Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Disco de Fonteliño
No ano 2002 un grupo de amigas, cunha afección compartida pola canción galega, pensaron na posibilidade de formar unha agrupación folclórica que lles permitise cultivar esa rama da nosa cultura popular. A idea callou de sucesivo.
Cando buscaban un nome para diferenciarse doutros grupos, alguén propuxo o de FONTELIÑO. Soaba ben e foi aceptado. Fonteliño é un lugar entre as parroquias de Cans e Atios, por onde pasa un pequeno regato que vai desembocar no río Louro. Cando pasa polo Fonteliño faino entre pedras nuns rápidos, e o seu paso por elas é unha constante cantiga.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 23-12-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Avelaiña
AVELAIÑA
CICLO

CICLO. O espazo do ano no que nos atopemos da lugar a distintas actitudes nos pobos. Viviranse situacións diferentes segundo a estación, o mes no que cheguen a Galicia. Actitudes, sentimentos, situacións e costumes que van desde a alegría e a festa nos meses do verán ata o recollemento no mes de defuntos e no inverno, pasando pola tristeza e a reflexión do outono ou o renacer que todos podemos sentir coa primavera.

AVELAÍÑA recolle toda esta variedade nas pezas da súa 4º disco titulado "Ciclo". Un CD conceptual que pretende ser o eixo central dunha proposta escénica chamada O Ciclo DO CAMIÑO e na que o grupo quere dar a coñecer a súa música acompañándoa de proxeccións, narracións efectos de son e luz.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 23-12-2010 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria de Siareiros Galegos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2010 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Os Alegres no Alalá

Hoxe, mércores, día 22/12/2010

A formación que hoxe nos achega Alalá, como parte do patrimonio tradicional musical, é un dos grupos de gaiteiros máis antigos dos que continúan en activo en Galicia, despois de levar setenta anos tocando ininterrompidamente, desde que o mítico gaiteiro de Mourente, Alejo Aboal, se xuntou con tres amigos para formar un cuarteto para animar as festas de Pontevedra e arredores. Á fronte do grupo está hoxe Dionisio, o fillo de Alejo, acompañado dos seus propios fillos, primos e sobriños.


Ademais de tocar, o grupo "Os Alegres" chegou a formar unha escola de gaiteiros e percusionistas para cando necesitaban músicos porque había que substituír os que tivesen que ir traballar ou estaban enfermos. Hoxe apenas hai grupo na provincia de Pontevedra en que non toque algún dos seus alumnos.

Outra das razóns polas que "Os Alegres" son moi coñecidos é porque fabrican instrumentos tradicionais, como gaitas, bombos e tamboriles, que comezaron a facer tamén por propia necesidade, para abastecerse eles mesmos. Desde que crearon o obradoiro en 1978, veñen realizando un labor de investigación que lles permitiu recuperar instrumentos que case non se utilizaban e que hoxe comercializan nas feiras de artesanía ou no propio obradoiro.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-12-2010 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Zimmer 103
Zimmer 103 edita o seu segundo disco, "Exilio interior", un quebracabezas de sons e influencias, coa identidade, o humor ou o abraio polo mundo árabe como alicerces

"Indixenismo electrónico". Galaico, e fusionado con sons doutras latitudes. Así define Zimmer 103 o seu segundo disco, Exilio Interior, que desde hai uns días pode descargarse desde A Regueifa. Despois do seu primeiro traballo, Hatt Trick, Zimmer 103 -Xermán e os seus colaboradores, en realidade-, volve sorprender coa súa música feita na casa, que tanto versiona O carro de Manuel María como conta historias de Galiza-kepap con Galicola ou dunha señora que guinda ó contedor os anacos do seu home descuartizado mentres un rapaz tenta aparcar ó lado. Pura loucura.

A identidade, -contemporánea, construída a retallos de aquí e de alá-, a ecoloxía, o humor ou o abraio polo mundo árabe son algúns dos elementos que compoñen o quebracabezas de Exilio Interior, mostra da revolución en marcha dos músicos que, co seu ordenador e a súa imaxinación como armas, refrescan a cultura popular co sampleo, a mestura atrevida, sen medo ás vacas sagradas.

FannyAlexander, Projecto Mourente, Galegoz... poderían ser, cada un co seu estilo, compañeiros de viaxe de Zimmer 103. "De feito, eu decidinme a facer isto despois de escoitar unha entrevista na radio con Projecto Mourente, que me influíu moito", conta. Xermán viña de Skornabois, grupo no que tocaba a guitarra. "Fomos dos primeiros en meter algo de electrónica no rock", lembra, así que a evolución tampouco é, se cadra, tan rara.

A guitarra é precisamente, -como o baixo, a harmónica ou o sitar hindú-, un dos instrumentos que se poden escoitar en Exilio Interior, no que tamén soan artiluxios de xoguete. A carón deles, de todo: desde latexos do corazón da filla de Xermán cando aínda non nacera, até unha gravación dunha partida de billarda ou o célebre Como están ustedes? de Miliki. Nas letras, a variedade non é menor. Labirintos de ecuacións trasládanos a un inverno nuclear con chuvia ácida no xardín; Circu -con letra en bable- é un poema do asturiano Carlos Sauri; Exilio interior inventa o menú especial dos muyahidins galaicos, con salsa dos territorios ocupados de Herbón; Road movie rescata o recordo da illa de Madeira; A xugada homenaxea a O Xestal e Polo carreiro do can aos regueifeiros...

O tema que lle dá título ó disco ten unha unha historia ben curiosa. Comeza cunha voz dun xogador de billarda, para acabar co menú do exilio interior dos muyahidins galaicos. E conecta a Zimmer 103 con Mafia Galega, o grupo de hip hop do lugués emigrado en Suíza Paco (aka Don Mangante). Paco e Xermán son de Lourenzá, e Mafia Galega púxolle música ó himno da Liga Nacional de Billarda, da que Xermán é membro.

Mafia Galega representou a nosa música con este tema, Billarda sempre, -con letra de Xabier Cordal-, no Liet Internacional, unha sorte de Eurovisión para grupos que cantan nas linguas sen Estado. Zimmer 103, Mafia Galega ou Galegoz son algúns dos músicos que van participar no disco República Billarda, de próxima aparición.

Completan o disco Non canta na chá ninguén, coa letra de Manuel María pero cun enfoque ben distinto ó que lle deron Fuxan os Ventos; e a delirante Dálle que libras -a da señora que mata o marido-. "Por que non imos mesturar a música electrónica cun poema de Manuel María", reflexiona Xermán.

DATOS "Contemporánea e particular"

"Esta é a música que debería soar de xeito obrigado no fío musical dos supermercados e sobre todo nas tendas de roupa do grupo Inditex, que tanto adoitan barrenarnos a cabeza coa música esta chunga que se fai con ordenadores", escribe sobre o disco o bloguer Traveseiro na introdución de Exilio Interior que se pode atopar na plataforma A Regueifa. Música "contemporánea e particular", segundo a define Zimmer 103, que ten que ver coa doutros grupos do país, e que se edita en creative commons.

"Non hai un movemento electrónico indie-galaico como tal, pero si xente que temos moitas ligazóns. E eu son admirador dos músicos que citas: Galegoz, Projecto Mourente...", comenta Xermán.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xa está á venda o Galeoke

Galiza é un país de artistas, iso é así. Non hai sobremesa, romaría ou festa de colegas que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música popular.

Que é o que faltaba? Facer diso un xogo. E nós non inventamos nada, claro que non, pero dímonos de conta (como todas e todos vós) de que coas ferramentas xa existentes non nos identificabamos en absoluto. Pero se nen sequera lle sabemos pronunciar ben o nome!

E de aí saiu a idea do Galeoke, da necesidade de encher un deses moitos ocos que aínda ten a nosa lingua.

É por esa necesidade que sabemos que o Galeoke ten o seu lugar tanto nos centros de ensino, empregado como apoio nas aulas de lingua ou música, como en reunións familiares na casa, en salas de concertos, nas festas do barrio ou da vila e un longuísimo etc.

A escolla do repertorio para este Vol. I non foi fácil. A lista de cancións podería ser case infinita, contamos na música galega cun nivel altísimo de creatividade en todos os estilos. Intentamos ter máis ou menos unha representación de todos eles, pero houbo moitas peneiras polas que pasar esa lista. A primeira, a importancia que para nós ten facerlle un sitiño no noso proxecto aos grupos que rexistran a súa obra baixo licenzas libres. Non por iso podiamos deixar de lado as cancións que forman parte da nosa historia ou que contan cun peso especial na cultura galega actual. E logo está iso de que unha melodía sexa “galeokable” ou non, que o choio este ten a súa ciencia.

Pero tranquilos, haberá polo menos un segundo volume, e un terceiro! (ou iso nos gustaría), e non quedará fora ningunha desas cancións que non vos explicades como é que non están.

www.galeoke.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2010 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega para agasallar no Nadal

O renacer da música tradicional está ben claro á hora de intentar escoller un traballo para regalar nestas festas. Imos ver algúns exemplos, dos máis coñecidos, para que vexades todas as variantes que podemos atopar dentro dun mesmo xénero.

O camiño entre a música popular e a clásica
Con Soas, Rosa Cedrón e Cristina Pato móstrannos esa viaxe, unha transición entre dous mundos con tantas cousas en común. Con temas populares da nosa terra e tamén con textos de grandes escritores como Celso Emilio Ferreiro ou Rosalía de Castro, este disco no que ademais de cancións a dúo aparece a Bratislava Symphony Orchestra, é unha opción ideal para alguén que non estea moi vencellado á música folk pero que sabe apreciar as cousas ben feitas. Un traballo que non pode faltar nas discotecas particulares.

A exploración para atopar as fronteiras do xénero
Moita da xente que desfruta coa música galega comezou da man de Mercedes Peón. A cantareira de Oza dos Ríos vén de presentar SÓS, unha viaxe polos seus anos de carreira, toda unha consolidación con novos ritmos pero sen esquecer a tradición. Por riba, o deseño é espectacular, cunha presentación nunha caixa de metal totalmente innovadora.

Tamén se pode a chegar á música folk por outra vertente, máis íntima, que recorda a viaxes musicais por Brasil, Cuba e demáis paises americanos pola variade de ritmos. Estamos a falar do Manual de sedución que presentou Marful hai un par de meses e co que é case imposíbel fallarlle a alguén.

Música galega para os máis pequenos
Eles tamén teñen dereito a desfrutar co noso, así que unha das mellores opcións é Mamá Cabra, que xa leva sete traballos co Ola, ola, la! que presentaron para este Nadal. E se non, seguen abertas as opcións do A nena e o grilo de Maxín Blanco ou o que sen dúbida foi a estrela durante este ano 2010, o Tic-Tac do coruñés Paulo Díaz.

Cando te convertes no protagonista do canto e o baile
E neste caso non serve o de que non se sabe bailar, porque Pesdelán ponlle unha solución ben sinxela a ese problema, incluindo no seu primeiro traballo Na punta do pé, un dvd onde se poden atopar as danzas sobre as que traballan, para que toda a familia se poña a bailar nas xuntanzas tan típicas.

Para cantar, non hai nada mellor que o Galeoke, un karaoke con temas galegos dende Berrogüetto até Os Resentidos, un agasallo que estou seguro de que vai a triunfar neste Nadal, porque todos o estabamos desexando.

Tamén xurdiu para este final de ano unha unión máxica entre Dónal Lunny, Michael McGoldrick e Xosé Manuel Budiño que tivo de froito o Celtic Roots, que se presenta como proxecto educativo para afondar no coñecemento e comunicación entre nenos galegos, ingleses e irlandeses. De verdade, ver a McGoldrick e Lunny tocar o "Pirimpimpim" no dvd rodeados de nenos non ten prezo.

O folk de sempre
E falando de grupos míticos, ten que estar Luar na Lubre. Acaban de sacar o seu novo traballo discográfico, que leva por nome Solsticio e que deixa patente o selo que os caracteriza dende un punto que pode recordar a música medieval. Tamén se buscamos folk podemos coller o disco de A Banda das Crechas, un repaso por tantos anos de foliadas no coñecido pub santiagués con temas galegos e de fóra.

O poder da voz
A produtora Músicas de Salitre saca o seu quinto disco, cos músicos Guillermo Fernández e Xabier Díaz, que foron os que levaron adiante esta iniciativa, sae ao mercado tamén Arrolos de Salitre, un disco que seguro que seguirá completando o camiño iniciado con Músicas de Salitre, Espido, Coplas para Icía e Benzón para que a voz tome un papel protagonista. O coñecido Coro da Rá de Santiago presentou o traballo Fraxil, unha aposta polas voces galegas con esa peculiar formación.

Penso que hai un lote de opción sonde elexir, así que a mercar cultura, que non hai mellor forma de agasallar a alguén e ademáis de axudar á xente da nos aterra, que nestes momentos ben merecido que o teñen todos eles.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2010 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Gotas de sal e alalás na noite máis agardada
Seguindo co ronsel de propostas para agasallar este Nadal hoxe presentamos un abano de xoias. Se o que queres é ser o rei nas pistas de baile e quedar como o mellor á hora de marcar unha muiñeira, deberías correr ao teu quiosco e facerte con ‘Na punta do Pé’, o regalo estrela deste 2010. Se es especial como Sara en ‘Fálame’ ou Sofía en ‘O tigre que veu tomar o té’ e ademais sabes ‘Que fai falta?’; daquela mereces todo o mundo de Kalandraka por Reis

Que fai falta para triunfar este Nadal á hora de agasallar? A resposta ben podería resumirse en coñecer as novidades de Kalandraka Editora. Esta editorial non fai máis que superarse e se o ano pasado sorprendía co libro-CD de Pablo Díaz Tic-Tac, tan escoitado e trillado polos nenos neste 2010, este ano propón o que pasará a ser o libro-CD-DVD da próxima década. Unha invitación directa ao pracer de cantar e bailar o noso patrimonio tradicional, Na punta do pé.

Un completo repertorio que une melodías galegas, brasileiras e portuguesas cun esquema básico que se resume na simplicidade á hora de bailar as pezas e de achegarse ao público. Trátase de unir pedagoxía e música. Un traballo inmenso o desenvolvido pola formación de Teo Pesdelán ilustrado simpaticamente por
João Vaz de Carvalho. Compromiso coa recuperación da cultura lúdica e activa das festas e verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á creación desta obra para que sexa compartida por público de todas as idades, logrando ademais un material cunha potente dimensión educativa para o seu aproveitamento nas aulas.

No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés –mesmo algún de orixe brasileira– con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe catro versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.

Seguindo coas novidades de Kalandraka tamén temos quereferirnos a Fálame, a historia de Sara, unha cativa especial porque aínda que non se fai referencia explícita á enfermidade do autismo, sabemos que é isto o que lle pasa. Trátase de que os demais nenos aprendan a convivir coa enfermidade para que saiban que o diferente faise especial, faise agarimo infinito e distinto. Sara ilumina como nos iluminan todos os pequechiños que sofren ou padecen doenzas. Os textos de Marco Berrettoni Carrara rozan a poesía na gran tradución de Xosé Ballesteros e as ilustracións de Chiara Carrer aloumiñan a grandeza destes seres dotados de mil e unha emocións na flor da pel.

O tigre que veu tomar o té é un dos libros máis populares, valorados e vendidos das últimas décadas en numerosos países. O álbum, que data de 1968, convertuse nun clásico contemporáneo, co que creceron varias xeracións de lectores. Trátase dun relato ideal tanto para ler en voz alta, como para ser lido de forma autónoma. Sofía é unha pequena que vive con papá e mamá. Un día, á hora, do té, preséntase un tigre e acaba con toda a comida que hai na casa.Con textos e ilustracións de Judith Kerr a tradución ao galego correu a cargo de Xosé Manuel González.

E a última das propostas de hoxe é Que fai falta?, divertido e orixinal álbum de María e Paola Ferretti Rodari de esencial sinxeleza cun razoamento dedutivo ou siloxismo vestido á perfección coas colaxes de Silvia Bonanni. O relato segue unha sucesión lóxica e graduada sobre a orixe dun obxecto cotián, que culmina no máis fondo e, á vez, fermoso da natureza.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2010 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Arrolos de Salitre´
Unha cáscara de noz convertida en barco

Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández presentaban no centro escolar Andaina o seu novo traballo “Arrolos de salitre”, no que se agocha un traballo de investigación polo que a parella andivo na búsqueda de cancións para nenos, ás que lles sumaron composicións propias e a voz de nove amigos. O resultado é sinxelo, igual que un barco feito cunha noz.


Proba de que os arrolos de sempre son máxicos é que unha nena se quede durmida en medio dunha actuación en directo.

E pasou. Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández non podían presentar o disco “Arrolos de salitre” noutro sitio que non fora un colexio. Así foi como unha guitarra e un acordeón soaron no centro escolar Andaina para dar paso ás interrogantes, que saen dos nenos por un conducto directas. Isto fai que todos levanten a man. E pregunten.

Os pequenos quixeron saber se eses dous estraños que tocaban melodías suaves na súa clase tiñan algún día do ano vacacións para facer castelos na area e interesáronse tamén no por que do disco. Quixeron saber se lles gustara facelo.
Guillerme Vázquez explicáballes que si, que estaban encantados porque lles parecía moi importante o contacto dos rapaces coa música en galego e “que escoitasen cantar no seu propio idioma”. O guitarrista introducía aos pequenos o álbum xustificando o seu título. Dicía que se chamaba así porque son cancións para nenos que beben do salitre, que é inherente aos dous que comparten grupo –Berrogüetto– e selo discográfico, Músicas de Salitre.

Os autores falaban do proceso de selección dos temas, que foi máis ben un rescate dun cancioneiro popular que doutro xeito, se perdería na memoria. Xabier Díaz e Guillerme Fernández percorreron distintos puntos da xeografía galega coa gravadora na man para sacarlle ás mulleres de idade avanzada todos aqueles arrolos que regalaban a seus fillos. Trátase por tanto dunha volta aos cantos populares para recoller, por exemplo, unha composición pensada por un pai, que foi quen de inventar gaiteiros de vainilla para facer adormecer a seu cativo co fin de que soñara cousas bonitas.

Nenos e maiores > Pero lonxe de ser un disco exclusivo para os máis baixiños da casa, “Arrolos de salitre” está tamén feito para os maiores, que contan xa cun material para cantarlles en galego. Desta forma, explicaban atenden a unha franxa de idade un tanto apartada do repertorio de grupos tradicionais.
Por outro lado, os autores aportan composicións propias e o conxunto de once temas entre novos e tradicionais aparecen no CD interpretados por “amigos cantantes, que non son excesivamente coñecidos”, explicaba Díaz aos nenos.

As voces son Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Cribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño. Ademais da guitarra e o acordeón, está tamén o instrumento inventado de Quim Fariña, xunto a Pedro Lamas e Suso Iglesias, e un conto da escritora Lupe Gómez.

O traballo publícase en dúas edicións: unha sinxela co disco e outra especial composta por unha caixa reutilizable coa imaxe da portada, un babeiro e unha postal. Aínda que non teñen datas pechadas para presentalo en directo, os dous prometeron unha nova parada na cidade, na que naceu Xabier Díaz.

Foi aquí onde soplou forte por primeira vez para encher o fol dunha gaita e case que desiste no intento, sinalaba, pero pillou o truco a tempo para regalar sons a este país. Nesta produción, os cantos miúdos son grandes á vez igual que unha simple cáscara de noz, feita barco cun trozo de plastilina e un palillo a modo de vela.

www.elidealgallego.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2010 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Perfecto Feijóo e o Rexurdimento da emoción pola Terra
Perfecto Feijóo e o Rexurdimento da emoción pola Terra
Director: Moncho do Orzán
Duración: 08:32
Ano: 2009


OrzanGZ: Que é un Coro Galego? É un conxunto de gorxas bravas que cantan a emoción da Terra cos instrumentos propios para ela (a gaita, o tamboril, o pandeiro...). No ano 2009 cumpríronse 90 anos da homenaxe que os Coros Galegos lle brindaron ao seu fundador, Perfecto Feijoo, en Pontevedra (31-08-1919). Este pequeno documentario lembra aquel acontecemento tan sinalado.



http://ahoradosmouros.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 22-12-2010 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Carlos Nuñez
O gaiteiro vigués, que hoxe actúa en Pontevedra e mañá na Coruña, continúa coa aventura iniciada con espírito de explorador en «Alborada do Brasil»

Aínda que leva dando voltas polo mundo coa súa Alborada do Brasil desde xuño do 2009, foron escasas as ocasións nas que Carlos Núñez presentou en directo en Galicia o seu proxecto sonoro, no que descobre as conexións esquecidas entre a música galega e a brasileira. Pero antes de que finalice o 2010, o internacional gaiteiro ten dúas citas preto de casa. A primeira, hoxe no Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra, nun concerto en colaboración coa asociación Mil Futuros cuxa recadación se destinará a Unicef; e a segunda, mañá no Palacio da Ópera da Coruña, onde, segundo recorda, non tocaba desde hai polo menos cinco anos. «Os dous van ser concertos co grupo ao completo, pero vén tamén a violinista irlandesa Niamh Ní Charra, á que nomearon Musician of the Year, e o percusionista de Salvador de Bahía Alan Sousa, que tocou con Carlinhos Brown. Ademais invitamos a catro novos talentos da gaita: Lorena Freixeiro, Abraham Fernández, Estíbaliz Santamaría e o cuarto cambia. Na Coruña será Agustín Sánchez e en Pontevedra, Bruno Díaz». «Van ser uns concertos do Nadal moi apetecibles, onde tamén soarán outras cancións», advirte.

«Alborada do Brasil» foi unha experiencia moi arriscada. ¿Valeu a pena?
A música celta é un xénero que se foi consolidando e parte dun imaxinario que xa existe. A ninguén lle choca a colaboración entre galegos e irlandeses. En cambio, o imaxinario galego-brasileiro está por construír. O mundo non sabe que Brasil fala a lingua máis parecida ao galego que existe, se non é a mesma. O repertorio funo tramando ao redor de moitas investigacións. O primeiro instrumento que escoitaron os indios cando chegaron os portugueses foi a gaita. Houbo gaiteiros negros e indíxenas ata o século XIX. Despois desapareceu en favor da guitarra, porque houbo unha batalla campal entre o mundo medieval da antiga Gallaecia e o novo mundo. Pero a alma da gaita aínda non morreu na música brasileira. Está escondida nas melodías e o que fixen foi volver tirar do fío e levala cara ao noso terreo.

E cal foi o resultado que logrou con este traballo?
Pois o resultado foi que empezan a descubrir, por exemplo, que gran parte da súa música é prebarroca, que aínda se conserva no Brasil interior. Iso sorprendeulles moito aos propios brasileiros. Paulo Coelho é dos poucos que explorou esa parte máxica medieval do país. Pero esa investigación, ou intuición, na música aínda non se produciu. E eu estou encantado de que este gran esforzo que fixemos xa estea a empezar a dar froitos. Por exemplo, levamos varios meses preparando unha banda sonora para a compañía de danza contemporánea Corpo, de Minas Gerais, que está considerada como unha das mellores de Latinoamérica. A eles adóitanlles facer a música para os seus espectáculos artistas tan recoñecidos como Caetano Veloso ou Tom Zé. Este ano encargáronnola a nós e é unha gran honra que os brasileiros entren neste xogo. Parece que o soño de reconstruír a ponte galego-brasileiro pode ser posible.

Hai outro Brasil que tamén nos toca a nós descubrir?
Exacto. O Brasil á marxe da foto turística é o que conecta máis connosco. Non todo é fútbol e samba, como España non é todo flamenco e touros. Tócanos reivindicar ese Brasil galego, esa cousa tan potente que está aí.

Como se presenta o Nadal para Carlos Núñez?
É moi probable que xusto despois dos concertos de Pontevedra e A Coruña, xusto despois do día de Nadal, teña que irme a Brasil. Está a ter tan boa acollida a banda sonora entre a gran familia dos músicos brasileiros que hai varias vacas sacras que van participar gravando para este traballo e eu teño que estar en persoa, así que é posible que pase o Fin de Ano alí.

Á marxe da banda sonora para a compañía de danza, ¿pensa xa no próximo disco? ¿Haberá un novo pronto?
¡Quen sabe! É que cada disco me leva polo menos tres anos. Pero creo que Alborada do Brasil aínda ten percorrido. De todos os xeitos, é moi posible que o que hoxe coñecemos como discos cambie moi pronto. É moi posible que desaparezan. Se cadra o próximo que saque xa non será un disco, será outra cousa. Hai novas formas de comunicar a música. E aínda que xa non se venden discos como antes, estou moi contento porque recibimos críticas magníficas con este último traballo. O 2011 ímolo empezar cunha xira de 30 concertos en Alemaña, onde Alborada foi nomeado para os Premios da Música do país no apartado de World Music. Despois seguiremos por Francia.

Vostede tocou con moitos músicos de prestixio. Ten algún soño por realizar neste sentido?
Sempre hai soños por realizar, por suposto que si, pero aos poucos. Xa cumprín moitos. Hai poucos días falei con Luz Casal. Parece que está moito mellor e o certo é que me apetecería facer algo con ela de novo. O Negra sombra gravámolo nos 90. Seguimos tendo moita amizade e de cando en vez tocamos xuntos, pero me encantaría volver gravar algo da intensidade daquel Negra sombra con Luz Casal.

La Voz de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2010 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Aniversario de Donaire (A Coruña)
Xa hai dez anos do nacemento da Asociación Cultural Donaire e o 26 de Decembro queremos festexalo por todo o alto cunha gala no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

Con moitas sorpresas, esta gala amosará o traballo desenvolto ao longo destes dez anos de vida da Asociación, coa súa parte de música, pandeireta e como non, de baile.
Agardamos vervos por alí xa que será unha data moi especial para nós.

A gala será presentada por Xabier Díaz.

Mercar entradas:
- Billeteira da Praza de Ourense
- Servinova ( www.servinova.com/) Recinto > Teatro Rosalía de Castro > Dez anos con Donaire

Prezos:
- Xeral: 5/7 €
- Reducida: 3/5 € (Carné xove, desempregados e +65 anos)
_____
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 20
• Cantos de Reis no Forum Folk (A Coruña)
• Malvela en Mos
• Miguel Alonso na Casa das Crechas (Compostela)
• Xabier Diaz, Guillermo Fernández e Guadi Galego no Ultramarinos (Compostela)

Terza feira 21 (Martes)
• Xabier Diaz, Guillermo Fernández e Guadi Galego no Ultramarinos (Compostela)
• Sobre Rodas na Dicotasca (Redondela) ás 22:00

Corta feira 22 (Mércores)
• Mamá Cabra en Outes
• Carlos Nuñez no C. S. Novacaixagalicia de Pontevedra ás 21:00
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 23 (Xoves)
• Mamá Cabra en Verín ás 18:00
• Carlos Nuñez no Palacio da Opera da Coruña ás 21:00

Sexta feira 24 (Venres)

Sábado 25
• Mamá Cabra en Mos ás 16:30 no Multiusos das Pozas
• Foliada de nadal do Fiadeiro, no Calvario (Vigo) ás 21:00

Domingo 26
• Gala Donaire no Teatro Rosalía de Castro
• Bellón Maceiras no Festival de Panxoliñas de Dodro
• Tanxedoras e Os Terribles de Donas no C.C. de Vincios (Gondomar) ás 18:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2010 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Finou o gaiteiro Paco de Escornabois
Hoxe marchoúsenos o Sr. Paco de Escornabois a botarlle as alboradas a San Pedro e os seus compañeiros ao ceo.

Estivera fai unhas semanas ingresado, déranlle de alta o pasado venres.
Fai medio ano mercara unha gaita midi para poder seguir tocando, a gaita era a sua vida.
Aínda estiveramos tocando con el en agosto nunha festa en Escornabois, el tocando enchufado e nós coa gaita acústica no campo da festa.

O funeral e enterro será mañá en Escornabois ás 17:00.

Unha aperta
Félix Castro
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 17 (Venres)
• Carlos Nuñez no FNAC da Coruña ás 18:00
• Pesdelán ás 18:30 na librería Libros para Soñar (Vigo)
• Bellón Maceiras na praza do Concello de Fene
• Som do Galpóm na sala Aqua (Guitiriz)
• O Sonoro Maxín na sala 600 (Melide)
• SkandaloGZ e Mortos en Vida na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Sábado 18
• Festa Monteira en Nespereira (Pazos de Borbén) ás 20:00
• Ruxe-Ruxe no pub Gatos (Melide)
• Machina no pub D´Antón (Laracha)
• Zenzar no Pub Badulake (Ordes)
• Loretta Martin no Garufa (A Coruña)
• Falperrys na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Carlos Blanco e Manecas Costa no C.C. e Xuvenil Estrada de Miraflores de Muros
• V Festival de música e baile Rebulir (Ramirás)
• Cantos na Maré no Pazo da Cultura (Pontevedra): Lenine, Guadi Galego, António Zambujo e Aline Frazão
• Luar na Lubre en Vilanova de Lourenzá (Lugo)
• Serán en Val-Sobral (Soutomaior)

Domingo 19
• Tic Tac no Auditorio de Gondomar ás 12:00
• Mamá Cabra en Ordes na sala LP ás 17:00
• Xabier Díaz no C.S As Fontiñas (Compostela) ás 18:00
• The Turre´s Band no Baba Bar (A Coruña)
• Serán en Parada de Achas (A Cañiza) no Teleclub do Feirón ás 18:00
• Serán familiar no CSC Xosé Saramago de Vite (Compostela) ás 17:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
18 de decembro
- Serán en Val-Sobral (Soutomaior)

19 de decembro
- Serán en Parada de Achas (A Cañiza) no Teleclub do Feirón

8 de xaneiro
- III Seran de Silvoso (Pontecaldelas) no adro da festa

14 de xaneiro
- Serán de San Amaro - Traspielas (Fornelos de Montes)

15 de xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

12 de marzo
- Serán de Laxoso

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-12-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro-cd-dvd NA PUNTA DO PÉ en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Val Sobral (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-12-2010 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Parada de achas (A Cañiza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-12-2010 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Serán familiar en Compostela
SERÁN FAMILIAR

Domingo 19 de decembro, a partires das 17h30,
CSC Xosé Saramago de Vite (Rúa de Carlos Maside, núm. 7)


A AC Seráns en Compostela e a Concellería de Cultura e Centros Socioculturais do
Concello de Santiago organizan un serán no que se dean cita nais, pais, nenos, avós, curmáns,
veciños...

Con esta iniciativa, queremos contribuír a que os máis pequenos atopen un torreiro
onde tocar e botar os puntos que aprenden nas clases, que se xunten con rapaces e rapazas
doutras asociacións, xoguen, bailen e vexan pouco a pouco que o baile e a música tradicional é algo vivo, que é outro xeito de coñecerse e divertirse.

O serán comezará ás 17h30 e contaremos coa participación das escolas de Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar e Ultreia. A entrada é de balde.

Máis información

www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-12-2010 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na maré 2010 (Pontevedra)

Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro no estado español, que a través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces. CNM amosa que desde a lingua galega se poden tender pontes que nos acheguen a outras culturas emerxentes, á vez que sitúan a nosa cultura no mundo.

Sábado 18 de decembro de 2010, 21:00 h no Pazo da Cultura de Pontevedra
- Lenine (Brasil)
- Guadi Galego (Galiza)
- António Zambujo (Portugal)
- Aline Frazão (Angola)


De novo baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges, o espectáculo xunta no escenario voces novas e outras consolidadas. Catro talentos que se mesturarán nun espectáculo exclusivo. Íntimo e multicultural.

Ficha técnica
Dirección artística: Uxía
Dirección musical: Paulo Borges
Banda base
- Paulo Borges, Azores–Portugal (piano)
- Xacobe Martínez Antelo, Galiza (contrabaixo)
- Quiné, Portugal (batería e percusión)
- Rubén Santos, Portugal (trombón)
- Sérgio Tannus, Brasil (guitarra e cavaquinho)

Entradas
Venda anticipada
Entrada: 8 € + gastos de xestión
Á venda nos teléfonos 902 504 500 e 986 110 500 ou en www.caixanova.es.

Billeteira (sábado 18)
Entrada: 10 €
Teatro Principal: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h
Pazo da Cultura: de 19:30 h ao comezo do espectáculo

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-12-2010 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir (Ramirás)
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir do Concello de Ramirás organiza o V Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir que se celebrará o vindeiro sábado 18 de decembro ás 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando coa presenza de grupos chegados desde Galicia, León, Euskadi, Portugal e Venezuela.

Os grupos participantes son:

- REBULIR (Ramirás)
- AIRIÑOS DA LAGOA (Baiona)
- GRUPO MARAGARO DE VAL DE SAN LORENZO (León)
- GAZTEDI DANTZARI TALDEAI (Euskadi)
- GRUPO FOLCLÓRICO DE PINHEIROS (Portugal)
- GRUPO ALMA LLANERA (Venezuela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Monteira en Nespereira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2010 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Zënzar pecha a xira de `A tribu´

O grupo Zënzar pecha a xira do seu disco A tribu o vindeiro sábado, 18 de decembro, a partir das 23:00 horas na Sala Badulake de Ordes, cun concerto no que estarán acompañados de Os Do Monte Xalo. A banda de Cerceda promete para esta cita preto de tres horas de rock. Despois adicarán un tempo a facer temas novos para o que será o seu sexto disco.


A Tribu (2009) é un álbum que contén trece temas rockeiros, "estilo Zënzar" como din eles no seu myspace, con "arroutadas punks, heavys e tradicionais", e falan "das súas raíces nunha aldea que esmorece, da súa condición de galegos sen complexos e dos seus inicios rockeiros".

Zënzar forman un dos grupos de rock máis consolidados da escena galega. Foron creando, de directo en directo, o seu público, desde que comezaron no 1987, cando facer rock en galego aínda non era moi habitual. Da formación inicial quedan Bocixa á voz, Tabe ó baixo e Manolo á batería, ós que se unen Mario Grela e Paco Cerdeira. Teñen cinco discos oficiais e varias maquetas. E foron dos iniciadores do movemento de grupos que saíu de Cerceda, con bos resultados como a creación de Machina.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2010 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Sala Nasa (Compostela)
Xoves 16 de decembro (21h)
Sala Nasa (Rúa de San Lourenzo nº 51, Compostela)


Serán: festa participativa propia do tempo en que non hai verbenas, e que comeza,
claro, polo “serán”, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor
xeito de facer festa, tocar, cantar e bailar...

Quen vén tocar esta noite?
21h . Obradoiro de baile a cargo de Pablo Díaz
22h15 . Donaire
23h . Bailadela
23h45 . Traspés

Máis información

www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-12-2010 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro e a Real Filharmonía celebran hoxe os vinte anos de Proxecto Home

O concerto terá lugar no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas

O grupo galego Milladoiro e a Real Filharmonía de Galicia colaborarán nun concerto conxunto o próximo 16 de decembro no Auditorio, en Santiago de Compostela, con fins benéficos, para celebrar o vixésimo aniversario da ONG Proxecto Home. O presidente de Proxecto Home en Galicia, Ramón Gómez Crespo, afirmou, nun encontro cos medios, que o concerto é "moi especial", posto que reúne dous conxuntos musicais que colaboraron anteriormente coa entidade.

O director asociado da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, tamén presente na rolda de prensa, defendeu esta colaboración a favor da ONG argumentando que, pese que se asocia "a música con momentos de alegría", esta arte ten tamén que chamar a atención sobre os problemas" da sociedade. Pola súa parte, o músico e membro de Milladoiro Ramón García gabou as accións de Proxecto Home, co que colabora case dende a súa fundación, e asegurou que é "un pracer" participar nesta homenaxe, chanceando entre risas que ao grupo "lle parecese mal" que non convocase para esta ocasión.

O concerto iniciarase na sala Ánxel Fole del Auditorio de Galicia ás 20.30 horas. Tanto a Filharmonía como Milladoiro tocarán parte do seu repertorio por separado, e segundo adiantaron os seus representantes, se "atreverán a facer algo conxuntamente".

CONCERTO SEN ÁNIMO DE LUCRO
As entradas, dixo Gómez Crespo, terán "un prezo simbólico" de 12 euros, e a recadación destinarase ao Proxecto Home. Non obstante, o presidente do Proxecto Home en Galicia declarou que o concerto non se realizou para conseguir diñeiro. Proxecto Home, que se dedica ao tratamento e a prevención das adiccións, realizou outras accións para conmemorar os seus vinte aniversario, como a exposición 'Arte e solidariedade' ou a edición do libro 'As comunidades terapéuticas de proxecto home: Historia, realidade presente e perspectivas de futuro'.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao novo disco de Sondeseu

É meritorio que no noso país teñamos unha orquestra folk que marque tendenza a nivel europeo. Os traballos de SondeSeu seguen a ser sólidos, con boa man para os arranxos, nos que, nesta ocasión, ten moito que ver Rodrigo Romaní, e ofrecen unha ampla visión da música galega na que as diferentes seccións de instrumentos e voz saben ocupar o seu lugar. Disco no que quizais notemos en falta algunha peza que chegue a superar o bo ton xeral.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco da Banda das Crechas
A Casa das Crechas converteuse nun lugar de peregrinaxe para os folkis. Alí foron nacendo foliadas cos músicos que vivían en Compostela pertencentes a diferentes conxuntos, e ese espírito pretende ficar fixado nesta obra.

Navegando entre pezas galegas e influenzas sonoras doutras latitudes, o disco é máis que unha xuntanza de bos músicos pretendendo divertirse porque contan cuns arranxos coidados que fan do álbum un traballo interesante.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao novo disco de Marful
Este grupo naceu con forza cunha proposta diferente, na que queren afondar neste segundo álbum, mais nesta ocasión a frescura nas composicións da ópera prima foise cara a outros lugares.

O que propoñen os Marful está ben e contan cun bo conxunto de músicos para levalo adiante, pero cando os temas non producen enganche e provocan desatención do ouvinte non hai nada que facer para sacar adiante un disco fallido.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco de Soas
Interesante unión do universo da música clásica e pezas populares da música galega a comezada nesta obra polo dúo composto por Pato-Cedrón.
O engadido dunha orquestra nalgunha das pezas incluídas aporta un plus ao piano e a voz das protagonistas.

As artistas sacan adiante con solvencia o repertorio elixido e amosan ter as ideas claras e gusto á hora de se enfrontar a temas moi recoñecibles para todo o mundo.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao novo disco de Mercedes Peón
O gran mérito da coruñesa é posuír unha personalidade musical moi acusada e crear un mundo propio inimitable no que se move con comodidade. Nesta obra volve manifestar un universo sonoro propio no que, por momentos, aparece o seu talento. Magoadamente iso acontece en poucas ocasións, resultando a obra un álbum que semella, na primera escoita, máis orixinal do que é, xa que a repetición de ideas acaba resultando por desilusionar.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Peón presentou o novo disco
Mercedes Peón funde as súas vivencias sonoras acústicas e electrónicas no disco «SóS»
A artista explicou que realizou do seu traballo para os medios que o álbum está formado por «capas» que interaccionan cos espazos nos que viviu distintas situacións


Influenciada por incursións noutras disciplinas, como a danza e o cine, SóS, o novo disco de Mercedes Peón «está cheo de sensacións que nos transportan a espazos distintos do mero son ou canción». A propia artista explicou onte na presentación que realizou do seu traballo para os medios que o álbum está formado por «capas» que interaccionan cos espazos nos que Peón viviu distintas situacións.
Sen máis acompañamento que dous pratos, unha caixa, un clarinete e unha caixa de ritmos electrónica, Mercedes Peón, como única intérprete, avanzou no escenario do Centro Galego de Arte Contemporánea dúas desas capas, nacidas de dúas viaxes, un a Marrocos, e a outro, a Brasil. En marzo ten previsto ter conformada a banda que a acompañará polos escenarios, un grupo no que «haberá sorpresas», dixo, e que estará supeditado «á creatividade musical».

SóS, cuxo título está escrito en morse (...---...), concentra gran cantidade de imaxes, paisaxes, saltos no tempo, «intuicións e realidades vividas dentro e fóra dás nosas fronteiras».

Nalgunhas das composicións, o concepto electroacústico está moi presente, formando parte dos ambientes e ruídos que lle dan unha tensión especial a este traballo.

La voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Alianza de fusións para crear un universo mellor

Berrogüetto e Carmen París mesturaron música e filosofía arroupados polas Pandereteiras de Cantigas e Agarimos

Cunha colección de sons orgánicos que recollen a alma do grupo. Así foi como comezou o Nadal na Universidade de Vigo, que celebrou no Centro Cultural Novacaixagalicia o seu tradicional concerto con protagonistas moi vencellados á innovación e á experimentación: os sete integrantes de Berrogüetto. A súa proposta foi unha viaxe case astral ata o berro inicial do universo á que leva o seu quinto traballo, ‘Kosmogonías’, unha síntese entre música, filosofía e ecoloxía coa que sentar as bases dunha mellor relación co planeta e un voto pola igualdade cando se cumpren 20 anos da chegada da muller á universidade. Para conmemoralo e contrarrestar a un grupo composto por homes, todas as invitadas da noite foron mulleres. "A revolución ten que rematar e entregarse a igualdade definitiva entre ambos sexos sen ter que esperar demasiados anos neste comezo turbulento de século", comentou a nova adquisición do grupo, Xabier Díaz, que quixo agradecer "a especial sensibilidade que a Universidade de Vigo ten coa música galega dende sempre".

O concerto arrancou con 'Ataque de Jota', cun Berrogüetto que mantén a súa identidade, un estilo persoal marcado pola mestura da música tradicional galega con novos sons. Por iso, a presenza de Carmen París sobre o escenario encaixaba como anel ao dedo. Despois de comer "dúas ducias de ostras na Pedra e unha de mexillóns", a artista zaragozana amosou unha vez máis que á hora de fusionar estilos e ritmos diferentes non ten rival. "É unha das voces da península por excelencia, cunha gran traxectoria e unha persoa comprometida", presentou Anxo Pintos, outro dos compoñentes do grupo. A dúo con Xabier Díaz, París foi capaz de por a pel de galiña a todo o auditorio cantando incluso "unha jota moruna con marcado acento caribeño".


Éxito rotundo
Un concerto exclusivo e único do que puido gozar un teatro ateigado con preto dun milleiro de espectadores que escoitaron de primeira man os novos traballos destes artistas. Un público de todas as idades entre o que non podía faltar boa parte do Equipo de Goberno (coa presenza, entre outros, dos vicerreitores de Economía e Planificación, Xosé Manuel García; de Alumnado, Docencia e Calidade, Ignacio Barcia; de Relacións Internacionais, Manuel Fernández; ou de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas), así como representantes do Concello de Vigo, como o alcalde, Abel Caballero; o tenente de alcalde, Santiago Domínguez e diversos concelleiros.

Todos puideron escoitar unha música mesturada con poesía galega cos acordes de 'Alalá da noite', unha canción musicada por Quico Comesaña a partir dun poema que Manuel Rivas enviou ao grupo "como agradecemento tras un concerto hai dous anos". Foi o anticipo doutro dos pratos fortes da noite: a presenza das Pandereteiras de Cantigas e Agarimos, que levan moitos anos acompañando a Berrogüetto nalgunas das súas andanzas. "Galicia está chea de talento e arte, persoas cunha pericia extraordinaria que fan cousas que en calquera parte do mundo chamaría a atención pero que aquí quedan nun segundo plano, reducidos a aderezo para actos. Hai que tomar conciencia diso, valoralos como se merecen: cando toque un grupo de pandereteiras ou de gaiteiros deixemos de pensar na empanada e prestemos atención", reclamou o solista do grupo.


O 'I+D' da música galega
Desde o seu debut alá polo ano 1996, Berrogüetto sobrepasou con creces a etiqueta folk para chegar a unha nova categoría: música do mundo. É aí onde encaixa á perfección ‘Kosmogonías’, que chega catro anos despois do disco '10.0', co que festexaban levar xa toda unha década subidos aos máis diversos escenarios. Catro anos de traballo que aterra con dúas novidades importantes, nova voz e novo son: á formación non só se incorpora Xabier Díaz, habitual colaborador do grupo co que se fai unha aposta por ter unha voz solista masculina, algo moi pouco corrente entre os grupos de folk galegos, senón que tamén entra a nickelharpa, un instrumento de corda orixinario do folclore sueco e similar en aspecto a unha zanfona construído neste caso de xeito artesanal por Quim Farinha. En total 11 cancións, cinco de elas con letra, que pretender ser unha homenaxe aos heroes cotiás, a aqueles que fan o día a día moito máis levadeiro. Ahora, Berrogüetto atrévese a probar co jazzy e o new age a partir das raíces folclóricas galegas.

Pola súa banda, Carmen París chegou co seu ‘Incubando’ baixo o brazo, un disco composto en 2007 en Cuba no que a jota segue estando como telón de fondo, pero con tantos matices e transgresións como a maña nos ten acostumada. A presenza de ritmos cubanos é a principal novidade na marmita de París, con cancións burlonas, vivas, empapadas de luz caribeña e de bo sentido do humor froito dun ano frenético de inspiracións e paixóns. Coa colaboración de Santiago Auserón e de Haydeé Milanés, filla de Pablo Milanés, o disco levou o premio como Mellor Álbum de Fusión nos Premios da Música 2009.

www.duvi.uvigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2010 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Muiñeiródromo no Calvario
Implicadas non Desenvolvemento presentou cunha acción rueira a súa campaña para conseguir medios para seguir loitando contra o infanticidio no sur da India

A oenegué Implicadas non Desenvolvemento elixiu o sábado unha forma diferente de publicitar das súas accións. Bo, primeiro fíxoo formalmente, no Centro Sociocomunitario do Calvario. A cantante Uxía; a concelleira de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Iolanda Veloso, e María Reimóndez e Branca Rodríguez, presidenta e secretaria, respectivamente, da oenegué, presentaron a campaña 1 de 200 , pero despois botáronse á rúa para tomar parte nunha flashmob coa que quixeron sorprender aos veciños do populoso barrio do Calvario. E conseguírono. Ao mediodía, a xa de seu animada praza fronte ao mercado de abastos encheuse de xente que se animou a seguir a corrente proposta: bailar a muiñeira de forma espontánea e con música en directo. Centos de persoas seguiron aos convocantes e ao final a rúa converteuse nun muñeiródromo por uns minutos.

A campaña 1 de 200 ten como obxectivo que antes do mes de xuño, polo menos duascentas persoas asóciense a Implicadas para que a organización poida continuar o seu traballo de loita contra a discriminación e a violencia de xénero, en concreto en contra do fenómeno do infanticidio feminino en Salem, no Sur da India. «O infanticidio feminino é unha práctica pola cal as comunidades toleran que se asasine ás nenas cando acaban de nacer. O traballo de Implicadas en Salem dende 2007 contribuíu a que máis de 900 nenas non perdesen a vida, ademais de mellorar as condicións de vida de máis de 10.000 mulleres. Agora precisa douscentos novos socios para poder continuar co seu traballo», indican. A oenegué realizou xa outros actos de lanzamento da campaña en Santiago (onde Luís Tosar se fixo socio) e Lugo, (xunto a varios ilustradores). Tras Vigo, irán a Pontevedra e A Coruña.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2010 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
A canteira dos ritmos celtas
Escolares de Galicia, Irlanda e Inglaterra rexistran un disco apadriñado por artistas do tres países

Do mesmo xeito que os estudantes do Instituto Humberto Juanes de Nigrán saben situar Inglaterra e Irlanda no mapa, os alumnos de St. John's Catholic Primary School, en Manchester, e do St. Cronan's School, en Bray, coñecen onde está Galicia. O tres colexios levan case dous anos estudando o que lles une, que é moito, e o que lles separa, menos do que parece, no marco do programa Comenius, unha acción educativa da Unión Europea que favorece o coñecemento da cultura compartida con preferencia pola pedagoxía innovadora.

Tanto é así, que a gravación dun disco entre o tres centros educativos foi a actividade principal do programa, que chamaron Celtic Roots [Raigames celtas] porque profunda no patrimonio cultural da cornixa atlántica europea, durante case todo o curso pasado e todo o que levamos de este. "Pensamos na idoneidade da música pola súa capacidade de comunicación e como linguaxe universal que é, como fórmula para transmitir a cultura tradicional", explica a profesora Chus Álvarez, do Humberto Juanes, e unha das persoas fundamentais no proxecto.

O colexio propúxolle a idea do disco a tres bandas ao músico Segundo Grandío, vinculado aos estudos de gravación e discográfica Casa de Tolos, quen puxo en marcha a loxística que sumou ao plan ao gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño, ao flautista Michael McGoldrick, nado en Manchester pero, como moitos dos seus habitantes, descendente de irlandeses, e ao guitarrista e produtor musical irlandés Dónal Lunny. Cada un deles exerceu como padriño musical dos escolares dos seus respectivos países, e para estes pequenos intérpretes escolleron tres temas do seu repertorio tradicional musical en galego, inglés e gaélico, ademais dun tema común, The Anthem, resultado da fusión da canción irlandesa The ballad of St. Anne's Reel e a galego-portuguesa Ou Pirimpimpín.

O colexio de Nigrán recibiu a elección de Budiño e alumnos e profesores puxéronse ao choio. Empregaron os recreos e algunhas horas máis de clase ademais das de música. Cando o gaiteiro visitounos para realizar un ensaio conxunto, quedou impresionado. "Sabían todas as letras, entoaban e tocaban a percusión, traballaran moitísimo e foi moi fácil para min unirme ao grupo", lembra. No videoclip que rodaron o pasado verán en Monte Lourido (Nigrán), o músico está rodeado por todos os alumnos do Humberto Juanes, case 500 rapaces de 3 a 12 anos que non pararon de bailar durante a gravación a pleno sol. "O profesorado foi vital en todo momento, xa que se trataba dunha gravación moi complexa", explica Grandío, quen se desprazou co seu estudo móbil a Manchester e Bray acompañado por Chus Álvarez e a profesora de música do centro, Susana González. "A emoción tamén era moi evidente nos outros colexios, que viviron a actividade como algo excepcional porque lles permitiu coñecer a outros nenos", evoca Álvarez.

Durante esas viaxes, comprobaron a inmensa talla artística e persoal de McGoldrick, membro do grupo Capercaillie e ocasional músico de acompañamento de Mark Knopfler, e de Lunny, músico, arreglista e produtor de éxito de artistas como Elvis Costello e Clannad. Tamén colaborou cos galegos Luar na Lubre e Carlos Núñez, o que ampliou os seus coñecementos sobre música galega. Na súa opinión, a experiencia do disco Celtic Roots é algo máis que refrescante. "A música achega máis que os idiomas", afirma. Lunny, toda unha autoridade na escena tradicional irlandesa, considera que os cambios, "no bo sentido", son imprescindibles para a supervivencia da música popular: "Para conectar co público novo, é preciso que introduzamos aspectos contemporáneos na música tradicional sen que perda a súa identidade".

Lunny, McGoldrick e Budiño subíronse a un escenario o sábado en Vigo, xuntos por primeira vez, na presentación do disco e dvd Celtic Roots (Pai Música, 2010), editado no tres idiomas e que contén, ademais de catro videoclips, karaokes e unha filmación que sintetiza todo o proceso, unha detida explicación sobre cada un do dez temas, o que profunda nesta herdanza cultural. O concerto, que se desenvolveu no Conservatorio Superior de Música de Vigo, contou coa participación de Grandío, Rodrigo Romaní e Javier Feijóo, Chisco, en representación dunha espléndida nómina de artistas transatlánticos que achegaron o seu talento durante a gravación dos temas. A partir de agora, o proxecto aínda ten espazo para crecer. "Acabamos de coñecernos pero aquí está a pasar algo", dixo Budiño, convencido de que non tardarán en verse.

www.elpais.com





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2010 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer