Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Seguen os Seráns
4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

5 de decembro
- Serán en Burgueira (Oia) a partir das 19:00
- Serán en Couso (Gondomar) a partir das 16:00

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

18 de decembro
- Serán en Val-Sobral (Soutomaior)

19 de decembro
- Serán en Parada de Achas (A Cañiza) no Teleclub do Feirón

8 de xaneiro
- III Seran de Silvoso (Pontecaldelas) no adro da festa

14 de xaneiro
- Serán de San Amaro - Traspielas (Fornelos de Montes)

15 de xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

12 de marzo
- Serán de Laxoso

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-12-2010 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Couso (Gondomar)
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-12-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Cruceiro de Feás (Aranga)
Eiqui estamos de novo dende O cruceiro montando festa , nesta ocasión , acompañanos o grupo de gaitas Alén do Mar e as cantareiras de Bailadela.
Comezaremos a partíres das 22:30 ate que nos teñamos de pé.

Esperamosvos ¡¡¡
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-12-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Cabrui (Mesía)
O venres 3 de decembro, a partir das 21:30 h, celebramos a "Noite de Tasca" cun MAGOSTO POPULAR no Local Social de Cabrui (Mesía) onde non faltarán os pinchos, castañas asadas, viño e, por suposto, unha boa queimada.

O grupo protagonista desta noite será o Coro da FWFF (Fundación Wenceslao Fernández Flórez): "ARUMES DA FRAGA", de Cecebre (Cambre, A Coruña).
Despois FOLIADA e a 3ª eliminatoria do Concurso de ATURUXOS.

Colaboran con nós: O concello de Mesía e a Asociación de Veciños Cabrui-Cruceiro.

www.osviqueiras.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-12-2010 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto polo galego na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de música tradicional en Pontevedra

www.osalegres.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-12-2010 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Carpintero en Boimorto
Os Santiaguiños de Boimorto estamos a ralizar unhas xornadas de música tradicional nas que queremos reflexar a maneira de facer música nas distintas partes da Galiza.

Seguiramosvos informando das sucesivas datas. Comezamos con Pablo Carpintero.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto Euskadi-Galiza en Compostela
O sábado 4 de decembro unha chea de músicos chegados de escolas de Euskadi -Herri Musicaren Txokoa de Oiartzun, Musika Eskola Publikoa de Hernani- compartirán palco con mestres da Escola Livre da MPG d'aCentral Folque. Será na Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21, Santiago) a partires das 22.30 e até a 1 da mañá. Empezará coma un concerto e rematará en foliada!

Exercerán de anfitrións os músicos de aCF -o dúo Fernández & Quintá acompañados de Pedro Pascual- cun concerto especial para a ocasión e seguirán outras formacións galegas da Escola Livre da MPG e outras vascas con txalaparta, txistu, alboka, trikitixa dulzainas, pandeiros e tambores.

Este concerto enmárcase na visita que a Herri Musicaren Txokoa de Oiartzun e Musika Eskola Publikoa de Hernani farán durante esta ponte a Galiza. Farán ademais deste concerto, un pasarrúas polo centro histórico de Santiago o domingo 5 pola mañán, visita guiada ao Museu do Pobo Galego con José Luis do Pico Orjais e un xantar de confraternidade galaico-basca.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Os Melidaos presentan disco en Sada
O sábado 4 de decembro ás 20:00 h o grupo Os Melidaos presenta o seu primeiro traballo discográfico Que ben baila, que ben baila cun concerto no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada.

NON FALTES!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Fase final do concurso `Ao mesmo son´ (Vigo)
Os grupos Romasanta, JIT, Ataraxía e Vacalouras compiten o venres na final do concurso "Ao mesmo son"

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou a fase final do concurso "Ao mesmo son", que se celebrará o vindeiro venres na Sala Infierno coa actuación dos catro grupos finalistas e as actuacións de Berrogüetto e os vigueses The Crass.

"Estamos moi satisfeitas porque a participación foi moi boa", afirmou a concelleira. Presentáronse quince temas, dos que catro chegaron a fase final. Os grupos JIT, Romasanta, Ataraxía e Vacalouras serán os que o venres actúen por última vez diante do xurado para definir os tres primeiros premios.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2010 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Histórico concerto dos Keltoi! en Vigo
A mítica banda de vigo Keltoi!, presenta na súa cidade, o que é o seu último trabalho depois de moitos anos.

No concerto de presentaçom, que será o Sábado 4 de Dezembro, às 22:00hs. na Sala "El Infierno" de Vigo, estarám acompanhados polo grupo Second Army.

A entrada será de 5€, pero se pagas 10€ conseguiras o CD

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Machina en acústico
A banda de Cerceda amósanos unha nova faciana ata o de agora descoñecida, o concerto acústico. Nesta xira Machina presentará os temas dos seus dous discos pero nunha atmósfera aínda máis íntima, en pequenas salas e bares do país.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Non ao desaloxo da Casa das Atochas (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o Musgafol 2010
Problemas técnicos obrigan a aprazar ata o mes de xaneiro o espectáculo Musgafol

A terceira edición do espectáculo Musgafol, que estaba prevista para este venres no Pazo da Cultura, celebrarase finalmente o 21 de xaneiro, segundo confirmou onte a Concellaría de Cultura.

O departamento que dirixe a edila Lola Dopico aludiu a motivos técnicos e organizativos para o adiamento da cita, que consiste nun espectáculo musical para gaita de fol galega moderna e orquestra, protagonizado por gaiteiros solistas e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, dirixida por Javier Viceiro.

Ata agora, esta gaita de fol só tiña cabida nas aulas de conservatorios, co que os organizadores destacan que este evento é unha forma de potenciar os seus creadores e novos intérpretes. A nova edición de Musgafol estará dedicada ao repertorio para orquestra sinfónica e gaita e reunirá aos músicos Xurxo Fernández, José M. López, Diego Mariño, Óscar Ibáñez, Cristian Silva, Paulo González e Pablo Devigo.

O espectáculo será gravado en vivo no que será o primeiro cedé monográfico deste repertorio, que segundo os organizadores «marcará un fito» na historia deste instrumento.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de Sons da Galiza
Xa tedes o número de Decembro de Sons da Galiza na web... poderedes disfrutar de Quique Peón, Cristina Pato & Rosa Cedrón e de unha entrevista realizada por Xoan Luaces a Carlos Nuñez...

Esperamos sexa do voso gusto... Apertas

www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Karaoke galego

Dezaseis cancións festeiras para o primeiro videoxogo do «Galeoke»
A partir do 21 de decembro estará dispoñible o primeiro karaoke con cancións galegas, de Fuxan os Ventos a Os Resentidos.


Hai dous momentos dramáticos en toda festa familiar, cando alguén saca as fotos da última viaxe e cando invitan a cantar no karaoke e só ten cancións de Mecano. Deste Nadal en diante, a cousa pode ser diferente porque a partir do 21 de decembro estará dispoñible o Galeoke , o primeiro karaoke con cancións galegas, de Fuxan os Ventos a Os Resentidos.

A carencia de karaoke foi detectada por un colectivo que nas festas familiares e nas farras de colegas estaba obrigado a cantar as letras de memoria porque a circunstancia de cantar nas festas non se quita. Entón decidiron pór en marcha o proxecto Galeoke e ver de darlle forma e canles de distribución ao videoxogo.

O Galeoke funcionará sobre ordenadores con distintos sistemas operativos (Windows, Mac e Linux) aproveitando un programa moi parecido ao que utiliza Sony en Singstar para a súa consola. O colectivo formado por Martín Vázquez Cabanas, Xabier Seixo Souto, Aitana Cuétara, Xosé Lois Romero e Sergio Lago colleu o software UltraStar Deluxe, unha aplicación libre e adaptouna para o galego. O videoxogo, polo tanto, segue o mesmo sistema de concurso, de maneira que o programa valora a habilidade dos cantores e vaina cualificando a medida que avanza a cancións.

Como particularidade, as cancións que se utilizan son as orixinais dos grupos ou solistas escollidos e non adaptación feitas simplemente para seguir a letra. Apuntan os integrantes do colectivo que isto pode ser polas facilidades dos grupos en permitir o uso da súa música para o proxecto.

Ademais do disco co videoxogo que se venderá a través de plataformas como Toupa.net, nas librerías e nas tendas de discos, o proxecto inclúe unha web (www.galeoke.com) na que os usuarios poderán descargar actualizacións, páxina na que tamén se pode baixar agora mesmo unha demo para comprobar o funcionamento e as características do programa.

Os artífices da adaptación sinalan que, ademais das festas, o Galeoke «pode ter moitos usos para o ensino».

A primeira edición do «Galeoke» tivo problemas de elección porque, segundo o colectivo, «a escolla podería ser unitiva». De entrada, variedade e festiña e algunhas cancións que todo o mundo lembra.
A lista de temas é a que segue:
Os Resentidos: «Galicia Caníbal»;
Fuxan os ventos: «O Carro»;
Malvela: «O Pirimpimpín»;
Berrogüetto: «Danza de Meirol»;
Projecto Mourente: «Como os Caranguejos»;
Espido: «Santa Muller»;
Narf e Manecas Costa: «Esta Noite»;
Lamatumbá: «Licorcafé»;
Quant: «Pois eu» (Andrés do Barro);
Treixadura: «Fisterra»;
Xoan Curiel: «Rapás, rapás...»;
Uxía: «As nosas cores» (con Sara Tavares);
Loretta Martin: «As cores do solpor»;
Os Cempés: «Sara, Sarinha»;
Marful: «Leverelém»,
Os Diplomáticos: «Nordés» (con Mercedes Peón).


La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2010 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou de xira co circuito GPS

Cando se atopan mergullados no proceso de creación do seu novo traballo discográfico, que sairá na primavera de 2011, Quempallou embárcase nunha xira de catro concertos que os levará a visitar distintos puntos de España durante o mes de Decembro. Ditos concertos forman parte da programación do circuito GPS (Girando Por Salas) de músicas populares e que está financiado polo INAEM. Quempallou está presente nunha selección de 50 grupos de todo o estado, escollidos entre máis de 600 propostas, que levarán músicas de diferentes estilos e lenguas por todo o territorio español.

O primeiro dos concertos do grupo será o vindeiro 4 de decembro, ás 23:30 h na sala Zanzibar (Madrid), para continuar ao día seguinte na zaragozana sala Arena Rock, a partires das 20 h. O sábado 11 desplazaranse ata Cabañas de Polendos (Segovia) para actuar en La Oveja Negra, e o peche á xira porano o 12 de decembro no Centro de Ocio Contemporáneo de Badajoz.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2010 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Rosa Cedrón e Cristina Pato

Unha formación académica no eido da música clásica e un posterior paso polo mundo do folk era a ligazón que tiñan estas dúas mulleres que, certo día, decidiron tocar xuntas e a partir dese momento a química persoal e profesional fixo o resto. Agora debutan discográficamente como dúo, co nome de Soas e un álbum titulado Muller.

–Cal é a linguaxe común que as une no aspecto musical?
–Rosa Cedrón: A forma de entender e transmitir. Compartimos sensibilidade e amor polas dúas músicas e no xeito de transmitirllo ao publico. As dúas somos moi apaixoadas, cada unha no seu estilo persoal. Con esta obra queremos chegar á xente de forma directa.

–Seica os dous primeiros concertos foron moi importantes por mor da reacción do público.
–Crsitina Pato: Era un risco. Estabamos fóra de contexto, xa que fomos anunciadas dunha maneira que a actuación ía ser un concerto de Rosa e Cristina en solitario, e non eran conscientes que ían escoitar música de cámara e no escenario contar só cun piano. Foron recitais importantes para nos amosar a nós mesmas que, independentemente dos instrumentos a empregar, coa conxunción das dúas músicas nas que nos movemos, clásica e folk, a mensaxe era igualmente directa. Logo de dez minutos, no primeiro concerto vimos que fomos quen de emocionar ao público. Dalgún xeito algún dos temas que interpretamos forman parte da vida de todos os galegos. Vimos a avós e a rapaces igualmente emocionados co que escoitaban.

–Houbo discusión sobre o repertorio elixido ou tiñan ideas comúns sobre ese apartado?
–C.P: É imposible discutir cunha persoa como Rosa. Foi un proceso natural.
–R. C: Foi algo moi directo. Fomos vendo con que temas nos sentiamos máis identificadas, os que tiñan máis mensaxe ou que poderían ser máis atractivos para a xente.

–Nesta obra deben exercer primordialmente como arranxistas, e non como compositoras, naquelas pezas nas que non o fai Octavio Vázquez, que traballou cos temas orquestrais. Pode chegar a crear máis presión traballar sobre algo moi coñecido que realizar temas propios?
—C.P: Enfrontarse aos clasicos populares sempre leva un risco e hai versión gravadas moi bonitas. Tentamos atopar unha linguaxe de unión entre o conservatorio e o folk e realizar unha boa comuñón entre os dous mundos. Nalgunhas pezas fomos moi fieis aos orixinais e noutras máis que dun arranxo debemos dicir que é unha transcripción. Desde logo que facer temas como Unha noite na eira do trigo produce moito respecto. É música popular que pasa polo pobo, volve por ti e pasa novamente polo pobo. Resulta unha viaxe fascinante comprobar como algún tema de corte clásico pasa a se converter en popular. Iso fai que haxa certas conexións entre eses mundos.

–De onde saíu a idea de incorporar a unha orquestra e porque escolleron á de Bratislava?
–C.P: O director de orquestra é español e nós fomos procurando as vías máis axeitadas para traballar neste tipo de proxecto. Contactamos por medio dun amigo común. Ofreceunos a oportunidade e decidimos aceptala. Resultou unha experiencia fascinante. Gravei alí os pianos coa orquestra. Fixemos tres tomas e logo escollías. É un xeito de traballar que me gusta e para o que te formas cando estudas clásica, onde enfocas todo cara a interpretar algo nun momento concreto, sen posibilidade de amaño posterior.

–Supoño que facer un concerto de presentación do disco cunha orquestra sería un soño feito realidade.
–R.C: Cando toquei con Mike Oldfield tiña unha orquestra acompañando por detrás e foi unha sensación brutal. Cando xurda a posibilidade esperamos ser quen de facelo. A ver se non tardamos moito.

–Este dúo é unha vía de escape creativa ás súas carreiras como solista?
–R.C: Iso é o bonito de Soas. Permítenos ter unha vía paralela de expresión que doutro modo non sería posible e refrescarnos expresándonos de forma diferente. É certamente liberador.

–Cristina, vostede vai dando unha volta á súa imaxe e sabe que a xente acostuma a simplificar e quedarse cun só concepto. Cre que se referirán agora a vostede como a gaiteira ou a pianista?
–C.P: Vou continuar a ser a gaiteira, e a moita honra. Esa parte segue aí. O que fixen foi amosar outra parte de min. Ata agora non me atrevera a unir os dous mundos. A miña opinión é que serei gaiteira toda a vida. É un orgullo e grazas e ese instrumento gocei de moitas oportunidades na música.

–Unha voz que só conta co acompañamento dun piano nos directos. É unha dura esixencia para unha cantante?
–R.C: Eu tamén teño a disciplina da clásica de estar preparada para iso. Non é novo enfrontarme a un repertorio minimalista no instrumental. Fixen algún concerto só cun violín ou unha guitarra e co piano estás máis arroupada e síntome máis segura. Son amante da mínima expresión. Cheguei a sentirme incluso máis cómoda con pouca xente que cunha banda detrás. É unha forma máis pura de expresión, onde estás máis contigo mesma.

–Que cualidades da música clásica incorporarían ao folk, e viceversa, para enriquecer a eses estilos musicais?
–C.P: Incorporaría á clásica a liberdade de expresión e improvisación da música que sae do pobo e ao ao folk o xeito de enfrontarse ao clásico con respecto. Debemos ser conscientes da diferenza entre tradicional e clásico. As etiquetas non nos gustan, pero son necesarias. Certas etiquetas que ten a música popular galega chegan a confundir e na clásica iso está máis claro. Penso que é necesario termos claro o que é puramente tradicional e o que é innovación
–R.C: A espontaneidade que ten a música tradicional sempre a botei en falta cando estaba na clásica. Cheguei a sentirme escrava dunha partitura ou un director. Esa necesidade de expresarse á túa maneira estaba castrada. Ao cambiar de estilo enchoupeime diso e do público vivo que transmite, cando o da clásica adoita estar en silencio. Para min é algo fundamental esa viveza, resulta como unha celebración emocional.

–Antes só sabían unha da outra pola súa carreira artística. Que pensaban antes da súa partenaire a nivel musical e que pensan agora?
–R. C: O meu descobremento foi que non sabía da súa formación clásica. Coñecía á gaiteira festeira e leda. Comprobei que tiña esa parte preciosista, emotiva. A pianista moveume por dentro. Foi un schock e cambiou a miña forma de vela.
–C.P: Eu era consciente da súa formación clásica. É moi dúctil e adáptase axiña ao medio no que debe traballar. É unha artista que sabe improvisar e creo que ten unhas cualidades innatas.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-12-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer