Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe Serralhe-aí gravan o seu disco
O grupo Serrallhe-aí reúne en Burela ao mellor da música de taberna para gravar un disco

Chámanse Manolo Maseda, Lola de Ribeira, Pablo Ces, Roberto Grandal e Pablo López. Xuntos forman Serallhe-aí, un grupo de «música tabernaria» dacabalo de Trasancos, A Mariña e Terra Cha que leva dez longos anos percorrendo as distancias curtas nas barras e escenarios de toda Galicia. Agora, por primeira vez, sentiron a chamada do formato dixital (cedé e deuvedé) e preparárono todo coidadosamente para estrearse hoxe, a partir das dez da noite, gravando o seu primeiro directo na praza da Mariña de Burela.

Á cita foron convocadas as mellores gorxas e máis hábiles pulsos da música de taberna do país, incluídos varios membros dalgunhas formacións con maiúsculas como Berrogüetto. Son sesenta músicos entre os que cabe nomear a Ventos Viciosos, Guadi, Iván Costa, Arturo Lamas, Andrés Toxeiro, Os Rosales, Mutido, Beto Niebla, Luís Caruncho, Os Carallos ou Estoupacaldeiros.

Ampla carpa

Xuntos, e probablemente revoltos, interpretarán baixo unha amplísima carpa a súa particular visión actualizada do espírito do teleclub e os salóns de aldea. Dentro desta Haima do Norte, onde ninguén pasará «nin fame nin frío nin sede», garante a organización,

Serralhe-aí espera congregar a un milleiro de amigos na súa particular cita. A invitación, xeralizada a quen queira e poida achegarse esta noite á capital do bonito, é de balde. A gravación, histórica.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-12-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 28 (Venres)
? Pé de boi e Tromentelo Chis Pum na Sala 600 de Melide
? Nao na Sala Mardigras da Coruña
? Som do Galpom na Sala Cristal de Silleda
? Foliada no Salasón de Cangas ás 23:00
? Pai de Cana presentando disco no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:30 horas, entrada de balde

Sábado 29
? Gravación do disco en directo de Serra-lhe Aí!! na Praza do Concello de Burela (Lugo)
? Crema de Gaita no Bardo (Vigo)
? Macfeck no Salasón de Cangas ás 23:00
? Som do Galpom no C.S. A Esmorga de Ourense
? Treixadura e Malvela no Palacio da Ópera da Coruña, ás 17:00
? Foliada de Nadal na Praza da Constitución de Vigo ás 22:00

Domingo 30
? Domingo polbeiro en Gondomar
? Sonoro Maxín no Café Auriense de Ourense
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novas festeiras destes días en Vigo
Chega a fin de ano e con el varias tradicións festeiras en Vigo:

Sábado 29 de decembro a partires das 22:00 foliada na Praza da Constitución de Vigo (Casco vello) para despedir o ano.

Impulsada polo amigos do Fiadeiro é un bo xeito de despedir o ano tocando e bailando dun xeito espontaneo e nun entorno perfecto.

31 de decembro a partires da 1:00
Ambiente de Foliada tradicional na noite de despedida de ano no Furancho da Balsa en Matamá, sen cobro de entrada nen aglomeracións, pura festa.


Domingo 6 de xaneiro:
Tradicional día de reis na rúa Principe de Vigo, a partires das 18:00, onde se xuntan todos os músicos e bailadores da bisbarra para comezar o ano tal como se despediu, con música e baile na rúa, e de festa.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
A despedida dos Cempés
Este sábado 22, o grupo deuno todo para se despedir do seu público. Neste vídeo podemos comprobar a enerxía e o cariño que enchían a Praza de Amboaxe ferrolá.

Cantáronlle a Cedeira cando os percebeiros se sublevaran contra o capital na lonxa, e fixérano como quen canta un romance de cego, con zanfona e ton épico. Rescataron a Sara (Sariña) do esquecemento e fixérona ferrolá. Alimentaron en moitos a curiosidade pola música de noso. Agora marchan dos escenarios.

A noticia sentoulles a moitos como un balde de auga fría, pero xa a viñan anunciando dende hai un ano: os Cempés sepáranse. Quédannos xoias discográficas como Circo Montecuruto, Moe a Moa, Opaii ou Capitán Re. Durante unha ducia de anos, o grupo ferrolán espertou nas novas xeracións máis novas o formigo da música tradicional.

O pasado sábado 22 despedíronse como cómpre: nunha Praza de Amboaxe a rebordar de xente, dando o mellor de si. Serxio Ces, voz, pandeireta e saxo, Óscar Fernández no acordeón e a zanfona, Antón Varela nas gaitas e o clarinete, Óscar Painceiras no baixo eléctrico, Cabe García coa guitarra eléctrica e José Piñeiro, batería. Como diría a copla, "a despedida vou dar-e, a despedida vou dando, ai que despedida alegre, que me despido cantando".

www.anosaterra.org

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Nadal da Universidade de Vigo
Para lembranza dos universitarios que estiveron alá enriba do esceario do García Barbón


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura e Malvela na Coruña

NADAL ENTRE MAIORES
Data: 29 de decembro ás 17:00
Lugar: Palacio da Opera da Coruña

-Compañía de Tetro de maiores "A Casa da Bola" coa obra "Entre dous abismos"
-Malvela
-Treixadura e Orfeón Treixadura


Retirada de invitacións nos centros Cívicos da Coruña
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe e Lamatumbá despois do Galiza-Camerún
A festa nacional do fútbol rematará co concerto de "Ruxe Ruxe" e "Lamatumbá" nas Travesas

O concerto pechará a festa do fútbol nacional, que terá lugar este 27 de decembro en Vigo. Ruxe Ruxe e Lamatumbá serán os grupos protagonistas do concerto que comezará pouco despois da medianoite no pavillón das Travesas.


O concerto forma parte de todo o proxecto "o fútbol galego une", polo que todas aquelas persoas que queiran acudir ao mesmo poderán facelo coa mesma entrada que utilizaron para acceder ao estadio de Balaídos a presenzar os partidos das seleccións nacionais galegas feminina e masculina
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Sonoro Maxín en Ourense
Presentación oficial do proxecto Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín xorde quentiño neste ano 2007 en Ourense a partires da xuntanza de vellos amigos e coñecidos da música galega, que forman ou formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gun, Mutenrohi ou The Pigmalions.

O Sonoro Maxín parte da convicción de que a cumbia é a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. É na procura deste baile sen fin onde se move O Sonoro Maxín avanzando dende a cumbia á rumba, do reggae ao ska

www.myspace.com/osonoromaxin
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación en directo do disco Ar de Foles
Gravación do CD/DVD na Praza da Mariña en Burela, o 29 de decembro de 2007 ás 22h.

Serra-lhe aí!!! Presenta:

Ar de Foles
Ese é o nome do proxecto sonoro-visual que se vai gravar ao vivo o 29 de decembro de 2007 ás 22:00h.

O serradoiro estará afincado en Burela, na Mariña luguesa, con unha carpa acondicionada para que non pasemos nin frío, nin fame, nin sede e por suposto na que non falten as virutas sonoras.

Entre Lugo e Ferrol naceu este proxecto acordeonístico que dende os seus comezos contou coa participación de moitos músicos, e a pesar deso, ainda amigos.

A idea de Serra-lhe aí!!! neste gran espectáculo é a de sumar serradores/as ao concerto. Facer partícipe ao público para que participe como un gran coro e ao mesmo tempo, convidar a todas e todos os bailaríns do país para facer un gran torreiro.

En definitiva, tentar facer humildemente entre todos, unha nova era tabernaria.

Ar de foles quere ser unha homenaxe aos camiños do vento. A todas e a todos eses artistas que durante séculos levan mantendo viva a esencia da música tabernaria. O fol das gaitas e dos acordeóns terá o mesmo ar, o vento mareiro do norte. Será pois un directo moi especial, onde as novas fornadas de mestres/as gaiteiros/as estarán gatillando toda a noite xunto aos Serra-lhe aí!!!.

A tradición desta terra, unha vez máis, conta con vós para ese día.

Para dar vida colectiva a esta gravación estarán con nós:

CARLOS BLANCO_presentando
VENTOS VICIOSOS_Os Painos, O Vendaval do Rosal e a Cucaracha Sonora
GUADI_Voz, Gaita
IVÁN COSTA_Gaita e Zanfona
EDELMIRO_Gaita)
MIGUEL DE TENORIO_Gaita
RAQUEL DOMÍNGUEZ_Gaita
RODRIGO ZARAMBEQUES_Gaita
ARTURO LAMAS_Gaita
ANDRÉS TOXEIRO_Gaita
FERNANDO DOPICO_Gaita
PABLO BERNÁRDEZ_Gaita e Zanfona
OS ROSALES_Maruxa e Xosé / Bombo e Gaita
MUDITO_Pandeireta
BETO NIEBLA_Percusión
ELISEO ZAERA_Bombo
MANOLO COCIÑA_Acordeón
PANDEIROMUS_Voces
EDUARDO E CARUNCHO_Voces
OS CARALLOS_Percusións, Voces e Licor Café
ESTOUPACALDEIROS_Cumbia e Glucosa
SERRA-LHE AÍ!!!

www.serralheai.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Pai da Cana
O vindeiro dia 28 de Nadal (non e unha inocentada), as 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra, Pai da Cana fará o concerto de presentación doseu novo disco, paidacana12.

Estades todos convidados. A entrada e de balde.

PAI DA CANA
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL


O Grupo de Música Tradicional Pai da Cana recupera un concepto de conxunto autenticamente tradicional case desaparecido no noso país: a charanga, tamén chamada murga, ?conjunto típico? ou ?regional?, que consiste nunha formación na que a gaita e o acordeón se funden cos instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa e o bombo con pratos.

O repertorio de Pai da Cana está formado por pezas das charangas galegas que existiron no noso país e mais en América dende finais do século XIX, ritmos importados coma o vals, a mazurca, a polca, a ranchera, o tango ou a rumba, que na altura se relacionaban co progreso e a modernidade, e outras pezas tradicionais arranxadas dentro desta estética musical de entreséculos. Pai da Cana coida con todo detalle que o seu vestiario sexa coherente co tipo de formación que representa, polo que emprega a indumentaria da Belle Époque.

A música de Pai da Cana aparece en varios traballos discográficos: Ruta Folc: Terra Galega (Disco Trompo, 1998), I Memorial Manuel Texo (A. C. Ullán, 1999), III Memorial Manuel Texo (A. C. Ullán, 2001) e Os Sons da Ulla (Phonos, 2001).

Pai da Cana recolle no seu novo disco, paidacana12 (Edicións do Cumio, 2007), os 12 anos de traxectoria do conxunto amosando as distintas formacións musicais que foi adoitando, así como unha parte do seu repertorio a través do que se pode percibir a súa evolución musical, en definitiva, o que foron e o que son, sen máis pretensión que achegar un gran de area, unha pequena e humilde contribución á música do noso país.

Este traballo foi posible grazas á colaboración dos Concellos de Poio e Pontevedra.

Pai da Cana son:

María Vidal (gaita), Miguel Dopazo (clarinete), Diego Rodríguez (saxo alto), Iria García (acordeón), Oscar Pazos (caixa) e Carlos Mouriño (bombo con pratos)

Dirección e arranxos: Oscar Ibáñez
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Somos unha nación, oficialidade
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chega o partido da Selección Galega
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
V Obradorio de Cantos e Danzas de Reis
Continúa o Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis coa intención de que esta tradición recupere o que en tempos pasados era un acto social e participativo moi frecuente chegadas estas datas festivas do Nadal e Reis.

PROGRAMA DESTA SEMANA

Ensaios: Abertos a calquera persoa interesada en participar.

Obradoiro de Danzas de Reis:
Mércores 26 de decembro
às 19:30 horas no local da Asociación (rúa Oliva 12)
Dirección: María Prego.

Obradoiro de Cantos de Reis:
Xoves 27 de decembro
às 19:00 h no local da Asociación (rúa Cánovas del Castillo 2)
Dirección: Sandra Dieguez e Itziar Solar Iglesias


Que pasedes unhas boas festas
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o Concurso de Cartaces Festa da Reconquista

A data de remate do II Concurso de Cartaces da Festa da Reconquista 2008 é este venres 28 de decembro.

Este ano ademáis do alicente de ser o cartaz oficial da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2008 e do incremento dos premios, primeiro premio 600 euros e dous accesits de 200 euros, tamén existe para o gañador o alicente que por primeira vez na súa historia a Festa da Reconquista, con este cartaz, será presentada na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR 2008) do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro no Stand que o Concello vai dispor na propia Feira.

Para calquera interesado en participar estes son os datos máis importantes:
Data límite de entrega: 28 de decembro

Lugar de recollida das bases e de entrega dos cartaces: Asociación veciñal e Cultural casco vello na rúa Oliva 12 baixo,
en horario de 18:00 a 20:00 de luns a venres.

As bases tamén poden atoparse na web da Asociación: www.avcascovello.com

Agradecendo a vosa colaboración recibide un cordial saúdo e que pasedes unhas felices festas
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Método de Gaita I e II
Presentación

Método de Gaita Galega
Volumes I e II


Día: Mércores 26 de decembro de 2007

Lugar: Cambados
Auditorio A Xuventude (rúa San Francisco, perto da igrexa Parroquial)

Hora: 20:30 h.

Participarán:
Xaquín Xesteira Losada, autor
Cándido Meixide Figueiras, editor

O autor ofrecerá un pequeno concerto ao remate do acto.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador: personaxe do nadal galego
Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!

A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.

Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros

Descarga artigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no Belén de Malmequer I
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no Belén de Malmequer II
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no Belén de Malmequer III
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no Belén de Malmequer IV
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá do martes 25
Este martes 25 de nadal ás 21:40

Especial Alalá Cantos e Danzas de reis

Nesta noite especial do 25 de decembro, Alalá fará un percorrido polas distintas manifestacións musicais do ciclo de Nadal, desde Noiteboa a Reis, partindo dun lugar onde se mantiveron moi vivos os cantos e bailes propios destas datas. Desde Tui, coñeceremos as panxoliñas e cantos de Nadal cos que comezan as festas, os manueles e xaneiras de Aninovo, as epifanías e as danzas de Reis.

Así, pediremos o aguinaldo como facían os veciños de Mondariz, Ponteareas, Salvaterra e Tui, formando os bandos e os ranchos, como aquí chamaban ós grupos cos que se ía de parroquia en parroquia e de casa en casa; o mesmo eran grupos de amigos como membros dunha mesma familia que ás veces só pedían que os convidasen a viño e chourizos e outras tiñan nos cartos que recadaban con esta práctica unha importante fonte de ingresos.

Tal é o caso dos da Oura, unha familia con doce fillos, que pasaban todas as festas cantando e bailando para xuntar ata 5.000 pesetas que lles axudaban a vivir todo o ano. Falaremos con eles e con Manuel o Cajabicho e Antonio o Colacao, compañeiros durante 27 anos nun rancho de Reis. Tamén nos acompañarán Nieves e Marisol, de Guláns, un dos lugares onde nunca deixaron de cantar e bailar nestas datas. E os mozos da Escola de Música Tradicional de San Fins de Rebordáns, en Tui, que recuperaron este costume dos seus maiores e que agora pasan un Nadal diferente e tremendamente divertido. Con todos eles percorreremos o ciclo de Nadal da man de Xerardo F. Santomé, un apaixoado e bo coñecedor de todas estas manifestacións culturais tan propias da nosa maneira de celebrar o Nadal.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Rock galego na fin de festa do Galiza-Camerún
Ruxe Ruxe e Lamatumbá serán os protagonistas do concerto que pechará a xornada futbolística do día 27 en Vigo.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xesús López, presentaron o concerto co que se pechará a festa do fútbol galego, que terá lugar o próximo día 27 de decembro en Vigo. Ruxe Ruxe e Lamatumbá serán os grupos protagonistas do concerto que comezará pouco despois da medianoite no pavillón das Travesas.

O concelleiro de Cultura destacou a unión entre Cultura e Deporte, en dous aspectos fundamentais: ?Polo que aportan no campo do lecer e polo que significan para a educación. Po iso o día 27 é un día grande para Vigo, que quedará na memoria de todos os vigueses e viguesas. Por iso quero agradecerlle á Dirección Xeral para o Deporte este agasallo que nos fixeron, celebrando en Vigo a festa do fútbol nacional, polo que abrimos a nosa cidade a todos os galegos e galegas?.

Os grupos tamén estiveron representados no acto celebrado hoxe e en todo momento demostraron un gran sentido do humor, así como a súa ledicia por poder participar neste grande evento. Desta forma, Tuco, de Ruxe Ruxe, destacou: ?Hai uns anos ver a selección galega xogar un partido era algo case impensábel, así que estamos encantados de poder participar nesta festa e nos parece moi ben que os acordedes dos grupos galegos e que cantan en galego?. Neste mesmo senso, Serxio (de Lamatumbá) indicou: ?Estamos agradecidísimos por esta invitación e por esa unión entre Deporte e Cultura. Nós o que podemos asegurar e que nos nosos concertos facemos moito deporte?, bromeou.

O ano pasado houbo certa polémica porque no concerto celebrado despois do Galiza-Ecuador de Riazor non tocaron grupos de fala galega aínda que si de grande nivel como Backyard Babes, Meu e Siniestro Total.

www.anosaterra.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Rebulir neste Nadal
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista á Sra. Carmen
Hai dez anos, a Carmen Pérez (Sanguiñeda - Mos, 1925) convencérona para que formara parte do grupo de cantareiras Malvela. Agora, con 82 anos, deixouse convencer tamén para sacar o seu primeiro disco en solitario, Na flor dos meus anos, no que conta con colaboradores como Uxía Senlle, Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño ou Dulce Pontes.

P:¿A vostede sempre lle gustou cantar?

R: Sempre. Cantaba en calquera lado: na casa, coidando os nenos, na leira, cando ía lavar... O que nunca pensei foi que ía terminar dedicándome a isto.

P: ¿E logo como acabou en Malvela?

R: A asociación de mulleres que montou o grupo díxome que me anotara, pero eu daquela xa tiña máis de 70 anos e díxenlles que non, que xa era moi vella para unha cousa así. Pero non me fixeron caso e apuntáronme igual, porque saben que eu non sei dicir que non a nada.

P:¿Pero non se arrepentiu?

R: Claro que non, foi o mellor que puiden facer. Ir cantar dáme a vida. Se non fora por isto, agora estaría na casa metida todo o día. Isto mantenme activa, axúdame a conservar o sentido e a usar a memoria. Igual a estas alturas xa estaba medio chocha [risas].

P: ¿Non lle é moi cansado andar por aí de viaxe?

R: Non o levo mal de todo, porque como son a máis vella do grupo, as demais téñenme como se fora unha nena. Andan comigo coma unha boneca e non me deixan coller ningún peso nin nada.

P: ¿E o do disco en solitario?

R: Iso empezou un pouco de broma cando cumprín os 80 anos. Daquela acordei que xa era momento de deixar o grupo, pero o resto dixéronme que antes tiña que facer un disco eu soa se quería marchar. Pasou máis dun ano polo medio e ao final a cousa resulta que ía en serio. Outra vez pasou o mesmo: que non sei dicir que non a nada [risas].

P: ¿As cancións do disco son as que cantou vostede toda a vida?

R: Moitas non, son da xente que colabora no disco, e ata hai unha de Rosalía de Castro. Pero outras si. Un día, vindo de Madrid en avión, fixemos repaso de todas as pezas que coñecía: eu ía cantando e o resto ían apuntando a letra para logo escoller as que mellor cadraban no disco. Os que viñan ao lado no avión deberon de acabar fartos de nós [risas].

P: ¿É distinto cantar en solitario que co arroupo dun grupo?

R: Para min non, porque eu en Malvela xa fago de solista, así que vén sendo máis ou menos igual. Iso si, nos primeiros tempos dábame un pouco de vergoña, porque pensaba que a xente diría ?que fai aí esa señora tan maior cantando??. Pero agora xa non penso iso, ao contrario, penso que é un orgullo.

P: E agora que xa cumpriu coa súa parte, ¿segue pensando en deixar Malvela?

R: Non, non. Á miña idade é unha parvada pensar en retirarse, porque xa a vida te retirará cando lle cadre. Teño moita amizade coa xente do grupo e pásoo ben cando actuamos, así que de momento seguiremos.

?As veciñas crían que agora xa non lles ía falar"
P: ¿Como leva o de ser famosa?


R: A min non me afecta nin para ben nin para mal, sigo sendo a mesma de sempre, nin máis nin menos. E iso que as veciñas xa me preguntaban se agora non ía saudar e cousas así.

P: ¿E vostede que lles responde?

R: Que a min facer un disco non me tapara a boca, así que ía seguir falando con elas como falara sempre [risas].

P: Pero agora que sae na tele algo cambiaría.

R: A tranquilidade: estes días viñeron as teles todas por aquí, aínda que a min non me gusta moito que veñan, porque a casa está vella e dáme reparo ensinala. Ademais, algunhas son
cadeas de fóra e hai que falarlles en castelán, e eu sen ser en galego non me defendo moito.

P: E os dos periódicos tamén lle estamos a dar a lata...

R: Chámanme de todas partes e ás veces xa non sei nin con quen falo, pero eu atendo a todos. Por certo, ¿vostede de onde é, do Faro? [risas].

P: ¿Segue facendo os labores na casa?

R: Cada vez menos, porque xa son 82 anos e unha vaise gastando. Antes traballaba na horta e levaba todo o da casa, e agora xa só fago a comida e coido dos bisnetos.

P: ¿Xa ten bisnetos? Digo eu que algunha cousiña lles cantará...

R: ¿Bisnetos? ¡Teño dez! E claro que lles canto.

P: ¿Que é o que lle gusta escoitar a vostede?

R: De todo tipo, mentres sexa música alegre e movida, que me dea ánimo. E estes días tamén escoito moito o meu disco, para aprender ben as cancións.

www.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
O disco da Señora Carmen
Unha das Malvela comeza agora a súa carreira en solitario. A voz da Señora Carmen, que atravesou 82 anos da nosa historia, queda agora recollida nun disco editado por PAI Música e foi presentado este venres en Compostela.

Na segunda planta do CGAC, coa recentemente inaugurada exposición de Lodeiro como pano de fondo, a Señora Carmen compartiu cos presentes unhas cantigas e o seu enorme entusiasmo. Debuta no mundo discográfico con 82 anos, como o título do disco editado por PAI indica, Na flor dos meus anos, pero esta muller leva cantando dende sempre, e como sempre se cantou, "para acompañar a seitura, a sementeira, a feira do gando", como indicou Fran Alonso, "biógrafo oficial" da artista.

"Esta voz impactante leva impregnada a humildade da terra. Os escenarios foron o campo de millo, o muíño, o pozo, o lavadoiro, todos conectados coa terra e coa vida cotiá. Esta voz curtiuse dende que nena, a golpe de fouce, de gadaña". Alonso é autor do libro que acompaña ao cd cunha ducia de cantigas e ao dvd, unha biografía construída a base de sesións ?maratonianas? que a Señora Carmen levou con ?paciencia infinita?.

Alonso comparou a voz da Señora Carmen ?á dor de Edith Piaf, que nos conmove, que nos desacouga?. A vida non era doada daquela: a señora Carmen naceu no 25, viviu a posguerra, e padeceu tamén ?a tiranía dunha sociedade patriarcal, que relegou a súa voz á rutina doméstica?.

Xunto co escritor estiveron Uxía, que xunto con Ana Senlle botou a andar o proxecto Malvela, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, que lembrou o momento en que coñeceu a Malvela, nun concerto en Pontevedra: ?transmitía ecos, resonancias, de séculos da nosa cultura. Voces acumuladas de mulleres, nais, avoas, de todos os tempos?.

A Señora Carmen, pola súa banda, bromeou: ?á miña idade non é cousa de sacar un disco. Pero a miña vida sempre foi de traballos, e agora que vou un pouquiño máis descansada...? Toda esa enerxía transmítese a través de doce temas da música tradicional, recollidos pola autora, en busca dos temas máis relacionados coa súa propia vida, coa súa historia. Na flor dos seus anos.

www.anosaterra.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Danzas brancas e patrimonio
Outra cousa non, pero ebulición sobra (é un dicir) no Concello de Redondela. O último que se lles ocorreu é crear unha asociación de municipios con danzas brancas. Con tal motivo están preparando un encontro, previsto en principio para o 25 de xaneiro próximo. O obxectivo é pór en valor un patrimonio etnográfico que consideran que non está ben tratado e, polo tanto, protexido.

En Redondela, no Val Miñor, no Morrazo e en tantos outros puntos da xeografía galega manteñen, con penlas e espadas, unha tradición que se remonta á Idade Media e que cada un coida como Dios dálle a entender. Agora, se a proposta sae adiante, empuxarán no mesmo sentido. Se todo sae segundo o previsto, o programa da próxima Festa da Coca incluirá un percorrido polas danzas brancas que en Galicia son.

Será o principio dun encontro itinerante.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Novo premio para Alalá
A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta deu a coñecer o nome dos gañadores dos Premios Galicia Comunicación 2007, que se entregarán en xaneiro.

O programa Alalá da Televisión de Galicia leva o premio ao mellor labor de comunicación en televisión, ao contribuír á difusión da música tradicional cun formato innovador, segundo declarou o xurado.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 21 (Venres)
? Guezos no Ogmios de Cariño
? Nao na Sala Remache (Vigo)
? Motor Perkins na Sala Badulake de Ordes
? Som do Galpom na Sala Marrucho de Baiona
? Zenzar en Naraío (San Sadurniño)
? Foliada no Soela (Cela-Bueu)
? Presentación do novo disco da Caricia da Serpe na Fnac da Coruña

Sábado 22
? Festa Concerto despedida de Os Cempés en Ferrol
? Som do Galpom na Fundación Artabria de Ferrol
? Tiruleque na Sala The Star de Carral (A Coruña)
? Ataque Escampe no Madia leva!! de Lugo
? Nao na sala Zona zero de Caldas de Reis
? Encontros dos Axóuxeres no Milladoiro (Ames), con Guadi Galego
? Festival de Baile e Música Tradicional de Nadal no Multiusos de O Picouto (Ramirás) ás 19:00
? 90 Aniversario de Cántigas da Terra no Pazo da Ópera da Coruña ás 20:30.
? Serán de Covas en Tenorio (Cotobade)

Domingo 23
? Serán urbano nos Domingos de Lecer de Ourense ás 17:00
? Encontros dos Axóuxeres na Illa de Arousa, con Mercedes Peón.
? Concerto de Nadal coas pandeireteiras "Fentos e Froumas" e de "Felipe", o gaiteiro de Estribela, ás 18:00 na Casa da Cultura de Seixo (Marín).
? Renato Spenser (trio) na taberna "Vai de Vi" de Vigo
? Foliada en Cangas, na alameda a carón do concello, con carpa ás 20:00 h.
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
IV Certame de Reis en Boimorto
Dándose conta de que a tradición dos Cantares de Reis permanece ainda viva en moitos lugares de Galicia, e coa intención de conservala e darlle pulo e relevancia, o Concello de Boimorto convoca para o día 6 de Xaneiro de 2008 o IV Certame de Reis baixo as seguintes bases:

1. Poderán participar cuadrillas de mozos/as, vellos/as, ou nenos/as que se inscriban no Concello de Boimorto antes do día 22 de Decembro de 2007 (ata un máximo de 20 participantes). Enderezo:

Concello de Boimorto
Rúa Vilanova, 1
Boimorto 15817
A Coruña
Teléfono: 981 51 60 20
Fax: 981 51 60 45

2. Interpretarán un cantar de reices cunha duración que non sobrepase os 5 minutos

3. Establécense 3 premios: primeiro de 1000 Euros, segundo de 800 Euros e terceiro de 600 Euros. Haberá outros dous premios mais de 300 Euros para o mellor grupo de persoas maiores que participe, e outros 300 Euros para o mellor grupo de nenos.

4. O Xurado estará formado por un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dous musicólogos, dous membros de asociacións culturais que entendan do tema e un representante do concello que actuará como secretario.

5. Ás 16:30 h. Celebraráse o certame seguido do fallo do xurado e entrega de premios. Pregamos a chegada das cuadrillas con antelación.

6. Valoraráse: que sexa un Canto de Reis tradicional, afinación e a posta en escea.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro concerto dos Cempés

Cumplindo a nosa palabra, un ano de despedida e por fin...

ben, a verdade é que non hai palabras. Grazas a todos e todas.

Dia 22 de Decembro
Praza de Amboaxe, Ferrol
Despedida oficial de Os Cempés
Haberá degustación de cachelos con sabores variados.

Concerto baixo carpa:
22:00hs. Os Cempés + invitados
24:00hs. Los Zares


GRAZAS POR TODOS ESTES ANOS DE BOA MÚSICA, FESTAS, FOLIADAS, AMEAZAS DE BOMBO E CARALLADAS.

POR SEMPRE CEMPÉS!!!!
OPAI! !!!
!
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Covas en Tenorio (Cotobade)

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-12-2007 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Gala 90 aniversario de Cantigas da Terra
Cántigas da Terra celebra o seu 90 ANIVERSARIO, no Pazo da Ópera da Coruña o 22 de Decembro, ás 20:30 h.

Como convidados especiais teremos a:

Susana Seivane
Xosé Ferreirós e Nando Casal (Milladoiro)
Alberto Conde (Pianista)

VENTA ANTICIPADA: www.caixanova.es, no tel.302 504 443, e no Kiosko da Pza. de Ourense.
Entrada: 2 euros.

Os socios poderán achegarse polo local de Cántigas da rua San Juan 9 baixo, e retirala sua entrada gratuita.

ESPERAMOSVOS ¡¡¡

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Baile e Música Tradicional en Ramirás

Desde escola de baile e música tradicional Rebulir do Concello de Ramirás de recente creación (Outubro de 2007), comezamos a organizar actividades no eido cultural que nos toca .
Eliximos o marco do Nadal para desenvolver as primeiras iniciativas e que a continuación expoñemos :

? Festival de Baile e Música Tradicional Nadal 2007 .

Tal e como fixemos o ano anterior , organizamos un pequeno festival onde os alumnos de Rebulir , acompañados doutras escolas mostrarán algúns dos avances durante os derradeiros meses

Data: 22 de Decembro de 2007
Hora: 19:00 h
Lugar: Salón de Actos do Multiusos de O Picouto ( Concello de Ramirás )

Grupos participantes:

- Escola de baile música tradicional Rebulir (Ramirás)
- Grupo de baile Chouteiros (Maceda)
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia (Maceda)
- Grupo de Pandereteiras Debanadoira (Maceda)
- Escola provincial de danza ? Castro Floxo (Ourense)

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-12-2007 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile no Verbum de Vigo

O vindeiro sábado 22 de decembro, dentro da programación especial de Nadal no Verbum, celebrarase no museo un obradoiro para nenos/as e familias ó redor do baile e a música tradicionais de Galicia.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación oficial do disco da Señora Carmen.
Temos o pracer de invitalo, este venres día 21 de Decembro no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago de Compostela, a partires das 12:30 h, á presentación oficial dun dos traballos discográficos máis agardados do ano: "Na flor dos meus anos", o debut en solitario da Señora Carmen.

"Na flor dos meus anos" consta dun Libro, escrito polo prestixioso literato galego Fran Alonso, un CD con 11 cancións, con colaboracións tan importantes como as de Dulce Pontes, Xosé Manuel Budiño, Uxía ou Rodrigo Romaní e un DVD cun documental onde a Señora Carmen nos relata as súas lembranzas e nos amosa o seu lado máis humano.

"Na flor dos meus anos" é ler, escoitar e ver a unha lenda viva da nosa Galicia: a Señora Carmen.



Comentarios (2) - Categoría: Discos - Publicado o 21-12-2007 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0