Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Panxoliñas
María Manoela e Xoán Rubia
Panxoliñas (1977)

01.-A Belén vinde pastores;
02.-Imos a Belén;
03.-Rapaces e vellos;
04.-Aquí neste alpendre;
05.-Vinde picariños;
06.-Sei cantare;
07.-¡Ai que neno!
08.-Falade ben baixo;
09.-En Belén un pesebre
10.-Alá pola noite
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
É Nadal
Suso Vaamonde
É Nadal (1984)

1. O Deus probiño
2. Baixo os tellados
3. Noite das noites
4. O neno Deus
5. Sobre o sol
6. Iste rapaziño
7. Louvandiño sea
8. Alá ven
9. Meu caraveliño
10. A Virxen lava
11. Que viva
12. O rondín rondiño
13. Ano novo
14. Canzón da noite de nadal
15. É nadal

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Nadal
Xoán Rubia
Nadal (1980)

01.- Toca o pandeiro Manoel,
02.- Noite de paz,
03.- O tamborileiriño,
04.- ¡Veña ledicia!,
05.- Saudade do nadal,
06.- Chegou o nadal,
07.- Branco nadal,
08.- Todos adiante,
09.- Durme si canta Maria
10.- Vinde picariños.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Nadal en galego
A Quenlla e Fuxan os Ventos (2001)

1. No pendello
2. Imos logo
3. Marcheime a Belen
4. Eu durmindo estaba
5. Abre as portas
6. Canto me folgo
7. 0 carrapuchiño
8. Aló entre as pallas
9. Nadais de Xanceda
10. Chorando estas miña vida
11. Embajadores
12. Se dan o fumeiro
13. As madamas
14. De lejos venimos
15. Os da manta
16. Vamos, vamos, rapaciños
17. Vinde ver o neno
18. Vamos a Belén amigos
19. Vinde galeguiños vinde
20. Aló a media noite
21. Con un sombreiro de palla
22. Nosa señora
23. E rorro, rorro, meu neno
24. Reises de Infiesta
25. Guedellos de cabra
26. Catro mancebos
27. Despedida de ano vello
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia canta o neno
Fuxan os Ventos
Galicia canta o neno. Vol. 1 (1978)

01.-Vamos, vamos rapaciños
02.-Vinde ver o neno;
03.-Vamos a Belén, amigos;
04.-Vinde galeguiños, vinde;
05.-Alo a medianoite;
06.-Alegría, meus amigos;
07.-Con un sombreiro de palla;
08.-Por entre as silveiras;
09.-Vamos compañeiros, vamos;
10.-Nosa señora;
11.-No pendello do camiño;
12.-E rorro, rorro, meu neno;
13.-Meu carrapucheiriño;
14.-Pandeirada de rao;
15.-San Xose e máis María;
16.-Reises de infiesta;
17.-Guedellos de cabra;
18.-Catro mancebos;
19.-Despedida de ano vello
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
En Nadal regala cultura ... en galego

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Polo Nadal chega o Apalpador
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas galegas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben mantidos. Logo de desexarlles que no ano vindeiro non pasasen máis fame e vivisen con fartura, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por Lôpez Gonçâlez nas comarcas do Courel, Lóuzara e o Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Hai quen cre que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Ademais, nos últimos días sóubose dun outro nome que leva esta figura no sur do país: O Pandigueiro. Este baixaba da Cabeza Grande pola banda de Trives e de que se agochaba na Raíña Loba pola banda do val do Salas. A cantiga chamábao: "Pandigueiro na noitiña, Pandigueiro vén axiña".

Cantiga de Amadora de Galego

Vai-te logo meu ninín/niniña,
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.

Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos en Romeor do Courel
(Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)

O Apalpador na TVGhttp://www.agalega.info/videos/?emi=5443&corte=2008-12-25&hora=20:46:33&canle=tvg1


Fina de Ferramulin (O Courel) contando a historia do apalpador




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza xa ten convocatoria

Despois da negativa da Federación Galega de Fútbol a asumir a organización do partido anual da selección autonómica, o encontro alternativo organizado polo colectivo Siareiros Galegos centra agora a atención dos afeccionados galegos.

Aínda que o seleccionador, Fernando Vázquez, fixo todo o posible porque a galega continuase a súa andaina de xeito oficial, pois conseguiu tanto unha sede coma convencer aos xogadores profesionais para que participasen no partido gratis, a Federación Galega mantívose intransixente e non quixo tomar parte na festa anual do noso fútbol.

Pero partido vai haber. A data será o vindeiro sábado, día 26 de decembro, e o escenario, o estadio de Santa Isabel, en Santiago, tal e como confirmou o colectivo Siareiros Galegos, encargado da organización do evento. Fernando Vázquez e Pilar Neira serán os seleccionadores do combinado galego, que estará composto por xogadores e xogadoras non profesionais, aínda que hai futbolistas que militan en equipos de categoría superior (2ª B e profesionais) que están á espera do permiso dos seus clubs para participar no partido do sábado, e non figuran na convocatoria inicial que se fixo oficial no día de onte.

UNHA FESTA REIVINDICATIVA

O encontro , que dará comezo a partir das 19.00 horas do vindeiro sábado, forma parte dunha xornada lúdica e reivindicativa do colectivo Siareiros Galegos a prol da selección galega e tamén de apoio ao deporte galego en xeral. De feito, ás 17.00 horas sae da Alameda unha manifestación baixo o lema Seleccións nacionais. Dereito popular.

Posteriormente, xa no estadio de Santa Isabel, a seleccionadora, Pilar Neira, canda outras internacionais por Galicia nos anos 2007 e 2008, cando si xogou a selección galega feminina, lerán un comunicado en defensa da práctica deportiva das mulleres e de repulsa pola decisión do Goberno e da Federación Galega de non financiar nin permitir o partido da selección neste Nadal. Tamén está confirmado que o ciclista David Blanco, varias veces campión da Volta a Portugal, será o encargado de realizar o saque de honra neste partido tan especial.

Un dos xogadores convocados pola selección é o futbolista do Compostela Mariño, que onte non podía ocultar a súa ledicia por formar parte desta festa do fútbol. ?Para min, é un orgullo poder representar a Galicia nun partido coma este, aínda que non teña a condición de encontro oficial. Seguro que vai ser unha data moi especial e agardamos que todo o mundo que acuda ao estadio o pase o mellor posible?, afirmou a Xornal nada máis coñecer a noticia de que estaba citado.

?É unha mágoa que este ano non xogue a selección profesional, porque ese partido xa era case unha tradición. Pero, dentro do malo, este partido fai que se manteña toda esa ilusión?, sinala o xogador do Compostela.

?Para os xogadores que estamos en equipos modestos, este partido supón unha gran oportunidade. Durante o resto do ano, os medios de comunicación só se acordan de nós cando conseguimos algo importante, coma un ascenso ou unha actuación moi destacada, e creo que por iso tamén nos fai máis ilusión?, engade Mariño.

Ademais, o xogador galego destacou o feito de que o partido fose mixto. ?Nunca xoguei un partido oficial que fose mixto, e este vai ser o máis parecido. Vai ser curioso, pero cando o empece o partido, todos seremos iguais dentro do terreo de xogo, e dará igual que sexamos homes ou mulleres, porque seremos, sobre todo, galegos?, apunta o futbolista.

Ademais de Alberto Mariño, a lista de convocados que onte fixo pública Siareiros Galegos está formada polos seguintes xogadores: Adrián Padrón e Daniel Portela (Ourense), Rubén Márquez, Alberto Domínguez, Anxo Liñares e Óscar Seoane Jimy (Compostela) Paulo Saboris, Fernando González e Óscar Río (Céltiga), Quico (Arousa), Manu Rodríguez (Vilalonga), Rubén Pisto e Valentín (Verín), Óscar Comís (Coruxo), Daniel Conde, Xurxo Colón, Nacho Fernández e Marcos Martínez Munín (Negreira), Carolina Baños Ameneiro, Mónica Naval Cortés, Mirian Domínguez Marcos (Arousá), Rita Lema (Victoria C.F), Barca Toba Suarez (Orzán) e Andrea Carid (Pontevedra), que se reunirán o día do partido.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
25 anos de O son do ar
25 aniversario desta peza de Luar na Lubre
Recunchos para O Son do Ar, de Xapón a Croacia pasando por Bos Aires

Composta por Bieito Romero, a peza cumpre 25 anos. O grupo felicítase das ducias de versións feitas por músicos en todo o mundo, moitas accesíbeis na rede.


É "tema estrela" no repertorio de Luar na Lubre. Así o admiten desde Luar na Lubre ao respecto de O Son do Ar e por este motivo queren facerlle homenaxe ás portas de 2010, ano no que a composición de Bieito Romero cumprirá o seu 25 aniversario. De xeito especial, o grupo quere ademais expresarlle o seu agradecemento a todos aqueles que "nalgunha ocasión escolleron esta melodía para darlle saída ás súas inquedanzas musicais". "Desde o aprendiz que comeza os seus pasos até os conxuntos que o inclúen no repertorio, ademais de a todos os que a empregaron como fondo sonoro de calquera actividade artística", subliñan.

Versionada por Mike Oldfield nunha das interpretacións máis coñecidas, O Son do Ar foi interpretada por ducias doutros músicos e con diferentes instrumentos, desde o violín á guitarra, pasando pola ocarina ou diferentes tipos de frautas. Gábanse desde Luar na Lubre do elevado número de versións que poden atoparse apenas facendo unha procura a través de internet. Entre outras, sinalan por exemplo a que desde Hiroshima achega o grupo xaponés Harmo, a da violinista canadense Shira Kammen, incluída no videoxogo Braid, Mac Léinn en Croacia, Gaël en Bos Aires, ou a do grupo peruano-alemán Alborada.

www.vieiros.com





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
O Capador de Muras no Alalá

Hoxe, martes, día 22/12/2009

O "Alalá" desta noite achegaranos as historias e a música do Capador de Muras, quen, polo feito de chamalo así, asusta ou esperta sorpresa. Pero non é o caso, pois Ramiro é bonachón e ledo; ten nesgo de gaiteiro e, debido á súa profesión, tamén é festeiro. Un curioso cóctel para o capador de Muras, que se complementa co carácter aberto que lle deu a experiencia do oficio, porque capando casa por casa coñeceu a multitude de xente e historias nos lugares de Forcarei e Silleda, polas parroquias dos montes.


Ramiro Cortizo, que naceu en Muras, é de familia de capadores, aínda que con el a estirpe tivo un parón, pois dos sete fillos que tivo, ningún saíu gaiteiro nin capador; unha mágoa, xa que Ramiro é un excelente mestre nos dous oficios e noutros máis, pois antigamente, en Muras, cantas máis cousas soubese un facer, mellor.

A figura do capador domina as artes gandeiras, agrarias e sociais. As ruadas das zonas son desas artes sociais en que de mozo un se tiña que desenvolver, con canta máis soltura, mellor, porque nesas festas de inverno eran as mulleres as que levaban a voz cantante a ritmo de pandeireta. En moitas ruadas da zona, Ramiro era o gaiteiro oficial pagado a escote polo público feminino e alí tocaba en pechado e cantaba en aberto, para que as mulleres o oísen ben, pero sobre todo unha delas: a que o acompañou toda a vida e o acompañará no Alalá desta noite, Sara.
Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-12-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Patrick Molard - Gaiteiro bretón
O gaiteiro bretón Patrick Molard está estes días realizando unha xira de concertos por Galiza, que inclúe paradas en Moaña e Bueu. No municipio moañés xa estivo o sábado, recentemente chegado de Francia: O mal tempo destes días atrasou o seu voo e aterrou en Santiago apenas unha hora antes do concerto. O de mañá en Bueu, ás 19.30 horas no Centro Social do Mar, será o peche.

Como xurdiu a posibilidade de realizar esta xira por Galicia e que é o que lle motivou a vir?
Gústame moito esta terra e xa estiven en ocasións anteriores de xira. Hai uns meses amigos como o gaiteiro Raúl Piñeiro expuxéronme vir de novo e buscamos unhas datas para vir.

Que tal foi a resposta da xente?
O público en Galiza é moi agradecido e a resposta foi fantástica. Xa estiven en Moaña, Vigo ou Porriño. Hoxe toca Ourense e mañá pola mañá estarei no Conservatorio de Vigo dando unha clase sobre "Ceol mor", a gran música de Escocia e pola tarde en Bueu.

Ese aprecio por Galiza tamén se percibe nos temas que interpreta. No seu primeiro disco en solitario incluíu "Aires de Pontevedra" e en traballos posteriores sempre hai presenza galega.
Hai xa 30 anos tiven a ocasión de coñecer ao mestre Ricardo Portela e gustoume isto. O tema de "Aires de Pontevedra" incluíno na suite coa que participei o Festival Intercéltico de Lorient cando gañei por primeira vez o campionato do mundo [foi unha decisión sorprendente e supuxo unha auténtica revolución]. Logo tamén trabei amizade con outros músicos de Galiza e fíxenme con algúns cancioneiros tradicionais. Algúns temas sonme válidos, pero outros non por mor da distinta tonalidade das gaitas.

Vostede tocou en grandes bandas como Gwendal, Satanazet ou Pennou Skolum e tamén en solitario. En que formato sente máis cómodo?
Ultimamente estou máis envorcado na faceta como solista. Tamén estou a traballar moito como profesor e na Escola de Música Tradicional da Bretaña. Gústame tocar os diferentes tipos de gaita para experimentar e desenvolver todas as súas posibilidades.

Tivo a posibilidade de tocar con moitos e grandes músicos. A quen lembra con máis agarimo e aprecio?
A Bob Brown e a Bob Nicol. Foron os mestres que me adoptaron" e me leváron a Escocia. Eles eran os últimos grandes mestres escoceses e elixían aos seus alumnos. Leváronme para ensinarme a súa música, unha tradición que non está por escrito e que só se transmite tocando. Tamén aprecio moito a xente como Michael Ou´Brien, Liam Ou´Flynn ou mesmo ao meu irmán Jackie. É violinista e un gran compositor.

Ademais do concerto do sábado en Moaña, vostede xa estivo en ocasións anteriores no Festival Intercéltico do Morrazo.
Gardo un moi bo recordo. Estiven como solista e cos grupos Dean, Pennou Skolum e a última vez con Bal Tribal. Pero acórdome moito dunha visita que fixen fai uns 20 anos e na que toquei con Ricardo Portela en Leston. Foi algo moi especial e por alí andaban uns gaiteiros moi novos: Carlos Núñez, Anxo Pintos ou Xosé Manuel Budiño.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
60 anos de `Cántigas e Frores´ en imaxes
A asociación expón os intres claves da súa historia como as corais ou os grupos de danza

A Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo inaugura hoxe ás 20:30 horas na residencia de estudantes LUG II unha exposición fotográfica na que se recollen as distintas etapas polas que pasou o colectivo ao longo dos seus 60 anos de existencia.


"Escollimos unha serie de fotos máis representativas e tamén as que se conservan en mellor estado e mais as das actuacións principais do coro", explica Bruno Villamor, director artístico da asociación e mestre de gaita e percusión nas escolas que organizan. A coral da Asociación formouse en 1948, froito da fusión de Cántigas e Aturuxos e Frores e Silveiras. Ambas procedían da escisión do Orfeón Galego que dirixía o mestre Xoán Montes. "Nos anos 70 naceron as escolas de baile que se mantiveron até a actualidade", explica o músico.

A mostra supón, segundo explica, un recoñecemento ás persoas que pasaron pola asociación e puxeron o seu gran de area para "dinamizar a vida cutural de Lugo" e, á vez, conseguisen que a música e o baile tradicionais tiveran unha gran presenza na cidade. Un traballo que continúa hoxe en día. "En xaneiro publicamos un libro sobre o compositor lugués Gustavo Freire e, máis adiante, estamos organizando unha homenaxe a un mestre palleteiro", comenta Bruno Villamor.

A vixencia das escolas de música e dos cursos impulsados pola Asociación é "o máis necesario para que a cultura galega perviva, nunha época na que é difícil que os pequenos afonden na súa cultura", indica.

Unha situación que se produce debido á minusvaloración da cultura tradicional galega. "Hoxe en día hai xente que non ve a cultura tradicional como parte da súa vida, cando a tradición se mantivo e se adaptou aos tempos", afirma Villamor.

Boa parte das imaxes que se inclúen na exposición plasma as actuacións e os festivais da coral, grupo de danzas e grupos de gaitas Cántigas e Frores. Actuacións que non só se sucederon en toda España e Galicia senón tamén fóra dos límites europeos en lugares como China, Arxentina, Brasil ou Cuba. "Iso é o máis incrible que nos pasa aos músicos e debémosllo á música tradicional. Fóra de Galicia sempre fomos moi ben recibidos porque actúas en lugares que tamén están loitando pola cultura tradicional dos seus pobos", resalta o mestre.

Esta exposición permanecerá aberta durante todo o Nadal, dende hoxe, día 22 de decembro ata o 10 de xaneiro do 2010 no Complexo Residencial Xuvenil Lug II, situado en Lugo.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2009 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 21 (luns)
? Guadi Galego, Xabier Diaz e Guillermo Fernández no Ultramarinos (Compostela)

Terza feira 22 (Martes)
? Mamá Cabra na Porta do Sol de Vigo ás 18:00
? Cantos de nadal no Forum Metropolitano (A Coruña)
? Xabier Diaz na Casa das Crechas (Compostela)
? Banda Potemkin no Auriense (Ourense)

Corta feira 23 (Mércores)
? Patrick Molard no Centro Social do Mar (Bueu) ás 20:30

Quinta feira 24 (Xoves)

Sexta feira 25 (Venres)
? XV Noites de Tasca en Ordes (A Coruña)

Sábado 26
? Pesdelán na Porta do Sol de Vigo ás 17:00
? Milladoiro no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 21:00
? Guezos no Auriense (Ourense)
? Festa Siareiros Galegos en Compostela: Machina, Mencer Vermello, ...

Domingo 27
? Pablo Díaz na Porta do Sol de Vigo ás 17:00
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de Nadal na Coruña

Cantos de Nadal no Fórum Metropolitano (A Coruña)
martes 22 de decembro ás 20:00, entrada de balde


Na Galiza as diferentes festas anuais sempre tiveron moita importancia, tendo na tradición oral unha peculiar manifestación cultural, que na maioría dos casos se expresa por medio do canto.

Ocorre así no tempo de Nadal, no cal, a doutrina relixiosa xúntase coa tradición oral (canto) formando unhas cantigas pagán-relixiosas cuns trazos característicos propios que chegaron a través das xeracións ata os nosos días coa denominación de "Cantos de Nadal".

Destacan tres cantares moi semellantes nos que a súa estrutura e modo de execución se diferencian fundamentalmente na data das festas á que fai referencia e na que se cantaban: Noiteboa, Ano Novo e Reis.

Estes cantos presentes en toda Galicia reciben diferentes denominacións nas distintas zonas ou comarcas, entre estas cabe citar: Noitiña de Nadal, Nadais, panxola de Nadal, Maitíns, Aninovo, Manueles, Xaneiro, Reis, Reices ou Reises.

Durante séculos a Igrexa ensinoulles aos fieis oracións e cancións relacionadas con diferentes ritos e épocas do ano e escritos en latín ou en castelán. Os fieis (galego falantes na súa maioría) memorizaron panxoliñas ou Cantos de Nadal e de Reis, nun idioma diferente ao seu, e isto provocou que se enchesen de mesturas lingüísticas.

PROGRAMA

Dous cantos de nadal ensinados nos obradoiros das bibliotecas municipais
- Canto de Nadal da Peregrina (Santiago de Compostela)
- Canto de Nadal de Moialde (Vilardevós - Ourense)

Agrupación folklórica "Os Gaiteiriños"
- Nun pesebre de Belén
- Un anxiño veu do Ceo

Maghúa
- Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Pontevedra), recollido no Teleclub de Barro.
- Cantar de Reices de San Xosé (Orientais) de
Santaia de Moar (Moar, Frades, A Coruña), do repertorio de Ricardo Lagares"

Grupo de adultos do Círculo de actividades da Asociación Cultural Xacarandaina
- "Canto de Nadal de Trazo"

Grupo de rapazas do Círculo de actividades da Asociación Cultural Xacarandaina.
- "Panxoliña"

Asociación Cultural Donaire
- Canto de Nadal de Frieiro (Santa Comba - A Coruña)
- Aninovo de Negreira de Vilamaior (Santa Comba - A Coruña)

Cántigas da Terra
- Anxos de luz. Autor: Eduardo Diehl
- Alalá de Muxia. Autor: Manuel M. Puga Parga

Asociación de Coros e Danzas Eidos
- Cantiga de Nadal (Popular) de Bembibre, recollido do disco derradeira polavila
- Canto de Reis (Popular), recollido do cancioneiro popular das terras do Tamarela.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
GEADA 2009 - II Festival de Cultura Tradicional de Miranda do Douro (Portugal)
A Associação Recreativa da Juventude Mirandesa e os Pauliteiros da Cidade de Miranda do Douro vêm por este meio dar conhecimento da realização do "GEADA 2009 - II Festival de Cultura Tradicional de Miranda do Douro", nos próximos dias 26, 27 e 28 de Dezembro, em Miranda do Douro.

"O frio está de volta e com ele chega também a segunda edição do verdadeiro festival de inverno..."

O GEADA 2009 é uma das iniciativas que integram o plano de actividades da Associação Recreativa da Juventude Mirandesa - ARJM, organizado em parceria com o Grupo de Pauliteiros da Cidade de Miranda do Douro.

Na sua 2ª edição, o GEADA terá como objectivos principais: festejar e divulgar a cultura, a língua e as tradições de Inverno das Terras de Miranda e comemorar os "10 Anos de Oficialização da Língua Mirandesa".

Ao longo do festival, os participantes terão a possibilidade de conhecer algumas das mais belas tradições de Inverno do Planalto Mirandês.

Entre os vales e arribas das Terras de Miranda, qualquer um poderá dançar à volta da tradicional fogueira do galo, e ao som ecoante das mais belas gaitas-de-foles, dançar pauliteiros e música tradicional mirandesa, tocar instrumentos tradicionais, descobrir a lingua mirandesa, conviver nas típicas adegas do centro histórico de Miranda do Douro, passear por algumas das mais belas aldeias do planalto, acompanhando a Rota do Contrabando, fazer e provar enchidos, e deliciar-se com os sabores da gastronomia tradicional mirandesa.

O GEADA envolve música e quando se fala de música tradicional, o planalto mirandês tem muito para mostrar, grupos como "Lenga Lenga", "Anda Camino", "Grupo de Pauliteiros da Cidade de Miranda do Douro", "Pauliteiricas de Miranda do Douro", "Coro Infantil do AVE de Miranda do Douro" e os "Gaiteiricos de Miranda" prometem aquecer a festa.
Vindos do mundo encantado das gaitas, dos bombos e das tradições aterrarão ainda em Miranda do Douro alguns dos melhores grupos de música tradicional do momento, tal como, os "Pé na Terra", "Tuttis Catraputtis", os "Roncos do Diabo", o "Grupo de Caretos de Podence", os minhotos "Ares da Raia" e o "Grupo de Bombos de São João de Darque" e os galegos "Projecto Trepja", um electrizante projecto de música tradicional electrónica.

A organização do GEADA pretende também mostrar o que de melhor se faz por Terras de Miranda, decorrerão portanto, em paralelo ao festival a "I Mostra Associativa das Terras de Miranda" e a "II Exposição Artística da Juventude Mirandesa - INOVART".

Tal como o lema do festival indica - "BAMOS DERRETIR L CARAMBELO!" - a festa promete aquecer e espalhar-se um pouco por toda a cidade de Miranda do Douro, bem como por algumas aldeias do planalto.

Da nossa parte prometemos que cada participante, ao longo destes três dias de verdadeira festa, disfrutará neste humilde canto de Portugal, de vivências inesquecíveis, e terá a possibilidade única de viver e conhecer por dentro as mais belas tradições do Planalto Mirandês, confraternizando bem de perto com as gentes das Terras de Miranda."

BAMOS DERRETIR L CARAMBELO!
VAMOS DERRETER O GELO!

Programa:

Dia 26

14h00 - Abertura das inscrições (Junto à Fogueira do Galo - Lhargo D.João III)
14h15 - Inauguração da 2º INOVART- Exposição Artística da Juventude Mirandesa
14h15 - Arruada com:
Grupo de Caretos de Podence
Grupo de Bombos de São João de Darque
21h00 - Adegas-Papper
00h00 - Gaitas e Chouriças à solta na Fogueira (Lhargo D.João III)
Gaiteiricos de Miranda do Douro
Ares da Raia
Anda Camino

Dia 27

9h00 - Inauguração da "Mostra Associativa das Terras de Miranda"
9h30 - Conferência: 10 anos de Oficialização da Língua Mirandesa - FALAR YE BIBIR
13h00 - Almoço Tradicional
15h00 - Colóquio de Natal
17h00 - Actuação do Grupo de Pauliteiricas de Miranda do Douro
17h00 - Oficina de Danças Tradicionais i Instrumentos Mirandeses
20h00 - Jantar Tradicional
22.00h -Baile Tradecional:
Pauliteiros da Cidade de Miranda do Douro
Roncos do Diabo
Pé na Terra
Projecto Trepja

Dia 28

09h30 - Passeio Pedestre: "Na rota do contrabando"
13h00 - Almoço Tradicional no São João das Arribas
14h00 - Convívio em Aldeia Nova
17h00 - Oficinas de Danças e Instrumentos Galegos
20h00 - Jantar Tradecional
22h00- Baile Tradecional:
Coro Infantil do AVE de Miranda do Douro
Tuttis Catraputtis
Lenga Lenga

Mais informações:
festivalgeada@gmail.com
Fernando Silva - 915088034

http://festivalgeada.blogspot.com

SAUDAÇÕES MIRANDESAS!

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-12-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
XV Noites de Tasca en Ordes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-12-2009 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de acordeón diatónico con aCentral Folque
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, organiza dous cursos de acordeón diatónico abertos a calquera persoa interesada no instrumento. Carlos Quintá impartirá un monográfico ao longo de tres meses (xaneiro-marzal) de iniciación e o portugués Artur Fernandes, unha master class o vindeiro sábado 23 de xaneiro.

MONOGRÁFICO DE INICIACIÓN CON CARLOS QUINTÁ

DATAS: xoves á tarde de xaneiro a marzal
LUGAR: Gentalha do Pichel. Santiago
PREZO: 50 ?/mes
DURACIÓN: 6 h


Curso para principiantes no acordeón diatónico: organoloxía, mecánica, mantemento, melodías básicas, ritmos típicos, acompañamento ao canto,...en aulas undividuais.

Organizado conxuntamente coa Gentalha do Pichel. Orientado a persoas que se queiran introducir no acordeón diatónico aínda que as aulas ao seren individuais, adaptaranse ao nivel de cada asistente. Cómpre instrumento propio.

Carlos Quintá

Violinista de formación e acordeonista e taberneiro de vocación, comeza a estudar acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín con Pedro Pascual. Forma parte de murga estradense Linho do Cuco, cos que xa tocou no Festival Intercéltico de Lorient e ten en preparación o segundo disco; toca a dúo co zanfonista Óscar Fernánde e a trío con Benxamín Otero (oboe) e Iván García (guitarra flamenca).

Actualmente é o profesor de acordeón diatónico da E-Trad en Vigo

MASTER CLASS DE DIATÓNICO AVANZADO CON ARTUR FERNANDES

DATAS: sábado 23 xaneiro en sesión de mañá de 10 a 14 e pola tarde de 16 a 19 horas.
LUGAR: CSC Castiñeiriño. Santiago
PREZO: 90 ?
DURACIÓN: 7 h


Trátase dun curso avanzado do instrumento, dirixido a intérpretes con coñecementos previos de acordeón diatónico impartido polo mestre portugués da concertina

Os contidos comprenden varios aspectos da técnica. Comezarase coa práctica musical e o ensemble de diatónicos. Abordaranse as funcións musicais básicas -baixo, harmonía rítmica, melodía, contrapunto melódico- e as dinámicas de conxunto e contrastantes. Tamén se trata o contrapunto a dúas, a tres e a catro partes. Por último se realizará un balanzo musical en grupo.

Artur Fernandes

Nado no 1966 en Águeda (Portugal). É unha das figuras máis importantes e respetada da escena portuguesa de música popular, pertencente a esa xeración de artistas que son hoxe un referente en Europa.

Autodidacta da concertina desde 1978, é licenciado en Ensino de Música pola Universidade de Aveiro na área de Composición con João Pedro Oliveira.

É o líder e mentor do grupo Danças Ocultas cos que interpretan "uma música nova para um instrumento velho". Levan recreando e compoñendo música para concertina desde o 1996 con tres discos no mercado. Ten colaborado con artistas portugueses coma Rui Veloso, Gaiteiros de Lisboa, João Afonso.

Para máis información, preme aquí.

Consultas e inscrición: +34 881 031 829 e no mail matricula@folque.com

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-12-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Aberta a inscrición para a AFI e o LABdS
Xa se poden facer as inscricións para a AFI (Aula Folque Infantil) e o LABdS (Laboratorio de Sons), espazos musicais alternativos para nenos e nenas entre 5 e 15 anos na cidade de Pontevedra. As aulas comezarán o venres 15 de xaneiro (AFI) e o sábado 16 de xaneiro (LABdS) no antigo Conservatorio de Música. As prazas son limitadas.

O cadro docente da AFI renóvase este ano coas incorporacións de Pepa Yáñez na Aula de Canto e de José Manuel Díaz na Aula de Sons e no Laboratorio de Sons, ademais de contar con Gema Pérez na coordinación da tanto da AFI coma do Laboratorio.

A inscrición ha de facerse na Concellería de Cultura de Pontevedra (Chalet de Fontoira, Rúa Campo do Boi 1, baixo) e a matrícula faise efectiva o primeiro día de aulas nas instalacións do antigo Conservatorio de Música.

AFI

A Aula Folque Infantil (AFI) é un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. É unha aula experimental coa música e baile tradicionais galegos como eixo fundamental entendida dentro do contexto global das músicas do mundo.

A AFI é:

movemento
expresión corporal
baile galego
ritmo
percusión tradicional
percusións do mundo
voz
canto galego-portugués
cantos do mundo

Inicio das aulas: 15 de xaneiro

Grupos por idades:
5-7 anos
7-9 anos
9-13 anos

Horario: venres á tarde:
16,30 - 20,30 h (8-13 anos)
17,15 - 19,15 (5-7 anos)

Prezo
7 - 13 anos 60 ?
5 - 7 anos 25 ?

LABdS

LABORATORIO de SONS

O Laboratorio de Sons é un espazo aberto a calquera neno e nena entre 8 e 15 anos para desenvolver as súas habilidades artísticas.

O Laboratorio de Sons conecta aos máis pequenos co proceso de concepción e desenvolvemento de accións escénicas baseadas nas capacidades propias de cada rapaz.

O Laboratorio de Sons é o lugar de experimentación da Compañía Infantil da AFI, que monta un espectáculo de teatro, música e danza ao final do ano. No 2007 foi o ?Circus AFI?, no 2008 ?Morfasons?, no 2009 ?Cidades Imaxinarias?, e no 2010...

Inicio do Laboratorio: 16 de xaneiro

Horario: sábados á mañán de 10 a 13 h
prezo: 20 ? (10 ? para alumnado AFI)
idades: 8-15 anos

Se queres máis información, podes escribir un mail a afi[arroba]folque.com ou chamar ao +34 881 031 829

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
? VII Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis no Casco vello de Vigo ás 19:30
? O Sonoro Maxín no Auriense (Ourense) ás 21:30
? O Sonoro Maxín, Magritte, Banda Ourensons, Guezos, Gomes Mouro,... no Auditorio de Ourense ás 20:30
? Ataque Escampe no Pub o Muiño (Cervo)
? The Homens no Le Club Directo (A Coruña)
? Skarallaos na sala 600 (Melide)
? Carlos Nuñez no C.C. Caixanova (Vigo) ás 20:30
? Sondeseu no Teatro Jofre (Ferrol) ás 20:30

Sábado 19
? VII Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis no Casco vello de Vigo ás 17:30
? Curso de Iniciación ó Empalletado Tradicional en Rianxo
? IV Festival de baile e música tradicional Rebulir
? Cantos na Maré no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
? Patrick Molard no C. C. Daniel Castelao de Quintela (Moaña) ás 20:00
? A Banda Balbina no Pub Gatos (Melide)
? Machina no Pub O Foso (Santa Comba)
? Ultraquans en Narahio (A Coruña)
? Milladoiro no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30
? XXI Homenaxe ao Gaiteiro (Vigo): Os terribles de Donas, Moxenas Musical Galego e A Buxaina no C.C. Caixanova ás 18:00
? Serán de Nadal no Rincón (Cecebre)
? Serán na Taberna de Xesta (A Lama)

Domingo 20
? Tanto Nos Ten na Disco-Tasca (Redondela) ás 19:00
? Patrick Molard na Porta do Sol de Vigo ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
19 de decembro
- Serán na Taberna de Xesta (A Lama)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

9 de Xaneiro
- Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)

16 de Xaneiro
- Serán no Casino dos Prados de Pigarzos (Xesta-A Lama)
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

30 de Xaneiro
- Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
- Serán do lecer en Pazos de Borbén

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)
- Serán do Galo en Acevedo (Pontesampaio)

13 de febreiro
- Serán dos Namorados en Toutón

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-12-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Cecebre
O día 19 de decembro ás 21.30 horas dará comezo o serán de Nadal na Cervexería O Rincón (Rúa Frais 33- Casa da Xuventude de Cecebre)

Non o perdades!!!!Aquí vos agardamos!!!
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-12-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de SonDeSeu no Teatro Jofre de Ferrol
Venres 18 de decembro
ás 20:30 no Teatro Jofre


Quen nunca viu en acción a SonDeSeu deben saber dúas cousas. En primeiro lugar, que se trata da única orquestra folk que existe en España. E en segundo lugar, que nas súas actuacións non hai director que guíe aos seus 35 músicos. «Con isto gáñase en espontaneidade, pero, ao mesmo tempo, implica que os intérpretes deben estar moi atentos aos seus compañeiros en todo momento. O esforzo é tal que por iso os nosos concertos nunca duran máis dunha hora e quince minutos», explica Merche Pérez Sanjurjo, representante da formación.

Ademais destas dúas particularidades, SonDeSeu caracterízase pola súa orixinal mestura de instrumentos clásicos e tradicionais e porque a maioría deles foron fabricados de forma totalmente artesanal na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde naceu a orquestra hai case oito anos.

Novo disco
No concerto que ofrecerán en Ferrol, os músicos da formación interpretarán temas de Trastempo , o seu segundo traballo discográfico, e ademais, deleitará ao público con algunhas das pezas do seu novo disco, que a orquestra empezará a gravar a finais do vindeiro mes de febreiro para saír ao mercado en abril. Para entón, a formación espera iniciar unha xira de concertos que lle levará ao teatro Circe Price de Madrid, entre outros auditorios.

Ademais de arpas, violíns, zanfoñas, baixos, gaitas, pandeiretas e diferentes instrumentos de percusión, na nova xira de SonDeSeu tamén se poderán escoitar acordeóns e buzukis. «A orquestra estase renovando constantemente e a medida que na Escola de Artes e Oficios vanse implantando novos instrumentos ímos incorporando á formación», explica Merche Pérez. Aínda que nesta ocasión non haberá bailaríns acompañando á orquestra, o espectáculo está servido. Haberá luces, unha posta en escena espectacular... E, por suposto, moita música con sabor autóctono.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Homenaxe O Gaiteiro en Vigo
Moi boas a todos,
dende o Etnográfico A Buxaina queremos convidarvos un ano máis o "Homenaxe O Gaiteiro" que terá lugar o próximo sábado 19 de Decembro as 18 horas no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.


No acto que estara presentado polo narrador Celso Sanmartín participarán xunto ao noso grupo "Os terribles de Donas" e "Moxenas Musical Galego" nun recoñecemento a traxectoria musical de Secundino de Cambados e Javier de Pol.
Podense recoller as invitacions esta semana a partires da 20 horas.

Coma tódolos anos a festa está garantizada o remate no Centro Cultural de Coruxo
Quedades convidados!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2009 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival E.B.A. 5.0 en Ourense
Venres 18 de decembro
Auditorio de Ourense


Unha iniciativa que se consuma dentro do proxecto E.B.A. 5.0 , O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois , e no que ademais doutros contidos, inclúese un cedé que esta tarde asumirá vida propia da man dos seus creadores.

Formacións ourensás que con motivo desta
efeméride recrearán de xeito individual temas inspirados ou relacionados coa Esmorga, e darán lugar a un proxecto sonoro que hoxe terá a súa posta de longo en Ourense, a partir das 20.30 horas na praza do Ferro cun desfile no que participarán os cabezudos e tamén vinculado ao proxecto E.B.A 5.0 . Iniciando o percorrido no centro histórico das Burgas ata chegar ao Auditorio, lugar no que as formacións O Sonoro Maxín, Perqtores, Burgas Beat, Magritte, Banda Ourensons, Guezos, Adoitados galicianos, Animais domésticos, Gomes Mouro e a Banda Municipal da capital presentarán o disco interpretando en vivo cada unha das cancións adaptadas.

O encontro desenvolverase ao redor da interpretación que os actores Fernando Dacosta, Josito Porto e Suso Díaz realicen reencarnando ao trío de esmorgantes que actúan no texto orixinal de Blanco Amor.

O festival servirá tamén para volver presentar de xeito oficial o libro e deuvedé no que se inclúen a versión en cómic deste clásico da literatura galega, o xogo de rol ambientado no mesmo título e un estudo que recolle a evolución social da cidade desde o momento no que foi retratada ata a actualidade. No proxecto, patrocinado pola Administración local e autonómica, participan máis de trinta institucións de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na maré 2009

Sábado 19 de decembro de 2009, 21:00 h no Pazo da Cultura de Pontevedra

Diversidade, intercambio e enriquecemento caracterizan esta aventura de conexión musical e cultural que chega á súa sétima edición en Pontevedra. Desde Galiza espállase polo mundo unha iniciativa que este ano xa desembarcou en Brasil.

Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro no estado español, que a través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces. CNM amosa que desde a lingua galega se poden tender pontes que nos acheguen a outras culturas emerxentes, á vez que sitúan a nosa cultura no mundo.

De novo baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges, o espectáculo xunta no escenario voces novas e outras consolidadas. Catro talentos que se mesturarán nun espectáculo exclusivo. Íntimo e multicultural.

Ficha técnica
Dirección artística: Uxía
Dirección musical: Paulo Borges
Banda base:
Paulo Borges, Azores?Portugal (piano)
Xacobe Martínez Antelo, Galiza (contrabaixo)
Quiné, Portugal (batería e percusión)
Rubén Santos, Portugal (trombón)
Santi Cribeiro, Galiza (acordeón)

Cantantes:
Tito Paris (Cabo Verde)
Raquel Tavares (Portugal)
Fred Martins (Brasil)
Uxía (Galiza)

Entradas
Venda anticipada
Entrada: 8 ?
Á venda desde o 10 de decembro a través dos teléfonos 902 504 500 e 986 110 500 ou en [www.caixanova.es]

Despacho de billetes (sábado 19)
Entrada: 10 ?
Teatro Principal: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h
Pazo da Cultura: de 19:30 h ao comezo do espectáculo

www.cantosnamare.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-12-2009 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Lixo Urbano en Compostela e Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival de baile e música tradicional Rebulir
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2009 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de O Berce das Palletas en Rianxo
O sábado 19 de decembro ás 20.30 h., Vai de Roda presenta no Cuartel Vello de Rianxo o libro O Berce das Palletas.

Ten textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín e é un traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dunha ferramenta que nos permite coñecer a fondo cal é o proceso de construción desta peza que constitúe a alma da gaita galega.

É un bon punto e final para o curso de empalletado tradicional impartido por Alexandre Cadarso que está a xuntar na antiga Casa de Cultura a quince persoas interesadas en se achegar a esta confección artesanal.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-12-2009 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Palletas en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-12-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
The Homens: Melodías de carraxe
The Homens presentan hoxe en Santiago e mañá na Coruña o seu disco "Cuarta potencia", no que expresan o seu ánimo "malhumorado"

"Enerxía condensada en pílulas doces. Cantar bonito coa boca espumando rabia. Cantar por non chorar". Así expresan The Homens a "inocencia pop e o nihilismo negro" que destila o seu cuarto disco, Cuarta potencia -editado polo selo santiagués Lixo Urbano- que presentan hoxe en Compostela e mañá na Coruña.


"Se Tres falaba de redención, igual este traballo expresa un estado de ánimo malhumorado, de carraxe", comenta o vocalista e baixo do grupo, Roi Fernández que forma o cuarteto xunto a Xocas (batería), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica), a última incorporación do grupo.

A banda compostelá estará acompañada nas estreas de Novedades Carminha -a última revelacións do punk galego que presentan o seu disco Te vas con cualquiera- tanto hoxe na Sala Nasa ás 21.00 horas como mañá, en Le Club Directo, ás 22.30 horas.

Este traballo é continuación do seu anterior disco, do son que bautizaron como "pop extremo". Nas súas doce cancións novas -co galego como bandeira- segue a percibirse a impronta do pop británico e do punk americano dos oitenta, aínda que Cuarta potencia mostra unha evolución.

"As influencias cada vez pesan menos. O grupo soa cada vez máis a si mesmo. É algo necesario. Do noso punto de partida, do power pop fomos avanzando cara ó pop extremo, con melodías tocadas con moita enerxía". Son cancións nas que expresan "como nos sentíamos por unha serie de historias. Por iso, en certa maneira, é un disco catártico, porque botamos fóra moitas cousas".

A súa maneira de compoñer as súas cancións desenvólvese grazas ás novas tecnoloxías. "Normalmente, compoñemos os temas na casa, grabámolo en MP3 e logo intercambíamolo entre nós. E a partir de aí traballamos en conxunto", indica Roi.

Polo de agora, pódese escoitar na súa web un adianto do disco coa canción Tigre, tigre! con letras como "Tigre, tigre/Nunca pares de arder/Dente por dente/Non te deixes ceder/Quen te pode deter/Faino pedazos e báñate no que quede del".

En case todos os temas está presente moita da psicodelia e a experimentación da que beberon. "Non nos cortamos ou facémolo menos na minutaxe dos temas ou noutros aspectos nos que antes non nos arriscabamos", comenta Roi.

Logo de catro anos de xira "sen fin" e malia levar máis de cen concertos ás súas costas, The Homens son conscientes de que se moven "nun circuíto reducido, o da música independente e case autoxestionado". Por iso valoran gravar cunha discográfica como Lixo Urbano "que leva moito tempo sacando referentes do punk". O selo, engade "son como da familia así que nos gusta gravar con eles, xa que teñen unha idea próxima ao que facemos nós", sinala Roi.

"Agora é máis fácil gravar ou autoeditar os teus temas"

A emerxencia de novos grupos galegos nos últimos anos achega novoa aires ao panorama musical. "Variedade sempre a houbo, pero parece que agora é máis fácil para grabar ou autoeditar os teus temas. Ademais, xa non necesitas ter pasta para ir a un estudio senón que o podes hacer a través de internet", apunta o vocalista do grupo.

A principal eiva que Roi ve no mercado musical galego é que "non hai industria". Iso provoca que a repercusión dos grupos do país ao saír das nosas fronteiras estea limitada, e máis se a música que fan é en galego. "Nalgunhas revistas ves que falan de grupos que cantan en éuscaro ou en catalán pero non aparece ningún en galego. Iso é unha sinal do que está a pasar: que falta unha industria que nos respalde", engade.

The Homens intenta eliminar barreiras coidando con mimo a información e as imaxes que difunden do grupo. "Sabemos que a comunicación é importante. Por iso intentamos coidar o que damos. Non tratamos de vender nada coa nosa imaxe, é secundario porque ao final o que importa é a música que facemos pero si que nos gusta ter unha imaxe coidada. Sabemos como funcionan os medios e intentamos poñerllo o máis fácil posible", explica Roi.

Cuarta potencia ponse hoxe á venda e a partir da semana que vén estará dispoñible nas tendas de discos e tamén a través de Lonxa Cultural en internet. "Teño ganas de que a xente escoite o disco para ver como reacciona", indica Roi.

Ademais das presentacións de hoxe en Santiago e mañá na Coruña, a banda compostelá xa ten pechadas datas para o vindeiro ano. "Esperamos que funcione e poder seguir en xira", bromea o vocalista do grupo.

DATAS Concertos en Vigo, Caldas de Reis, Cangas e Melide para o 2010

"Queremos facervos bailar, cantar e botar os fígados nos nosos concertos". The Homens téñeno claro dende que comezaron a súa andaina a finais de 2004. "Gústanos a nova onda de finais dos setenta; adoramos o post hardcore dos oitenta; encántanos o pop británico de calquera década", aseguran.

Logo de autoeditar dous Eps (#1, do 2005, e #2, no 2006), e con máis dun cento de concertos por Galicia, España, Portugal e Europa, no 2007 editaron o seu primeiro disco longo, Tres, gravado nos Estudios Ultramarinos Costra Brava, en Sant Feliu de Guixols, por Santi e Víctor García. En xullo deste ano regresaron a Sant Feliu para gravar, de novo con Santi García na produción, as cancións de Cuarta potencia, que hoxe se pon á venda.

Con letras que destilan pura crítica social, The Homens acadaron relevancia grazas ao videoclip da canción Calamar. Daquela comezaron unha xira internacional e até inauguraron local de ensaio en Santiago, a cidade que os viu medrar. Na liña doutros grupos de nova formada como Samesugas, Fame Neghra ou Redullos, Xocas, Roi, Martin Wu e Cristovo están a crear un estilo propio con tres berces: melodía, enerxía e actitude.

O seu directo é un dos máis cañeiros do panorama galego. Xa o demostraron por países de toda Europa como Alemaña, Suíza, Francia ou Portugal. Os vindeiros meses xa se lle van enchendo de concertos, segundo anuncian no seu sitio en internet (www.myspace.com/thehomens) no que se poden escoitar dous dos seus temas (Perfecto e Tigre, tigre!) para abrir boca.

Abrirán 2010 cunha actuación en La Iguana Club de Vigo o 22 de xaneiro. En abril, tocarán o día 9 na Zona Zero de Caldas de Reis e o 10, na Sala Son de Cangas. Ademais, para maio xa pecharon un concerto no pub Gatos de Melide. Suma e segue.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2009 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xabier Díaz
Dende que chegou a Berrogüetto, en marzo do 2008, o músico Xabier Díaz (A Coruña, 1969) asegura que xa pasou o seu período de transición. Coa próxima aparición de Kosmogonías, o quinto álbum da banda, séntese totalmente integrado.

Probablemente Kosmogonías vexa a rúa no mes de marzo, algo que o novo cantante está desexando, recoñece. «Terei un repertorio propio», di.

-A súa entrada no grupo xa foi para que fose a voz.
-Chamáronme porque buscaban un substituto de Guadi e principalmente fago iso: cantar, pero tamén toco a gaita e a percusión.

-¿Como foron estes case dous anos?
-Entrei o 30 de marzo do 2008, e foi chegar e empezar xa a xirar e a ter concertos. E xa no verán do 2009 empezamos a traballar en Kosmogonías, que é o quinto álbum do grupo e xa composto comigo. Creo que estivo ben este tempo de adaptación. Fómonos coñecendo, respirando a música dunha maneira común. Despois dos primeiros oito meses, que foron un pouquiño máis complicados, estivemos moitísimo máis cómodos. Eu sentinme máis cómplice e eles tamén. De feito, agora que estamos acabando de gravar o disco temos una comunicación moito máis fluída.

-¿Como cre que recibe a xente ese cambio?
-Estes anos viaxamos bastante por América e Europa, e non había moito lugar á comparación, porque eses públicos de fóra non tiñan un contacto intenso co grupo. Cando chegamos aquí, os nostálxicos tiveron que afacerse á voz dun novo solista, a que Berrogüetto tivese un timbre diferente. E este verán, eu sentinme moi ben acollido, con moitísimo afecto, e con moitísima comprensión por parte dos mais nostálxicos que tiñan como referencia a voz de Guadi. Fixeron un exercicio de readaptación ao novo discurso. E síntome moi querido polo público de Berrogüetto. Nas novas cancións non hai posible comparación, non hai un precedente. Eu, persoalmente, teño moitas ganas de que saia o disco novo para ter un repertorio propio, o repertorio vocal xa está feito para min.

Despois da integración na banda chegou a hora de compoñer.
-Á hora de compoñer con Berrogüetto, ¿é diferente facelo para voz masculina?

-Non exactamente na forma de compoñer. O que é diferente en Berrogüetto é que Guadi tiña una maneira de enfocar as cousas e eu teño a miña propia. O grupo ten unha estética musical moi definida e creo que o son do grupo non vai variar en exceso neste quinto álbum. O son da banda mantense a todos os niveis, aínda que hai unha evolución lóxica. Si se nota que imos cumprindo anos. Tomas todo cun pouco máis de calma.

-¿Como participou no primeiro disco?
-É un disco a nivel autoral e moi coral, eu, en concreto, participo máis en temas vocais.

-¿Como é a relación con Guadi Galego? ¿Non tiveron convivencia no grupo?
-Non, cambiamos peza por peza. Pero con Guadi teño convivencia porque facemos proxectos paralelos e traballamos en cosas xuntos permanentemente.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2009 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Pilar G. Rego
Presenta e é guionista do programa da Televisión de Galicia sobre música tradicional Alalá, que vai polo número 128. Pilar García Rego non só achega este mundo ao resto da sociedade, senón que percorre o país para dálo a coñecer. Todos os martes ás 21h45 na TVG.

Pilar García Rego, presentadora de Alalá
Seica para algúns, o seu programa é unha relixión.

Ai, por deus, que di? Supoño que será que nos ven con devoción. Se é así; nós, encantados.

Aínda que ás veces vostede bótalle moita cara, dispensando.
Dispensando o que queira, se hai que botarlle cara, bótase, como se hai que botar unha peza ou cantar unha cantiga, o que diga o momento.

Ás veces a cara é necesaria, por aquilo de que os gaiteiros contan moitos contos.
Os gaiteiros teñen moita trécola, son moi gaiteiros. No seu tempo, eran os amos da festa e manteñen esa malicia.

Aumentou a nómina de gaiteiras?
Supoño que na actualidade moito. Pasamos de cero a ter gran representación. En tempos había algunha gaiteira, pero a maioría eran homes. Elas tocaban outros instrumentos noutros contextos, nuns ámbitos máis ligados ao traballo ou nalgunhas festas que elas organizaban, os chamados seráns. Elas limpaban o cortello, organizaban a troula e eles ían bailar, porque quen tocaban eran elas. Había moita picardía.

A muller na música tradicional está á par do home?
Penso que si. Temos gaiteiras, acordeonistas, hai de todo... Moita da música tradicional evolucionou cara o folc e aí están tan integradas coma os homes.

En todo caso, a música tradicional vive momentos de ouro, non é?
Non sabería dicir. Hai quen di que si e quen di que non. Cóntanme que hai moito grupo pero sen moita raíz porque din que teñen que organizarse eles mesmos, que non hai axudas, nin locais, que é difícil montar unha banda...

E os instrumentos tradicionais, recupéranse?
Moitos están recuperados. Hai estudos moi serios. O proxecto Ronsel, no que tamén participan as tres universidades, editou un libro con máis de cen instrumentos da música galega.

Unha pregunta, que tal se leva coa SGAE?
Ai, eu non lle pertenzo ao mundo da música, sonlle da televisión.

Preocupa neste mundo o problema dos dereitos de autor e a cuestión da internet?
Segundo a quen. Por un lado está a xente maior que leva toda a vida na música tradicional que non se dedica a ela e que non lle presta atención a esas cuestións, mais polo outro falamos de persoas novas e profesionalizadas; eses reclaman máis disciplina no que se refire aos dereitos. É lóxico.

Por certo, no seu programa As Malvelas son case fixas.

Só estiveron no primeiro programa. Certo que despois unha delas, a señora Carme, sacou un disco e dedicámoslle outro programa. Pero que conste que foron o noso talismán. É unha característica do noso programa, imos formando familia.

Hai moito etnógrafo de telderete?
Non son quen para dicir semellante cousa. A xente que leva anos recollendo música tradicional, entregándose todas as fins de semana, merece un respecto, sen eles serían imposíbeis programas como Alalá.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 17-12-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Gaita 2.1
Gaita 2.1, Música do XXI ao xeito tradicional, recolle vinte e un temas presentados en tres soportes diferenciados (CD Audio, CD Rom e libro) nunha clara aposta pola música contemporánea e polos diferentes xeitos de escribir para dito instrumento.

Ao carácter pedagóxico de Pel e madeira, musicolóxico de Músicas Históricas de Galicia, ou diverso da popular colección Cadernos de Gaita, engádese agora unha nova serie na que o criterio é compositivo á vez que interpretativo.
Dos Acordes quere así seguir adiante coa súa particular e ampla visión do que a Música (con M maiúscula) debe ser. Dende o diseño ás pezas, todo neste libro respira modernidade; é un saúdo ao final da primeira década do século XXI, a nosa benvida ao 2010...

Os autores que participaron nesta obra son:

Milo Romero, Alberto Coya, David Bellas, Diego Mariño, Daniel Bellón, Gonzalo Abelairas, Isidro Vidal, Xurxo Fernández, Pedro Álvarez Fariñas, Ana Belén López Villar, Cristian Silva, Daniel Lumbreras, Rafael Crespo, Agustín Sánchez, Pedro D. Lamas.

Producido por Milo Romero


Os temas contidos no CD son:

-Canto de Pena (Milo Romero)
-Airiños do Monte (Alberto Coya)
-Canción Ferinte de tía simia e mamá elefanta (David Bellas)
-Danza e Contradanza de Darbo (Diego Mariño)
-Xaloucos (Daniel Bellón)
-Noite Meiga (Gonzalo Abelairas)
-Pena de Flores (Isidro Vidal)
-O Gait Nas (David Bellas )
-A Rumba de Tio Gilito (Milo Romero)
-Insomnio dunha noite de nadal (Gonzalo Abelairas)
-O Bretogal (Xurxo Fernández)
-Folkachada (Pedro Álvarez Fariñas)
-Marcha Discordante (Ana Belén López Villar)
-Pequenas 2sis de Actitude (Cristian Silva)
-Jota de Santiago de Oliveira (Diego Mariño)
-Melencho (Daniel Lumbreras)
-Pasacorredoiras de Poio (Rafael Crespo)
-Muiñeira Aghotada (Ana Belén López Villar)
-Requiem por Malicia (Cristian Silva)
-Swing con Grelos (Agustín Sánchez)
-Verde e Dourado (Pedro D. Lamas)

Á VENDA O 21 DE DECEMBRO DE 2009
Reserva o teu exemplar neste enderezo:
info@dosacordes.com

www.dosacordes.com

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 17-12-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Para aprender a bailar: Así fan os bailadores...

"Así fan os bailadores..." contén unha compilación de danzas e bailes tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego.

O libro consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais e cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver ditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música ao vivo. Inclúese un CD coa música gravada en estudio, que posúe a calidade requirida para servir de apoio á execución dos bailes, ou ben á escoita por pracer.

O interese da obra vai moito máis aló da mera práctica, visualización e escoita da música nela contida, ao incluír a reprodución en cinetografía das danzas e bailes practicados. Un método de escrita aplicado á danza, ideado por Rudolf Laban a comezos do século XX e coordinado nesta obra por János Fügedi, profesor na Academia Húngara de Danza e investigador do Instituto de Musicoloxía da Academia Húngara das Ciencias de Budapest, e que é a primeira vez que se edita no Estado español. Xunto a el, son autores deste proxecto Xabier Iglesias (mestre de baile tradicional galego e investigador da cultura tradicional), Juan Parga (músico e mestre especializado en Educación musical) e Sergio de la Ossa (etnomusicólogo).

Este traballo está dirixido a profesores de Educación primaria e secundaria, así como doutros niveis educativos, animadores culturais e monitores de tempo de lecer, e mestres de baile tradicional; tampouco esquecimos ás familias que queiran iniciar ás nenas e nenos nos nosos bailes e danzas, que conforman parte destacada do noso patrimonio cultural inmaterial.

www.dosacordes.com

Pedidos:
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-12-2009 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
`Tic tac´: un novo libro-disco para nenos

?Tic tac? é un libro-disco que combina música e ilustración para público infantil a partir de tres anos de idade. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical.

Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un percorrido por distintos ritmos cos que, dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos.

As 16 cantigas do disco abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, de xeito que se lles proporciona vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.

Compleméntase cunhas orixinais ilustracións feitas coa técnica do linograbado, un método recuperado por Marc Taeger co que afonda no caracter tradicional da obra. Algunhas das musicais deste traballo forman parte das actividades de animación lingüística da campaña ?Palabras no Ar? que KALANDRAKA realiza en concellos galegos.



www.kalandraka.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-12-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0