carácter divulgativo que pode servir como "ferramenta importantísima de difusión nos colexios e institutos de Galicia". O Presidente do Consello da Cultura Galega insistiu ademáis na visibilidade internacional dos contidos da cultura galega: "isto permite proxectar ao mundo a nosa cultura a través dos webs do CCG".

www.culturagalega.org

Ligazón á web Os instrumentos musicais na tradición galega
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-02-2011 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal presenta novo disco
Roi Casal lanza o sinxelo do seu novo disco, ‘Maxicamente vello’

Maxicamente vello será o título do segundo traballo en solitario de Roi Casal, que se publicará o vindeiro 8 de febreiro. Tras o seu debut con Lendas douradas en 2009, o músico volve ao primeiro plano cun traballo “máis íntimo e persoal, que a través dunha mirada contemporánea dá como resultado un disco con diferentes matices, que van desde a música tradicional ata o pop-rock”.


O segundo traballo de estudio de Roi Casal, tras dez anos de carreira en Milladoiro, levará o nome do poema de Manuel María ao que puxo música. Segundo o músico, Maxicamente vello é unha das cancións “máis solicitadas” polo seu público. “Levo máis dun ano tocándoa nos concertos e é un dos temas onde hai máis conexión cos espectadores”.

Foi o vento é o primeiro sinxelo do novo disco, onde Silvia Ferre pon a voz e Roi Casal toca a arpa. O músico iniciará unha xira que o levará a doce cidades, galegas e de fóra de Galicia, comezando o 18 de febreiro na sala Capitol de Santiago e o 19 no Teatro Rosalía da Coruña.

www.xornal.com


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-02-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Uxía
A vocación atlántica define, desde sempre, o traballo da cantante galega Uxía. Desde o ano 2003 ha ir tecendo, a través do festival Cantos na Maré, unha sólida rede de relacións profesionais e de amizade con músicos dos países lusófonos como os brasileiros Mozo César, Lenine ou Paulinho Moska. O mes pasado comezou unha xira por Brasil, 'Travesía dá saudade', reflexo e camiño de chegada da súa inquietude polo intercambio cultural. Ademais, está a gravar, co instrumentista Sérgio Tannus, o seu novo disco, 'Meu canto', producido por Jaime Alem, nos estudos de Biscoito Fino, en Rio de Janeiro. O próximo día 3 de febreiro pechará o seu percorrido por Brasil en São Paulo, no Teatro Paulo Autran do SESC Pinheiros, nun concerto no que contará coa participación de Socorro Lira, Cida Moreira, Swami Jr e Geraldo Azevedo.

Como van os concertos?
Pois estou moi contenta. 'Travesía da saudade' está a ter moi boa acollida. Empecei nun encontro de 'violeiros' en Irapuru (São Paulo), logo estiven en Salvador de Baía, no auditorio dunha asociación de galegos, a Asociación de Cabaleiros de Santiago, e no Teatro SESI Rio Vermelho. En cada lugar acompañáronme convidados especiais: Roberto Mendes en Salvador, Paulinho Moska en Rio de Janeiro... En canto ao disco, sentía a necesidade como de volver ás orixes, cun traballo baseado no fundamental, a guitarra e a voz. 'Meu canto' é o disco que soñaba facer, unha reflexión sobre o canto.

Non é fácil facerse un espazo no panorama musical dun país do tamaño e a riqueza cultural de Brasil... Aínda que en Galicia o intercambio con Brasil é unha idea cada vez máis asumida, tamén por parte das institucións, polo menos a nivel de discurso...
Non é fácil, non, pero aos poucos imos tendendo pontes. A procura da identidade atlántica, a lusofonía, é o meu horizonte desde hai moitos anos. Os músicos de Brasil van coñecendo a música galega, en Cantos na Maré xorden relacións de amizade que logo se traducen en proxectos musicais... A música é moi poderosa, vai máis aló dos convenios institucionais, que tamén son importantes. Eu confío moito no poder das relacións persoais. Sempre tento introducirme no ambiente musical do país, aprender, preguntar a quen mellor me poida informar... Estiven fai uns días en Paraiba con Mozo César, que é cómplice de Cantos na Maré e está a tentar divulgar a cultura nordestina, que ten moito que ver con Galicia.

Hai outras moitas semellanzas entre a música galega e brasileira, non? En Brasil os emigrantes galegos coñeceron tamén a música africana, e logo levaron a Galicia eses ritmos...
Os brasileiros conservan influencias ibéricas na literatura e na música. O 'repentista' brasileiro ten moito que ver co 'regueifeiro' galego, nun pobo de Brasil atopeime 'folias de reis' como as que vivira en Mondariz, en Galicia... En Salvador de Baía hai moitos galegos, e hai conexións nos ritmos. Pero máis aló diso temos referencias comúns, por exemplo na música infantil, o 'Verdegaio', que veu de Portugal... Compartimos unha sonoridade, unha vitalidade... Sérgio Tannus é un exemplo de 'brasilego' militante, sempre se atopou cómodo en Galicia e vive entre Galicia e Brasil... Traballamos no novo disco dunha forma intuitiva, sen forzar nada, sen unha investigación musical previa, apoiándonos nesas conexións... aínda que tamén hai diferenzas, claro.

Gústanlle os proxectos colectivos. Comparte o grupo Brasileg@s con Fred Martins e Sérgio Tannus. No seu disco 'Danza dás areas' (2000) traballou cun corenta colaboradores, entre eles João Afonso ou Doce Pontes...
É que entendo a música como unha creación colectiva, como a entende moita máis xente: Lenine, por exemplo. Aínda que 'Meu canto' é moito máis minimalista niso, máis contido. Está pensado para levar a voz ao primeiro plano, e reflexionar sobre o acto de cantar, o seu significado, que fai que sexa relevante para a humanidade...

En directo a súa voz ha ir gañando intensidade. No seu anterior disco, 'Eterno navegar', (2008), a voz tamén gañou protagonismo, menos contida, cun toque menos intimista. Nos concertos móstrase máis enérxica, como no disco 'Estou vivindo non ceo', (1995).

Supoño que iso pasa coa madurez, a voz vai perdendo elasticidade pero vai gañando profundidade, expresividade, matices, para transmitir emocións. Á hora de interpretar, ademais, é un luxo contar con con a complicidade dun músico da sabedoría de Sérgio Tannus, a súa forma de vivir entregado á música... É un músico moi versátil: toca o 'cavaquinho', o 'pandeiro' brasileiro, e eu a pandereita, co que sae un xogo moi bonito...

Recuperar o canto das 'cantareiras' e 'pandereteiras' galegas foi sempre una das súas preocupacións. Impulsou a carreira doutras artistas: Malvela, a Señora Carmen, solistas dos 90... 'Eterno Navegar' tamén era unha homenaxe ás mulleres fortes do mar... Como se reflicte isto en 'Meu Canto'?
En 'Meu canto' hai un poema de Rosalía de Castro, como xa había en 'Danza dás areas'... Interésame falar das mulleres que moven o mundo, como ela, mulleres activas no social e o político, que non son como ditan os estereotipos. Na música galega actual, por exemplo, o máis transgresor están a facelo mulleres, é moi interesante o movemento de mulleres...

En 'Danza dás areas' era moi forte a pegada do piano ou a guitarra. Ese disco presentaba composicións súas, cun son máis contemporáneo, máis afastado das súas orixes na música folk... Ha ir camiñando cara a un estilo propio, máis despegado da música tradicional pero con raíz nela...
No novo disco hai un pouco de todo, realmente: música feita sobre textos de Rosalía ou Manuel María, algún tema brasileiro... e unha aproximación a ese mundo tradicional, aínda que cunha visión íntima, persoal. Coa experiencia vas gañando timbres diferentes, modos distintos de cantar...

Ha ir experimentando: dos comezos folk en 'Na Lúa', ao pop de 'Entre cidades' (1991), a guitarra flamenca de 'O sal da vida' (1997)... 'Estou vivindo non ceo' (1995) propuña unha renovación das pezas populares galegas e portuguesas, con arranxos, ritmos e sons non tan tradicionais... En 'Eterno navegar' aproxímase máis aos ritmos africanos e animouse a compor unha 'morna'...
Sempre é un reto facer cousas novas. O obxectivo non é imitar as músicas lusófonas, é elaborar algo persoal a partir delas... Fago moito traballo de investigación, de estudo, e interésame a fusión, aínda que tento facelo ben, sen caer no pastiche. Na miña música está moi presente o alalá, pero tamén me gustou probar coa 'morna'... Non teño prexuízos á hora de experimentar, se funciona vai adiante...

A súa relación coa lusofonía vén de moi atrás. 'Foliada de marzo' (1986) xa marca o comezo, a través de textos da lírica medieval galego-portuguesa, -a poesía é, ademais, outra das constantes da súa música-. Pode actuar Galicia como unha ponte de intercambio cultural entre Brasil e Europa, dada a semellanza entre a lingua galega e a brasileira? Cara a Portugal os brasileiros manteñen certas reservas, debido á experiencia colonial...
Eu creo que se, que ese é o papel de Galicia en Brasil. E niso imos avanzando, Cantos na Maré é un exemplo. Do mesmo xeito que a vocación atlántica da miña música faise cada vez máis nítida. Únenos a lingua, a historia: os brasileiros cada vez interésanse máis por Galicia como lugar de orixe da súa lingua... Todo pode funcionar, se nos apoiamos nos afectos, como dicíache antes.

Tamén é un foco importante de reforzo da propia lingua galega, que se atopa nunha situación cada vez máis difícil...
Eu creo que, no que se refire á lingua galega, a lusofonía é a salvación, é un modo de potenciala, pois falando galego podemos entendernos con millóns de persoas en todo o mundo lusófono. Aínda que neste sentido queda moito camiño por andar. No Museo dá Lingua Portuguesa, de Brasil, non hai ningunha referencia a Galicia...

A relación non deixa de ser complexa, do mesmo xeito que cos portugueses temos unha relación ambigua, de sentimentos opostos. En Brasil, ademais, non hai tanto asociacionismo cultural ligado á emigración galega como en Arxentina, por exemplo. Ademais é un país enorme...
É certo que hai que buscar. En Salvador de Baía o intercambio si é unha realidade: hai moitos emigrantes galegos... Carlos Núñez fixo un traballo interesante, neste sentido, e atopouse con que ao acordeón chámanlle gaita no sur de Brasil... O intercambio sempre está presente: do mesmo xeito que o caixón veu de América e introduciuse no flamenco, ou na música galega introduciuse a arpa á beira da gaita ou a pandereita... A música galega sempre se mesturou con outras.

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-02-2011 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer