Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os fondos de Mini, Mero e Mato están dixitalizados
O Museo do Pobo Galego segue a traballar na creación do arquivo do patrimonio oral do país

O Arquivo de Patrimonio Oral da Identidade, un proxecto no que o Museo do Pobo Galego traballa desde o 2007, conseguiu xa dixitalizar non só o material achegado polos músicos Mini e Mero - unhas 600 cintas magnetofónicas e casetes de cantares, romances e pezas musicais diversos, recollidos nos últimos 35 anos de informantes da Galiza rural- senón tamén o fondo do cura Xesús Mato, -39 casetes-.

O equipo de traballo do Museo segue agora o proceso. Tras a dixitalización, as gravación son editadas, -ata o momento está editado aproximadamente o 40 por cento dos materiais dixitalizados-, o cal significa limpalas e clasificalas en "cortes" claramente individualizados, para logo abordar a súa catalogación e posterior transcrición e análise etnomusicolóxica.

O Museo do Pobo Galego prepara, deste xeito, un arquivo sonoro do patrimonio oral do país que se nutre, ademais do material recollido por Mini, Mero e Mato, dunha colección de gravacións realizadas en 1994 como resultado do proxecto interactivo museo-escola Recupera-la tradición oral e dun amplo fondo de casetes con traballos de campo de alumnos da cátedra de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixidos por Marcial Gondar. Destas últimas, están dixitalizados e pendentes de edición 32 casetes.

Por outra banda, máis de 200 pezas musicais están xa publicadas na páxina www.apoi-mpg.org. Nesta web pódese escoitar cada peza, e ademais atopar datos de onde, cando e en que circunstancias foi recollida, quen foi a fonte, biografía e foto do informante se a hai, transcrición e estudo musical. O Museo tamén analizará entrevistas e outros materiais recollidos.

DATOS O equipo humano
Os traballos son coordinados por Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego; Xosé Manuel González Reboredo, patrón do Museo do Pobo Galego e coordinador do Instituto de Estudos das Identidades; María Xosé Fernández Cerviño, subdirectora do Museo do Pobo Galego e secretaria do Instituto de Estudos das Identidades.

O comezo da iniciativa
O Instituto de Estudos das Identidades do Museo puxo en marcha en 2007 o Proxecto Sons e Voces da Identidade como un primeiro paso para a creación do Arquivo de Patrimonio Oral da Identidade. Da dixitalización e edición encárganse Francisco Cerdeira e Manuel Varela e do estudo e transcrición a notación musical, publicación, elaboración de guías de uso: Sergio de la Ossa.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2010 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Elas cantan soas
As cantantes reinan nunha música galega carente de 'crooners' masculinos

Galicia, polo menos musicalmente, é máis matriarcado ca nunca. Elas dominan os escenarios e os andeis de discos de música galega. Rosa Cedrón anda na xira de presentación de Muller, o primeiro disco de Soas, o seu proxecto común con Cristina Pato. Uxía Senlle acaba de reeditar un dos clásicos, Danza das areas, e dentro duns días comeza a gravar en Brasil outro, Meu canto. Mercedes Peón vén de actuar en Copenhague na sección oficial do Womex, o certame internacional máis importante de world music, e presentará a vindeira semana o seu cuarto disco, Sós. Marful, o conxunto liderado por Ugia Pedreira, foi invitado ao prestixioso marco da Casa da Música de Porto hai pouco para mostrar o seu segundo traballo, Manual de sedución (recente e xa esgotado). Todas elas, máis Guadi Galego, outra voz que tras varias independencias (Berrogüetto, Nordestinas, Rosalía 21) gravou en solitario Benzón; Silvia Penide, a solista pop que está a penetrar nos mercados foráneos e Sonia Lebedynski, a promesa consolidada, conformaron a pasada primavera o espectáculo Sete sereas. Un piano e sete voces. Un proxecto impensable hoxe con cantantes masculinos. Porque non hai sete tritóns con ese bagaxe ás costas, e menos con esa diversidade de tendencias.

"É que hai melodías que chegan ao corazón da xente", explica Rosa Cedrón
"Nós transmitimos a música cantada, por iso é cousa de mulleres", di Uxía
"Os cantantes están minorizados", opina Xabier Díaz, "e vainos habendo"


"A verdade é que non hai crooners", confesaba entre divertido e apesarado Fernando Luaces, o factótum de Boa, o grupo empresarial que inclúe a Do Fol, a discográfica que coproduciu Muller na presentación con aires de première de Soas, hai uns días no Centro Galega da Arte Contemporánea de Santiago. Muller, con Cristina Pato ao piano, a voz de Rosa Cedrón, arranxos dun mozo compositor residente en Nova York, Octavio Vázquez, e todo arroupado pola Orquestra Sinfónica de Bratislava, é un intento de volver ás raíces clásicas de determinada música popular. "É recuperar a canción de concerto, os lieder de Schubert ou Schumann que nós xa tivemos con Castro Chané e Marcial del Adalid, que fixeron con poemas de Rosalía e Curros temas cultos que se fixeron populares", sinala Cristina Pato. "A xente pensa que a música clásica é algo aburrido e solemne, cando é un mundo cheo de sensacións e de fantasía", engade Cedrón.

As dúas botaron precisamente a andar Soas hai dous anos, cando coincidiron no backstage dun concerto e en confesar os seus desexos máis ou menos ocultos. "Rosa botaba de menos o cello e eu levaba os últimos anos centrada no piano. Así que lle dixen de quedar na miña casa para tocar Rachmaninov e cousas así. Acabamos facendo ese crossover, que ao fin e ao cabo, é o que viñamos facendo ela con Mike Olfield e eu con Yo Yo Ma. Ademais, a viaxe da música popular á clásica non é tan longa. Unha noite na eira do trigo ou Negra sombra son clásicos da música e da literatura galega que son populares", di Cristina Pato. Ningunha das dúas teme que o seu proxecto conxunto lle vaia chocar ao público habitual. "O primeiro concerto foi en Carballo, na praza e nas festas patronais. Aos dez minutos a xente pensaba que eu ía sacar a gaita e ela cantar Camariñas, pero logo xa se enganchou", di Pato, rindo e con ese ton a contratempo do inglés norteamericano. "É que hai melodías que chegan ao corazón da xente", di a sempre máis circunspecta Rosa Cedrón.

Sobre a carencia de voces masculinas, Cedrón non atopa razóns: "Hainas, pero é certo que menos, e non sei por que, pero eu estaría encantada de que as houbera". Pato atopa contraexemplos e unha xustificación: "En Berrogüetto hai voces moi bonitas, e tivemos un pedazo de crooner que foi Pucho Boedo. Pero eu penso que o peso das mulleres na canción é cousa da herdanza, ten que ver coa importancia e o papel da muller en Galicia". "É certo que a palabra cantada é cousa de mulleres, posiblemente porque fomos as que nos encargamos da transmisión da música cantada. Hai un nexo coa tradición e tamén hoxe as mulleres temos un discurso propio, contar as cousas coas nosas palabras e por nós mesmas", opina Uxía Senlle.

Uxía, unha das promotoras de Sete sereas e de anteriores proxectos similares como O cantar das mulleres o Son delas, considera que a forza da presenza feminina actual nos escenarios débese en boa parte "ao traballo referencial de María Manuela ou de Pilocha, que marcaron unha forma de facer, dos arranxos, de escoller repertorio". E pensa que cantantes masculinos hainos, pero daquela maneira: "Ademais de Pucho Boedo, agora hai crooners, pero sui generis. Está Germán Fandiño [Tony Lomba y Elio dos Santos], ou Paco Lodeiro, pero está máis centrado na televisión, e Mini (Fuxan os Ventos, A Quenlla). E calquera día Xabier Díaz, a voz poderosísima de Berrogüetto, nos sorprende cun disco en solitario. E hai cantautores como Emilio Rúa, ou Xoán Curiel, con linguaxes moi persoais, por non falar de Fran Pérez, Narf", degraña exemplos. Uxía Senlle, recoñece, porén, que un crooner, ademais dunha voz, precisa unha actitude, aínda que aventura que, "por tradición xeográfica, terá que vir do norte".

Por alusións, Xurxo Souto, home e do norte, admite que non hai moitas voces masculinas, pero asegura que si hai crooners. "Etimoloxicamente significa o que vocaliza moi ben, e o que fala susurrando. A min paréceme que tanto Mini como Xabier Díaz cumpren co papel. Non todo é smoking, fai falta gorxa, e Xabier Díaz tena, aínda que apareza diluído dentro do grupo que é Berrogüetto". Así que, en conclusión, Xabier Díaz, truá puánts. "Eu son un humilde cantor. Autodenominarse crooner no concepto clásico é unha exaltación impropia, eu fago o que podo", nega entre risas o papel Xabier Díaz. "O que si é verdade é que os cantantes como xénero estamos minorizados, sempre lle digo ás compañeiras que hai que facer espectáculos para presentar cantantes novos. Pero vainos habendo: Fran Pérez, Xoán Curiel, Emilio Rúa, e a Paco Lodeiro acáelle ben o papel... O que si me parece é que, máis ca unha necesidade musical, é da sociedade, do público".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2010 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Lulavai
"Cor Das Verbas" é o título do primeiro traballo discográfico do grupo Lulavai, unha obra que recrea unha atmosfera intimista, elegante e con "sabor a Rías Baixas"

O grupo Lulavai está formado por catro mulleres arpistas: Elena Paz, Paula Oanes, Lorena Reinaldo e Josefa Fernández. Coñecéronse na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Unha delas é arquitecta. Outras dúas integrantes de Lulavai son mestras. Falamos con Lorena, que é construtora de arpas. Ela, coa súa cara divertida e tímida, describe moi ben como, para facer arpas, resulta necesario ter paciencia e traballar con esmero. No primeiro disco deste grupo hai cancións tradicionais como: "As gaivotas sobre Cangas soños de medo tecían. Ai que soliña quedaches María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría. Ai que soliña quedaches María Soliña". As mozas de Lulavai cantan e tocan a arpa cunha elegancia cristalina.

De onde vén, e que significa, o nome de Lulavai?
É unha adaptación ao galego da palabra inglesa lullaby que significa "nana" e os temas das nosas arpas e as voces melodiosas poden recordar aos arrolos. A procedencia da palabra vén de que a literatura hebrea conta que Lillith foi a primeira muller e o feito de que non quixera someterse a Adán fixo que ela fose expulsada do paraíso. Alí recibiu a visita de tres anxos que a ameazaron con matarlle os fillos. Lulavai significa: Lillith vaite. Os cantos de Lulavai queren tranquilizar os nenos antes de durmir e protexelos con palabras bonitas e melodías harmoniosas.

Que significado emotivo ten para ti a cidade de Vigo?
Empecei no ano 1998 a estudar na Escola de Artes e Oficios, que agora se chama e-TRAD -Escola Municipal de Música Folk e Tradicional. Relaciono Vigo con ese ambiente musical. Levo na escola doce anos e prefiro ver de Vigo esa parte que outras partes que me gustan menos. En Vigo percíbese un ambiente musical moi vivo, que se move moito e está aí. Dende que eu veño por esta cidade sempre houbo ese bo ambiente e agora saen moitos alumnos da escola.

As integrantes de Lulavai coñecestesvos estudando nesa escola?
Eu empecei estudando co profesor Rodrigo Romaní e no taller de luthería antiga para aprender a construír instrumentos medievais e facer a miña arpa. Coñecémonos as catro tocando na orquestra Sondeseu. Agora mesmo eu son a única que sigo na orquestra Sondeseu. Fómonos coñecendo e o que máis nos motivou foi participar no Festival Cancioneiros, presentarnos ao concurso. Non gañamos pero collemos un pouco de impulso para seguir na música e e para formar Lulavai no ano 2008.

Quedar como finalistas no concurso Festival Cancioneiros convocado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza foi un paso importante na vosa andaina musical?
Foi importante e, tendo de xurado persoas como Rodrigo Romaní, foi un momento de moita tensión, e a presión era considerable. Este festival facíase en Vigo e na Coruña. Nós actuamos en Vigo. Tocamos os temas que xa tiñamos preparados para o disco e pasamos bastantes nervios, pero estivo moi ben e había moita xente. Vimos outros grupos e en xeral había calidade. Os gañadores foron o grupo Caramuxo. A partir de aí pensamos que podiamos quedar aí, na música.

Como son as clases con Rodrigo Romaní? Que é o que vos transmite e que aprendedes con el?
É un gran mestre, con moita paciencia e anímate, e dáche para atrás cando te lanzas moito. Tecnicamente na arpa é "o máis" que hai na música galega. As clases con el son moi relaxadas e aprendes unha gran cantidade de cousas e ao mesmo tempo non che provoca tensión. El é unha persoa moi próxima e as súas clases son moi amenas. Persoalmente admíroo moitísimo porque é unha autoridade na música tradicional galega e sempre transmite que toda a base está no traballo e ninguén che regala nada porque o importante é o esforzo, a continuidade, o traballo do día a día.

Co voso primeiro disco viñestes encher un baleiro que había na música galega?
Antes de nós estaba o grupo Sete- saias, que despois se desfixeron e xa non son un grupo. Pero é certo que esa formación de catro voces e catro arpas resultou bastante novidosa, porque era algo que non estaba moi visto. Da Escola de Vigo saen máis mulleres arpistas que homes arpistas. Polo norte de Galicia e por Santiago está Nuria de León que ten tocado a arpa con máis xente e tamén canta. Tivemos éxito porque era algo novidoso.

Cales son as vosas experiencias vividas coa orquestra Sondeseu?
Teño que recoñecer que Sondeseu foi o que nos serviu de lanzadeira. Estabamos acostumadas a tocar xuntas e resulta moi gratificante porque tocas con moita xente e non tes ti toda a responsabilidade. Na sección de arpas hai seis arpas e no escenario están máis de trinta músicos. Iso alcanza unha forza inexplicable e dáche a oportunidade de viaxar a países estranxeiros e coñecer moita xente. Resulta poderoso porque se suma a forza de todos os músicos. O resultado é grandioso aínda que tamén se conseguen momentos de moita tranquilidade. É unha música que transmite moita forza.

De que cor son as verbas das cancións de Lulavai?
Poden ser cores cálidas, íntimas. O nome é un xogo das cores das palabras, das cores das cordas da arpa. As cordas son de distintas cores. Son brancas, azuis, vermellas porque achegarse a unha arpa con todas as cores brancas e tocala non sería posible. Temos que distinguilas e ter un referente. A maioría dos temas do noso disco son letras de coplas tradicionais, collidas dos cancioneiros e non hai letras de composición propia. Nos temas non cantados hai dous temas de autor. Son Viaxe en globo que a compuxo Xosé Lid e o tema Mandil que é tradicional e arranxado por Quico Comesaña para arpa. Cantamos as catro compoñentes do grupo porque así aproveitamos o tema das voces. A que máis cantaba era Elena, no grupo Beladona, pero as outras tres non tiñamos cantando anteriormente.

Por que a arpa é un instrumento considerado como "raro" e que non está moi escoitado?
Porque así como na Idade Media tivo un momento de esplendor cos trobadores, despois estivo esquecida durante moitos séculos. Na Catedral de Compostela había un arpista e desapareceu. Recuperouse agora a arpa en Galicia co Conservatorio de Vigo e con algunhas persoas que dan clases de arpa polo norte de Galicia. A arpa foi un instrumento que desapareceu porque ela mesma se autodestrúe, coa tensión das cordas, que pode ser de dúas toneladas e fai que a tapa harmónica se descole e se rompa e non aguante a estrutura. Na Idade Media era utilizada polos trobadores e no Pórtigo da Gloria vemos un arpista. Eran entón arpas máis pequenas.

Como se fai unha arpa? É un proceso moi laborioso e difícil?
Faise con paciencia e esmero. Unha vez que empezas a facer o instrumento, e ata que o ves listo para soar, poden pasar dous meses. A paciencia é importante e tamén o gusto, o cariño. Tes que pararte e facer todo moi ben. Algo de habilidade manual tes que ter pero non é extremadamente difícil. Eu traballo como autónoma, teño un taller e fago as arpas por encargo. O gasto material da construción dunha arpa é bastante alto e por iso se fan por encargo. Normalmente encárgannme arpas os alumnos da escola e tamén teño vendido arpas a Salamanca, Valencia, Portugal...

Que proxectos tedes en Lulavai con vistas ao futuro?
Estamos nun momento de ter moito neno pequeno. Unha de nós acaba de dar a luz e outra integrante de Lulavai está embarazada. Temos en meta empezar con novos temas para pensar a medio-longo prazo en gravar un segundo disco porque nisto da música non se pode parar. Temos ideas e sobre todo o noso traballo basease en recoller temas do mundo tradicional, no que hai moitísima variedade e calidade, para arranxalos para arpa e para que soen como nós queremos.

A música pode ser curativa? Os sons de harpa transpórtannos a unha sensación de paz, tranquilidade, amor?
A música é algo moi importante na miña vida e a parte de tocar a arpa e a requinta, o meu traballo é facer arpas. Sería difícil aprender a vivir sen música e falo de música de todo tipo, como concepto universal. A arpa pode levarte a un estado moi íntimo porque unha arpa non necesita de máis persoas, é un instrumento moi completo e xa a maneira de collelo e abrazalo che produce unha relación moi estreita. O feito da música como terapia está aí e penso que espiritualmente a arpa che pode curar. É moi expresiva e podes chegar a expresar moito con ela. Podes conseguir moitísima forza e ao mesmo tempo podes ser moi delicada e nese equilibrio está a parte boa da arpa.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2010 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Fiandola edita o seu segundo disco `Mimá´
Un regreso ás fontes da música tradicional

As vellas pedras de Santiago viron nacer en 1996 ao grupo Fiandola. Consolidado xa na escena musical galega e vai sacar o seu segundo disco, "Mimá", un traballo no que Warren, Cristina, Fran, Santi, Manolo e Sandro queren amosar "algo noso propio".


Beben nas fontes máis tradicionais porque nelas foi onde naceu a verdadeira música. Fiandola regresa ao formato de disco, porque dos escenarios aínda non se baixaron desde 1996, ano no que se formaron, cun novo traballo no que só o título xa evoca sorpresa e emoción, especialmente nas Rías Baixas, de onde son a maior parte dos seus componentes. "Mimá" estará listo antes de que remate o ano e atrás van quedar moitos meses de duro traballo nos que Alberto Barreiro "Warren", Cristina, Fran, Santi, Manolo e Sandro (todos de Moaña e Cangas, agás Cristina e Fran) recopilaron e adaptaron varias pezas tradicionais. Todas elas de transmisión oral, pero que contan co estilo propio de Fiandola, incluindo novas harmonías, novas voces e outras sorpresas.

Así o destaca "Warren", nado en Moaña, residente en Betanzos e profesor de música da Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa de Arousa dende hai anos. "O obxectivo de todos os temas, ao igual que no primeiro disco que temos, é conseguir un son propio, unha estética nova e persoal, algo que cremos que acadamos", asegura o acordeonista e voz do grupo.

Neste traballo non estiveron sós. Nel colaboraron o violinista Xacobe Lamas, unha minibanda formada por trombón, saxos, trompetas, tuba e clarinete, e o fotógrafo Juanba. Os doce temas parten dun intenso traballo de campo que tiveron que desenvolver os músicos de Fiandola antes de comezar a traballar no estudo, especialmente Warren e Manolo, que tiveron que sacar tempo ás súas familias para poder facer a compilación. Hai tres temas que son de composición: "Parabí Papipó", que é unha rumba que compuxo Serxio Cobos -acordeonista e compositor de Compostela-; "Ghoxada", que foi composta por Fran López, membro do grupo; e "A Amora", un traballo de Warren composto para os nenos dunha campaña de dinamización lingüística que desenvolveu a editorial Kalandraka en Allariz, onde se tomou un conto acumulativo publicado pola editorial.

Dentro das pezas tradicionais é especial "Rosas Negras", xa que se trata dun arranxo que fixo o grupo dunha melodía tradicional recollida na Illa de Ons; a melodía é un tango que eles mesmos adaptaron e ao que despois se lle puxo como letra unha adaptación do poema de Rosalía de Castro "Castellanos de Castilla". "Pensamos que a melodía do tango nos podía achegar quizáis mellor á outra Rosalía, a menos coñecida, e non á saudosa de "Adeus ríos adeus fontes", senón á loitadora e reivindicativa", argumentan desde o grupo. Tamén son especiais outras cancións como "O Turito" e a "Danza de Xastre" xa que son pezas rescatadas de partituras orixinais do arquivo de Betanzos, sito no museo das Mariñas.
Todo este traballo de adaptación das melodías e das cancións levou máis dun ano, que culminou coa gravación nun mes do disco nas dependencias dos estudios Edisco, con Fernando Campos como técnico de son.

Despois de todo este traballo chegou o momento de producilo e "autofinancialo". O primeiro disco de Fiandola "Bricania" foi un traballo editado no 2005 e que tivo un éxito considerable xa que conseguiron vender máis de mil copias, unha cifra elevada para un grupo destas características, e ten un bo número de visitas na páxina web. Unha vez presentado o disco, o obxectivo é comezar a traballar para o seguinte.


www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 14-12-2010 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 13

Terza feira 14 (Martes)
• Mercedes Peón ás 12:30 no CGAG Centro Galego de Arte Contemporanea de Compostela
• Habelas Hainas na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 15 (Mércores)
• Berroguetto, Carmen Paris e Pandereteiras Cantigas e Agarimos no C.C Caixanova (Vigo)

Quinta feira 16 (Xoves)
• Malandrómeda na Casa das Crechas (Compostela)
• Luar na Lubre no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 17 (Venres)
• Bellón Maceiras na praza do Concello de Fene
• Som do Galpóm na sala Aqua (Guitiriz)
• O Sonoro Maxín na sala 600 (Melide)
• SkandaloGZ e Mortos en Vida na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Sábado 18
• Machina no pub D´Antón (Laracha)
• Zenzar no Pub Badulake (Ordes)
• Loretta Martin no Garufa (A Coruña)
• Falperrys na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Carlos Blanco e Manecas Costa no C.C. e Xuvenil Estrada de Miraflores de Muros
• V Festival de música e baile Rebulir (Ramirás)
• Cantos na Maré no Pazo da Cultura (Pontevedra): Lenine, Guadi Galego, António Zambujo e Aline Frazão
• Luar na Lubre en Vilanova de Lourenzá (Lugo)
• Serán en Val-Sobral (Soutomaior)

Domingo 19
• Mamá Cabra en Ordeso na sala LP ás 17:00
• Xabier Díaz no C.S As Fontiñas (Compostela)
• The Turre´s Band no Baba Bar (A Coruña)
• Serán en Parada de Achas (A Cañiza) no Teleclub do Feirón
• Serán familiar no CSC Xosé Saramago de Vite (Compostela) ás 17:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2010 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros de arrolos na Coruña

Máis información:

www.coruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-12-2010 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico: A harmonía básica na música tradicional. Carlos Quintá
Día 14 de xaneiro de 2011
17h a 20h (3h)
Aulas da e-Trad
25 prazas
Último día de matriculación o 17 de decembro do 2010 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)


Este está adicado a tod@s aquel@s que queiran afondar mais sobre o emprego da harmonía na música tradicional: grados a empregar, recursos, instrumentación ... Complementario ao curso: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo Pintos.

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 3h.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-12-2010 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Convites para o concerto de Nadal da Universidade de Vigo
Concerto de Nadal 2010
Mércores 15 de decembro ás 20:30 h.

Berrogüetto + Carmen París + Pandeireteiras da agrupación Cantigas e Agarimos

Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo


A partir do 9 de decembro ás 9:00 h. os membros da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo (Alumnos, PAS e profesorado) poden recoller as invitacións para o Concerto de Nadal 2010 na oficina de Extensión Universitaria (Edificio Miralles).

Só se entregará unha invitación por persoa.

Non se entregarán invitacións a nome doutra persoa que non sexa o/a peticionario/a.


De sobrar invitacións, as persoas interesadas que non sexan membros da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo (Alumnos, PAS e profesorado) poden recollelas a partir do luns 13 de decembro

Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
Campus de Vigo
Tel. 986 813 587
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 10 (Venres)
• Masterclass de Micheal McGoldrick na e-Trad (Vigo) ás 19:30
• Tertulia con Anxo Pintos, Guillerme Fernández e Xabier Díaz na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar ás 20.30
• Susana Seivane na Fundación Caixa Galicia da Coruña ás 20:00
• The Turre´s Band no Bar Liceum (O Porriño)
• Marxe Esquerda, Asegún, Artigo19 na sala Wasabi (A Guarda)
• Ith na sala 600 (Melide)
• Sobre Rodas na Casa dos Druidas (Vilaboa) ás 22:30
• Festival Treme a Terra (Pontedeume): Os Tres Trebóns
• Foliada no Novo Flamingo (O Carballiño) ás 23:30

Sábado 11
• Flasmob de muiñeira ás 12:00 no Calvario (Vigo)
• Pesdelán na Biblioteca Ánxel Casal (Compostela) ás 12:30
• 30 Aniversario da Asociación Cultural `Rosalía de Castro´ de Cacheiras (Teo): Pandereteiras de Barro de Arén, Os Enxebres de Cacheiras
• Celtic Roots no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo, ás 20.00
• VII Día do orgullo Gaiteiro (Ourense): Candaira, Matamá Ensemble,...
• XXII Xornadas da gaita (Ferrol): Airinhos del campito, Berros do Castro, Sobre Rodas.
• Ith no Clavicémbalo (Lugo)
• Capitán Furilo no Vagalume (Salvaterra de Miño)
• Som do Galpóm na sala Amboage (Ferrol)
• Festival Treme a Terra (Pontedeume): Skacha
• Festa pola Liberdade: Quarteto da Gentalha, Sacha na Horta, Falkatruada,... na Farandula (vigo) ás 21:30
• Serán no adro da igrexa de Mondariz

Domingo 12
• 30 Aniversario da Asociación Cultural `Rosalía de Castro´ de Cacheiras (Teo)
• Mamá Cabra en Meaño ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

18 de decembro
- Serán en Val-Sobral (Soutomaior)

19 de decembro
- Serán en Parada de Achas (A Cañiza) no Teleclub do Feirón

8 de xaneiro
- III Seran de Silvoso (Pontecaldelas) no adro da festa

14 de xaneiro
- Serán de San Amaro - Traspielas (Fornelos de Montes)

15 de xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

12 de marzo
- Serán de Laxoso

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-12-2010 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Flashmob de muiñeira en Vigo
Unha ONG adicada á protección, alfabetización e acollida de mulleres na India chamada IMPLICADAS van facer unha serie de actos promocionais para darse a coñecer e poder montar así unha escola aló e piden colaboración da seguinte maneira:

O Sábado 11 de decembro ás doce da mañá no Calvario, terá lugar unha Flashmob Muiñeira.


Esto sería:
Andar pola rúa cerquiña do mercado coma quen non quere a cousa o maior número posible de persoas que saiban bailar unha muiñeira. Ás doce en punto unha Charanga (a do Fiadeiro neste caso) ponse a tocar unha muiñeira de tres minutiños e os viandantes póñense a bailar por parellas alí donde lles cadre. Cando remate a música, seguimos paseando e cada un para a sua casa. Será gravado e emitido por internet, e estarán os medios advertidos para que fagan as pertinentes valoracións.

Prégase participación de todo o mundo que lle apeteza colaborar con esta causa. Sería bo estar vinte minutiños antes das doce para evitar retrasos.
O Fiadeiro colaborará con esta causa tocando e cantando a peza a interpretar e asistirán os bailadores que poidan.

graciñas de antemán e un saúdo

www.ofiadeiro.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación ao vivo do disco de `Sobre Rodas´
Este venres día 10 de decembro o dúo de zanfonas "SOBRE RODAS" (Carlos do Viso, e Luis o Caruncho) estarán na "Casa dos Druidas" ( Vilaboa).

Serán testigos da gravación do concerto, que se incluirá no disco que estos magníficos interpretes terán proximamente no mercado.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Gala benéfica con Susana Seivane (A Coruña)
A entidade Tierra de Hombres celebra hoxe venres, no auditorio da Fundación Caixa Galicia da Coruña, a súa cuarta gala benéfica. Contará, entre outros, coas actuacións da gaiteira Susana Seivane e a presenza de Asfaw Yemiru, que no seu día foi un neno da rúa en Etiopía. O concerto combinará propostas actuais con música máis tradicional. 20.30 horas. Entradas: 5 euros.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
30 Aniversario da Asociación Cultural `Rosalía de Castro´ de Cacheiras (Teo)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Disco Celtic roots
O vindeiro 11 de decembro presentarase no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo, ás 20.00 horas o dobre traballo (CD/DVD) de Celtic Roots, un proxecto educativo que une a música, cultura e tradicións galega e irlandesa.

Michael McGoldrick, o afamado músico e produtor irlandés Dónal Lunny e o gaiteiro Xosé Manuel Budiño son os padriños do traballo. Ademais, tamén colaboran outros grandes músicos como James Mahon, Graham Henderson, Ángela Durcan, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Antón Seoane (ex Milladoiro), Xaquín Xesteira (Treixadura), Rodrigo Romaní, Luís "Caruncho", "Chisco" (Son de Seu) ou Guille Fernández (Berrogüetto).


Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.

Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John's Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan's School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 10-12-2010 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro concerto presentación do traballo do grupo PESDELÁN
11 de decembro de 2010 ás 12:30h
Presentación do libro-disco-dvd "Na Punta do pé"
Primeiro traballo do grupo PESDELÁN
Biblioteca Áxgel Casal, Santiago de Compostela (A Coruña)


Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.
"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Tres membros de Berrogüetto participan nas Tertulias do IEM
Venres 10 de decembro
Na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar ás 20.30 horas


O ciclo cultural As Tertulias do IEM, que o Instituto de Estudos Miñoranos promove por noveno ano consecutivo, ofrecerá este venres un encontro con tres membros do grupo de música folk de vangarda Berrogüeto.

Anxo Pintos, Guillerme Fernández e Xabier Díaz participarán nesta charla na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar a partir do oito e media da tarde.

O tamén músico e médico Antón Seoane, compoñente da banda folk Milladoiro, será o encargado de presentar ao tres conferenciantes, que falarán sobre a ampla traxectoria musical de Berrogüetto, o seu último disco, "Kosmogonías", ou a recente participación na banda sonora da película "The way", que relata unha historia enmarcada no Camiño de Santiago e protagonizada polo actor estadounidense de orixe galega Martin Sheen.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
VII dia do Orgullo Gaiteiro (Ourense)

"VII dia do Orgullo Gaiteiro"
Ourense, sábado 11 de decembro 2010


Todas as actividades serán no Auditorio Municipal de Ourense (R/ da Canle, entrada libre e gratuita)

Para a cea, hai que reservar nos teléfonos 654173524 (Gonzalo) - 658370849 (Fernando), ou a través do correo electrónico: gabelairas@yahoo.es, antes do xoves dia 9 de decembro o precio é de 20€, (15 para alumnos-asociados da AOFT GOMES MOURO)

http://www.myspace.com/538417963
http://club.telepolis.com/gabelairas/
http://aoftou.wordpress.com/
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2010 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
XXII Xornadas da Gaita en Ferrol
O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 22 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.

Este ano, organizadas polo Ateneo Ferrolán, as XXII Xornadas da Gaita, celebraranse o sábado día 11 de decembro de 2010 ás 20:00h. no Centro Cultural “Torrente Ballester”. (Haberá servizo de “barra”). Entrada de balde.

Coas actuaciós de:

· AIRINHOS DEL CAMPITO
· BERROS DO CASTRO (Unha imaxe, unha melodía .... un recordo)
· SOBRE RODAS (Dúo zanfonas. Luis Caruncho e Carlos Do Viso)


Desde o Ateneo Ferrolán, agradecemos a colaboración da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol - Cultura.
Unha das características específicas é a participación de grupos de música folk galega, que teñan na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable.


Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2010 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
XV Festival Treme a Terra (Pontedeume)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-12-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
III Festa pola Liberdade (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-12-2010 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Marxe Esquerda, Asegún e Artigo 19 na Guarda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2010 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Narf e Manecas Costas levan Aló Irmao a Guinea Bissau
O dúo musical ofrecerá dous concertos no país africano

Despois de soar en Galicia, Portugal, Brasil, Arxentina ou Londres, á música de Aló Irmao por fin chegará ao país de Manecas Costa, compañeiro do galego Fran Pérez Narf nesta aventura musical. Aló Irmao estará desde hoxe ata o 15 de decembro en Guinea Bissau, convidados por un grupo de axentes sociais do país, co apoio do goberno.

Aló Irmao ofrecerá varios concertos en Bissau, a capital do país, e Cacheu, a cidade natal de Manecas. Ademais presentará o proxecto en centros escolares e a diferentes colectivos. A viaxe ten unha finalidade cultural e social, co obxectivo de amosar un proxecto de éxito no que a música de Guinea Bissau convive coa doutros lugares do mundo, neste caso Galicia. A xira prodúcese logo de que Aló Irmao chegase este verán ao número 1 da RDP África e de que o dúo mantivese encontros coas comunidades guineanas en Brasil e Londres, reforzando o papel de Manecas Costa como embaixador cultural do seu país.

Á volta da viaxe a Guinea Bissau, Aló Irmao emprenderá unha xira de catro concertos por España. Nas últimas dúas semanas de decembro, Narf e Manecas Costa actuarán en Palma de Mallorca (domingo 19), Zaragoza (mércores 22), Madrid (xoves 23) e Tarragona (xoves 30). A xira forma parte do programa GPS (Girando por Salas), unha iniciativa do Instituto de Artes Escénicas y de la Música (INAEM) na que participan 50 artistas de estilos que van do rock á world music.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-12-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Volverán as primaveras
Concordo e matizo Mercedes Peón. A esperanza é vermella, e ten faciana de muller. Na nación de Rosalía, na cultura galega sen premios nacionais, semella que tamén o talento. A min que mos poñan diante, dous discos. De onde quixeren, mais á altura do seu Sós (tamén S.O.S: presenza manuelantoniana, ironía en chave actual) e do Manual de Sedución dos Marful, os dous deste ano complicado e courelián que vai morrendo.

Falo, claro, desde as entrañas, desde a non distancia, desde o orgullo. Mais tamén desde a fame dese orgullo, desde o latexo compartido. Puxémolo no facebook e volvemos aquí, sobre o mesmo: a cultura que nos interesa é nutriente, conmoción, tambor, raigame, óculos, espello, vida. Nin enfeite accesorio nin narcótico social. Canta falta, canto ben nos fan nesta hora o talento e o compromiso.

Nas fragas vizosas da música de noso, o presente estase a conxugar desde esa posición: abrindo camiños, cruzando os regueiros da chuva nos vidros do futuro. Co Brasil, con Cuba, con Portugal, coa Guiné Bissau, coa Galiza caboverdiana. Entrefacendo. E facéndoo ben, magnífico. Mais a parte maior dos galegos e galegas non o saben, e os medios públicos que pagamos non nolo din. Digámolo entón nós.

Que existe Aló Irmao!, desde hai meses número un na RTP. Que cementa estima, para si e para os demais, Vilaxóan coa Central Folque. Que os billardeiros chegaron á Bretaña, co hip hop de segunda xeración da Suíza galega que un día retratou Vidal Bolaño. Que andan os brasileiros das U(x/g)ías facéndose Johán de Cangas, Meendinho, Airas Nunes. Que os cubanos da Descarga xa o son, galegos. Ou que o tal Emilio José (vexo os modernos de Barcelona practicando as abertas e fechadas) é de Quins e non de Queens. Dígase, tamén de paso, que a tal cousa se chega con traballo, con esforzo, con consciencia, con amor.

Compartimos o café falando disto e do outro, a saltos, e desde a ANPA da escola do seu fillo apunta Paco: "de que nos ha valer saber inglés se saímos gilipollas?" Digo eu que a razón ha de ir rabuñando no escuro, facéndose forte outravolta na vivencia colectiva, asumindo o benestar de sermos nós para poder mirar o mundo. Self-made profecy. Volverán as primaveras.

Xavier Campos
www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-12-2010 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala The Star (Carral)
SERÁN NA SALA THE STAR
Todos os segundos xoves de cada mes levamos á Sala The Star toda a esencia da tradición galega dos nosos seráns abertos ao público...

Xoves 9 de decembro a partir das 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-12-2010 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre afonda na lírica medieval no seu disco ‘Solsticio’
O grupo ponlle música no álbum a composicións de Afonso X, o Sabio e de Martin Códax e ofrece tamén temas propios

O grupo Luar na Lubre presentou na Fnac da Coruña o seu novo disco Solsticio, un álbum no que a lírica medieval galego-portuguesa conta con gran peso. “Neste traballo recollemos 15 cancións e a metade delas son composicións dese rico patrimonio literario. Aquí, en Galicia, non se está a cultivar o suficiente mentres grupos doutros países como Alemaña ou Italia se están a fixar na nosa tradición medieval”, sinalou o músico Bieto Romero durante a presentación de Solsticio.

Luar na Lubre recupera así cantigas de Martin Códax ou de Afonso X, o Sabio como tamén varias composicións tradicionais para constituír unha pequena mostra desas composicións históricas. “A lírica medieval galego-portuguesa é inmensa. Non é fácil seleccionar. Tiñamos mil partituras para escoller e ao final quedámonos coas que saen no disco. Estas composicións son u­nha fonte inesgotable para o futuro e non só para nós, senón para todos”, explicou Bieito Romero.

Pese a recuperar estas composicións históricas, Luar na Lubre busca proporcionarlles as esencias do seu son. “Nós non somos un grupo de cámara, nós achegámoslles o noso estilo propio. Nalgunhas mantemos a instrumentación e os rexistros vocais da época medieval, pero noutras empregamos guitarras eléctricas”, adianta o voceiro do grupo galego.

Con este Solstiticio, Luar na Lubre pecha un ciclo conformado por dez discos dende a publicación do seu célebre Plenilunio, disco co Luar na Lubre. que acadou o éxito internacional. Entre ese disco e o último, a formación foi mudando paulatinamente o seu estilo. “Houbo u­nha evolución de moito percorrido. Partimos dese punto no que asinamos con Warner Music para Plenilunio. A partir de aí houbo un paso adiante en cada disco. Con cada novo disco, fixemos o mellor traballo indo sempre máis alá”, explicou Bieto Romero.

Os oito compoñentes de Luar na Lubre iniciarán en xaneiro unha nova xira de presentación por todo o estado. Esa xira inclúe un total de vinte citas e está previsto que o Teatro Rosalía acolla o 16 de decembro o concerto que o grupo ofrecerá na Coruña. Non obstante, Luar na Lubre pretende ir ao redor do mundo para presentar este novo disco. “Percorremos máis de 26 países dende que formamos o grupo. Sempre é unha honra ser embaixadores, pero quédanos un lugar que queremos visita: Australia. Sería un soño actuar tamén aló”, recoñeceu en nome do grupo Bieto Romero.

A presentación do disco Solsticio incluíu a interpretación en directo de varios temas na Fnac da Coruña. A xornada de onte serviu de aperitivo para a xira de actuacións que o grupo fará para presentarlle ao público o seu novo traballo.


www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-12-2010 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Documento Galego de Identidade

Accesible un novo modelo de DGI (Documento Galego de Identidade)

http://www.dnigalego.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-12-2010 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Guillerme Fernández e Xabier Díaz sacan novo disco
Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.

“Convidámosvos a durmir”. Esta é a invitación que incluirán Xabier Díaz e Guillerme Fernández no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales cederán as súas voces a estas cancións construídas dende a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración.

Ademais, o disco incluirá 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz ou unha selección de coplas de tradición oral extraídas do Arquivo de Salitre. Xunto a estas oito voces, as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier Díaz, en Arrolos de Salitre participarán outros artistas como Quim Farinha, Pedro Lamas e Suso Iglesias.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-12-2010 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de María do Ceo
María do Ceo, neste traballo móstrase madura, sabia, coñecedora, veterana, máis mestra que discípula, máis cantora que fadista, máis fadista que anteriormente, tan creadora e compositora como valente e vangardista...

Dentro deste novo disco podemos atopar temas emblemáticos como o Himno Galego, "Alfonsina e o mar" ou "Cabecinha non ombro", unha canción brasileira de Paulo Borges interpretada ao piano por Cristina Pato e ao violoncelo por Xurxo Lois; coa mesma instrumentación e intérpretes, no "O Badal da Berenguela", tributa unha chiscadela ao Ano Santo desde o punto de vista dos que fan o camiño ao andar.
Con valentía , María do Ceo presenta tamén dúas músicas compostas por ela mesma
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-12-2010 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
O Coro da Rá publica o seu primeiro disco
Curtidos nas actuacións por sorpresa en bares, prazas, verbenas, feiras e mercados, o Coro da Ra, este grupo de composición ampla, variante e indefinida acaba de publicar o seu primeiro disco, Fráxil, alimentado por versións a capela de grandes clásicos da música popular, dende The Beach Boys ata Stevie Wonder, por citar dous exemplos a distancia un do outro.

Seguindo os arranxos que fan para os concertos, o Coro da Ra, dirixido por Ramón Bermejo, xoga coas melodías e coas posibilidades de utilizar un gran número de voces e moito sentido do humor.























Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-12-2010 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 6
• Machina na Taberna (Cerceda)

Terza feira 7 (Martes)
• Machina no Patachim (A Coruña)
• Laura Cortese en Xustans (Pontecaldelas) ás 20:30
• Tanto Nos Ten en Rebordáns (Tui)

Corta feira 8 (Mércores)
• Curso de Laura Cortese en Xustans (Pontecaldelas) ás 11:00 e 17:00

Quinta feira 9 (Xoves)
• Machina na Casa das Crechas (Compostela)
• Som do Galpóm na sala Moon (Compostela)
• Serán na sala The Star (Carral)

Sexta feira 10 (Venres)
• Masterclass de Micheal McGoldrick na e-Trad (Vigo) ás 19:30
• The Turre´s Band no Bar Liceum (O Porriño)
• Ith na sala 600 (Melide)
• Duplo Son, Chotokoeu e Ultracans na sala O Tunel (A Coruña)

Sábado 11
• 30 Aniversario da Asociación Cultural `Rosalía de Castro´ de Cacheiras (Teo): Pandereteiras de Barro de Arén, Os Enxebres de Cacheiras
• VII Día do orgullo gaiteiro (Ourense): Candaira, Matamá Ensemble,...
• XXII Xornadas da gaita (Ferrol): Airinhos del campito, Berros do Castro, Sobre Rodas.
• Pesdelán na Biblioteca Ánxel Casal (Compostela) ás 12:30
• Ith no Clavicémbalo (Lugo)
• Capitán Furilo no Vagalume (Salvaterra de Miño)
• Som do Galpóm na sala Amboage (Ferrol)
• Serán no adro da igrexa de Mondariz

Domingo 12
• 30 Aniversario da Asociación Cultural `Rosalía de Castro´ de Cacheiras (Teo)
• Mamá Cabra en Meaño ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-12-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xira acústica de Machina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-12-2010 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Curso e concerto de Laura Cortese en Xustans (Pontecaldelas)
7 e 8 de decembro

Laura Cortese é unha violinista moi importante dentro do mundo dos novos intérpretes de fiddle den USA.

Vai dar un concerto tralo cal haberá unha sesión con todolos músicos que asistan. Ao dia seguinte impartirá un curso especializado para aqueles músicos de corda interesados na "técnica do chopping", da cal Laura Cortese é unha virtuosa.

Máis información en xustans@gmail.com (Alfonso)
































Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-12-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass de Micheal McGoldrick na e-Trad (Vigo)
Hai uns dias nos visitaban na e-Trad o violinista Alasdair Frazer e a chelista Natalie Haas. Agora teremos outra ilustre visita: a do frautista escocés Micheal McGoldrick que impartirá unha masterclass para frautistas o vindeiro venres 10 ás 19.30 h.

Esta Masterclass organízase en colaboración co AGADIC e CREATIVA. Temos 15 prazas para os que queiran asistir. A sesión é de balde e ten preferencia o alumnado da e-Trad matriculado en Requinta. As inscricións en: e-trad@vigo.org cos seguintes datos: Nome, DNI, enderezo electrónico e postal.

http://e-tradvigo.blogspot.com



Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-12-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
• Luar na Lubre no FNAC da Coruña ás 19:30
• Mamá Cabra en Boiro no Salón de actos da casa da Cultura ás 20:00
• Mini e Mero, Tino Baz, Miro Casabella, García MC no Teatro Principal da Estrada
• Concurso `Ao mesmo son´: Berrogüetto, The Crass, Romasanta, JIT, Ataraxía e Vacalouras na sala El Inferno de Vigo ás 21:00
• Abóbriga na cafetería A Palma (Baiona) ás 21:00
• Noite de Tasca no Local Social de Cabrui (Mesía)

Sábado 4
• Som do Galpom no Roi Xordo de Allariz
• Zenzar no Pub O Muiño (Cervo)
• Keltoi na Sala "El Infierno" de Vigo
• Recambios Tucho na Sala CostaMar de Malpica
• Os Melidaos no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada ás 20:00
• IV Festival de Música Tradicional no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:00: Os alegres, Tanto Nos ten, A Ghaita do avó, Lume na Lareira, Xógara, Maianas
• Concerto Euskadi-Galiza en Compostela na Gentalha do Pichel ás 22:30
• Foliada de acordeóns na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo)
• Foliada no Cruceiro de Feás (Aranga)
• Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Domingo 5
• Pablo Carpintero en Boimorto na casa da cultura ás 20:00
• Machina no Lume e Ferro (Carral)
• Serán en Burgueira (Oia) a partir das 19:00
• Serán en Couso (Gondomar) a partir das 16:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer