Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fía na Roca, 3º Premio Opinión
O conxunto Fía na Roca ocupa a terceira posición na votación

Nestas apretadas votacións, a banda Fía na Roca foi quen de situarse na terceira posición co seu álbum Vente Vindo. Logo de realizar un repaso pola súa traxectoria no disco en directo Dez anos ao vivo, gravado no teatro Principal de Santiago de Compostela, os compoñentes da formación, con dúas novas incorporacións, decidiron apostar moito polas pezas cantadas, e o coxunto apóiase na fermosa voz de Sonia Lebedinsky para afondar nesa faceta.

Malia non esquecer os temas instrumentais, onde salienta Golpe do Eume, está claro que a voz feminina é un argumento ben presente nun disco no que pezas como Cantan os galos ou Casa e sombra abren una nova perspectiva dentro do concepto musical dunha das bandas históricas do folk galego e que, quizais, non tivo ata o momento toda a sorte que merecía polo seu desempeño. Lembremos que o conxunto xa lograra un PREMIO OPINIÓN, na primeira edición, polo álbum Contravento. Nesa ocasión ocuparan a segunda posición nas votacións efectuadas polo xurado.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-02-2008 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns de Febreiro e Marzo
Sábado 2 febreiro:
-Serán en Regodobargo (Ponte Caldelas)
-Serán en Moscoso (Pazos de Borbén)

Mércores 6 febreiro
-Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Xoves 7 febreiro
-Foliada-Serán na Sala The Star de Carral (A Coruña)

Sábado 9 febreiro:
Serán en Gargamala (Mondariz)

Mércores 13 febreiro
-Foliada-Serán na Sala Nasa (Santiago de Compostela): Albaroque, Cantigas e Agarimos, Lúa de Fouce, Os Crótalos

Sábado 16 febreiro:
-Serán en Toutón (Mondariz)

Sábado 23 febreiro:
-Serán en Moreira (Soutomaior)

Sábado 1 marzo:
-Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Venres 7 marzo:
-Serán na Hermida (Pazos de Borbén)

Sábado 15 marzo:
-Serán en Borreiros (Gondomar)
-Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)

Sábado 22 marzo:
-Serán en Fozara (Ponteareas)


Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns

Calendario de Seráns>
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-02-2008 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (18/01/08)
Vai de Baile do 18 de xaneiro, con moita xente coñecida de Malmequer...

As Fanecas Malinas VS Os Caralludos



Xurado

Comentarios (3) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 01-02-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Guía do Entroido 2008
Casco Vello de Vigo
1 febreiro: Concurso de coplas
3 febreiro: Domingo de entroido (Saída dos merdeiros)
5 febreiro: Martes de entroido (Saída dos merdeiros)

O Hío:
3 febreiro: Domingo de entroido (chegada dos gaiteiros)
4 febreiro: Luns de entroido
5 febreiro: Martes de entroido (día grande)

Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
5 febreiro: Martes de entroido
Baile das madamas e galáns, e a Corrida do Galo na explanada de Riomaior.

Laza:
31 xaneiro: Xoves de comadres
1 febreiro: Venres de folión
2 febreiro: Sábado das Cabritadas
3 febreiro: Domingo de estrea (Peliqueiros)
4 febreiro: Luns borralleiro (Morena,formigas,...)
5 febreiro: Martes de entroido

Verín:
31 xaneiro: Xoves de comadres
2 febreiro: Sábado de entroido
3 febreiro: Domingo de entroido (máscaras e cigarróns)
4 febreiro: Luns fareleiro
5 febreiro: Martes de entroido (máscaras e cigarróns)
10 febreiro: Domingo de piñata

Xinzo de Limia
3 febreiro: Domingo de entroido (Pantallas)
5 febreiro: Martes de entroido (Pantallas)
6 febreiro: Mércores de cinza, enterro da sardiña
10 febreiro: Domingo de piñata

Salcedo (Pobra de Brollón)
3 febreiro: Domingo de entroido (Madamas e danzantes)
4 febreiro: Luns de entroido (Saída do oso)
5 febreiro: Martes de entroido (Madamas e danzantes)

Podedes ver os cartaces dos máis coñecidos entroidos galegos en: Entroido galego 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-02-2008 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
Como foi o Serán de Arbo
Ambiente do Serán de Arbo (26 de xaneiro de 2008)


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 01-02-2008 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Como foi o Serán de Prado da Canda
Ambiente do Serán de Prado da Canda (12 de xaneiro 2008)

Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 01-02-2008 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Moscoso
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-02-2008 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Taiña 2008

O vindeiro 2 de febreiro de 2008 (22:30h) celébrase un ano máis no sábado de Antroido, na Praza da Igrexa de Goián o V FESTIVAL TAÍÑA.
Como cada ano, haberá carpa e a entrada é de balde. Pretenden seguir mellorando e ampliar o festival para consolidalo como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego.
Os grupos cos que contan este ano no festival son:

OS VERANEANTES
CUCHUFELLOS
MOTOR PERKINS
GALEGOZ


ASOCIACIÓN XUVENIL TAÍÑA

A asociación xuvenil taíña nace en novembro de 2003 en Goián (Pontevedra), da man dun grupo de rapaces e rapazas que pretendían recuperar e promocionar tradicións e costumes da zona, asi como involucrar á xente máis nova neste proxecto.

O proxecto formalizouse e a finais do ano 2004 a asociación xa contaba con 100 socios/as de entre 14 e 30 anos, e xa realizara entre outros: o primeiro festival taíña, a feira do libro co motivo do día das letras galegas e a celebración do San Xoán, sendo tódalas actividades acollidas con gran ilusión e participación por parte dos veciños do pobo que votaban en falta este tipo de iniciativas desde había anos.

Nos anos 2005 e 2006 consolídanse as actividades citadas anteriormente e formalízase tamén a realización da cabalgata de reis o día 5 de xaneiro, e o magosto, así como a representación de obras de teatro, recollida de refráns propios do Baixo Miño, xogos populares... Sempre intentando que cada vez máis rapaces/as se unisen ó noso proxecto.

FESTIVAL TAÍÑA

Que é?

É un festival musical organizado pola Asociación Xuvenil Taíña que se celebra o sábado de Antroido en Goián (Pontevedra). O festival taíña é o acto marcado como máis importante desde o comezo da actividade da asociación.

Que pretende?

É un festival musical con tres obxectivos claramente marcados:


- Ampliar un día máis as festas do Entroido de Goián, de gran arraigo no pobo e en toda a comarca. Que pasan así a comezar o sábado ( día no que se celebra o festival), e se prolongan ata o mércores de cinza. Pode interpretarse pois, como a colaboración da mocidade a estas festas do entroido que a asociación considera de grande importancia para a zona debido á súa incidencia e participación.
- Promocionar a música en directo, galega e en galego, de diversos estilos e gratuitamente nunhas datas non habituais pero si propicias para a troula.
- Potenciar este tipo de actos no Baixo Miño,dando a coñecer así a música de calidade e de distintos estilos que se está a facer en Galicia e zonas veciñas.

Durante estes catro anos o festival foi medrando tanto en presuposto como en asistencia, chegando a contar na súa cuarta edición con aproximadamente 3000 asistentes, ampliando ademais a súa incidencia xeográfica cara Vigo e Portugal.

No ano 2006 estreamos tamén páxina web: www.festivaltaina.com con máis de 200 visitas diarias o que lles permitiu chegar a moita máis xente.

Mais Info.: www.festivaltaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-02-2008 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Sonoro Maxín
O Sonoro Maxín acompañará a La Troba Kung-Fú nun mítico concerto de Entroido o 2 de Febreiro no C. C. Auriense (Ourense) a partires das 22hs.

A entrada é de 5? anticipada e 7? en taquilla e o espectáculo promete cumbia a esgalla, rumba catalana e galega e moita, moita festa.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-02-2008 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0